3
“O bosque animado” Libros sobre a Lectura na nosa Biblioteca José A. Marina e María de la Válgoma. La magia de leer. Paza&Janés, 2005. Un manual para pais, mestres, docentes de secundaria e para lectores curiosos. Unha introdución poética, cientí- fica e práctica á lectura. Ler coma unha urxente necesi- dade pública e privada. A vida humana transcorre entre palabras. A nosa intelixencia é lingüística e a nosa con- vivencia, íntima ou política, tamén. Luis Arizaleta. La lectura, ¿afición o hábito? Anaya, 2007. “Para facer lectores existe un camiño que pasa por culti- var a afición”. Isto é o que afirma o autor do libro que ten por obxectivo convencer aos seus lectores de que é posible educar a afición pola lectura a pesar de que exis- tan persoas que entenden que a afición pertence ao ámbi- to privado e que, polo tanto, non se pode sistematizar ou avaliar. Víctor Moreno. Lectores competentes. Anaya, 2004. Este libro ofrece reflexións e actividades atractivas para que o desenvolvemento da competencia lectora sexa efi- caz, ordenada e rigorosa xa que se formula como obxec- tivo responder a “como se desenvolve a competencia lectora?” A resposta céntrase en desenvolver habilidades e destrezas que estean na base desta competencia (lembrar, valorar, interpretar e organizar o lido). Guadalupe Jover. Un mundo por leer. Educación, adolescentes e literatura. Octaedro, 2007. Un libro que invita a considerar o mundo dos adolescentes para guialos nas súas lecturas escolares, unindo a lectura da palabra coa lectura do mundo e lembrando que hai li- bros alén dos programas escolares, alén das propias fron- teiras, libros excelentes cos que crear un diálogo fecundo. BIBLIOTECA “O bosque animado” IES AFOSO X O SABIO http://biblioafonso.blogspot.com

BIBLIOTECA “O bosque animado” Libros sobre a Lectura · 2011. 5. 13. · leer. Paza&Janés, 2005. Un manual para pais, mestres, docentes de secundari a e para lectores curiosos

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: BIBLIOTECA “O bosque animado” Libros sobre a Lectura · 2011. 5. 13. · leer. Paza&Janés, 2005. Un manual para pais, mestres, docentes de secundari a e para lectores curiosos

“O bosque animado”

Libros

sobre a

Lectura

na nosa Biblioteca

José A. Marina e María de la Válgoma. La magia de

leer. Paza&Janés, 2005.

Un manual para pais, mestres, docentes de secundaria e para lectores curiosos. Unha introdución poética, cientí-fica e práctica á lectura. Ler coma unha urxente necesi-dade pública e privada. A vida humana transcorre entre palabras. A nosa intelixencia é lingüística e a nosa con-vivencia, íntima ou política, tamén.

Luis Arizaleta. La lectura, ¿afición o hábito? Anaya,

2007.

“Para facer lectores existe un camiño que pasa por culti-var a afición”. Isto é o que afirma o autor do libro que ten por obxectivo convencer aos seus lectores de que é posible educar a afición pola lectura a pesar de que exis-tan persoas que entenden que a afición pertence ao ámbi-to privado e que, polo tanto, non se pode sistematizar ou avaliar.

Víctor Moreno. Lectores competentes. Anaya, 2004.

Este libro ofrece reflexións e actividades atractivas para que o desenvolvemento da competencia lectora sexa efi-caz, ordenada e rigorosa xa que se formula como obxec-tivo responder a “como se desenvolve a competencia lectora?” A resposta céntrase en desenvolver habilidades e destrezas que estean na base desta competencia (lembrar, valorar, interpretar e organizar o lido). Guadalupe Jover. Un mundo por

leer. Educación, adolescentes e literatura. Octaedro,

2007.

Un libro que invita a considerar o mundo dos adolescentes para guialos nas súas lecturas escolares, unindo a lectura da palabra coa lectura do mundo e lembrando que hai li-bros alén dos programas escolares, alén das propias fron-teiras, libros excelentes cos que crear un diálogo fecundo.

BIBLIOTECA “O bosque animado”

IES AFO8SO X O SABIO

http://biblioafonso.blogspot.com

Page 2: BIBLIOTECA “O bosque animado” Libros sobre a Lectura · 2011. 5. 13. · leer. Paza&Janés, 2005. Un manual para pais, mestres, docentes de secundari a e para lectores curiosos

Ana María Machado. Lectura, escuela y creación lite-

raria. Anaya, 2002.

Trátanse temas como a promoción da lectura, a ditadura dos best-seller, a experiencia do autor fronte aos textos doutros ou o valor do acto lector. Ofrece un conxunto de textos cun denominador común: a lectura como única for-ma posible de entender e mellorar o mundo.

Mercedes I. Rueda. La lectura. Adquisición, dificulta-

des e intervención. Amarú, 1995.

Este libro ofrece un marco conceptual para achegarse a toda a problemática que rodea a adquisición da lectura, analizado como nos convertemos en lectores competen-tes ou a importancia da lectura como elemento impres-cindible dunha conciencia explícita dos elementos da lin-guaxe oral.

Isabel Solé. Estrategias de lectura. Graó, 1992. Todo un clásico. Ensinar a ler non é doado. A lectura é un proceso complexo, require unha intervención antes, durante e despois. E ta-mén formularse a relación existente entre ler, comprender e apren-der.

Ernesto Rodríguez e Benita Prieto. Te cuento

para que cuentes. Catarata, 2007. A partir dunha recompilación de textos de contos

populares fanse propostas de actividades adaptables a todas as ida-des para coñecer as diversas temáticas e os personaxes que habitan

neles. Equipo Peonza. El rumor de la lectura. Anaya, 2001. A lectura, antes que unha destreza, é un pracer que non se descubre por azar. Nesta obra, os autores reflexionan sobre os camiños que se deben transitar no ámbito escolar para que o alumnado adquira e consolide o hábito da lectura, condicíndos a elixir con liberdade se queren ou non ler. Diane l. Monson (Comp.) Crear lectores activos. Pro-

puestas para los padres, maestros y bibliotecarios. Vi-

sor, 1989. Centrado nas experiencias no sistema educativo norteamerica-no, este libro ofrece ferramentas para a selección de libros, tan-to infantís como xuvenís, de ficción e de información. Ademais explica diversas experiencias que resultaron gratificantes tanto para o profesorado como para o alumnado (teatro lido, compar-tir libros, medios audiovisuais…)

Isabel Agüera. Animación a la lectura con adolescen-

tes. Materiales para una experiencia directa. CCS,

2004. Co obxectivo de animar aos educadores e familias a promover a lectura entre os adolescentes como medio indispensable para o éxito escolar, ofrece un texto coincidente cos gustos do alumnado. Un libro dunha lectura festeira, reflexiva e trascen-dida.

Michéle Petit. 8uevos acercamientos a los jóvenes y a lectura.

Fondo de Cultura Económica, 1999. Outro clásico. É un achegamento intelixente e clarificador a unha comprensión profunda do senso vital da cultura: a dimensión humana dun suxeito que atopa no uso da palabra escrita, a posibilidade de construir o senso da súa vida e parti-cipar no mundo. Lecturas en la red y redes en torno a la lectura.

Fundación germán Sánchez-Ruipérez, 2009. Análise dos cambios que a web 2.0 está operando na aprendizaxe e compren-sión da lectura e a súa incidencia no mundo cultural infantil e xuvenil. Apor-tacións teóricas e prácticas de sumo interese para analizar as novas tenden-

cias no consumo da lectura pola xente máis nova. Hablemos de leer. Anaya, 2002. Dez autores de literatura infantil e xuvenil reflexionan sobre a lectura, os libros e a literatura. Partindo da súa experiencia persoal como lectores, aportan dife-rentes e interesantes visións sobre a lectura, sobre as causas que nos achegan a ela, ou nos separan, así como das consecuencias que do ler se derivan.

Page 3: BIBLIOTECA “O bosque animado” Libros sobre a Lectura · 2011. 5. 13. · leer. Paza&Janés, 2005. Un manual para pais, mestres, docentes de secundari a e para lectores curiosos