28
TRÍPTIC Xullo 2015 #4 A transición de Gómez Noya O novo circuíto ciclista de Arteixo Motoristas xunto a triatletas

Revista TRÍPTICA XULLO 2015

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Nesta versión dixital do exemplar gratuíto repartido no Tríatlon de Arteixo podes coñecer como fai as transicións Gómez Noya, que fan os motoristas que van ao teu lado no ciclismo, o contido da primeira vez que o tríatlon é unha disciplina universitaria na UDC, as probas estatais que acollerá Pontevedra en 2016, os criterios de invitacións para o campionato galego, a experiencia dos campións galegos LD nas Pontes....

Citation preview

Page 1: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

TRÍPTICXullo

201

5 #4

Xu

llo 2

015

#4

A transición deA transición deGómez NoyaGómez Noya

O novo circuíto ciclistaO novo circuíto ciclistade Arteixode Arteixo

Motoristas xunto a triatletasMotoristas xunto a triatletas

Page 2: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

NATACIÓN: 750 m (1 volta) DIFICULTADE:

CICLISMO: 20 km (4 voltas) DIFICULTADE:

CARREIRA A PÉ: 5 km (2 voltas) DIFICULTADE:

Como local, bronce en 2013 e organizador dunha nova edición do Tríatlon de Arteixo, Jose Manuel Pardo Leis, “Lipo”, coñece mellor ca ninguén o circuíto da proba, incluído o novo sector ciclista.

NATACIÓN

Saída desde a area deixando as dúas boias a man dereita. As condicións do mar poden ser moi variables, desde estar o mar como un prato até encontrarnos con algunhas ondas na beira que dificultan a entrada e saída deste sector.

T1: PRIMEIRA TRANSICIÓN

É un pouco longa e dura, xa que hai que correr por area seca unha distancia de máis de 300 metros, para posteriormente rematar coa subida das escaleiras aoparking da praia de Sabón onde están ubicados os boxes.

CICLISMO

Comeza cun treito de enlace de 400 metros en pequena subida até o propio circuíto ao que se darán catro voltas. O circuíto desta edición 2015 varía con respecto ao de outros anos, xa que, unha vez terminado o tramo de enlace, vírase á esquerda en vez de continuar de fronte. Nesta edición optouse

LIPO DESCÚBRECHE AS NOVIDADESDO CIRCUÍTO DE ARTEIXO

Page 3: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

LIPO DESCÚBRECHE AS NOVIDADES DO CIRCUÍTO DE ARTEIXO

por entrar nas vías do Porto Exterior, polo que o perfil é un pouco mellor de levar porque se suprime a subida que anteriormente se facía á metade de cada volta. O percorrido segue conservando a subida de 300 metros a un 5% que está próxima ao punto de xiro máis preto dos boxes.

T2: SEGUNDA TRANSICIÓN

Chégase en baixada a gran velocidade á liña de desmontaxe, para continuar dentro dos boxes de fronte sen maior complicación.

CARREIRA A PÉ

Discorre polo paseo marítimo, saíndo en dirección ao Rañal. Son dúas voltas a un circuíto rompe-pernas, tendo a máxima dureza no “repecho” que está antes de chegar ao punto de retorno. A liña de meta sitúase no paseo, entre a praia e os boxes.

Lipo, fóra de competición por lesión: “Sorte a tódolos participantes e que o tempo nos deixe gozar dunha gran carreira”.

Page 4: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

Rodaron xunto a ti este ano no Dúatlon de Lugo, no Triatlón Atlántico de Baiona e nos campionatos de España de tríatlon sprint e ácuatlon de Pontevedra. A Asociación Moto VoltaGalicia herda o seu nome da máxima competición ciclista a nivel galego e nótase a súa categoría cando colaboran nos tríatlons en Galicia.

É probable que no Tríatlon Cidade de Pontevedra poñan de novo o casco. Antes, o seu líder, Miguel Lemat, súbenos á moto por uns intres para ver o ciclismo dende o lado dos fotógrafos, os cámaras de Teledeporte, os médicos, os xuíces e, claro, os motoristas.

Que hai que controlar para ir en moto entre triatletas no sector de bici? A trazada do ciclista para non interferir no seu percorrido. Hai que ir sempre por detrás, nunca por diante. Coa experiencia xa ves, segundo as posturas que collen, se van facer un xiro (non me estou referindo a unha curva, un pequeno xiro). Polos pedais, a forma na que poñen o corpo, os ombreiros son os que che din cara onde poden ir.

Adiantar un pelotón é o momento máis delicado? O máis delicado sería a cabeza de carreira cando están a competir varios porque pelexan moito entre eles ao adiantar rápido e iso fai que se esquezan de que vas con eles, van moi cegos.Nun pelotón, as bicis trazan igual que a moto nas curvas. Os circuítos de tríatlon son sinxelos, en ciclismo hai portos importantes nos que van a 50-80 km/h pero cun pelotón vas á súa altura e non es un obstáculo.

Ídevos comunicando entre vós continuamente? Están tódalas motos comunicadas e vanse dando referencias da cabeza, do médico e da cola. Estas tres motos levan emisoras de bastante potencia, o resto van con walkie-talkie. Esas tres van dando información continuamente entre elas e avisando se hai caída.

SEGURIDADE SOBRE RODAS

Page 5: Revista TRÍPTICA XULLO 2015
Page 6: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

Como actúa a moto que leva o médico cando hai un accidente? Asignamos o médico ao piloto con moitísima experiencia. Ten que actuar con rapidez, sempre adiantas. Tes que evitar obstáculos, pasos de peóns cando o público cruza porque non veñen corredores e chegas ti a moita velocidade. Despois, a experiencia di onde adoita haber problemas e xa soes estar. As caídas danse en subidas e non en baixadas porque van rápido pero con suficiente enerxía, nas subidas van máis cansos, xiran de súpeto e tiran con outro. A médica de Pontevedra dicíame: “sempre estamos detrás dos que van caer!”.

Que diferenzas pode haber ao ir entre triatletas de nivel coma Gómez Noya e os nenos ou os grupos de idade? Cando alguén compite a alto nivel, eles están afeitos a que vaian motos e xuíces, vai intrínseco. En grupos de idade non teñen experiencia en circuítos, non son conscientes, non reaccionan cando un voluntario lles di que vaian pola dereita.

E aos motoristas, dávos tempo a seguir algo a competición? Énos moi sinxelo ver a carreira en tríatlon porque é un circuíto con voltas. Cando saen da natación, xa vas vendo cal vai ser a cabeza e cal a cola. Dá tempo a gozar da proba.

Cal foi a parte do circuíto de bici que máis che gustou a ti persoalmente? A que máis nos gusta é onde hai máis público. Na ponte dos Tirantes, na entrada á transición... Todo o mundo está animando e ti sentes a emoción da competición.

Cantos quilómetros puideches facer en toda a fin de semana? Eu, coa médica, 156 km. O que máis fixo foi Salva, que levaba a Roi –Cuba-, 184 km. A moto-médico e o do xuíz principal no ciclismo son os que máis quilómetros fan.

SEGURIDADE SOBRE RODAS

Page 7: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

H a i c a t r o a n o s x a , a Universidade da Coruña –UDC- comezou a ofertar a tódolos alumnos unha materia básica sobre tríatlon pero foi neste curso cando se incorporou ao plan de estudos do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

Antonio Rivas, profesor de INEF e triatleta da AD Fogar, imparte en terceiro a optativa de Iniciación en deportes I I I (tríatlon).

O TRÍATLON CHEGA ÁUNIVERSIDADE GALEGA

Temas Subtemas

1.- Nacemento e evolución histórica do tríatlon

1.1.- Orixes do tríatlon 1.2.- Evolución histórica segundo especialidades deportivas implicadas e distancias asociadas 1.3.- Organizacións relacionadas e situación actual 1.4.- Perspectivas de futuro

2.- Características básicas de cada segmento nun evento deportivo

2.1.- Habilidades acuáticas 2.2.- Aspectos condicionais en natación 2.3.- Habilidades ciclistas 2.4.- Aspectos condicionais en ciclismo 2.5.- Habilidades atléticas 2.6.- Aspectos condicionais na carreira a pé 2.7.- Características do material utilizado

3.- Protocolos de

valoración en triatlón

3.1.- Control de variables de rendemento en natación de augas abertas 3.2.- Control do adestramento en ciclismo 3.3.- Control do adestramento en carreira a pé

4.- Etapas de formación

4.1.- Priorización de obxectivos 4.2.- Coexistencia da aprendizaxe de varias disciplinas 4.3.- Aprendizaxe e adestramento: Grao de intervención segundo as etapas de formación deportiva

5.- Eventos deportivos

5.1.- Normativas vixentes na realización dunha proba de tríatlon 5.2.- Regulamento federativo 5.3.- Deseño de circuítos

Page 8: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

Agora xa con contidos máis científicos que nos seus comezos, Antonio Rivas considera que “ a c a b a r á r e s t r i n x í n d o s e a estudantes de INEF”, cando remata o cuadrimestre con 31 alumnos dos que só dous eran alleos á facultade.

O traballo práctico que esixe o Plan Boloña tradúcese nesta clase en que os alumnos se converten tamén en triatletas. “Todos fan execución e c o r r e c c i ó n d e t é c n i c a , s o n deportistas e formadores a un tempo. Teñen que interpretar os resultados e suxerir programas de adestramento adaptados. Hai tamén unha parte teórica na que deben conseguir e recompilar información”, explica o profesor.

OLEIROS COMO LABORATORIOAs clases de tríatlon ampliáronse a xornadas non lectivas como a do sábado 23 de maio.

Coincidindo co Tríatlon Popular de Oleiros, os alumnos da UDC puxeron en práctica o aprendido na aula.

O TRÍATLON CHEGA Á UNIVERSIDADE GALEGA

Page 9: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

“A p r o v e i t a m o s o escenario para vivenciar a proba e deseñamos, a partir do circuíto de Oleiros –de distancia sprint-, un minisprint e tiveron que facelo dunha forma non competitiva”.

“Pola tarde, dividíronse en grupos para facer unha análise da proba, como se realiza dende a saída (esixencias de intensidade, que pasa nos xiros das boias, diferenzas entre triatletas máis serios e os populares, potencias de pedaleo, frecuencia cardíaca,...) e seguimos a d o u s t r i a t l e t a s d o s q u e coñecemos bastantes variables do seu adestramento”, resume Antonio Rivas ao referirse aos seus compañeiros no Fogar Marta Barbeito –a gañadora da proba cun tempo de 1:23:09- e Noé Espantoso -23º en 1:16:44-.

Con eses datos, elaboráronse os traballos finais da primeira vez na historia na que o tríatlon tivo unha materia propia na Universidade galega.

O TRÍATLON CHEGA Á UNIVERSIDADE GALEGA

Page 10: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

Presidente:Alfonso GondarAdestradora:Alba Cuba, responsable da escola deportiva do ConcelloLicenzas:33

Hai un mes que o Monte Abaixo deu p a s o a o C i c l i s m o Tr i a t l ó n P o i o aproveitando a renovación que implicaba t a m é n a a d q u i s i c i ó n d e n o v a s equipacións. “O nome estaba máis vencellado á montaña polos inicios do club e buscábamos que o Concello, que é quen nos patrocina maioritariamente, estivese mellor representado”, explica o presidente do club, Alfonso Gondar, sobre a actualización oficial na base de datos da Xunta, ao igual que fixo tamén este ano o Arcade Inforhouse de Santiago, deixando de ser Bricosa a efectos legais e desmarcándose de

empresas simplificándoo en Triatlón Santiago.

Pero o novo Ciclismo Triatlón Poio cambia tamén as súas cores deixando atrás o verde e o vermel lo . “O ant igo era chamativo. Para gustos, cores. Agora buscábase algo que fose coas escolas d e p o r t i v a s d o C o n ce l l o d e tó d a l a s modalidades”.

Aínda que só contan cun neno federado da escola municipal creada hai tres anos, a base coincide con algúns adultos ao ser adestrados por Alba Cuba. “Temos un grupo de WhatsApp para inscricións e outro para quedadas. O outro día preguntaron quen ía nadar a Sanxenxo e despois saír en bici. Cadaquén adestra pola súa conta, Alba leva a un par deles, hai xente con experiencia, outros pregúntanme a min, que son licenciado en INEF”, comenta o líder dun club cunha decena de triatletas de Poio e compañeiros das Rías Baixas dende Marín a Vilagarcía pasando por Sanxenxo e Portonovo.

CICLISMO TRIATLÓN POIO

Page 11: Revista TRÍPTICA XULLO 2015
Page 12: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

Presidente:Fernando MíguezResponsables da sección de tríatlon:Eduardo Granda e Carlos ReinleinAdestradores:Daniel Abeledo -adestrador principal de tríatlon e atletismo- e Antonio Gómez 7 benxamíns 5 alevíns 6 infantís 2 cadetes 2 juniors

O groso do TriSada é a súa canteira. Nove veteráns, sete absolutos e dous sub-23, súmanse aos máis de 20 rapaces da escola de tríatlon creada en 2013.

E iso que contan co hándicap da falta de instalacións. “A piscina é privada e non hai horas. Os nenos comparten dúas rúas cos adultos tres días por semana. A carreira adéstrase en INEF (en Bastiagueiro, concello de Oleiros) martes e xoves. Os adestramentos de bici son o que nos chamamos 'itinerantes' porque os facemos dependendo do tempo. Sorte que a maioría dos nenos están en escolas de ciclismo”, repasa un dos responsables da sección de tríatlon, Eduardo Granda.A actividade do club coruñés increméntase no verán coa celebración do seu tríatlon de menores e a organización dun campus.

No primeiro ano no que o Tríatlon de Menores de Sada forma parte do calendario oficial da FEGATRI, Eduardo Granda está satisfeito co cambio: “outros anos facíamos dous tríatlons (un a principio de verán e outro ao final, en relación co campus). Agora coa Federación non esperaba chegar aos 100 inscritos ao coincidir con Pontevedra e superamos esa cifra”.

Ao ser unha sección, hai boa acollida entre os pais do club de atletismo que teñen referencias da escola de tríatlon. De aí que o VII campus que está en marcha –aínda que é o seu terceiro ano porque anteriormente se fixeron varios por quincenas- acolle a triatletas e nenos novos que van coñecer este deporte nas tardes dos luns, mércores e xoves durante tres semanas até rematar este mes de xullo.

TRISADA

Page 13: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

É un triatleta moi completo: nadando vai ben, na bici é onde se amosa máis forte e só lle falta un puntiño na carreira

Mellorou bastante en competición e o 5º posto no campionato de España é produto diso

Mellorou a súa posición ao saír da auga e aguanta a pé

MARCOS RUIZ

(ESCOLA NORINVER TRIATÓN FERROL)

Nun dos equipos da selección española no campionato de Europa Youth, que se desenvolve en formato de relevos realizando un minisprint cada un dos catro triatletas, dous galegos competirán xuntos o próximo domingo 26 de xullo.

O director técnico da FETRI, Iñaki Arenal, analiza as calidades dos cadetes:

IRIA RODRÍGUEZ(CLUB ATLETISMO PORRIÑO)

É a sorpresa do ano, non está en ningún centro de tecnificación nin no programa da FETRI

Gran natación e mesmo correu coa selección galega moito mellor que en Pontevedra

En tres carreiras –4ª no campionato de España de tríatlon, 3ª en ácuatlon e 2ª con Galicia no campionato de España Escolar- progresou bastante

GALICIA REBORDA CALIDADEDA SÚA CANTEIRA

Page 14: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

A CORUÑA

La nutrición es la recomendación de este mes del triatleta del Arcade Inforhouse y técnico de taller de Decathlon A Coruña, Óscar Fernández.

APTONIA Los productos de Aptonia están adaptados a todos los niveles y a todas las prácticas deportivas. Te aseguran una hidratación y un aporte nutricional óptimos durante el esfuerzo, tanto si es de intensidad como de resistencia. Además de las bebidas isotónicas y barritas energéticas, Aptonia te ofrece otros productos estrella como los complementos alimenticios para el desarrollo muscular: proteínas de recuperación, de aumento de masa muscular, suero de leche y CW (caseína y suero de leche). De este modo, la marca de nutrición de Decathlon acompaña a diario a todos los deportistas en su proceso de desarrollo recuperación y redefinición muscular.

LA HIDRATACIÓN Y LAS BEBIDAS ISOTÓNICAS Beber agua es la mejor forma de hidratarse. No obstante, en función de la actividad deportiva, de su intensidad o de las condiciones del entorno, no perderás solo agua. La transpiración también comporta una pérdida mineral (sobre todo de sodio). A todo ello hay que sumarle que la actividad física usa una gran cantidad de energía.

Las bebidas energéticas aportan glúcidos, minerales y vitaminas, retrasando con ello la disminución de las reservas de energía y por tanto, la aparición de la fatiga.El impacto de estas bebidas será más o menos beneficioso en función de sus composiciones y del efecto deseado.

Page 15: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

COMPOSICIÓN:

AGUA

· Hidrata · Mezcla glucídica que asociaglucosa y fructosa

GLÚCIDOS VITAMINASB1, B2, B6

· Favorecen laasimilación de losgúcidos por partedel organismo.

SODIO

·Mejora la absorciónhídrica.·Despierta lasensación de sed.·Compensa las pérdidasdebidas al sudor.

POTASIO

·Altamente aconsejadopara esfuerzos muyprolongados conmucha calor.

ANTIOXIDANTES

·Ayudan al organismoa defenderse contradeterminados residuostóxicos producidos porla actividad de nuestrascélulas.

¿Qué dosificación necesitamos en función del esfuerzo? Al igual que la deshidratación, la caída de glucemia y la disminución de las reservas de glucógeno serán los factores limitativos más importantes durante el esfuerzo muscular. Todos los d e p o r t i s ta s d e b e n a p re n d e r a compensar sus pérdidas durante el esfuerzo si no quieren disminuir su rendimiento.

Esfuerzos cortos Durante los ejercicios de menos de una hora, basta solo con agua. Hay que hidratarse antes, si es posible durante, y después del esfuerzo. Con ello garantizarás un buen rendimiento y una buena recuperación.

Esfuerzos largos Más allá de una hora de esfuerzo, se aconseja consumir una bebida glucídica en tomas regulares: de 150 a 300 ml cada 10-15 minutos. Esta bebida debe privilegiar los glúcidos, con el fin de aportar energía al organismo.

Esfuerzos muy largos o repetitivos Para los esfuerzos muy largos o repetitivos, es interesante añadir potasio, ya que puede haber pérdidas de este mineral, sobre todo, cuando hace mucho calor. Es asimismo interesante aportar antioxidantes (vitaminas C, E y cinc).

NUESTROS PRODUCTOSAPTONIA ISO E ISO+

Una de las ventajas de ambos productos Aptonia ISO e ISO+ es su presentación en varios formatos. Existe la opción económica de comprar la bolsa de 2kg, como también podemos adquirir los sobres monodosis. Estos últimos son comodísimos para llevar a cualquier evento deportivo, como los triatlones. Con respecto a los sabores, depende del gusto personal. Gracias a que Aptonia nos ofrece una amplia gama, os invito a degustarlos. Personalmente me quedo con el ISO+ sabor fresa-cereza para entrenos de bici intensos.

Recodad que una buena hidratación es también parte de los entrenamientos. Aptonia nos ofrece bebidas con composiciones adaptadas a distintos esfuerzos. ¡Aprovéchalos!

¡Ven a conocer nuestra gama completa de Aptonia a Decathlon A Coruña!

APTONIA ISO

USO

Indicado para utilizar durante

actividades de intensidad media.

FORMATOS

Unidosis de 38 gr. 650 gr. y 2kg.

SABORES

Limón, frutos rojos, piña-limón, cola y

naranja.

COMPOSICIÓN

Sacarosa (61%), dextrosa (17%),

maltodextrina (15%); acidificante: ácido

cítrico, citrato de sodio, cloruro de

sodio, aroma natural de naranja con

otros aromas naturales, Vitamina C,

B2, B6 y B1; colorante: beta caroteno,

producto alimentario colorante

(concentrado de zanahoria, hibisco)

PRECIO

7,95 € bote de 650gr.

APTONIA ISO+

USO

Indicado para utilizar durante actividades

de intensidad fuerte.

FORMATOS

Unidosis de 38 gr. 650 gr. y 2kg.

SABORES

Limón, fresa-cereza, piña-limón y naranja.

COMPOSICIÓN

Sacarosa (59%), maltodextrina (25%),

dextrosa (7%); acidulante: ácido cítrico,

citrato de sodio, cloruro de potasio,

cloruro de sodio, citrato de magnesio,

aroma natural de nar anja y otros aromas

naturales, Vitamina C, E, B2, B6 y B1;

colorante: betacaroteno, producto

alimentario colorante (concentrado de

zanahoria, hibisco), selenito de sodio.

PRECIO

9,95 € bote de 650gr.

MI OPINIÓN

Page 16: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

A ferrolá está de volta. Despois de conseguilo todo en categorías inferiores, con 21 anos, Camila Alonso arrasou nos campionatos de España de Pontevedra sendo segunda na competición elite e campioa na clasificación sub-23 en tríatlon e novena en ácuatlon elite e prata na súa categoría de idade.

Os primeiros títulos individuais do ano a nivel estatal despois de ter contribuído a que o Triatlón Ferrol, con ela como a veterá, se colocase segundo na Copa do Rei e campión de España de tríatlon por relevos.

Xa na Copa do Rei e no Relevos notabas que chegabas ben para Pontevedra?Sentíame mellor que tempo atrás pero non o esperaba. Estaba adestrando ben e ese día –referíndose ao sábado na proba de tríatlon- foi o meu día.

Era posible pensar no podio?Cría que en sub-23 non era imposible e agardaba quedar entre as seis ou sete mellores.

Onde estivo a clave?Na natación non me sentín ben –marcou un tempo de 11:12 nos 750 m, non me están saíndo as miñas mellores natacións. Aínda así, saín co grupo que andaba ben en bici e aí estiven bastante cómoda, non sufrín demasiado e alcanzamos ao primeiro grupo. Despois xa na carreira, xenial.

Con que obxectivo vas agora ao Europeo sub-23 de Banyoles do sábado 25?Vou sen saber porque levaba moito tempo fóra de competición por lesión. Estouno a preparar a conciencia, vai ser o meu primeiro tríatlon olímpico do ano. Facíame falta un pouco de motivación.

CAMILA VISTA POR MELINA Sempre foi boa e pode conseguilo todo Remataron as lesións que lle impedían correr e agora pode adestrar con continuidade O seu mellor sector é a carreira a pé, sobre todo o final de carreira Coas medallas de Pontevedra está moito máis motivada por verse agora podendo competir

O GOLPE NA MESA DE CAMILA ALONSO

Page 17: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

A MADUREZ DA MENOR DAS ALONSO: O FRIKI-CADERNO

Tal e como desvela a súa irmá Melina, dende este ano no CGTD Camila Alonso é máis disciplinada e iso repercute no seu rendemento: “Agora, mesmo ten un caderno onde apunta tódolos adestramentos, eu xa levo moitos anos facéndoo!”

O GOLPE NA MESA DE CAMILA ALONSO

Page 18: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

En elite, Javi Gómez Noya e Pablo Dapena non puideron completar a súa participación no campionato de Europa de Xenebra. Tódalas miradas están postas permanentemente en Gómez Noya e, nesta ocasión, por unha mala caída á saída da primeira transición, problemas mecánicos despois que o obrigaron a parar no wheel stop -zona de cambio de roda onde cada triatleta a título persoal ou cada selección entrega á organización unha roda para solucionar avarías coma esta- e, finalmente, baixando a correr cuns tres minutos de desvantaxe cos líderes, Javi non tivo posibilidade de acabar a causa dunha ferida nun pé. No caso do pontevedrés Dapena, traballando cóbado con cóbado co seu compañeiro no Cidade de Lugo e de adestramentos, abandonou no terceiro segmento tal e como levaba previsto por unha lesión que arrastra hai semanas.

Fóra do podio quedou Susana Rodríguez Gacio en paratríatlon ao sumar, ao seu tempo real, un factor de 3:48 con respecto ás triatletas con cegueira total. Iso fixo que entrase nas medallas a holandesa Joleen Hakker e a viguesa fose cuarta.

Galicia contou cos juniors Inés Santiago, 25ª, e Andrés Cendán, 47ª, que amosaron unha vez máis que os seus éxitos a nivel nacional os poden colocar tamén entre os mellores de Europa. A representación galega pechouna quen máis horas de competición acumulou, a xuíza Mónica Flores, convocada pola ITU para todo un campionato de Europa.

EUROPEOS CON GALEGOS

Page 19: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

A imposibilidade de dispoñer dun mes completo para adestrar en altura fai que Javi Gómez Noya renuncie a esa opción pensando nos Xogos Olímpicos de Rio 2016. O seu propio adestrador, Carlos Prieto, asume que Gómez Noya conseguiuno todo preparándose en Pontevedra, con concentracións de inverno en Canarias e Oceanía, e así o seguirán tentando.

Quen si proba os beneficios do adestramento en altitude é a súa compañeira de club, Susana Rodríguez Gacio, a outra galega que ten opcións de estar no Brasil, no seu caso, no debut do multideporte nuns Xogos Paralímpicos.

Antes de volver a Galicia e competir no Tríatlon Concello de Poio-Porto de Campelo, a viguesa apostou por Sierra Nevada xunto á súa guía de elite Mayalen Noriega.

Por que adestrar en altura? A razón foi pensando no ano que vén para probar se é útil porque este é o momento, mellor estragalo agora. Marchei xusto o día do último exame –coa última mensaxe de USC notas recibida, Susana é xa a primeira galega cega licenciada en Medicina- e pensar só en adestrar, comer e descansar nótase.

Que adestramentos distintos aos de aquí fixeches en Sierra Nevada? Alí hai piscina de 50 metros, que aquí non teño, e unha rúa só para May e para min. Fixemos biomecánica, cousas de técnica. A min non me chega con imitar alguén, necesito que me fagan o movemento no meu brazo e repetilo. Tódolos días adestrábamos os tres deportes máis ximnasio.

Que puideches mellorar ao adestrar con Mayalen? Ademais da transición bici-correr, estivemos nadando xuntas e cambiamos a goma lixeiramente. Non estábamos seguras de poñela coxa-coxa ou nocello-coxa pero non nos notamos moi ben en Londres, graváronnos en Sierra Nevada e decidimos que mellor polas pernas, coxa-coxa.

E que tal agora? Recén chegada, faltábame chispa. Si noto máis capacidade respiratoria. Teño asma e alí non tiven

problema. Pero que unha competición saia ben ou mal non llo podo atribuír ao adestramento en altura.

Hoxe mesmo comeza a clasificación paralímpica para a viguesa no Proba Mundial de Paratríatlon de Iseo-Franciacorta, en Italia.Ao igual que Gómez Noya, agosto leva tempo sendo sinónimo de Rio de Janeiro. O día 1, para ela, e o día 2, para el, será a única oportunidade de competir no circuíto dos Xogos antes de 2016.

PREPARACIÓN PREOLÍMPICA

Page 20: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

Cadaquén ten as súas manías, os seus costumes e as fórmulas que mellor lle axeitan pero, se non temos definido o noso plan de actuación ao chegar á transición, miremos que é o que fan os triatletas galegos de elite.

A RUTINA DE GÓMEZ NOYA“Na transición habitualmente coloco a bici primeiro coas zapatillas nos pedais. Póñolles as gomas para que se manteñan horizontais e sexa máis doado meter o pé”.“Despois o casco sobre o guiador coas correas abertas –tal e como obriga agora o regulamento FETRI e, polo tanto, tódalas competicións FEGATRI- e as gafas enganchadas no propio casco”. “As zapatillas de correr colócoas á esquerda da bici”.

PRIMEIRA TRANSICIÓN“Se a natación é con neopreno, cando chego á miña bici téñoo pola cintura e báixoo ata os xeonllos. Mentres poño o casco, acabo de sacalo cos pés e finalmente métoo na caixa antes de coller a bici e saír”.

SEGUNDA TRANSICIÓN“Na T2 coloco a bici no meu 'rack', logo poño as zapatillas de correr (primeiro a dereita e despois a esquerda), desabrocho o casco e métoo na caixa antes de saír correndo”.

O PLAN DE MELINA ALONSO“Como di o regulamento, coloco a bici, cos xeles enganchados, pola roda de atrás”. Velaí a primeira diferenza entre eles: Javi pensa nos 'racks' das Series Mundiais nos que se mete a roda entre dous ferros protexidos con escuma e Melina nas barras habituais en Galicia e campionatos de España. De tódolos xeitos, en Pontevedra, sen 'racks', Gómez Noya optou por colgar a bici na T2 polas dúas manetas do guiador, fórmula tamén legal porque non permite que se mova invadindo o espazo dos rivais.

“Deixo o casco aberto no guiador e as zapatillas a un lado da roda de diante, sempre con talco e a gorra debaixo cando a uso”.

“Teño posto o prato para saír agás cando se sae costa arriba, no tríatlon de Lugo, por exemplo”.

PRIMEIRA TRANSICIÓN“Saco o neopreno até a cintura, tiro o gorro e as gafas e termino de sacar o neopreno. As gafas xa están colocadas no casco”.

SEGUNDA TRANSICIÓN“Levo localizado un punto de referencia para sacar as zapatillas”.“Primeiro poño os tenis e despois tiro o casco”.

E TI COMO TE ORGANIZAR NAS TRANSICIÓNS?

Page 21: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

Que clasificación rexe se non hai un ranking de clubs mixto como na FETRI? Pois a FEGATRI, ao continuar co sistema dos primeiros tempos do tríatlon galego nos que a participación feminina por clubs era máis reducida aínda que o Cidade de Lugo ou o Fogar sempre destacaron por ter mulleres, saca os mellores clubs só da clasificación masculina. Deste xeito, danse casos coma o do Fogar, bronce por clubs femininos do campionato galego do ano pasado, que só terá unha invitación feminina porque é o mínimo que ten calquera outro club aínda que as súas triatletas sexan das mellores de Galicia. Ademais, o reparto máximo de 3+2 tamén fomenta a desigualdade.

Si hai equidade nas invitacións que pode outorgar a dirección técnica da federación, tres para homes e tres para mulleres.

Tanto as invitacións dos clubs como as da FEGATRI cumpren o obxectivo de que non queden fóra

CRITERIOS DE INVITACIÓNS ARCAICOS Herdado dos tempos iniciais do tríatlon federado en Galicia, o actual sistema de invitacións para clubs é discriminatorio e debe ser revisado polos membros da asemblea da FEGATRI a final de ano para actualizalo en 2016.

O punto 6 do Regulamento para circuítos e campionatos galegos 2015, no que se refire a invitacións para o campionato galego que terá lugar o 6 de setembro en Lugo, di textualmente:

6. Os tres primeiros clubs do ano 2014 disporán de tres invitacións masculinas e 2 femininas. Do 4º ao 6º club disporán de 2 e 1. O resto disporán de 1 e 1. A Dirección Técnica da FEGATRI disporá de 3 e 3 invitacións, que poderá dar ou non, avaliadas as solicitudes presentadas. As solicitudes deben ser motivadas e presentadas á Federación ao remate dos circuítos. As invitacións non alterarán a participación dos equipos (é dicir, para o equipo que non teña previamente á final tres clasificados, como mínimo, non lle puntuará o deportista invitado; no caso de telos xa clasificados, puntuará coma un máis). As invitacións só serán para federados galegos.

Page 22: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

CRITERIOS DE INVITACIÓNS ARCAICOS

triatletas que dan o nivel dun campionato galego e que por diversos motivos non puideron clasificarse.

Para exemplificar que nin se reservan para casos exclusivos de grandes estrelas nin se lle dan a deportistas que non sexan quen de rematar un sprint, estas foron as invitacións solicitadas polos clubs en 2014:

Camila Alonso (Triatlón Ferrol)

Alba Cuba (CT Monte Abaixo)

Sonia Roca (Nosportlimit-Trek Galicia)

Mónica Alarcón (Trinity Triatlón)

Juan Ramón García (AD Fogar)

Óscar Fernández González (Arcade Inforhouse)

Rómulo Soto (Beariz Triatlón)

Antonio Abel Seoane (CT Monte Abaixo)

Miki Acosta (Cidade de Lugo)

Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo)

Nicolás Bayón (Cidade de Lugo)

Daniel Bouzón (Olímpico de Vedra)

José Andrés Aldrey (Triatlón Coruña)

David García (Nosportlimit-Trek Galicia)

Ramón Fernández (Natación Riveira)

José Sanles (Natación Riveira)

Ulises Otero (Tri-Penta Terras de Lugo)

Pablo Alejo Brancati (Tri Ourense)

Page 23: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

CRITERIOS DE INVITACIÓNS ARCAICOS

Pola súa parte, a FEGATRI recibiu e concedeu dúas das tres invitacións masculinas dispoñibles:

Uxío Abuín (Tri-Penta Terras de Lugo)

Jaime Carrodeguas (Triatlón Coruña)

Despois de que 18 mulleres e 22 homes conseguisen xa unha praza para o campionato galego 2015 na primeira proba do circuíto en Poio, hoxe en Arteixo as triatletas que finalicen terán tamén o seu pase ao autonómico ao igual que 22 novos homes, ao non contar os xa clasificados anteriormente.

A POLÉMICA SOBRE AS INVITACIÓNS DE PONTEVEDRA

D e s p o i s d e a n o s d e n u n c i a n d o a arbitrariedade e os favoritismos á hora de permitir a participación nos campionatos de España ao non ter nada por escrito, a FETRI detallou unha serie de criterios para evitar dúbidas.

Á marxe dos dereitos por resultados previos en competicións estatais que os triatletas gañan ou perden competindo, a

FETRI só valora a orde de inscrición en último lugar e só deixa a decisións persoais as invitacións que

Page 24: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

CRITERIOS DE INVITACIÓNS ARCAICOS

lles corresponden aos clubs como premio ao esforzo por contar con bos equipos, non só individualidades, e á súa participación en campionatos de España ao longo de toda a temporada.

Elimináronse as invitacións abertas das Federacións Autonómicas e substituíronse por prazas aos medallistas dos campionatos autonómicos. Tal e como publicou a revista TRÍPTICA na edición de maio distribuída no Triatlón Atlántico de Baiona e dispoñible as 24 horas en Facebook e issuu.com/revistaTRÍPTICA, o campión galego de tríatlon sprint 2014 foi Brais Canosa, prata para Gustavo Rodríguez e bronce para Uxío Abuín.

O propio Uxío Abuín, ao non cumprir o criterio que sería máis lóxico sendo internacional pero que só se aplica aos triatletas que fosen convocados expresamente pola FETRI –non sendo o seu caso-, foi protagonista da polémica por non estar inscrito para o campionato de España de tríatlon sprint de Pontevedra.

O paradóxico é que si cumpría o criterio de ser medallista no campionato autonómico do ano pasado pero, posiblemente motivado por que Uxío Abuín foi cuarto no XXVI Tríatlon do Miño ao ser segundo da proba o catalán NanOliveras -que non contaba para o campionato galego por non estar empadroado en Galicia aínda tendo en 2014 licenza galega-, pasouse por alto a súa medalla de bronce que lle daba acceso á cita no Lérez.

Criterios máis ou menos acertados pero coñecidos a principios de temporada e iguais para todos. De feito, o director de competicións da FETRI, Jorge García, ao ser preguntado polo tema na presentación dos campionatos e España no Concello de Pontevedra, apuntou a posibilidade de crear en 2016 clasificatorios coma os que xa existen en distancia olímpica e que foron necesarios no seu día ante o aumento do nivel dos triatletas en toda España.

Con todo, a Federación Española desbotou os seus defendidos criterios para admitir, coa inscrición pechada e completa, os mexicanos do Triatlón Arteixo inventándose unha colaboración entre os dous países para que César Saracho, Ricardo Vega e Diego Pérez participasen sen dereito a premios. A FETRI escudouse en darlles a oportunidade de enfrontarse a triatletas de nivel internacional en Pontevedra aínda que, sen ir máis lonxe, o propio Saracho viña de tomar parte nas Series Mundiais de Londres por dereito propio.

Page 25: Revista TRÍPTICA XULLO 2015
Page 26: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

GALEGOS DE FERRONas Pontes decidíronse por segundo ano os títulos de campións galegos de tríatlon de longa distancia.

Á semana de abrir a inscrición para o Northwest Triman 2015, xa estaba inscrito. Cos consellos do tamén triatleta Ramón Arias,

que foi quen máis o apoiou, e a súa propia experiencia, Fernando Luíña preparou os 3,8 km de natación, 180 km de ciclismo sen drafting e 42,2 km a pé.

En tódolos meses de adestramento, pensou en deixalo algunha vez? “Non, que va! Non tiven grandes contratempos, nada me afectou”.

Xa metido en competición, a retirada non se contemplaba: “ía centrado, ás veces váiseche a cabeza pero

tampouco porque é un ironman e todos queren terminar. Estaba entretido entre me collen, non me collen”.

Así superou Luíña unha natación “moi cómoda, pensaba que ía haber un grupo grande pero fomos dous nada máis e, ao saír da auga, xa

quedaba bastante marcado. Na bici fun controlando e despois da primeira volta xa vin que tiña unha distancia que podía manter. Saíu rodado”.

Na recta de meta agardaban os amigos que lle farían vivir aínda o seu mellor momento da proba.

FERNANDO LUÍÑA: 9:23:10

CRISTINA SANTIAGO: 13:40:47 Dunha forma especial lembra Cristina Santiago os últimos 500 metros a meta comezando a ver aos seus compañeiros correndo para chegar a recibila.

Despois da primeira edición do Northwest Triman e de que se abriran as inscricións, Cristina xa se metera no reto da longa distancia ao organizalo o seu club, o Nosportlimit-Trek Galicia, e tras probar a media.

Cos seus adestradores, Ricardo Rey e Óscar Silguero, e os seus compañeiros de equipo comparte o resultado porque “saben o traballo que hai detrás”.

No seu caso, un parón no mes previo á proba si lle fixo dubidar sobre a súa participación pero, unha vez metida en faena, abandonar non pasaba pola súa mente.

Facendo o tempo previsto na natación –algo menos de hora e media-, completou un ciclismo pesado para ela ao non verse coa soltura doutras probas e non afrouxou na maratón final pese a que a calor rebotaba coa terra na segunda edición do único tríatlon de longa distancia de Galicia.

Page 27: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

A revista TRÍPTICA ten publicadas, con esta de Arteixo, catro edicións da temporada 2015 nas que foron protagonistas o Club Triatlón O Treito, o Natación Cedeira, o Cidade de Lugo, Atletismo Porriño, o Natación Riveira, Saleta Castro, Uxío Abuín, Aida Valiño, Pablo Dapena, Susana Rodríguez Gacio, a nova normativa sobre o uso dos acoples, o sistema de clasificación para campionatos de España e o campionato galego de tríatlon, as retransmisións das Series Mundiais na TVG, os mellores triunfos ao sprint de Javi Gómez Noya, os xuíces galegos de nivel nacional e internacional, o ranking galego NO DRAFT e moitos temas máis.

Perdiches algunha? Podes lelas todas en calquera momento e con zoom para non perder detalle na plataforma issuu.com/revistaTRIPTICA

Na práctica da liberdade de expresión, TRÍPTICA pode publicar opinións coas que é posible que a súa liña editorial non coincida e das que non se fai responsable.

Respecta o medio ambiente. Reutiliza ou recicla TRÍPTICA.

Cando volve a revista TRÍPTICA?Se participas ou asistes ás probas do calendario galego, poderás conseguir un dos 300 exemplares gratuítos de TRÍPTICA en:

9 de agosto XV Tríatlon Cidade de Ferrol27 de setembro III Tríatlon Desafío PASTOR Islas CíesSexas debutante, veterán, de media distancia ou sprint,TRÍPTICA está onde ti estás.TRÍPTICA está cos triatletas galegos.

Xunto a ti en:

Revista TRÍPTICA @tripticatri

Dirección e redacción:

Silvia Vieito

Fotografía:

Juan Luis Pedrosa

Maquetación e impresión:

Deseño de Impresión

Depósito Legal:

C 67-2015

ISSN:

2387-1865

Page 28: Revista TRÍPTICA XULLO 2015

PONTEVEDRA POXA PORORGANIZAR A COPA DO REI 2016 Sede de Copas de Europa dende 2008 a 2010 para culminar nos campionatos de Europa en 2011, Pontevedra acolleu o que os dirixentes internacionais cualificaron como o mellor Mundial de Dúatlon da historia en 2014.

A Ponte dos Tirantes preside cada ano o escenario polo que pasan centenares de triatletas e na meta estivo sempre o alcalde da cidade do Lérez, Miguel Anxo Fernández Lores.

Con que se queda unha vez pasados os campionatos de España de tríatlon sprint e ácuatlon deste ano? Home, pois a posibilidade de que competira Javi Gómez Noya nos campionatos. Foi unha sorpresa agradable porque non estaba previsto. Coincidiu que estaba aquí, coincidiu que estaba ben. Iso deulle un valor engadido, ten moito máis tirón de público e transcendencia mediática que se celebraran aquí os campionatos de España. Nós aproveitámonos, entre aspas, de ter un campión do mundo aquí. Nas probas de Pontevedra, independentemente do espazo, do río, do centro histórico, da illa das Esculturas,... que tamén son un atractivo especial, o feito de que compita el fai que vaia moito máis público ás probas e o están facendo máis popular. Polo tanto, temos que estar moi agradecidos a que compita sempre que poida aquí.

Como supoñía que sería iso, de que está máis satisfeito á marxe de Gómez Noya? E u c r e o q u e e s t o u satisfeito de todo. Porque h o u b o m o i t í s i m a preocupación, porque o circuíto funcionou perfectamente ben, porque houbo moitísimo público... Estou satisfeito por todo iso.

Que posibilidades ten agora mesmo Pontevedra de volver ser sede dalgún evento ITU? Imos candidatarnos para 2019 ao Mundial Multideporte –dúatlon, ácuatlon, tríatlon cros e tríatlon de longa distancia na mesma sede-. Houbo un pequeno erro, que nós dixemos “mira, non nos presentamos ao dúatlon 2016, presentámonos ao Festival Multideporte 2017" pero logo decidiron conceder o 17 e 18 porque había catro cidades.... Pois nos candidatamos para 2019, non pasa nada, xa buscaremos outras alternativas. Este ano imos facer o Yositri que coincide co Cidade de Pontevedra, co circuíto galego.

En 2016, si haberá seguro algunha competición de nivel estatal, cal vai ser? Temos que ver, aínda non pechamos pero estamos estudando a posibilidade de facer a Copa do Rei –que a FETRI fai coincidir co campionato de España de tríatlon por relevos ao día seguinte-, que move 1.200-1.500 deportistas. Se compite Javi co Cidade de Lugo, tamén tería máis tirón.

Interésanos a Copa de Rei porque move moitísima xente e

e s t a m o s a í xo ga n d o e n t r e promocionar a cidade e facer

competicións de elite de nivel e que a xente que está aquí traballando –ademais de Gómez Noya, un sinfín de galegos como Pablo Dapena, Melina Alonso, Aida Valiño, Diego Paz, Antonio Serrat ou os juniors e cadetes de tecnificación- teña onde

competir na súa casa e xere unha base e unha afección. E,

despois, o que significa para o sector da hostalería e o turismo.