30
1 AQUELARRE 15 MAIO 2013

AQUELARRE 15

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista anual escolar

Citation preview

Page 1: AQUELARRE 15

1

AQUELARRE 15 MAIO 2013

Page 2: AQUELARRE 15

2

AQUELARRE 15 MAIO 2013

DESPEDIDA DO COLEXIO

É difícil resumir todo o que pasei neste colexio.Entrei con tres anos, como a maioría dos meus amigos. O verán ante-rior ao comezo das clases foi moi longo. Desexaba que comezaran xa:Ía ir ao cole de maiores! Que ilusión! Por fin, deixaba atrás a gardería.Recordo que cando cheguei a clase chamoume moito a atención unhanena de cabelo castaño que non paraba de moverse. Sempre estabarindo ou falando. Era moi inqueda. Hoxe é unha das miñas melloresamigas. Cando soaba a música saiamos todos caladiños para o recreo.Ao chegar alí, o silencio cesaba e era substituído por unha morea deberros. Que divertido era pasar a liña vermella do patio sen que nosviran os profes!Os anos pasaron e fomos crecendo. De cada un deles teño recordosfermosos e moi bos amigos.As viaxes co colexio non as cambiaría por nada. As saídas pola cidade,ao teatro, ao acuario, aos museos, á Casa do Queixo, a Marcelle, áFervenza do Toxa, a Manzaneda e moitas máis. Nelas vivín momentosmoi divertidos..Tamén me vai ser difícil esquecer as festas celebradas no centro: oSamaín coas nosas cabazas alumeando o colexio; o Nadal, onde asnosas voces enchían o salón de actos; o entroido, preparando bailes edisfraces para sorprender aos nosos pais; o día da Paz, onde o ceo setinguía de cor branca, a festa de fin de curso, que este ano non teñoganas de que chegue porque será a última que faga neste colexio.Ao longo destes anos coñecín a moitos profesores. Entre todos ensiná-ronme o que sei. Espero non defraudalos na miña seguinte etapa.Agora, cos meus doce anos, o que sinto é moita mágoa de deixar atrása este querido colexio.Levaremos con nós as nosas aprendizaxes erecordosOxalá que o novo comezo que nos espera sexa tan bo como o tempoque vivimos aquí.

Manuel Lijó Sánchez e Antía López Vázquez. 6º B

Page 3: AQUELARRE 15

3

AQUELARRE 15 MAIO 2013

1º PREMIO DO CONCURSO«CONTOS COMPARTIDOS»

EDUCACIÓN INFANTIL

A miña amiga a GAIVOTA

Miña amiga a GAIVOTA é branca e moi faladora.É como un reloxo matinal que me dá a hora...

Polas tardes se vai sol e pasea coas amigaspousa na farola e fai que me mira...

Tamén na fin de semana, achégase á xanela,olla cara arriba, e pía, pía... como dicindo...¡Arriba!Ás veces pasa moito tempo apoiada na farola.En que pensará, a miña amiga A GAIVOTA?

Polas mañás moi cediño, no parque de Eirís,fan asemblea todas as gaivotas que pasan por aquí...Pero a miña Gaivota, branca como a neve,fai sempre unha escapadiña...para vir verme...

Isto que vos conto é ben certo, non é trola;podedes vir vela calquera mañá, apoiada na farola.

Tema da poesía baseado no relato real proposto por. Lucas CerqueiroEspinosa (5 anos A) coa colaboración da súa nai (Anna Espinosa)

Todas as mañás, ao espertar...teño na xanela unha gaivota que me vén saudar.Fala moi alto para que non me adormeza de novo,e chegue ao cole coa cara despexada, sen sono...

Page 4: AQUELARRE 15

4

AQUELARRE 15 MAIO 2013

Hai moito tempo nunha aldea de Ouren-se vivía unha nena chamada Uxía.Todas as fins de semana ía visitar aosseus avós.Unha tarde o avó de Uxía regaloulleunha bicicleta moi especial, pois estabafeita de madeira.Todo era perfecto, pero a Uxía parecíalleque non corría tanto como as bicicletasdos seus compañeiros, así que lle pediu asúa nai que lle comprara unha bicicle-ta nova, pero a nai parecíalle perfecta aque lle regalara seu avó.Resignada, Uxía baixou a bicicleta ao parque e cal foi a súasorpresa ao ver que todos os nenos e nenas querían aquelabicicleta Así que Uxía comprendeu o valor dos xoguetes queseu avó lle levaba facendo dende que era pequena.Agora, todas as tardes baixa á casa do seu avó para apren-der a facer xoguetes.

Nerea Sánchez Viqueira (1ºB) e a súa nai Rosa Viqueira.

1º PREMIO DO CONCURSO«CONTOS COMPARTIDOS»

1º CICLO PRIMARIA

UXÍA E A SÚA BICICLETA

Page 5: AQUELARRE 15

5

AQUELARRE 15 MAIO 2013

O REI QUE QUERÍA SER O MÁIS LISTO

Hai moito tempo, nun pequeno pobo dun país moi afastado, vivía un reimoi egoísta que non quería que ninguén aprendese a ler, a escribir, asumar, a restar, ...Un día, un mozo chamado Martín preguntoulle ao seu avó:- Avó, que é ler?- Pois, ler é saber pronunciar as letras que aparecen escritas nos libros.- E, onde están os libros avoíño?- Nas bibliotecas.Aquí, no noso pobo, hai unha detrás do castelo do rei,pero para entrar tes que pedirlle permiso.O neno dirixiuse ao castelo do rei. En canto lle comentou o que quería, orei botouno fóra moi enfadado. Martín, con moito sixilo, entrou na biblio-teca sen ser visto e escoitou unhas voces que discutían. Asomouse concoidado e viu que moitos personaxes saídos dos seus contos estabanberrando e discutindo...- Que está pasando? - Preguntoulles o neno en metade da salaRiciños de Ouro explicou coa súa voceciña:- Estamos moi tristes, porque o rei tennos aquí encerrados e ninguén

pode ler xa as nosas historias.O neno quedou pensando e dixo:- Xa o teño! Se ensinades a ler ás persoas do pobo,

a eles de seguro quelles encantará ler asvosas historias. E así o fixeron, pero o

Rei non estaba de acor-do e unha noite foi a falar con Martín.- Isto non pode seguir así, pois só eu podo ser o máis listo.- Non ten porque ser así - Contestoulle o neno - Os libros ensínannosmoitas cousas e todos podemos aprender moito con eles.O rei quedou pensando, e dixo:- Ti tes moita razón. Fun moi egoísta querendo ser o máis listo e, a partirde agora, compartirei os meus libros con todos aqueles que queiran lelos.

1º PREMIO DO CONCURSO«CONTOS COMPARTIDOS»

2º CICLO PRIMARIA

Sara Sanz Fonta (3ºB)Estela Fonta Fernández

Page 6: AQUELARRE 15

6

AQUELARRE 15 MAIO 2013

1º PREMIO DO CONCURSO«CONTOS COMPARTIDOS»

3º CICLO PRIMARIA

Érase unha vez un gato que se chamaba Gatuxo, e vivía nunha casa decampo cunha familia con dous fillos que se chamaban Pablo e Paula.Un día os pais de Pablo e Paula mercaron catro peixes de cores e leváro-nos a casa como agasallos para os seus fillos.A Paula e a Pablo gustáronlle moito os peixes e chamáronos: «Escami-ñas», «Ondiña», «Quenlliña» e «Mollado». Xogaron todo o día con eles,déronlles de comer, limparon a peceira e cambiaron a auga.Pero pola noite, cando quedaron sós os peixes... apareceu por alí Gatuxoa ver o que estaba a pasar, xa que en todo o día non lle fixeran casoningún. Subiuse por riba da peceira e intentou tirala.Pero... ao cabo dun tempo, un peixe comezou a falar:- Pero ti que fas?- Pois ti que cres? Quero tirarvos a calquera sitio para que non vosencontren e tamén me fagan caso a min.- É normal que nos fagan caso, é o noso primeiro día - dixo Escamiñasun pouco asustada.- É verdade, aínda é o noso primeiro día e logo cansaran de nós e podeque ata nos tiren ao río ou ao váter - dixo Mollado.- Ao váter! Estades tolos! que medo! onde iríamos a parar? - dixo OndiñaMentras falaban os seus compañeiros, Gatuxo e Quenlliña tiñan medo deque o gato realmente os quixera comer. Entón empezaron a pensar unplan de fuxida...- Oíde rapaces, deixádevos de tolerías, porque o gato o que quere é«botarnos o dente». Temos que saír de aquí e canto antes millor.- E, que podemos facer? - dixo Ondiña, que sempre estaba dándollevoltas a todo.- Teño una idea - engadiu Escamiñas... Falaremos con Gatuxo.- E que lle vas decir? - dixo Escamiñas...- Pois moi sinxelo, que ten que abrir a billa da auga e deixala toda a noiteaberta porque temos que bañarnos moi cedo pola mañá.- Que aventura! - dixo Mollado - Eu apúntome, é un plan marabilloso.- Pero que medo!, ten que estar moi escuro aí fóra e vai ti saber se vaifrío ou se pode haber serpes de auga... - dicía OndiñaE a mañá seguinte cando toda a casa estaba chea de auga, os catropeixes saíron nadando da peceira rumbo a novas aventuras... e Gatuxona súa camiña ría pensando que voltaba a ser o único animal da casa.

María Placer Ganchegui (5ºB)e súa nai.

GATUXO E OS PEIXES

Page 7: AQUELARRE 15

7

AQUELARRE 15 MAIO 2013

1º A

CREAMOS

Page 8: AQUELARRE 15

8

AQUELARRE 15 MAIO 2013

DORADO, O PEIXIÑO AVENTUREIRODORADO, O PEIXIÑO AVENTUREIRODORADO, O PEIXIÑO AVENTUREIRODORADO, O PEIXIÑO AVENTUREIRODORADO, O PEIXIÑO AVENTUREIROHabía unha vez un peixiño chamado Dorado que vivía nunha fervenza.

Un día, Dorado decidiuaventurarse no río Eumepara visitar outros peixes.

Fíxose de noite e perdeusena ría de Pontedeume.

A mañá seguinte, un pescadordescubriuno na súa cana,meteuno nun caldeiro con augae levouno ao encoro do Eume.

Unha gaivota que voaba por alídeu un peteirazo na auga e…atrapou a Dorado!

Voando, voando chegarona lagoa de Valdoviño.Nese momento Dorado tivounha idea e preguntoulle:Ti coñeces algún carangrexo?

A gaivota abriu o peteiro para contestare Dorado logrou escapar.Caeu na lagoa, alí coñeceu outros peixes,fíxose amigo deles e deciciu quedarsea vivir cos seus novos amigos.

Page 9: AQUELARRE 15

9

AQUELARRE 15 MAIO 2013

Érase unha vez un neno chamado Álex Era alto,, fraco,moreno e moi simpático.Cando cumpriu oito anos, recibiu moitos agasallos. Os quemáis lle gustaron foron un barquiño de xoguete e untraxe de mergullador.Un día decidiu ir ata a beira do mar para ver o ben queflotaba o seu barquiño.Había moitas cousas nas que fixarse: gaivotas, cunchas, on-das moi altas, area,....Álex despistouse por un momento e.... o barco de xoguetedesaparecera na auga!Entón o neno decidiu poñerse o seu traxe de mergulladore comezou a buscalo entre peixes, augamares e algas.Non levaba moito tempo na auga cando viu a un polboque se achegaba a el.-Señor Polbo, viu vostede un barquiño de xoguete?-Non, pero vin unha cousa flotando algo máis abaixo.Álex baixou un pouco máis e atopouse cun golfiño.-Señor Golfiño, viu vostede un barquiño de xoguete?-Si que o vin. Está no fondo do mar.E así foi como Álex comprendeu que un non se podedespistar cando xoga con barquiños.

Este conto que che contei eu a ti, non mo contaran antes a min.

Álex e o barquiño

Lucía Suárez, 2º A

Page 10: AQUELARRE 15

10

AQUELARRE 15 MAIO 2013

Hai moito tempo,no antigo Xapón, contábase que se vira á deusa do sol,Amaterasa, no monte “Fuji” ao anoitecer. Ao pasar un ano, no mesmo día e ámesma hora, un grupo de aldeáns dunpequeno pobo próximo, foron a com-probar se o fenómeno se repetía, poistiñan ganas de vela. E alí estaba a deusa,cunha toga amarela como o sol. Ao ve-los, sorprendida, formuloulles a seguin-te pregunta:- Que facedes aquí?- Perdoe, deusa, - dixo o aldeán máisalto-. Queriamos comprobar se a lendada súa aparición era certa. Agora sabe-mos que si.- Por esta vez pasa, pero si volvedes, caerá sobre vos unha maldición–advertiu ameazante a deusa-Nun abrir e cerrar de ollos a deusa foise co sol e fíxose de noite.Pasado un ano, reuníronse outra vez o grupo de aldeáns- Cal será a maldición?- preguntou o máis alto-.- Queres comprobalo? – dixo en modo de pregunta retórica o único dogrupo que non levaba roupa de cor marrón-- Síntoo moito, pero eu quero sabelo, - engadiu o máis baixo de todos–. Vou subir á montaña.En canto Amaterasu o viu, incendiouno, ata matalo cos seus raios, men-tres dicía:- A curiosidade matou ao gato-. E desapareceu.A noticia chegou rapidamente ao pobo. Alí un samurai chamado Taoma-Mashara decidiu saír na busca dun colgante que impedira a Amaterasuempregar os seus poderes.Pasado outro ano o samurai subiu á montaña . Apareceu a deusa queintentou matalo pero o colgante rexeitou os raios . Taoma aproveitoupara levantar a Katana.- Pretendes matarme? –preguntou a deusa.- Non te matarei, pois rompería o equilibrio; pero non volvas á Terra.Así honrou o samurai TaomaMashara a memoria do morto. O grupo dealdeáns, agradecidos, fixéronlle unha estatua.

Juan Castelo Naveira. 6º B

A DEUSA DO SOL

Page 11: AQUELARRE 15

11

AQUELARRE 15 MAIO 2013

No colexio se o turno queres ter,a túa man debes erguer.

Cando o mestre vaia explicar,non se pode falar,porque te poden castigar.

Tampouco tarde hai que chegartes que ser puntualpara que a clase poida comezar.

Todo isto é necesario,para que non te rifenpor facer o contrario.

As nubes son auga,a auga está no mar.O mar é tan clarocoma o cristal.O mar é máis bonitoporque te podes bañar.Aínda que a min,tamén me gusta o cristal.

Dona florun día pasou fríoe outro díapasou calor,pois na primaveraás veces fai sol,outras ventolerasou bos chaparróns.

Xoán

AS NUBES

NORMAS PARA NON ESQUECER NO COLEXIO

Irene Gallardo Sierra, 3º B

Su

san

a G

on

zále

z, 3º A

Icía Díaz, 3º A

O TEMPO

Page 12: AQUELARRE 15

12

AQUELARRE 15 MAIO 2013

Apertas para sentirse acollidos/as.Bicos a moreas.Cantigas para durmir.Dozura para tratar aos demais con suavidade.

Esforzo, para que vexas que podes.Falar, pero escoitando aos demais.Grazas para valorar o que temos.Humor para levar ben as cousas.Imaxinación para crear.Lecturas para coñecer.Mimos para todo o mundo.Nenos para facer futuro.Ñ que está nos aloumiños.Ofertas de cariño.Perdón para estar en paz.Quilos de paciencia.Risas para contaxiar alegría.Solidariedade para facer un mundo máis xusto.Tranquilidade para non perder os nervios.Unión, para facer máis forza.Verdade, para que haxa confianza.Xenerosidade para aceptar aos demais como son.Zume de optimismo.

Do A ao Z para vivir ben

Alumnado de 4ºA

Page 13: AQUELARRE 15

13

AQUELARRE 15 MAIO 2013

O SAMAÍN

O MAGOSTO

Page 14: AQUELARRE 15

14

AQUELARRE 15 MAIO 2013

Nenos e nenas de cada clase soltaron tres globoscoa palabra PAZ escrita e decorados con outrosdesexos que xa fixeramos na clase.Despois, arredor do patio cuberto, cantamos, to-dos xuntos, unha bonita canción: «Os nenos que-remos a paz»Ao final deste día aprendimos moito e fixémonosmáis bos e solidarios.

Composición escrita polo alumnado de 6ºA.

O DÍA DA PAZ

O Día da Paz foi o trinta de xaneiro.No colexio fixemos un mercadillo solida-rio de xoguetes e recadamos 925 euros.Estes cartos vanse empregar para facerunha escola nun pobo de Guinea Bissau.A ONG coa que colaboramos chámase«Miradas ao Mundo». A fundadora é Ma-ría e contounos moitas cousas de alí. Undía veu acompañada por Bebe,que viviualí a súa infancia, e contounos historiasdese tempo e como conseguiu vir a Es-paña sen ter ningún diñeiro e que a comida que máis lle gustaba era atortilla. Rimos moito.

Despois do mercadillosaímos ao patio para for-mar a palabra PAZ facen-do unha cadea humana,con todos os nenos docolexio poñéndonos en-riba dunha enorme si-lueta.

Page 15: AQUELARRE 15

15

AQUELARRE 15 MAIO 2013

Os nenos e nenas de primeiro traballamos a Paz e reprodu-cimos o cadro de Picasso, «O Guernica», que significa o NON AGUERRA.

<<Todo neno é un artista. O problema é como seguirsendo artista cando un medra>>

Picasso

Page 16: AQUELARRE 15

16

AQUELARRE 15 MAIO 2013

O ENTROIDO

Page 17: AQUELARRE 15

17

AQUELARRE 15 MAIO 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Naceu nun barrio obreiro de Santiago, o día 31 de xullo de 1950, nomesmo ano que morreu Castelao.

Con 12 anos comezou a traballar nunha em-presa de recambios de coche, pero tamén tra-ballou nunha tenda de coloniais, nunha axenciade viaxes e, por último nun banco, no que trá-ballou ata os 27 anos, idade na que comezou aadicarse profesionalmente ao teatro.Con 15 anos xa escribira a súa primeira pezateatral, “O xogadeiro”. Fundou a primeira com-pañía profesional de teatro en galego, O grupoAntroido, na que realizou todo tipo de funcións,empresario, autor, director, pintor de fondos…Tamén fixo guións para a radio e televisión. Ac-tuou en series de televisión e películas.

No ano 1991 creou e dirixiu a compañía Teatro do Aquí, coa que seguiurepresentando as súas propias obras.Obtivo moitos premios como: O Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, MaríaCasares; Xacobeo 92…Morreu moi novo, aos 52 anos, no ano 2002.A Roberto Vidal Bolaño considérano o pai do teatro moderno galego esempre defendeu a nosa Lingua, por iso se lle adican as Letras Galegasdeste ano.

Ao longo da súa vida escribiu moitas obras de teatro, algunhas delasadicadas ao público infantil.As máis importantes son:• Laudamuco, Señor de Ningures• Bailadela da morte ditosa• Agasallo de Sombras• Días sen Gloria• Saxo Tenor• As Actas Escuras• Rastros• O Día que os Chífanos Deixaron de Zoar

LETRAS GALEGAS

4º B

Page 18: AQUELARRE 15

18

AQUELARRE 15 MAIO 2013

O Parque de Pablo Iglesias

Un Mércores na hora de Plástica, os alumnos-as de 5º A e B, fomos aoparque de Pablo Iglesia a debuxar ao aire libre unha paisaxe do natural.Cando chegamos collimos os folios, un lapis e unha goma. A continua-ción sentámonos onde quixemos, escollendo un lugar dende onde se víamoi ben case todo o parque e puxémonos a debuxar.

Cando rematamos e ao chegar ao colexio, escollemos os dous mellores decada clase. Seleccionamos os feitos por Juliana, Daniela, Adrián e Xenia.Fotografámolos e coa axuda da pantalla dixital fotografámolos. Entretoda a clase debuxámolos e pintámolos en dous murais moi grandes encada grupo de 5º.Pasámolo moi ben porque foi algo diferente.

Alumnado de 5º

Page 19: AQUELARRE 15

19

AQUELARRE 15 MAIO 2013

CANDO NACICHES? EN QUE LUGAR?Nacín o 10 de marzo de 1968, en Corcubión.A QUE XOGABAS NA TÚA INFANCIA?Xogaba as agochadas ao brilé, ao fútbol…QUE QUERÍAS SER DE PEQUENA?Quería ser científica.QUE ESTUDIACHES?Bioloxía.ONDE COÑECICHES AO TEU MARIDO?Coñecino na Universidade de Santiago.POR QUE VIÑECHES VIVIR A CORUÑA?Vin por motivos de traballo; tiña 23 anos.EN QUE TRABALLAS?Traballo nunha empresa de telecomunicacións.GÚSTACHE O TEU HORARIO DE TRABALLO?Si, gústame.CANTOS FILLOS TES?Teño tres fillos.QUE CHE GUSTA FACER COA TÚA FAMILIA?Gústame viaxar, facer deporte, ir á praia…CAL FOI A TÚA MAIOR EMOCIÓN?Foi cando fun de viaxe a París.ONDE CHE GUSTARÍA VIVIR, NO CAMPO OU NA CIDADE? POR QUE?Gustaríame vivir no campo porque me gusta o aire libre e a paisaxe.CAL É A TÚA COMIDA FAVORITA?O marisco, especialmente os percebes.ONDE CHE GUSTARÍA PASAR UNHA FIN DE SEMANA, NA PRAIAOU NA MONTAÑA?Na montaña.QUE SERIE VES NA TELEVISIÓN QUE CHE GUSTE?Vexo “ O Intermedio”.EN QUE FALAS HABITUALMENTE?Falo en galego.QUE AFECCIÓNS TES?A afección que teño é ler.CAL É A VIAXE DA TÚA VIDA?Ir a Australia.

ENTREVISTAMOS A Mª XOSÉ

Daniel PenaMiguel Castro

Alejandro Méndez - 6º A

Page 20: AQUELARRE 15

20

AQUELARRE 15 MAIO 2013

Na clase comémolos . Que ricos !

VISITA Á PANADARÍA

Os nenos e nenas de 3 anos vi-sitamos a Panadaría do Barrio..

Amosáronnos distintos tiposde pan, empanadas, e doces..

Mercamos unha barra de panpara o almorzo de mediamañá..

Agasalláronnos con caramelos ecroisants..

Alumnado de 3 anos A e B

Page 21: AQUELARRE 15

21

AQUELARRE 15 MAIO 2013

Os nenos e nenas de 4 anos sabemos queé moi importante comer san e variado.Por iso, coa axuda das nosas familias,fixemos un menú con algúns dos ali-mentos que máis nos gustan.

Os nosos pratos

Mirade que ricos quedaron. ESTÁN PARA COMELOS!

Alumnado de 4 anos A e B

Page 22: AQUELARRE 15

22

AQUELARRE 15 MAIO 2013

VIAXEIROS NO TEMPO

Este curso o espírito aventureiro dos nenos e nenas de 5anos levounos a viaxar a través do tempo. Comezamosdescubrindo a era Mesozoica, cando os dinosauros habitabano noso planeta.

A seguinte viaxe foi á Prehistoria, converténdonos en au-ténticos nenos e nenas primitivos. Construímos as nosascovas, decorámolas con pinturas rupestres e creamos ferra-mentas, xoguetes e xoias con barro.

Cabalgando, cabalgando, chegamos á Idade Media. As nosasaulas transformáronse nuncastelo medieval e, converti-dos en raíñas, cabaleiros, ebufóns.. Vivimos miles deaventuras!!!

E seguimos viaxando.

Alumnado de 5 anos A e B

Page 23: AQUELARRE 15

23

AQUELARRE 15 MAIO 2013

Este curso nenos e nenas do CEIP Juan Fernández Latorre participamospor primeira vez nunha actividade chamada «Campo a Través». Nascarreiras participaron aproxima-damente cincuenta rapaces e ra-pazas.As dúas primeiras carreiras fo-ron da fase comarcal, a primei-ra realizouse nos campos daTorre de Hércules e a segundaen Acea da Ma. Nesas carreirascomarcais clasificámonos paraa segunda fase os equipos ale-vín feminino (5º curso), alevínmasculino (5º curso) e benxa-mín feminino (3º curso).Na fase intercomarcal, que foi en Acea da Ma o equipo alevín femininoquedou en segundo lugar, medalla de prata,e xunto con Anxo Cousillasclasificámonos para a seguinte fase e trouxemos para o Colexio un boni-to trofeo.Na fase provincial, que tamén foi en Acea da Ma, o equipo alevín femi-nino (María Placer,Iris Gómez, Lucía García, Natalia Fontecha, NereaCouceiro e Marta González) gañamos unha medalla de bronce e outrotrofeo para o Colexio. Anxo tamén o fixo moi ben.Aínda que non nos clasificamos para o campionato galego, deunos moitaalegría participar nestas xornadas de «Campo a través»

María Placer e Iris Gómez,5º

Debuxo - Nerea Pena,5º

CAMPO A TRAVÉS

Page 24: AQUELARRE 15

24

AQUELARRE 15 MAIO 2013

Cando estudamos o Concello, sempre nos referimos, como é lóxico, aonoso, ao da Coruña. Pero este curso, descubrimos que houbo un tempono que a zona na que se ubica o colexio, pertencía a outro: ao Concellode Oza.A súa poboación era humilde, dedicada na súa maioría á agricultura e ágandería e o seu territorio era como tres veces o de A Coruña O límitenatural entre os dous concellos era o río Monelos, invisible na actualida-de, pois foi soterrado xa hai varios anos.O Concello de A Coruña, poderoso economicamente e cunha poboaciónmoi numerosa, necesitaba ampliar o seu territorio e no ano 1912, con-seguiu anexionar o de Oza, quedando así un único concello na cidade.No Concello de Oza, había dous castelos (O de San Diego e o de Oza),unha fortaleza defensiva (o forte de Valparaíso, do que hai restos noparque de Eirís) e moitos muíños, dos que xa non queda nada, ademaisde varias igrexas románicas.As pegadas da existencia deste concello, foron desaparecendo ao longodo tempo. Na actualidade, aínda se pode ver o último edificio que alber-gou a sede municipal: está na rúa Montes, na parte de arriba do parquede Oza, nun estado lamentable e ruinoso, que debería avergoñar a quenpermitiu e permite isto. A pregunta que a maioría de nós nos fixemos foi«Pero, se isto foi a Casa do Concello, como pode estar neste estado?»

Agora coñecemos máis das nosas raíces; a lástima é que se deixenestragar ata chegar a desaparecer.

CONCELLO DE OZA

Page 25: AQUELARRE 15

25

AQUELARRE 15 MAIO 2013

APÓCEMAS E BEBERAXES

INGREDIENTES:- Un litro de paciencia- Dous grans de millo- 1kg de felicidade- Catro pétalos de rosa- Dúas gotas de xampú

DA BONDADE

PREPARACIÓN:Ferver o litro de paciencia.Engadirlle todos os ingredientes.Cocelos durante una hora.Deixar arrefriar.Por último, tomalo o máis rápido posible.

DA SABEDORÍAINGREDIENTES:- Moita prudencia- Infinita curiosidade- Eternas gañas de saber- Un chisquiño de paciencia- Continuidade na lectura- Un puñadiño de saber escoitar- E un moito de comprensión

PREPARACIÓN:Remexelo todo, servilo moi frío e en pequenas doses.

INGREDIENTES:• 1Kg de tranquilidade• 2 litros de axuda• Unhas gotas de atención• 1kg de amizade• 5 litros de paciencia• 3 espigas máxicas da solidariedade

DA SOLIDARIEDADE

Gabriel Ares, 3ºA

PREPARACIÓN:Remóvese coa culler máxica. Despois ponse no lume da solidariedade45 minutos, a lume lento. Listo ao instante!Poñer dúas follas aos lados para facer o rito sagrado da solidariedade.

Can

dela

No

gare

da,

3ºA

Ainhoa Tajes, 3ºA

Page 26: AQUELARRE 15

26

AQUELARRE 15 MAIO 2013

Despois de ler o libro "O CARBALLO CON BOTAS" preparámonos para avisita do seu autor, Anxo Moure.Contounos cousas moi interesantes sobre os bosques e tamén nos expli-cou como podemos axudar a coidar a natureza.Ao finalizar a súa visita saímos a despedilo e vimos como se marchabana súa bicicleta.

O 30 de xaneiro, o alumnado de 5 anos go-zou dunha excelente animación lectora porparte da editorial Kalandraka. Cun acordeóne unhas fermosas historias conseguiron quetodos e todas participaran nas cancións queforon verdadeiros “contos cantados”.

CONTACONTOS NA ESCOLAEste ano, na escola, houbo moitos contacon-tos. Por un lado, pais e nais, convocados poloEquipo de Dinamización da Lingua, estiveroncontando historias durante o mes de abril, aoalumnado de Infantil e Primeiro de Primaria.Por outra banda, durante todo o curso, nos re-

creos dos venres, na Biblioteca contaban un conto aos que quixeranescoitalo. Unhas veces foron nenos e nenas, e outras mestres/as. Oresultado foi moi bo e a participación elevada.

LEMOS E RECOMENDAMOS

CONTOS CANTADOS DE KALANDRAKA

VISITOUNOS ANXO MOURE

2ºB

Page 27: AQUELARRE 15

27

AQUELARRE 15 MAIO 2013

AUTOR: Rivadulla CorcónEDITORIAL: Sotelo Blanco

O Elefante dunha soa orella

RESUMO

O libro trata dun elefantiño de peluche que nin-guén quere comprar porque lle falta unha ore-lla. Un día, unha nena que se chama Dulce qué-reo porque lle dá igual o aspecto que teña; o quelle importa é o seu interior. O libro mostra, ade-mais, sentimentos alegres, como o amor e tristes como a soidade.

OS NOSOS COMENTARIOS

- É moi bonito e interesante. Ademais, crea tensión eestá cheo de sentimentos que cambian constantemen-te: amor, cariño, respecto...- Gustoume moito porque ensina que hai que xulgar áxente polo seu interior, non polo seu aspecto físico.- Chamoume moito a atención que os capítulos os con-ten os zapatos, a nube, o coche, o nariz de pallaso...- Rematan todos felices, pero sentín moita tristeza por-que a nai de Dulce morrera e tiven medo cando atrope-laron ao can.

VIOLETA MONREAL: MOITO MÁIS CA UNHA ESCRITORA

O pasado 21 de xaneiro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria gozamos dapresenza de alguén moi especial: VioletaMonreal, unha asturiana «creadora de his-torias», como ela mesma se define. Des-pois de estudar Belas Artes, empezou ilus-trando libros, pero axiña comezou a escri-bir, mesturando textos e imaxes, para fa-cernos coñecer a todos e todas o que xor-de no seu pensamento, o que ela imaxinacando «está nas nubes».O que máis chamou a atención é a súamaneira de ilustrar, rasgando papeis., cosque obtén ilustracións cheas de vida e cor, con numerosos detalles.Unha verdadeira marabilla!

Page 28: AQUELARRE 15

28

AQUELARRE 15 MAIO 2013

MARCOS CALVEIRO

Marcos Calveiro naceu en 1968 en Vilagarcía, vive en Vigo e desenvol-veu a súa actividade profesional como avogado. Comezou a publicarinicialmente literatura infantíl e xu-venil.A primeira obra, «Sari,soñadora demares» foi traducida ao catalán eao castelán, e a segunda ao caste-lán e ambas as dúas foron moi benvaloradas. Tivo diversos premios,os máis importantes son: En 2007recibiu XVIII Premio Ala Delta deLiteratura Infantil polo libro: «Ocarteiro de Bagdad», despois me-receu o Premio Barco de Vapor deLiteratura Infantil, polo libro: «O canto dos peixes» e no ano 2012 gañouo Premio Merlín polo libro «Palabras de auga».Este é o libro que nós traballamos na aula. Aquí presentámosvos unhabreve reseña.

PALABRAS DE AUGA

É unha historia intensa na que se mesturantristeza, alegría, medo, desesperación, é ta-mén comprensión; sucede no continenteafricano.Trata dunha tribo de africanos chamada Kim-ba que vive nun lugar árido e con pouca auga.O xamán manda á tribo mudarse a outrasterras que tiveran auga abundante, e teránque buscala.Na súa viaxe, encóntranse con moitas difi-cultades: sol abrasador, formigas xigantes,soldados...Tras moito andar atoparon unha planta conalgo de auga no seu interior .Ao final, encontraron un sitio onde chove da-bondo.

Marta González e Xián Rial (5º A)Tania Carril e Clara Mouzo (5ºB)

Page 29: AQUELARRE 15

29

AQUELARRE 15 MAIO 2013

Pinocho salva a GepetoPinocho salva a GepetoPinocho salva a GepetoPinocho salva a GepetoPinocho salva a GepetoOnte, no mar, Pinocho foi sal-var a Gepeto porque o comeuunha balea xigante.

Un asasinato no bosqueUn asasinato no bosqueUn asasinato no bosqueUn asasinato no bosqueUn asasinato no bosqueOnte os tres porquiños perdé-ronse nun bosque e un lobocomeu aos tres porquiños.

Robín Hood escapa daRobín Hood escapa daRobín Hood escapa daRobín Hood escapa daRobín Hood escapa damazmorra do rei Xoánmazmorra do rei Xoánmazmorra do rei Xoánmazmorra do rei Xoánmazmorra do rei Xoán

Onte Robín Hood paseaba polobosque. Robín Hood escapoudo castelo porque o trata-ron moi mal e a mazmo-rra ulía moi mal.

O Gato con Botas O Gato con Botas O Gato con Botas O Gato con Botas O Gato con BotasO Gato con botas e Camilanamoráronse pronto evan celebrar a súa voda.Daranse un bico na boca.

1º B

Page 30: AQUELARRE 15

30

AQUELARRE 15 MAIO 2013