22
ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 2 DE MAIO DE 2012. Nº 05/2012. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE: D. JOSÉ CRESPO IGLESIAS (P.P.) CONCELLEIROS: D. ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (P.P.) Dª. Mª. PILAR LÓPEZ CARRÓN. (P.P.) D. CAMILO GONZÁLEZ BODAÑO. (P.P.) Dª. MARÍA JOSÉ BATÁN MOURIÑO (P.P.) D. ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ.(P.P.) D. MANUEL GÓMEZ ESTÉVEZ. (P.P.) D. JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ. (P.P.) D. JOSÉ DOMÍNGUEZ CABALLERO. (P.P.) D. MANUEL FERNÁNDEZ LÓPEZ. (P.P.) Dª MARÍA PAZ PÉREZ ASOREY. (P.P.) Dª. SARA FERNÁNDEZ ARCA. (P.P.) Dª. MARÍA ALVAREZ PAZ. (P.P.) Dª. MARÍA EVA GONZÁLEZ BREA (P.P.) D. MANUEL MARÍA GONZÁLEZ ALLER. (PSdeG-PSOE) D. JOSE ARMANDO CRISTÓBAL FERNÁNDEZ VÁZQUEZ. (PSdeG-PSOE) D. FRANCISCO PÉREZ DONSIÓN. (PSdeG-PSOE) Dª BEATRIZ GARCÍA IGLESIAS. (PSdeG-PSOE) D. XESÚS CORDEIRO BUDIÑO. (BNG) D. JOSÉ LUÍS SUCASAS FERNÁNDEZ. (BNG) D. CAMILO CONDE LÓPEZ. (PGD) SECRETARIO XERAL: D. CÉSAR LÓPEZ ARRIBAS. INTERVENTORA: Dª. MARTA OVIEDO CREO. 1

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 2 DE MAIO DE 2012. Nº 05/2012.

Asistentes:

ALCALDE-PRESIDENTE:

D. JOSÉ CRESPO IGLESIAS (P.P.)

CONCELLEIROS: D. ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ (P.P.) Dª. Mª. PILAR LÓPEZ CARRÓN. (P.P.) D. CAMILO GONZÁLEZ BODAÑO. (P.P.) Dª. MARÍA JOSÉ BATÁN MOURIÑO (P.P.) D. ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ.(P.P.) D. MANUEL GÓMEZ ESTÉVEZ. (P.P.) D. JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ. (P.P.) D. JOSÉ DOMÍNGUEZ CABALLERO. (P.P.)

D. MANUEL FERNÁNDEZ LÓPEZ. (P.P.)Dª MARÍA PAZ PÉREZ ASOREY. (P.P.)Dª. SARA FERNÁNDEZ ARCA. (P.P.)Dª. MARÍA ALVAREZ PAZ. (P.P.)

Dª. MARÍA EVA GONZÁLEZ BREA (P.P.) D. MANUEL MARÍA GONZÁLEZ ALLER. (PSdeG-PSOE)

D. JOSE ARMANDO CRISTÓBAL FERNÁNDEZ VÁZQUEZ. (PSdeG-PSOE)D. FRANCISCO PÉREZ DONSIÓN. (PSdeG-PSOE)Dª BEATRIZ GARCÍA IGLESIAS. (PSdeG-PSOE)

D. XESÚS CORDEIRO BUDIÑO. (BNG)D. JOSÉ LUÍS SUCASAS FERNÁNDEZ. (BNG)D. CAMILO CONDE LÓPEZ. (PGD)

SECRETARIO XERAL: D. CÉSAR LÓPEZ ARRIBAS.

INTERVENTORA: Dª. MARTA OVIEDO CREO.

1

Page 2: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

INDICE:

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.............................................................páx. 3

2.- Decretos da Alcaldía: Dación de conta.................................................................................páx. 3

3.- Expediente e honras e distincións........................................................................................páx. 6

4.- Expediente de modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos e servizos urbanísticos.................................................................páx. 8

5.- Expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 4/2012........................................páx. 10

6.- Expediente do Regulamento de creación de ficheiros de datos de carácter persoal do Departamento de Emprego do Concello de Lalín.....................................................................páx.13

7.- Expediente das obras “Abastecemento a Fontao. Vila de Cruces (Pontevedra) a executar pola Administración Hidráulica de Galicia........................................................................................páx. 14

8.- Mocións do PSdeG-PSOE..8.1.- Moción do PSdeG-PSOE relativa ás participacións preferentes .........................páx. 168.2.- Moción do PSdeG-PSOE relativa á solicitude de comparecencia do Sr. Alcalde ou do

concelleiro delegado de facenda sobre a débeda da empresa Geslander S.L........................páx. 18

9.- Rogos e preguntas..............................................................................................................páx. 20

=============----------------------------=============

2

Page 3: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

Sendo as dez horas do día 2 de maio de 2012, mércores, xuntáronse no salón de actos do Concello de Lalín (Pontevedra), baixo a Presidencia do Sr. Alcalde-Presidente titular, D. Xosé Crespo Iglesias, os señores concelleiros que enriba se indican co gallo de celebraren a sesión extraordinaria convocada para este día e hora.

A todos os asistentes entregóuselles a orde do día, o expediente púxose á súa disposición e cumpríronse tódalas determinacións previstas na normativa vixente.

Actúa como Secretario Xeral D. César López Arribas; tamén asiste a interventora Dª. Marta Oviedo Creo.

De orde do Sr. Presidente e seguindo as súas instrucións entrouse no estudo e deliberación dos asuntos que conforman a orde do día co seguinte resultado:

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.-

Deuse conta pola Presidencia do borrador da acta da sesión ordinaria do Concello Pleno do dia 26 de marzo de 2012. De seguido, o Sr. Presidente preguntou aos asistentes se tiñan algunha observación que faceren á mesma.

Non habéndoas, por UNANIMIDADE dos asistentes acordouse aprobar a dita acta correspondente á sesión ordinaria do día 26 de marzo de 2012, ordenándose a súa transcrición ó Libro de Actas.

De seguido O Sr. Secretario sinalou que na documentación a que se refire o punto 4 da acta da sesión de 5 de setembro de 2011 de expropiación dos terreos do CAR había uns erros materiais que cumpría clarexar para identificar correctamente aos expropiados e que logo nas instancias administrativas e xudiciais non teñan problemas os afectados por este aspecto. Indicou que eran os seguintes:

– Finca nº 8. Onde di: Eliseo Jar Jorge con DNI.., ten que dicir : D. Eliseo Jar Jorge con DNI 32264206-J.

– Finca nº 11. Onde dí: Luis, R.A. y Mª Dolores Jar Torre, ten que dicir: D. Luis con DNI 13703.289-G, D. Ramón Adolfo con DNI nº 13722461-V y Mª Dolores Jar Torre con DNI nº 13.731.940-C.

– Finca nº 15. Onde dí: D. Jesús Taboada Pallares, ten que dicir: D. Jesús Taboada González.

Por UNANIMIDADE dos asistentes acordouse corrixir e modificar a documentación a que se refire o punto 4 da acta da sesión plenaria do 5 de setembro de 2011.

2.- DECRETOS DA ALCALDÍA: DACIÓN DE CONTA.-

3.- EXPEDIENTES DE HONRAS E DISTINCIÓNS.

Deuse conta pola Presidencia da proposta do Sr. Alcalde de agradecemento ao Sr. Director Xeral de Contidos de Telecinco, TV5, D. Manuel Villanueva Castro, polo seu traballo e especial colaboración na promoción e difusión dos distintos actos e eventos da Feira do Cocido – Festa de

3

Page 4: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

interese turístico nacional, de data 17 de marzo de 2012, con entrada municipal o mesmo día e número de rexistro 1776. A continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Relacións Institucionais, Seguridade e Saúde Pública do día 22 de marzo de 2012.

En primeiro lugar o Sr. Alcalde, D. Xosé Crespo Iglesias leou a proposta na que se defendía recoñecer e distinguir a D. Manuel Villanueva Castro polo seu traballo a prol da Feira do Cocido, labor que non se vía e se descoñecía, pero que axudou a difundir a Feira do Cocido nos medios de comunicación como foi na busca de pregoeiros e o seu apoio na difusión da Feira de Cocido e dos eventos relacionados coa mesma.

Na rolda de voceiros D. Manuel María González Aller, do grupo socialista, afirmou que apoiarían este expediente, porque foi un tema deixado no Pleno anterior, e déronse explicacións posteriores; non obstante, adiantou que no futuro opoñeríanse a calquera expediente deste tipo, se non había tempo para estudado e estaba consensuado con eles.

Tamén desde o grupo nacionalista D. Xesús Cordeiro Budiño dixo que este tema en debate era “unha pataca quente”. Preferían absterse sen argumentar. Lembrou que o seu grupo non participou non actos da Feira do Cocido e por coherencia con elo absteríanse neste punto.Sobre o fondo, discrepaban en distinguir a persoeiros sen coñecer os motivos delo, e coidaba que se TV5 daba publicidade da Feira do Cocido, facíano porque tamén sacaba cartos da publicidade que emitía. En resume, non tiñan nada en contra, nin a favor desta persoa e absteríanse.

Polo PGD, D. Camilo Conde López afirmou que nestes temas sempre había persoas que merecían esta clase de distincións. Á vista das explicacións e da información que deu o Sr. Alcalde, coidaba que estas eran suficientes e por iso apoiaría a proposta.

Rematou o debate D. Xosé Crespo Iglesias. Sinalou que esta clase de expedientes ou debíanse aprobar por unha ampla maioría ou por unanimidade xa que no caso de non saír adiante, facíase un dano ao interesado, que non o merecía, e nin sequera buscaba o recoñecemento. Lembrou que esta persoa actuou desinteresadamente, facendo máis do que debía, axudando e promovendo a Feira do Cocido. Por isto era comendador desta feira e merecía a distinción.

Sometido a votación ordinaria a proposta, mediante o sistema de man alzada, obtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: 19 (dezanove), sendo catorce (14) dos concelleiros do PP, catro (4) do PSdeG-PSOE e un (1) do PGD.

Votos en contra: ningún. Abstencións: dúas (2) dos concelleiros do BNG.

Xa que logo, aprobouse a proposta do Sr. Alcalde, con base nos seguintes antecedentes:

A XLIVª Feira do Cocido, a segunda edición celebrada baixo o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional, tivo unha repercusión multitudinaria, tanto en número de visitantes como en difusión mediática. Cada ano a nosa Feira logra un grao de recoñecemento maior, ademais de en Galicia, tamén en España, pois son moitos os medios de comunicación nacionais, principalmente os audiovisuais, os desprazados a Lalín, os que dan cobertura aos principais eventos que xiran en torno á Feira, como poden ser a Matanza Tradicional, os Bocadiños do Cocido, ademais dos actos do propio día grande da Feira (Capítulo Xeral da Encomenda, lectura de pregón, desfile de carrozas e comparsas, etc.).

4

Page 5: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

A este traballo de divulgación da Feira do Cocido de Lalín contribúe, en cada edición, dun xeito especial D. Manuel Villanueva de Castro, Director Xeral de Contidos de Telecinco desde o ano 2002, un galego cunha notable experiencia no ámbito televisivo (traballou na TVG, Antena 3 Televisión, Canal Plus e Telecinco), que desde Madrid e en base á responsabilidade que exerce, fai que a nosa Feira estea incluída sempre en espazos televisivos preferentes na cadea de Paolo Vasile, non só no día grande, senón ao longo da celebración de máis dunha trintena de actos en torno a esta Festa de Interese Turístico Nacional. Como exemplo temos que nesta última edición da XLIVª Feira, Telecinco dedicou a Lalín máis de seis minutos se se totaliza a difusión do total de eventos.

Premio Talento 2006 pola Academia de Televisión en recoñecemento a súa traxectoria profesional, D. Manuel Villanueva que é Comendador do Cocido desde o ano 2006, apoia a promoción da Feira do Cocido mediante a súa presenza como Comendador en distintos actos da Feira que se celebraron en Madrid ao longo dos últimos anos.

Pero ademais, o Director Xeral de Contidos de Telecinco ten brindado unha especial colaboración ao Alcalde de Lalín, D. José Crespo, á hora de intermediar para a consecución dun determinado comendador/a ou pregoeiro/a, sempre personalidades de recoñecido prestixio ás que el, desde o seu posto, ten acceso. O último caso témolo en D. Pedro Piqueras este ano; pero grazas á mediación do Sr. Villanueva tamén se conseguiu ter como pregoeiros e comendadores á actriz Dª. María Castro no ano 2010 ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas habituais na dita cadea ao Cocido de Lalín.En todas as ocasións en que o Sr. Alcalde chamou a D. Manuel Villanueva recabando a súa axuda para conseguir un determinado pregoeiro/a ou comendador/a sempre accedeu á realizar as xestións e estas sempre frutificaron.

Por estas razóns, o Pleno da Corporación ACORDOU:

Primeiro. Agradecer publicamente ao Director Xeral de Contidos de Telecinco, D. Manuel Villanueva de Castro, o seu traballo e a súa contribución na promoción e difusión da Feira do Cocido de Lalín como Festa de Interese Turístico Nacional, que se traduce nunha ampla e destacada cobertura mediática na canle televisiva na que exerce a súa responsabilidade; no aval á Feira coa súa presenza en calidade de Comendador en diferentes actos e eventos promocionais desenvoltos en Madrid e na realización de diferentes xestións en colaboración directa coa Alcaldía para conseguir determinados pregoeiros ou comendadores que conducen a engrandecer a Feira do Cocido e, ao tempo, ao pobo de Lalín.

Segundo. Entregarlle un pergamiño acreditativo deste agradecemento do Concello de Lalín nun acto ao efecto que terá lugar ao longo do ano 2012, así como asinar no Libro de Honras do Concello.

4.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS E SERVIZOS URBANÍSTICOS: RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓN E APROBACIÓN DEFINITIVA.

Deuse conta pola Presidencia deste expediente que inclúe a proposta da Alcaldía, o informe técnico de intervención emitido para o efecto e a alegación de data 04-4-2012 presentada polo grupo municipal socialista o mesmo dia co nº de rexistro 2.287. A continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Facenda e Patrimonio do día 26 de abril de 2012.

Na defensa deste expediente o edil delegado de Facenda, D. Manuel Gómez Estévez

5

Page 6: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

explicou que durante o trámite de información pública, había unha alegación do grupo socialista. A mesma pasouse aos servizos técnicos, e do informe técnico municipal resultaba que había que desestimala e aprobar definitivamente a dita ordenanza, porque segundo o dito informe técnico non excede da normativa, cúmprea; en segundo lugar, se ben non se adapta ao art. 25 da norma cuestionada, si cumpre o artigo 24.2 do Texto Refundido das Facendas Locais. En suma coidaba que visto o informe técnico municipal, podía afirmarse que non había base xurídica e ían rexeitala.

Desde o grupo socialista e alegante ao expediente, D. Manuel María González Aller dixo que mantiñan a mesma postura sobre este tema. Coidaban que a suba nas taxas desta ordenanza era excesiva, arbitraria, e que os gastos recollidos no informe técnico municipal referidos ao calculo dos gastos do servizo non eran reais, senón imaxinarios, e o mesmo puidéronse poñer outras cantidades, xa o triple ou o cuádruple do que constaba.

Tamén o representante nacionalista, D. Xesús Cordeiro Budiño amosou a súa contrariedade pola suba nas taxas da dita ordenanza. Dixo que era sen dúbida unha suba abusiva, e mantería a postura inicial contraria a este incremento que en definitiva soportarían os veciños.

Desde o PGD D. Camilo Conde López sostivo que, se ben había que defender a legalidade, as taxas aprobadas eran moi elevadas e por elo abusivas, neste momento de crise. Votaría en contra.

De novo D. Manuel Gómez Estévez volveu insistir en que no expediente había un informe técnico que recollía os cálculos económicos de ingresos e gastos que xustificaban o importe das taxas. Doutra banda afirmou que eles que non eran técnicos non ían cuestionar o informe técnico. Lembrou que os que pagarían esta taxa eran persoas que non tiveron gastos administrativos e tributarios na construción das edificacións, e que agora se gravaban dun xeito reducido.

Rematou o debate o Sr. Alcalde-Presidente, D. Xosé Crespo Iglesias. Dixo que setecentos euros por legalizar un edificio non era un importe abusivo. Lembrou que hai anos, o noventa por cento das casas en Galicia facíanse sen licenza. Agora xurdía o problema porque os que herdaban tiñan problemas e querían legalizar as casas que lles tocaban en herdanza. Con este importe da taxa pola expedición de documentos de declaración de fóra de ordenación, podían facelo. Era certo que supuña un incremento sobre o anterior, pero tamén se legalizaba o edificio que non tivo gastos administrativos cando se construíu.

Sometido a votación ordinaria o expediente, mediante o sistema de man alzada, obtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: 14 (catorce) dos concelleiros do PP.Votos en contra: sete (7) dos cales catro (4) foron dos concelleiros do PSdeG-PSOE e

dous (2) dos concelleiros do BNG e unha do PGD.Abstencións: ningunha.

Xa que logo, aprobouse o expediente e

Visto o informe emitido pola Intervención municipal relativo á reclamación formulada contra o acordo de aprobación provisional do expediente de modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Taxa por Expedición de Documentos Administrativos e Servizos Urbanísticos, adoptado en sesión do Pleno da Corporación celebrada o día 27 de febreiro de 2012, o Pleno da Corporación ACORDOU:

1º.- Rexeitar a reclamación formulada por D. Manuel González Aller e D. Francisco

6

Page 7: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

Pérez Donsión, concelleiros do Grupo Municipal Socialista contra o acordo de modificación da Ordenanza fiscal reguladora da Taxa por Expedición de Documentos Administrativos e Servizos Urbanísticos, adoptado en sesión do Pleno da Corporación celebrada o día 27 de febreiro de 2012, en virtude da facultade das Entidades Locais de modificar o importe das taxas e de acordar a súa imposición nos términos previstos no Real Decreto Lexislativo 2/204, do 5 de marzo, do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. 2º.- Aprobar definitivamente a modificación da Ordenanza fiscal reguladora respectando integramente o texto inicialmente adoptado, da ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS E SERVIZOS URBANÍSTICOS.

3º.- Ordenar a publicación do acordo de aprobación definitiva e do texto modificado da citada ordenanza no Boletín Oficial da Provincia.

5.- EXPEDIENTE DE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS NÚM. 4/2012.

Deuse conta pola Presidencia deste expediente que inclúe a Memoria do Concelleiro delegado de Facenda, informes de Secretaria e Intervención, proposta e anexo de facturas. A continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Facenda e Patrimonio do día 26 de abril de 2012.

Na exposición do expediente, D. Manuel Gómez Estévez, edil delegado de facenda, explicou que se trataba de recoñecer algunhas facturas sen contabilización orzamentaria que chegaron tarde. A meirande parte delas eran de Unión Fenosa e correspondían aos dous últimos meses do ano pasado. Agora a facturación do ano quedaba zanxada.

Desde o grupo socialista, D. Manuel María González Aller se felicitaba porque as facturas de Unión Fenosa se presentaron; pero agora resultaba que, ademáis das facturas de electricidade viñan outras, en concreto as dun aluguer dun vehículo. Estaban de acordo en que as presentasen, pero se absterían.

Pola formación nacionalista, D. Xesús Cordeiro Budiño non estaba a favor do expediente. Lembrou que o Concello fixo un plan de aforro enerxético e que a dia de hoxe non se viron os seus resultados ata agora. Díxose nunha sesión plenaria que eran facturas de Unión Fenosa, pero agora viñan a esta sesión outras máis, aludindo ás de aluguer de coches. En resume, coidaba que estas facturas de novembro e de decembro do ano pasado e as novas denotaban un certo descontrol municipal na confección dos orzamentos. Eles opoñíanse a elo.

Desde o PGD, D. Camilo Conde López dixo que as facturas había que pagalas, pero nalgunha delas non vía moita claridade, e por elo absteríase.

Interveu o Sr. Alcalde-Presidente, D. Xosé Crespo Iglesias para dicir que neste tema era conveniente que se deran as explicacións técnicas pola Srª. Interventora, xa que coidaba que non tiña sentido que se votase negativamente pola oposición esta proposta. Rexeitou que houbera descontrol algún; ó contrario, o que había era un excesivo control. Sucede que Unión Fenosa funcionaba agora peor que antes, e non presentou as facturas en tempo e forma; o mesmo sucedeu coas facturas de Lease Plan, de coches de aluguer.

Xa no uso da palabra, Dª. Marta Oviedo Creo dixo que as facturas aludidas no expediente corresponden ao ano 2011. O correcto era que as facturas se presentasen antes de finalizar o dito exercicio e se contabilicen no mesmo. Como non foi así, e se presentaron fóra de prazo, no mes de xaneiro, e tras reclamarllas o Concello, o proceso que había que seguir era este: recoñecelas

7

Page 8: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

neste expediente. Indicou que tamén había facturas que non viñan ben e houbo que devolvelas ata catro veces.

De novo D. Xosé Crespo Iglesias insistiu en que non había outro mecanismo para contabilizar estas facturas, porque cando estas non veñen en tempo e forma, había que utilizar este procedemento. Non era pois este un asunto político, senón estritamente técnico, e que había que seguir para cumprir as normas legais. Por elo dixo que non tiña sentido que a oposición votase que non á proposta.

Sometido a votación ordinaria o expediente, mediante o sistema de man alzada, obtívose o seguinte resultado:

Votos a favor: quince (15),sendo 14 do PP e 1 do PGD. Votos en contra: dous (2) do BNGAbstencións: catro (4) do PSdeG-PSOE.

En consecuencia e a fin de poder atender gastos realizados durante os exercicios 2010 e 2011, o Concello Pleno ACORDOU:

Aprobar o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos nº 4/2012 coa relación de créditos e aprobación do gasto que corresponden a facturas correspondentes a gastos realizados durante os anos 2010 e 2011 que non foi posible aprobar con cargo ó correspondente exercicio, por non ter sido presentadas no seu momento, con cargo ás correspondentes aplicacións orzamentarias, segundo a relación individualizada das facturas que se detallan no ANEXO I que se une a este expediente, de acordo co artigo 60.2 do Real Decreto 500/1990 de 20 de abril e a Base 15 das Bases de Execución do Presuposto para o exercicio de 2012, preceptos que establecen expresamente a competencia do Pleno da corporación para o recoñecemento extraxudicial de créditos, sempre que non existira dotación orzamentaria. A relación de facturas é a seguinte:

ANEXO I

Acreedor CIF ConceptoIMPORTE €

LeasePlan Servicios, S.A. A-78007473Aluguer vehículo Protección Civil 2443GXP, decembro/2011 820,10

LeasePlan Servicios, S.A. A-78007473Aluguer vehículo Servizos Sociais 7046GWD, decembro/2011 472,00

LeasePlan Servicios, S.A. A-78007473Aluguer vehículo Protección Civil 0396FXP, febreiro a abril 2010 1.786,65

Unión Fenosa Comercial, S.L. B-82207275 Enerxía eléctrica pozos-bombas, novembro/11 427,03

Unión Fenosa Comercial, S.L. B-82207275 Enerxía eléctrica alumeado público,novembro/11 15.584,79

Unión Fenosa Comercial, S.L. B-82207275 Enerxía eléctrica escolas, novembro/11 3.434,57

Unión Fenosa Comercial, S.L. B-82207275 Enerxía eléctrica museo, novembro/11 354,80

8

Page 9: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

Unión Fenosa Comercial, S.L. B-82207275 Enerxía eléctrica instalacións deportivas, novembro/11 4.683,56

Unión Fenosa Comercial, S.L. B-82207275Enerxía eléctrica dependencias municipais, novembro/11 1.240,75

Unión Fenosa Comercial, S.L. B-82207275 Enerxía eléctrica pozos, decembro/11 155,65

Unión Fenosa Comercial, S.L. B-82207275 Enerxía eléctrica alumeado público,decembro/11 8.686,06

Unión Fenosa Comercial, S.L. B-82207275 Enerxía eléctrica escolas, decembro/11 4.639,30

Unión Fenosa Comercial, S.L. B-82207275 Enerxía eléctrica instalacións deportivas, decembro/11 6.127,29

Unión Fenosa Comercial, S.L. B-82207275Enerxía eléctrica dependencias municipais , decembro/11 10.193,41

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332 Enerxía eléctrica pozos, depurad. bomba, novembro/11 335,57

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332 Enerxía eléctrica alumeado público, novembro/11 41.069,57

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332 Enerxía eléctrica escolas, novembro/11 2.914,71

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332 Enerxía eléctrica biblioteca, novembro/11 250,82

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332 Enerxía eléctrica auditorio Muimenta, novembro/11 29,98

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332 Enerxía eléctrica instalacións deportivas, novembro/11 306,83

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332 Enerxía eléctrica praza abastos, novembro/11 73,95

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332Enerxía eléctrica dependencias municipais, novembro/11 294,68

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332 Enerxía eléctrica pozos,depuradora,decembro/11 28,93

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332 Enerxía eléctrica alumeado público,decembro/11 33.685,95

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332 Enerxía eléctrica escolas, decembro/11 1.231,57

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332 Enerxía eléctrica biblioteca, decembro/11 267,62

9

Page 10: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332 Enerxía eléctrica auditorio Muimenta, decembro/11 48,30

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332 Enerxía eléctrica instalacións deportivas, decembro/11 368,09

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332 Enerxía eléctrica praza abastos, decembro/11 124,05

Gas Natural S.U.R. SDG, S.A. A-65067332Enerxía eléctrica dependencias municipais, decembro/11 952,80

SUMA TOTAL 140.589,38

6 .- EXPEDIENTE DO REGULAMENTO DE CREACIÓN DE FICHEIROS DE DATOS

DE CARÁCTER PERSOAL DO DEPARTAMENTO DE EMPREGO DO CONCELLO DE LALÍN.

Deuse conta pola Presidencia deste expediente que consta do borrador do Regulamento de creación de ficheiros de datos do departamento de Emprego e do informe da axente de emprego e desenvolvemento local. A continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Desenvolvemento e Actividade Económica do día 26 de abril de 2012.

Explicou este punto da orde do dia a Sra. Concelleira delegada de Emprego, Dª. María José Batán Mouriño. Entre as súas verbas destacou que regular estes ficheros de datos de carácter persoal era un cometido obrigatorio para cumprir as normas, en concreto para os dous programas dos Axentes de Emprego, algo que se facía de acordo coa normativa vixente.O texto do regulamento era similar ao doutros ficheros antes aprobados para distintos servizos e non tiña máis novidade que dicir.

Desde o grupo socialista D. J.A. Cristóbal Fernández Vázquez afirmou que si que apoiarían esta medida, pero tiña dúas preocupacións. A primeira viña a dicir que esta norma era obrigatoria desde a lei de protección de datos do ano 1999, na que había tres anos para crear e legalizar estes ficheros; en segundo lugar afirmou que non tiña a certeza de que non houbese outros ficheros que se debesen crear para cumprir a lei. Por elo afirmou que pedía un compromiso se así fose do goberno municipal para adaptalo coa máxima urxencia e legalizar os ficheros.

Por alusións Dª. Paz Pérez Asorey afirmou que o seu departamento de servizos sociais desde hai tres anos ten o seus ficheros legalizados.

Desde o BNG D. Xesús Cordeiro Budiño tamén anunciou o seu voto afirmativo. Afirmou que eran normas obrigatorias que cumprir, e ao mesmo tempo cuestionou o feito de que sendo así non se chamará á oposición para estudar e consensuar o tema, aínda que viña en idioma galego. Había que ser escrupuloso en cumprir a normativa de protección de datos.

Tamén D. Camilo Conde López, do PGD, adiantou o voto afirmativo.

Rematou a edil delegada e propoñente Dª. María José Batán Mouriño indicando que os ficheros que agora se legalizaban contiñan datos que xa estaban protexidos, porque o servizo se prestaba en colaboración coa Xunta de Galicia, e alí xa estaban legalizados os mesmos. “Nós, o Concello de Lalín, non somos propietarios deses datos; pero aínda así, cumprimos o que nos afecta. Con esta proposta se trataba de completar e determinar o que faltaba”, afirmou.

Sometido o expediente a votación ordinaria a man alzada aprobouse por UNANIMIDADE

10

Page 11: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

dos asistentes, vinteún concelleiros, que inclúe catorce do PP, catro do PSdeG-PSOE, dous do BNG e un do PGD.

En consecuencia, aprobouse o expediente con base nos seguintes antecedentes:

A Orde do 29 de xullo de 2011 da Consellería de Traballo e Benestar pola que se convocan subvencións no ámbito de colaboración coas entidades locais para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local para o exercicio 2011 (DOG núm. 157 do 18/08/2011) na súa parte expositiva sinala a posta en marcha pola Consellería en colaboración co Igape e BIC Galicia, dunha aplicación informática denominada XATEmprego que, á vez de homoxeneizar o contido das memorias de toda a rede de técnicos, aumente a eficacia do traballo desenvolvido e posibilite o traballo en rede, facilitando a xestión, coordinación, o apoio e a avaliación da Rede de Técnicos de Emprego de Galicia como infraestrutura especializada na promoción do emprego.

A aplicación telemática XATEmprego permite á Consellería de Traballo ter coñecemento e avaliar, en tempo real, as actuacións que están sendo levadas a cabo polos AEDL contratados con cargo a estas subvencións, establecendo a obriga de subministrar a través desta aplicación os datos e a información sobre os servizos e actuacións na que tomen parte.

En cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal, en particular ao contido do artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), en canto ao tratamento de datos das persoas beneficiarias usuarias destes servizos e preciso dar de alta uns ficheiros na Axencia Española de Protección de datos, coa finalidade de que os datos que recaben os/as axentes de emprego sexan propiedade da entidade para a que traballan, responsable do ficheiro, dando cumprimento a normativa en materia de protección de datos de carácter persoal e das medidas de seguridade correspondentes.

Con base nos antecedentes expostos, segundo o procedemento e requisitos establecidos nos artigos 20 da LOPD e 54 do RD 1720, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da LOPD, conforme ao disposto no art. 22.2. da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, correspóndelle ao Pleno Municipal a aprobación do regulamento orgánico e das ordenanzas, por non tratarse dun regulamento orgánico, non se esixe a maioría absoluta do Concello Pleno, sendo suficiente a súa aprobación pola maioría dos asistentes.

Xa que logo, o Pleno da Corporación ACORDOU:

PRIMEIRO.- Aprobar inicialmente o REGULAMENTO DE CREACIÓN DE FICHEIROS DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL DO DEPARTAMENTO DE EMPREGO DO CONCELLO DE LALÍN, que consta de oito artigos, unha disposición final e o Anexo 1 no que se describe o contido de dous ficheiros.

SEGUNDO.- Expoñer ao público o expediente, conforme determina o artigo 49 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, polo prazo trinta días, a efectos de que durante o mesmo poida ser examinado e presentar, no seu caso, as alegacións ou reclamacións e suxerencias ao mesmo.

TERCEIRO.- No suposto que non se presentasen alegacións ou reclamacións ao mesmo, entenderase aprobado o expediente definitivamente, sen necesidade de adoptar un novo acordo, e realizaranse os trámites necesarios para a súa entrada en vigor. 7 .- EXPEDIENTE DE EXECUCIÓN DAS OBRAS “ABASTECEMENTO A FONTAO”.-

11

Page 12: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

Deuse conta pola Presidencia deste expediente. A continuación o Sr. Secretario deulle lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Acondicionamento e Planificación Territorial do 26 de abril de 2012.

Na defensa da moción, D. Antonio Rodríguez Rodríguez, edil delegado do rural, indicou que esta obra solicitada e concedida pola Xunta de Galicia, precisaba unha serie de trámites municipais, entre eles a posta á disposición dos terreos do dito organismo autónomo Augas de Galicia, xa que dos terreos afectados, uns novecentos metros ían por vías provinciais e outros cen metros por vías municipais.A obra resultaba moi interesante posto que había dous lugares da zona, Senín e Porto do Carrio (parroquia de San Eulalia de Losón) que terían abastecemento de auga municipal, aínda que contaban xa con algunha clase traída veciñal.

Desde o grupo municipal socialista D. Manuel María González Aller afirmou ter algunha dúbida sobre os terreos afectados, se ben destacou que había dúas parroquias de Lalín que se beneficiarían e terían auga potable.

Tamén desde o grupo nacionalista D. Xesús Cordeiro Budiño votaría afirmativamente á proposta, porque consideraba que eran obras necesarias para o rural, e entendía que dalgún xeito repercutía na comarca.

Finalmente D. Camilo Conde López anticipou o voto positivo á proposta, por ser unha obra de interese veciñal.

A seguir do debate en votación ordinaria a man alzada aprobouse o expediente por UNANIMIDADE dos asistentes, vinteún concelleiros, que inclúe catorce do PP, catro do PSdeG-PSOE, dous do BNG e un do PGD, con base nos seguintes antecedentes:

Visto o escrito de Augas de Galicia no que expón que no Plano de Saneamento de Galicia e no período de planificación nel previsto, inclúense actuacións a realizar no Concello de Lalín, incluídas no proxecto redactado pola Administración Hidráulica de Galicia “Abastecemento a Fontao, Vila de Cruces (Pontevedra)”, clave OH.236.1018, segundo o proxecto técnico que se xunta á mesma.

Co fin de que a Xunta de Galicia tramite o expediente para proceder á contratación e execución das obras, e de acordo co Decreto 84/1997, do 10 de abril, (DOG do 24/04/1997) sobre colaboración técnica e financeira da Administración Hidráulica de Galicia coas entidades locais en materia de abastecemento e saneamento de augas, resulta preciso a realización de trámites segundo a comunicación remitida polo organismo autónomo Augas de Galicia.

Tendo en conta o informe do Sr. Enxeñeiro técnico de obras públicas municipal, no que expón que o antedito proxecto contempla a implantación dun ramal de abastecemento ó longo da estrada provincial Merza–Vila de Cruces; dende Fontao ata a conexión coa rede existente no Camballón–Vila de Cruces e que esta rede pisa no termo municipal de Lalín uns 1000 metros á altura de Senín-Losón, dos cales 900 m. corresponden coa estrada provincial EP 6410 e 100 m. a un camiño municipal que vai a Brea.

Considerando que o Concello ten a efectiva dispoñibilidade dos terreos necesarios para a realización das obras, con base nos antecedentes expostos, o Concello Pleno, ACORDOU:

Primeiro.- Aprobar o Proxecto Técnico da obra “ABASTECEMENTO A FONTAO. Vila de Cruces (Pontevedra)”, redactado por Dª. Eva López Vidal de Apllus-Norcontrol, cun orzamento de execución por contrata de 539.299,90€ e sometelo a exposición pública

12

Page 13: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

mediante anuncio publicado no Boletín oficial da provincia polo prazo de 20 días hábiles.

Segundo.- Comprometerse á entrega ao Organismo Autónomo Augas de Galicia dos terreos e a auga necesarios para a execución das obras e concederlle todas as autorizacións administrativas necesarias para a realización das mesmas, con renuncia expresa por parte deste concello á retención de calquera tipo de taxa, canon ou imposto de carácter local con motivo das obras.

Terceiro.- Poñer a plena disposición da Administración Hidráulica de Galicia (Augas de Galicia), libres de cargas e gravames, os terreos necesarios para a normal execución da obra pública “Abastecemento a Fontao. Vila de Cruces (Pontevedra)”, clave OH.236.1018.

8.- MOCIÓNS DO PSDEG-PSOE.

8.1.- MOCIÓN DO PSDEG-PSOE RELATIVA ÁS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES.

Deuse conta pola Presidencia desta moción do grupo municipal socialista do 28 de marzo de 2012 rexistrada o mesmo día co número 2038. A continuación o Sr. Secretario deulle lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Desenvolvemento e Actividade Económica do 26 de abril de 2012.

Desde o grupo socialista D. J.A. Cristóbal Fernández Vázquez empezou afirmando que nin a Xunta de Galicia nin o Concello de Lalín tiñan culpa neste asunto. Non obstante a magnitude deste problema e a cantidade de xente que estaba involucrada, facían necesario que estas dúas institucións participasen na solución do mesmo. O asunto estaba aí. Había moita xente que inconscientemente resultou afectada; pero tamén moita xente que conscientemente se deixou enganar cando lle ofreceron o produto financeiro. O meollo da cuestión era que non se informou debidamente á xente. El mesmo tardou moitas horas en atopar o folleto que debían ter e cubrir os interesados como persoas subscritoras das mesmas. Pensaba que había máis das quince persoas inscritas na oficina da Omic; probablemente habería moitas máis, e seguramente habería tamén persoas que aínda non sabían que estaban afectadas, porque aínda non necesitaban os cartos. Por elo era importante que se dese publicidade a esta situación, para coñecer o número real de afectados. Leou a proposta na parte dispositiva para resaltar o que se pedía na mesma.

Polo BNG, D. Xesús Cordeiro Budiño dixo estar a favor da moción e da transaccional presentada. Lembrou que houbo unanimidade no Parlamento de Galicia sobre este problema, pola alarma social que xeraba. Sinalou que esta situación era un problema xurdido da especulación financeira, dos poderes económicos que buscaban a opulencia a calquera prezo. A crise faría volver atrás a todos. Este problema xurdiu pola crise económica e lembrou que os poderes públicos deben reflexionar sobre esta especulación financeira, controlala e ofrecer axuda aos interesados. Para elo cumpría informar e publicitar esta situación. Votarían afirmativamente.

Tamén o concelleiro do PGD, D. Camilo Conde López anticipou o seu voto afirmativo. Neste asunto houbo malas intencións das entidades financeiras, motivada pola crise económica. Había que buscar solucións aos afectados, e para elo xa se estaba a traballar. Este problema había que solucionalo, pero tamén o estado financeiro da banca.

Desde o grupo popular, D. Román Rodríguez González explicou a emenda transaccional á moción socialista consensuada entre os grupos políticos municipais, na que todos estaban xa de acordo. Lembrou que houbo un debate no Parlamento de Galicia sobre estas obrigas preferentes e outros activos similares. Destacou que ás veces a confianza se deu porque os que o ofreceron o produto, non o coñecen. Había un dobre perfil de afectados, os que coñecían o risco e os que non o sabían.

13

Page 14: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

En Lalín a Omic xa tramitaba algunhas queixas; o número era baixo polo de agora, porque os afectados o descoñecerían probablemente; pero o número real subiría. A Xunta de Galicia negocia e xa pediu á Comisión Nacional do Mercado de Valores e ao Banco de España unha solución para os afectados. Os servizos municipais tamén apoiaban e traballaban neste eido. De todos os xeitos si quixo destacar que este era un problema non só de Galicia, senón de toda España, e nalgúns lugares a situación era aínda máis grave

De novo D. J.A. Cristóbal Fernández Vázquez resaltou que a diferencia doutros problemas importantes, aquí neste tema das obrigas preferentes houbo unha opacidade total, e unha falta de información aos afectados. Lembrou que en Galicia a meirande parte eran de Caixanova e Caixa Galicia, e insistiu en que se dera publicidade, axudas na tramitación das reclamacións e información deste asunto aos afectados e en xeral, para que a coñeceran os que aínda ignoran a súa situación.

Rematou o debate D. Xosé Crespo Iglesias, Alcalde-Presidente, dixo que algúns dos afectados si sabían os riscos que asumían; en segundo lugar, coidaba que xogou un papel importante a confianza que tiñan nos directores bancarios os clientes de toda a vida; en terceiro lugar, afirmou que non se sabía aínda cal sería o futuro da caixa galega. De todos os xeitos o Concello traballaría e daría a información precisa e necesaria sobre este asunto aos afectados.

Sometida a votación ordinaria a man alzada a moción coa redacción da proposta consensuada entre os grupos políticos municipais, aprobouse por UNANIMIDADE dos asistentes, vinteún concelleiros, que inclúe catorce do PP, catro do PSdeG-PSOE, dous do BNG e un do PGD.

En consecuencia aprobouse a moción co seguinte contido:

A comercialización masiva de participacións preferentes e outro tipo de activos financeiros similares que se ten feito entre clientes sen coñecementos financeiros, excluíndo a valoración do perfil dos investidores, vulnerando a lexislación aplicable e con manifesto engano sobre a natureza do produto ofertado, está levando a milleiros de cidadáns galegos a reivindicar na rúa e con peches nas propias sucursais das entidades bancarias, a devolución dos aforros de toda a súa vida que nestes intres están bloqueados nunha especie de “corralito nas entidades financeiras. Este tipo de produtos foron ofrecidos no seu día como se foran depósitos que se podían recuperar en calquera momento, sen ningún tipo de advertencia de que eran de alto risco, e adquiridos de boa fe en base á confianza que os clientes tiñan nos directores e no persoal das entidades bancarias das súas localidades, agora, cando queren recuperar o diñeiro investido, atópanse con que os seus aforros, en moitos casos de toda unha vida, están atrapados a perpetuidade.

En Galicia estase a falar dun número de afectados entre 70 e 100 mil, fundamentalmente das entidades antes denominadas Caixa Galicia e Caixanova, e sen dúbida na comarca do Deza, e en concreto en Lalín, hai un número importante de afectados a xulgar polos moitos clientes destas dúas entidades, polos casos persoais dos que temos coñecemento directo e polo número de consultas que a asociación ADICAE (Asociación de usuarios de Banca, caixas e seguros) ten recibido nesta comarca nas súas oficinas de Santiago.

O Parlamento de Galicia, por unanimidade dos tres grupos parlamentarios, adoptou recentemente un acordo relativo a este tema, cos seguintes puntos:

1.- Instar ao Banco de España e á Comisión Nacional do Mercado de Valores para que promova e no seu caso preste as autorizacións necesarias a Novagalicia Banco e ao resto das entidades financeiras, para dar solucións á recuperación do investimento realizado polos subscritores de participacións preferentes en Galicia que desexen recuperar os cartos investidos neste produto.2.- Instar ás entidades financeiras que operan Galicia e que emitiron participacións preferentes

14

Page 15: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

para instalas a promover unha solución aos subscritores de participacións preferentes que desexen recuperar os cartos investidos neste produto, permitindo aos afectados a recuperación íntegra do investimento realizado.3.- Apoiar e informar aos posibles afectados pola comercialización das participacións preferentes sobre as vías de reclamación das que dispoñan a través das oficinas do Instituto Galego de Consumo.4.- O Instituto Galego de Consumo remitirá semestralmente á Comisión 3ª do Parlamento un balance do número de afectados e das reclamacións presentadas nas súas oficinas.5.- Demandar das autoridades competentes o cumprimento estrito da normativa MIFID na comercialización no tramo minorista de produtos financeiros.

Por outra parte, numerosos concellos galegos están nestes días debatendo e aprobando por unanimidade, mocións apoiando ós afectados e ofrecéndolles a través do propio concello e das oficinas municipais de información ó consumidor asesoramento ós afectados para a presentación das oportunas reclamacións.

Xa que logo, o Pleno Municipal, ACORDOU:

Primeiro.- Instar á Xunta de Galicia a promover solucións aos titulares das participacións preferentes que compraron sen información axeitada e:

1.- Inste ao Banco de España e á Comisión Nacional do Mercado de Valores para que promova e no seu caso preste as autorizacións necesarias a Novagalicia Banco e ao resto das entidades financeiras, para dar solucións á recuperación do investimento realizado polos subscritores de participacións preferentes en Galicia que desexen recuperar os cartos investidos neste produto.

2.- Inste ás entidades financeiras que operan Galicia e que emitiron participacións preferentes para instalas a promover unha solución aos subscritores de participacións preferentes que desexen recuperar os cartos investidos neste produto, permitindo aos afectados a recuperación íntegra do investimento realizado.

3.- Demande das autoridades competentes o cumprimento estrito da normativa MIFID na comercialización no tramo minorista de produtos financeiros.

Segundo.- Apoiar e informar aos posibles afectados pola comercialización das participacións preferentes sobre as vías de reclamación das que dispoñan a través da Oficina Municipal de Información ó Consumidor (OMIC), e desenvolver accións divulgativas e de publicidade deste servizo.

8.2.- MOCIÓN DO PSDEG-PSOE RELATIVA Á SOLICITUDE DE COMPARECENCIA DO SR. ALCALDE-PRESIDENTE OU SR. CONCELLEIRO DELEGADO DE FACENDA SOBRE AS DÉBEDAS DA EMPRESA GESLANDER CO CONCELLO DE LALÍN.

Deuse conta pola Presidencia desta moción do grupo municipal socialista do 23 de abril de 2012 presentada o día 24 de abril co número de rexistro 2714. A continuación o Sr. Secretario deulle lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Facenda e Patrimonio do 26 de abril de 2012.

Na exposición da moción, D. Manuel María González Aller, do grupo socialista explicou que recentemente apareceron publicados na prensa, información que revelaba a existencia dunha débeda da empresa Geslander S.L co Concello en relación coas vivendas para xente nova que construíu en Lalín. Indicou que no seu momento o seu grupo denunciou que houbo un atraso no

15

Page 16: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

comezo da obra, logo houbo problemas na construción e finalmente na entrega, xa que polo visto faltaba a electricidade (cousa rara en Lalín). Lembrou que a empresa pagou novecentos mil euros polo solar.Salientou que no ano 2009 o seu grupo pediu a comparecencia do Concelleiro Delegado de Urbanismo e do Sr. Alcalde e rexeitouse a moción. Daquela o grupo de goberno dixo que estaba todo en regra, que todo era normal, que era xente que quería empezar e creaba emprego coa obra. Co tempo viuse que a transparencia que pediamos facía falta, e que a empresa estaba ligada a un político determinado.Agora publícase na prensa que nos exercicios 2008, 2009 e 2010 había débedas do IBI. Eles como grupo querían sabelo e coñecer as débedas exactas.A persoa involucrada neste asunto tiña o soldo embargado, débedas co Concello e non sabía realmente que pasou coa electricidade nesa parcela, xa que inicialmente non a tiña.

Desde o grupo nacionalista D. Xesús Cordeiro Budiño estaba de acordo en acceder ao solicitado.

Tamén desde o PGD D. Camilo Conde López dixo que non estaba mal que comparecera o edil delegado, e escoitar o que dicía. Era interesante.

Finalmente polo grupo de goberno o Sr. Alcalde-Presidente, D. Xosé Crespo Iglesias, dixo que o seu grupo aceptaba esta comparecencia, pero indicou que a mesma tería lugar na vindeira sesión plenaria.Sinalou que non tiñan nada que ocultar neste tema. A situación desta empresa, Geslander S.L. era a mesma que tiñan as demais empresas de Lalín; moitas delas fundiron e outras tiñan problemas financeiros. Neste caso faltaba por cobrar o IBI das vivendas aínda sen vender.Resaltou que na prensa apareceron algunhas frases que consideraba insultos dun membro da oposición dirixidos ao grupo de goberno. O certo era que esta empresa pagou de máis polo solar, deu moito diñeiro, e construíu menos pisos dos que se podían facer. Botou mal as contas, estudou mal o asunto e deu máis cartos polo solar cos outros licitantes.Sobre a electricidade dixo que a pagou a empresa indicada, e que só debía o IBI das vivendas sen vender, non das vendidas.Coidaba que o PSdeG-PSOE era tremendamente inxusto neste tema, porque hai un ano no BOP en plena campaña electoral das eleccións locais, o ORAL publicou a débeda de Geslander no seu boletín, xunto con moitas outras. Se houbese intención de ocultar algo, non se publicarían eses datos en campaña electoral.A situación era que constaba que esta promoción de vivendas en Lalín vendeuse a outra empresa, e que había débedas co Concello polos pisos sen vender. O ORAL cada dous anos daba de alta os pisos rematados, pero en Lalín imos por diante e dánse de alta coa licenza de primeira ocupación. En resume, démoslle á empresa Geslander S.L. o mesmo trato cos demais, pero non de favor.Doutra banda, se alguén embarga, sería o ORAL. O proceso que había para cobrar era o que establecía a lei e é o que segue o ORAL para embargar débedas, cos trámites, e coas garantías que establece a normativa vixente para os contribuíntes.

Desde o grupo municipal socialista D. Manuel María González Aller reiterou o xa dito, insistindo en que o seu grupo xa denunciou as irregularidades deste caso hai anos, en concreto desde o ano 2006.Tamén aproveitou a ocasión e rexeitou que membros do seu grupo fixeran esas declaracións en prensa, e indicou pola contra que houbo outras verbas nos medios de comunicación do voceiro neste sentido, Sr. Román Rodríguez, sobre este asunto.

Rematou o debate D. Xosé Crespo Iglesias, Alcalde-Presidente, rexeitando que houbese trato de favor de Geslander S.L desde este Concello. Manifestou que a empresa recibiu o mesmo cos demais e recibiu o mesmo trato cos demais. Houbo algúns retrasos na obras por algúns

16

Page 17: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

problemas xa solucionados.

Sometida a votación ordinaria a man alzada a moción, por UNANIMIDADE dos asistentes, vinte edís, que inclúe trece concelleiros do PP, catro do PSdeG-PSOE, dous do BNG e un do PGD, coa abstención de D. Manuel Gómez Estévez, ausente na votación e por imperativo do ROF, aprobouse a moción, co seguinte contido:

Todo o proceso de construción das vivendas para a xente nova de protección autonómica situadas na prolongación da rúa Molinera do Concello de Lalín, foi un cúmulo de despropósitos comezando pola adxudicación seguindo pola obra en se mesma e rematando polo retraso na entrega aos propietarios.

En primeiro lugar adxudicouse unha parcela que non estaba urbanizada, pois non contaba con acometida de electricidade.

En segundo lugar, adxudicóuselle a unha empresa, Geslander proxectos de edificación, S.L., que non era a que había feito a mellor oferta e así o fixemos constar dende o grupo municipal socialista dende o primeiro momento.

En terceiro lugar concedeuse licenza de primeira ocupación en decembro de 2008 e un ano despois continuaba en obras, pois aínda non contaba con electricidade.

Con máis dun ano de retraso comezouse a entrega de pisos ós propietarios que aguantaron a espera, pois outros desistiron ante a tardanza, e algún deles xa mostraba sinais de deterioro.

Por estes motivos e pola dúbida de si Geslander liquidara os impostos correspondentes ao concello de Lalín, o grupo municipal socialista en setembro de 2009 solicitou a comparecencia do Alcalde-Presidente do Concello de Lalín e/ou do Concelleiro Delegado de Urbanismo, comparecencia que ámbolos dous rexeitaron, sen antes afirmar que estaba todo en orde e que a nosa petición era exclusiva e unicamente pola animadversión que sentiamos polo administrador único da empresa por ser afiliado do partido popular.

Sen embargo a día de hoxe dita empresa aínda ten débedas co concello. Buscando nos boletíns oficiais da provincia vemos que debe distintas cantidades en concepto de IBI dos anos 2008, 2009 e 2010. Isto quere dicir que o Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo mentían no pleno de setembro de 2009.A isto hai que engadir a reticencia que dita empresa tiña para facerse cargo do custe do transformador e da acometida eléctrica pois argumentaba que o concello venderalle unha parcela urbanizada, por máis de 900.000 €, e correspondíalle a este facerse cargo de dito pago.

Xa que logo, o Concello Pleno, ACORDOU:

A comparecencia na vindeira sesión plenaria do Sr. Concelleiro delegado de Facenda e Patrimonio para explicar o estado actual das débedas de Geslander co Concello de Lalín e para que conteste todas as preguntas que se lle formulen ao respecto.

As 11:34 horas abandonou a sesión D. Manuel Gómez Estévez, quedando o grupo popular con trece concelleiros e o número total de asistentes en vinte.

9 .- ROGOS E PREGUNTAS.-

17

Page 18: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

Presentados de forma escrita durante a sesión:

PSdeG-PSOE

Dª. Beatriz Iglesias García

1.- En relación ao Centro Piloto de Formación, Investigación e Actualización en Artes Visuais, Dinamización e Promoción Cultural:

1.1.- PREGUNTA.- ¿Qué é o Centro Piloto de Formación, Investigación e Actualización en Artes Visuais, Dinamización e Promoción Cultural? e ¿cáles son as bases e a estrutura de dito proxecto?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

1.2.- PREGUNTA.- ¿Cándo e ónde foron convocadas e publicadas prazas para a inscrición do primeiro grupo do proxecto? e, de existir criterios de selección para o alumnado:¿cáles son?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

1.3.- PREGUNTA.-¿De qué forma se produce a adxudicación para a dirección de Pilar Taboada?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

1.4.-PREGUNTA.- ¿Recibe remuneración Pilar Taboada por impartir os diferentes módulos do programa e, de ser así, cál é a súa contía?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

1.5.- PREGUNTA.-¿Cál é o custo de inscrición e participación por parte do alumnado?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

1.6.- PREGUNTA.- ¿Supón algún tipo de custo para o Concello de Lalín?. De non ser así: ¿cómo se van becar aos mellores alumnos para os seguintes módulos?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

1.7.- PREGUNTA.- Se a idea deste centro artístico se remonta a máis de dez anos por problemas de presuposto e económicos, ¿cál é a razón de que xusto neste momento de baixos recursos económicos se poña en marcha?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

1.8.- PREGUNTA.- ¿En relación ao espacio físico no que se ubica o proxecto, o edificio do antigo Concello, por qué se ocupa dito espacio, é este proxecto artístico o gañador do concurso de ideas que o Sr. Alcalde prometeu convocar publicamente para definir o futuro do vello Concello ?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

1.9.- PREGUNTA.- ¿Forma parte da entelequia do “Lalinlab”?

18

Page 19: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

D. J.A. Cristóbal Fernández Vázquez e D. Manuel González Aller

2.- En relación ás queixas dos usuarios do Programa de Axuda no Fogar (SAF) das que tiveron coñecemento en relación, entre outras, coas seguintes cuestións:

1. Horarios da prestación do servizo, que non son axeitados en relación ás tarefas a realizar (Por exemplo, figurando no proxecto individual a tarefa de erguer ao usuario da cama e o seu aseo persoal, que como é lóxico debe facerse pola mañá, en cambio o servizo realízase pola tarde).

2. Presentación de queixas no concello en relación co servizo que están recibindo, que non son recollidas por escrito, nin se lle facilita documento xustificativo de telas presentado.

3. Usuarios dados de baixa no servizo de axuda no fogar, sen que saiban por que razón, nin se lle comunique resolución algunha por escrito.

4. Rexeitamento verbal á solicitude de novas demandas de prestación do servizo, coa xustificación de que non teñen horas o de que cos seus ingresos non teñen dereito.

Ademáis das cuestións citadas tamén queren coñecer o procedemento administrativo seguido na renovación efectuada no presente ano, en relación aos usuarios do SAF de libre concorrencia, ter datos das listaxes de espera de demandantes do servizo de axuda no fogar e finalmente os procedementos administrativos que se seguiron, e si estes cumpren coa normativa xeral aplicable, estatal e autonómica na materia.Polo exposto, e independentemente doutras iniciativas que farán sobre o mesmo tema, formulan as seguintes preguntas:

2.1.- PREGUNTA.- ¿Existen queixas e/ou denuncias de os/as usuarios/as do SAF sobre o seu funcionamento. En caso afirmativo: ¿cántas e por qué motivos?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

2.2.- PREGUNTA.- ¿Cáles son os protocolos sobre os procedementos de intervención e rexistro das persoas usuarias atendidas segundo a modalidade de prestación do programa (libre concorrencia ou dependencia)?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

2.3.- PREGUNTA.- ¿Qué protocolo e procedemento administrativo se seguiu no presente ano para a revisión dos usuarios do SAF de libre concorrencia que viñan recibindo dito servizo?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

2.4.- PREGUNTA.- ¿Respéctanse no acceso ao servizo os criterios establecidos na Orde de 22 de xaneiro de 2009 reguladora do SAF?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

2.5.- PREGUNTA. - ¿Estase garantindo o acceso preferente e directo para as persoas usuarias dependentes que contan con resolución de PIA?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

19

Page 20: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

2.6.- PREGUNTA.- ¿O importe do servizo en termos globais, correspóndese co financiamento concedido pola Consellería?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

2.7.- PREGUNTA.- ¿Existe algún usuario/a con resolución de PIA que esta en lista de espera? En caso afirmativo: ¿cántos?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

2.8.- PREGUNTA.- ¿No caso de persoas usuarias para as que non se dispón de capacidade financeira existe programa de asignación de recursos?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

2.9.- PREGUNTA.- Considerando que non se pode computar como servizo prestado o desprazamento do persoal auxiliar de atención directa entre os domicilios das persoas beneficiarias (aínda que si forma parte da súa xornada laboral), e considerando ademais que hai renuncias voluntarias parte das horas concedidas debe constatarse con documentación suficiente acreditativa, ¿pode afirmar o grupo de goberno que os servizos efectivamente prestados pola empresa se corresponden cos aprobados nas correspondentes resolucións de PIA?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

2.10.- PREGUNTA.- ¿Contrólase e compróbase a regularidade e puntualidade na prestación do servizo ás persoas usuarias dependentes, así como a flexibilidade na adecuación do servizo ás súas necesidades?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

B.N.G.

Xesús Cordeiro Budiño

1. En relación á colocación dun transformador de Fenosa na parroquia de Prado.

1.1. PREGUNTA.- ¿Qué hai de certo no feito de que o pedáneo xa deu o consentimento para a colocación do transformador no campo da festa da dita parroquia e lugar, sen contar coa aprobación dos veciños e tendo en conta que este campo non é municipal?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

P.G.D.

D. Camilo Conde López,

1.- ROGO.- Segundo apreciación persoal, en zonas recreativas infantís non existen prohibicións de acceso a cans o cal, por razóns obvias pode atentar contra a saúde destes. Debería de prohibirse o acceso a cans a estes recintos así como o seu entorno mediante unha axeitada sinalización .

O Sr. Presidente quedou enterado. Non obstante D. Xosé Crespo Iglesias manifestou

20

Page 21: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

que estaban xa no traballo de meter en cintura este tema dos cans, especialmente os perigosos, e de levar un control dos mesmos, non só polo feito de que boten excrementos nas zonas públicas senón para que cumpran coa normativa. O certo era que había queixas dos usuarios e que había que abordar o asunto.

1.1. PREGUNTA.- En relación á adquisición dun vehículo turismo financiado por “leassing”, decisión que foi aprobada polo Pleno, segundo publicación no xornal, o que suporía un pagamento anual superior a 25.000 euros. De ser correcta esta información: ¿Cántos anos habería que pagar a devandita cota?

O Sr. Presidente manifestou que respondería por escrito.

Presentados de forma oral durante a sesión.

D. Manuel María González Aller.

3.1.- PREGUNTA.- Existe algún rexistro de fillos ilustres, adoptivos que recibisen esta clase de mencións no Concello de Lalín?

Respondeu D. Xosé Crespo Iglesias, Alcalde-Presidente, afimando que era certo que se deron mencións a persoeiros importantes para Lalín como foron D. Xosé Cuiña Crespo, D. Fernando Onega, D. Wenceslao Calvo Garra, nomes que el recordaba. O control levábase desde o Concello e existía,pero non había problema en facerse ese libro, e mesmo podía aproveitarse a ocasión e introducir nel máis datos de carácter histórico. A este aspecto mencionou un convenio en fase de estudo coa Universidade de Santiago cun contido máis amplo, xa que había datos que estaban no Obispado de Lugo, na Deputación, e mesmo no Archivo de Indias, que eran de Lalín e que debían estudarse.

Dª. Beatriz Garcia Iglesias. 4.- ROGO.- Tendo en conta que na sesión plenaria anterior se formulou unha pregunta sobre a obra e a súa restauración do escultor lalinense, coñecido como “Wily”, pide que se responda e se entregue a información recabada.

O Sr. Presidente quedou enterado.

5.- ROGO.- Quere saber datos sobre o concurso do programa de Marcapáxinas.

O Sr. Presidente quedou enterado.

E, sendo as once horas e cincuenta e seis minutos do mesmo día onde comezou, non habendo outros asuntos que trataren e no mesmo lugar, polo Sr. Presidente levantouse a sesión. De todo iso, pola miña condición de Secretario e fedatario público dou fe.

Vº e Prace O Alcalde-Presidente

21

Page 22: ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO CONCELLO PLENO …lalin.gal/files/20120502.pdf · ou ao cociñeiro D. Karlos Arguiñano no 2007, quen dedicou días despois un dos seus programas

22