28
Localización: Lonxitude 008º 33' Oeste Latitude 42º 25' Superficie: 37,5 Km2 Poboación: 5.839 persoas (2003)

Vilaboa 2º Trimestre

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Vilaboa  2º Trimestre

Localización: Lonxitude 008º 33' Oeste              Latitude 42º 25'

Superficie: 37,5 Km2

Poboación: 5.839 persoas (2003)

Page 2: Vilaboa  2º Trimestre

Sua bandeira Seu escudo

Page 3: Vilaboa  2º Trimestre

PARROQUIAS E LUGARES

-Bértola:Santa Comba de Bértola: confina polo norte coa parroquia de Tomeza (Pontevedra), polo este coa Canicouva (Pontevedra), polo sur con San Andres de Figueirido e polo oeste con Salcedo (Pontevedra).

Page 4: Vilaboa  2º Trimestre

Barrios:Outeiro, Saxosa e Santa Marta .

Lugares:A RialiñaSabaxáns RamalleiraFilgueiraSta. MartaGanderón,Bértola, PedrouzoRialCerqueiro,Amproa Outeiro

Page 5: Vilaboa  2º Trimestre

-Figueirido:

San Andrés de Figueirido, atópase limitado ó norte por Bértola, ó

este pola Canicouva, ó sur por Pontesampaio e ó oeste por Vilaboa.

Page 6: Vilaboa  2º Trimestre

Barrios:

Bergunde, Alcouce e Balteiro.

Lugares:

CroasBalteiroBorrateiros

O PazoAlcouceBoullosaCanavalBergunde

Casfalcón

Page 7: Vilaboa  2º Trimestre

-Vilaboa:

San Martín de Vilaboa, que confina ó norte con San Xulián de Marín, ó este con Santa Cristina de Cobres, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste con Salcedo.

Page 8: Vilaboa  2º Trimestre

Barrios:AcuñaOuteiroCavada ChánPostemirónCasal de SantaParedesToural

Lugares:PostemirónCasal de SantaCavada ChánCasanovaParedesO OuteiroA GrañaCimadevilaCoruxeiroNovásAcuñaO TouralA CarballeiraRioOuteiro do GatoRegureiraCastenlo

Page 9: Vilaboa  2º Trimestre

-Santa Cristina de Cobres:

Santa Cristina de Cobres , confina ó norte e ó oeste con Santo Tomé de Piñeiro (Marín), polo sur coa ría de Vigo e polo este con Vilaboa.

Page 10: Vilaboa  2º Trimestre

Barrios:AreeirosO MuíñoBarcielaMagarella

Lugares:As CernadasSeixasBarciela RíomaiorO VilaAreeirosA CarballeiraMangoeiroO MuiñoParadellasO CostalMagarellaOuteiro

Page 11: Vilaboa  2º Trimestre

-San Adrián de Cobres:

San Adrián de Cobres , confina o oeste con Domaio, polo norte con Marín, polo sur coa ría de Vigo e polo este con Santa Cristina de

Cobres dividido con esta parroquia polo Río Maior.

Page 12: Vilaboa  2º Trimestre

Barrios:

A Cardiña, Pazos, Nores, Pousada, A Sobreira, Santradán, Curra, Uveiras

Page 13: Vilaboa  2º Trimestre

HISTORIA

Hai asentamentos dende tempos moi remotos que deixaron abundantes vestixios megalíticos na zoa da Lagoa de Catiñeiras.

-Mámoa do Rei en Castiñeiras :

Mámoa con cámara poligonal e corredor de acceso, con tres tramos perfectamente diferenciados. No camiño que rodea ó lago. 04.59.10W 42.21.40NDatación aproximada: 3.000 A.C. Restaurado e reconstruido no 2003:Completan o conxunto 8 mámoas pertencentes ao neolítico e situadas nos arredores do lago Castiñeiras

Page 14: Vilaboa  2º Trimestre

-Mámoa de Chan da Cruz:O Castro máis popular e coñecido da localidade é o de “Monte da Croa” (no lugar de Acuña), que conta con murallas e no que apareceron numerosos utensilios de uso caseiro.Da época romana quedan vestixios da IV Vía Militar de Braga a Santiago, que se desviaba pola costa cara á península do Morrazo e atravesaba Bértola e FigueiridoDurante o medievo o seu teritorio estivo atravesado polo Camiño Portugués: Quedán desta época: a Igrexa Románica de Vilaboa (Moi modificada) e a cimentación do Castelo de Santo Adrián de Cobres.

Page 15: Vilaboa  2º Trimestre

-Castelo de Ubeiras:Situado nolugar do “Castillo”, é de estilo medieval, situando a data da sua construcción nos séculos XIV e XV. Do Castelo de Ubeiras hoxe só se conservan os cimentos e parte dos muros, froito da súa destrución a mans da armada anglo-holandesa na batalla de Rande de 1702.

Page 16: Vilaboa  2º Trimestre

Na época moderna (século XVIII), esplotáronde as Salidas do Ulló. Estas salinas comezaron a ser explotadas polo Colexio dos Xesuítas de Pontevedra en 1694 e acadaron grande importancia nos seguintes anos. A finais do século XIX, neste mesmo lugar, construíuse un dos poucos muíños de mareas existentes en Galiza, cun funcionamento que se baseaba no aproveitamento do movemento das correntes do fondo da ría para xerar forza hidráulica.Hoxe só queda deste muíño unha pequena mostra que sinala a súa situación e os restos das antigas casas que pertencían ás persoas que levaban a cabo esta labor.

Page 17: Vilaboa  2º Trimestre

-Saliñas do Ulló:

Vista parcial do Muiño de Mareas nas Salinas do UllóLocalización: En Paredes (pista que une este barrio con O Toural)

O suceso histórico máis relevante ven da man da Batalla Naval de Rande, no ano 1702.

Durante o Antigo Réxime o seu territorio de Vilaboa pertencía a xurisdición de Pontevedra, señorio do arzebispado de Santiago de Compostela.En 1821 naceron os concellos de Cobres e Vilaboa, fusionados a partir de 1835.

Page 18: Vilaboa  2º Trimestre

IGREXAS

-Igrexa parroquial de San Martín de Vilaboa:Exemplar do arte Romático e Neoclásico, planta rectangular con unha nave eunha capela adosada a sacristía.Construida e remodelada en varias etapas: seculos XII (prebisterio), XVIII (fachada) y XIX(nave).A torre data do século XIX, e no lateral sur consérvase un dintel medieval (Románico).

Page 19: Vilaboa  2º Trimestre

Fachada barroca enmarcada por pináculos cunha torre-campanario central de tres corpos rematada en cúpula e pináculo.

Detalle capiteis Románicos da Igrexa de San Martín de Vilaboa

Page 20: Vilaboa  2º Trimestre

Sobor do tellado da Igrexa de Vilaboa (parte posterior) atoparemos situada enriba dun pedestal esta figura de pedra que representa un carneiro en posición ergueita, coroando o seu lombo unha cruz antefixa de singular beleza. Os “Agnus Dei” ou cruces antefixas son elementos singulares e escasos con respecto a outro tipo de representacións de carácter relixioso, tales como cruces, cruceiros, ...de especial relevancia este referido de Vilaboa polo seu bo estado de conservación e a súa tipoloxía de elemento ergueito. (Fonte: A.C. O Barqueiro)

Detalle do "Agnus dei " da Igrexa de Vilaboa.

Page 21: Vilaboa  2º Trimestre

-Igrexa parroquial de San Adrián de Cobres:

A igrexa foi refeita en varias ocasións. A porta de entrada é do século XVI e a nave é de cañón apuntado, sobre faxóns, de estilo ecléctico realizada no século XX.A fachada principal ten unha porta de dobre folla de madeira con arco de medio punto de grandes dovelas lisas. No frontal apreciase unha espadaña posiblemente do século XIX, de dúas campanas.

Lugar de Santradán

Page 22: Vilaboa  2º Trimestre

A planta é de cruz latina con cruceiro e ábside rectangular mais alto ca nave principal. O tellado é a dúas e tres augas. Ten dous altares nos laterais. No retablo está representada no centro superior Sta. Cristina, á dereira San Antón e á esquerda a Virxe daCandelaria. Na fachada lateral esquerda está dosada unha cruz de pedra cun altar. A capela lateral esquerda pertence ó século XVIII, con cúpula semiesférica e linterna.

Page 23: Vilaboa  2º Trimestre

-Igrexa parroquial de Santa Columba de Bértola:

A igrexa conta con dous estilos, con fachadas do século XVIII, ainda que o resto da fábrica de la igrexa pertence século XVI, de puro estilo renacentista.O presbiterioestá cuberto con sillares formando bóveda de cañón. Os dous tramos anteriores ó presbiterio crúbense con bóveda de curcería. A planta é de forma rectangular.

Page 24: Vilaboa  2º Trimestre

Igrexa de planta en forma de cruz latina, dunha nave dividida en tres tramos con bóvedas de canón e de crucería con clave colgante. Ábsida elevada sobre a nave e cuberta con bóveda de canón polo interior, máis baixa ca da nave. Sancristía adosada ao norte. Na fachada destaca  o portón de acceso que ten unhas puntas de frecha angulares nas esquinas. Sobre a porta, unha hornacina coa santa da parroquia e xanela rectangular. Na espadaña ten tres ocos con arcos de medio punto, dous con dúas campás de distinto tamaño

Page 25: Vilaboa  2º Trimestre

No adro da igrexa hai dous cruceiros: Un representa o Cristo crucificado e o outro, máis singular, representa a imaxe do Hábeas. Hai moi poucos exemplares deste tipo de cruceiros.

Sobor de dúas gradas, sitúase un pedestal  moi desgastado de sección cúbica, cuns releves lineais grabados nas súas caras. Sobor deste, un varal circular carente de calquera ornamentación da paso a un collarino e a un capitel de sección circular lisa, enriba do cal se asenta unha cruz cuadrangular cos seus extremos ancorados. O singular desta cruz é que ten labrado no seu anverso. A figura dun cáliz, e na parte de atrás un elemento que non podemos identificar (quizais os restos do que foi a figura dun Cristo crucificado).

Page 26: Vilaboa  2º Trimestre

-Igrexa parroquial de San Andrés de Figueirido:

A fachada pertence ó século XVII. O ábside é rectangular, repartido en duas épocas: una románica (do S. XII, posiblemente) e outra barroca(do S. XVII). A cuberta do abside aséntase sobre cornisa corridao, o resto da igrexa é de estilo románico do século XII. Ten un Agnus Dei sobre el testero, e unha saeteira románica nun lateral. No interior da igrexa hai un sillar no muro sur, con un dameiro grabado, indudablemente reaproveitado. O presbiterio cubrese con bóveda de cañón. A planta é de forma rectangular

Page 27: Vilaboa  2º Trimestre

-Igrexa parroquial de Santa cristina de Cobres:

Pequena Igrexa con planta de cruz latina.

O que se conserva é do século XIX, destacando a espadaña da fachada.

A portada e unha das fachadas datan do século XVI. O resto da construcción data de finais do século XVI.

Page 28: Vilaboa  2º Trimestre

Construída no ano 1678, foi trasladada doutro lugar da parroquia que hoxe se coñece co nome do “cuarto” en Barciela. Igrexa con planta de cruz latina. Cuberta a dúas augas. Ábsida rectangular máis alta ca nave e cuberta interior de madeira. Nave dividida en sete tramos con bóveda de canón apuntado e arcos faixóns, sancristia adosada ao norte e capelas a ambos lados; a do norte con bóveda de forma sobre pechinas. Fachada con porta en arco de medio punto de grandes dovelas, espadaña central de dous vanos.   O seu carón atópase a antigua casa rectoral. (Fonte:  J. L. V. B. ( C.E.P de RIOMAIOR)