16
Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MIS

Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003

NUNCAMçIS

Page 2: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

2

Editorial

Por un mar de vidasen límites, tamén favorece crisescomo a do Prestige.

As organizacións ambienta-listas achamos que da catás-trofe do Prestige debemos

tirar a lección de que o desenvolve-mento sustentábel é o único viábel edesexábel. A solución non son“plans” como o Plan Galicia, unhanova marea destructora do nosomedio ambiente, esta vez de asfalto,formigón e cemento.

Os ecoloxistas galegos nonesquecemos as outras “mare-as negras” que estragan a

nosa terra: incendios forestais,eucaliptización, presas en tramos deríos aínda ben conservados, parqueseólicos e canteiras en moitos dosnosos mellores espacios naturais,recheos, sobrepesca, tratamento ina-decuado e producción crecente deresiduos, tráfico excesivo nas vilas ecidades, etc, etc. Sen embargo, esteano achamos necesario dedicarmosa celebración do Día Mundial doAmbiente (5 de xuño) a chamarmosa atención sobre algunhas deman-das relacionadas coa catástrofe doPrestige.

AFEG e o resto das principaisorganizacións galegas dedefensa ambiental unímonos

para esixirmos unha solucion inme-

diata e definitiva para o barco afun-dido, a elaboración dun plano derecuperación ambiental de todos osecosistemas danados polas mareasnegras e pola recolla incorrecta dofuel, a declaración inmediata comoespacios naturais de protecciónespecial de todas as zonas litoraispropostas para formaren parte daRede Natura 2000, a ampliacióninmediata do Parque Nacional dasIllas Atlánticas ás Illas Sisargas eás Lobeiras, unha regulación axei-tada do tráfico marítimo que reduzao risco de novas mareas negras nonoso e en todos os mares do planeta,unha nova política enerxética quesitúe a promoción do aforro e da efi-ciencia enerxética como a primeiradas súas prioridades e unha novapolítica de transportes que potencieos modos ambientalmente menosprexudiciais e socialmente máisxustos: transporte colectivo en tren,autobús e barco, bicicleta, peonalnas cidades e vilas.

Non esquecemos as gravesresponsabilidades políticasna catástrofe do Prestige e

por iso volvemos demandar, porhixiene democrática, o cesamento detódolos altos cargos dos gobernoscentral e galego directamente impli-cados na xestión da crise doPrestige.

Coordenación: Xosé VeirasColaboraron neste número:Xosé Luis Baleato, Lucía Méndez, Martiño Nercellas, Tino Quintela e XoséVeiras.

Deseño, maquetación e impresión:

DL: C-1738-1998 •Impreso en papel reciclado

Máis de medio ano despoisdo accidente do “Prestige, onoso litoral, o noso mar,

continúa ferido, sobre todo na Costada Morte. Os gobernos de Aznar e deFraga, como fixeron desde o comezo,tentan ocultar a crise provocadapolas mareas negras do Prestige efacernos crer que xa todo pasou.Mais non nos enganan. Coñecemosben a nosa natureza e sabemos dosenormes danos ambientais causa-dos polo chapapote e, tamén, polarealización inadecuada, ambiental-mente irresponsábel, das tarefas derecolla do fuel: destrucción dedunas, apertura indiscriminada depistas en tramos de costa ben con-servados,.... Non somos ignorantes esabemos que a recuperación am-biental despois das mareas negra élenta e difícil.

Acatástrofe do Prestige non sóé o resultado da incompeten-cia dos gobernos ou da dis-

criminación da nosa terra. Na súaorixe está un modelo enerxético e detransporte fortemente dependentedo petróleo que, alén de moitos ou-tros importantes prexuízos ecolóxi-cos e sociais, fai practicamente ine-vitábel as mareas negras. Oneoliberalismo, co seu debilitamen-to dos servizos públicos dos estadose o seu culto ao lucro empresarial

Federación Ecoloxista Galega. Apdo. 949. 15780 Santiago. Tel.: 981 575 444.• E-mail: [email protected]://web.jet.es/fegBoletín

Subvencionado por:

Page 3: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

3

¿Cando será a próxima marea negra?

Uns 7000 barcos pasan cada anofronte a Fisterra cargados con mercadoríasperigosas. As organizacións ambientalistasgalegas temos advertido en numerosas oca-sións da ameaza para o litoral galego querepresenta o intenso tráfico destes barcos.A catástrofe do Prestige non foi só debida aun accidente. É o resultado dun modeloenerxético suicida, dun sistema económicoguiado unicamente pola máxima obtenciónposíbel de beneficios a curto prazo, asícomo da imprevisión e a incompetencia dosgobernos galego e central.

O accidente do Prestige revelou de for-ma dramática que as Administracións –enparticular, o Ministerio de Fomento, perotamén o Ministerio e a Consellería de Me-dio Ambiente– non tiraron as leccións opor-

tunas dos graves accidentes acontecidos nopasado. Non se tomaron as medidas nece-sarias e posíbeis para acabar coa enormeindefensión da costa do noso país e paraestarmos minimamente preparados parafacer fronte a unha marea negra. Igno-rouse que o litoral galego constitúe no seuconxunto un patrimonio ambiental deenorme valor do que depende unha partemoi importante da nosa economía, do nosobenestar.

A FEG, xunto con outras organizaciónsecoloxistas galegas e internacionais, censu-rou a reacción dos Gobernos galego e cen-tral perante o accidente do Prestige, carac-terizada pola precipitación, a descoorde-nación, a desorganización, a lentitude, aimprovisación, a ocultación de informa-ción, os intentos patéticos de minimizar a

gravidade do desastre, etc, por non falardas excursións de Fraga, Cascos, Matas ouDel Álamo mentres o fuel chegaba por pri-meira vez ás nosas costas.

Ademais de esixirmos accións goberna-mentais tendentes á recuperación dos enor-mes prexuízos ambientais e económicos,temos reclamado medidas de control dotráfego marítimo que reduzan o risco denovas mareas negras, sendo conscientessen embargo de que, mentres o tráfegomarítimo de petróleo sexa tan intenso, orisco, mesmo no mellor dos casos, sempreserá considerábel. Para que nunca máis serepitan mareas negras tan graves como asque nos castigaron e se reduzan, o caltamén é moi importante, os vertidos habi-tuais de petróleo causados polo lavado desentinas.

Galicia é o país do mundo máis castigado polas mareas negras. A provocada polo Prestige é a quinta que sufrimos nos últimos 20 anos.Trátase dunha catástrofe sen paliativos. Os prexuízos ecolóxicos, sociais e económicos son gravísimos. Terán que pasar varios anos até queo litoral contaminado se recupere adecuadamente. A extensión de costa afectada foi moi superior á danada por anteriores mareas negras.A Federación Ecoloxista Galega (FEG), xunto con outras organizacións ecoloxistas galegas e estatais, demanda medidas para reducir orisco de novas mareas negras, recuperar a costa danada, extraer o fuel do Prestige, depurar responsabilidades políticas e legais e diminuíra forte dependencia do petróleo de sociedades occidentais como a nosa.

Practicamente toda a costa galega, en maior ou menor medida, resultou afectada polo accidente do Prestige.

Page 4: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

que acontezan novas mareas negras,maiores ou menores, polo que cómpreprepararse ben para combatelas namedida do posíbel.

• A ampliación e protecciónefectiva das áreas mariñas e lito-rais propostas para formar parteda Rede Natura 2000. Incorpo-ración da Costa da Morte e doutrostramos litorais de alto valor ecolóxicoao Parque Nacional das Illas Atlán-ticas para convertelo nun Parque daCosta Atlántica. Estas medidas in-fluirían na mellora da seguridade dotráfego marítimo e dificultarían agre-sións como as causadas polas tarefasde recolla de fuel en moitos casos.

• Unha política enerxética ba-seada no aforro, na eficiencia eno desenvolvemento adecuadodas enerxías renovábeis, comosolución última aos impactos ambien-tais derivados do uso e transporte decombustíbeis fóseis a escala global.

Máis información sobre as posi-cións da FEG en:

http://web.jet.es/feg/main_prestige.htm

4

Entre as propostas defendidasdesde a FEG e o conxunto do move-mento ecoloxista para evitar novascatástrofes como a do Prestige,salientamos as seguintes:

• A declaración das costasgalegas como Área MarítimaEspecialmente Sensíbel (AMES).Galicia cumpre todos os criterios xe-ográficos, económicos, ecolóxicos eculturais para ser declarada AMESpor parte da Organización MarítimaInternacional. Esta declaración,para a que o goberno español xa deuos primeiros pasos, de se facer efec-tiva, diminuiría a vulnerabilidadedas nosas costas fronte ao tráfego demercadorías perigosas.

• Un réximen de responsabi-lidade ilimitada para toda acadea involucrada no transpor-te de hidrocarburos, desde oarmador ao propietario da carga,incluíndo as aseguradoras e associedades de certificación. É chaveque todo buque que transporte estassustancias estea en posesión dunseguro que cubra sen límite a contía

dos danos ocasionados por un accidente,como xa acontece nos EEUU. Estes cus-tos deben incluír non só o impacto direc-to sobre os ecosistemas senón tamén oscustos da súa recuperación. Deste xeito,as empresas involucradas no transportede hidrocarburos terían un forte incenti-vo para tomarse en serio en seguridade eos custos das mareas negras non teríanque ser asumidos na súa maior partepolas sociedades afectadas.

• A eliminación das bandeiras deconveniencia, a prohibición dos pe-troleiros monocasco en todo o mundo(e non só en Europa, para evitar a súaexportación a países do Sur), o estable-cemento de stándares ambientaisrigorosos para os barcos (emisiónscontaminantes,...) e condicións de tra-ballo dignas e formación adecuadadas tripulacións.

• Un plano de continxencia parafacer fronte ás mareas negras, dotadocon recursos materiais suficientes. Mes-mo que se fixese todo o esforzo posíbel enprevención, non é totalmente evitábel

Para diminuír o risco de novas mareas ne-gras, ademais de mellorar a seguridade dotráfego marítimo, cómpre reducir a nosa ex-cesiva dependencia do petróleo, o que taméndepende de nós.

A contaminación por petróleo, como resulta-do de grandes mareas negras e, tamén, devertidos habituais de petróleo, é un dos pro-blemas máis graves do noso mar.

Page 5: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

5

As organizacións ambientalis-tas* achan que o Plan Galiciaaprobado polo Consello de Mi-

nistros promove un modelo de desenvol-vemento insostíbel e resulta insuficientepara garantir a recuperación ambientale socioeconómica das zonas máis afecta-das pola marea negra e do conxunto deGalicia. O Plan Galicia representa unhanova marea destructora do medio am-biente galego, neste caso non de fuelsenón de cemento, formigón e asfalto.Supón máis dilapidación enerxética emáis contaminación.

Os gobernos central e galego non en-tenderon a catástrofe do Prestige comounha chamada de atención sobre os efec-tos sociais e ecolóxicos dunha economíainsostíbel e como unha oportunidadepara traballar seriamente a prol do me-dio ambiente, dada a súa relación direc-ta co benestar e coa calidade de vida. OPlano Galicia afonda en políticas am-bientalmente destructivas que non prio-rizan a mellora dos indicadores sociais(saúde, emprego, educación, calidadeambiental, ...).

Lamentamos que o Plano Galicia foseaprobado sen un proceso previo de diálo-go e participación social, aberto ás pro-postas das organizacións cidadás. Destexeito, póñense de manifesto, unha vezmáis, o autoritarismo e a arrogancia go-bernamentais.

A parte máis importante do investi-mento prometido no Plano Galicia destí-nase á construcción de novas autovíasque provocarán graves danos ao medionatural e fomentarán aínda máis otransporte por estrada. Resulta parado-xal que a marea negra do Prestige sexa acausa dun Plano que aposta por unmodelo de transporte fortemente depen-dente do petróleo, modelo que está naorixe das mareas negras e doutros gra-ves prexuízos ambientais.

Os AVEs prometidos no Plano Galicia,se se trata de ferrocarrís de alta veloci-

Plan Galicia: unha marea de cemento e asfalto

dade estricta (350 km/h), causarán ta-mén un elevado impacto ambiental naszonas que atravesen.

A posíbel construcción dun grandeporto exterior na Coruña representaríaunha nova e inxustificada agresión á cos-ta galega. Semella un sensentido cons-truír un novo porto exterior tan perto doque, malia o seu forte impacto ambientalnegativo, está a ser construído na entra-da da ría de Ferrol.

O Plano Galicia inclúe o Plano Hidro-lóxico de Galicia-Costa, un plano que, enlugar de promover o aforro e a eficienciano uso da auga e de mellorar a calidadeecolóxica dos ríos galegos, contempla aconstrucción de 24 grandes encoros. Ta-mén propón un excesivo número de cana-lizacións, entre elas a proxectada para orío Mero.

En lugar dun Plan centrado nas gran-des infraestructuras, sería preferíbel unPlan que promovese o desenvolvemento

sostíbel e situase a Galicia dentro dachamada sociedade da información. Pro-pomos, entre outras medidas, o estímuloá modernización tecnolóxica e organiza-tiva do tecido productivo de acordo concriterios sostíbeis, a promoción de pro-gramas sociais, educativos e económicosque promovan a cultura da sostibilidade,maiores investimentos en I+D ou o forta-lecemento do transporte colectivo, enparticular nas áreas metropolitanas.

O Plano Galicia deixa pendente desolución a recuperación do fuel que aíndafica nos tanques do Prestige.

* Asociación para a Defensa Ecolóxicade Galiza (ADEGA), Amigos de la Tierra.Coordenadora para o Estudio dosMamíferos Mariños (CEMMA), Federa-ción Ecoloxista Galega (FEG), Green-peace, SEO/Birdlife, Sociedade Galegade Historia Natural (SGHN), SociedadeGalega de Educación Ambiental (SGEA),WWF/Adena.

O 96,7% do investimento prometido no Plan Galicia destinaríase á construcción de estradasde alta capacidade, trens de alta velocidade (estricta ou non segundo os casos) e do portoexterior da Coruña (pendente dunha análise de viabilidade). A mitificación e sobredimen-sionamento das infraestructuras de transportes non garante o desenvolvmento, causa gravesimpactos ambientais e leva á desatención de necesidades sociais prioritarias (saúde, viven-da, protección ambiental,...).

Page 6: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

6

A Federación Ecoloxista Galega e acatástrofe do Prestige

A FEG e as asociacións que a forman reaccionaron axiña perante acatástrofe ecolóxica provocada polo accidente do Prestige. O esforzo endiversas frontes (voluntariado, reivindicativo, informativo,...) ten sidoenorme se atendemos aos recursos dispoñíbeis e ten recibido grande apoioe simpatía social en Galicia e no resto de España e de Europa. A FEGactuou en resposta á catástrofe do Prestige dentro do seu ámbito deacción, que non é outro que a coordenación das asociacións que a formane a súa representación perante a sociedade e as institucións.

AFEG como tal non organizougrupos de voluntarios e volun-tarias para a recolla de fuel e

de aves e outros animais petroleados nacosta. Esta tarefa corresponde ás asocia-cións integradas na Federación. A FEGcolabora na difusión de informacións(contactos, recomendacións,..) que axu-dan a canalizar adecuadamente o volun-tariado. Neste sentido, aceptouse asinara comezos de decembro dous anuncios naprensa galega e estatal, xunto coa Aso-ciación para a Defensa Ecolóxica deGaliza (ADEGA) e a Consellería e o Mi-nisterio de Medio Ambiente.

As organizacións ecoloxistas fixeron unesforzo de información para que os volunta-rios e voluntarias colaborasen axeitadamen-te na recolla de fuel e de aves petroleadas,sen risco para a súa saúde.

O primeiro anuncio recollía consellosaos voluntarios e voluntarias para cola-boraren adecuadamente na recolla defuel e o segundo pretendía evitar unhaavalancha masiva de persoas nos fráxeisecosistemas costeiros durante a ponte daConstitución que agravase os danos am-bientais causados pola marea negra. Ámarxe deste último anuncio, portavocesdas Administracións central e autonómi-ca declararon nos días previos que nonfacían falta máis voluntarios dos xa ano-tados para a ponte da Constitución. Istonegouse publicamente tanto desde aFEG como desde ADEGA, pois o proble-ma non era que sobrasen voluntariossenón que faltaba organización e mediospara que a chegada dos miles de volun-tarios precisos fose unha axuda e non unproblema máis.

Practicamente soci@s de todas as aso-ciacións que forman a FEG traballaronvoluntariamente na recolla de chapapoteen praias e coídos da costa afectada e narecolla de exemplares mortos ou vivos deaves, mamíferos ou tartarugas petrolea-das. Sen embargo, cómpre destacar espe-cialmente, pola súa duración e intensida-de, o labor na organización de grupos devoluntariado desenvolvido por ADEGA, aAsociación pola Defensa da Ría de Pon-tevedra (APDR), o Colectivo Ecoloxistado Salnés (CES), o Colectivo PX (Costada Morte), a Asociación Ecoloxista do Ri-beiro “Coto do Frade”, o Grupo Natura-lista Hábitat (A Coruña), o colectivo eco-loxista do Morrazo Luita Verde e o

obradoiro ambiental “Oureol” da Faculta-de de Bioloxía da Universidade de San-tiago. Estas e outras organizacións con-seguiron mobilizarar até mediados deabril 15.000 persoas en tarefas de volun-tariado.

A FEG, desde a súa oficina en San-tiago, xogou un papel na coordenación daparticipación de asociacións galegas inte-gradas ou non na FEG na recolla de avespetroleadas, cuxo traballo ten aportadoun importante volume de datos para osinformes elaborados por SEO/Birdlifesobre o terríbel impacto das mareas ne-gras do Prestige nas aves mariñas, infor-mes dispoñíbeis na web desta organiza-ción (http://www.seo.org).

En marzo de 1993, nunha asemblea celebra-da en Sada, a FEG (daquela co nome deAGENG) analisou as causas e consecuenciasda marea negra do “Aegean Sea” e esixiuunha mellora da seguridade do tráfico marí-timo.

Page 7: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

7

A FEG participou na reunión funda-dora da Plataforma Nunca Máis(http://www.plataformanunca-mais.org) e propuxo o representanteecoloxista na súa comisión xestora.Ademais da FEG como tal, diversasasociacións integradas na FEG, desdeADEGA a varias asociacións locais,forman parte activa da Plataforma.

A práctica totalidade do movementoecoloxista galego sumouse á Plata-forma Nunca Máis, unha plataformaplural e aberta que ten sabido inter-pretar e canalizar o sentemento dedignidade colectiva e o compromisocoa defensa dun mar sen máis mareasnegras da inmensa maioría da socie-dade galega.

NA PLATAFORMA NUNCA MÁIS

SEGUEMENTO DAS MAREASNEGRAS

A FEG seguiu a evolución da mareanegra desde o primeiro momento a tra-vés de varias das asociacións que a inte-gran con presenza en zonas afectadas,en colaboración coa Coordenadora parao Estudio dos Mamíferos Mariños(CEMMA), Erva-Ecoloxistas en AcciónGaliza e a Sociedade Galega de HistoriaNatural. Este operativo permitiunoscontrastar informacións enganosas dosgobernos autonómico e central, difundi-das xenerosamente por medios de comu-nicación controlados ou afíns.

Os informes sobre as sucesivas mare-as negras elaborados gracias ao devan-dito operativo foron utilizados na elabo-ración de notas de prensa. O bloqueomediático que, desde hai moito tempo,padecen as organizacións ambientalis-tas galegas nas radios e televisiónspúblicas e en medios de información pri-vados moi influenciados pola Xunta,

AA RReeddee NNaattuurraa22 00 00 00

Practicamente todas as zonas donoso litoral propostas para formarenparte da Rede Natura 2000, os cha-mados Lugares de Interese Comuni-tario (LICs), foron afectadas negativa-mente, en moitos casos de forma moigrave, non só polos efectos dos verti-dos, de fuel senón tamén pola realiza-ción, sen a menor sensibilidade am-biental, de traballos de recolla do fuel(apertura indiscriminada de pistas,deterioración de dunas,…).

No momento de redactar este arti-go, a FEG, cos datos achegados pordiversas asociacións federadas e polaSociedade Galega de Historia Natural(SGHN), está a preparar un extensoinforme sobre os danos ambientaisnos LICs do litoral que previsibelmen-te fundamentará a presentacióndunha queixa ambiental perante aComisión Europea, ao entender que asAdministracións galega e españolanon velaron como deberían e poderíanter feito pola conservación dos LICs.

No especial da web da FEG sobre oPrestige

http://web.jet.es/feg/main_prestige.htm

podes achar máis información sobre otraballo da FEG con respecto á catás-trofe do Prestige.

O Colectivo Ecoloxista do Salnés editouun número especial do seu boletín “OBugallo” sobre o Prestige.

impediu que as críticas e demandasdivulgadas publicamente pola FEG tive-sen maior audiencia.

InformaciónA FEG atendeu numerosas solicitudes

de informacións e de declaracións efec-tuadas por medios de prensa, radio e tele-visión de Galicia e, sobre todo, de fóra deGalicia. A título anecdótico, podemos des-tacar que o nome da FEG apareceu enxornais de todo o mundo, desde o “USAToday” até o xornal abertxale Gara.

Difundimos as nosas notas de prensae outras noticias relacionadas coa catás-trofe do Prestige a través da nosa web(http://web.jet.es/feg) e do Canal Verde,un canal de noticias na Internet que xes-tionamos desde 1999 e que forma partedo xornal electrónico "Galicia Hoxe" deVieiros (http://www.vieiros.com), cuxasvisitas se multiplicaron debido á procurade informacións independentes e rigoro-sas sobre o Prestige.

Numerosas asociacións ambientalistas galegas fixeron un grande esforzo para organizarvoluntarios e voluntarias tanto para a recolla do fuel como de animais petroleados.

Foto: Xan Muras - ADEGA

Page 8: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

8

A iniciativa da Federación Ecoloxista Galega (FEG), un grupo de profe-sores e catedráticos dos Departamentos de Botánica, Zooloxía e Ecoloxía daUniversidade de Santiago de Compostela (USC) asinaron un manifesto"Polo respecto aos nosos hábitats costeiros" que denuncia "as numersoas einnecesarias actuacións ambientalmente negativas observadas desde o ini-cio dos traballos de recolla do fuel vertido polo Prestige". Estas actuaciónsestán a provocar "serios danos ambientais" que non poden ser ignorados oumenosprezados. A continuación reprodúcese o texto integro do manifesto,que foi feito público o 1 de febreiro e segue vixente.

Profesores da USC denuncian o impacto ambientalnegativo dos traballo de rec olla de fuel

Ainiciativa da Federación Eco-loxista Galega (FEG), un grupode profesores e catedráticos dos

Departamentos de Botánica, Zooloxía eEcoloxía da Universidade de Santiago deCompostela (USC) asinaron un manifes-to "Polo respecto aos nosos hábitats cos-teiros" que denuncia "as numersoas e in-necesarias actuacións ambientalmentenegativas observadas desde o inicio dostraballos de recolla do fuel vertido poloPrestige". Estas actuacións están a pro-vocar "serios danos ambientais" que nonpoden ser ignorados ou menosprezados.A continuación reprodúcese o texto inte-gro do manifesto, que foi feito público o 1de febreiro e segue vixente.

Os investigadores que asinamos estedocumento denunciamos as numerosas einnecesarias actuacións ambientalmentenegativas observadas desde o inicio dostraballos de recolla do fuel vertido poloPrestige na costa galega. A realizacióndestes traballos sen unha adecuada pla-nificación que teña en conta a riqueza,diversidade e fraxilidade dos hábitatscosteiros, especialmente das dunas, estáa a provocar serios danos ambientais quese suman aos ocasionados polas mareasnegras.

A apertura indiscriminada de pistas,a instalación de balsas ou a circulaciónincontrolada de maquinaria pesada enzonas de alto valor ecolóxico e paisaxísti-co, así como a degradación innecesariadas dunas, son danos ambientais impor-tantes a engadir aos producidos directa-mente pola marea negra. Entre as áreas

máis afectadas figuran a Costa da Morte,Carnota ou a Costa da Vela.

A situación de emerxencia xerada polacatástrofe ecolóxica provocada polo afun-dimento do Prestige e as mareas negrassucesivas puido nun primeiro momentoxustificar algún erro, pero transcorridosmáis de dous meses xa se tivo tempo sufi-ciente para pasar da improvisación á pla-nificación adecuada das actuacións. Senembargo, a situación dista moito aíndade ser a axeitada e, nestes momentos,son principalmente as propias empresasencargadas de prestar apoio e asesora-mento técnico á retirada de fuel as queoperan segundo o seu parecer, sen ter encontra criterios ambientais.

Non compartimos a opinión de quenalgúns casos é máis conveniente des-truír e logo rexenerar. Só aceptaríamosisto cando fosen inviables opcións respec-tuosas. Mais cónstanos que estas opciónsnon foron valoradas, e que moitas dasactuacións son de difícil rexeneración ouque éstas non van ter lugar, particular-mente en canto a novos accesos, poisestanse executando para que fiquen dexeito permanente.

O Parque Nacional das Illas Atlán-ticas non é o único espacio natural prote-xido de Galicia que está afectado polamarea negra. Lembramos que na costagalega existen espacios protexidos (entreeles un Parque Natural, 2 Zonas deEspecial Protección das Aves, 3 ZonasRamsar e 14 Lugares de Interese Co-munitario), que xa sufriron o impacto de5 mareas negras consecutivas e de actua-

cións irrespectuosas nos labores de reco-lla de fuel.

Esiximos da Administración ambien-tal galega e española unha actitude con-secuente coa conservación dos importan-tes valores naturais das nosas costas.Demandámoslles que non permitan nin-gunha agresión innecesaria máis sobreas especies de flora e fauna, os hábitatse a paisaxe. Solicitámoslles que proce-dan á restauración de tódalas áreas da-nadas e que promovan accións de infor-mación e educación ambiental sobre aimportancia e valores das dunas e dou-tros ecosistemas litorais.

Asinan:

Jesús Aboal Viñas (Profesor do doDepartamento de Ecoloxía e BioloxíaCelular). Margarita Basanta Alves(Profesora do Departamento de Ecolo-xía e Bioloxía Celular). Mª ReginaCarballal Durán (Profesora do Depar-tamento de Botánica). Alejo Carballei-ra Ocaña (Catedrático do Departa-mento de Ecoloxía e Bioloxía Celular).José Ángel Fernández Escribano (Pro-fesor do do Departamento de Ecoloxíae Bioloxía Celular). Eugenio Fernán-dez Pulpeiro. (Profesor do Depar-tarmento de Zooloxía). Mª Isabel Fra-ga Vila (Profesora do Departamentode Botánica). Javier Guitián Rivera(Catedrático do Departamento de Bo-tánica). José Mora Bermúdez. (Cate-drático do Departamento de Zooloxía).Francisco Novoa Docet (Catedráticodo Departamento de Zooloxía). San-tiago Ortiz Núñez (Profesor do Depar-tamento de Botánica). José Luis Pé-rez-Cirera (Catedrático do Departa-mento de Botánica). Otilia Pujes Fe-rreira (Profesora do Departamento deEcoloxía e Bioloxía Celular). RubénRetuerto Franco (Profesor do do De-partamento de Ecoloxía e Bioloxía Ce-lular). Juan Rodríguez Oubiña (Profe-sor do Departamento de Botánica).Victoriano Urgorri. (Catedrático doDepartamento de Zooloxía).

Page 9: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

9

A ninguna persoa é alleo o feito de que overquido do Prestige, máis aló do impactodirecto sobre os nosos ecosistemas costei-ros, está a crear novos problemas indirec-tos, entre os que atopamos o de que facercos residuos?

Un primeiro punto a considerar é o tipode residuo que temos, a súa composición.Sabemos que é un fuel pesado e as diferen-tes análises amosaron unha elevada pro-porción de xofre e tamén a presenza denumerosos compostos orgánicos e metaispesados. Non estamos perante cru ou uncombustíbel de automóbil convencional,senón perante un resíduo do procesamentodo petróleo. A elevada porcentaxe de xofrefai tamén que estea prohibido o seu empre-go coma combustíbel dentro da UE.

En segundo lugar, cómpre pensarmosna heteroxeneidade do residuo, xa quetemos un residuo líquido (fuel mesturadocon auga e recollido no mar) e tamén unsólido (fuel mesturado con area, algas, res-tos de traxes, botas, mascariñas, lixo deita-do no mar...). Isto complica o tratamento.

Tratando ó fuel coma outro ResiduoPerigoso (RP), un enfoque dende a susten-tabilidade indícanos que a primeira solu-ción lóxica sería a reducción, é dicir, acadarque o volume de chapapote recollido dimi-núa. Neste senso, cómpre mellorar os pro-tocolos de actuación para a recolla dohidrocarburo: reducir a cantidade de arearecollida, reutilizar botas, luvas/roupa deaugas ou evitar que lixo convencionalremate deitado nos contentores específicospara o fuel.

No tocante aos tratamentos barallados, ofuel líquido será separado da auga e rein-troducido na cadea de producción da refine-ría de Repsol de A Coruña mentres que oresiduo sólido está a ser acumulado en bal-sas, mentres múltiples empresas poxan polasúa xestión. Dentro das alternativas pro-postas por algunha delas está a da incinera-ción. A FEG rexeita a incineración debido ásimplicacións negativas (emisión á atmosfe-ra de substáncias perigosas e CO2 e xe-ración de cinsas tóxicas) que ten sobre asaúde humana e a dos ecosistemas en xeral.

Todo tratamento ou procesamento dochapapote (ou doutros RP en xeral) nondeixa de ser unha solución de “fin de cano”.Non podemos agardar que as sucesivas tec-noloxías proporcionen solucións ós proble-mas que xera un modelo enerxético insus-tentable, baseado nun combustible fósil, unrecurso limitado, como é o petróleo. Cóm-pre establecer novos modelos que eliminenesta dependencia e as súas funestas conse-cuencias.

ENTREVISTA COA COMISARIA DO AMBIENTE SOBRE O PRESTIGE

Durante o seminario, a delegación galega e Camilo Nogueira mantiveron unhaentrevista sobre o Prestige con Margot Wallström, a comisaria de medio ambiente.ADEGA, CEMMA, FEG, SGHN e WWF/Adena presentaron un escrito á comisariapara lle solicitar que a Comisión adopte unha serie de medidas extraordinariasperante a catástrofe ecolóxica, como a declaración urxente das áreas afectadas pro-postas como LICs como áreas de Rede Natura "de facto", para protexer a estasáreas de planos e proxectos sen consideración á existencia de hábitats e especiesprioritarias na Directiva Hábitats. Deste xeito, estes lugares beneficiaríanse doprevisto nos artigos 6.1 e 6.2 en canto ás medidas de conservación e xestión quedeben aplicar os estados e da adopción de medidas axeitadas para evitar a deterio-ración dos hábitats naturais e das especies.

Nunha contestación posterior, a través dunha carta con data do 10 de febreiro, acomisaria indicou ás organizacións ambientalistas que “se ben será preciso efectuarulteriores consultas cos Estados membros antes de que a Comisión aprobe formal-mente a lista de lugares de importancia comunitaria para esta rexión bioxeográfi-ca, ao noso xuízo os obxectivos de Natura 2000 son xa aplicábeis en Galicia”.

A FEG Participou nun seminario sobrea Rede Natura 2000 en Bruxelas

Unha delegación da Federación Ecoloxista Galega (FEG) participou naConferencia “Natura 2000”, celebrada o 13 de decembro na sede en Bruxelasdo Parlamento Europeo. A conferencia foi organizada polo Grupo Verdes-Alianza Libre Europea (ALE) e contou coa participou dun grupo de ambien-talistas galegos pertencentes a diversas asociacións e plataformas, gracias áinvitación do eurodeputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) CamiloNogueira.

AFEG presentou un relatoriosobre a designación e conserva-ción das zonas propostas para a

Rede Natura 2000 no noso país. Galiza éa comunidade autónoma española conmenor porcentaxe do seu territorio desig-nado como Lugar de Interese Comuni-tario (LICs), debido ao escaso interese daConsellería de Medio Ambiente. O estadode conservación dos LICs galegos, é dicir,das zonas propostas para a Rede Natura2000, é ben deficiente. Hai un enormedéficit de accións encamiñadas a garan-tir a conservación e o uso sostíbel dosrecursos naturais nos nosos LICs e moi-tas políticas públicas (enerxética, fores-tal, transportes,...) inciden negativamen-te no seu estado de conservación.

A designación das zonas da RedeNatura 2000 está a sufrir un retraso con-siderábel a nivel europeo, o que, xuntocoa ausencia das medidas de xestión ne-

cesarias, está a prexudicar os hábitats eas especies. As queixas presentadas porvulneración das Directivas Aves e Hábi-tats destacan polo seu número entre asqueixas ambientais remitidas ás institu-cións europeas desde os diversos estadosmembros.

O manifesto adoptado na conferenciademanda, entre outras cousas, que o es-tablecemento da Rede Natura 2000 sexaconcebido como unha política estructurale territorial fundamental, a rápida apli-cación da avaliación ambiental estratéxi-ca de planos e programas e a axilizaciónpor parte da Comisión Europea da tra-mitación das queixas cidadás por incum-primento das Directivas Aves e Hábitats.O manifesto e outras informacións rela-cionadas co seminario están dispoñíbeisna web de Verdes-ALE, en

http://www.greens-efa.org.

OS RESIDUOS DOPRESTIGE: INCÓGNITA?

Page 10: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

LLiiddoo

10

A protección do medio ambiente é un ben público e o ten que proveer oEstado. E cando os galegos quixeron protexer ese ben público que necesitabanencontráronse con que non tiñan Estado.(...) E é a consecuencia dunha políti-ca necia por partida dobre. A que proxectou sobre todo o que sexa Estado unhaespecie de estigma de rixidez, torpeza e desbaldimento, e a que alentou a con-vicción de que co mercado e a xenerosidade de xentes agrupadas en organiza-cións non estatais pódese facer fronte a todo.

FRANCISCO J. LAPORTA.

Catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade Autónoma de Madrid

O12 de maio, Manuel Fragaanunciou en Muxía a construc-ción dunha macropiscifactoría

para o engorde de rodaballo en cabo Tou-riñán. Fíxoo acompañado do presidenteda empresa promotora, Pescanova, e ase-guroulle que a Xunta daría todo tipo defacilidades á construcción da que sería amaior planta de rodaballo de Europa. Asfacilidades xa comezaron, pois Pescano-va iniciou as obras sen os permisos nece-sarios, feito denunciado pola FederaciónEcoloxista Galega (FEG).

O Servicio de Protección da Naturezada Garda Civil (SEPRONA) paralizou asobras da piscifactoría, iniciadas por Pes-

Despois do fuel, as macropiscifactorías

canova antes de dispor de to-dos os permisos necesarios. Asobras comezaron o 22 de abril,o mesmo día no que chegaba ásede da Asociación para aDefensa Ecolóxica de Galiza(ADEGA) unha carta da Con-sellería de Medio Ambiente,asinada polo Director Xeral deConservación da Natureza,Francisco García Bobadilla,na que se aseguraba que o día20 de marzo de 2003 entrouna Consellería a solicitude decualificación ambiental paraun proxecto de granxa mariñade rodaballo en Cabo Tou-

riñán. Francisco García Bobadilla,compañeiro de don Manuel en xor-nadas cinexéticas, aseguraba na car-ta que aínda estaba pendente de seemitir o informe correspondente.

A macropiscifactoría deterioraríaunha zona de alto valor ecolóxico,inclúida no Lugar de IntereseComunitario (LIC) da Costa da Mor-te e, xa que logo, proposto para for-mar parte da Rede Natura 2000.Outras zonas da Costa de Morte dealto interese natural están ameaza-das por proxectos de grandes pisci-factorías. Unha delas estase a cons-truír no contorno do cabo Vilán.

A Xunta apoia a macropiscifactoría de Pescanova enCabo Touriñán a pesar do impacto ambiental quecausaría nunha zona proposta para a Rede Natura200.

O domingo 8 de xuño tivo lugar en Malpica unhamarcha “En defensa do mar” convocada polas prin-cipais organizacións ambientalistas de ámbitogalego (ADEGA, CEMMA, FEG, SGEA e SGHN).

A Plataforma cidadá Nunca Máis(http://www.plataformanuncamais.org) edita un xor-nal mensual con reportaxes, noticias e artigos deopinión sobre o Prestige. Un xornal necesario quepodemos comprar nos quioscos.

Page 11: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

11

AFEG defende a Axenda Local 21 e a Rede Natura 2000

AFEG considera que a Axenda21 Local (A21) é un instrumen-to básico para promover o

desenvolvemento sostíbel a nivel local,polo que desde hai 3 anos está contri-buíndo á súa difusión no noso país. Axuízo da FEG, un proceso de A21L, paraser sostíbel, ten que fomentar unha par-ticipación social intensa e introducir cri-terios sostíbeis en todas as políticas mu-nicipais, pois a A21L non só é cousa dasConcellerías de Medio Ambiente. A FEGdemanda á Xunta, ás Deputacións e áFEGAMP a adopción dun ambicioso pro-grama de apoio á A21L.

A Rede Natura 2000, a futura rede deespacios naturais protexidos da UE, éunha oportunidade para compatibilizar aconservación dos espacios naturais máisvaliosos coa mellora do benestar das per-

soas que viven neles. A FEG solicita aampliación da proposta galega de espa-cios propostos para a Rede Natura 2000e un compromiso moito maior da Conse-llería de Medio Ambiente coa proteccióndos lugares susceptíbeis de formarenparte da Rede Natura 2000. A maioríadas zonas litorais propostas para a RedeNatura 2000 resultaron prexudicadaspola marea negra do Prestige e pola reco-lla ambientalmente inadecuada do fuel,polo que cómpre adoptar medidas de res-tauración inmediatas.

A asemblea aprobou resolucións con-trarias ao proxecto de vía rápida do Mo-rrazo, por atentar irreversiblemente con-tra o patrimonio natural, cultural e socialda comarca do Morrazo e fomentar aíndamáis a utilización do automóbil privado, áampliación do paseo marítimo da Coruña

polo monte de San Pedro-San Roque e árealización da concentración parcelarianas veigas de Rairiz, o derradeira zona dealto valor ecolóxico que resta na comarcaourensá da Limia. Asemade, demandou aadopción por parte dos gobernos español egalego de estratexias eficaces de loita con-tra o cambio climático e valorou moi nega-tivamente a decisión de ENDESA deampliar o ciclo de vida da central térmicade carbón de As Pontes ata o ano 2023.

As asociacións ecoloxistas do interiordo país puxeron de relevo as outras “ma-reas negras” que estragan o noso am-biente: incendios, encoros, canteiras,parques eólicos en espacios naturais,....

Problemas ambientais que, sen mer-ma da atención que merece a catástrofedo Prestige, non deben ser esquecidos.

A asemblea elixiu unha comisión per-manente formada por Xosé Luís Baleato(coordenador xeral), Xosé Veiras (secre-tario), Mada Meléndrez (tesoureira),Martiño Nercellas (responsábel de biodi-versidade), Tino Quintela (responsábelde residuos), Alexandre Cendón, CamiloOjea, Mariana Roura e Francis Oliver.

Os asistentes á asemblea da FEG puideron coñecer o impor-tante traballo desenvolvido por Coto do Frade durante os últimosanos na comarca do Ribeiro, especialmente en defensa dos ríos.O traballo de Coto do Frade durante o último ano fica recollido nonúmero 4 do seu anuario. Entre os temas tratados no anuariofiguran a denuncia do peche do Punto Limpo do Ribeiro máis dunano despois da súa inauguración (na véspera das pasadas elec-cións autonómicas, a destrucción de Pena Corneira, a artificiali-zación do río Avia ao seu paso por Ribadavia como consecuenciada construcción dun paseo fluvial, a ineficacia da escala-ascensorpara o paso de peixes instalada no encoro de Frieira (río Miño),os incendios forestais ou a destrucción da alameda de Ribadaviapara construír un parking no centro da vila.

Todos os asistentes loubaron a excelente organización daasemblea anual da FEG por parte dos compañeiros de Coto doFrade, unha das asociacións con maior implantación social dointerior de Galicia

Coto do Frade

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) celebrou a súa asemblea anual o 29de marzo en Ribadavia. A asemblea, organizada pola asociación ecoloxistado Ribeiro “Coto do Frade”, aprobou o programa de traballo para os próxi-mos dous anos. A FEG impulsará o seu labor en defensa dos espacios natu-rais propostos para a Rede Natura 2000 e de promoción das Axendas 21locais.

Page 12: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

12

Non á Guerra!

1º.- O remate das accións militares edos combates máis cruentos non signifi-ca, realmente, que chegara a paz para opobo iraquí. Non podemos nin debemosconfundir a paz coa victoria, nin tampou-co a paz coa ocupación territorial, porquea paz non é, como sabemos, ausencia deguerra, senón que está directamente re-lacionada coa xustiza, coa seguridade,coa orde, e co cumprimento escrupulosodos dereitos humanos, marco imprescin-dible para iniciar a reconstrucción do des-truído –ilegal e inxustamente– como con-secuencia dunha intervención realizadaunilateralmente e á marxe das NaciónsUnidas e do Consello de Seguridade e queprovocou, miles de víctimas, mortos, feri-dos e desprazados, así como enormes des-trozos nas infraestructuras e ambientais.

2º.- Tódalas iniciativas promovidasposteriormente polas potencias ocupan-tes, incluído o Estado Español, carecende lexitimidade e non contan co aval dacomunidade internacional. Estas inicia-tivas (nomeamento dun auténtico virrei-nato en Bagdad, establecemento dunhaespecie de novo protectorado, formacióndun goberno interino, exclusións políti-cas, reparto colonial da administracióndo territorio entre as forzas de ocupa-ción, inspección á marxe dos inspectoresda ONU, detencións...) foron denuncia-das publicamente polas Nacións Unidas.

3º.- As prioridades das forzas ocupan-tes, os seus excesos, a desproporcionadaresposta diante de manifestacións pacífi-cas... puideron contemplarse inequivoca-mente en todo o mundo gracias ao extra-ordinario labor dos medios de comunica-ción independentes e de persoas comoJulio Anguita Parrado e o galego XoséCouso.

A Coordenadora Galega pola Paz, formada por numerosas organiza-cións da sociedade civil (partidos políticos da oposición, sindicatos,ONGs, asociacións profesionais, estudiantís, da mocidade, ecoloxistas,pacifistas, humanitarias, de crentes, fundacións...), entre elas aFederación Ecoloxista Galega (FEG), convocou as multitudinarias mobi-lizacións pola paz que tiveron lugar no noso país os días 15 de febreiro, 15de marzo e 6 de abril. Entre os prexuízos da guerra non deben esquecerseos ambientais, que incrementan o sufrimento do pobo iraquí ao afectar ássúas condicións de vida. Ao remate dos peores combates da guerra en Irak,a Coordenadora fixo público un manifesto que reproducimos.

4º.- Coa mesma firmeza temos quedenunciar a manipulación dos medios ofi-ciais estatais e autonómicos en relaciónco tratamento dado á guerra e á posgue-rra de Iraq (...).

5º.- Agradecemos e valoramos positi-vamente a actitude decidida, democráti-ca e cívica, das forzas da cultura, no con-xunto do Estado e en Galicia, que foronquen de contribuír, coas súas accións, axerar un clima participativo no que acidadanía tivo a oportunidade de expre-sarse unanimemente pola paz e contra aguerra en numerosas ocasións. Esta res-posta global, planetaria, da sociedadecivil, foi, sen dúbida, un elemento rele-vante e novidoso nesta crise, un aspectoque indica claramente a emerxencia dunmovemento multitudinario que non acep-ta que o novo marco de solución dos con-flictos internacionais veña imposto polaforza militar hexemónica dos EE.UU.(...).

6º.- Felicitámonos pola caída da dicta-dura persoal de Sadam Hussein e deplo-ramos o custo que tivo (...). Reiteramosque as causas da guerra non foron nin aliberación de Iraq, nin as armas de des-trucción masiva, nin as relacións coterrorismo internacional nin atallar aameaza que supuña o dictador para a paze a seguridade mundial, senón a afirma-ción do poder imperial dos EE.UU nomundo, o control xeoestratéxico do terri-torio e da rexión, das súas riquezas, oreforzamento das posicións de Sharon noconflicto israelí palestino, o debilitamen-to e a división da UE, de Nacións Unidas,do Consello de Seguridade e do mundoárabe e musulmán, aspectos todos eles,hoxe máis evidentes que nunca paratódalas persoas de ben. As novas amea-zas contra os paises viciños (Siria e Irán),

a insistencia na idea de que a guerra con-tinúa aínda que os combates remataran,ou a defensa reiterada do concepto de“guerra preventiva” pola AdministraciónBush supoñen novos perigos para a paz ea seguridade, así como unha nova vulne-ración da legalidade internacional.

7º.- Confiamos plenamente en que acidadanía galega saiba interpretar conrigor os acontecementos dramáticos quevivimos, a actitude subordinada e submi-sa dos nosos gobernantes ós intereses daadministración Bush, (...).

8º.- Por último, a Coordinadora Galegapola Paz, quere resaltar a unidade acada-da no seu seo entre tan distintas expre-sións da sociedade civil, o pluralismo, orecoñecemento da diferencia, a respostamultitudinaria da cidadanía galega comoprotagonista fundamental dunha demo-cracia participativa emerxente, cívica epacífica, así como a vontade de continuarpromovendo iniciativas diversas, de refle-xión e mobilización, contra a guerra e aviolencia, contra o terrorismo, e pola solu-ción xusta e pacífica dos conflictos.

A defensa reiterada do concepto de “guerra preventi-va” pola Administración Bush supón novos perigospara a paz e a seguridade do mundo.

Anxo Moure agredido pordefender o desarme

O compañeiro de XEVALE AnxoMoure foi brutalmente agredido e deti-do pola polícía e a garda civil o 22 demaio en Chantada por amosar, duranteunha visita de Manuel Fraga, un cartelco lema “Adeus ás armas”. Anxo estabaa escenificar unha adaptación do contodos tres porquiños (por iso levaba unhacareta de porco) e en ningún momentoactuou de xeito violento ou insultante. AFEG condenou a intervención policial erexeitou o que considera unha limita-ción inaceptábel do dereito á liberdadede expresión.

Page 13: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

13

Mal comezo do novo conselleiro do ambiente

Axuízo da FEG, o novo consellei-ro de medio ambiente, XoséManuel Barreiro, non está a

mostrar un compromiso forte coa defensaambiental e co desenvolvemento sostíbelnin a apostar seriamente polo diálogo epola participación social. A Conselleríade Medio Ambiente non parece que vaiadeixar de ocupar un lugar marxinal naXunta para, máis alá da retórica, impli-carse na introducción de criterios de sos-tibilidade en todas as políticas da Xunta.Nin tan sequera semella disposta a face-lo en todas as promovidas pola propiaConsellería.

A FEG lamentou que nos seus 100 pri-meiros días de goberno, o conselleiro nontivese dedicado nin media hora paraatender a solicitude de entrevista daFEG. Os contactos entre a FEG e XoséManuel Barreiro, limitáronse a unhareunión de presentación, sen orde do díae cunha evidente finalidade mediática,na que participaron diferentes organiza-cións ambientalistas inscritas no Rexis-tro da Consellería de Medio Ambiente.

A FEG presentou a Xosé Manuel Ba-rreiro, no inicio do seu mandato, 6demandas concretas e urxentes a reali-zar nos 100 primeiros días. O conselleiro

non atendeu ningunha destas deman-das. No que se refire á primeira, a FEGnon ten coñecemento das actuacións rea-lizadas ou planificadas pola Consellería.

Estas foron as demandas presentadaspola FEG:

1. Rexeneración ambiental dos espa-cios naturais propostos para a RedeNatura 2000 afectados negativamentepolos vertidos de fuel do Prestige e polarealización ambientalmente inapropiadade tarefas de recolla do fuel.

2. Reforma do Consello Galego deMedio Ambiente para convertelo nunórgano de participación social plural,representantivo e activo, de acordo coaproposta presentada conxuntamentepolas organizacións ambientalistas FEG,Asociación para a Defensa Ecolóxica deGaliza (ADEGA) e Sociedade Galega deHistoria Natural (SGHN) e polos sindi-catos CCOO, CIG e UGT.

3. Apertura dun proceso de diálogo enegociación para a consecución, antes dofinal deste ano, dun amplo Pacto socialen defensa dos montes galegos e contraos incendios forestais.

4. Aprobación dunha orde que exclúatodas as zonas propostas para a RedeNatura 2000 como zonas aptas para a ins-

Xosé Manuel Barreiro, novoconselleiro de medio ambi-ente, non puido dispor nin demedia hora para se entrevis-tar coa FEG mais si puidoachar tempo para participaren numerosos actos electoraisdo PP de Galicia, do que évicesecretario xeral.

talación de parques eólicos, de aproveita-mentos hidroeléctricos e de canteiras.

5. Paralización inmediata do actualproxecto de canalización do río Mero,atendendo ás demandas da PlataformaRío Mero Natural.

6. Establecemento dunha liña de axu-das aos Concellos para o financiamentode planos de compostaxe da fracciónorgánica do lixo.

Del Álamo, presidente doPadroado do Parque Nacional das

Illas AtlánticasO ex-conselleiro de Medio Ambiente,

Carlos del Álamo, víctima da súa penosaintervención na crise do Prestige (cohe-rente con toda a súa traxectoria política)foi cesado como conselleiro e nomeadopresidente do Padroado do ParqueNacional das Illas Atlánticas. É un sar-casmo que Del Álamo, que non soubodefender o Parque Nacional fronte ásmareas negras e procurou que o Parquetivese a menor superficie posíbel, fosepremiado con este nomeamento.

O labor de Carlos del Álamo á fronte daConsellería de Medio Ambiente foi avalia-do negativamente pola FEG e pola prácti-ca totalidade dos ambientalistas galegos.

Page 14: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

14

Pola democratización dos medios deinformación públicos

AConstitución Española e o Es-tatuto da Radio e a Televisiónobrigan ás radiotelevisións pú-

blicas a respectaren o pluralismo, a ob-xectividade, a veracidade e a imparciali-dade nas informacións diferenciándoasdas opinións.

Os xornalistas que integran os comitésde empresa e delegados de persoal deCRTVG, TVG, RG, TVE-G e RNE-G de-nunciaron a través dun comunicado queestes medios "incumpren, nalgúns casosde xeito escandaloso, os obxectivos de ser-vicio público". Poñen como exemplossituacións críticas que teñen sido ou sonobxecto de atención preferente das orga-nizacións ecoloxistas, como a catástrofedo Prestige ou os incendios forestais. Osmedios públicos galegos "non son cohe-rentes coas leis que regulan o seu funcio-namento nin cos principios básicos quedefinen as súas programacións; non se ca-racterizan polo pluralismo, a veracidade ea imparcialidade nin moito menos polasúa independencia do poder político".

O comunicado sinala que "a meirandeparte dos e das profesionais dos medios

públicos rexeita esta situación e identifí-case coa defensa dun modelo de radiote-levisión pública democrática e plural.Pero dende o "poder" utilízanse eficacesmecanismos para neutralizar a contesta-ción interna: a precariedade laboral cre-cente, a promoción aos postos de respon-sabilidade non en base a méritosprofesionais senón polo servilismo e aobediencia cega, o silenciamento dos pro-fesionais menos dóciles e a elaboraciónde boa parte da "liña informativa" porpersoas alleas ás redaccións ("tertulia-nos", guionistas, editores, asesores...) se-leccionadas de forma discrecional polasúa incondicional adhesión (compensadacon suculentas retribucións)".

Os profesionais fan un chamamento ásociedade civil para que esixa "o escru-puloso cumprimento dos obxectivoslegalmente establecidos para os mediospúblicos, reclamando a súa participaciónao máis alto nivel e dotándose, se é nece-sario, de novos instrumentos que garan-tan o control social, e non só político, dosmedios de comunicación que lexitima-mente lle pertencen".

CCaannaall VVeerrddeeNa FEG entendemos que a infor-

mación é algo demasiado importantecomo para deixalo só en mans dasempresas xornalísticas, particular-mente nun país como Galicia no queo respecto ao pluralismo, o rigor notratamento dos temas ambientais ea independencia dos medios infor-mativos deixan tanto que desexar.

Unha das nosas contribucións áinformación é o Canal Verde, uncanal de noticias ambientais naInternet xestionado pola FEG desdeoutubro de 1999 que forma parte doxornal electrónico "Galicia Hoxe" deVieiros

(http://www.vieiros.com).

Segundo un estudio de Pricewaterhouse Coopers(PwC) ao que Greenpeace tivo acceso, ENDESA é acuarta empresa eléctrica de Europa que máis contri-

búe ao cambio climático, ao emitir uns 73 millóns de tonela-das de CO2 anuais. UNIÓN FENOSA é a segunda empresaespañola con maiores emisións de CO2 (con máis de 14,5millóns de toneladas de CO2 anuais), situándose entre as 20empresas europeas de xeración de electricidade máis conta-minantes.

As emisións de CO2 no sector eléctrico prodúcense ao quei-mar combustíbeis fóseis (carbón, petróleo, gas natural) encentrais térmicas. O combustíbel que causa maiores emisiónsde CO2 é o carbón. A pesar disto, ENDESA e UNIÓN FENO-SA seguen apostando polo carbón. ENDESA decidiu recente-mente prolongar a vida da central térmica de As Pontes até oano 2023, adaptándoa para queimar só carbón de importa-ción, con menores emisións de gases causantes de chuviaácida (problema diferente ao do cambio climático). A dasPontes é a maior central térmica española mais podería dei-

xar de selo se ENDESA consegue ampliar a súa central tér-mica de carbón de Carboneras (Almería). Ademais de conti-nuar a explotar a central de carbón, ENDESA pretendeconstruír unha nova central térmica de ciclo combinado agas natural nas Pontes.

UNIÓN FENOSA explota no noso país a central térmicade carbón de Meirama (Cerceda) e a de fuel de Sabón(Arteixo). Ao igual que ENDESA, decidiu prolongar a vidada central térmica de Meirama máis alá do esgotamento damina de lignito situada ao seu pé. Ademais, vai construírunha nova central térmica de ciclo combinado a gas naturalen Sabón.

As emisións españolas de gases de efecto invernadoiroestán hoxe 24 puntos por riba dos límites acordados para oEstado español na UE para cumprir o Protocolo de Quioto.A aposta das eléctricas polo carbón e a débil promoción doaforro enerxético son, xunto co crecemento do transporte porestrada, as maiores dificultades para que España cumpra oProtocolo de Quioto.

ENDESA e UNIÓN FENOSA polo cambio climático

Page 15: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

15

Ecobreves

AFEG felicitou aos Concellosintegrados na Mancomunidadeda Serra do Barbanza, que

inauguraron o 5 de abril o seu complexode tratamento de residuos urbanos (RU)de Lousame, por teren optado seriamen-te pola reciclaxe e a compostaxe. A FEGsolicita ao Concello de Santiago que sigao mesmo camiño e lamenta o escaso com-promiso coa reciclaxe amosado até agorapolo alcalde e polo grupo municipal doPSdG-PSOE.

A inauguración do "Complexo medio-ambiental de tratamento de residuosurbanos e asimilables" de Lousame, quedará servicio ós concellos de Brión,Lousame, Muros, Noia e Porto do Son, éunha excelente noticia para o medioambiente de Galicia. A pesar das enor-mes presións que a Administración auto-nómica exerce sobre os Concellos que

Inaugurada a planta de compostaxe de Lousameoptan por alternativas ao sistema deSOGAMA SA, baseado na incineración, acompostaxe e a reciclaxe seguen avan-zando, tamén en Galicia.

Os concellos da Mancomunidade doBarbanza, xunto co de A Coruña, os doConsorcio das Mariñas (que agrupa anove concellos da área metropolitana da

Coruña) e o da Illa de Arousa, teñenclaro que un modelo de xestión do lixoque aposte fortemente pola reciclaxeintensiva e non meramente simbólica,non só é claramente preferible dende aóptica da sustentabilidade ecolóxica,senón tamén tendo en conta os custoseconómicos para a cidadanía.

Santiago e a compostaxe O concelleiro de medio ambiente de Santiago, Néstor Rego (BNG), é partidario de

que a cidade compostelá trate o seu lixo na planta de Lousame. Sen embargo, o alcal-de, Xosé Sánchez Bugallo (PSdG-PSOE), segue sen amosar un compromiso claro einequívoco coa compostaxe, probabelmente temeroso de contrariar ao presidente daXunta.

A actitude pouco ambientalista do PSdG-PSOE de Santiago no que se refire á xes-tión do lixo, contrasta coa máis positiva do mesmo partido na Coruña, en Lugo e nou-tros moitos municipios galegos e españois. Sería clarificador que o PSdG-PSOE e ospartidos progresistas galegos en xeral, unificasen internamente a súa posición sobrea xestión dos residuos, pois varía demasiado segundo o municipio e as circunstancias.

r A Plataforma Río Mero Natural,que se opón ao proxecto de canalizacióndo río Mero, augas abaixo do encoro deCecebre, dispón dunha nova e atractivaweb na que ofrecen información sobre oseu traballo e o proxecto do Ministerio ea Consellería de Medio Ambiente quedestruiría o río. O enderezo é:

http://www.riomero.org.

r Prosegue a campaña internacionalen defensa dos ríos galegos “Sobran wa-tios, faltan ríos vivos, sobran pre-sas”, na que participa a FEG. Na web dacampaña, http://www.rios-vivos.org,xestionada pola Asociación para a De-fensa dos Ríos “Cachoeira”, acharássuxestións para colaborares con estacampaña que procura a revisión do PlanoHidrolóxico e do Plano Sectorial Hidro-eléctrico de Galiza-Costa.

r A Coordenadora Galega para aDefensa dos Ríos (COGADER) convo-cou o 26 de abril un rafting e roteiro a pépolo río Ulla para protestar unha vezmáis polos danos ambientais que causa-ría o proxecto de Unión FENOSA para oaproveitamento hidroeléctrico do río.

r ADEGA – A Co-ruña e o Grupo Na-turalista Hábitat, coapoio da FEG, SGHN eSGEA, promoven unhacampaña contra aampliación do paseomarítimo da Coru-ña, xa que destruiría olitoral do Monte de SanPedro, unha zona deinterese natural local.Unha das poucas opor-tunidades de ter a na-tureza a un paso da ci-dade herculina agorapasará a ser un "paseo"aberto ó tráfico motori-zado por desexo deFrancisco Vázquez.

Máis informaciónen:

http://www.adegagaliza.org/corunha/index.html.

r A Asociación pola Defensa daRía de Pontevedra (APDR) cualificoucomo victoria histórica a condena deCelulosas-ELNOSA por delicto ecolóxi-

co. Esta sentencia incrementa a credibi-lidade da APDR e abre novas vías deloita contra un complexo industrial queten causado graves prexuízos á ría dePontevedra e á saúde das xentes de Pon-tevedra e comarca.

A FEG editou un folleto-cartel con suxestións para reducir a pro-ducción de residuos no traballo, na compra, no fogar, no lecer enas viaxes. O fomento da reducción debe ser a primeira priori-dade das políticas de residuos, antas cá reciclaxe e a compostaxe.O residuo que menos contamina é o que non se produce. Comoconsumidores e traballadores podemos contribuír á reducción daxeración de lixo. O xeito máis doado de reducir a cantidade deresiduos que producimos é consumindo de xeito consciente.

Page 16: Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 ...Boletín da Federación Ecoloxista Galega. Nº 12. Xuño 2003 NUNCA MçIS. 2 Editorial Por un mar de vida sen límites,

16

Axúdanos a defender a Natureza!A Federación Ecoloxista Galega (FEG) é unha organización independente das administracións, de empresas e de partidos polí-

ticos. A FEG e as asociacións que a forman desenvolven na nosa terra numerosas actividades en defensa do ambiente e do desen-volvemento sustentábel.

O traballo das organizacións ecoloxistas galegas é útil e necesario. Coa túa axuda conseguiremos máis resultados e poderemospreservar a nosa independencia. Se queres colaborar coa FEG, contacta connosco escribindo ao apartado de correos 949 de Santiagode Compostela ou, por correo eléctrónico, envíando unha mensaxe a [email protected].

A Federación Ecoloxista está formada polas seguintes asociacións:

ADEGA. Apdo. 501. 15780 SantiagoADENCO. Apdo.132. 36860 PonteareasAEBA. Avda. de Portugal, 51-2º andar. Lobios.ANIDA. Apdo. 35. 36540 SilledaAPDR. Apdo. 414. PontevedraAsemblea do Suído. Travesía de Vigo, 2.

36872 O CoveloO Brote. Casa da Xuventude. 32004 Ourense

Cachoeira. Apartado 1664. 36200 VigoCEDENAT. Apdo. 512. 27080 LugoCempés. Apdo. 2158. 15080 A CoruñaCES. Apdo. 100. 36980 O GroveCoto do frade. Apartado 32. 32400 RibadaviaA Curuxa. IB Xelmírez I. 15706 SantiagoO Galo de Antioquía. Casa Rectoral de San

Pedro de Lardo. 32630 Xinzo.

Guerrilleiros das fragas. Apdo. 41. 15320 As Pontes

Hábitat. Apdo. 805. 15080 A CoruñaLuita Verde. Apdo.155. 36940 CangasMEL. A Carballal. Congostro. 32654 Rairiz de

VeigaNéboa. Rúa Muchiqueira, 24. A Mourela.

15579 NedaNiño do Azor. Avda. da Habana, 40. Baixo.

15320 As PontesOureol. Fac. de Bioloxía. 15706 Santiago.PX. Outeiro, 50. Ponte do Porto. 15121 CamariñasSobreira. Apdo. 185. 36500 LalínTaina. Casa da Xuventude. 15171 Perillo-OleirosXEA. Apdo. 100. 36800 RedondelaXEVALE. Apdo. 35. Chantada.

Unha coalición internacional deorganizacións, entre as que seacha a Federación Ecoloxista

Galega (FEG), oponse a unha instalaciónpara o desguace de barcos nunha Reser-va da Biosfera da UNESCO de grande in-terese natural en Guinea Bissau. Enoutubro de 2002, Darío Amor, presidenteda empresa galega “DDY comercio exte-rior SA”, e Fernando Correia, Ministro deIndustria de Guinea Bissau, asinaron naCoruña un protocolo de intencións quecontempla unha instalación para o des-guace de barcos no corazón da Reservada Biosfera do Arquipélago de Bijagos.

“Un desguace de barcos porá en peri-go a saúde e o medio ambiente da poboa-ción local”, declarou Marietta Harjono,responsábel da campaña de tóxicos deGreenpeace internacional. Instalaciónssimilares na India, Pakistán e outrospaíses empobrecidos están a causar pro-blemas ambientais serios, xa que os bar-

Empresa galega ameaza Reserva da Biosfera en Guinea Bissau

cos conteñen residuos perigosos e os con-trois administrativos son insuficientes.

Segundo o devandito acordo, o des-guace de barcos situaríase na illa deBolama, no arquipélago de Bijagos. Estearquipélago foi clasificado pola UNESCOcomo Reserva da Biosfera en 1993. Posúeunha alta diversidade biolóxica, queinclúe hipopótamos, lontras, seis espe-cies de tartarugas mariñas e dúas espe-cies de crocodilos. Alberga uns 700.000exemplares de especies de aves migrato-rias. As súas augas son ricas en pesca.

A Coalición “Amigos de GuineaBissau” acha que a área é atractiva paraos promotores porque a ex-colonia portu-guesa do oeste de África non asinou aConvención de Basilea, un tratado queregula o transporte transfronteirizo deresiduos tóxicos. Para a FEG, estamosperante un intento máis de ubicar unhainstalación contaminante ao servizo e enbeneficio de empresas de países enrique-

cidos que danará gravemente os recursosnaturais e a saúde da poboación dun paísempobrecido do Sur.

A Coalición Internacional de Amigosde Guinea-Bissau está formada porNovib (Oxfam Holanda), Greenpeace,Interchurch Organisation for Deve-lopment Cooperation (ICCO), WWF WestAfrican Marine Ecoregion (WAMER),Fondation Internationale du Bancd'Argui (FIBA), Basel Action Network(BAN), Associação para a CooperaçãoEntre os Povos (ACEP), Sociedade Portu-guesa para o Estudo das Aves(SPEA/BirdLife) e a FEG.

Podes manifestar á UNESCO oteu rexeitamento a este proxectoenvíando unha mensaxe de correoelectrónico desde:

http://www.greenpeaceweb.org/shipbreak/news41.asp