Revista escolar 2011/12

Preview:

DESCRIPTION

Revista creada por el alumnado del colegio "Rosalía de Castro"

Citation preview

EDITORIAL

Este curso escolar para nós foi moi emocionante. Ademais da estrea dun novo equipo directivo, tiñamos por diante un reto especial que era a celebración do XXV aniversario do CEIP “Rosalía de Castro”.

A verdade, é que houbo unha morea de actividades e festexos que saíron estupendamente e gustaríame dar as grazas a todas e cada unha das persoas que derrocharon tempo, ilusión e esmero para conseguilo.

Tivemos o honor de estar acompañados polas máis altas autoridades educativas, que poideron comprobar por elas mesmas a calidade educativa de noso centro.

Chega o final do curso e quixera desexar, ao alumnado de sexto, as mellores sortes na súa vindeira andadura, agora que nos deixan; entre os nosos muros quedarán para sempre impregnados os seus berros, a súa simpatía, o seu esforzo…

A Olga, a titora de segundo, que vai explorar o mundo da educación noutros colexios, que leve sempre dentro o cariño do Rosalía, así como nós lembraremos o son da súa voz e o seu louvable maxisterio.

Aproveito para dar a benvida aos pequeniños de tres anos que chegarán pronto ás aulas, cos ollos moi abertos, deixando as mans dos seus, para comezar a voar sós.

Cómpre despedirme, agardando que os cantos das sereas e os arumes dos piñeiros vos acompañen ata setembro. Feliz verán.

O Director do Centro, Jesús Javier Celemín Santos (CHERO). Xuño 2012

4º ED. INFANTÍL

FOTOS DE GRUPO DE TODOS OS CURSOS DE EDUCACIÓN INFANTÍL E PRIMARIA.

5º ED. INFANTÍL

6º ED. INFANTÍL

1º CURSO

2º CURSO

3º CURSO

4º CURSO

5º CURSO

6º CURSO

“O OUTONO” ED.INFANTIL 4 ANOS .

“ O OUTONO ” ED.INFANTIL 5 ANOS

MAGOSTO 5º EDUCACIÓN INFANTIL

VISITA A FUNDACIÓN NOVACAIXA GALICIA “AGMED EL EGIPCIO”

TEATRO:” CARAPUCHIÑA VERMELLA” ED.INFANTIL 4 ANOS

SAMAÍN 2011 ED.INFANTIL 4 ANOS

“HALLOWEEN” “HALLOWEEN” Ed.Infantil 5 anos Ed.Infantil 5 anos

“HALLOWEEN” “HALLOWEEN” Ed.Infantil 5 anos Ed.Infantil 5 anos

CONTO:“LA PRINCESA Y EL GUISANTE“

5º ED. INFANTÍL 5º Ed.Infantil

O INVERNO Ed, Infantil 4 anos

PROXECTO

“VIAJE AL ANTIGUO EGIPTO” ED.INFANTIL 5 ANOS

A PRIMAVERA

5º Ed.Infantil

23 de Abril “ Día do libro”

TITERES Ed, Infantil 4 anos

“ A galiña Pauliña “ Ed.Infantil 5 anos

“VISITA DIDÁCTICA A OS BOMBEIROS” ED.INFANTIL 5 ANOS

“VISITA DIDÁCTICA A OS BOMBEIROS” ED.INFANTIL 5 ANOS

“O PEIZOQUE ROQUE” ED.INFANTIL 3 ANOS

MAEVA

“O PEIZOQUE ROQUE” Ed.Infantil 5 ANOS

XXV ANIVERSARIO DO CEIP ROSALIA DE CASTRO.

DISCURSO de Mª Concepción Sánchez Pereiro, titora de 6º de Primaria.

Bos días! Sr. Conselleiro, autoridades educativas e políticas presentes, apreciados colegas docentes, membros da ANPA, pais e nais, persoal non docente, alumnado, ex-alumnos e alumnas.

É para min unha honra poder dirixirme a todos vostedes neste acto de conmemoración do XXV aniversario do colexio Rosalía de Castro.

Un colexio que, a día de hoxe, xa acadou a maioría de idade e funciona a pleno rendemento.

O aniversario de hoxe debe servirnos para coñecer a nosa historia, a propia historia como colexio. Nunca se deben esquecer as orixes se queremos valorar o presente. Por iso quero rememorar brevemente algúns feitos significativos.

Cando fun destinada ao colexio Rosalía de Castro, hai máis de 25 anos, alá polo ano 1980, o colexio consistía en tres pavillóns prefabricados instalados neste mesmo solar.

Nin sequera cabiamos aquí os 8 cursos da EXB. Así que 6 cursos estaban aquí e os cursos de 7º e 8º estaban na rúa Vizcaya, como algúns de vós recordaredes, no chamado Despertador, enriba da panadería de Porfirio, que hoxe xa non existe.

Este solar estaba case todo en terra, non estaba asfaltado nada máis que un cadradiño aí polo medio.Polo tanto os días de chuvia, que son moitos aquí en Galicia, enchíase todo de pozas de lama nas que chapoteaban os rapaces durante o recreo, xa que ese era o patio de recreo.

Ao ano seguinte púxose un cuarto pavillón e así xa podiamos estar os 8 cursos xuntos, por fin.

Isto é o que era o colexio Rosalía de Castro: catro barracóns prefabricados nun solar de terra.

Co paso dos anos os barracóns fóronse deteriorando cada vez máis o xa estaban “nas últimas”, tiñamos moitos problemas.

(Recordo que se abriu un burato nos servicios do pavillón de 5º e 6º, e tivemos que pechar os servicios por medo a un accidente, xa que podía caer un rapaz por alí e levar un bo topetazo, porque había un desnivel duns dous metros).

Ademais do deterioro dos barracóns sufriamos outros moitos percances que non vou contar agora, por razóns de tempo.

Era evidente que este colexio necesitaba unhas novas instalacións e a Comunidade Educativa volcouse no obxectivo: pais e nais do alumnado, alumnos e alumnas (que xa eran maiores porque tiñámolos de ata 15 e 16 anos), ANPA, profesorado. Todo o mundo se implicou.

Pediamos un colexio novo neste mesmo lugar, preto das vivendas dos alumnos, onde quedara cerca de todos.

Seguro que conseguir isto tería sido imposible sin a colaboración de moita xente, da ANPA , da Xunta de Galicia e do Concello.

Ben...despois de moitas conversas e xestións coas autoridades educativas e do concello conseguiuse este edificio para o colexio e...non foi doado! Pero conseguiuse.

Un colexio metido no corazón do barrio cunhas instalacións ( por que non dicilo ) modernas, pioneiras na Coruña e dotado de todas as dependencias que debe ter un colexio: biblioteca, ximnasio, laboratorio de ciencias, laboratorio de pretecnoloxía, sala de profesores, unhas aulas moi bonitas...todo o soñado por moitos de nós.

Foi acollido con cariño e gustou tanto que “cariñosamente” foi chamado o colexio rosa, a “pantera rosa” ( aínda que a cor rosa coas ventás vermellas non gustou ao principio ).

Para min todo este proceso ten un significado especial xa que eu fun a última directora nos pavillóns. Unha vez conseguido o colexio asistín á inauguración oficial axudando a poñer a primeira pedra simbólica para a construción deste edificio e logo fun a primeira directora do mesmo, e tocoume a difícil tarefa de poñelo en marcha.

A responsabilidade era grande e agora que cumpre 25 anos é tempo de agradecementos e recordos:

En primeiro lugar agradecer a axuda das dúas persoas que formaron comigo o Equipo Directivo; Victoria Fuentes, xefe de estudos e Carmen Purriños, compañeira e entrañable amiga. O seu apoio foi fundamental.

Agradecementos para os membros da ANPA xa que todos eles traballaron moitísimo e prestaron a súa colaboración e axuda desinteresada.

Gustaríame recordar a Teodoro, Vales e Manolita, cos que tiven máis contacto. Ao Sr. Roberto e a Fina, darlles as grazas tanto a eles coma a tantos e tantos profesionais que, coa súa dedicación e esforzo, fixeron posible que este proxecto educativo fose para adiante.

Hoxe tamén é un día para recordar aos membros da Comunidade Educativa que xa non están con nós (alumnado, profesores, pais, nais) porque xa nos deixaron definitivamente, aos compañeiros e compañeiras xubilados, aos que se foron a outros centros... Neste día queremos telos a todos no recordo.

Vexo aquí a moitos ex-alumnos e alumnas, alégrome de velos a todos ben. Foi moi bonito que viñerades! Porque isto non pode significar máis ca cousas boas, como tamén o significa o feito de que moitos de vós mandedes aos vosos fillos e fillas a este colexio, onde xa estudastes vós.

Moitas grazas a todos.

E... seguro que podemos continuar outros 25 anos!

A Coruña, 26 de maio de 2012