16
Vista de París 159 Tema 11 Un mundo de cidades 1. O espazo urbano 2. A morfoloxía urbana 3. O proceso de urbanización 4. A cidade no seu territorio 5. A vida nas cidades * Autoavaliación

11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

Vist

a de

Par

ís

159

Tema

11 Un mundo de cidades

1. O espazo urbano2. A morfoloxía urbana

3. O proceso de urbanización4. A cidade no seu territorio

5. A vida nas cidades

* Autoavaliación

Page 2: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

160

11Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

1 O espazo urbano

u Aproximadamente a metade da poboación mundial vive en cidades, e esta proporción au-menta cada ano.

u É difícil definir o que é unha cidade. Por iso establécense unha serie de criterios obxectivos tales como:

Criterios que axudan a definir unha cidade

O número de habitantes

Sempre hai máis habitantes concentrados nunha cidade que no rural, pero o núme-ro de habitantes mínimo para considerar como cidade un núcleo de poboación varía segundo os países. Así, por exemplo: son 50.000 en Xapón, 10.000 en España, 1.000 en Australia.

A morfoloxía externa

É dicir, a forma e disposición das vivendas e edificios, organizados ao longo de rúas, prazas e espazos públicos, claramente diferenciados do rural.

O traballo dos seus habitantes

Na cidade a poboación traballa no sector terciario e na industria, mentres que no rural nas actividades predominantes son as agrarias e as pesqueiras.

As funciónsÉ dicir, as actividades que a cidade desempeña cara ao exterior como espazo co-mercial e industrial, así como centro médico, administrativo, político e cultural.

A influenciaQue a cidade exerce no seu contorno, e que é variable segundo o tipo de cidade e as funcións que desempeñe.

O equipamento urbano

Formado polos edificios, os locais dedicados aos servizos (comercios, banca, sa-nidade, educación, ocio...), os medios de transporte público e privado, así como o mobiliario urbano (semáforos, farois, depósitos de lixo...).

Os hábitos e costumes

Dos seus habitantes, tales como a mobilidade das persoas, o ritmo de vida, un maior consumo e gasto, as relacións persoais...

1950 19801960 19901970 2000 2010 2020 2030

5.000.000

4.000.000

3.000.000

2.000.000

1.000.000

0

pobo

ació

n (e

n m

iles)

Anos

UrbanoRural

Crecemento da poboación urbana e da poboación rural, 1950-2030

Page 3: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

161

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

1 Que proporción, aproximadamente, da poboación mundial vive hoxe en cidades?

o 25 % o 50 % o 15 % o 75 % o 37 % o 90 %

2 Aínda que cientificamente non é fácil definir o concepto de cidade, de forma individual e intuitiva todos somos capaces de identificala. Completa este cadro no que caracteri-ces elementos do mundo rural e urbano.

Mundo urbano Mundo rural

Habitantes • Número(elevado,escaso)

• Distribución(concentra-dos, dispersos)

Actividades • Sectoreconómicodomi-

nante (primario, secunda-rio ou terciario)

Edificios • Tipo(altosoubaixos)

• Distribución(illadosouformando rúas)

Equipamento • Edificiospúblicos(insti-

tutos, centros médicos, polideportivos, parques e xardíns …)

• Tipodelocais

• Mediosdetransporte

• Mobiliariourbano

3 Cal/cales destas funcións destacarías da cidade na que vives ou da que se atopa máis próxima ao teu lugar de residencia?

o Industrial o Comercial o Médico-sanitaria

o Relixiosa o Turística o Cultural

4 Completa estas frases:

• O número de habitantes mínimo para considerar como ............................. un núcleo de po-

boación, varía segundo os .............................. Así, por exemplo: son 50.000 en Xapón, 10.000 en

............................., 1.000 en Australia.

• Na cidade a poboación traballa no sector ............................. e na industria, mentres que no rural

nas actividades predominantes son as ............................. e pesqueiras.

Page 4: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

162

11Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

u O crecemento espacial das cidades

Desde a segunda metade do século XX, algunhas cidades creceron de tal modo que orixinan novas formas de poboamento urbano entre as que destacan:

Área metropolitana

Está formada por unha cidade principal e outras cidades e vilas máis pequenas. Son independentes unhas das outras, pero entre elas existen moitas relacións eco-nómicas e sociais. A maioría das grandes cidades e as capitais nacionais dos países desenvolvidosteñenáreasmetropolitanas,comosucedeenEspañaconMadrideBarcelona.

Conurbación É un conxunto de cidades próximas e fisicamente unidas, pero claramente indivi-dualizadas.Porexemplo,ManchestereBirmingham,noReinoUnido.

Megalópoles Son territorios extensos nos que se inclúen cidades, áreas metropolitanas e conur-bacións que forman unha gran área urbanizada. Destacan as da costa nordeste de EEUU,desdeBostonaWashington,earexióndeToquioenXapón.

u Na maioría das cidades prodúcese un gran crecemento da periferia:

u Un proceso denominado periurbanización ou rururbanización.

u Nestas zonas conviven actividades e tipos de vida propios do ámbito rural con modos de vida urbanos.

u Estas zonas poden dedicarse a vivendas (barrios residenciais de calidade e/ou barrios de chabolas), para uso industrial, comercial ou de servizos múltiples (instalacións deportivas, áreas recreativas, parques temáticos...).

< 25%

Toquio-Yokohama38,00

Manila22,50

Hong Kong7,26

Guangzhou32,60

Shanghai23,00

Xacarta27,00

Bombai21,00

Karachi23,20

Cidadede México21,00

Nova York18,50

São Paulo21,00

O Cairo18,50

Moscova15,00

Bos Aires16,60

Os Ánxeles10,10

Calcuta14,70

Nova Delhi25,00

Osaka-Kobe-Kyoto21,00

Seúl24,20

Pequín21,15

% Poboación urbana

25-50%

50-75%

> 75%

Cidades máis populosas(millóns de habitantes)

Poboación urbana no mundo

Page 5: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

163

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

5 Desde cando experimentaron as cidades un gran crecemento?

o Desde finais do século XVII

o Desde os inicios do século XX

o Desde a segunda metade do século XX

o Desde comezos do século XIX

6 Indica se son verdadeiras –V– ou falsas –F– as seguintes afirmacións. Corrixe as que sexan falsas.

• As áreas metropolitanas están formadas por unha cidade principal e outras cidades e vilas máis pequenas ——

• Madrid forma unha conurbación ——

• Nunha megalópole hai cidades, áreas metropolitanas e conurbacións ——

• Nunha conurbación, as cidades acabaron por fundirse nunha soa ——

• As cidades que forman parte dunha área metropolitana son independentes unhas das outras ——

• As megalópoles son grandes áreas urbanizadas ——

• Barcelona ten área metropolitana ——

7 Como se denomina o proceso de crecemento da periferia das cidades?

• ........................................................................................................................................................

8 Dos termos latinos urbs e civitas, e o grego polis derivan moitas palabras galegas rela-cionadas co mundo urbano. Completa este cadro, poñendo algún exemplo:

Urbs Urbano

Civitas Cidade

Polis Metrópole

9 Observa o mapa da poboación urbana no mundo da páxina anterior e responde:

• Cal é o continente que ten a taxa de poboación urbana máis baixa?.............................................

• Cita as tres cidades con máis poboación: ......................................................................................

• En que continente están? ..............................................................................................................

Page 6: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

164

11Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

2 A morfoloxía urbana

u A morfoloxía urbana é a forma e o aspecto externo que presenta unha cidade, coas súas rúas, prazas, edificios, diferentes barrios e espazos públicos e privados.

u O plano dunha cidade é a representación gráfica, a escala, da súa estrutura (rúas, prazas, edificios, zonas verdes, espazos sen edificar...).

Tipos de planos urbanos

Plano regular

É aquel no que se aprecia un ordenamento nas rúas e nos espazos. Entre os máis habi-tuais están:

O plano ortogonal, con rúas rectas que se cruzan formando cua-drículas.

O plano lineal, coas rúas trazadas de forma perpendicular a unha vía de circulación importante.

O plano radiocéntrico, cun centro do que parten unhas rúas a modo de radios e outras formando círculos concéntricos.

Plano irregularAquel no que as rúas son curtas e sinuosas, as veces sen saída, e que producen un efecto labiríntico e caótico. É característico das cidades medievais.

u Nos planos diferéncianse espazos con características propias:

Os espazos da cidade

O casco antigo É a parte da cidade anterior ao século XIX, onde se localizan os principais edificios históricos relixiosos (igrexas) e civís (pazos, lonxas).

O ensanche Corresponde aos espazos de crecemento urbano dos séculos XIX e XX.

A periferia Son os espazos urbanizados na segunda metade do século XX.

Plano radiocéntrico (Camberra, Australia).

Plano irregular (Córdoba, España).

Plano ortogonal (Montevideo,Uruguai).

Page 7: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

165

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

10 Que características teñen as rúas nun plano irregular?

• ........................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................

11 Relaciona as dúas columnas:

1 Casco antigo Espazos urbanizados na segunda metade do século XX

2 Ensanche A parte da cidade dos séculos XIX e XX

3 Periferia A parte da cidade anterior ao século XIX

12 Completa as seguintes frases:

• O plano ortogonal é aquel que ten rúas ..................... que se cruzan formando ...........................

• O plano ....................................... é aquel que ten rúas trazadas de forma perpendicular a unha vía de circulación importante.

• O plano .......................................... é aquel que ten un centro do que parten as rúas a modo de ....................................... e outras formando círculos .......................................

• O plano ....................................... é aquel no que as rúas son curtas e sinuosas, as veces sen saí-da, e que producen un efecto labiríntico e .......................................

13 Indica se son verdadeiras –V– ou falsas –F– as seguintes afirmacións. Corrixe as que sexan falsas.

• O plano dunha cidade é a representación gráfica, a escala, da súa estrutura ——

• A morfoloxía urbana é a estrutura e o aspecto interno que presenta unha cidade ——

• A periferia urbana é a parte dunha cidade anterior ao século XIX ——

• Nunha cidade diferéncianse espazos con características propias: o casco anterior, o crecemento e os arredores ——

• O plano irregular é característico das cidades medievais ——

14 Entre as variantes dos planos urbanos regulares máis habituais están:

o O pentagonal o Ortogonal o Irregular o Lineal

o Radiocéntrico o Xeométrico o Circular o Vertical

15 Consegue un plano urbano da cidade onde vives ou a máis próxima ao teu lugar de resi-dencia e observa as diferenzas que existen entre uns barrios e outros.

• ........................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................

Page 8: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

166

11Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

3 O proceso de urbanización

u O proceso de urbanización é o desenvolvemento, crecemento e concentración da poboación en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución:

A cidade preindustrial

• ÉaetapadunhacidadecomprendidaentreassúasorixeseoséculoXIX.

• NelainclúenseascidadesdascivilizaciónsantigasdeMesopotamia,Exipto,GreciaeRoma,asdaIdadeMediaeModerna.

• Haicidadesqueconservanrestosdassúasorixesnoscascoshistóricos,porexemplo:Lugo,SegoviaouRoma.

A cidade industrial

• Éaetapadunhacidadequecorrespondeaocrecementoprovocadopolarevo-lución industrial, durante os séculos XIX e XX.

• Naceronmoitosbarrioschamadosensanches, coa novas construcións para dar cabida ás fábricas e aos novos habitantes (os obreiros que traballaban nelas e os seus donos, os burgueses).

. A burguesía ocupaba os espazos máis próximos ao primitivo centro ur-bano, nos que se levantaban as confortables vivendas seguindo trazados urbanísticos previos, cun trazado regular.

. Os obreiros instalábanse na periferia, en barrios próximos ás fábricas, en construcións que, na maioría dos casos, non reunían as condiciones míni-mas de hixiene e salubridade.

A cidade postindustrial

• Éaetapa,nocrecementodunhacidade,quecorrespondeáexpansiónprodu-cida a partir da segunda metade do século XX.

• Acaracterísticamáisdestacabledascidadesactuaiséoseucontinuocrece-mento e expansión polas áreas próximas á cidade, onde se diferencian diver-sas áreas:

. Os polígonos industriais e parques tecnolóxicos con fábricas e indus-trias.

. As áreas de equipamento e servizos: centros comerciais e de abastece-mento, complexos deportivos e sanitarios, instalacións educativas, aveni-das de acceso e saída para desconxestionar o tráfico do centro…

. Os barrios residenciais, é dicir, barrios de vivendas, que poden ser torres de pisos ou vivendas unifamiliares.

PanorámicadacidadedeToquio.

Page 9: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

167

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

16 Existen na túa localidade, ou na cidade máis próxima, restos de épocas pasadas? Se é así, indica que tipo de construcións se conservan e o seu nome:

o Igrexa: .................................................... o Catedral: ............................................................

o Castelo: .................................................. o Muralla: .............................................................

o Pazo: ...................................................... o Cemiterio: .........................................................

o Mosteiro ................................................ o Outra construción: ............................................

17 Por que xurdiron os ensanches?

o Porque se construíron vivendas para a burguesía

o Porque se construíron áreas de equipamento e servizos

o Porque se instalaron moitas industrias

o Porque era necesario cultivar máis produtos

o Porque o recinto dentro das muralla era escaso

18 Sinala dúas diferenzas entre os ensanches onde vivía a burguesía e os dos obreiros.

• ........................................................................................................................................................

• ........................................................................................................................................................

19 Cal é a característica máis destacable das cidades actuais, as postindustriais?

• ........................................................................................................................................................

20 Le este fragmento da obra de Patrick Süskind e responde:

Ambiente dunha cidade medieval

Naépocaquenosocupa[IdadeMedia]reinabanascidadesunfedorcaseinconcibibleparao home moderno.

As rúas cheiraban a esterco, os patios interiores cheiraban a mexo, os ocos das escaleiras cheiraban a madeira podre e a excrementos de rata; as cociñas, a verza podre e graxa de car-neiro; os cuartos sen ventilación cheiraban a po e mofo; os dormitorios, a sabas graxentas, a edredóns húmidos e a penetrante olor doce dos ouriñais.

Homesemullerescheirabanasuorearoupasucia(...).Cheirabanosríos,cheirabanaspra-zas, cheiraban as igrexas e o fedor respirábase por igual baixo as pontes e nos palacios.

O campesiño cheiraba como o clérigo; o oficial de artesán, como a esposa do mestre; cheira-ba a nobreza enteira, e incluso o rei cheiraba como un animal carniceiro.

Patrick SÜSKIND. O perfume. 1989

• Como debía ser a vida nunha cidade medieval? ............................................................................

........................................................................................................................................................

• Cales serían as causas desta situación? ........................................................................................

........................................................................................................................................................

• Compara esta situación coa actual. ...............................................................................................

........................................................................................................................................................

Page 10: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

168

11Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

4 A cidade no seu territorio

u Todas as cidades desempeñan unha serie de funcións, é dicir, realizan actividades cara ao exterior. Hoxe todas as cidades desenvolven máis dunha función, aínda que unha destaque sobre as demais. Así, pódese diferenciar entre:

Funcións comúns

Talescomo:comercial,residencial,industrial,políticaeadministrativa,deservizosmúltiples, como os médico-sanitarios, os financeiros, os que ofrecen os profesionais cualificados, a educativa e cultural...

Funcións específicas

As que caracterizan a unha cidade pola calidade ou tradición dunha determina-da función. Por exemplo: a relixiosa (Xerusalén) a universitaria (Oxford), a turística (Marbella,Venecia,Roma,París).

u Unha rede urbana é un conxunto de cidades relacionadas entre si, entre as que se estable-ce unha xerarquía urbana en función da súa categoría (segundo o tamaño, as funcións, a área de influencia...). Así, diferéncianse diversos niveis de cidades ou metrópoles:

Mundiais Son as cidades ou metrópoles que exercen unha influenza mundial, como Nova York, Londres,Toquio,HongKong.

Nacionais Son as cidades ou metrópoles que exercen a súa influencia a nivel nacional. Polo xeral,coincidencoacapitaldopaís,comoMadridenEspaña.

Rexionais Son as que exercen unha influencia sobre unha área xeográfica ampla dentro do seu país, como Barcelona, Sevilla ou Zaragoza en España.

Provinciais e comarcais

Son as capitais de provincias e cabezas de comarca que ofrecen os servizos ás vilas e núcleos de poboación rural.

Salamanca, cidade universitaria. París, unha metrópole mundial.

Page 11: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

169

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

21 Das cidades actuais dise que son multifuncionais. Por que?

• ........................................................................................................................................................

22 Indica funcións que exerce a túa cidade ou a vila na que está o teu centro.

• ........................................................................................................................................................

........................................................................................................................................................

23 Que funcións específicas destacarías das seguintes cidades:

* Roma: o comercial o residencial o industrial o política o relixiosa o turística

* París: o comercial o residencial o industrial o política o relixiosa o turística

* Xerusalén: o comercial o residencial o industrial o política o relixiosa o turística

* Nova York: o comercial o residencial o industrial o política o relixiosa o turística

* Venecia: o comercial o residencial o industrial o política o relixiosa o turística

* Santiago de Compostela: o comercial o residencial o industrial o política o relixiosa o turística

24 Cita tres metrópoles mundiais:

• ........................................................................................................................................................

• ........................................................................................................................................................

• ........................................................................................................................................................

25 Completa as seguintes frases:

• Todas as cidades desempeñan unha serie de ........................., é dicir, realizan actividades cara ao .........................

• Unha rede urbana é un conxunto de ......................... relacionadas entre si, entre as que se establece unha ......................... urbana en función da súa categoría (segundo o tamaño, as funcións, a área de .........................

• Segundo o ........................., as funcións e a área de influencia diferéncianse diversos niveis de cidades ou ......................... : as mundiais, as ........................., as rexionais e as provinciais e .........................

Page 12: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

170

11Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

5 A vida nas cidades

u A cidade actúa como un ser vivo que nace, medra, consume produtos, ten que alimentarse e xera residuos que deben ser eliminados. O conxunto destas actividades coñécese como metabolismo urbano.

u Os elementos que interveñen no funcionamento dunha cidade son:

u A construción de vivendas

u O abastecemento de alimentos, auga, enerxía eléctrica

u Os transportes públicos e vías de comunicación

u Numerosos servizos, tales como: garderías, hospitais, espazos deportivos e cultu-rais, zonas verdes, cemiterios...

u O mobiliario urbano no que se inclúen os farois, os bancos, as papeleiras, os semá-foros....

u A recollida de residuos procedentes tanto do consumo individual (restos de ali-mentos, envases de produtos, papel usado, aparatos inservibles...) como colectivo e industrial

u As cidades teñen que resolver numerosos problemas, que se poden agrupar en dous blo-ques:

u De carácter social: a escaseza e carestía das vivendas, a necesidade de permanente mellora dos servizos, o tráfico, a delincuencia e a marxinación social.

u De carácter ambiental, entre os que destacan as múltiples formas de contaminación: atmosférica, acústica, a provocada polos residuos, tanto os procedentes do consumo individual como colectivo e industrial que deben ser convenientemente tratados.

Ascidades(nafoto,HongKong)songrandesconsumidorasdeenerxíaeléctrica.

Page 13: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

171

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

26 Relaciona estes problemas que teñen moitas cidades e o carácter do mesmo:

A escaseza e carestía das vivendas

A contaminación atmosférica 1 Carácter social

A necesidade de mellora dos servizos

A contaminación acústica

A delincuencia e a marxinación social 2 Carácter ambiental

A contaminación provocada polos residuos

27 Indica se son verdadeiras –V– ou falsas –F– as seguintes afirmacións. Corrixe as que sexan falsas.

• A cidade actúa como un ser vivo que nace, medra, consume produtos, ten que alimentarse e xera residuos que deben ser eliminados ——

• Un problema de carácter social das cidades é a contaminación atmosférica ——

• Un problema de carácter ambienta das cidades é a delincuencia e marxinación social ——

• Un dos elementos que interveñen no funcionamento dunha cidade é o mobiliario urbano no que se inclúen os farois, os bancos, as papeleiras e os semáforos ——

28 Para reducir a contaminación, recomendan seguir a política dos tres erres:

• Reducir, impulsando o consumo de forma responsable

• Reutilizar envases e obxectos que poden volver a usarse

• Reciclar, recuperando materiais para novos usos

* En que medida colaboras ti a levar á práctica a política dos tres erres? Pon exemplos das cousas que fas ou deberías facer para reducir a contaminación ambiental:

• Reducir: ..........................................................................................................................................

........................................................................................................................................................

• Reutilizar: ......................................................................................................................................

........................................................................................................................................................

• Reciclar: .........................................................................................................................................

........................................................................................................................................................

Page 14: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

172

Responde a estas cuestións. Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o número de: Acertos Erros

11Tema

Autoavaliación Un mundo de cidades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

1. Cal/cales destas funcións destacarías da cidade na que vives ou da que se atopa máis próxima ao teu lugar de residencia? o Industrial o Comercial o Médico-sanitaria

o Relixiosa o Turística o Cultural

2. Completa estas frases:

• O número de habitantes mínimo para considerar como ............................. un núcleo de po-

boación, varía segundo os .............................. Así, por exemplo: son 50.000 en Xapón, 10.000 en

............................., 1.000 en Australia.

• Na cidade a poboación traballa no sector ............................. e na industria, mentres que no rural

nas actividades predominantes son as ............................. e pesqueiras.

3. Indica se son verdadeiras –V– ou falsas –F– as seguintes afirmacións. Co-rrixe as que sexan falsas.• As áreas metropolitanas están formadas por unha cidade principal e outras cidades e vilas máis

pequenas ——• Madrid forma unha conurbación ——• Nunha megalópole hai cidades, áreas metropolitanas e conurbacións ——

4. Dos termos latinos urbs e civitas, e o grego polis derivan moitas palabras galegas relacionadas co mundo urbano. Completa este cadro, poñendo al-gún exemplo:

Urbs Urbano

Civitas Cidade

Polis Metrópole

5. Relaciona estes problemas que teñen moitas cidades e o carácter do mesmo: A escaseza e carestía das vivendas

A contaminación atmosférica 1 Carácter social

A necesidade de mellora dos servizos

A contaminación acústica

A delincuencia e a marxinación social 2 Carácter ambiental

A contaminación provocada polos residuos

6. Sinala dúas diferenzas entre os ensanches onde vivía a burguesía e os dos obreiros?• .........................................................................................................................................................

Page 15: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade

173

Responde a estas cuestións. Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o número de: Acertos Erros

11Tema

Autoavaliación Un mundo de cidades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

1. Que proporción, aproximadamente, da poboación mundial vive hoxe en ci-dades? o 25 % o 50 % o 15 % o 75 % o 37 % o 90 %

2. Desde cando experimentan as cidades un gran crecemento? o Desde finais do século XVII

o Desde os inicios do século XX

o Desde a segunda metade do século XX

o Desde comezos do século XIX

3. Indica se son verdadeiras –V– ou falsas –F– as seguintes afirmacións. Co-rrixe as que sexan falsas.• Nunha conurbación, as cidades acabaron por fundirse nunha soa ——• As cidades que forman parte dunha área metropolitana son independentes unhas das outras ——• As megalópoles son grandes áreas urbanizadas ——• Barcelona ten área metropolitana ——

4. Relaciona estas dúas columnas:1 Casco antigo Espazos urbanizados na segunda metade do século XX

2 Ensanche A parte da cidade dos séculos XIX e XX

3 Periferia A parte da cidade anterior ao século XIX

5. Completa as seguintes frases:

• O plano ortogonal é aquel que ten rúas ..................... que se cruzan formando ...........................

• O plano ....................................... é aquel que ten rúas trazadas de forma perpendicular a unha vía de circulación importante.

• O plano .......................................... é aquel que ten un centro do que parten as rúas a modo de ....................................... e outras formando círculos .......................................

• O plano ....................................... é aquel no que as rúas son curtas e sinuosas, as veces sen saída, e que producen un efecto labiríntico e .......................................

6. Que funcións específicas destacarías das seguintes cidades:

* Xerusalén: o comercial o residencial o industrial o política o relixiosa o turística

* Nova York: o comercial o residencial o industrial o política o relixiosa o turística

* Venecia: o comercial o residencial o industrial o política o relixiosa o turística

Page 16: 11 Tema Un mundo de cidades - WordPress.com · en cidades. En moitas cidades, pódense diferenciar tres etapas na súa evolución: A cidade preindustrial • É a etapa dunha cidade