5
Actas VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental. Santiago de Compostela, 25, 26 e 27 de xuño de 2009 Instituto de Ciencias da Educación (Taller de Educación Ambiental) Universidade de Santiago de Compostela

Idioma En Sol Maior

  • Upload
    cenlf

  • View
    383

  • Download
    11

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Idioma En Sol Maior

ActasVI Xornadas Galegas

de Educación Ambiental.

Santiago de Compostela, 25, 26 e 27 de xuño de 2009

Instituto de Ciencias da Educación (Taller de Educación Ambiental)Universidade de Santiago de Compostela

Page 2: Idioma En Sol Maior

479VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental

Idioma en Sol maior: Miguel Ríos Torre

Miguel Ríos Torre (I.E.S. Rosalía de Castro. Santiago de Compostela)

Idioma en Sol Maior

Autor/es:

Título:

1. HAMLET’S CASTLE, ILYA PRIGOGINE, GALLAECIAO físico, químico e sistémico Ilya Prigogine (1917-2003), no seu texto “Enfrontándose co irracional” (Landsberg et al., 1986) cóntanos o que segue: “Paseando un día preto do castelo de Kronborg, Niels Bohr díxolle a Werner Heisenberg: <<Non é estraño ver como cambia este castelo se imaxinamos que Hamlet viviu nel? Como científicos xulgamos que un castelo está formado só por pedras e admiramos a forma en que o arquitecto as gobernou. As pedras, o teito verde de pátina, as tallas da igrexa, forman o conxunto do castelo. Nada debería cambiar polo feito de Hamlet vivir nel, mais, efectivamente, cambia de vez. Inesperadamente as paredes e as murallas falan unha linguaxe diferente. O patio transfórmase en todo un mundo, un recanto escuro lémbranos a escuridade da alma... Ouvimos as palabras de Hamlet: to be or not to be>>”. E damos en pensar se desde o noso traballo como ensinantes estaremos acertando na transmisión, ás novas xeracións, dese patrimonio común que é a lingua galega. Contemplarán anos vindeiros como o cas-telo da nosa xeografía física e humana fica baleiro do idioma que xestaron e libraron @s habitantes da Gallaecia ao longo do último milenio? Estamos e habemos estar polo pluralismo lingüístico e cultural, e na súa procura docente, académica e didáctica, habitaremos.

2. LINGUA, ELEMENTO AMBIENTAL

Cando falamos de educación e falamos de ambiente, non podemos nin debemos obviar, no actual tempus educativo que estamos a vivir, xuño de 2009, unha reflexión de fondo sobre o significado básico da (bio)diversidade lingüística e cultural como elemento e valor axial do noso traballo educativo aquí, neste marco profesional de xornadas ambientalistas que celebramos.

Aínda que semella evidente, non estará de máis salientar que a(s) linguas(s) son un elemento vivo e primordial da biocenose ecosistémica da escola, do mundo académico en xeral e, xa que logo, dos ecosistemas sociais. As relacións interpersoais e as interaccións sociais vehiculízanse, principalmen-te, a través dun código lingüístico, dunha linguaxe. E son precisamente as institucións educativas –escolas, institutos, universidades– os organismos responsábeis de desenvolver o labor esencial de alfabetización da xente nova.

3. EDUCAR EN IGUALDADE

E non aparenta irracionalidade estar a deseñar políticas educativas que miran por coutar a apren-dizaxe competencial do galego do noso alumnado, da nosa mocidade? Educar en igualdade é un principio de acción docente ao que non podemos nin debemos renunciar. E aínda que xuridica-mente a disimetría ou desprotección do galego fronte ao castelán é ben coñecida1, ese principio educativo, o de educar en igualdade, foi utilizado cun rigor loábel na elaboración do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado por unanimidade no Parlamento Galego o 21 de setembro de 2004, e na formulación do Decreto 124, del emanado, sobre uso e promoción do galego no sistema educativo de 28 de xuño de 2007, que abriu o camiño para acadar o obxectivo de utilizar o galego como lingua vehicular no 50% das disciplinas.

Unha das perversidades das que ten de fuxir o sistema educativo galego é a da aplicación de criterios e prácticas supremacistas no eido lingüístico, polos malfadados prexuízos de matiz racista e de gue-to que alimentan. O galego nin é inferior ao castelán nin ás avesas, pero sabemos que historicamente foi o galego a lingua que, durante os últimos cinco séculos, sufriu desterro e marxinación, cando non persecución e prohibición aberta (Freitas, 2008), de todos os ámbitos oficiais que prestixian

1 Artigo 3 da Constitución do Reino de España. 3.1/ “El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla”.Artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia. 5.1/ “A lingua propia de Galicia é o galego”. 5.2/ “Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar”.

Page 3: Idioma En Sol Maior

480

Idioma en Sol maior: Miguel Ríos Torre

un idioma: escola, universidade, administración, igrexa, sanidade, medios de comunicación, cinema, ... Só nos últimos 30 anos se iniciou un manseliño proceso de visualización, recuperación e restauración do idioma que aínda non conseguiu frear a substitución social acelerada que se segue a producir, como indican os datos da gráfica axunta que nos achegan os estudos sociolingüísticos dos últimos anos2.

4. COMPETENCIAS E RIQUEZAPorque a pregunta básica salta á vista: que tipo de competencias no campo lingüístico ten de proporcionar o noso sis-tema educativo aos seus discentes? A reposta xa a deu a Lei de Normalización Lingüística de 1983 no seu Artigo 14.3: “As autoridades educativas garantirán que o alumnado, cando remate cada ciclo en que o ensino do galego é obrigatorio, teña un coñecemento do galego, a nivel oral e escrito, semellante ao do castelán.” A LNL establece que o alumnado debe acadar com-petencia semellante nas dúas linguas oficiais, independentemente de cal sexa a súa lingua familiar (inicial). E as compe-tencias pasivas e activas para o galego –entender, ler, falar e escribir– só se irán acadando na medida en que o galego se vaia utilizando como idioma vehicular nunha parte substantiva das disciplinas académicas. E isto é así porque tampouco podemos esquecer o feito de que socialmente os emisores lingüísticos e mediáticos nos que vivimos inmersos son na súa práctica totalidade en español: xornais, cinema, televisión, radio, vídeos, videoxogos, música, etc.

A día de hoxe parece doado entender que dominar e coñecer dúas linguas ou máis non resta: suma, non divide: mul-tiplica. A demostración científica de tal aseveración achámola nos escritos do neurofisiólogo e investigador Xurxo Ma-riño (Mariño Alfonso, 2007) quen nos descubre como o cerebro das persoas que manexan varias linguas é funcional e estruturalmente distinto ao daqueloutras que só manexan unha lingua: máis rápido para determinadas tarefas, con máis substancia gris e cun sistema específico para impedir interferencias. Todo vantaxes.

Tamén convén subliñar que lingua e cultura galegas, tan estreitamente vinculadas entre si, son unha fonte de riqueza para o país na que todos temos parte. Estudos económicos varios indican que as actividades empresariais e produtivas xe-radas polo corpus lingüístico-cultural de calquera país europeo xeran entre un 5% e un 15% do seu PIB. Velaí utilidade.A introdución da lingua galega en moitos dos ámbitos públicos da vida social, literaria, xornalística e cultural ten acada-do, durante estes últimos anos, que o seu status fora cambiando: de fala rústica e rural, de patois dialectal propio de xente atrasada, a idioma europeo, a idioma de seu.

5. DEREITO A NON APRENDER?E xustamente cando o sistema educativo abre unha vía para conseguir que os nenos e nenas de procedencia castelanfa-lante adquiran competencia activa en galego, Decreto 124/2007, desátase unha vía involutiva propiciada polas actuais autoridades educativas do monopartito.

Pero, ten o alumnado, por vontade dos seus pais, dereito individual a non aprender galego? Ou, expresado doutro xeito: ten o alumnado dereito individual á incompetencia e á afasia en lingua galega nun sistema social europeo de esco-

2 -MSG-1991, Mapa Sociolingüístico de Galicia-1991. -ICVF-2003, Datos do inquérito de Condicións de Vida das Familias-2003 do Instituto Galego de Estatística. -MSG-2004, Mapa Sociolingüístico de Galicia-2004.

Page 4: Idioma En Sol Maior

481VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental

Idioma en Sol maior: Miguel Ríos Torre

larización obrigatoria? Escudarse na argumentación da liberdade de elección é unha mágoa de demagoxia. Poderemos escoller con liberdade se falamos un idioma ou outro cando coñezamos os dous. Os currículos educativos non son ementas dun restaurante. Os coñecementos básicos que confiren cohesión ao corpo social non poden aceptar unha estratexia de analfabetización como a que se está a implementar.

6. UN IDIOMA EN SOL MAIORDesde a nosa responsabilidade como docentes non debemos renunciar a interpretar e transmitir a sinfonía do idioma para toda a xente en sol maior. As escolas, o ensino medio, as institucións académicas e universitarias teñen de ser viveiros de crecemento sustentábel da nosa lingua e non hospitais que preparen ao paciente para unha morte doce. Porque, en que País cun idioma propio, recollido que está na súa lei básica, o Estatuto, non é unha obriga elemental o seu estudo e aprendizaxe competencial nas escolas, nos institutos, nas universidades?

BIBLIOGRAFÍAFreitas Juvino, M.P. (2008). A represión lingüística en Galiza no século XX. Vigo: Ed. Xerais.Landsberg, P.T. et al. (1986). Proceso al azar. Barcelona: Tusquets Editores.Mariño Alfonso, X. (2007). Po de estrelas. S. de Compostela:Consello da Cultura Galega.

Page 5: Idioma En Sol Maior

www.eduambiengal.com