44
Revista escolar nº 2 Curso 2005/06 C.E.I.P. Nº 1 de TUI.

A billarda 2

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Xornal escolar

Citation preview

Page 1: A billarda 2

Revista escolar nº 2 Curso 2005/06

C.E.I.P. Nº 1 de TUI.

Page 2: A billarda 2

2

Trala boa acollida do noso xornal o curso pasado, queremos presentar esta nova edición do curso 2006-07.

Como podedes apreciar temos unha nova portada, por certo de difícil selección, xa que houbo moitos e moi bos candidatos a acadar tal honra.

Indo ao que nos interesa; neste novo nú-mero da BILLARDA, pretendemos informar á to-da a comunidade educativa das actividades le-vadas a cabo no centro que foron moitas e moi variadas e da vida xeral do noso colexio. Este curso houbo moitas novidades: comezámo-lo curso con: canastas de minibasket, novos ser-vizos promovidos pola ANPA como o comedor escolar e o taller de xogos dende as 7:45 da mañá, Talleres de Educación Artística, fomos construíndo o noso recuncho adicado a xardín.....Todo isto e moito máis podedes ver nesta revista, esperando que todo sexa do voso agrado e que pasedes un bo rato.

Nós (María e Andrés) en nome da clase de 6º de Primaria, queremos dicirvos que temos un pouco de morriña porque deixamos o colexio para pasar á E.S.O, coñeceremos a novos com-pañeiros xa que moitos dos que temos na ac-tualidade van para outro Instituto, novo profe-sorado....

Non sabemos se no futuro recordaremos o colexio, pero dende aquí queremos agradece-la laboura do profesorado que sentou as bases da nosa formación; e ao noso director os desvelos e o seu empeño para que o seu proxecto de centro siga adiante.

O alumnado de 6º queremos saudar á co-munidade educativa deste centro e aos lectores en xeral.

EDITORIAL

SUMARIO Editorial................................. páx. 2 As nosas celebracións ........ páx. 3 Outras actividades................................................... páx.15 Talleres de E. Artísti-ca.....páx.23 Somos de moitas co-res......páx.24 A entrevista............ .........................páx.29 Tempo de

Page 3: A billarda 2

3

Page 4: A billarda 2

4

Page 5: A billarda 2

5

Page 6: A billarda 2

6

Page 7: A billarda 2

7

Page 8: A billarda 2

8

Page 9: A billarda 2

9

Page 10: A billarda 2

10

Page 11: A billarda 2

11 Área Panorámica de Tui

Page 12: A billarda 2

12

A lectura tamén diverte

Page 13: A billarda 2

13

WOLFGANG AMADEUS MOZART Wolfgang Amadeus Mozart naceu en 1756 en Salzburgo, fillo do compositor Leopoldo Mozart estudiou co seu pai, sendo un neno prodixio.

Desde os catro anos deuse a coñecer a todo o mundo musical como concertista de piano e violín. Ós seis anos Mozart era xa un consumado

Intérprete de instrumentos de tecla e un eficaz violinista. En 1762 Leopoldo levou o seu fillo de xira polas cortes de Europa.

En 1771 volveu a Salzburgo. O seu cargo na cidade non era remunerado pero permitiulle compoñer un gran número de obras. En 1777 obtuvo permiso para dar unha xira de concertos e foise a Munich coa súa nai.

En canto ás súas composicións

Utilizou formas e estructuras establecidas polos seus antecesores pero con gran orixinalidade, renovación e perfección na escritu-ra. Mozart abarcou tódolos xéneros. Da súa producción destacan: as óperas (As bodas de Fígaro, Don Giovanni, Cosi fan tutte, a flauta máxica): música instrumental e de cámara (41 sinfonías, 27 concertos para piano e varios para outros instrumentos, sere-natas, sonatas para piano e para violín e piano), e obras corais (cantatas relixiosas e profanas, numerosas misas, o ofertorio Ave Verum, o Réquiem).

En 1791, por desgracia enfermou e morreu na cidade de Viena.

Yeray Oubiña e Andrés Carrera

Page 14: A billarda 2

14

Dia de Europa

Semana da prensa

Constitución Española e

Estatuto de Autonomia

de Galicia.

Page 15: A billarda 2

15

Page 16: A billarda 2

16

Page 17: A billarda 2

17

AS RÁS VISITAN O ZOO

Page 18: A billarda 2

18 Clemente 1º

Page 19: A billarda 2

19

Page 20: A billarda 2

20

Page 21: A billarda 2

21

Page 22: A billarda 2

22

Page 23: A billarda 2

23

TALLERES DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA

Este curso traballamos área de Educa-ción Artística en torno a TALLERES, que se levaron a cabo en distintas dependen-cias do centro, os martes de 12:30 a 14:30 h, cada 15 días.

Obxectivos: � Traballa-los distintos aspectos artísti-cos: música, dramatización, pintura, diver-sas modalidades de manualidades,... � Rendabilizar ao máximo o factor tempo. � Aproveita-lo potencial e cualidades do persoal do centro.

� Fomenta-lo traballo en equipo e de cola-boración.

� Desperta-lo interese polos diversos as-pectos artísticos.

� Disfrutar do traballo feito. Organización: � Func iona-ron durante o 1º, 2º e parte do 3º trimestres. � O alumnado anotouse voluntariamente a eles en función das súas preferencias, rotando de taller no cambio de trimestre. � Cada taller tivo o seu profesorado encarga-do: o PINTURA E DECORADOS: Ana, María, Trini e Gena.

o MANUALIDADES: Mª José Yánez e Paco. o MÚSICA: Nieves. o TEATRO: Mª José Rodríguez e Pepe.

Page 24: A billarda 2

24

DEFINICIÓN DE ESCOLA (segundo Pepe, o Director): Puzzle de nacións onde a diversidade lingüística e cultural son consideradas coma fontes de enriquecemento dos pobos e do alumnado, evitando actitudes de desprezo e rexeitamento cara o estranxeiro para non caer en actitudes xenofóbicas

No noso centro atópanse matriculados dous novos alumnos de procedencia chinesa, Kewei Han e Keqiang Han de once e doce anos respectivamente.

Pero xa tiñamos nenos de Marrocos coma SARA , TOFIK e ANASS .

Tamén hai nenos Brasileiros coma VICTOR, colombianos coma DANIELA

nenos que viñeron de Arxentina coma NACHO, MICAELA e VALENTINA,

Page 25: A billarda 2

25

nenos e nenas xitanos coma: LIDIA, MELODÍA, HARÍN, JESÚS, CRISTIAN, BERNABÉ, FANI, BORJA, JESSICA, CORAL, MOISÉS, NEREA, ADÁN, ARTURO, ANGELINES, MARCOS, MACARENA

Considerámonos afortunad@s porque aprendemos cousas doutros países, doutros pobos. Por iso nós dicimos que somos máis ricos que outros ne@s das nosas idades que non teñen a sorte de contar con tanta mestura. ¡ FÍXATE BEN!

INTERCULTURALILDADE Con motivo de celebrar o Día da Paz, levouse a cabo no Centro un programa de

Interculturalidade. As distintas clases da escola distribuímos os horarios e fixemos actividades durante toda a semana. O último día os nenos premiados nos concursos de debuxo e redacción recibiron un agasallo.

Durante toda esa semana , estivo na biblioteca, unha exposición dos Nenos Soldados. Tamén houbo unha serie de material multimedia que puideron ver as nosas familias e todo o alumnado do Centro.

Por outra banda dúas mulleres marroquís que imparten clases no noso país, contáronnos moitas cousas do nosos veciños: coma viven, cales son as súas costumes, como adoitan celebrar as súas festas. O que máis nos gustou a todos foron os traxes tan bonitos que levan as noivas e os noivos cando casan. As noivas poden cambiar ata cinco veces de vestido ou máis. Algúns mércanos elas ou as súas familias e outros son regalos feitos polos noivos.

Page 26: A billarda 2

26

PARA CHUPAR-lOS DEDOS

RECEITA MARROQUÍ RECEITA XITANA POTAXE DE HINOXOS Ingredientes: Feixóns Chourizo cebola allo pementos hinoxos arroz carne de tenreira garbanzos Modo de Elaboración Poñemos os garbanzos e mailos feixóns a remollo o día anterior. Cortamos os pementos, os allos, a cebola e facemos un sofrito cun pouco de aceite. A continuación engadimos unha cunca de auga. inmediatamente engadimos a carne mailo chourizo. Despois de media hora fervendo, botamos os feixóns e os garbanzos. Cando xa está todo practicamente cocido engadimos o arroz. Cando remate a cocción engadimos os hinoxos. Pasada media hora, ¡a comer....!

Page 27: A billarda 2

27

RECEITA COLOMBIANA EMPANADILLAS DE CARNE Ingredientes:

• 500 gramos de carne. • 6 tomates • 2 allos • 2 porros grandes • 8 patacas • fariña de millo • sal • pasta a base de caldo de galiña

PREPARACIÓN Poñer auga a quentar e cocer a carne. Nesa mesma auga cocemos tamén as patacas. Retirámolas para un recipiente. Facemos un sofrito con allo, porro e tomates . Engadimos a carne e as patacas trituradas ao sofrito.Mesturamos todo e engadimos o caldo de galiña e o sal ó gusto. Nun recipiente preparamos a fariña mesturándoa con auga e sal. facemos unha muss que quede branda. Botámoslle colorante e colocamos a mestura nun molde redondo. Pechamos todo e fritímolo.

RECEITA BRASILEIRA COCADA BRANCA Ingredientes:

• un quilo de azucre • catro cuncas de auga • dous cocos raiados

Page 28: A billarda 2

28

PREPARACIÓN Raiar os cocos cunha raiadeira pola parte máis grosa. Poñer no lume con azucre máis auga. Deixalo así ata que tome o punto de caramelo. Mesturar todo isto co coco raiado e facer pequenos montiños enriba dunha mesa de granito ou encima dunha meseta. Cando esté frío e ben seco servir.

¿SABIAS QUE SE DICÍA ASÍ?

GALEGO CALÉ BRASILEIRO MARROQUÍ CHINÉS COLOMBIANO ARXENTINO

Pai batus pai Baba padre padre

Neno chaborrillo

minino Uldi niño nene

Comida jallipé comida macla comida comida

Ollos sacais ollos hinin ojos ojos

Can chuquel can calb perro perro

Man bastí man hidin mano mano

Coche majador carro tolobel carro auto

Patacas riladoras batatas batata Papas papas

Zapatos tirajais zapatos sibat çapatos çapatos

Muller rumí muller mra mujer mujer

Cabeza jero cabeza ras cabeça cabeça

Orellas papias orellas udnin orejas orejas

Casa laquel casa dar casa casa

Page 29: A billarda 2

29

Page 30: A billarda 2

30

A BIBLIOTECA

REDACCIÓN: 3º de primaria

A biblioteca do noso colexio está na planta baixa. É unha sala moi grande onde hai de todo: libros moi chulos como Os Bolechas e Don Quixo-te, cómics, dicionarios, libros de poesía, de ciencias, de matemáticas, de animais, plantas, transportes, etc… Tamén hai revistas e unha televisión, vídeo e DVD para ver películas.

Antes era bonita, pero agora máis. Está moi adornadi-ña porque os de taller de decorados fixeron un mural para o esce-nario, que é

alto e con escaleiras. Alí celebramos o Nadal, o día da Paz, as Letras Galegas,… e fanse acti-vidades como teatro.

Este ano puxeron xogos de mesa para xogar durante o recreo: o parchís, o xadrez, a oca,… Tamén hai un ordenador para buscar infor-mación en Internet, mesas para facer os debe-res e un corcho onde poñemos os debuxos e se fan exposicións.

Pero o mellor é que no lugar dos pequenos hai unhas colchonetas moi chulas e coxíns e aos de infantil a profe cóntalles un conto e escoitan todos deitadiños e moi caladiños.

Este ano temos unha mascota que é un dragón e fixeron uns fantásticos carnés, de cor laranxa, con foto e cun número. Tódolos días podemos ir buscar libros na hora do recreo. Para collelos usamos o carné. Tamén hai uns dragóns plasti-ficados que se poñen no sitio do libro que es-tás mirando,

para marcalo e se non che gusta podes colocalo onde estaba antes. Despois se queres levar algún libro anótalo no ordenador e cando o devolves metémolo nunha caixa.

As encargadas da biblioteca son a nosa titora, que se chama Nieves e a profe de inglés, que é Gena.

Así é a biblioteca do noso colexio. ¡É a mellor biblioteca do mundo!!!

Page 31: A billarda 2

31

Comentarios sobre un libro:

Autora: Concha Blanco Título: Tita Editorial: Everest “Montaña Encantada”

Eu recomendo o libro de Tita porque é bo-nito. Párteste de risa porque esaxeran como que tiña Fina tres quilos de terra nos panta-lóns e tamén cando lle pon ó seu gato Coral unha correa con latas e cando se move fai ruido, asústase e corre.

Noelia Fontán

Tita non é un libro que me guste moito, gústanme máis outros. Pero co libro de Tita vaste rir un montón cos seus chistes.

Olaia Gallego

Tita é un libro moi divertido, con moitas esaxeracións. Cando o empezas xa non po-des parar de lelo. Ten moitos chistes que a min me encantan e me fan rir moito.

Carla Cabaleiro

Tita é un libro moi chulo porque ten moitas pallasadas e tamén di palabrotas. Tita é unha señora vella que vive cunha nena chamada Fina.

Alfredo Fontaíña

Page 32: A billarda 2

32

Dende o ano 1963 cada 17 de maio se dedica á cultura galega representada por unha

personalidade que cada ano vai elexindo a Real Academia Galega e que destacara pola súa obra en galego ou pola defensa da súa lingua ou cultura. Como é tradicional, traballamos du-rante uns días e máis concretamente a semana do 15 ao 19 de maio en torno a aspectos da nosa Língua, realizando diversas actividades, e coñecendo un pouco máis ao autor home-naxeado deste ano: MANUEL LUGRÍS FREIRE.

Pois ímosche contar brevemente algo que puidemos aprender del. - Naceu en Sada en 1863 e con vinte anos emigrou a Cuba. - Na Habano foi elixido membro da xunta directiva do Centro Galego e fundou e dirixiu

o primeiro xornal americano totalmente en galego: A gaita gallega, que se editou na Habana entre 1885 e 1889.

- Alí publiocou o seu primeiro poemario (Soidades, 1894), prolongado por Curros Enrí-quez, e escribiu a súa primeira obra dramática: A costureira da aldea.

- Voltou a Galiza en 1896, instalouse na Coruña e proseguiu co cultivo da literatura, edi-tando en 1901 Noitebras.

- Tomou parte en moitas actividades galeguistas. Foi o primeriro en utilizar nun mitin na lingua galega, sendo o presidente da Escola Rexional de Declamación. A totalidade dos espectáculos realizados pola Escola contaron con títulos da súa autoría: A Ponte (1903), Minia (1904) e Mareiras (1904).

- Foi o primeiro escritor teatral en prosa, sendo o máximo representante teatral: Mi-nia, (1904), Mareiras, Esclavitú.

- Escribiu artigos e publicacións periódicas en moitos xornais: Revista Gallega, A Nosa Terra, A Gaita Gallega, El Eco de Galicia......

- En 1922 publicase a primeira Gramática do idioma galego, que reflexa e seu compro-miso co idioma.

- Foi un dos fundadores da Academia Galega, sendo o seu presidente entre 1934 e 1935.

- En 1923 ingresou no Seminario de Estudos Galegos, sendo o seu presidente en 1934. Nesa década colaborou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía.

- Tras o conflicto bélico, que provocou a persecución da actividade galeguista, morre na Coruña en 1940.

- Foi pai do afamado pintor republicano Urbano Lugrís.

Page 33: A billarda 2

33

- Traballo nas titorías en torno ao autor Manuel Lugrís. - Elaboramos un mural no patio do colexio sobre as Letras Galegas.

- Fixemos un gran mural entre tódalas ti-torías sobre Lugrís.

- C e l e -bramos o t r ad i c i o n a l Festival das Letras Gale-gas.

- O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, participa-mos na Correlingua que tivo o seu acto central en Salvaterra de Miño para toda a comarca.

- Lectura dun libro en galego da Editorial EVEREST; con tal motivo o venres 26 de maio agasalláronnos coa actuación dun contacontos.

Page 34: A billarda 2

34

Laura 4º

Page 35: A billarda 2

35

Raquel 4º

Raquel 4º

Nacho 1º 1º Primeio 1º Ciclo

Concurso de lactancia convocado pola asociación PINGA DOCE

Page 36: A billarda 2

36

Alejandra Nielfa Fdez 4ºE.I

Nerea Pérez Gradín 5ºE.I

Iria Soto Piña 6º E.I

Yelena García Rdguez 1º E.P

Page 37: A billarda 2

37

Leticia Fdez Costa 6º E.P

Ángela Freiría López 5º E.P

Laura Álvarez Rguez

Carla Cab. Santaclara 3ºE.P

Ana Copena Soutelo 2º

Page 38: A billarda 2

38

Page 39: A billarda 2

39

Page 40: A billarda 2

40

Page 41: A billarda 2

41

Page 42: A billarda 2

42

No comedor escolar

Actividade de inglés

O NOSO AGRADECEMENTO ÁS ENTIDADES COLABORAFRAS:

• A.N.P.A

Page 43: A billarda 2

43

- Este curso despedimos con agarimo a tres mestras que estiveron connosco estes últimos anos: Emma, Sole e Marosa. Grazas polo voso traballo e colaboración no noso Proxecto de Centro....

Non vos preocupedes que non nos quedamos sen persoal. Xa están nomeadas para o vindeiro cur-so dúas mestras de Infantil: Cristina e Marta; e un profe de Ed. Física: José Alberto.

- A gran familia que formamos a Comunidade Educativa do noso Colexio está en lixeiro aumento. Neste

curso incrementámo-la matrícula en 15 alumn@s, e para o curso 2006-07 aínda se agregan á nosa fami-lia 10 alumn@s máis. Dende aquí queremos dárllela benvida a estes novos membros que apostan polo En-sino Público e que suben a bordo do noso Proxecto de Centro.

- Segue a funcionar o TRANSPORTE ESCOLAR dende a porta do colexio con tres rutas: Areas, Parador

e Magnolia. Dende o mes de abril temos acompañante escolar. Os que desexen facer uso deste servi-zo para o vindeiro curso deben avisar en secretaría antes do 30 de xuño.

- Rematou o curso e chegou o momento de facer valoracións. En xeral, podemos dicir que foi un curso moi

intenso, con moitas novidades (Comedor escolar, Taller de xogos pola mañá cedo, Talleres de Educación Artística......), todas elas cunha avaliación moi positiva. Felicitacións para a Nosa Comunidade Educa-tiva porque estamos a crear un modelo de escola axeitado ás nosa necesidades, no cal creemos e polo que apostamos, poñendo o noso empeño e traballo diario para que todo vaia adiante. Todo isto é posible grazas á Admón. Educativa, Concello, familias, A.N.P.A, alumnado e profesorado.

- O día 16 de xuño realizamos unha xornada de ocio e convivencia en Bracalandia (PORTUGAL), que resul-

tou moi positiva. - O venres 23 de Xuño, tivo lugar a festa de graduación de 6º de E.I e 6º de E.P. - O tempo de vacacións é para descansar, para logo empezar con moito ánimo o novo curso. Recordade

que comezamo-las clases o LUNS 11 DE SETEMBRO ás 9:30 horas (dende 4 anos a 6º de Prima-ria). A primeiros de setembro haberá unha reunión coas familias de 3 anos para organiza-la incorpora-ción progresiva ao centro (xa se avisará).

- Para calquer información sobre o Centro, pódese pasar por secretaría, por teléf: 986.600.620, por

E-mail:ceip.numero1.tui; ou na Páxina web: http//:centros.edu.xunta.es/ceipnumero1tui, que esta-mos a reformar coa colaboración dunha familia do centro.

Page 44: A billarda 2

44

Outras creacións de nos@s xovens diseñadores/as...