3
CAMIÑO DE LEMBRANZAS Sairá de novo da súa man. Coma sempre. Coma desde aquel día. Aprenderá a camiñar, pois onte esquecéuselle de novo. “Tes que ser forte”. O desafío de sempre. Ou quizais o de antes. Quen sabe. Mellor dito, quen o lembra? Dende logo, el non. Pé dereito. Aférrase á man. Pé esquerdo. Por que? Deixa as preguntas para despois, tes que aprender a camiñar. Pé dereito. Téñenme que ensinar a camiñar. Pé esquerdo. Non quero aprender. Pé dereito. Só quero lembrar. De súpeto unha aperta. - Moi ben avoíño, canto andamos hoxe! Voute convidar a un chocolate que vai moito frío. Vamos, uns pasiños máis. Comezamos de novo. Que pé ía agora? Mentres dubida busca a resposta naqueles olliños meigos. Pé esquerdo. Por fin chegan ao café. É certo, hoxe andaron moito. Ou moi pouco. Non ten nada co que comparalo. -Dous chocolatiños ben quentes, por favor. -Deseguida. Mira aquel lugar estrañado. É o café dos venres. Pero el non o sabe. Mellor dito, non o lembra. -Mmmm, que ben ole… verdade? - Ti quéresme máis agora ou antes? -Xa sabes que eu te quero sempre, avoíño. -E a mamá? Eu penso que antes me quería máis, agora mírame coma se estivese cansa de min… -Non digas iso, avó. Xa sabes que te queremos moito. - Aínda que ás veces non vos recoñeza? - Si, porque que non nos recoñezas non quere dicir que nos teñas esquecidos.

Camiño de Lembranzas

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Relato de Cristina Salgado gañador do 1º premio xuvenil en galego do concurso Inspiraciencia

Citation preview

CAMIO DE LEMBRANZASSair de novo da sa man. Coma sempre. Coma desde aquel da. Aprender a camiar, pois onte esquecuselle de novo. Tes que ser forte. O desafo de sempre. Ou quizais o de antes. Quen sabe. Mellor dito, quen o lembra? Dende logo, el non. P dereito. Afrrase man. P esquerdo. Por que? Deixa as preguntas para despois, tes que aprender a camiar. P dereito. Tenme que ensinar a camiar. P esquerdo. Non quero aprender. P dereito. S quero lembrar. De speto unha aperta.- Moi ben avoo, canto andamos hoxe! Voute convidar a un chocolate que vai moito fro. Vamos, uns pasios mis.Comezamos de novo. Que p a agora? Mentres dubida busca a resposta naqueles ollios meigos. P esquerdo. Por fin chegan ao caf. certo, hoxe andaron moito. Ou moi pouco. Non ten nada co que comparalo.-Dous chocolatios ben quentes, por favor.-Deseguida.Mira aquel lugar estraado. o caf dos venres. Pero el non o sabe. Mellor dito, non o lembra.-Mmmm, que ben ole verdade?- Ti quresme mis agora ou antes?-Xa sabes que eu te quero sempre, avoo.-E a mam? Eu penso que antes me quera mis, agora mrame coma se estivese cansa de min-Non digas iso, av. Xa sabes que te queremos moito.- Anda que s veces non vos recoeza?- Si, porque que non nos recoezas non quere dicir que nos teas esquecidos. -Ensname a tomar o chocolate e despois volvemos onda a seora que se parece a ti. Esa da que falamos hai un chisco.-Mira, colles a taza por aqu e achgala boca. As. Moi ben.P esquerdo da man do seu neto. Antes de poder botar o dereito de novo, un home traxeado reclama a sa atencin:-Bos das, poderame responder unhas preguntas desta enquisa? Non tardar moito tempo, asegrollo.-Tenme que desculpar, pero precisamente tempo o que me falta. Nun s da teo que aprender o que souben toda unha vida: camiar, falar, bicar, estar cos meus Cando todo sexa coma antes respondereille. Por que todo volver a ser coma antes, non si?- Non o dubides avoo.Dende aquel da durma sempre acompaado. Ao espertar va o seu neto sa beira. Va a nica persoa que a sa memoria non lle roubara. E dicase, coma sempre, ou por primeira vez? teo que ser forte por ti. Estaba tardando demasiado en ir cama. Ou iso lle pareca a el. Pode que estivese falando coa muller que o chama pap. Si, tia que estar falando con ela, porque nunca deixaba tanto tempo s ao av. Ma aprender o nome desa muller. Unha muller que ten os seus mesmos ollos e o falar da avoa. Na casa falan moito da avoa. El quere coecela, pero dinlle que non pode. Que xa non. Mentres pensa nos decoecidos do pasado, o seu neto fala coa muller que ten os mesmos ollos que o av. Hoxe descubriron que inxectando unha protena, a Crtc1, nunha parte do cerebro, hipocampo ou algo as, se podera evitar a perda de memoria en persoas que teen a mesma enfermidade que o seu avoo, pero nun estado moito mis leve. E que o seu avoo est moi enfermo. El ntao e por iso o axuda. Porque o quere e porque non lle gusta a idea de que esqueza quen . Polo de agora esta proba s deu bos resultados con ratos, pero el confa en que o seu av se curar. Anda que estea moi grave. E anda que non sexa un ratio. Anda que iso ao que chaman Alzheimer viva no seu peito. El sabe que se curar porque unha enfermidade non pode roubarlle a vida a ningun. Non, e menos anda ao seu av.