27
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 25 DE FEBREIRO DE NÚM. 03/2016.- Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE: D. RAFAEL LUÍS CUÍÑA APARICIO. (CxG-CCTT). CONCELLEIROS: Dª. TERESA VARELA FISTEUS (CxG-CCTT). Dª. KATIA MARGARET PROCINO TOIMIL. (CxG-CCTT). D. MIGUEL ÁNGEL MEDELA DOBARRO. (CxG-CCTT). D. JUAN JOSÉ CRUZ GARCÍA. (CxG-CCTT). D. TOMÁS VILARIÑO FIDALGO. (CxG-CCTT). D. NICOLÁS GONZÁLEZ CASARES (PSdeG-PSOE). Dª. CELIA ALONSO CARAMÉS. (PSdeG-PSOE). D. JOSE MANUEL HERMIDA ARIAS (PSdeG-PSOE). Dª. LARA RODRÍGUEZ PEÑA. (APAC). D. FRANCISCO XAVIER VILARIÑO TABOADA. (BNG). D. XOSÉ CRESPO IGLESIAS. (PP). Dª. MARÍA PAZ PÉREZ ASOREY. (PP). D. JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ. (PP). D. JOSÉ ANTONIO VARELA QUINTELA. (PP). Dª. MARÍA ÁLVAREZ PAZ. (PP). D. ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ. (PP). D. MANUEL FERNÁNDEZ LÓPEZ. (PP). Dª. RAQUEL LORENZO FERNÁNDEZ. (PP). Dª. EVA MARÍA MONTOTO MÉNDEZ. (PP). Dª. MARÍA JOSÉ SENANDE MÉIJOME. (PP). SECRETARIO XERAL: D. CÉSAR LÓPEZ ARRIBAS. INTERVENTORA XERAL: Dª. MARTA OVIEDO CREO. 1

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO …lalin.gal/files/3. ACTA PLENO DE 25 DE FEBREIRO DE 2016.pdfSendo as dez horas do xoves, día 25 de febreiro de 2016, xuntáronse no salón

  • Upload
    others

  • View
    7

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO CONCELLO PLENO DO DÍA 25 DE FEBREIRO DENÚM. 03/2016.-

Asistentes:

ALCALDE-PRESIDENTE:

D. RAFAEL LUÍS CUÍÑA APARICIO. (CxG-CCTT).

CONCELLEIROS:

Dª. TERESA VARELA FISTEUS (CxG-CCTT).Dª. KATIA MARGARET PROCINO TOIMIL. (CxG-CCTT).D. MIGUEL ÁNGEL MEDELA DOBARRO. (CxG-CCTT).D. JUAN JOSÉ CRUZ GARCÍA. (CxG-CCTT).D. TOMÁS VILARIÑO FIDALGO. (CxG-CCTT).D. NICOLÁS GONZÁLEZ CASARES (PSdeG-PSOE).Dª. CELIA ALONSO CARAMÉS. (PSdeG-PSOE).D. JOSE MANUEL HERMIDA ARIAS (PSdeG-PSOE).Dª. LARA RODRÍGUEZ PEÑA. (APAC).D. FRANCISCO XAVIER VILARIÑO TABOADA. (BNG).D. XOSÉ CRESPO IGLESIAS. (PP).Dª. MARÍA PAZ PÉREZ ASOREY. (PP).D. JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ. (PP).D. JOSÉ ANTONIO VARELA QUINTELA. (PP).Dª. MARÍA ÁLVAREZ PAZ. (PP).D. ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ. (PP).D. MANUEL FERNÁNDEZ LÓPEZ. (PP).Dª. RAQUEL LORENZO FERNÁNDEZ. (PP).Dª. EVA MARÍA MONTOTO MÉNDEZ. (PP).Dª. MARÍA JOSÉ SENANDE MÉIJOME. (PP).

SECRETARIO XERAL: D. CÉSAR LÓPEZ ARRIBAS.

INTERVENTORA XERAL: Dª. MARTA OVIEDO CREO.

1

ÍNDICE:

1.- Aprobación, se procede, da acta Nº 02/2016, da sesión ordinaria celebrada o día 28de xaneiro..................................................................................................................... páx. 3

2.- Decretos de Alcaldía. Dación de conta......................................................................... páx. 3

3.- Expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos Nº 4/2016............................. páx. 7

4.- Dación de conta do Informe Económico elaborado pola Intervención Municipalrelativo á situación das contas do Concello de Lalín a data 13 de xuño de 2015,segundo o acordo adoptado polo Pleno da Corporación Municipal na sesióncelebrada o día 23 de xullo de 2015............................................................................. páx. 8

5.- Moción conxunta do grupo de goberno e o PP en relación coa declaración da Feirado Cocido como Festa de Interese Turístico Internacional........................................... páx. 9

6.- Mocións do grupo de goberno......................................................................................

6.1.- Moción do grupo de goberno para reclamar a ampliación de prazas decomedor do Colexio Público Xesús Golmar..................................................................

6.2.- Moción do grupo de goberno sobre a adhesión de Lalín ao proxectointernacional “La cittá dei bambini” (a cidade dos nenos).............................................

6.3.- Moción do grupo de goberno para impulsar e regular o voluntariado noConcello de Lalín..........................................................................................................

páx. 10

páx. 10

páx. 12

páx. 15

7.- Mocións do PP..............................................................................................................

7.1.- Moción do PP para declarar o día 24 de febreiro como día de Rosalía deCastro no Concello de Lalín..........................................................................................

7.2.- Moción do PP para a creación dunha sala xacobea no Pazo de Liñares.............

7.3.- Moción do PP para incrementar a cardioprotección dos veciños do Concello deLalín..............................................................................................................................

7.4.- Moción do PP sobre o proceso de peonalización.................................................

7.5.- Moción do PP para solicitar un plan de actuación do parque de maquinaria daDeputación nos concellos.............................................................................................

páx. 18

páx. 18

páx. 19

páx. 21

páx. 23

páx. 25

8.- Moción por urxencia do PP con motivo do Día Internacional da Muller........................ páx. 27

9.- Rogos e preguntas........................................................................................................ páx. 28

2

Sendo as dez horas do xoves, día 25 de febreiro de 2016, xuntáronse no salón de actosdo Concello de Lalín (Pontevedra), baixo a Presidencia do Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael LuísCuíña Aparicio, os señores concelleiros que enriba se indican co gallo de celebraren a sesiónordinaria do Pleno da Corporación, convocada para este día e hora.

A todos os asistentes entregóuselles a orde do día, o expediente púxose á súa disposición ecumpríronse todas as determinacións previstas na normativa vixente.

Actúa como Secretario Xeral, D. César López Arribas.

Actúa como Interventora Xeral, Dª. Marta Oviedo Creo. Non obstante no punto 5ºabandonou a sesión.

De orde do Sr. Presidente, e seguindo as súas instrucións, entrouse no estudo e nadeliberación dos asuntos que conforman a orde do día co seguinte resultado:

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA Nº 02/2016 DA SESIÓN ORDINARIACELEBRADA O DÍA 28 DE XANEIRO .-

Deuse conta pola Presidencia do borrador da acta Nº 02/2016, da sesión ordinaria celebradao día 28 de xaneiro de 2016. De seguido o Sr. Presidente preguntoulles aos asistentes se tiñanalgunha observación que faceren á mesma.

Non habéndoas, por UNANIMIDADE dos asistentes acordouse aprobar a dita acta Nº02/2016, da sesión ordinaria celebrada o día 28 de xaneiro de 2016, ordenándose a súatranscrición ao Libro de Actas.

2.- DECRETOS DA ALCALDÍA. DACIÓN DE CONTA.-

Dáse conta das seguintes resolucións ditadas pola Alcaldía dende a última relacióncomunicada a este órgano.

O Concello Pleno quedou enterado.

3.- EXPEDIENTE DE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS Nº4/2016.-

A Presidencia deu conta deste expediente e da proposta da Concelleira Delegada deFacenda, de data 17 de febreiro de 2016. A continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditamefavorable da Comisión Informativa de Facenda, Patrimonio, Réxime Interior e ActividadeEconómica do día 22 de febreiro de 2016.

A edil delegada de facenda, Dª. Teresa Varela Fisteus expuxo o contido do mesmo, o calviña referido a facturas que se presentaron con posterioridade ó seu tempo e neste ano,correspondendo a gastos efectuados o ano pasado.

3

Desde o PP, D. Xosé Crespo Iglesias adiantou estar a favor, porque xa dixeron que elesían facer unha oposición distinta da que se facía cando foron goberno municipal. Antes aoposición sempre votaba en contra. Nós queremos marcar diferencia”.

Sometido a votación ordinaria o expediente, mediante o sistema de man alzada, porUNANIMIDADE dos asistentes, co voto favorable de vinte e un (21) concelleiros, sendo seis (6) deCxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1) da APAC, un (1) do BNG e dez (10) do PP, o Plenoda Corporación acordou APROBAR o expediente do seguinte tenor:

A fin de poder atender gastos realizados durante o exercicio 2015, o Pleno daCorporación Municipal ACORDOU o recoñecemento extraxudicial de créditos e a aprobación dogasto, con cargo ás correspondentes aplicacións orzamentarias, segundo a relaciónindividualizada das facturas que se detallan nos ANEXO I, II e III que se unen ao expediente, deacordo co artigo 60.2 do Real decreto 500/1990 de 20 de abril e a Base 15 das Bases deExecución do Presuposto para o exercicio de 2016. Ambos establecen expresamente acompetencia do Pleno da corporación para o recoñecemento extraxudicial de créditos, sempreque non existira dotación orzamentaria.

Trátase de facturas correspondentes a gastos realizados durante o ano 2015 que non foiposible aprobar con cargo ao correspondente exercicio, por non ter sido presentadas no seumomento para a súa imputación ao presuposto dos exercicios correspondentes, segundo osseguintes anexos:

- Anexo I, Relación 00016, na que constan dezaoito (18) facturas por importe total de19.345,75 euros.

- Anexo II, Relación 00017, na que constan duascentas corenta (240) facturas por importetotal de 37.872,42 euros.

- Anexo III, Relación 00022, na que consta unha (1) factura por importe total de 1.642,77euros.

4.- DACIÓN DE CONTA DO INFORME ECONÓMICO ELABORADO POLAINTERVENCIÓN MUNICIPAL RELATIVO Á SITUACIÓN DAS CONTAS DO CONCELLO DELALÍN A DATA 13 DE XUÑO DE 2015 , SEGUNDO O ACORDO ADOPTADO POLO PLENO DACORPORACIÓN MUNICIPAL NA SESIÓN CELEBRADA O DÍA 23 DE XULLO DE 2015 .-

O Pleno da Corporación Municipal, por UNANIMIDADE dos asistentes, ACORDOU retirareste expediente da orde do día e tratalo na seguinte sesión.

5.- MOCIÓN CONXUNTA DO GRUPO DE GOBERNO E O PP EN RELACIÓN COADECLARACIÓN DA FEIRA DO COCIDO COMO FESTA DE INTERESE TURÍSTICOINTERNACIONAL.-

A Presidencia deu conta desta moción conxunta de data 18 de febreiro de 2016,presentada no rexistro municipal o mesmo día co número 1197. A continuación o Sr. Secretario

4

deu lectura ao ditame favorable da Comisión Informativa de Facenda, Patrimonio, RéximeInterior e Actividade Económica do día 22 de febreiro de 2016.

Desde o goberno municipal D. Francisco Xavier Vilariño Taboada indicou que estamoción precisaba o consenso de todos os grupos, deixando a un lado os debates partidistas. Conelo conseguiríase axilizar o expediente sobre a Feira do Cocido que como feira comezou no ano1969. Sinalou que como trámites necesarios habería que ter reunións coa Dirección Xeral deTurismo, e aproveitaba para invitar ao PP a asistiren con eles ás mesmas.

Desde o PP, D. José Antonio Rodríguez Fernández adiantou que a súa posturaconcordaba coa liña que mantiña o edil de turismo. Sinalou que recollían a man que se lles botabapara colaborar. Lembrou que foi no ano 1969 cando se celebrou a Iª Edición da Feira do Cocido.Hoxe era unha auténtico motor económico, cultural e turístico de Lalín, aínda que había queintroducir matices. Sobre todo había que desestacionalizar a mesma. Para a declaración que sepretendía de carácter internacional, habería que esperar un prazo. O tema non era de agora, xaque desde hai varios anos se viña defendendo por España e no estranxeiro.Dixo que se alegraba polo consenso que había nesta cuestión, lembrando que cando gobernaba oPP xa había altura de miras por esta tema. Non había que facer da mesma unha ferramentapolítica deste asunto, sendo necesario tratalo como un asunto de interese xeral. Animou a buscarnas hemerotecas para ver os traballos xa feitos neste eido.

O Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio, afirmou que este comportamento neste tema eraexemplar. Sinalou que a organización da Feira do Cocido era moi complexa, algo que eldescoñecía, salientando o labor dos técnicos municipais e agradecendo aos mesmos o seutraballo desenvolvido nesta última edición. Finalmente agradeceu a todos o apoio, e reiterou denovo o traballo acometido sobre todo na Gala da Gastronomía de Galicia.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, porUNANIMIDADE dos asistentes, co voto favorable de vinte e un (21) concelleiros, sendo seis (6) deCxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1) da APAC, un (1) do BNG e dez (10) do PP, o Plenoda Corporación acordou APROBAR o expediente do seguinte tenor:

No ano 1968 os rexedores dos seis municipios que integran a comarca do Deza (Lalín,Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón) decidiron artellar unha estratexia de difusión ecomercialización dos produtos vinculados coa gastronomía típica da zona baixo o lema “Unidospor el mismo afán”. Foi finalmente o Concello de Lalín o que decidiu levar á práctica as ideasxurdidas naquel encontro mediante a creación da Feira do Cocido. O evento celebrouse porprimeira vez en 1969 para exaltar o prato máis tradicional e senlleiro da cociña galega.

A partir desa data, a feira non deixou de medrar ata converterse nun referente e nun dosmáximos expoñentes da gastronomía galega. O continuo crecemento da feira grazas aos turistaschegados de diferentes lugares de Galicia e de España axudou a que no último ano do séculopasado (1999) a Feira do Cocido fora declarada Festa de Galicia de Interese Turístico (resolucióndo 24 de xuño de 1999, DOG nº 131 de 9 de xullo) e, posteriormente, un novo recoñecementoelevouna a Festa de Interese Turístico Nacional (resolución do 2 de xuño de 2010, BOE nº 156 de28 de xuño).

5

A Feira do Cocido, xa que logo, ten xa recoñecido o seu valor cultural e de tradiciónpopular, así como as súas características etnolóxicas e o seu atractivo turístico no eido galego eestatal. Pero está claro que a importancia deste evento traspasou hai tempo esas fronteiras. Ointenso traballo de promoción desenvolvido nos últimos tempos e as actividades complementariasque se foron introducindo na celebración serviron para que a Feira sobrepasase o seu caráctereminentemente gastronómico e se convertese nun acontecemento de constatada repercusióninternacional. Se hoxe Lalín é un lugar coñecido en moitas partes do mundo é, en grande medida,grazas á Feira do Cocido.

Tendo en conta esta exposición de motivos -e o feito de que xa transcorreron os cinco anosobrigatorios dende a declaración da Feira do Cocido como Festa de Interese Turístico Nacional- oPleno da Corporación Municipal ACORDOU:

Manifestar o apoio á declaración da Feira do Cocido como Festa de Interese TurísticoInternacional e iniciar con carácter inmediato a tramitación do correspondente expediente.

6.- MOCIÓNS DO GRUPO DE GOBERNO .-

6.1.- MOCIÓN DO GRUPO DE GOBERNO PARA RECLAMAR A AMPLIACIÓN DEPRAZAS DE COMEDOR DO COLEXIO PÚBLICO XESÚS GOLMAR.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 17 de febreiro de 2016, e rexistro deentrada do día 18 de febreiro co número 1194. A continuación o Sr. Secretario deu lectura aoditame favorable da Comisión Informativa de Saúde Pública, Benestar Social, ActividadeCidadá, Cultura e Educación do día 22 de febreiro de 2016.

Na exposición da moción, a edil do grupo de goberno, Dª. Lara Rodríguez Peña, explicouo contido da mesma. Indicou que esta petición se fixo xa hai un ano e non tivo resultado positivo.Desde entón só se concederon unhas vinte e unha prazas, das setenta e unha ou setenta e dúasque se solicitaron. Por elo continuaban con esta reivindicación. Hoxe mesmo había unha xuntanzada ANPA na delegación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria enPontevedra. En suma había moitas peticións porque había moita demanda, e non se tratabadunha mostra de utopía demagóxica, senón dunha petición real dos pais dos alumnos e daspersoas afectadas.

Desde o PP, Dª María José Senande Méijome indicou que nestes días estaban en fasede diálogo cos sectores afectados, entre eles, a ANPA do Centro e a Consellería de CulturaEducación e Ordenación Universitaria. Coidaba que non procedía efectuar agora esta petición,cando xa estaban a traballar en elo. Pensaba que sería mellor esperar a que rematasen as ditasreunións e despois pronunciarse. Por elo, absteríanse diante desta moción.

De novo Dª. Lara Rodríguez Peña reiterou que apoiar a moción significaba apoiar a buscadunha solución e a satisfacción das demandas dos pais dos alumnos. ¿Ou é que non se quería asolución? Preguntou. Non tiña sentido retirar esta moción agora e logo presentar de novo outramoción máis adiante, porque non se conseguiu o obxectivo.

6

Por alusións Dª. María José Senande Méijome repetiu que era máis lóxico esperar oresultado da reunión e logo opinar.

Outra vez Dª. Lara Rodríguez Peña indicou que era moi casual que hoxe, o día do Plenohoubera esa reunión cos responsables da Consellería coa ANPA do colexio. A realidade era queata agora non había unha solución ao problema; por elo ratificarse na moción era axudar eposicionarse na resolución do problema.

Finalmente o Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio, indicou que os pais dosalumnos tiñan unha problemática que ven de atrás, situación á que había que dar solución eresposta. Coidaba que ao mellor a Consellería tiña a mellor disposición posible para atopar asolución, pero a realidade era que a día de hoxe só vinte e un dos setenta e dous alumnosestaban admitidos no comedor. Sorprendíalle a abstención do PP, porque era un tema queafectaba a todos, independentemente de quen gobernase; fose quen fose, nelo terían quetraballar para resolvelo.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, obtívose oseguinte resultado:

Votos a favor: once (11), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1)da APAC, e un (1) do BNG.

Votos en contra: ningún. Abstencións: dez (10) do PP.

Xa que logo, APROBOUSE a moción do seguinte tenor:

Os comedores escolares configúranse como un recurso educativo de caráctercomplementario, compensatorio e social, especialmente destinado a garantir a efectividade daeducación básica obrigatoria dentro dos principios de igualdade e solidariedade. Este servizo, enprimeiro termo, foi concibido como medio de salvar as dificultades de acceso ao ensino motivadaspola dispersión xeográfica, razón pola que ata o de agora se concibía unido ao servizo detransporte escolar. Non obstante, o propio decreto que regula o seu funcionamento indica que,nestes intres, a función dos comedores escolares vai máis alá, xa que alcanzan novasvirtualidades, derivadas da súa condición de importante instrumento para a conciliación da vidalaboral e familiar.

Neste sentido, a ANPA “Agra de Abaixo”, que reúne ás nais e pais do alumnado do CEIPXesús Golmar, leva meses reivindicando que sexan atendidas todas as solicitudes que sepresentaron para poder acceder ao comedor escolar. A carencia de prazas é máis que evidente,tendo en conta que na actualidade hai 79 nenas e nenos que quedaron fóra das posibilidades deacceder a este servizo debido á limitada capacidade do comedor.

Se ben é certo que estas demandas non están incluídas dentro das prioritarias para aXunta de Galicia (xa que non corresponde a alumnos que empregan o transporte escolar ou osque están baremados polos Servizos Sociais), tamén está claro que noutros centros si seconceden prazas de comedor a alumnos que non entran dentro do censo obrigatorio. Esta

7

circunstancia non só supón un claro agravio comparativo para parte da veciñanza de Lalín, senónque tamén limita a capacidade de moitas familias para cumprir cun dos grandes obxectivos desteservizo: poder desenvolver unha axeitada conciliación da vida laboral e familiar.

Malia as solicitudes cursadas nos últimos tempos para dar solución a este asunto -entreelas unha petición directa do Alcalde nunha reunión mantida co Conselleiro- a propia ANPA doXesús Golmar denunciou a falta de interese da Consellería de Cultura, Educación e OrdenaciónUniversitaria neste asunto. Esta actitude contrasta coa preocupación amosada no seu día polopeche da aula da UNED en Lalín, que contaba cunha oferta educativa moi limitada e cunhademanda mínima.

Polo tanto, e tendo en conta que no caso do comedor escolar do Xesús Golmar se danunhas circunstancias que demostran a necesidade de dar resposta ás demandas da ANPA, oPleno da Corporación municipal ACORDOU:

Instar á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a que atenda asdemandas da comunidade educativa do CEIP Xesús Golmar e incremente o número de prazas decomedor nese centro educativo para poder atender todas as solicitudes que existen naactualidade.

6 .2.- MOCIÓN DO GRUPO DE GOBERNO SOBRE A ADHESIÓN DE LALÍN AOPROXECTO INTERNACIONAL “LA CITTÁ DEI BAMBINI” (A CIDADE DOS NENOS) .-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 11 de febreiro de 2016, e rexistro deentrada do día 18 de febreiro co número 1195. A continuación o Sr. Secretario deu lectura aoditame favorable da Comisión Informativa de Saúde Pública, Benestar Social, ActividadeCidadá, Cultura e Educación do día 22 de febreiro de 2016.

Desde o grupo de goberno D. Nicolás González Casares defendeu esta moción. Indicouque en Lalín a nova construción dos edificios e de espazos non tivo en conta a dotación deespazos públicos libres suficientes para os nenos. Hai anos, lembraba, que ata as dez da noiteestaban os nenos na rúa, e entraban nas casas cando lles chamaban desde as mesmas. Averdade foi esa: que se reduciron os espazos públicos para os nenos. Había que tornar ásituación e recuperar espazos, como por exemplo que os nenos vaian andando ao colexio. O quese propuña era elaborar unha planificación compartida, incorporar camiños escolares, todo elodentro dunhas medidas posibilistas que lles permita aos nenos recuperar unha certa autonomía.

Desde o grupo popular, Dª. Paz Pérez Asorey indicou que a moción tamén se presentou o27 de xaneiro de 2016 na Deputación Provincial.

Precisou D. Nicolás González Casares, que a moción foi presentada en realidade enLalín o día 27 de agosto de 2015.

Seguindo no uso da palabra, Dª. Paz Pérez Asorey cualificou de pobre a exposición e otexto da moción. Na mesma non se describía a realidade da situación de Lalín. Estaban da cordoen recuperar a paz, a tranquilidade e dar máis garantías de seguridade na vida dos nenos, e por

8

iso a apoiarían. Non obstante conviña aclarar algunhas actuacións a levar a cabo para poñelas enpráctica. Por exemplo conviña saber se nos pasos de cebra habería ou non iluminación ou seríanpasos escolares sen máis, é dicir, quería saber se as solucións eran alternativas válidas e cribles.No segundo punto estaban de acordo, porque se trataba de buscar axudas da DeputaciónProvincial e da Xunta de Galicia. O custo sería así compartido. Dixo tamén que esta moción íasupoñer un custo para os concellos e para as administracións. Isto tamén habería que aclaralo.

De novo D. Nicolás González Casares dixo que a incorporación a este modelo de cidadenon ía saír gratis. Habería un programa de actuación e logo uns plans. ¿Onde hai máis nenos?“Nas escolas”, respondeu. Habería que aumentar a seguridade con iluminación e mesmo convalados os pasos cebra. Había que apostar en suma por dotar de maior seguridade á vida dosnenos. No fondo era a mesma idea que latía cando se colocaron os bolardos na Praza da Igrexa ona rúa Colón. Habería que buscar consenso entre os Concellos, os nenos e a comunidadeeducativa. Tamén aos centros deportivos como o Lalín Arena cumpría dotalos de maiores medidasde seguridade, con pasos de cebra, porque agora supuña a situación un grave risco para osnenos e para todos. Hai sistemas luminosos, e outros, sós ou combinados, que permiten dan unhamaior seguridade cos actuais.Na biblioteca, nos seus accesos, tamén se podía actuar como un espazo para mellorar o paso dosnenos.Cumpría mellorar a mobilidade nas estradas e autoestradas, por exemplos nas paradas debus. En resume había que aprobar a moción e solicitar as axudas que se poidan obter. Como dicíao Sr. Crespo Iglesias: hai que pedir vez e tomar sitio para o futuro.

Rematou por alusións Dª. Paz Pérez Asorey, dicindo que apoiarían a moción, porquehabía que participar incrementando a paz, a autonomía e a tranquilidade dos nenos de Lalín.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, porUNANIMIDADE dos asistentes, co voto favorable de vinte e un (21) concelleiros, sendo seis (6) deCxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1) da APAC, un (1) do BNG e dez (10) do PP, o Plenoda Corporación acordou APROBAR o expediente do seguinte tenor:

Un novo modelo urbano, mais humano, só pode avanzar se ten en conta as necesidadesdos seus cidadáns mais vulnerables e sensibles: os cativos e cativas.

Para camiñar cara a ese modelo integrador non só hai que desenvolver iniciativas querespecten un modelo de cidade para os máis pequenos, é preciso que eles mesmos tomen ainiciativa e pór en marcha mecanismos para que os seus intereses, inquedanzas e propostaspoidan ser escoitadas. De aí parte a motivación de situar a nosa vila de Lalín neses parámetros dedimensión urbana enfocada aos cativos.

O proxecto "A cidade dos nenos" (La citta dei bambini) nace en Fano (Italia), en maio do1991 da man de Francesco Tonucci. Rexeitando unha interpretación exclusivamente de tipoeducativo ou simplemente de axuda aos nenos, o proxecto desde o seu inicio tivo unha motivaciónpolítica; traballar cara unha nova filosofía de goberno da cidade, tomando aos nenos comoparámetro e como garantía das necesidades de todos os cidadáns. Non se trata de aumentar osrecursos e servizos para a infancia, trátase de construír unha cidade diversa e mellor para todos,de maneira que os nenos poidan vivir unha experiencia como cidadáns, autónomos eparticipativos.

9

“A cidade dos nenos” ou o “Lalín dos cativos” como queremos chamarlle a esta iniciativa nanosa vila, pretende activar unha serie de iniciativas que nos permitan avanzar nunha vila máissegura, integradora e dotadora de autonomía cun tesouro a protexer: os nosos cidadáns máisnovos.

O proxecto pretende promover dous aspectos fundamentais na vida dun neno: a súaautonomía e a súa participación. Nestes anos, estas dúas liñas principais de traballo fixeron nacerdiversas actividades. As que se explican aquí son as que se están desenvolvendo con maiorfrecuencia nas cidades que se adheriron ao proxecto e que interpretan mellor os seus obxectivos.De todas estas actividades presentamos, aínda que de maneira moi esquemática, os aspectosmetodolóxicos que poden ser útiles para as cidades que pretendan poñelo en marcha, pero haique ter en conta que cada situación terá que adaptarse ás características e ás esixencias locais.Unha maior información sobre a motivación, sobre a metodoloxía e sobre as experiencias xarealizadas, pódese atopar consultando os diferentes números do Boletín "A cidade dos nenos" enos manuais. Aconséllase poñerse en contacto coas cidades que xa realizaron a actividade, paraconseguir o material e tamén suxestións, creando así, unha verdadeira rede de intercambio e decooperación.

O laboratorio "A cidade do os nenos".Ás cidades que se unen ao proxecto, aconséllaselles abrir un Laboratorio "A cidade dos

nenos". O Laboratorio é sobre todo un grupo de traballo constituído pola Administración, queelabora o proxecto tendo en conta as esixencias e os recursos locais, que programa asactividades, que coida o seu desenvolvemento e que o avalía. Mantén as relacións entre o alcaldee as diferentes comisións de goberno municipais implicadas e cos nenos. Mantén as relacións coacoordinadora nacional e internacional do proxecto. Pode ser útil ter o apoio dun grupo de traballo,no que se atopen representados as diferentes comisións municipais, así como os diferentessectores da Administración.

O Laboratorio é o lugar onde o equipo de traballo realiza as reunións do Consello dosnenos, é tamén un punto de encontro para os adultos implicados nas diferentes actividades(profesores, técnicos do concello, representantes das asociacións, etc.); un lugar no que serecollen e documéntanse as actividades desenvolvidas.

O Consello dos nenos.Unha das formas máis ricas e significativas da participación infantil é o Consello dos Nenos.

Nace no momento en que alcalde e administradores están convencidos de que os nenos podencontribuír na mellora do goberno da cidade. O alcalde de Roma, Veltroni, no acto de apertura do20 de novembro de 2001, durante o primeiro Consello de nenos, dixo: "Necesito os vososconsellos e a vosa axuda. Moitas veces os adultos esquécense que tamén foron nenos. Nonlembran as cousas importantes e necesarias para vivir ben este período da vida e non lembrantampouco cales son os soños, os desexos e as esperanzas que se teñen cando un ten toda a vidapor diante. Desde hoxe empezamos a traballar xuntos, porque queremos cambiar a cidade".

Os representantes das cidades da rede internacional 'A cidade dos nenos' dedicaron oseminario de Passignano sul Trasimeno (xuño 2005) á definición das características emodalidades do Consello dos nenos, aprobando o 'Documento de Passignano'.

10

A planificación compartida.A experiencia de planificación compartida cos nenos é parecida á do Consello. Tamén neste

caso un grupo de nenos traballa cos adultos para resolver un problema da cidade. Mentres que oConsello de nenos ten unha vocación máis "política" tendo que dar consellos ao Alcalde e áadministración, esta experiencia ten o obxectivo de chegar a un resultado operativo concretodefinido no encargo que o grupo recibe da mesma administración. Trátase de planificar un espazo,un percorrido, un servizo, etc... A actividade finaliza coa presentación do proxecto, aínda quecomo veremos, tamén é bo para prever accións posteriores.

Imos sós á escola (Camiños escolares).O primeiro paso para devolver a autonomía aos nenos de seis a once anos, é pedir que

vaian á escola e volvan a casa sen ser acompañados polas persoas adultas.Esta actividade, ata fai vinte, trinta anos era absolutamente normal, hoxe considérase

imposible. Para realizala é necesario un traballo lento, respectando o medo das familias, para iso,é necesario a axuda de diferentes colectivos cidadáns que permitan reconstruír unhas condiciónsambientais e sociais favorables.

Para alcanzar un desenvolvemento adecuado dos nenos non é suficiente que estaactividade teña éxito, é necesario tamén axudar á reconstrución nos barrios dun ambientesolidario e respectuoso cos grupos sociais máis débiles.

En vista do anteriormente exposto o Pleno da Corporación Municipal ACORDOU:

1. Adherir o Concello de Lalín ao proxecto internacional “La citta dei bambini” e levar a caboaccións que permitan o desenvolvemento da iniciativa.

2. Solicitar á Xunta de Galicia e á Deputación Provincial os apoios e axudas necesarios paraavanzar neste proxecto.

6 .3.- MOCIÓN DO GRUPO DE GOBERNO PARA IMPULSAR E REGULAR OVOLUNTARIADO NO CONCELLO DE LALÍN .-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 18 de febreiro de 2016, e rexistro deentrada da mesma data co número 1193. A continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditamefavorable da Comisión Informativa de Saúde Pública, Benestar Social, Actividade Cidadá,Cultura e Educación, de data 22 de febreiro de 2016.

Na exposición da moción, a edil delegada, Dª. Lara Rodríguez Peña explicou a iniciativa.Tratábase de dotarse como concello dun regulamento que regulase estes colectivos e as súasactuacións, de acordo coa normativa que había xa na Xunta de Galicia.

Desde o PP, Dª. Paz Pérez Asorey vía positiva a idea, indicando que moito do texto doregulamento proposto estaba xa recollido na lei do Parlamento de Galicia de 2011. Non obstantetiñan algúns matices que facer:

- A primeira era que o Concello de Lalín xa desenvolveu actuacións neste eido dovoluntariado social, con actuacións solidarias, como foron a cruz vermella, as mulleres rurais que

11

se asociaron para realizar actividades ou mesmo o Desván, proxecto este feito con voluntarios,cuxos esforzos e aportacións eran dignos de mencionar.

- Tamén vía necesario concretar algúns aspectos económicos. En concreto: Había que dicirque se precisaría dotar estes gastos con partidas orzamentarias, xa que nos orzamentos do actualexercicio non había nada ao respecto;

Finalmente sorprendía a función prevista para os equipos. Parece que o plan se elaboraríapola Xunta de Goberno, e que o equipo técnico coordinaría a súa aplicación; había, pois, queconcretar as liñas estratéxicas.

Respondeu Dª. Lara Rodríguez Peña dicindo que si que había asociacións, e que noregulamento se contemplaba a creación dun rexistro municipal e o traballo en coordinación coasasociacións con ARANES ou a Asociación de Voluntarios de Protección Civil. Había outrosconcellos que xa fixeron moito neste eido. O Concello levaría a iniciativa. Finalmente indicou queisto tiña máis sentido no eido do benestar, onde estas actuacións e iniciativas terían máistranscendencia.

De novo Dª Paz Pérez Asorey pediu que se modificase o texto do regulamento, que seaclarase o tema dos créditos orzamentarios. Sobre todo pediu que a Xunta de Goberno nonelaborase os plans estratéxicos e que o equipo sería quen os coordinase. Terían que ser osequipos técnicos os que os elaborasen.

Rematou o Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio, resaltando o interesante que supoña ainiciativa para Lalín, ademáis de contar a partires de agora cun regulamento e sobre todo pololabor que poderían desempeñar no eido dos servizos sociais. Como grupo de goberno estabanabertos a introducir esa modificación de créditos para dotar de partida necesaria estas actuacións,indicando que o Concello de Lalín seguía a ter pulmón suficiente para respirar, a pesar do quesupuxo o crédito concertado para o parking que adquiriu recentemente o Concello.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, obtívose oseguinte resultado:

Votos a favor: once (11), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1)da APAC, e un (1) do BNG.

Votos en contra: ningún. Abstencións: dez (10) do PP.

Xa que logo, APROBOUSE a moción do seguinte tenor:

A conciencia crecente da responsabilidade social da cidadanía lévaa, unhas veces de xeitoindividual, e outras por medio de organizacións baseadas na solidariedade e o altruísmo, adesenvolver un papel cada vez máis importante no deseño e execución de actuacións dirixidas ásatisfacción do interese xeral e, especialmente, á erradicación de situacións de marxinación e áconstrución dunha sociedade solidaria.

O voluntariado constitúe por tanto a expresión da solidariedade dende a liberdade e oaltruísmo. Tanto a Constitución como a lexislación estatal e autonómica sobre o voluntariadorecoñecen unanimemente a importancia da acción voluntaria, así como o seu papel como

12

expresión da participación cidadá no desenvolvemento cultural e social, ademais de expresar ocompromiso e a obriga dos poderes públicos no seu impulso e promoción.

O voluntariado é o conxunto de persoas que efectúa unha prestación voluntaria de servizoscívicos ou sociais, sen contraprestación económica, dentro do marco dunha organización establee democrática que comporta un compromiso de actuación a favor da sociedade e das persoas.

O Concello de Lalín non só non pode ser alleo a esta realidade, senón que, ademais, debeimpulsala a todos os niveis no marco das disposicións normativas que regulan o voluntariado, easí dispor de todo o necesario a nivel local para que a acción voluntaria alcance o máximodesenvolvemento posible. Desta maneira, o Concello de Lalín, como a Administración Públicamáis próxima aos lalinenses, debe impulsar o desenvolvemento do voluntariado como uninstrumento para ampliar o coñecemento da poboación respecto aos recursos comunitarios e paravincular a cidadanía co seu contexto social, económico e cultural máis próximo. Correspóndelle aoConcello promover a acción voluntaria e fomentar a participación da cidadanía. Para iso debeartellar os mecanismos de participación das entidades de acción voluntaria na vida local. A tal fincorrespóndelle ofertar a información necesaria ás persoas interesadas nas actividades de acciónvoluntaria, divulgando e dando publicidade das actividades e necesidades das entidades deacción voluntaria, e igualmente debe fomentar a súa coordinación. Tamén debe aportar recursospropios por medio de axudas e subvencións para o desenvolvemento da acción voluntaria.

Por todo o anterior, o Pleno da Corporación Municipal ACORDOU:

1.- Aprobar inicialmente o Regulamento do voluntariado no Concello de Lalín e someter ditoregulamento a información pública e audiencia dos interesados, mediante a publicación no BoletínOficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, polo prazo de trinta días hábiles aosefectos de que os afectados poidan presentar reclamacións o suxerencias ao mesmo. De nonpresentarse ditas reclamacións ou suxerencias no mencionado prazo, considerarasedefinitivamente aprobado o acordo ata entón provisional sen necesidade de acordo expreso poloPleno.

2.- Actualizar os datos do Concello de Lalín como entidade de voluntariado no Rexistro deAcción Voluntaria de Galicia, dependente da Xunta de Galicia.

3.- Crear e potenciar, dentro da Concellería de Benestar Social, dunha oficina municipal devoluntariado, que promoverá o voluntariado, facilitará toda a información necesaria, asesorará asentidades de voluntariado municipais, levará un rexistro municipal de voluntarios/as e certificará asaccións de voluntariado realizadas.

4.- Elaborar con carácter anual un Programa Municipal de Voluntariado que fomente a acciónvoluntaria no Concello de Lalín en todos os posibles ámbitos de actuación do voluntariado, eespecialmente no eido social, ambiental, cultural, deportivo, educativo, socio-sanitario, ocio etempo libre, comunitario e protección civil. Este programa anual incluirá unha memoria económicae dispoñerase dunha partida orzamentaria para atender o seu financiamento.

5.- Fomentar a constitución de entidades de voluntariado no Concello de Lalín e subscribirconvenios con todas as entidades de voluntariado xa existentes no Concello.

13

7.- MOCIÓNS DO PP.-

7.1.- MOCIÓN DO PP PARA DECLARAR O DÍA 24 DE FEBREIRO COMO DÍA DEROSALÍA DE CASTRO NO CONCELLO DE LALÍN.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 6 de febreiro de 2016, e rexistro deentrada do día 09/02/2016 co número 961. A continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditamedesfavorable da Comisión Informativa de Saúde Pública, Benestar Social, ActividadeCidadá, Cultura e Educación, de data 22 de febreiro de 2016.

Desde as filas do PP, Dª María José Senande Méijome explicou o que se dicía na mociónna súa parte expositiva, e logo leu a parte dispositiva. Pediu o apoio da Corporación para estainiciativa.

Desde o grupo municipal, Dª. Lara Rodríguez Peña comenzou lendo os versos de Rosalíade Castro: “Casteláns de Castilla, tratade ben ós galegos,

cando van, van como rosas; cando vén, vén como negros”.

Indicou que unha moción idéntica a esta se presentou hai dous anos polo BNGdemandando actividades neste día. A mesma rexeitouse polo entón goberno do PP, agora naoposición. Non obstante tamén no ano 2012 xa foi aprobada esa mesma moción neste Pleno porunanimidade. Por elo coidaba que era absurdo que se presentase algo para aprobar que xaestaba aprobado desde hai anos. Xa que logo non cabían leccións neste eido polo grupopropoñente, pedíndolles máis rigor, tendo en conta que ningún deles estivo presente nos actosque ese día se celebraron en Lalín.

De novo Dª. María José Senande Méijome dixo que hai dous anos ela non era edil edescoñecía o acordo. Tamén indicou que ela participou nos actos oficiais dese día no centro ondetraballa.

Finalmente o Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio, recoñeceu a transcendencia deste díadedicado a Rosalía de Castro. Pediu que neste eido non debera haber partidismos, por estar xaasumidos por todos os actos de celebración. Sorprendeulle a moción, porque ningún dos edís daoposición estiveron presentes nos actos en conmemoración de Rosalía de Castro do día anteriorque celebrou o Concello de Lalín. Rematou lendo os versos de Rosalía de Castro:

“Probe Galiza, non debes chamarte nunca española, que España de tí se olvida, cando eres ¡ai! tan fermosa”.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, por

14

UNANIMIDADE dos asistentes, co voto favorable de vinte e un (21) concelleiros, sendo seis (6) deCxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1) da APAC, un (1) do BNG e dez (10) do PP,APROBOUSE a moción do seguinte tenor:

A Asociación de Escritoras e Escritores en lingua galega está desenvolvendo accións depromoción e difusión da obra da nosa escritora máis ilustre e representativa, Rosalía de Castro. Por todos estes motivos o Pleno da Corporación Municipal ACORDOU:

1.- Declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía no noso Concello.

2.- Emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da obra da nosaescritora que impliquen ao conxunto dos veciños e veciñas do noso concello o 24 de febreiro, datarecollida oficialmente pola Consellería de Cultura no seu Calendario do Libro e da Lectura.

3.- Realizar unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do concello na que oalumnado dos centros escolares e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papelprotagonista.

7.2.- MOCIÓN DO PP PARA A CREACIÓN DUNHA SALA XACOBEA NO PAZO DELIÑARES.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 15 de febreiro de 2016, e rexistro deentrada do mesmo día co número 1135. A continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditamefavorable da Comisión Informativa de Saúde Pública, Benestar Social, Actividade Cidadá,Cultura e Educación, de data 22 de febreiro de 2016.

Desde o grupo popular D. José Antonio Rodríguez Fernández explicou brevemente amoción. Con ela se trataba de que Lalín e o Pazo de Liñares se engancharan dalgún xeito aoXacobeo, en concreto ao seu programa 2015-2021, a pesar das dificultades que había para elo.Lembrou que o goberno anterior traballou xa neste eido, aínda que quedaban traballos por facer.Outros concellos xa traballaban neste tema.Na moción pedíase avanzar no plano cultural, sobre todo coa sinaléctica, sendo moi importanteque se sinalizase o entorno do camiño antes de chegar ao Pazo de Liñares.

Desde o goberno municipal D. Francisco Xavier Vilariño Taboada adiantou o apoio ámoción, porque era un si que se daba ao Camiño de Santiago.O labor que había que facer era animar a empregar a sinaléctica do Xacobeo. Indicou tamén quecando haxa reunións sobre este eido na Dirección Xeral de Turismo, invitaría aos membros do PP.

Rematou o debate o edil e voceiro popular para este tema, D. José Antonio RodríguezFernández. Indicou que cando o Director Xeral de Turismo estivo aquí, lle falou de contar cunhasala nas instalacións do Pazo de Liñares, algo que se tería que estudar. Para elo habería quefacer unha redistribución dos espazos. Apoiarían a moción e descatou que non habería quedubidar en utilizar a mesma sinaléctica do Xacobeo. Aceptou a invitación e indicou que acudiríanás reunións que houbera sobre este asunto.

15

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, porUNANIMIDADE dos asistentes, co voto favorable de vinte e un (21) concelleiros, sendo seis (6) deCxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1) da APAC, un (1) do BNG e dez (10) do PP, o Plenoda Corporación acordou APROBAR o expediente do seguinte tenor:

O Pazo de Liñares foi artellado como un contedor multidisciplinar no que tiveran cabidatodos os aspectos relacionados coas artes, a cultura, a historia e a economía da comarca deDeza. Tras o remate das obras de rehabilitación e posta en valor da edificación pacega,puxéronse en marcha dúas importantes instalacións entre as históricas pedras da que fora casanatal de Joaquín Loriga: O Museo Galego da Marioneta (cunha área expositiva e outra adicada áimportante biblioteca do Museo) e o Centro de Xestión da Cultura Arqueolóxica (que ocupandovarias salas e espazos do Pazo, recolle funcións de investigación, procesado de mostras,exhibición e formación dos visitantes). Dous contidos que “per se” xa xustifican a visita a estenobre edificio de todos os lalinenses.

Con estes dous apartados deste contedor municipal xa fixados, a pleno rendemento un, oMuseo Galego da Marioneta, e nos albores do que será nun futuro o outro, o LaboratorioCastrexo, é o momento se seguir avanzando na dotación de contidos do Pazo de Liñares e noaproveitamento dos espazos que ofrece esta magnífica instalación.

Aproveitando que o Pazo de Liñares está situado a apenas 100 metros do Camiño deSantiago (nun tramo común á Vía da Prata e ao Camiño de Inverno) e que a circulación peonilentre o Camiño e o propio Pazo se pode realizar a pé, pola senda peonil habilitada no 2015 poloConcello e a Deputación de Pontevedra, o goberno municipal do PP tiña previsto habilitar unhaSala Xacobea para o Pazo de Liñares que servise de punto de atracción de visitantes,especialmente de aqueles que transitan por esta ruta Xacobea.

Iniciadas xa as conversas coa sociedade que xestiona o Xacobeo, a intención era a dehabilitar unha das Salas do Pazo como sala permanente para acoller as exposicións e mostrasque o Xacobeo amosa tanto en Santiago como aquelas que o fan de xeito itinerante por todo oCamiño de Santiago. Unha sala na que acoller actos, conferencias e charlas relacionadas cocamiño. Unha proposta que acadara un alto nivel de consenso cos responsables do Xacobeo eque necesita unha mínima adecuación para ser funcional para este cometido.

Considerando o alto número de peregrinos a Santiago que transitan por ese punto, seríanecesario, ademais da posta en marcha da devandita sala, a correspondente sinalización na RutaXacobea da mesma e a colocación de carteis anunciadores das actividades, mostras e charlasque nela se celebren. Un xeito de atracción de visitante a esa Sala e ao Pazo, en xeral.

A vista de todo elo, o Pleno da Corporación Municipal ACORDOU:

1. Poñer en marcha a Sala Xacobea do Pazo de Liñares e negociar coa Sociedade Anónimade Xestión do Xacobeo a consideración oficial de Punto de Interese do Camiño de Santiago paraque se recolla nas accións de difusión e promoción que este organismo realiza deste tramo daruta.

16

2. Que o Concello de Lalín negocie co Xacobeo os contidos, tanto exposicións como charlasou conferencias, e a colocación de sinaléctica indicadora da existencia da Sala Xacobea e dassúas actividades.

7 .3.- MOCIÓN DO PP PARA INCREMENTAR A CARDIOPROTECCIÓN DOS VECIÑOSDO CONCELLO DE LALÍN.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 15 de febreiro de 2016, e rexistro deentrada do mesmo día co número 1134. A continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditamedesfavorable da Comisión Informativa de Saúde Pública, Benestar Social, ActividadeCidadá, Cultura e Educación, de data 22 de febreiro de 2016.

Na exposición, Dª. Eva Mª Montoto Méndez defendeu a moción do seu grupo. En primeirolugar explicou a parte expositiva da mesma, na que indicaba que no ano 2013 a Deputación dePontevedra puxo en marcha unha programa de desfibriladores. Tres dos mesmos foron para Lalín:un para o Lalín Arena; outro para o campo de fútbol; o terceiro, foi para o pavillón municipal.Realizouse un primeiro curso de formación de persoal con 16 traballadores. En 2014 houbo outrosegundo curso con corenta persoas. Os cursos chegaron mesmo ao rural. Na moción propuñan incrementar con catro tipo de medidas as que xa se tomaron neste eido,para así conseguir a funcionalidade dos desfibriladores que había nas instalacións municipais esobre todo iniciar a concienciación cidadán sobre estes instrumentos e as situacións que podenafrontarse cos mesmos. Finalmente leu a parte dispositiva cos catro puntos que se pedían namesma.

Desde o grupo de goberno D. Nicolás González Casares dixo que todo este problemaarrancou moito antes que a Deputación de Pontevedra iniciou as súas actividades. No ano 1999xa se ditou un decreto regulando o uso de desfibriladores. Tamén precisou que unicamente asambulancias do 061 ou do 062 contaban con estes mecanismos. Despois xa veu o programa quese mencionaba na moción. Coidaba que esta moción podía ser a mesma que se presentou noutros lugares ou ter parte damesma idéntica. De todos os xeitos, o que se fixo realmente foi adquirir uns desfibriladores e logoformar á xente, algo co que non estaba moi de acordo. Coincidía en que seguramente faltabaformación para o persoal do manexo destes instrumentos.

Por alusións, D. José Antonio Varela Quintela matizou que non foi así como sucedeu:primeiro se deron os cursos e logo se conseguiron os desfibriladores.

De novo Dª Eva Montoto Méndez volveu insistir nas peticións da moción.

De novo D. Nicolás González Casares indicou que unha parte do que se pedía namoción, de contratar persoal polo Concello non era posible levalo adiante, porque estabamosdiante de competencias impropias dos concellos e non era legal acometer este gasto. O seu grupoestaba aberto a traballar neste eido, pero dentro das normas.Coidaba que estaban todos os desfibriladores sen funcionar, aínda que estaban no seu sitio ou ásveces en lugares non moi axeitados, xa que non se podía ver onde estaban algúns, porque se

17

colocaron de costas ao público. En resume, incumpríase a normativa actual na materia.

Precisou Dª Eva Montoto Méndez que o edil se preocupase máis da temperatura da aguada piscina que do funcionamento real destes instrumentos.

Por alusións D. Xosé Crespo Iglesias afirmou que os desfibriladores tamén poderíanusarse nos grandes eventos, por exemplo na Feira do Cocido.

Unha vez máis D. Nicolás González Casares mencionou que nalgúns deste eventoscomo era a Romaría do Corpiño non era lóxico que o Concello tivese que prestar estes servizos;máis ben terían que ser os organizadores ou a Igrexa a que correse con estes servizos e conestes gastos. Non obstante amosouse disposto a realizar os cursos de formación e decapacitación do persoal que fosen precisos; indicou que el mesmo daría parte desa formación dexeito desinteresada. Todo elo, a pesar de ser competencias impropias.

Volveu dicir Dª Eva Montoto Méndez que si que se usaron anteriormente estesmecanismos, e que desde logo algún persoal sabía utilizalos. Había máis temas no ámbito sanitario que o seu grupo reclamaba para mellorar a sanidade enLalín, como era a ambulancia medicalizada. Preguntou: ¿Meteríase crédito para isto no orzamento?.

Amosouse D. Nicolás González Casares disposto a impartir a formación e a garantir unplan de formación, dalgún xeito, mesmo coas subvencións da Deputación Provincial, á que sepodía pedir axuda neste eido. En todo caso habería unhas prioridades a ter en conta, porexemplo: un plan de evacuación para o Lalín Arena.

De novo Dª. Eva Montoto Méndez reiterou que había que facer algo, e reciclarse se fosepreciso, e non deixar de lado este tema. A idea non era súa, e non había que infravalorar aoscompañeiros docentes. Este goberno aquí e agora dicía querer feitos e ter prioridades. Aí estaba a moción. Finalmenterexeitou que a moción recollese calquera tipo de plaxio.

De novo D. Nicolás González Casares salientou que o PP propuxo nunha sesión plenariaanterior, en concreto no mes de agosto, unha moción para solicitar unha ambulancia medicalizadaá Xunta de Galicia. Aprobouse no Pleno e pediuse á Xunta de Galicia; non obstante xa veudenegada. Coidaba que había que priorizar e empregar os recursos que máis se adaptaban ásituación.

Rematou o debate Dª. Eva Montoto Méndez. Indicou que ese mesmo día en que seaprobou no pleno solicitar ambulancia, D. Nicolás González Casares, falou de que era mellornestas situacións utilizar o desfibrilador e ter formada unha persoa que acuda en dez minutos aolugar en cuestión, a que unha ambulancia veña en vinte minutos. Indicou que se ela estiveseneste punto da sesión e non se tivera que marchar, o resultado sería outro. Rematou solicitandoque se gaste o que sexa necesario na formación das persoas que vaian empregar estesinstrumentos.

Na moción pedíase a adopción do seguintes acordos:

18

1.-Solicitar ao grupo de goberno a posta en marcha dun programa que avance nas medidas decardioprotección para veciños e visitantes nas catro frontes que se contemplan na presente proposta.

2.- Solicitar a instalación de desfibriladores no vehículo da Policía Local e nos auditorios lalinenses.3.- Que se celebren cursos de formación e capacitación tanto de RCP como do uso dos desfibriladores para a

totalidade dos traballadores municipais de aqueles centros nos que existan estes dispositivos, para o persoal directivo etécnico dos centros deportivos e para todas as persoas que queiran adquirir estes coñecementos

4.- Que se contemple a posta en marcha de accións formativas e de concienciación ca celebración de cursostanto no rural como nos centros académicos lalinenses.

5.- Que se artellen as medidas para converter a Feira do Cocido, a Feira dos Carballiños, as Festas das Dorese a Romaría do Corpiño en “eventos cardioprotexidos”, incrementando os medios de reanimación e persoal médiconecesario para atender estas eventualidades.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, obtívose oseguinte resultado:

Votos a favor: dez (10) do PP. Votos en contra: once (11), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1)

da APAC, e un (1) do BNG. Abstencións: ningunha

Xa que logo, REXEITOUSE a moción.

7.4.- MOCIÓN DO PP SOBRE O PROCESO DE PEONALIZACIÓN.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 15 de febreiro de 2016, e rexistro deentrada do mesmo día co número 1136. A continuación o Sr. Secretario deu lectura ao ditamedesfavorable da Comisión Informativa de Acondicionamento, Obras e PlanificaciónTerritorial, Tráfico e Seguridade, de data 22 de febreiro de 2016.

Desde o PP, D. Xosé Crespo Iglesias defendeu a moción. Non obstante, antes deempezar, volveu pedir que na orde do día, cada moción figurase como un punto independente.Indicou que eles como oposición aprobaban agora as mocións do grupo de goberno; isto antesnon sucedía xa que a oposición como norma non aprobaba as mocións do goberno, cando noninsultaban ou facían “o guirigai”.“Vaise andando na rúa, tropezan, e mira por onde, foi por culpa túa, dos demais”, afirmou.“Nós fixemos algúns cambios neste eido de peonalizar e puxemos cartos”, sinalou. “Pero nonhoubo peonilización sen consenso cos afectados”. Sempre se procurou conciliar aos axentesimplicados e aos veciños con estas medidas. Agora había unha disparidade de criterios nogoberno. Primeiro acordábase e facíano; logo preguntaban aos afectados. Tiña que ser ao revés econ consenso.Afirmou que non se preguntou aos comerciantes. Houbo vinte e cinco comerciantes que asinaronun documento en setembro do ano pasado dicindo que estaban en desacordo coa peonilización.Diante disto, para sacalo adiante, o Alcalde fixo unha manobra equivocada”. O día dous defebreiro, retomaron o tema porque os comerciantes perderon cartos coa peonilización. Cando otema foi aos seus bolsillos, cambiouse desde o goberno. Algúns deles perderon cartos coapeonilización que logo se botou atrás. Lembrou que o Sr. Alcalde indicou que a pesar dapeonizalizacion da rúa Principal e de Joaquín Loriga, ámbalas se abrirían ao tráfico despois do

19

Entroido. Non se cumpriu.Leu o que se pedía na moción e volveu insistir na necesidade de ter “consenso e bo rollo todos”,mesmo coa oposición. Afirmou: “O Sr. Alcalde bótame a culpa de todo. Non fun tan malo, nin tanbo: nos trata e nos toma por tontos. Non existe consenso social neste eido. Non hai éxito ningún edesde logo non nos van chulear”.

Polo Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio indicou que a peonilización naceucon boa intención. El mesmo e os edís delegados xuntáronse cos veciños en varias ocasións.Estes veciños agradécenlle agora as solucións tomadas. Finalmente indicou que este debateestaba superado e que na rúa xa non se falaba do mesmo. Reiterou varias veces que non secambiou de criterio neste tema desde o goberno municipal.

Por alusións D. Xosé Crespo Iglesias cualificou de intervención cínica a do Sr. Alcalde, ocal non significa que el fose unha persoa cínica. Indicou que o grupo de goberno traballaba e elescomo partido presentaron esta moción por urxencia no anterior Pleno se pronunciase antes daxuntanza dos veciños.

De novo o Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio, indicou que a postura do PP neste temaera parecida á teoría de Albert Einstein das “ondulacións de corpos masivos acelerados”, e taménao Principio de Hobss. “Pensaban meter man ao goberno neste tema e non foi así. “O debate eraun chicle que non daba máis de si, que xa estaba esgotado”, sinalou.Recordou que o día 9 de setembro de 2015 houbo unha reunión na que os veciños pediron opeche da rúa. Logo prolongaron as medidas ata o Nadal. Non houbo cambios de criterio no eidode tráfico. Foron o Xefe da Policía municipal, D. Jesús Cuñarro e o Arquitecto municipal, D. JavierBugallo, os que informaron desde o punto de vista técnico e fixeron a proposta. Non se cambiaronos criterios empregados polo goberno. Repetiu isto varias veces xa nesta sesión.O goberno fixo enquisas ao igual que no tema do cine e no albergue, para coñecer o quepensaban os veciños. En concreto para o edifico do cine pídennos trescentos cincuenta mil eurose non foi adiante porque os nosos técnicos din que vale menos de trescentos mil euros. Ogoberno de Lalín non tiña decidido nada sobre isto.Volvendo ao tema, indicou que se mantiña a vontade de pechar ao tráfico as fins de semana aparte da rúa Principal e a de Joaquín Loriga, a pesar de que hoxe estaban abertas. Sempre quixo saber a opinión dos interesados neste e noutros temas. Proba dilo era que seutilizaba o buzón de suxerencias, estudábanse as opcións que antes estaban mortas e encargabaestudos sobre a humanización das rúas a empresas. O que se trataba era de humanizar a víapública e acercala aos cidadáns.

Unha vez mái D. Xosé Crespo Iglesias salientou que. entendendo isto, o debateparecíalle positivo. Nin o Concello nin este debate eran unha nave espacial.O PP quería deixar claro que ían contra as súas políticas. Primeiro acordou poñer de baixada arúa Wenceslao Calvo Garra; logo veu a rolda de prensa co Sr. Cuñarro e o Sr. Bugallo. Pero adecisión foi antes da rolda de prensa. No Pleno do mes de decembro debían estar dispostos acorrixir as medidas xa tomadas, porque eran abusivas. Díxose daquela que as ditas medidaspodían prolongarse ao Entroido. A realidade non foi esa. Finalmente abriron ao tráfico o tramo darúa Principal porque os veciños o pediron.Preguntou polo cine Balado, porque descoñecían o que pasaba. Indicou que neste tema debíanfacerse antes as xestións. Non debía suceder como na peonilización: actuar antes e logo

20

preguntar.

Outra vez o Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio negou que fose unha decisiónmeramente do goberno. Buscando antecedentes nos xornais podíanse encontrar noticiasinteresantes que desmentían as verbas do voceiro popular. Nunha delas resultaba que se recollíaque houbo unha reunión dos veciños no mes de setembro do ano pasado na que se acordou pedirao Concello que a dita rúa fose de baixada antes da adopción desa medida. Esa reunión, reiteroufoi antes de tomar a decisión municipal. As decisións que se tomaron desde o Concello foron sempre todas acordadas cos veciños.“Vostede quere facer un “abundio político”, ao igual que fixeron co tema dos taxistas: dividen aosveciños e causan danos aos cidadáns”, manifestou.Indicou que este debate xa non existía hoxe na rúa, e só existe aquí no Pleno. Non se podíaactuar para buscar fracturas na rúa e na sociedade.

De novo o Sr. Alcalde, D. Xosé Crespo Iglesias, repetiu que houbo cambios acordadospolo goberno; logo veu a rolda de prensa cos técnicos municipais para cambiar de sentido caraabaixo a rúa Wenceslao Calvo Garra; finalmente cambiouse en sentido cara arriba. Cualificou asposturas do Alcalde e do goberno como sectarias, porque dividían á cidadanía. Rematouindicando que nunca coñeceu un goberno que dividise tanto aos cidadáns coma este.

Na moción pedíase a adopción dos seguintes acordos:

1.- Esixir ao Alcalde e ao equipo de goberno que calquera decisión sobre a peonalización de rúas,restruturacións na xestión do tráfico, no movemento das paradas de taxis ou similares se realice cun amplo consensodos sectores implicados e sempre con reunións a priori e non cas decisións xa tomadas e ordenadas.

2.- Instar a Rafael Cuíña e ao seu equipo de goberno a que no caso de realizar cambios na xestión do tráficorodado no casco urbano que estes se acometan obedecendo a un Plan de Tráfico elaborado polos técnicos municipaise non atendendo aos impulsos persoais e aos criterios políticos.

3.- Instar ao goberno a que antes de tomar calquera medida que afecte aos lexítimos dereitos dos negociosubicados na zona peonalizada, se elabore o correspondente informe técnico de viabilidade.

4.- Que o goberno municipal, como ocorreu en 2004, deposite nos representantes do sector comercio ehostalaría a responsabilidade de elaborar a enquisa sobre a opinión destes sectores sobre a peonalización. E, polotanto, solicite aos representantes dos sectores afectados a elaboración da devandita enquisa para que cumpra osmínimos requisitos de obxectividade, representatividade e discreción.

5.- Que a decisión que arroxe dita enquisa sexa vinculante á decisión final que sobre a peonalización tome ogrupo de goberno e Rafael Cuíña e que non se tome como un punto e seguido para darlle continuidade cando a súaintuición, e non a vontade do sector, llo indique.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, obtívose oseguinte resultado:

Votos a favor: dez (10) do PP. Votos en contra: once (11), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1)

da APAC, e un (1) do BNG. Abstencións: ningunha

Xa que logo, REXEITOUSE a moción.

21

7.5.- MOCIÓN DO PP PARA SOLICITAR UN PLAN DE ACTUACIÓN DO PARQUE DEMAQUINARIA DA DEPUTACIÓN NOS CONCELLOS.-

A Presidencia deu conta da presente moción, de data 8 de febreiro de 2016, e rexistro deentrada do do día 09/02/2016 co número 1136. A continuación o Sr. Secretario deu lectura aoditame desfavorable da Comisión Informativa de Acondicionamento, Obras e PlanificaciónTerritorial, Tráfico e Seguridade, de data 22 de febreiro de 2016.

Polo PP, D. Xosé Crespo Iglesias explicou que a Deputación Provincial contaba cunparque de maquinaria importante para a comarca. A pesar disto, o certo era que as máquinaslevaban un tempo paradas e o persoal estaba sen traballo, aínda que había demandas dosconcellos. Sostivo que as máquinas tiñan que estar nos concellos para arranxar as vías públicas enon estar paradas. O seu grupo quería reclamar isto, e de paso comprobar, isto é, certificar aspolíticas anunciadas de portas abertas do goberno municipal.

Desde o grupo de goberno D. Francisco Xavier Vilariño Taboada dixo que esta mociónnon correspondía debatela nin aprobala no Concello. Só obedecía a intereses partidistas do grupopropoñente. Indicou que se solicitaron no plan ao organismo provincial catro liñas de axudas concargo ao fondo local do anterior modelo. Antes o organismo provincial era un brazo armado do PP.O Sr. Crespo Iglesias coñecía sobradamente o tema: o responsable de enviar as máquinas aosconcellos foi durante os últimos anos o Xefe de Gabinete do Presidente da Deputación dePontevedra, o Sr. Luis Serantes, que decidía o uso da maquinaria.Hoxe este servizo funcionaba doutro xeito. Estaban a traballar en cada Concello e mesmo a Xuntade Galicia colaboraba tamén e botaba sal nas estradas nos días de xeada ou de neve. ¿Reparto especulativo? ¿Crespo pode asegurar que non houbo este uso caciquil e político damaquinaria durante estes anos? ¿Sabe vostede que houbo concellos que non disfrutaron duranteestes anos pasados da maquinaria? Preguntou.Agora hai catro liñas para todos os concellos, para que poidan pedir axudas e as fagan desde aDeputación cun reparto responsable.

De novo D. Xosé Crespo Iglesias cualificou como indefendible o que facía o edilnacionalista. O certo era que as máquinas estaban paradas e o persoal tamén, sen manexalas.Entendía que era normal que o xefe de gabinete provincial participase, transmitise información,falase e comunicase ao Presidente as peticións de maquinaria dos distintos alcaldes, posto queera a persoa da súa confianza. Volveu incidir en que antes de estar paradas, era mellor que asmáquinas traballasen e arranxasen as vías locais, e non estar sen facer nada. Levaban paradasmoito tempo. !Que arranxen con elas as vías públicas!, pediu.

O Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio, dixo coñecer sobradamente o problema, aíndaque tamén pensaba que o Sr. Crespo Iglesias estivo á marxe do reparto que se fixo. O certo foi que durante estes anos últimos de mandato popular no organismo provincial a políticade reparto do uso da maquinaria provincial entre os concellos desta comarca foi caciquil eclientelar e impropio dunha entidade pública. Quen facía o reparto era o Sr. Luis Serantes, algoque non era de estrañar estando quen estaba ao fronte do organismo provincial. Ese era o modelode referencia que houbo.Hoxe había novos criterios de uso da dita maquinaria, estes eran iguais para todos os Concellos econ baremos máis propios do século XXI e dos tempos nos que se vivía. Reiterou que coidaba

22

que o Sr. Crespo Iglesias non tivo nada que ver con esta política, e agradeceu que hoxe oorganismo provincial non tivese ao fronte ao Sr. Rafael Louzán.

Rematou o Sr. Crespo Iglesias, para rexeitar as verbas do primeiro mandatario, enespecial as que indicaban que houbo uso partidario das máquinas provinciais e defender o accesodos concellos e dos Alcaldes á maquinaria provincial e que o Sr. Rafael Louzán, anteriorPresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, era o responsable do mesmo. Criticou unhavez máis que as máquinas estivesen paradas e non arranxando as vías públicas da comarca.

Por alusións D. Nicolás González Casares precisou que se era así, como dicía o Sr.Crespo Iglesias, que preguntasen no Concello de Silleda polo uso das máquinas estes anos deatrás, tempo no que non tiveron acceso ás mesmas algúns concellos.

Na moción pedíase a adopción do seguinte acordo:

Instar á Deputación de Pontevedra a que estableza un plan de actuacións co que dar resposta ás necesidadesque hai nos concellos e que estes poidan aproveitar os recursos do Parque de Maquinaria que actualmente estánparados.

Sometida a votación ordinaria a moción, mediante o sistema de man alzada, obtívose oseguinte resultado:

Votos a favor: dez (10) do PP. Votos en contra: once (11), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1)

da APAC, e un (1) do BNG. Abstencións: ningunha

Xa que logo, REXEITOUSE a moción.

8.- MOCIÓN POR URXENCIA DO PP CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DAMULLER. -

A Presidencia deu conta da Moción do PP presentada na sesión por urxencia.

De seguido o voceiro popular, D. Xosé Crespo Iglesias defendeu a urxencia da moción,sinalando que se presentaba porque tendo en conta que o día a celebrar sería o 8 de marzo de2016, non habería outra sesión plenaria antes do mesmo.

Na moción pedíase:

1.-Instar ao Concello de Lalín a elaborar un informe de impacto de xénero dos orzamentos municipais do Concello quepermita analizar as actuacións que se van desenvolver desde unha perspectiva de xénero, prestando especial atención á situación dasmulleres e dos homes en relación cos programas de gasto.

2.-Instar á Xunta de Galicia, se así o preciso o Concello, a poñer a súa disposicións, instrucións e/ou indicacións para aelaboración do informe de impacto de xénero dos orzamentos.

Sometida a votación ordinaria a urxencia da moción, mediante o sistema de man alzada,obtívose o seguinte resultado:

23

Votos a favor: dez (10) do PP. Votos en contra: once (11), sendo seis (6) de CxG-CCTT, tres (3) do PSdeG-PSOE, un (1)

da APAC, e un (1) do BNG. Abstencións: ningunha

Xa que logo, REXEITOUSE A URXENCIA da moción.

9.- ROGOS E PREGUNTAS.-

9.1.- ROGOS .-

Presentadas de xeito verbal durante a sesión.

PP.-

Dª Eva Montoto Méndez.

ROGO.- Pide ao Sr. Cuíña Aparicio, Alcalde-Presidente, respecto aos concelleiros nassúas verbas e que non os infravalore. Citou ao respecto algunhas expresións dirixidas a ela napresente sesión “como que lle gusta a festa”, no debate, verbas que poden dar lugar ainterpretacións distintas, equivocadas ou desacertadas. Por elo pide claridade e respecto aomáximo mandatario.

Respondeu o Sr. Alcalde-Presidente, D. Rafael Cuíña Aparicio indicando que con esasverbas dirixidas a ela quería destacar o seu carácter combativo e volcánico cando interviña nassesións, máis nada.

D. Xosé Crespo Iglesias.

1º.- ROGO.- Pide que se utilice a expresión suxerencias en vez de rogos.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

2º.- ROGO.- Pide ao Sr. Nicolás González Casares que non minta cando fala do seu soldono Senado, nas Cortes Xerais. El cobra o mesmo que cobran os outros senadores. A maiores eraPresidente dunha Comisión na dita cámara.

Respondeu D. Nicolás González Casares para afirmar que el non deu ningunhainformación, nin deu rolda de prensa sobre ese asunto; foi o partido socialista de Lalín quen adeu.

3º.- ROGO.- Pide que a dependencia do seu partido político no Concello, o PP, na plantainferior conte cun teléfono fixo. Coidaba que tiñan dereito a contar con el e que carecen dacomunicación necesaria, tendo en conta que os teléfonos móbiles non teñan cobertura no ditolocal.

24

Contestou o Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio no sentido de que estes días estabanco cambio de telefono móbil e e coidaba que pronto estará arranxado este problema.

4º.- ROGO.- Pide que o seu grupo político o PP poida utilizar a sala de prensa como aempregan todos os demais partidos con representación municipal.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

5º.- ROGO.- Pide que na orde do día da convocatoria e logo na sesión se inclúa unha porunha cada moción dos distintos grupos políticos.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

6º.- ROGO.- Pide que se modifique o decreto que regula o traballo, o horario e ascondicións do persoal eventual do Sr. Alcalde adscrito ao Grupo municipal do PP, xa que coidabaque o seu texto era escandaloso, dando a impresión que non quería que ninguén falase coapersoa nomeada.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

7º.- ROGO.- Pide que tamén se reflexione ou que se estude o comunicado que o gobernomunicipal emitiu aos funcionarios por vía interna sobre o dito decreto, que considera taméndeplorable, e que se modifique o mesmo.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

8º.- ROGO.- Pide que se transmita á Srª Presidenta da Deputación Provincial dePontevedra que cando veña a Lalín non empregue o sectarismo político nas súas visitas, algo queé impresentable, porque en Lalín sempre se actuou doutro xeito nesta clase de actuacións oficiais.En concreto mencionou a visita co gallo da inauguración do viveiro de empresas e das obras einstalacións do albergue de Mouriscade estes días de atrás. Reitera que en Lalín se fixeronsempre as cousas doutro xeito.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

9º.- ROGO.- Pide en relación coa necesidade de que o Lalín Arena, na vía decircunvalación, conte cun paso de peóns que estude e que se vexa a forma de dotalo con esainstalación cando antes, para evitar o perigo de accidente de peóns e vehículos. Lembrou quecando el estivo se mirou un dispositivo electrónico que valía seis mil euros, con lombos, e outrasformas combinadas que fosen efectivas para sinalizar e que os vehículos viran o paso de peóns.

O Sr. Alcalde-Presidente quedou enterado.

D. Antonio Rodríguez Rodríguez.

25

1º.- ROGO.- En Vilaxoán hai un camiño na Medela que está ocupado xa desde antes deNadal deste ano, e ata hoxe non se librou, continuaba sendo ocupado.

Contestou o Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio, indicando que se estaba a estudar asolución deste caso, porque estaba en discusión a propiedade do terreo ou da dita vía.

9.2. PREGUNTAS.-

D. Xosé Crespo Iglesias:

1ª.- PREGUNTA.- En relación coas retribucións do Tenente de Alcalde, D. NicolásGonzález Casares, pregunta: ¿Segue vostede impartindo cursos?

O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

2ª.- PREGUNTA.- Neste mes de febreiro a Presidenta da Deputación Provincial na visitaque fixo á o centro de Mouriscade non se convocou á oposición. Preguntamos a Nicolás sobre aconveniencia de invitar ao concelleiros da oposición municipal, que tamén representan aoConcello, se unha semana anterior en Lalín 24 horas?

Contestou D. Nicolás González Casares dicindo que el tamén “echó en falta” que nesesactos oficiais faltase o Sr. Crespo.

3ª.- PREGUNTA.- A Xunta de Goberno Local na súa sesión de 1 de febreiro de 20116aprobou a adquirir 4500 € de zahorra á empresa que non fabrica dito material porque non o ten, eá súa vez ten que compralo ás canteiras. ¿Cal é o motivo de non comprar á canteira o ditomaterial, feito que sairía máis barato ao Concello?

O Sr. Alcalde-Presidente indicou que respondería por escrito.

4ª.- PREGUNTA.- En relación coas obras de rehabilitación da Biblioteca. ¿Como van tanlentos os traballos e non se procedeu xa á súa apertura? Había que ter en conta que namentresnon se abra o novo edificio, o Concello continúa a pagar o aluguer do baixo que actualmenteocupa a biblioteca municipal.

Contestou D. Nicolás González Casares afirmando que as obras se contrataron e nonincluían o aluguer. Nestes días estaban colocándose mobles, e de feito se meteron vinte mil euroscon cargo á Deputación Provincial. Esperaba que pronto estea amoblada a biblioteca e poida abrirao público.

5ª.- PREGUNTA.- Cales foron as xestións municipais feitas para o Plan Provincial POS(Plan 2016). Había que ter en conta que nel deberan incluírse os importes previstos para arranxara Rolda Leste e a cantidade do parque infantil.

Respondeu o Sr. Alcalde, D. Rafael Cuíña Aparicio indicando que eses trescentos ecincocentos mil euros respectivamente previstos para estas dúas obras, se aproveitarían para as

26

peticións municipais do dito plan. A primeira das obras ía incluída nos plans provinciais.

E, sendo as trece horas e dezanove minutos do mesmo día no que comezou, non habendooutros asuntos que trataren, e no mesmo lugar onde comezou, polo Sr. Presidente levantouse asesión. De todo iso, pola miña condición de Secretario e fedatario público dou fe.

O Alcalde. Dou fe. O Secretario Xeral.

Rafael Cuíña Aparicio César López Arribas

27