4
Como son as células? 4 As células poden ser moi sinxelas, como a célula dunha bacteria, ou máis complexas, como as células dos animais. Tamén existe unha gran variedade de formas. Poden ser estreladas como as células nerviosas, alongadas como as células musculares, esféricas como os glóbulos vermellos, etc. As células son tan pequenas que só podemos observalas con micros- copio, aínda que algunhas miden varios centímetros e pódense ver a simple vista, como a xema dos ovos de aves e réptiles. Estrutura das células Todas as células están formadas por tres partes: a membrana plasmática, o citoplasma e o material xenético. Membrana plasmática. É unha capa que separa a célula do exte- rior e que a protexe. Citoplasma. É un líquido viscoso onde se encontran os orgánu- los, unhas estruturas que realizan diversas funcións. Material xenético. Contén a información para controlar e regular o funcionamento da célula. Dependendo de onde se encontre o material xenético, as células poden ser de dous tipos: células pro- cariotas e células eucariotas. A célula procariota 5 A célula procariota é unha célula que presenta unha organización moi sinxela. As bacterias son seres unicelulares procariotas. Son os seres vivos máis pequenos que existen. A súa estrutura As células procariotas non teñen núcleo e o material xenético está libre no cito- plasma. As células procariotas presen- tan ribosomas, unhas partículas moi pequenas que se encargan de sintetizar as proteínas. A membrana plasmática adoita estar rodeada dunha parede que protexe a célula. O tamaño dun ser vivo non garda relación co das súas células. Por exemplo, as células dun elefante non son maiores ca as dun rato, senón que o elefante ten moitas máis células ca o rato. SABÍAS QUE…? Ribosoma Membrana plasmática Parede Citoplasma Material xenético 10

4 Como son as células? … · 6 A célula eucariota As células eucariotas son máis complexas ca as células procariotas. Encóntranse nos seres pluricelulares. Os animais e as

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 4 Como son as células? … · 6 A célula eucariota As células eucariotas son máis complexas ca as células procariotas. Encóntranse nos seres pluricelulares. Os animais e as

Como son as células?4As células poden ser moi sinxelas, como a célula dunha bacteria, ou máis complexas, como as células dos animais.

Tamén existe unha gran variedade de formas. Poden ser estreladas como as células nerviosas, alongadas como as células musculares, esféricas como os glóbulos vermellos, etc.

As células son tan pequenas que só podemos observalas con micros-copio, aínda que algunhas miden varios centímetros e pódense ver a simple vista, como a xema dos ovos de aves e réptiles.

Estrutura das células

Todas as células están formadas por tres partes: a membrana plasmática, o citoplasma e o material xenético.

• Membrana plasmática. É unha capa que separa a célula do exte-rior e que a protexe.

• Citoplasma. É un líquido viscoso onde se encontran os orgánu-los, unhas estruturas que realizan diversas funcións.

• Material xenético. Contén a información para controlar e regular o funcionamento da célula. Dependendo de onde se encontre o material xenético, as células poden ser de dous tipos: células pro-cariotas e células eucariotas.

A célula procariota5A célula procariota é unha célula que presenta unha organización moi sinxela.

As bacterias son seres unicelulares procariotas. Son os seres vivos máis pequenos que existen.

A súa estrutura

As células procariotas non teñen núcleo e o material xenético está libre no cito-plasma. As células procariotas presen-tan ribosomas, unhas partículas moi pequenas que se encargan de sintetizar as proteínas.

A membrana plasmática adoita estar rodeada dunha parede que protexe a célula.

O tamaño dun ser vivo non garda relación co das súas células. Por exemplo, as células dun elefante non son maiores ca as dun rato, senón que o elefante ten moitas máis células ca o rato.

SABÍAS QUE…?

Ribosoma

Membrana plasmática

Parede

Citoplasma

Material xenético

10

295119 _ 0005-0020.indd 10 11/06/12 10:35

Page 2: 4 Como son as células? … · 6 A célula eucariota As células eucariotas son máis complexas ca as células procariotas. Encóntranse nos seres pluricelulares. Os animais e as

16. Responde as seguintes cuestións:

a) Por que podemos observar as células só con microscopio?

b) Que células se poden ver a simple vista?

17. Completa o seguinte texto e consulta na Internet para facer un debuxo de cada unha das células.

As células teñen formas diferentes. Poden ser

como as células nerviosas,

como as células musculares

ou esféricas como os .

Célula nerviosa Célula muscular Glóbulo vermello

18. Completa as seguintes oracións:

a) A membrana plasmática é unha capa

que a célula do

e a .

b) O citoplasma é un líquido

onde se encontran os .

c) O material xenético contén a

para e

o funcionamento da .

19. Escribe a que parte da célula nos referimos:

a) Separa e protexe:

b) Líquido viscoso:

c) Controla e regula o funcionamento:

20. Responde as seguintes cuestións:

a) De que dous tipos poden ser as células?

b) Cales son os seres vivos máis pequenos

que existen?

Actividades21. As seguintes oracións son falsas. Escríbeas debaixo

correctamente:

• A célula procariota é unha célula con núcleo.

• As bacterias son seres pluricelulares procariotas.

• As bacterias son os seres vivos máis grandes que existen.

22. Escribe cada unha das partes da bacteria.

23. Une mediante frechas os elementos das seguintes columnas:

Ribosomas

Parede

protexe a célula

sintetiza proteínas

24. Responde as seguintes cuestións:

a) Onde teñen as células procariotas o material

xenético?

b) De que se encargan os ribosomas?

25. Explica. Que función ten a parede dunha bacteria que

arrodea a membrana plasmática?

11

295119 _ 0005-0020.indd 11 11/06/12 10:35

Page 3: 4 Como son as células? … · 6 A célula eucariota As células eucariotas son máis complexas ca as células procariotas. Encóntranse nos seres pluricelulares. Os animais e as

A célula eucariota6As células eucariotas son máis complexas ca as células procariotas. Encóntranse nos seres pluricelulares. Os animais e  as plantas son seres vivos con células eucariotas.

Estrutura da célula eucariota

A característica máis importante da célula eucariota é que o seu ma-terial xenético está separado do citoplasma no interior dun com-partimento chamado núcleo. Ademais, no seu citoplasma presentan diversos tipos de orgánulos.

Hai dous modelos de células eucariotas: as células animais e as cé-lulas vexetais.

As características da célula animal son:•  Non ten parede celular nin cloroplastos.•  Non ten vacúolos.•  Ten vesículas máis pequenas.•  Ten máis variedade de formas.

As características da célula vexetal son:•  Ten unha parede celular ríxida que mantén e protexe a forma da

célula.•  Ten forma poliédrica.•  Ten cloroplastos e vacúolos.

Vacúolos. Almacenan auga e substancias.

Aparello de Golgi. Unha das súas funcións é a excreción de substancias ao exterior da célula.

Retículo endoplasmático rugoso. A súa función é almacenar e transportar as proteínas que se sintetizaron nos ribosomas.

Retículo endoplasmático liso. Participa na síntese, almacenamento e transporte de lípidos.

Lisosomas. A súa función é dixerir substancias.

Centrosoma. Participa na división celular.

Mitocondrias. Nelas realízase a respiración celular.

Ribosomas. Encárganse de sintetizar as proteínas.

Cloroplasto. Encargado da fotosíntese.

Parede celular

Célula animal Célula vexetal

12

295119 _ 0005-0020.indd 12 11/06/12 10:35

Page 4: 4 Como son as células? … · 6 A célula eucariota As células eucariotas son máis complexas ca as células procariotas. Encóntranse nos seres pluricelulares. Os animais e as

26. As seguintes frases son falsas. Escríbeas de forma correcta.

• As células eucariotas son máis sinxelas ca as células procariotas.

• As células procariotas encóntranse nos seres pluricelulares.

• Os animais e as plantas son seres vivos procariotas.

27. Escribe a que células fai referencia:

• Células con núcleo:

• Células sen núcleo:

28. Responde as seguintes cuestións:

a) Cal é a característica máis importante

da célula eucariota?

b) Cales son os dous modelos de células eucariotas?

1.

2.

29. Completa a seguinte táboa:

Célula animal Célula vexetal

Parede celular

Cloroplastos

Vacúolos

30. Arrodea de vermello se pertencen a unha célula animal e de verde se pertencen a unha vexetal.

• Parede celular • Cloroplasto

• Forma poliédrica • Variedade de forma

31. Contesta.

• Que función ten a parede celular dunha célula vexetal?

• De que se encargan os cloroplastos?

Actividades32. Escribe o nome de cada un dos orgánulos

presentes na célula eucariota:

33. Escribe a función dos seguintes orgánulos:

• Mitocondrias:

• Ribosomas:

• Vacúolos:

• Cloroplasto:

• Centrosoma:

• Retículo endoplasmático rugoso:

Parede celular

Ribosoma

13

295119 _ 0005-0020.indd 13 11/06/12 10:35