12
Boletín Informativo da Biblioteca Fina Casalderrey e EDLG CEP Plurilingüe Igrexa –Valadares Abril 2014

Boletín 2º trimestre

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Resume actividades 2º trimestre 2013-2014

Citation preview

Page 1: Boletín 2º trimestre

Boletín Informativo da Biblioteca

Fina Casalderrey e EDLG

CEP Plurilingüe

Igrexa –Valadares

Abril 2014

Page 2: Boletín 2º trimestre

DEVORADORES DE LIBROS

ESTES FORON OS NENOS E NENAS QUE MÁIS LIBROS LERON ESTE TRIMESTRE 

Page 3: Boletín 2º trimestre

LIBROS MÁIS LIDOS

Neste trimestre os libros con máis éxito foron: En terceiro lugar “El delfín que buscaba una estrella”, en segundo lugar “La magia de la Navidad” e o libro campión “El osito polar y el arco iris”.

CLUB DE LECTURA

Este foron os libros, que no club LKTL, léronse ao longo deste trimestre: O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, La señora de rojo sobre fondo gris de Miguel Delibes e Suite Francesa de Irene Nemirovsky.

Page 4: Boletín 2º trimestre

Cando comenzaches a escribir? Creo que escribo desde sempre, desde moi pequena, desde que me ensinanron a debuxar as letras para for-mar palabras. Sempre foi algo tan necesario para min como calquera outro tipo de xogo ...facer rimas por exemplo divertíame moitísimo. - O escritor nace ou faise? Penso que se vai facendo, a forza de escribir. A inspi-ración chégache mentres traballas. O fascinante, desde o meu punto de vista, é que te chegue a facer tan feliz empezar algo, continúalo e acabalo,, que sintas a necesidade de contar cousas. É verdade que a veces todo se complica cando estás cun libro pero non te dás demasiada conta, o tempo pasa voando cando escribes, e se a veces non fo-ra tan difícil combinando con outro traballo, seguro que os que temos esa “paixón” pa-saríamos moitísimas máis horas facéndoo. - É máis sinxelo escribir para adultos ou para nenos? É diferente. Non creo que sexa máis sinxelo ou difícil. A min gustádesme máis vós, e me devirte meterme no voso mundo. Escribir para adultos é unha experiencia que es-tou vivindo neste momento e tamén me encanta. Pero nunca deixarei a literatura infan-til, supoño que a nena que teño dentro ten todavías cousas que decir. - Emocionácheste cando escribiches algún dos teus libros? Cando escribes, estás expresando algo, o mesmo que cando pintas, bailas, cantas,fas teatro…Nese momento, unha morea de sentimentos se mezclan co que fas, todo apare-ce con moita máis forza e iso en sí mesmo xa resulta moi emocionante. - Que te desafoga máis, escribir ou falar? Podes desafogarte con cada unha das dúas formas de expresión, unhas veces igual, ou-tras máis… ou incluso menos, depende… Ecribir é un desfogo solitario, iso está claro. Cando falas hai unha persoa ou varias ao teu lado, existen os xestos, a aperta, as res-postas. É sumamente necesario comunicarte cos demáis. Para mín, necesarias as dúas, pero tamén absolutamente complementarias. - En que te inspiraches para escribir Nata e Chocolate? En vós, por suposto, nun colexio cheo de profes e alumnos, nas vosas vidas, na mi-ña ...cando escribes todo aparece. Cada un de vós está dentro do libro. - Cal é o teu persoaxe preferido do libro? A min gústame moito Sonia, por iso quero espertala. É unha nena sensible e observa-dora que sufre co que está pasando. A veces pode resultar tan sinxelo cambiar a vida dos demáis para ben ou para mal que é moi necesario reflexionar sobre iso. Nate e chocolate é un libro para pensar, para darnos conta de que porse no lugar dos outros, cambiaría moito a nosa forma de comportarnos e de actuar.

ENTREVISTA A ALICIA BORRÁS SANJURJO

Page 5: Boletín 2º trimestre

CONMEMORACIÓNS

ESTE TRIMESTRE PRESENTAMOS...

DÍA DA PAZ Todo o colexio interpretou no paio a canción “É tempo de cambiar”

Confeccionamos diferentes murais.

Page 6: Boletín 2º trimestre

Creamos un libro de receitas con ingredientes sobre valores, sentimentos, etc .

DÍA DE SAN VALENTÍN O alumnado diseñou corazóns declarando o seu amor aos libros co que decoraron unha árbore e a cambio recibiron unha lambonada. Confeccionouse un mural ca portada de libros alusivos ao amor.

Realizamos diferen-tes actividades: Desfile de comparsas e degustación de so-bremesas. Indaga-mos sobre o entroido galego e en especial sobre o MERDEIRO, personaxe típico do entroigo vigués. Elaborouse unha uni-dade didáctica e con-feccionamos o Meco, adicado este ano ao Merdeiro.

ENTROIDO

Page 7: Boletín 2º trimestre
Page 8: Boletín 2º trimestre

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 21 de marzo os alumnos e alumnas de 6º curso escolleron as poesías e recitáronllas aos seus compañeiros. Confeccionaron un libro de poesías.

DÍA DA POESÍA

O 8 de marzo homenaxeamos ás mulleres inventoras do pasado a través dun concurso sobre mulleres inventoras.

SEMANA DO CONTO

Do 24 ao 27 de marzo país/nais/avós e mestres participaron nas campañas de animación á lectura “Regáloche un conto” e, “Ti tamén contas”. Grazas a todos/as pola vosa colaboración.

Page 9: Boletín 2º trimestre

LUDOTECA LINGÜÍSTICA (4 de marzo para 4º e 5º). O alumnado participou en xogos tra-dicionais co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega.

CAMIÑO DA LINGUA (12 de marzo para 5º de Educación primaria) O alumnado participou en diferentes probas lingüísticas co fin de fomentar a lingua galega.

OBRADOIROS

A PAISAXE DE VIGO (21 de febreiro para 3º e 4º) Obradoiro de narración oral onde distintos personaxes dan a coñecer diferentes localizacións da cidade.

Page 10: Boletín 2º trimestre

CONCURSOS

CONCURSO “NELSON MANDELA” Celebrado dende o 23 ata o 31 de xaneiro 1º Curso AINARA ÁLVAREZ GARCÍA 4º Curso GABRIEL FIGUEROA FERNÁNDEZ

2º Curso XABIER OTERO RODRÍGUEZ 5º Curso ANDREA FERNÁNDEZ PIÑEIRO

3º Curso IRENE DOMÍNGUEZ ALONSO 6º Curso DESIREÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ

ENCONTROS CON ESCRITORES

CONCURSO GÚSTAME O GALEGO do Concello de Vigo.

Participou o alumnado de 2º coa elaboración de carteis para o fomento do uso do galego.

para falarnos do seu libro NATA E C H O C O L A T E , libro que leron os alumnos de 6º.

CONCURSO MULLERES TRABALLA-DORAS

Celebrado dende o 11 ata o 18 de marzo

1º Ciclo ALICIA ALONSO ÁLVAREZ 3º Ciclo MIGUEL SANROMÁN ALONSO

2º Ciclo IRENE DOMÍNGUEZ ALONSO

CONCURSO ENFRÓITATE Celebrado dende o 2 ata o 9 de abril

1º Ciclo ALEJANDRO CEPRIÁN RODRÍGUEZ 3ª Ciclo NEREA MARTÍNEZ BARREIRO

2º Ciclo SENOVIA ALFONSO PEÑA

MERDEIRO (21 de febreiro para 6º) Obradoiro de recu-peración histórica do entroido vigués.

O 20 de marzo visitounos a escri-tora Alicia Borrás Sanjurjo

Page 11: Boletín 2º trimestre

OUTRAS ACTIVIDADES

ACTIVIDADES SOBRE O FOMENTO DO CONSUMO DE FROITAS E CONSERVAS DO MAR. Xaneiro e febreiro . O alumnado de 6º organizou diferentes actividades entorno ao fomento de consumo de froitas: recollída da froita, pesar, distribuir e representar gráficamente os resultados. Todo o alumnado participou na elaboración e degustación de bocadillos con conservas, ademáis participou en charlas informativas.

VISITA A FARO DE VIGO (19 de febreiro). O alumnado de 6º visitou as instalacións de Faro de Vigo.

VISITA AO ZOO (24 de marzo). Os alumnos/as de 3º e 4º foron á Madroa.

Page 12: Boletín 2º trimestre

Proxecto “UN MUNDO DE INVENTOS”

PÁXINAS WEB DE INTERESE

http://www.edu.xunta.es/centros/cepigrexavaladares/ http://bibliovaladares.blogspot.com.es/

Os equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística agradécenlle a toda a comunidade edu-cativa (familias, profesorado …) a súa colaboración na realización de todas estas activida-des, sen a cal non poderían levarse a cabo.

Juan de la cierva naceu en Murcia en 1895 e faleceu no Reino Unido en 1936. Foi aviador e científico espa-ñol considerado como un dos grandes pioneiros da aero- náutica e a aviación. En 1920, construiu o seu primeiro auto- xiro, aparato precursor do ac- tual helicóptero.

Alejandro Campos Ramírez naceu en Finisterre en 1919 e faleceu en Zamora en 2007. Ferido durante a Guerra Civil Española, foi tras-ladado ao hospital de Monserrrat (Barcelona), onde coñeceu a moitos nenos feridos coma el pe-ro que non podían xogar ao futbolón, foi en-tón ,cando decidiu invéntalo basado no tenis de mesa. Despois da Guerra Civil exiliouse en Francia

FUTBOLÍN

AUTOXIRO