51
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 51 Ámbito social Educación a distancia semipresencial Módulo 2 Unidade didáctica 7 Un mundo global

@@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Educación secundaria para persoas adultas

Páxina 1 de 51

Ámbito social Educación a distancia semipresencial

Módulo 2 Unidade didáctica 7

Un mundo global

Page 2: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 2 de 51

Índice

1. Introdución........................................ .........................................................................3

1.1 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3 1.2 Coñecementos previos ................................................................................................. 3 1.3 Suxestións para a motivación e o estudo...................................................................... 3 1.4 Orientacións de temporalización................................................................................... 3

2. Secuencia de contidos e actividades ................ ......................................................4

2.1 Camiño á globalización................................................................................................. 4 2.1.1 Camiño á globalización ......................................................................................................................................4

2.2 O mundo: unha diversidade política e cultural .............................................................. 6 2.2.1 Diversidade política e cultural ............................................................................................................................6

2.3 Nova orde social, política, económica e tecnolóxica ..................................................... 9 2.4 Multinacionais ............................................................................................................. 11

2.4.1 Características e clasificación ..........................................................................................................................11 2.5 Investimento I+D+i...................................................................................................... 13

2.5.1 Que é I+D+i ......................................................................................................................................................13 2.6 Indicadores do desenvolvemento ............................................................................... 16 2.7 Fame e sobrealimentación.......................................................................................... 19

2.7.1 División da Terra segundo criterios económicos..............................................................................................19 2.7.2 Causas do desigual acceso ao estado de benestar.........................................................................................19

2.8 Movementos antiglobalizacion .................................................................................... 23 2.8.1 Ideoloxías. Críticas. Propostas para cambiar o mundo....................................................................................23 2.8.2 Movemento antiglobalización: o Foro Económico e o Foro Social...................................................................24

2.9 Sensibilización ante os problemas.............................................................................. 26 2.9.1 Medidas correctoras.........................................................................................................................................26

2.10 Comunicacións, información e mobilidade .................................................................. 28 2.11 Cidadanía global e identidade cultural propia ............................................................. 29

3. Resumo de contidos ................................. ..............................................................31

4. Actividades complementarias........................ ........................................................32

5. Exercicios de autoavaliación ....................... ..........................................................35

6. Solucionarios...................................... .....................................................................37

6.1 Solucións das actividades propostas .......................................................................... 37 6.2 Solucións das actividades complementarias............................................................... 45 6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación ................................................................ 47

7. Glosario........................................... .........................................................................49

8. Bibliografía e recursos............................ ................................................................50

Page 3: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 3 de 51

1. Introdución

1.1 Descrición da unidade didáctica

Un mundo global analiza o impacto da revolución tecnolóxica sobre o mundo e as trans-formacións socioeconómicas derivadas, é dicir, a globalización dos procesos económicos, sociais e culturais, na nova orde mundial. Os medios de comunicación e a observación inmediata da realidade social constatan esa realidade: repercusión dos problemas econó-micos de países distantes, familiaridade con obxectos cotiáns producidos ao outro lado do mundo, presenza entre nós de persoas doutros países, uniformidade da cultura de masas, ...

1.2 Coñecementos previos

Para abordar esta unidade didáctica débense ter claros os seguintes contidos abordados nas unidades 2 (Poboación) e 3 (Sectores económicos).

� A poboación, facendo fincapé en:

– Elaboración e análise de pirámides de poboación.

– Os movementos migratorios, lembrando as súas características fundamentais.

� Os sectores económicos:

– Cales son os sectores económicos e as características de cada un.

– Os tipos de industrias e as áreas industriais do mundo.

� Que é a globalización (analizado na unidade didáctica 4):

– Comprender o mundo como un sistema de organización.

– As grandes desigualdades que o novo sistema de organización xera no mundo, e a división entre países desenvolvidos, subdesenvolvidos ou en vías de desenvolve-mento que produce.

1.3 Suxestións para a motivación e o estudo

Nunha sociedade en que os medios de comunicación teñen cada vez máis relevancia, é importante coñecermos a globalización, pois permite entender a nosa forma de vida actual, como nos afectan, directamente ou indirectamente, as crises económicas ou alimentarias que están a xurdir nun punto distante do planeta.

A globalización pode achegar aspectos moi positivos á vida das sociedades, mais para o lograr cómpre aprender a gobernar ben nos ámbitos local, nacional ou internacional.

1.4 Orientacións de temporalización

Para a realización desta unidade didáctica precisaríanse 12 horas de traballo. É fundamen-tal que o alumnado faga fincapé na lectura dos contidos previos a cada bloque de activida-des, antes de as realizar. As actividades complementarias e o test de autoavaliación preci-sarían de dúas sesións para a súa realización e corrección.

Page 4: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 4 de 51

2. Secuencia de contidos e actividades

2.1 Camiño á globalización

Ao longo de milenios, a vida das persoas na terra caracterizouse por ter un punto xeográfi-co de referencia, no que o individuo nacía, vivía e morría. Os núcleos de poboación abas-tecíanse por si mesmos cos produtos que o seu contorno proporcionaba. Os nosos devan-ceiros descoñecían outros pobos, outras culturas e outros continentes.

Este marco xeográfico ampliouse a partir do século XV, coas grandes descubertas e coa consecuente colonización dos novos territorios coñecidos en Asia, América, África, Ocea-nía... Europa converteuse no eixe do mundo, explotando os recursos económicos e impon-do as súas estruturas políticas, sociais e culturais.

Nesta evolución histórica, a través do proceso colonial, os primitivos centros locais fo-ron conectándose e integrándose nunha rede de relacións socioeconómicas de ámbito mundial.

2.1.1 Camiño á globalización

Europa exerceu a hexemonía mundial ata a fin da I Guerra Mundial, momento en que emerxen potencias como os EEUU, Xapón ou Rusia, que se consolidaron tras o final da segunda contenda mundial. Os vencedores, a URSS e os EEUU, organizaron o mundo en dous grandes bloques no período coñecido como Guerra Fría, e integraron ao seu redor, mediante pactos económicos, políticos e militares, ao resto dos países desenvolvidos:

� Bloque capitalista ou do oeste: ao redor dos EEUU (institucións: CEE e OTAN).

� Bloque comunista ou do leste: ao redor da URSS (COMECON e Pacto de Varsovia).

Mais o salto cualitativo deuse a partir da crise de 1973, coa revolución tecnolóxica e das telecomunicacións, resultado da terceira fase da revolución industrial. As telecomunica-cións adquiriron daquela un papel fundamental no desenvolvemento dos estados.

Tres áreas xeográficas concentraron os poderes políticos e económicos: os Estados Unidos, a Unión Europea e Xapón. Neles atópanse as sedes da maioría das grandes em-presas financeiras e industriais do mundo.

� Os EEUU: que intentarán exercer o control (político, económico e militar) do mundo desde as súas institucións (A Casa Branca, O Pentágono e Wall Street).

� A Unión Europea: comunidade de 27 estados europeos convertida na primeira potencia económica mundial.

� Xapón: a súa área de influencia esténdese polo Pacífico occidental e Asia oriental. Ba-sea o seu poder no desenvolvemento das novas tecnoloxías.

Como consecuencia da devandita crise de 1973 xorde unha nova organización económica, o Grupo dos 7 ou G7, que no 1998 se converteu no G8: Alemaña, Canadá, os Estados Unidos, Francia, Italia, Xapón, o Reino Unido e Rusia. Trátase dun grupo con peso políti-co, económico e militar, pero que carece dun criterio único para escoller os seus membros.

Page 5: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 5 de 51

Os seus acordos son segredos e precisa outras institucións para podelos executar: Consello

de Seguridade das Nacións Unidas, Banco Mundial, FMI (Fondo Monetario Internacio-

nal) ou OMC (Organización Mundial do Comercio).

A isto cómpre engadirlle que, na organización mundial actual, certos países exercen unha posición preferente sobre os conxuntos rexionais que os circundan.

Actividades propostas

S1. Ao longo do século XX fóronse creando distintas institucións co fin de organizar bloques hexemónicos do mundo. Defina os seguintes termos: CEE, OTAN, COMECON, OEA, Pacto de Varsovia.

S2. Os grandes cambios históricos, aqueles que orixinaron o progreso humano, son considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen e cal foi o gran cambio que marcaron no devir histórico.

1º asentamento humano neolítico. Maqueta de Antía Carrasco (MRP)

Vía férrea. Fonte: Wikipedia Reprodución da nave Victoria. Fonte: Wikipedia

Bunker alemán na Normandía francesa Fonte: MRP

Xigante Rhodes. Fonte Wikipedia Tropas rusas nas trincheiras. Fonte: Wikipedia

Page 6: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 6 de 51

2.2 O mundo: unha diversidade política e cultural

As terras emerxidas do planeta agrúpanse en cinco continentes, repartidos nuns 247 esta-dos. Un estado é un territorio delimitado por fronteiras, no que se asenta unha sociedade organizada e rexida por un conxunto de leis; ten un sistema de goberno e diferénciase me-diante símbolos (bandeira, himno nacional, capital, moeda, etc.).

Existen moitos criterios que serven para clasificar os países e que permiten comprender tamén as organizacións internacionais: a súa superficie, o seu peso demográfico, o réxime político, as actividades económicas, o poderío militar ou a súa influencia nas decisións in-ternacionais.

2.2.1 Diversidade política e cultural

Os estados existen desde hai miles de anos, aínda que en menor número que na actualida-de e cunhas fronteiras menos definidas.

Isto non implica que todos os grupos que poboan a terra se sintan identificados con esta organización territorial e por iso loitan por alcanzar a súa autonomía ou independencia. Son as chamadas nacións sen estado (kurdos, palestinos, ...).

A actual división territorial do mundo adoita estar motivada máis por razóns políticas e económicas que culturais. O estudo da diversidade cultural permítenos descubrir diversas culturas sobre o planeta Terra. Cada pobo ou etnia caracterízase polas súas tradicións, os costumes, as linguas, as relixións ou as formas de expresión artística que os fan únicos.

As primeiras civilizacións apareceron como consecuencia da sedentarización dos pobos tras a domesticación de plantas e dos animais (agricultura e gandaría), nas proximidades dos grandes ríos: Mesopotamia (Tigris e Éufrates); Exipto (Nilo); India (Indo e Ganxes) ou a China (Río Amarelo). Algúns séculos máis tarde floreceron as grandes civilizacións americanas: aztecas, maias, andinas, etc.

Page 7: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 7 de 51

Na actualidade é difícil atopar sociedades humanas cunha cultura propia que non teñan re-cibido influencia das demais, salvo nalgún recuncho recóndito da selva. Aínda así distin-guimos varios modelos de civilización: a occidental, a musulmá, a africana subsahariana, a oriental, a india ou a iberoamericana.

Actividades propostas

S3. Defina o concepto de Estado coas súas palabras. Cales son os símbolos que identifican o Estado español?

S4. Analice e complete a seguinte táboa:

Países Superficie (km2) Poboación (2008) Continente

���� Australia 7.686.850 20.090.437

���� Brasil 8.511.965 188.078.227

���� Canadá 9.984.670 32.805.041

���� China 9.596.960 1.319.988.325

���� EEUU 9.826.630 310.138.345

���� India 3.287.590 1.129.291.310

���� Indonesia 1.919.440 245.452.739

���� Mónaco 1'95 32.543

���� Nauru 21 13.287

���� Palau 458 20.579

���� San Marino 61 29.251

���� Tuvalu 26 11.810

���� Vaticano 0'44 932

� Cales son os cinco países máis extensos do mundo (de maior a menor)?

� Cales son os cinco países menos extensos do mundo (de menor a maior)?

� Cales son os cinco países máis poboados do mundo (de maior a menor)?

� Cales son os cinco países menos poboados do mundo (de menor a maior)?

� Coincide o máis poboado co máis extenso do mundo? Cal é o motivo?

� Coincide o país menos poboado co país menos extenso do mundo? Por que?

S5. O concepto de civilización experimentou unha forte evolución nos últimos anos e os historiadores non se poñen de acordo coa súa definición.

Defendeu a idea de civilización entendida coma un supraorganismo cultural. Alega que o desenvolvemento das civilizacións segue un movemento cíclico de tres tipos de sociedade; estas seguirían o mesmo proceso que cal-quera ser vivo, podendo chegar a desaparecer. "Toda cultura ten os mesmos estadios que o home: nenez, xu-ventude, virilidade e vellez.."

Oswald Spengler (Alemaña), filósofo-historiador: A decadencia de Occidente, (1918/1923)

Page 8: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 8 de 51

Defendeu, ao igual que Spengler, a idea de civilización entendida coma un supraorganismo cultural. Para Toyn-bee as civilizacións son o resultado das respostas dun grupo humano aos desafíos naturais e sociais. Dálles unha grande importancia aos fenómenos relixiosos e nega o determinismo na evolución das civilizacións, ne-gando que estas deban desaparecer definitivamente, en alusión clara a actual civilización. "O fracaso dunha civilización é o resultado da súa incapacidade para responder aos retos morais e relixiosos máis que aos desafíos físicos ou ambientais."

Arnold J. Toynbee (Reino Unido), historiador: Estudo da Historia, (1934/1961)

Definiu as civilizacións como "espazos, sociedades, economías, mentalidades colectivas e continuidades"... Ca-da civilización desenvólvese nun espazo concreto polo que as condicións naturais inflúen nas súas característi-cas. Distingue dúas grandes agrupacións: (...) Civilizacións europeas: Europa e todos os territorios colonizados (Europa de Ultramar). Caracterízanse por construír sociedades industriais e urbanas e teñen no cristianismo a base de moitos principios, comportamentos e costumes, aínda que a mentalidade imperante tende ao racionalismo, afastándose da relixión. Civilizacións non europeas: comprenden os países árabes, África negra, China, India, Xapón, Corea, Filipinas, Indochina e Indonesia. Caracterízanse por permanecer nelas tradicións milenarias cun esforzo de moderniza-ción e industrialización (dualidade campo/cidade). O trazo fundamental é a relixión.

Fernand Braudel (EEUU), historiador: Historia das civilizacións, (1963)

A súa teoría reactualiza as ideas de Oswald Spengler e Arnold J. Toynbee. O elemento diferenciador das civili-zacións é a relixión, que permite distinguir entre as civilizacións occidental, confucianista, xaponesa, islámica, hindú, ortodoxa, latinoamericana, africana e budista. A el debémoslle a expresión choque de civilizacións, como unha das características do mundo en que vivimos. Así, a antiga rivalidade ideolóxica dos anos 40 entre os EEUU e a URSS derivou nun conflito aberto entre civili-zacións. O mundo actual baséase no fortalecemento das civilizacións non occidentais, nomeadamente a China, India e o Islam, que poderían arrebatar a superioridade económica, política e militar exercida por Occidente ao longo do século XX. Propón impulsar unha política de contención cultural para debilitar a ameaza que supón o Islam para Occidente. "Occidente non conquistou o mundo pola superioridade das súas ideas, valores ou relixión, senón pola superio-ridade en aplicar a violencia organizada. Os occidentais adoitan esquecerse deste feito, os non occidentais nun-ca o esquecen."

Samuel Huntington, académico: O choque de civilizacións, (1990)

� Explique as frases de A. Toynbee: A civilización é un movemento e non un es-

tado, unha viaxe e non un porto. As civilizacións morren por suicidio non por

asasinato.

� Spengler e Toynbee coinciden en entender unha civilización como un superor-ganismo cultural, pero en que difiren?

� Que é criticable nas ideas de Fernand Braudel?

� Que idea é criticable na exposición de Samuel Huntington?

Page 9: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 9 de 51

2.3 Nova orde social, política, económica e tecnolóxi-ca

Malia existir unha grande diversidade cultural no mundo, as novas tecnoloxías tenden a homoxeneizar cada día máis os gustos e os costumes.

A globalización divide a sociedade. Por unha banda, hai quen pensa que este novo con-cepto de sociedade tende a provocar a desaparición dos elementos distintivos, entanto que para outro sector, diversidade e globalización non son incompatibles e defenden un mundo

globalizado multicultural. O fenómeno da globalización pódese considerar desde varias perspectivas:

� Globalización socio-cultural: as ideas e os costumes móvense a grande velocidade no mundo. A cultura occidental imponse sobre outras, o que está a provocar a perda de usos e formas de vida propias, identificadoras de certos grupos ou rexións do mundo.

� Globalización política: o mundo xa non se organiza en estados, continentes, civiliza-cións, ... O criterio dominante é o das rexións económicas e as súas áreas de influencia: a Unión Europea, os Estados Unidos e Xapón

� Globalización económica: baséase no desenvolvemento dos procesos económicos no ámbito mundial, con fortes lazos de interdependencia comercial entre os diversos paí-ses. Este sistema económico susténtase en catro piares:

– Crecemento do comercio internacional.

– Mundialización da produción, controlada por multinacionais que dispoñen de filiais en moitos puntos do planeta.

– Pulo dos fluxos financeiros: especulación.

– Interrelación de todos os puntos do planeta.

� Globalización tecnolóxica: as tecnoloxías da información e da comunicación son im-portantes pola difusión da información instantánea e inmediata a nivel mundial.

– Microelectrónica, informática e telecomunicacións están a xerar cambios tan fondos na sociedade que quen xa fala da terceira ou cuarta fase da revolución industrial.

– A prensa escrita diaria compite coa dixital, que se actualiza ao minuto e inclúe ima-xes. A televisión transmite a información no momento en que se está a producir e, non tardando moito tempo, os usuarios poderán escoller a súa programación á carta.

– Xa non é preciso ter libros en papel; internet ofrece textos íntegros, enciclopedias en liña, blogs, ... un universo en que o individuo non só é consumidor, senón que tamén pode ser creador de contidos.

Esta globalización dos medios supón outra fenda entre os países desenvolvidos e os sub-desenvolvidos xa que:

���� As economías con menor renda per cápita dependen cada vez máis dos países ricos.

���� Limita a autonomía e a capacidade de decisión dos países en beneficio das grandes potencias económicas: xuros, salarios, impostos, ...

���� Deslocalización da produción: as pezas fabrícanse en puntos afastados entre si e descoñécense os produtores e os consumidores finais. Os novos medios de transpor-te, máis rápidos e económicos, permiten que se fabrique onde sexa máis barato.

Page 10: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 10 de 51

Actividades propostas

S6. Lea as seguintes afirmacións sobre a globalización e responda ás cuestións.

Contra o que puidera suporse, a globalización cultural non consiste en promover o acceso de toda a poboación do planeta á cultura co obxecto de permitir a súa libre expresión e evolución, a globalización cultural é america-nización, venda do “american-way-of-life” que se estende a golpe de publicidade e consumo.

María Ester Vela

No lugar das antigas necesidades, satisfeitas con produtos nacionais, xorden novas, que reclaman para a súa satisfacción produtos das terras máis remotas e dos climas máis diversos. No lugar do antigo illamento de re-xións e nacións que se bastaban a si mesmas, establécese un intercambio universal, unha interdependencia universal das nacións. E isto refírese tanto á produción material como á intelectual. A produción intelectual du-nha nación convértese en patrimonio común de todas. A estreiteza e o exclusivismo nacionais resultan de día en día máis imposibles; das numerosas literaturas nacionais e locais se forma unha literatura universal.

Marx e Engels. Manifesto do Partido Comunista. Marzo de 1848

� Traduza a expresión: american-way-of-life.

� Que é a americanización?

� Que é o patrimonio cultural?

� Indique elementos identificadores do noso patrimonio, tanto material como o inmaterial.

S7. Propomos unhas imaxes cotiás do noso contorno que difiren das vividas polos nosos avós. Investiguen de que cultura son orixinarias e se están a substituír al-gunha tradición autóctona. Cal ou cales?

Nadal 2005 (Foto Javier Diz Bugarín)

Hamburguesa e patacas fritas" (Foto Wikipedia)

Page 11: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 11 de 51

2.4 Multinacionais A industria actual caracterízase pola automatización e sofisticación dos procesos produti-vos grazas á introdución da robótica e da informática. Isto provocou a redución da man de obra (aínda que se precisa que esta sexa máis cualificada) e a fabricación de produtos cada vez máis complexos.

Hogano resulta difícil coñecer a orixe dun produto, xa que o seu proceso produtivo po-de seguir un percorrido por distintos países, debido á rapidez dos novos medios de trans-porte (especialmente pola conquista do aire) ou a procura de lugares onde resulta máis ba-rata a súa fabricación ou máis rápida a súa distribución. É o que se chama globalización

económica, que depende das decisións das grandes multinacionais.

2.4.1 Características e clasificación

As multinacionais son grandes empresas que non só se establecen no seu país de orixe, se-nón que tamén realizan as súas actividades mercantís de compra, venda e produción nou-tros estados (deslocalización), nun intento de reducir os gastos e aumentar os beneficios, é dicir, de ser unha empresa máis competitiva.

Multinacional vertical. Anuncio de Coca Cola en Panamá e Consumo anual mundial de Coca Cola (Fonte: Wikipedia/Pixeltoo)]

Estas empresas caracterízanse por empregar traballadores tanto do país de orixe como do país onde se establecen. Ademais, procuran constantemente a mellora da calidade dos seus produtos para facelos máis atraentes cara aos consumidores.

De acordo coa súa estrutura, as empresas multinacionais poden clasificarse en:

� Corporacións integradas horizontalmente: producen o mesmo produto ou similar, pero en diferentes países. Exemplo: McDonald's.

� Corporacións integradas verticalmente: producen bens intermedios, nalgúns países, para a produción final noutros. Exemplo: Adidas.

� Corporacións diversificadas: producen diferentes bens ou servizos en diferentes cen-tros internacionais de produción. Exemplo: Sony

� Cartel: acordo formal entre empresas do mesmo sector industrial co fin de eliminar a competencia, controlando a produción, a distribución e os prezos dun produto. Ex.: OPEP: Organización de Países Exportadores de Petróleo.

Page 12: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 12 de 51

� Trust: termo inglés que significa confianza e que se refire a un conxunto de empresas, baixo unha única dirección, que tenden a controlar as vendas e a comercialización dun produto. Isto pode xerar un monopolio.

� Hólding: compañía ou sociedade financeira que controla total ou parcialmente varias empresas, participando no seu capital, controlando parte ou o total das súas accións

Actividades propostas

S8. Defina os seguintes termos, relacionados coa globalización económica: multina-cional, monopolio, oligopolio, OPA, OPEP e acción.

S9. Falta de ética das multinacionais. Análise do texto.

Unha investigación rigorosa sobre a falta de ética nas multinacionais

Empresas tecnolóxicas da industria electrónica están implicadas na compra de coltán manchado de sangue. Sangue que só no Congo cobrouse máis de 3,3 millóns de vítimas desde o inicio do conflito.(...) O libro negro das marcas. O lado escuro das empresas globais, de Klaus Werner e Hans Weiss é unha investi-gación rigorosa sobre as empresas transnacionais. Nel cóntase que en menos de catro anos o número de telé-fonos móbiles no mundo pasou dos 400 millóns aos 1.000 millóns. (...) Esta pequena máquina, primeiro para falar e agora para falar e verse, precisa para o seu funcionamento un elemento crucial: o tántalo. É un elemento metálico raro que na natureza aparece como mineral de tantalita ou xunto co niobio na chamada columbita. Este matrimonio mineral tamén se lle coñece por coltán. O coltán, básico para fabricar condensadores electrónicos que almacenen a carga eléctrica, converteuse nun elemento estratéxico que quintuplicou o seu prezo entre febreiro do ano 2000 e xaneiro do 2001, ata alcanzar os 950 euros/quilo. Un dos puntos claves da minaría do coltán sitúase entre o Congo e Ruanda. Ambos os paí-ses devastados pola violencia de guerras civís sanguentas. O comercio do coltán está nas mans de líderes re-beldes que converteron a guerra e este mineral no seu principal negocio, que non para de mancharse de san-gue. Empresas tecnolóxicas da industria electrónica están implicadas na compra de coltán manchado de san-gue. Sangue que só no Congo cobrou máis de 3,3 millóns de vítimas desde o inicio do conflito.

� Cantas vítimas de sangue cobrou o conflito armado do Congo?

� Cantos millóns de números de teléfono apareceron en catro anos?

� Que material básico precisan os móbiles para o seu funcionamento?

� Que son o coltán e o tantalio? Que relación hai entre eles?

� En canto tempo se quintuplicou o prezo do coltán?

� Onde situaría o punto neurálxico da produción de coltán?

� Quen controla as minas de coltán?

� Cal será o destino dos beneficios obtidos pola venda do coltán?

Page 13: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 13 de 51

2.5 Investimento I+D+i

O estadista finés, Tapani Esko Aho, define investigación como investir diñeiro para obter

coñecemento, entanto que innovación sería investir coñecemento para obter diñeiro.

A nova concepción da economía mundial suscita retos diferentes para as empresas e o tecido industrial das rexións, dos países e do mundo en xeral.

2.5.1 Que é I+D+i

As siglas I+D+i significan investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica, acti-vidades que todos os países intentan potenciar mediante subvencións, deducións fiscais, préstamos bonificados ou políticas de apoio para fortalecer as empresas nacionais fronte á posible competencia.

Os traballos neste campo levan aparelladas melloras na calidade de vida da cidadanía (computadores, electrodomésticos...), na mellora do medio (tratamento dos refugallos, aparición de motores menos contaminantes, como os eléctricos, procesos industriais afo-rradores de enerxía), na saúde (novos fármacos, equipamentos máis avanzados para a ci-rurxía, ...)

O nivel de actividade no campo da investigación nun país adoita referirse á proporción que existe entre o gasto de I+D+i e o PIB.

Page 14: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 14 de 51

Actividades propostas

S10. Análise do documento: “Alegoría do porvir”.

Polas súas relacións coa ciencia e coa tecnoloxía, as súas connotacións coas rimbombantes políticas públicas e a súa ansiedade por dobregar o futuro, resúltanme especialmente atractivas as siglas I+D+i. Trátase dun palíndromo (aquelas palabras, frases, números ou secuencias de unidades presentes en diversos campos do coñecemento como a bioloxía, a computación e a música, que poden lerse da mesma maneira de es-querda a dereita e viceversa) A historia desta sigla adoita asociarse ao proceso de institucionalización da actividade científico-tecnolóxica e á aparición das políticas públicas nestas áreas, primeiro circunscritas á I+D, o de innovar viu despois. (...) Albert Einstein dixo en 1931 que “o principal interese do traballo científico sempre debe(ría) ser a preocupación pola humanidade mesma e polo seu destino”. En 1942 -en plena guerra mundial- a Asociación Británica para o Progreso da Ciencia organizou a conferencia internacional A Ciencia na Orde Mundial, onde se afirmou con gran optimismo que aquilo que a ciencia dera á guerra para a destrución da humanidade daríao máis efectivamente e con mellor vontade para o seu beneficio. Por entón o enxeñeiro estadounidense Vannevar Bush (1890- 1974), considerado o mentor das políticas de I + D, expuña que “o progreso científico é esencial para a seguridade nacional, o benestar público, a saúde e o desen-volvemento”. Así o puxo de manifesto nun documento... escrito a petición do Presidente Roosevelt, quen desexaba saber como podían os Estados Unidos orientar a ciencia para gañar as batallas da paz. Se esta era unha das primeiras tiradas da moeda da política científica é imprescindible recordar a outra cara xa que, case simultaneamente, o día 6 de agosto de 1945 gravou na nosa memoria os horrores do fungo nuclear so-bre Hiroshima. “Usámola para acurtar a agonía da guerra, para salvar a vida de miles e miles de mozos estadouni-denses” - dixo o presidente Truman nunha mensaxe por radio o 9 de agosto de 1945. Na Conferencia das Nacións Unidas sobre Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento, de 1979, díxose: “É un feito amplamente recoñecido que a estrutura das relacións internacionais, en materia de ciencia e tecnoloxía, é imperfecta e reflicte profundas diferenzas entre as nacións. Reflicte unha situación en que uns poucos países “en particular, certas empresas industriais con sede neses países - asumen o dominio tecnolóxico e determinan a di-rección e o desenvolvemento da tecnoloxía en sectores cruciais, deixando a maioría dos países en situación de crítica dependencia tecnolóxica, a pesar dos seus vastos recursos humanos e materiais.” (Nacións Unidas, 1979). Cara e cruz amplificada polos efectos da globalización, a realidade segue mostrando que a guerra é un bo negocio e que a creación, o dominio e o uso do coñecemento científico e tecnolóxico contribúen a dividir o mundo en paí-ses desenvolvidos e outros que non poden selo. Ata a mesma Europa do Coñecemento, presa da tecnocracia e do ambiguo binomio crecemento económico-desenvolvemento sustentable, parece un soño para os infrutuosos ob-xectivos de Lisboa. Caracostas e Muldur, parafraseando a Vannevar Bush, sosteñen que “as políticas de ciencia e tecnoloxía en paí-ses industrializados están a desprazarse cara a unha terceira fase da súa historia que combina os obxectivos so-ciais co motor da innovación. Non en balde fíxose tan popular isto de xerar e potenciar o capital social (e humano). Atrás quedarían, en opinión destes autores, unha primeira etapa caracterizada por unhas políticas baseadas na dupla defensa e ciencia (a ciencia para proveito da ciencia e a tecnoloxía para a defensa), e unha segunda fase nas que as políticas de I+D estaban para favorecer a competitividade das chamadas industrias estratéxicas (prin-cipalmente electrónica, aeronáutica, ordenadores, enerxía e armamento). Estaremos na etapa de recoñecer que a produción do coñecemento é un proxecto social e para a sociedade, ergo, para a gran familia humana.” Amartya Sen dixo “en poucas palabras, o importante é a xente”. E o Premio Nobel de Física Jerome Friedman apúntanos que “a innovación é a clave do futuro e a investigación é a clave da innovación”. Pero aquí a brecha, o doloroso gap está no D, en saber de que desenvolvemento estamos a falar para que a I+D+i sexa algo máis que un eufemismo. A cuestión esencial é: investigar e innovar para que?, para comezar a enfrontar os grandes desafíos do futuro baixo a perspectiva dun desenvolvemento máis humano.”.

Alegoría do porvir. En Innovación (blog sobre invención e creatividade). [http://www.tendencias21.net/innovacion/index.php?action=article&numero=2]

� Que é un palíndromo?

� Quen é o mentor de I+D?

� Describa cun máximo de tres palabras que é I+D e a ciencia, en xeral, para os seguintes personaxes: Albert Einstein, Vannevar Bush, Caracostas e Muldur e Jerome Friedman.

� Cal é a cara de I+D

Page 15: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 15 de 51

� Cal é a cruz de I+D?

� Por que a globalización amplifica os efectos do I+D?

� En que tipo de industrias é máis positiva a I+D?

� Segundo Caracostas e Muldur, que etapas viviu o I+D na súa historia?

S11. O sistema galego de I+D+i está integrado polas empresas, o sistema público (universidades, centros de investigación e sanidade), organismos de soporte á investigación e as administracións. Investigue a cales destas institucións corres-ponden os acrónimos:

1 ���� USC Centro de Supercomputación de Galicia

2 ���� CESGA Centro de Investigacións Mariñas.

3 ���� LOMG Universidade de Santiago Compostela

4 ���� CIMA Asociación de investigación Metalúrxica do Noroeste

5 ���� AIMEN Instituto Español de Oceanografía

6 ���� IEO Laboratorio oficial de metroloxía de Galicia

Page 16: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 16 de 51

2.6 Indicadores do desenvolvemento

O benestar ou nivel de desenvolvemento dun país mídese a través dalgúns indicadores:

Produto Interior Bruto (PIB).

Indicador económico que resulta de calcular todas as actividades económicas realizadas dentro dun país durante un período de tempo determinado (trimestral ou anual).O cálculo do PIB obtense coa seguinte suma:

Consumo + Investimentos + Gasto público + Exportacións + Importacións

Habitualmente o dato máis interesante é o cálculo do PIB per cápita, é dicir, o reparto do Produto Interior Bruto entre o número total de habitantes do país.

Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).

Indicador socioeconómico elaborado polo Programa das Nacións Unidas para o Desen-volvemento (PNUD), e que ten en conta o seguinte

� Vida longa e saudable: esperanza de vida ao nacer.

� Educación: taxa de alfabetización de adultos + taxa bruta (matriculación) na educación primaria, secundaria e superior + anos de educación obrigatoria.

� Nivel de vida digno: Produto Interior Bruto per cápita en dólares.

O IDH, Índice de Desenvolvemento Humano, exprésase en valores situados entre 0 e 1:

� Países con desenvolvemento humano alto (IDH ≥ 0,8).

� Países con desenvolvemento humano medio (0,5 ≤ IDH < 0,8).

� Países con desenvolvemento humano baixo (IDH < 0,5).

Nivel alto Nivel medio Nivel baixo Non analizado

Mapa do mundo para o IDH dos estados, Informe 2007/2008 (PNUD)

Page 17: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 17 de 51

Consumo de calorías

Os seres vivos precisan enerxía para poder sobrevivir. Os seres humanos aliméntanse para obter combustible e a enerxía precisa para desenvolver as súas funcións vitais. Considéra-se que unha persoa pode vivir con 2.500 calorías diarias e que na Terra un terzo da poboa-ción non ten unha alimentación suficiente.

Liña de pobreza humana (LPH)

Índice empregado polo Banco Mundial e que se basea no consumo. Determina a cantidade de persoas que nun país viven con menos diñeiro do considerado básico para unha vida digna. Non existe unha liña única, varía segundo as rexións e países do mundo, pero serve para comparalos entre si. Exemplo:

� Liña de pobreza 1 = 1 dólar per cápita diario para a comparación internacional.

� Liña de pobreza 2 = 2 dólares diarios por persoa para América Latina e o Caribe.

� Liña de pobreza 4 = 4 dólares diarios por persoa para Europa Oriental e CEI.

� Para os países industrializados emprégase a liña dos EEUU, que fixa unha cantidade de 14'40 dólares per cápita diarios.

Actividades propostas

S12. Complete o gráfico empregando termos da seguinte lista: EV, I, LE, Índice de Desenvolvemento Humano, poder adquisitivo, educación e lonxevidade.

S13. Observe o mapa do IDH e, coa axuda dun atlas, indique como é o Índice de De-senvolvemento Humano dos seguintes países (alto, medio ou baixo):

India Brasil Canadá Cuba

R.D. Congo Mongolia Madagascar Somalia

España Arabia Saudita Ecuador Exipto

Page 18: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 18 de 51

� Cal é o continente co IDH máis alto?

� Cal é o continente co IDH máis baixo?

� Defina: consumo, investimentos, gasto público, exportacións e importacións.

Page 19: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 19 de 51

2.7 Fame e sobrealimentación Por que os pobres son pobres? As razóns polas que tantas persoas non poden satisfacer as súas necesidades fundamentais son complexas. Mestúrase a falta de vontade política coa inadecuación das medidas que toman os poderes públicos, especialmente no que se refire á explotación dos recursos locais.

2.7.1 División da Terra segundo criterios económicos

A Terra divídese, atendendo a criterios económicos, en dous mundos, separados por unha liña imaxinaria: o Norte e o Sur. No primeiro, tamén coñecido como primeiro mundo, vive o 20 % da poboación, que acumula o 80 % da riqueza; no segundo (coñecido como tercei-ro mundo) vive o 80 % da poboación, que só dispón do 20 % da riqueza. Sen dúbida, trá-tase dun reparto inxusto pois, para que o primeiro mundo viva nun estado de benestar, é necesario que millóns de persoas do terceiro mundo vivan na miseria.

2.7.2 Causas do desigual acceso ao estado de benestar

Desigual crecemento da poboación

Nas últimas décadas produciuse a desaceleración do crecemento da poboación mundial.

� Alta natalidade dos países de renda baixa.

� Desequilibrios entre mundo urbano e rural (as cidades atraen o mundo rural).

� Desigualdades entre home e muller.

� Escravitude e emigración (homes e mulleres que foxen da miseria).

Desequilibrio económico

� Inxusta distribución da riqueza (proteccionismo dos países ricos). O aumento progresi-vo da poboación motiva unha maior presión sobre os recursos naturais.

� Fame e alimentación (malnutrición). A FAO considera que no mundo hai 800 millóns de persoas que sofren graves carencias de alimentación. Fronte a esta lacra mundial, no primeiro mundo a sobrealimentación está a xerar multitude de doenzas.

� Os recursos enerxéticos e minerais. As enerxías fósiles, a enerxía nuclear ou hidroeléc-trica son empregadas case en exclusividade por países desenvolvidos (a súa orixe está habitualmente en países do terceiro mundo), entanto que os países subdesenvolvidos deben seguir utilizando combustibles tradicionais.

� A débeda externa e a axuda ao desenvolvemento. Os países pobres están endebedados cos países ricos, que lles prestaron os cartos.

Os problemas ambientais

� Acceso a auga potable: ben moi escaso.

� Cambio climático: desertización e perda de biodiversidade. A contaminación atmosfé-rica: o buraco na capa de ozono.

Page 20: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 20 de 51

Os conflitos xeopolíticos

Boa parte dos países considerados pobres son antigas colonias europeas que se independi-zaron logo de longos procesos de descolonización. Moitos deles sofren a violencia provo-cada por enfrontamentos de carácter étnico, relixioso ou social. En realidade, estas loitas amosan a debilidade dos seus gobernos, moitos rexidos por ditadores.

Educación

O 25 % da poboación adulta mundial é analfabeta, non sabe ler nin escribir. O 98 % do analfabetismo mundial concéntrase nos países subdesenvolvidos.

Actividades propostas

S14. Os indicadores do desenvolvemento revelan diferenzas entre países ricos e po-bres. Relacione os termos coas definicións.

Nª Termo Definición Nº

1 ���� País desenvolvido Os que nos anos 50 non se aliñaron con ningún dos bloques políticos. Na actualidade é sinónimo de países subdesenvolvidos.

2 ���� País en vías de

desenvolvemento Poboación que vive en risco de desprotección social en áreas do pri-meiro mundo.

3 ���� País subdesenvolvido Grupo que nos 50 se sumou á experiencia socialista, rexeitando a cultura liberal e o capitalismo (aceptada polo primeiro mundo). Difire do terceiro mundo polo alto nivel educativo. Hoxe é un termo en desuso.

4 ���� Primeiro mundo Países que alcanzaron un alto grado de industrialización e tecnifica-ción, nos que viven individuos cun alto nivel de vida.

5 ���� Segundo mundo Atraso dun país ou rexión. Países onde unha porcentaxe moi elevada da poboación vive por baixo do limiar da pobreza.

6 ���� Terceiro mundo Países que nos 50 estiveron baixo a órbita de Europa Occidental e os EEUU; industrializados capitalistas. Hoxe implica desenvolvemento.

7 ���� Cuarto mundo Países cun nivel de vida relativamente baixo, industria subdesenvolvi-da e un IDH moderado ou baixo.

S15. A evolución da poboación no mundo provoca modelos demográficos rexionais diversos: europeo, xaponés, norteamericano, latinoamericano, .... Identifique as pirámides de poboación: modelo e características.

(2000) China [US Center Bureau]

Page 21: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 21 de 51

(2008) España [INE]

(2000) Congo-Kinshasa [Fonte: U.S: Center Bureau]

� Que modelos demográficos son propios de países subdesenvolvidos?

� Que modelos demográficos son propios de países desenvolvidos?

S16. A fame está presente en moitos lugares do mundo, mais se existe un país que se identifique con ese termo é Etiopía.

16 de xuño de 2008 [http://www.lavanguardia.es/lv24h/20080616/53481825035.html]

Andy Robinson/Adís Abeba - Enviado especial

FAME EN ETIOPÍA

Etiopía, na súa primeira crise do século.

A fame no país africano débese esta vez só ao prezo do cere-al/150.000 niños poden morrer nas próximas catro semanas, segun-

do os cálculos de Unicef.

Seca e malas colleitas son causas inmediatas da carestía. Pero unha suba do 150 % do prezo dos cereais -principal fonte calórica da maior parte dos etíopes- foi minando a resistencia de todos. E máis grave que nada é o encarecemento brutal do tef, do que se elabora a injera, pan gomoso, alimento básico de todos os etíopes.

Page 22: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 22 de 51

A hiperinflación do tef -que só se cultiva en Etiopía- prodúcese, curiosamente, nun momento en que empeza a espertar o interese da lucrativa industria dietética en Europa e nos Estados Unidos. O tef é marabilloso, é o gran do futuro, dixo Hans Turkensteen, conselleiro delegado da empresa holandesa Soils and Crop Improvement, que pretende patentar produtos elaborados con tef. Non ten glute e se o comes perdes peso e reduces coleste-rol, engadiu Turkensteen, que xa comercializa unha nova liña de galletas adelgazantes feitas con tef.

Etiopía, con 80 millóns de habitantes, o 85 % rural e o 10 % dependente de forma permanente de axudas ali-mentarías, coñece dabondo as grandes fames. A primeira rexistrouse no século XIX e hai vinte anos máis dun millón de persoas morreron de fame.

Raj Patel e os defensores de estratexias de soberanía alimentaria propoñen recuperar o bo da revolución verde - apoio estatal ás granxas pequenas, reservas de cereais e autosuficiencia nacional e rexional - sen o malo: de-pendencia de fertilizantes, pesticidas e sementes de multinacionais como Monsanto.

� Localice Etiopía no mapa mudo que se xunta, e indique os seguintes datos so-bre o país: nome, capital, habitantes, límites, recursos alimentarios e causas da fame.

� Por que é tan importante o tef para os etíopes?

� E para a empresa holandesa?

� Explique o fragmento subliñado de Turkensteen.

� Quen son as seguintes persoas ou institucións? Hans Turknsteen, Bill e Melin-da Gates, e Monsanto.

� Que é a revolución verde?

Page 23: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 23 de 51

2.8 Movementos antiglobalizacion

Esta expresión define os movementos sociais internacionais xurdidos a finais do século XX, como unha crítica social contra a globalización e o pensamento único que favorecen un reparto inxusto e non sustentable da riqueza e dos recursos e que poñen en perigo a es-tabilidade do traballo e socavan a democracia.

2.8.1 Ideoloxías. Críticas. Propostas para cambiar o mund o

Ideoloxías e correntes dos movementos antiglobalización

� Anticapitalismo, anarcosindicalismo, comunismo...

� Movementos ecoloxistas.

� Pacifismo e antimilitarismo.

� ONG que loitan contra o pobreza e pola xustiza: Intermón, etc.

� Movementos indixenistas.

� Movementos obreiros, organizacións estudantís, sindicatos...

� Feminismo...

Críticas xerais que realizan

� O libre comercio: os lobbies, os monopolios e oligopolios...

� A mercantilización da sociedade: critican a redución do sector público e defenden a re-distribución da riqueza mundial.

� As grandes institucións financeiras: FMI, Banco Mundial, OMC...

� Multinacionais e banca, que se aproveitan da globalización para o seu beneficio propio.

Propostas que realizan para cambiar o mundo

� Condonación da débeda externa.

� Libre circulación de persoas.

� Control das multinacionais polo poder político democrático dos cidadáns.

� Taxa Tobin: segundo o seu autor tratábase de “botar area ao aceitado mecanismo das especulacións que fan viaxe de ida e volta en días ou poucas semanas”.

� Eliminar as medidas proteccionistas para a agricultura dos países membros da UE.

� Darlle máis importancia ao Índice de Desenvolvemento Humano que ao PIB.

� Introducir na linguaxe política a expresión pegada ecolóxica.

� Fomentar o desenvolvemento de democracias participativas.

Page 24: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 24 de 51

2.8.2 Movemento antiglobalización: o Foro Económico e o Foro Social

Foro Económico Mundial

Foro reunido no ano 1971, na montaña suíza de Davos, polo profesor Klaus Schwab co fin de contribuír á resolución dos problemas do noso tempo no económico e no social.

Na primeira reunión os temas centráronse nas estratexias comerciais; en anos posterio-res dedicáronse ao cambio climático, turismo, plans de saúde (contra a tuberculose no ano 2006), terrorismo, etc.

A organización entende que o capitalismo non é o problema, senón parte da solución; por iso é habitual que estean enfrontados cos altermundistas, que culpan ao capitalismo da pobreza no mundo.

� [http://www.weforum.org/en/index.htm]

Ano 3. Número 20. Febreiro 2007 A Crónica – O Foro Económico de Davos Juan Antonio Falcón

Asistimos unha vez máis ao Foro Económico Mundial no pequeno pobo alpino de Davos. (...) Reuníu líderes de negocios, po-líticos e activistas sociais, como Bill Gates, Angela Merkel, Tony Blair e Bono, líder da banda irlandesa U2. Especialmente in-teresante é que máis de 30 ministros de comercio se atoparon paralelamente coa esperanza de retomar os diálogos sobre comercio global que quedaron estancados.” (...) Podemos recordar que hai outros dous tipos de encontros internacionais importantes ao ano: os Cumios Económicos Mun-diais (que teñen como obxectivo a mellora da economía, e que se comezaron a convocar a partir da crise do petróleo de 1973/74) e as reunións anuais do Fondo Monetario Internacional e do Banco Mundial, en setembro. En ambas reunións de alto nivel planifícanse as citas con moitísimo tempo de antelación por parte de funcionarios e dos chamados sherpas (“guí-as”), que preparan o traballo no terreo para que os políticos só teñan que chegar ante as cámaras e asinar sobre a liña de puntos. (...) O Foro foi a miúdo branco dos antiglobalización. Pero os organizadores insisten en que se trata de “mellorar o estado do mundo” e resaltan o feito de que nos anos 90 (moito antes de que o movemento antiglobalización se orixinase) o fundador do Foro Económico Mundial, Klaus Schwab, advertiulle ao mundo que a globalización só beneficia a uns poucos.

[http://www.otromundoesposible.net/default.php?mod=magazine_detail&id=259]

Foro Social Mundial

No ano 2001 celebrouse na cidade brasileira de Porto Alegre un encontro dos membros dos movementos por unha globalización diferente, alentado pola ATTAC (Asociación In-ternacional para a Taxación das Transaccións Financeiras para a Axuda ao Cidadán) e po-lo Partido dos Traballadores do Brasil (PT). Este encontro foi coñecido como Foro Social

Mundial, que desde entón se celebra anualmente.

� [http://www.forumsocialmundial.org.br/index.php?cd_language=4&id_menu=]

“A grande forza do Foro Social Mundial radica no seu carácter de novidade. Trátase dunha iniciativa da emerxente sociedade civil planetaria que apunta a valorar as prácticas de loita e de participación cidadá nas diferentes sociedades, e procura dar unha dimensión mundial ás propostas que xorden delas.”

Cándido Grzybowski, cofundador do Foro e membro do Secretariado brasileiro

Page 25: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 25 de 51

Os partidarios deste movemento prefiren definilo como altermundismo ou alterglobaliza-

ción (derivados dos lemas empregados no I Foro Social Mundial), por considerar que an-

tiglobalización implica confrontación e negatividade.

Actividades propostas

S17. Cales son as diferenzas máis importantes entre o Foro Económico Mundial e o Foro Social Mundial?

Page 26: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 26 de 51

2.9 Sensibilización ante os problemas

As solucións aos problemas mundiais son posibles, pero precisan a actuación rápida da comunidade internacional. O conxunto de axudas, mediante créditos ou doazóns, é coñe-cido como Axuda ou Asistencia oficial ao Desenvolvemento (AOD) seguindo os criterios da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).

2.9.1 Medidas correctoras

As medidas do milenio

Foi a ONU o primeiro organismo que propuxo obxectivos para solucionar os problemas, a través de organismos como a FAO, UNICEF ou o Banco Mundial. En 2000, 191 países membros da ONU adoptaron un paquete de oito medidas a conseguir antes de 2015, defi-nido como obxectivos de desenvolvemento do milenio ou campaña do milenio, co lema de Sen escusas ata 2015. Os oito obxectivos propostos son:

Obxectivo Medidas

� Erradicación da pobreza extrema e da fame no mundo.

���� Pleno emprego. ���� Traballo digno de mulleres e mozos.

� Ensino primario universal. ���� Igualdade de nenos e nenas.

� Igualdade de sexos e autonomía da mu-ller

���� Igualdade no acceso das mulleres ao ensino primario e ao secundario.

� Redución da mortaldade infantil. ���� Nenos menores de cinco anos.

� Mellora da saúde materna. ���� Reducila ás 3/4 partes.

� Combate á SIDA, ao paludismo e a ou-tras doenzas endémicas.

���� Acceso universal aos tratamentos.

� Garantía da sustentabilidade do medio ���� Mellora da vida nos barrios marxinais. ���� Acceso sustentable á auga potable e servizos básicos de saneamento. ���� Retardo da perda de diversidade biolóxica e de recursos ambientais.

Fomento dunha asociación mundial para o desenvolvemento

���� Sistema comercial e financeiro aberto, baseado en normas e non discri-minatorio.

���� Atención ás peculiaridades de cada país. ���� Afrontar os problemas da débeda externa dos países do terceiro mundo. ���� Cooperación co sector privado no acceso ás novas tecnoloxías, nomea-

damente da información e das comunicacións.

O cumio mundial de Pequín (1995)

Neste cumio proxectouse aumentar a axuda ao Terceiro Mundo, especialmente a aqueles países que se atopan na pobreza extrema, ademais dun plan especial para a axuda as mu-lleres. Os resultados foron escasos ou nulos.

Page 27: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 27 de 51

O Cumio da Terra. O protocolo de Kioto (1997)

Acordo mundial, no marco do Cumio da Terra de Río de Xaneiro, para intentar reducir un 5 % a emisión á atmosfera de seis gases altamente contaminantes (dióxido de carbono, gas metano, óxido nitroso, hidrofluorocarbonos, perfluorocarbonos e hexafluoruro de xofre) no período 2008-2012.

Os microcréditos: unha oportunidade para os máis pobres

Plan orixinal do economista indio Huhamad Yunus, posto en marcha pola ONU e as ONG ante a negativa dos bancos a conceder préstamos a persoas necesitadas. Trátase de peque-nos préstamos, con xuros baixos, para financiar proxectos laborais dos máis pobres, espe-cialmente mulleres sobre as que carga a responsabilidade de sacar as familias adiante.

Economía autosuficiente: comercio xusto

O problema do Terceiro Mundo está na causa, é dicir, é preciso volver impulsar unha eco-nomía autosuficiente –non dependente– acabando coa débeda externa e aliviando a pre-sión sobre o medio natural. Este cambio só sería viable cunha reforma agraria que reparta as grandes plantacións entre as familias para cultivar os alimentos precisos para a súa ali-mentación.

Se é importante mudar o réxime de explotación das terras, tamén o é regular o comer-cio co primeiro mundo. Os produtos débenselles pagar aos produtores a un prezo xusto, eliminando intermediarios e gastos innecesarios. Estamos a falar do comercio xusto, que é inviable se non vai acompañado dun consumo responsable por parte dos consumidores do primeiro mundo.

Actividade resolta

As ONG apoian coas súas campañas a conquista do 0,7% PIB para o desenvolvemento.

Orde País PIB (2007) Exemplo de cálculo: EEUU (2007)

1 ���� Estados Unidos 13.843.825

4 ���� China 3.250.827

6 ���� Francia 2.560.255

8 ���� España 2.560.255

Actividade proposta

S18. Calcule que valor tería esa porcentaxe (en millóns de dólares estadounidenses) nos anteriores países. Identifique as bandeiras de cada país.

Page 28: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 28 de 51

2.10 Comunicacións, información e mobilidade

Os avances nas telecomunicacións e nos sistemas informáticos son os elementos definido-res da Terceira Revolución Industrial. Como consecuencia destes avances:

� Reducíronse os custos na produción e na distribución de bens e servizos aumentando a eficacia nos traballos.

� Aparecen as multinacionais que sitúan as súas filiais en calquera lugar do mundo ao poder estar comunicadas por conexións informáticas.

� Automatizáronse os procesos de produción.

� Precísase persoal máis cualificado e reduciuse o traballo rutineiro.

� Intervense na economía de distintos países ou lugares ao mesmo tempo.

O sociólogo canadense Marshall McLuhan definiu o resultado deste proceso como aldea

global, no que por mor da velocidade das comunicacións, a sociedade comezará a trans-formarse e volverá a reorganizarse como as primitivas aldeas, é dicir, todo o mundo coñe-cerá a todo o mundo e as noticias comunicaranse inmediatamente.

O bater das ás dunha bolboreta pódese sentir no outro lado do mundo (Refrán chinés)

Actividades propostas

S19. Moitos avances na comunicación permiten unha maior mobilidade dos individuos polo planeta. Lea o documento e conteste ás cuestións:

Novidade para mellorar a mobilidade, localización e comunicación dos profesionais do transporte por estrada

Nun mercado globalizado e moi competitivo como o actual, dispor de información e documentación en tempo real pódese converter nun factor crave do éxito empresarial. RESSA Comunicacións acaba de pór ao dispor do mercado o novo fax móbil para camión que permite viaxar por calquera parte de Europa, coa posibilidade de en-viar e recibir fax. Tamén se poderá, por suposto, realizar ou recibir chamadas telefónicas, así como imprimir en papel os mensaxes SMS, inserindo unha tarxeta SIM de Movistar. Pero a súa grande vantaxe e novidade é que se ten a posibilidade de localizar a súa posición dentro do territorio nacional vía situación GSM-CELA na web de RESSA (www.ressa.com). O fax móbil para camión convértese así nun elemento imprescindible para todas aquelas empresas ou particula-res que traballan na estrada e teñen a necesidade dun fax móbil que lles permita manexar información impresa en papel. Entre as súas funcións destacan, por exemplo, o envío e recepción de ordes de carga, mapas, CMR, albarás, facturas, contratos etc. Leva así mesmo implícitas as funcións típicas dun telefono, ata con mans libres, ademais da recepción e impresión de mensaxes SMS e serve igualmente para realizar copias de documentos. As vantaxes desta Fax móbil para camión son innumerables xa que pode ter voz e datos nunha mesma unida-de, GSM de acceso ás redes celulares de toda Europa, acceso á rede de telefonía fixa, reducido tamaño e peso, localización vía GSM-CELA, facilita o traballo e reduce os costos. É extremadamente fácil de instalar e de ope-rar, constitúe a solución ideal de baixo custo para os vehículos de longo percorrido, permite ao xestor localizar a súa situación en territorio nacional a través de internet.

Transporte y logística, 8 de xuño de 2007 [http://www.lacoctelera.com/transporteylogistica/post/2007/06/08/novedad-mejorar-movilidad-localizacion-y-comunicacion]

� Cales son as vantaxes de introducirse no mundo da información e documenta-ción en tempo real?

� Enumere as melloras nas comunicacións citadas no texto publicitario e cite os seus beneficios para os profesionais do transporte.

Page 29: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 29 de 51

2.11 Cidadanía global e identidade cultural propia

A globalización fala tamén dunha idea de cultura global. Non só se move a grande veloci-dade a información senón tamén as ideas e os costumes. Aínda así, hai un intento da cultu-ra occidental de impor os seus modelos culturais, o que está a motivar a desaparición de moitas identidades culturais rexionais en beneficio desa cultura única global.

Para a construción dunha sociedade respectuosa, na que convivan a globalidade coa singularidade, e preciso facer fincapé:

� Por parte do individuo:

– Aceptación da propia identidade, das singularidades, posibilidades e limitacións.

– Valoración de que a experiencia persoal xera a identidade e singularidade. – Desenvolvemento do sentido de pertenza a un mundo global.

� Por parte dos grupos e colectivos:

– Respecto polos elementos da diversidade, polos dereitos humanos ou dereitos fun-damentais da persoa, crenzas, ideas, opinións, traballo, peculiaridades culturais...

– Solidariedade e empatía, é dicir, capacidade de compaixón; ser sensibles ás necesi-dades e sentimentos do outro, do diferente...

– Rexeitamento da violencia como canle para solucionar as diferenzas ou as dificulta-des da vida.

� Respecto do contorno e do medio natural:

– Respecto pola diversidade humana, o contorno e o patrimonio ou cultural.

– Sensibilidade polo impacto social e ambiental das actividades persoais ou colectivas.

– Rexeitamento da violencia e das actitudes de intolerancia e exclusión.

– Interese pola procura de formas de vida máis xustas coa humanidade e co medio.

– Compromiso coa xustiza social e coa equidade, erradicando a pobreza do mundo e promovendo o respecto aos dereitos humanos.

Actividades propostas

S20. Cidadanía global ou identidade nacional propia?

Page 30: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 30 de 51

� Explique a frase do mural arxentino: Somos cultura que camiña nun mundo

globalizado.

� Utilizando as imaxes do mural e material dunha biblioteca, internet..., intente describir elementos propios da cultura andina.

� Distingue no mural algún elemento que fale da globalización?

� O mural é unha visión optimista ou pesimista da globalización? Razoe a res-posta.

Page 31: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 31 de 51

3. Resumo de contidos

Page 32: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 32 de 51

4. Actividades complementarias

S21. O pobo dos Ogoni: resistencia ao poder do ouro negro!

Segundo a historia, o pobo Ogoni, situado no extremo oriente do río Níxer, ten 500 anos de historia. Este pobo nixeriano foi sometido pola forza polo imperio británico, aínda que nunca recoñeceron o dominio alleo.

As empresas do petróleo, fonte de enerxía básica nos países desenvolvidos, son as máis rendibles do mundo. A mediados do século XX descubriuse nas terras dos Ogonis petróleo e iniciouse a súa explotación, o que supón na actualidade o 90 % das exportacións do país e o 80 % dos ingresos gober-namentais. Malia a riqueza en recursos petrolíferos, cada vez é máis notable a perda ecolóxica, a ruína económica e a imposibilidade de manter a súa tradicional economía de subsistencia, baseada na pastoraxe e na agricultura.

Os seis millóns de habitantes das 20 etnias que poboan o delta viron medrar as refinarías de compañías como a estadounidense Chevron ou a anglo-holandesa Shell que, durante 50 anos, explotaron os recursos en conxunto co goberno de Lagos. No ano 1990 iniciáronse as protestas para reclamar estradas, electricidade a auga corrente. A protesta foi pacífica, mais o resultado foi sanguento por unha forte represión na que morreron máis de 2000 civís e centos de miles foron obrigados a saír do país. A poboación acusou a compañía Shell do acontecido. En 1994 nove militantes do MOSOP (Movemento pola Supervivencia do pobo Ogoni) foron detidos e executados. Entre eles estaba o seu fundador, Ken Saro-Wiwa, cuxa morte tivo gran repercusión internacional e non quedará no esquecemento.

“Todos nós enfrontarémonos un día ao xuízo da Historia (...) Eu consagrei a miña vida e todas as miñas enerxías intelectuais á causa do meu pobo, reclamado pola indecente pobreza dun pobo que vive nunha terra dotada pola providencia de riquezas, conmovido pola súa marxinación política, o seu colapso económico e a devastación da súa terra (polas compañías petrolíferas)”.

“Eu e os meus compañeiros non somos os únicos neste proceso. Tamén se xulga aquí á Shell; aínda que a compa-ñía logrou eludir este proceso, o seu día chegará. Non teño ningunha dúbida de que un día se lle pedirán contas da guerra ecolóxica que realizou no Delta (do Níxer) e de que deberá pagar polos seus crimes”.

“Tamén aquí se xulga a toda a nación nixeriana, aos seus actuais dirixentes e a quen os sosteñen (...) Os militares non actúan sós. Unha multitude de políticos apóianos: avogados, xuíces, universitarios e empresarios. Todos es-cóndense tras a afirmación de que non cumpren máis que co seu deber (...) Si, todos estamos a ser xulgados aquí, porque, cos nosos actos, traizoamos o noso país e comprometemos o futuro dos nosos fillos”.

“Profundamente convencido da miña inocencia ante os falsos cargos dos que se me acusa, fago un chamamento ao pobo ogoni, aos pobos do Delta do Níxer e ás minorías oprimidas de Nixeria para que se poñan en pé e combatan pacificamente e sen medo polos seus dereitos”.

Todos nós enfrontarémonos un día ao xuízo da Historia. Alegacións de Saro Wiva no xuízo onde foi condenado a morte (1995)

“En virtude do dereito internacional, o goberno de Nixeria ten a obrigación de respectar, protexer e realizar os derei-tos humanos, pero incumpriuna con frecuencia. Dada a importancia do petróleo para a economía de Nixeria, en opinión de Amnistía Internacional, o goberno non protexeu as comunidades das zonas produtoras de petróleo, aín-da que proporcionou seguridade á industria petroleira. A regulación nacional das actividades das empresas para garantir a protección dos dereitos humanos resulta claramente inadecuada”.

Informe Amnistía Internacional: Nixeria, dez anos despois. A inxustiza e a violencia perseguen o delta do petróleo. [http://www.amnesty.org/es/library/asset/AFR44/022/2005/es/dom-AFR440222005es.pdf]

Page 33: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 33 de 51

� Describa o pobo Ogoni.

� De que multinacionais se fala no documento?

� Busque información sobre algunha das multinacionais citadas.

� Principais ideas de Ken Saro Wiva.

� Cal é a acusación de Amnistía Internacional?

S22. Localice na sopa de letras os 18 principais motivos (termos clave) do desigual acceso ao “estado de benestar” (verticais, horizontais, arriba e abaixo).

S23. O Protocolo de Kioto é o acordo marco para reducir as emisións de gases á at-mosfera. Analice o mapa coa axuda dun atlas ou dun planisferio político.

Asinado e ratificado

Asinado e pendente de ratificación

Asinado non ratificado

Sen posición

� Que país asinou o Protocolo de Kioto pero non o ratificou?

� Que país está pendente de ratificalo?

� Cite cinco países sen unha posición definida ante Kioto.

Page 34: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 34 de 51

S24. Lectura e análise da letra da canción de Ketama: Efecto mariposa.

Si alguna vez ves batir sus alas a una mariposa en Madrid algo puede suceder en Nueva York, en Moscú o en Pekín.

El efecto mariposa comenzó con una gota de agua. Algo que se espera nunca puede pasar,

cuando se abran sus alas se está haciendo una tempestad de una gota de agua,

se está ya haciendo una tempestad de una gota de agua; si alguna vez sientes en tu corazón como una pequeña llama y un gran fuego se puede prender de una pequeña mirada

y el efecto mariposa comenzó con una gota de agua. Algo que se espera nunca puede pasar,

cuando se abran sus alas arrastra todo a su paso.

Nunca se sabe por dónde llegará. Del efecto mariposa sabes que todo se puede esperar.

se está ya haciendo una tempestad de una gota de agua... (estribillo)

Ketama: Efecto Mariposa. Banda sonora da película de Fernando Colomo Efecto Mariposa.

� Idea central da canción de Ketama.

� Busque en internet ou nalgunha biblioteca información sobre o efecto bolbore-

ta. Redacte en dez liñas a información obtida.

S25. Dise que a prensa é o cuarto poder? Explíqueo.

� Se a prensa é o cuarto poder, cales son os outros tres poderes políticos e que funcións teñen?

Page 35: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 35 de 51

5. Exercicios de autoavaliación

1. Europa exerceu a hexemonía mundial ata...

A I Guerra Mundial.

A II Guerra Mundial.

A chegada de Colón a América.

A caída do muro de Berlín.

Europa segue a exercer a hexemonía mundial.

2. Nacións sen estado son aquelas que...

Loitan pola súa independencia e polo recoñecemento da súa cultura.

Loitan pola súa independencia.

Loitan polo seu recoñecemento cultural.

No século XXI non hai nacións sen estado.

3. Que significan as siglas I+D+i?

Investimento, desenvolvemento e investigación.

Investigación, diñeiro e innovación.

Ideas, diñeiro e investimento.

Investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica.

4. A OPEPé un...

Cartel ou cártel.

Holding.

Trust.

Cartel e Trust.

Ningún destes termos anteditos o define.

5. Os grupos antiglobalización, que prefiren ser definidos como altermundismo, reuníronse por primeira vez no ano 2001 en Porto Alegre. Que nome recibe o devandito encontro?

Foro Económico Mundial.

Foro Contra os Opresores.

Foro Antiglobalización Mundial.

Foro Social Mundial.

Ningunha destas opcións.

Page 36: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 36 de 51

6. Conxunto da poboación que vive en risco de desprotección social en áreas do primeiro mundo:

No primeiro mundo non hai persoas que vivan en risco de desprotección social.

Segundo mundo.

Terceiro mundo.

Cuarto mundo.

7. A globalización cultural trae consigo...

A desaparición da cultura occidental.

Un aumento da diversidade cultural.

Unha perda de identidade cultural, mais tamén podería enriquecer as culturas.

A aparición dunha cultura única.

8. Os grupos antiglobalización consideran xusto que os países ricos dediquen un __ % do PIB para axudas ao desenvolvemento nos países pobres.

0’15% do PIB.

0’5% do PIB.

0’7% do PIB.

0’25% do PIB.

9. Entre os principais problemas do Terceiro Mundo destacan...

A débeda externa, a explosión demográfica, a fame, as doenzas, o analfabetis-mo, o desemprego, etc.

A débeda externa, o consumismo, o aumento da inmigración, o estrés, etc.

A débeda externa, a violencia urbana, a fame e o avellentamento da poboación.

A débeda externa, a violencia de xénero, a fame, o consumismo e a baixa nata-lidade.

10. Os problemas ambientais están provocados...

Non hai problemas ambientais na Terra.

Polos países subdesenvolvidos por mor da excesiva explotación dos recursos.

Polos países desenvolvidos, que son os principais consumidores de recursos e xeradores da contaminación.

Só afectan a zonas deshabitadas da terra (Anecúmene).

Page 37: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 37 de 51

6. Solucionarios

6.1 Solucións das actividades propostas

S1.

���� CEE

Organización internacional creada polos Tratados de Roma (1957), para intentar xerar un mercado común europeo. Entre os seus principios recollía: existencia dun mercado e aranceis comúns para os países membros; políticas agrarias, de man de obra e transportes comúns; fundación de institucións propias (CECA, EURATOM).

���� OTAN

Organización do Tratado do Atlántico Norte. Organismo internacional de carácter político-militar, que xurdiu en 1949 co obxectivo de organizar Europa tras o remate da II Guerra Mundial e facer fronte á “ameaza” da Unión Soviética (bloque Comunista) e do Pacto de Varsovia.

���� COMECON Consello de Asistencia Económica Mutua. Organización económica da Europa comu-nista, fundada en 1949 a imaxe do americano Plan Marshall, co fin de garantir a axu-da económica ao bloque do Leste.

���� OEA Organización dos Estados Americanos constituída en 1948 para promover a colabo-ración entre os países do continente americano, o que permitiu a Estados Unidos controlar América Central e América do Sur.

���� PACTO DE VARSOVIA Organización militar creada polos países do leste europeo (órbita comunista) en res-posta á creación da OTAN.

S2.

1. Revolución Neolítica

9000 – 4000 a. C. Sedentarización das persoas (aparición da agricultura, gandería, cerámica, comercio de troco).

2. Época das grandes descubertas

(S. XV) Aparición da carabela, o astrolabio, o compás, etc. Novas rutas comerciais cara a América e Asia abertas por portugueses e españois.

3. Revolución Industrial e dos transportes

(Mediados s. XVIII). O ferrocarril permitiría transportar máis produtos, mais lonxe, con menor custo e en menos tempo.

4. Reparto de África

(S. XIX). Inglaterra, Francia, Alemaña, Italia, España, Portugal, Bélxica... Os grandes ríos serán os eixes da nova colonización. A gran riqueza do continente africano xerou grandes rivalidades no mundo.

Page 38: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 38 de 51

5. I Guerra Mundial

(1914-1919). A guerra de trincheiras. Orixinada polas tensións nos Balcáns, os nacionalismos, o colonialismo e imperialismo, especialmente en África e as rivalidades económicas motivadas pola revolución industrial.

6. II Guerra Mundial

(1939-1945). Ascensión dos fascismos. Aparición de novas potencias mundiais. Deriva na política de bloques ao redor de EEUU/URSS.

S3.

� Institucións con autoridade e potestade de ditar as normas para regular unha sociedade, tendo en conta a súa soberanía interna e externa sobre un territorio.

� Himno, bandeira e escudo.

S4.

Aust. Brasil Canada China EEUU India Indon. Mónaco Nauru Palau S.Mar. Tuvalu Vatic.

Oceanía América América Asia América Asia Asia Europa Oceanía Oceanía Europa Oceanía Europa

Cuestións 1º 2º 3º 4º 5º

���� Países máis extensos (de maior a menor) Canadá EEUU China Brasil Australia

���� Países menos extensos (de menor a maior) Vaticano Mónaco Nauru Tuvalu S. Marino

���� Países máis poboados do mundo China India EEUU Indonesia Brasil

���� Países menos poboados do mundo Vaticano Tuvalu Nauru Palau S. Marino

� Non coincide. A situación xeográfica condiciona moito a vida: a China está nunhas latitudes próximas ao trópico, cun clima máis apto para a vida... tamén é un país menos desenvolvido (alta natalidade). Pola contra, o Canadá atópase en gran parte na zona ártica, con rexións moi frías e pouco aptas para a vida. O Canadá é un país do primeiro mundo, con taxas de natalidade moi baixas.

� Si que coincide. Grande parte da súa superficie está ocupada pola basílica de San Pedro e os museos vaticanos. É a Santa Sede. Residencias do Papa, tanto de verán (Castel Gandolfo a 34 km de Roma) como o propio Vaticano. A súa poboación é basicamente a curia romana.

S5.

���� Frase Toynbee

As civilizacións son unidades culturais formadas por varios pobos e/ou nacións cun mesmo conxunto de crenzas básicas. Estas están constantemente cambian-do (un ser vivo); nas súas dinámicas están as causas da súa destrución (enfron-tamentos sociais, guerras,etc.).

Page 39: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 39 de 51

���� Spengler / Toynbee

Para Spengler a decadencia dunha civilización (referida á occidental) é inevita-blemente o paso previo á súa desaparición; para Toynbee a desaparición dunha civilización non é inevitable, sempre e cando os cidadáns que a forman respon-dan dun xeito positivo aos estímulos que se lles presentan.

���� F. Braudel Fai demasiado énfase nas razóns económicas.

���� Idea criticable Huntington

O elemento unificador son as relixións, pero moitos historiadores defenden que dentro destas existen fortes divisións que xeran tensións internas no seo das civi-lizacións (o Islam por exemplo). Defende que a superioridade de occidente vén definida pola súa superioridade en aplicar a violencia organizada. Por contra, moi-tos historiadores defenden que a meirande parte da poboación civil prefire a con-vivencia pacífica con outras civilizacións que a violencia contra elas.

S6.

���� American-way-of-life Modo de vida americano, é dicir, estilo de vida dos habitantes dos Estados Uni-dos de América.

���� Que é a americaniza-ción?

Proceso de asimilación cultural da cultura dos EEUU, é dicir, a influencia que esta exerce noutras culturas do mundo e que dá lugar a un proceso de substitución da cultura propia por aquela.

���� Que é o patrimonio?

Segundo a Unesco o patrimonio cultural dun pobo comprende as obras dos seus artistas, arquitectos, músicos, escritores e sabios, así como as creacións anóni-mas, xurdidas da alma popular, e o conxunto de valores que dan sentido á vida, é dicir, as obras materias e non materiais que expresan a creatividade dese pobo; a lingua, os ritos, as crenzas, os lugares e monumentos históricos, a literatura, as obras de arte e os arquivos e bibliotecas.

���� Elementos identificado-res do noso patrimonio material/inmaterial.

Material: arquitectura, patrimonio arqueolóxico (petróglifos, mámoas, castros, an-tas ...); etnográfico (cruceiros, petos de ánimas, muíños, batáns, etc). Inmaterial: lendas, tradicións (auga de san Xoán, Entroido, ...), receitas tradicio-nais, cantigas, instrumentacións, xogos, etc.

S7.

Imaxes Tradición foránea

Nº Celebración ou

costume

Tradición autóctona País Características

Papa Noel, Santa Claus (24 de decembro).

– Reis Magos (6 de xanei-ro)

Orixinario de Lapo-nia (Finlandia)

Cara a 1624 os holandeses que fundaron Nova York levaron as súas tradicións. No S. XIX volveu a Inglaterra e a Francia. A Coca-Cola popularizou desde 1931 as súas cores.

���� Árbore de Nadal

– A árbore substi-túe o belén.

Orixinario de Ale-maña

Para os xermanos as árbores eran a resi-dencia dos deuses. Segundo a tradición, San Bonifacio cortou as árbores pagás e substituíunas por abetos, árbore dos cris-tiáns.

� ���� Hamburguesas e patacas fritas

– Comida euro-pea en xeral (dietas atlánti-ca, mediterrá-nea, ...)

EEUU

A comida rápida, en concreto as hambur-guesas, convertéronse na comida nacio-nal estadounidense. O seu uso globali-zouse polas franquías dalgúns restauran-tes.

Page 40: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 40 de 51

S8.

���� Multinacional Empresa establecida non só no seu país de orixe senón tamén noutros estados para realizar as súas actividades mercantís, tanto de produción como de compra e venda.

���� Monopolio

Termo derivado do grego “monos” (un) e “polein” (vender). Situación dun sector do mercado económico en que un vendedor ou produtor ofrece un produto ou servizo sen que exista ningún tipo de produto alternativo ou substituto (queda anulado todo tipo de competencia e controlado o prezo do elemento en cuestión.)

���� Oligopolio Termo derivado do grego “oligo” (poucos) e “polein”. Situación económica en que un reducido número de produtores atende todo o mercado para un produto ou servizo, controlando que os prezos sexan altos e a produción inferior.

���� Opa

“Oferta pública de adquisición” de accións ou valores en xeral. Situación en que unha persoa ou empresa quere adquirir unha sociedade ofrecendo aos accionistas a compra das súas accións ao mesmo prezo, respectando o principio de igualdade. Pode ser amigable (se está aprobada pola cúpula administrativa da devandita sociedade) ou hostil (cando carece de aprobación).

���� OPEP

Organización de Países Exportadores de Petróleo. Organización económica internacional (sede en Viena, Austria) e considerada un cartel. Trátase dun acordo das grandes compañías distri-buidoras de petróleo, en 1960, co fin de unificar e coordinar as políticas petroleiras dos países membros en defensa dos seus intereses.

���� Acción Parte alícuota (proporcional) dunha sociedade anónima.

S9.

� Máis de 3’3 millóns de vítimas.

� 600 millóns.

� O tántalo.

� Coltán é a abreviatura de dous minerais (columbita e tantalitas). Do coltán ex-tráese o metal tantalio.

� En 11 meses.

� Entre o Congo e Ruanda.

� Os líderes rebeldes.

� Manter as guerras.

S10.

���� Palabras, frases, números ou secuencias de unidades presentes en diversos campos do coñecemento como a bioloxía, a computación e a música, que poden lerse do mesmo xeito de esquerda a dereita e viceversa.

���� Vannevar Bush

���� Albert Einstein – Preocupación pola humanidade.

���� Vannevar Bush – Para lograr a paz.

���� Caracostas e Muldur – Potenciar o capital social.

���� Jerome Friedman – Innovación clave do futuro.

Page 41: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 41 de 51

���� A tecnoloxía ao servizo da paz.

���� A tecnoloxía ao servizo da guerra

���� O coñecemento científico e tecnolóxico contribúen a dividir o mundo en países desenvolvidos e os que non o son. Calquera avance repercute en calquera punto do planeta.

���� Industrias estratéxicas: electrónica, aeronáutica, ordenadores, enerxía e armamento.

���� 1. Políticas baseadas na dualidade defensa e ciencia. ���� 2. Políticas para favorecer a competitividade das chamadas industrias estratéxicas (electrónica, aeronáutica, com-

putadores, enerxía e armamento). ���� 3. Na que se combinan os obxectivos sociais co motor da innovación.

S11.

2

4

1

5

6

3

S12.

S13.

País IDH País IDH

���� India Medio ���� Canadá Alto

���� R.D. Congo Baixo ���� Madagascar Medio

���� España Alto ���� Ecuador Medio

���� Brasil Alto ���� Cuba Alto

���� Mongolia Medio ���� Somalia Non analizado

���� Arabia Saudita Alto

���� Exipto Medio

���� IDH alto Europa e Norteamérica ���� IDH baixo África

� Consumo:efecto de gastar ou consumir produtos alimentarios, enerxía, etc.

Page 42: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 42 de 51

� Investimentos: colocación do capital para obter unha ganancia futura.

� Gasto público: investimentos feitos polo Goberno e os seus organismos, fronte aos gastos de particulares ou empresas.

� Exportacións: venda de mercadorías a un país estranxeiro.

� Importacións: conxunto de bens e servizos que son comprados por un país, mais estes son producidos por outro (exportador).

S14.

6

7

5

1

3

4

2

S15.

� China: grande cantidade de poboación, sen rematar a transición demográfica. A poboación aumenta malia a redución do índice de natalidade (política antinata-lista, especialmente das nenas) e da mortaldade infantil (aínda sendo alta). Aumento da esperanza de vida ao nacer.

� España: pirámide demográfica regresiva. Entanto que por debaixo dos 49 a so-ciedade é maioritariamente masculina, por riba dos 50 aumenta a proporciona-lidade das mulleres. Hai unha subida nesta proporción entre 26 e 36 anos a causa da inmigración (fundamentalmente masculina). Na pirámide apréciase o Baby Boom dos anos 60 e o descenso brutal do índice de natalidade nos últimos anos.

� Congo: Modelo demográfico progresivo. Percíbese na pirámide un alto índice de natalidade, cunha curta esperanza de vida e baixa densidade de poboación. Rápido crecemento da poboación, propio de países subdesenvolvidos.

� Congo.

� España.

S16.

���� País Etiopía

���� Capital Adis Abeba

���� Habitantes 80 millóns de habitantes

���� Límites Eritrea (N), Yibuti (NE), Somalia (E), Kenia (S) e Sudán (O)

���� Recursos Tef, café (para exportación), legumes,...

���� Fame Secas, guerras, explotación para a exportación...

���� Importancia do tef Con el, os etíopes elaboran o injera, un pan gomoso, o seu alimento básico.

Page 43: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 43 de 51

���� Para a empresa holandesa...

Os habitantes do primeiro mundo están moi preocupados pola súa dieta e as empresas buscan satisfacer esa demanda, aínda que sexa a costa de alimentos básicos de países subdesenvolvidos. A sobrealimentación do primeiro mundo favorece a aparición de doenzas (exceso de colesterol, sobrepeso,...) que as multinacionais pretenden eliminar creando novas necesidades nos consumidores, en lugar de crear unha mentalidade non consumista.

���� Hans Turknsteen Conselleiro delegado da empresa holandesa Solis and Crop Improvement.

���� Bill e Melinda Gates

Empresario e filántropo estadounidense, cofundador de Microsoft, sistema operativo para computadoras persoais. El e a súa muller lideran a “Fundación Bill e Melinda Ga-tes” que ofrece oportunidades de saúde e educación a nivel global entre os máis desfa-vorecidos.

���� Monsanto Empresa de produtos agrícolas, moi coñecida polos seus herbicidas e sementes de transxénicos.

���� Revolución verde Nome da revolución agrícola dada en México no 1943, baseada no emprego de técnicas modernas, é dicir, a selección xenética, monocultivos de regadío e a utilización masiva de fertilizantes, pesticidas e herbicidas. Sistema moi criticado na actualidade.

S17.

A diferenza non radica na meta, senón nos medios empregados para lograr os seus obxectivos. Entanto que o Foro Económico Mundial se achega máis a temas so-ciais, o Fondo Social Mundial discute a necesidade de xerar riqueza, dun xeito sustentable, para lograr maior benestar social. Tamén as diferenzas ideolóxicas son claras: no Fondo Económico participan líderes de negocios, políticos, activis-tas sociais, ministros de comercio, (diálogo entre economías socialistas e cunha visión social demócrata) ... ; pola contra, o Fondo Social é unha iniciativa da so-ciedade civil, concibido como un espazo de debate democrático de ideas e formu-lación de propostas de movementos sociais, redes, ONG, etc., que se opoñen ao neoliberalismo.”

Punto fundamental de consenso entre ambas: “a erradicación da pobreza no mun-do”

S18.

���� EEUU 96.907 millóns $

���� Francia 14328’3 millóns $

���� China 48.937’2 millóns $

���� España 9.461’2 millóns $

S19.

���� Vantaxes ...

– Pode ser a clave do éxito empresarial. – Estar permanentemente comunicado, localizar posicións e estar localizado. – Permite aos traballadores levar sempre a oficina ás costas con todos os servizos. – Reduce custos.

���� Melloras ...

– Fax móbil, recibir chamadas, imprimir as mensaxes, localizar a posición por GSM-CELA. – Recepción ou envío de ordes de carga, mapas, documentos en xeral, ... independiza os tra-

balladores dunha oficina fixa, liberándoos de ter que volver ao punto de orixe para unha no-va viaxe ou traballo.

Page 44: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 44 de 51

S20.

���� Explique “somos cultura ...

Malia a progresiva globalización dos recursos, da cultura, das formas de vida... é po-sible conservar a identidade dun pobo. A convivencia de distintas culturas desde o respecto.

���� ...elementos da cultura andina.

A cultura inca caracterizouse por estar dirixida polo inca, quen recibía información do imperio a través dos chasquis (mensaxeiros). Considerada a principal cultura da pa-pa, empregaban os camélidos (llamas, alpacas ou vicuñas) para transportar fardos, ou para obter carne, la, excrementos para o lume (guano).

���� ...elemento da globa-lización.

Mestura de roupas: mulleres indíxenas (cholas) vestidas coas súas roupas tradicio-nais e outros personaxes con roupas occidentalizadas.

���� Visión optimista ou pesimista ...

Optimista, polo tratamento da cor e da luz, pola convivencia de elementos propios e foráneos.

Page 45: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 45 de 51

6.2 Solucións das actividades complementarias

S21.

���� Pobo Ogoni

Pobo indíxena (un millón de habitantes) do delta do Níxer da rexión sueste de Nixeria. O seu territorio ocupa 1.050 km². A súa lingua é o Ogoni. Teñen unha economía de subsistencia, baseada no pastoreo e na agricultura. É un pobo que se mantivo case á marxe da trata de escravos e, malia ocupación britá-nica, ata 1901 non chegaron os soldados británicos e ofreceron gran resistencia a ser dominados polos conquistadores.

���� De que multinacio-nais se fala?

Shell e Chevron.

���� Información multina-cionais

���� Shell: compañía de hidrocarburos anglo-holandesa, unha das multinacionais máis importantes e unha das catro maiores petroleiras do mundo. Creouse en 1907.

���� Chevron: empresa transnacional petroleira estadounidense, constituída en Califor-nia en 1911. Dispón de importantes vetas petrolíferas e de gas natural, refinarías e buques petroleiros.

���� Principais ideas de Ken Saro Wiva

���� 1. A historia remata pondo a cada quen no seu lugar. ���� 2. Nixeria é un país rico pero a súa riqueza só beneficia a uns poucos. ���� 3. Os culpables da crítica situación do pobo Ogoni son: as grandes multinacionais

do petróleo, as autoridades do país (por deixarse corromper), os cidadáns con pre-paración intelectual.

���� 4. Estamos a comprometer o futuro dos nosos fillos.

���� Acusación de Amnis-tía Internacional?

Que en Nixeria non se están a respectar os Dereitos Humanos.

S22.

S23.

� EEUU.

� Kazakstán.

� Chad, Sahara occidental, Zimbabwe, Somalia, Turquía, Iraq e Afganistán.

Page 46: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 46 de 51

S24.

� As consecuencias das pequenas ou grandes decisións son impredicibles e non sabemos a quen ou onde poden repercutir. Nos e as nosas decisións somos par-te desa engrenaxe.

� Pode atopar información para esta actividade nas seguintes ligazóns.

– [http://es.wikipedia.org/wiki/Efecto_mariposa]

– [http://www.geofisica.cl/English/pics5/FUM3.htm]

– [http://centros5.pntic.mec.es/ies.victoria.kent/Rincon-C/Curiosid/Rc-50.htm]

– [http://www.scribd.com/doc/4747389/Teoria-del-Caos-Efecto-Mariposa]

S25.

Expresión empregada nos anos anteriores á Revolución Francesa para sinalar o poder da prensa no desenvolvemento dos acontecementos históricos. Hoxe, o po-der dos medios de comunicación é manifesto: televisión, radio, internet, prensa escrita, etc.

Poder Nome Funcións

���� Primeiro Lexislativo Elabora e modifica as leis existentes de acordo coas opinións dos cidadáns.

���� Segundo Executivo Dita e fai cumprir as leis que aproba o goberno ou o xefe do Esta-do.

���� Terceiro Xudicial Encargado de administrar xustiza na sociedade, aplicando as normas xurídicas.

Page 47: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 47 de 51

6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1.

� A Segunda Guerra Mundial.

2.

� Loitan pola súa independencia e polo recoñecemento da súa cultura.

3.

� Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

4.

� Cartel ou cártel.

5.

� Foro Social Mundial.

Page 48: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 48 de 51

6.

� Cuarto mundo.

7.

� Unha perda de identidade cultural, mais tamén podería enriquecer as culturas.

8.

� 0'7 % do PIB.

9.

� A débeda externa, a explosión demográfica, ...

10.

...

� ... polos países desenvolvidos, que son os principais consumidores ...

Page 49: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 49 de 51

7. Glosario

B ���� Banco Mundial (BM) Organismo das Nacións Unidas, con sede en Washington (EEUU), constituído coa finali-dade de reducir a pobreza no mundo mediante préstamos de baixo xuro, créditos sen xuros bancarios e apoios económicos ás nacións en vías de desenvolvemento

E ���� Estado de benestar

(ou de providencia)

Modelo social en que o Estado é garante de dereitos cidadáns tales como a sanidade, a vivenda, a educación, os servizos sociais, as pensións de xubilación ou a protección do emprego e dos traballadores. En Europa non existe un único modelo de benestar; desta-can catro modelos: nórdico, continental, anglosaxón e mediterráneo

���� Exclusión Proceso polo que algúns individuos ou colectivos son total ou parcialmente marxinados da sociedade. É unha idea multidimensional ao afectar a varias áreas: os recursos (privación económica), as relacións sociais (privación social) e os dereitos legais (privación política)

F ���� Fame Sensación de necesidade de alimento. As mortes por fame débense á desnutrición conti-nuada. Segundo as Nacións Unidas, 24.000 persoas morren ao día de fame. Os nenos e as nenas son o 75% dos falecidos

���� FAO Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación, creada no ano 1945 na cidade de Quebec (Canadá). O seu lema é Axudar a construír un mundo sen fame.

M ���� Marxinación Sinónimo de exclusión

���� Microcréditos

Pequenos préstamos realizados a persoas demasiado pobres para que llos concedan nos bancos tradicionais. Nos países en vías de desenvolvemento, os microcréditos permiten financiar proxectos laborais de familias ou persoas independentes garantindo a súa subsis-tencia o para que poidan medrar

���� Movementos

antiglobalización (altermundismo)

Movementos sociais críticos contra a globalización, por considerar que é un proceso que só beneficia ás multinacionais, prima un sistema económico inxusto e insostible, acentúa a precarización do traballo e debilita a capacidade democrática dos estados

���� Multinacional Empresas establecidas non só no seu país de orixe senón tamén noutros estados para realizar as súas actividades mercantís, tanto de produción como de compra e venda. Están concibidas desde un punto e vista mundial ou global

O ���� ONU

Organización das Nacións Unidas (1945). Asociación internacional de países que buscan facilitar a cooperación entre os estados membros en temas de dereito internacional, paz, seguridade internacional, desenvolvemento económico e social, asuntos humanitarios e dereitos humanos

S ���� Sobreexplotación Explotación excesiva dos recursos naturais por mor da agricultura intensiva, a sobreexplo-tación da auga e da pesca, etc.

U ���� UNICEF

Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (1946). Organismo da ONU creado para aten-der as necesidades dos nenos/as que viven en rexións do mundo de extrema pobreza. Ten cinco prioridades: a supervivencia da infancia; a igualdade de xénero e o dereito á educación; a SIDA e os/as nenos/as e ser garante dos dereitos da infancia.

Page 50: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 50 de 51

8. Bibliografía e recursos

Bibliografía

� Consellería de Educación. Libro de texto para a educación secundaria a distancia 2000. ISBN: 84-453-2695-3.

– Módulo 1. Unidade 4, pp 177-179, As cidades nos países desenvolvidos e subdesen-

volvidos.

– Módulo 3. Unidade 1, pp 26-34, A Organización das Nacións Unidas.

– Módulo 3. Unidade 3, pp 108-119, Os países subdesenvolvidos.

– Módulo 3. Unidade 4, pp 171-177, Os medios de comunicación. Avances da ciencia

e da tecnoloxía.

– Módulo 4A. Unidade 1, pp 26-37, Os indicadores económicos. A economía e os me-

dios comunicación social.

� Albet Mas, A.; Benejam Arguimbau, P.; Casas Vilalta, M.; Comas Solé, P.; Ollér Frei-xa, M.: Ecúmene. Ciencias Sociais, Xeografía 3. Ed. Vicens Vives Educación Secunda-ria. Barcelona, 2002. ISBN: 84-316-6586-6

� Marina, José Antonio: Educación para la ciudadanía. SM, Secundaria. Madrid, 2007. ISBN: 978-84-675-1982-2

Ligazóns de internet

� [http://www.guiadelmundo.org.uy/cd/] Guía do Mundo 2007: datos estatísticos, mapas, fichas detalladas dos países, artigos periodísticos, ... (Iepala e Xunta de Extremadura).

� [http://www.socialwatch.org/es/indicadoresDesarrollo/flash_content/index.html?lan=e

s&ind=A4] Indicadores de desenvolvemento.

� [http://www.intermonoxfam.org/es/page.asp?id=1] Intermón Oxfam: recursos educati-vos, campañas solidarias, tenda virtual con material educativo.

� [http://www.manosunidas.org/default.htm] Mans Unidas.

� [http://www.omal.info/www/article.php3?id_article=2002#] Omal. Observatorio de Multinacionais de América Latina.

Outros recursos

Filmografía

� Intermón. Colección de vídeos sobre os desequilibrios. TEMAS: Produción de Mango, Seca en Etiopía, Imos a Angola, Bolivia (un cacao xusto), Ímonos á India, Ímonos a Etiopía, Líbano, etc.

[http://es.youtube.com/profile?user=Intermon0xfam&view=videos]

� Fragmentos documentais Desenvolvemento Humano.

[http://www.desarrollohumano.es/]

Page 51: @@@@ SP SOC MOD 2 UNID 7...considerados auténticas revolucións. As seguintes imaxes reflicten algunhas de-las: ordéneas cronoloxicamente, indique a fase histórica a que pertencen

Páxina 51 de 51

Novela histórica

� Bradbury, Ray: O ruído dun lóstrego. Conto baseado no efecto bolboreta. Biblioteca Dixital Cidade Seva.

[http://www.ciudadseva.com/textos/cuentos/ing/bradbury/ruido.htm]

� Saramago, José: A caverna. Crítica á sociedade consumista, "unha realidade inxusta e vergoñenta", a través dunha familia de artesáns oleiros que se decatan de que o seu tra-ballo xa non é útil na sociedade en que viven, cando montan unha grande superficie comercial no seu contorno.