15
Campaña educativa pola inclusión e a equidade

Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

Campaña educativa pola inclusión e

a equidade

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 1

Page 2: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

Edita: Entreculturas-Fe y Alegría. R/Pablo Aranda, 3. Madrid 28006. Tel. 91 590 26 72. Fax 91 590 26 73. e-mail: [email protected]áxina web: www.entreculturas.orgCoordinadora de Sensibilización: Raquel Martín. Responsable de Educación: Irene Ortega. Redacción: Lola Cabrera, Irene Ortega.Dirección de arte e deseño gráfico: Maribel Vázquez. Fotomecánica e impresión: Iarriccio Artes Gráficas. Fotos interior: A rquivo Entreculturas-Fe y Alegría. Impreso en papel ecolóxico. Setembro 2005.

Campaña educativa ¿Igual-Dá?

¿Que entendemos por educación?

¿Por que relacionamos inclusión social, equidade e xustiza educativa?

¿Que factores son os que dificultan unha educación de calidade para todos e todas?

¿Cales son os compromisos internacionais?

¿Que se conseguiu ata agora?

Conceptos clave

Información na web

Referencias bibliográficas

3

4

5

7

8

10

11

12

12

Entreculturas é unha organización non gobernamental, promovida pola Compañía de Xesús, que defende o acceso á educación dos máis desfavorecidos,como medio de cambio social, xustiza e diálogo entre culturas.

Desde hai anos apostamos pola promoción social dos excluídos do mundo.En Entreculturas estamos convencidos da necesidade de educar tamén aquí nosnosos países do Norte para a comprensión dun mundo interdependente.

contidos

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 1

Page 3: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

Manifestación contra a Pobreza en Madrid. 26 de xuño de 2005.

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 2

Page 4: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

___3

¿Igual-Dá? é unha campaña educativa orientada a comprender a orixe das desvantaxes que impiden a igualdade de oport u n i d a d e s , especialmente no ámbitoda educación. Así mesmo quere fomentar a toma de conciencia sobre a necesidade de desenvolver actitudes, estratexias e políticas encamiñadas a com-pensar as ditas desvantaxes para transformar as realidades de exclusión.

Por isto ¿Igual-Dá? busca:

1 Sensibilizar sobre os procesos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades,especialmente no exercicio do dereito á educación.

2 Favorecer a reflexión e comprensión da equidade e a inclusión como parte das actitudes,estratexias e políticas encamiñadas á igualdade de oportunidades, facendo fincapé no ámbitoeducativo.

3 Promover actitudes e valores que faciliten a participación activa a nivel local e global natransformación de procesos de exclusión, conectando con outras iniciativas sociais que teñaneste mesmo fin.

Se falamos de equidade e de inclusión, é fundamental abordar o acceso a unha e d u c a c i ó nde calidade, como dereito e como condición imprescindible de cara a lograr a igualdade deo p o rtunidades.

Ademais, hai que ter presente que a educación é un dos principais instrumentos de transfor-mación social xa que impulsa as capacidades de persoas e comunidades para participar acti-vamente nos procesos políticos, económicos e sociais que lles afectan e contribúe a xerarespazos de encontro, cooperación e diálogo intercultural.

É, polo tanto, unha fonte de oportunidades, xa que o nivel educativo dunha persoa condicionaen gran medida as súas opcións de cara ao desenvolvemento da súa vida persoal, pro f e s i onal,cultural e social.

No entanto, a exclusión social dificulta enormemente o exercicio do dereito á educación, ocal á súa vez, perpetúa a dita exclusión, obstaculizando os procesos de cambio cara a estru-turas e dinámicas sociais máis xustas.

Neste dosier de campaña pretendemos achegarnos ás relacións existentes entre a inclusióncomo obxectivo, a equidade como principio de xustiza e procedemento para a acción e a edu-cación como necesidade e dereito fundamental.

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 3

Page 5: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

Partimos dun concepto de educación con amplo respaldo internacional, adoptado pola Conferencia Mundial pola Educación para Todos (Jomtien, 1990).

“Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser gratuíta, polo menos no que atinxe á instrución elemental e fundamental. A instrución ele-mental será obrigatoria. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos dere itoshumanos e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as nacións e todos os grupos étnicos ou reli-xiosos e promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas para o mantemento da paz”.Declaración Universal de Dereitos Humanos, 1948.

Isto supón transcender a identificación do dereito á educación con escolarización básica, para consideralo un proceso dinámico que se prolonga ao longo de toda avida.

Pola súa parte, Entreculturas como membro da Federación Internacional Fe e Alegría, movemento de Educación Popular, entende que esta ha de constituír unha pro-posta ética, política e pedagóxica para transformar a sociedade, de modo que os excluídos se convertan en suxeitos de poder e actores da súa vida, e participen acti-vamente nun proxecto de sociedade fundamentado na dignidade da persoa e nos Dereitos Humanos.

Entendemos por educación: Os procesos dirixidos á satisfacción das necesidades básicas de aprendizaxe, é dicir, aquelas ferramentas e contidosnecesarios para que os seres humanos poidan desenvolver ao máximo as súas capacidades, vivir e traballar con dignidade, participar plenamenteno desenvolvemento, mellorar a calidade da súa vida, tomar decisións fundamentais e continuar apre n d e n d o .

¿Queentendemos poreducación?

O1

A educación é:–– Unha necesidade humana básica: esta necesidade non é unívoca, as necesidades de aprendizaxe das persoas e a maneira de satisfacelasvarían segundo cada país e cada cultura e cambian inevitablemente co transcurso do tempo.

–– Un Dereito Humano: recollido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948), na Convención dos dereitos do Neno (1989) e nalexislación interna de moitos Estados.

___4

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 4

Page 6: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

A educación non é só un fin e un dereito en si mesmo, senón que facilit ao exercicio doutros dereitos civís, políticos e sociais. Por isto, a súa n e g a-ción afecta ao desenvolvemento da persoa e incide enormemente nac o n s t rución dunha sociedade democrática e participativa. Ambos aspect o sre t roaliméntanse mutuamente.

Este feito sitúa a aqueles países e comunidades nos que se dan graves

situacións de desigualdade e pobreza ante serias dificultades á hora delograr un desenvolvemento humano sostible (Vélaz Medrano, 2005).

Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativada educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é unha esixenciaque se deriva dos Dereitos Humanos e un factor imprescindible para odesenvolvemento e a xustiza social.

A concreción da xustiza educativa require avanzar cara á inclusión a través deactitudes, estratexias e políticas que sitúen a equidade no centro da acción.

Desde este prisma, resulta imposible desvincular equidade e calidade. Só unhaeducación de calidade para todos e todas fará posible a inclusión.

A Educación de calidade contempla as características das persoas que participan nos procesos educativos, e implementa as medidas adecuadas para satisfacer as necesidades básicas de aprendizaxe de cada educando, incluíndo aquelas que compensan as desvantaxes departida.

¿Por que relacionamosinclusión social, equidade e xustiza educativa?

O2 “... se ben a educación é un factor de equidade social, certos niveis básicos de equidade social son necesarios

para que sexa posible educar con posibilidades de éxito”.Educar en la sociedad del conocimiento, J.C. Tedesco.

“O principio de equidade que postula Fe e Alegría require practicar a discriminación positiva para privilexiar e atender mellor os que teñen

maiores carencias, buscando compensar no posible as desigualdades...”La calidad de la educación popular, Fe y Alegría.

___5

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 5

Page 7: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

Para romper a dinámica circular que se establece entre a falta decumprimento do dereito á educación e a exclusión social, é nece-sario implementar medidas de acción afirmativa (discriminaciónpositiva) que posibiliten a igualdade real de persoas, grupos ecomunidades excluídas.

Neste contexto e no marco da Educación para o Desenvolvemento,E n t reculturas pon en marcha a campaña ¿Igual-Dá? para sensibilizare favorecer a comprensión dos procesos de exclusión, especial-mente daqueles vinculados á educación, así como sobre a impor-tancia da equidade para transformalos.

Porcentaxe de nenos e nenas que non reciben ensinanza primaria, por quintil dos ingresos familiares.

20% máis pobre

Fonte: UNICEF. Progreso para la infancia. Un balance sobre la enseñanza primaria y la paridad entre los géneros. Nº 2, abril de 2005.

20% máis ricoECE/CEI*

América Latina e o Caribe

Asia Oriental e o Pacífico

Asia Meridional

Oriente Medio e África do Norte

África Oriental e Meridional

África Occidental e Central

0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70%___6

* Países do Programa de Cooperación para a Integración Europea daComisión para Europa de Nacións Unidas e a Iniciativa Europa Central.

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 6

Page 8: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

–– Cobertura deficiente.–– Exceso de repeticións e abandono dos estudos.–– Baixa calidade:

– Escasa formación e condicións laborais inapropiadas do persoaldocente.– Carencias na xestión educativa, incluíndo a escaseza de equipamento escolar.– Pouca adecuación dos deseños curriculares ao contexto.

–– Excesivos custos directos e indirectos de acudir á escola.–– Traballo infantil.–– Discriminación de xénero.–– Discriminación por discapacidade.–– Discriminación por enfermidade.

¿Que factores dificultan unha educaciónde calidade para todose todas?

O3

Fonte: Ayuda y Educación: Un reto para la Cooperación Española (CONGDE, 2004).

Fonte: Ayuda y Educación: Un reto para la Cooperación Española (CONGDE, 2004).

Na orixe destes factores encontramos:

–– Diferentes oportunidades: as condicións de exclusión social provocan a falta de acceso a recursos educativos de calidade.–– Programas de axuste estrutural e débeda externa: implican a redución dos investimentos sociais, entre outros, o educativo.–– A educación básica non ten prioridade política para moitos gobernos.–– Promesas incumpridas no ámbito internacional e deficitario financiamento da educación.

___7

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 7

Page 9: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

En abril do ano 2000 os gobernos del mundo compro m e t é ronse, no ForoMundial para a Educación de Dakar, a acadar unha Educación básica decalidade para todos e todas no ano 2015.

Cinco meses despois recolleuse este compromiso coa inclusión da edu-cación entre os Obxectivos de Desenvolvemento do Cumio do Milenio. E ,dous anos máis tarde, presentouse a Fast Track Initiative (F. T. I . ) como

mecanismo concreto para facer realidade o dito compromiso e aseguraro financiamento necesario.A raíz destes feitos, a sociedade civil organizada pon en marcha aCampaña Mundial pola Educación (CME), para contribuír a unha E d u -cación para Todos, exercendo unha intensa presión social e política demobilización cidadá e gobernamental, e realizando un seguimento da evo-lución destas iniciativas.

¿Cales son oscompromisosinternacionais?

O4

1. Erradicar a pobreza extrema e a fame (1990–2015).

2. Lograr o ensino universal (–> 2015).

3. Promover a equidade entre xéneros e a autonomía da muller

(2005–2015).

4. Reducir a mortalidade infantil (1990–2015).

5. Mellorar a saúde materna (1990–2015).

6. Combater o VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades (–>

2015).

7. Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento:

sistema financeiro – comercio xusto, débeda externa, países sen

litoral, ámbito laboral, produtos farmacéuticos, novas tecnoloxías.

Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio en Educación (Xustiza Social)

___8

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 8

Page 10: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

Obxectivos:

1. Estender e mellorar a protección e educación integral da primeira infancia.

2. Acceso de todos os nenos e nenas á ensinanza primaria gratuíta e de calidade.

3. Velar polas necesidades de aprendizaxe de todas as persoas mozas e adultas.

4. Aumentar o número de adultos alfabetizados.

5. Suprimir as disparidades de xénero en primaria e secundaria.

6. Mellorar todos os aspectos cualitativos da educación.

Estratexias:

1. Promover un sólido compromiso político nacional e internacional.

2. Fomentar políticas de Educación para Todos.

3. Velar polo compromiso e participación da sociedade civil.

4. Crear sistemas de bo goberno e xestión da educación.

5. Atender as necesidades dos sistemas educativos afectados por conflitos, desastres

naturais e inestabilidade.

6. Aplicar estratexias integradas para lograr a igualdade de xénero.

7. Practicar programas contra o VIH/SIDA.

8. Crear un contorno educativo seguro, san e integrado.

9. Mellorar a condición dos docentes.

10. Aproveitar as novas tecnoloxías.

11. Supervisar sistematicamente os avances.

12. Acelerar a marcha cara á Educación para Todos.

Obxectivos Dakar (Xustiza Educativa)

___9

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 9

Page 11: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

Aínda que é moito o camiño que queda por percorrer, é importan-te destacar os avances que se realizaron ata o momento.

Nos últimos 10 anos a taxa de alfabetización de adultos pasou do64% ao 76%. Porén, aínda hai 23 países coas taxas de analfa-betismo ao redor do 50% (CONGDE, 2004).

En Entreculturas temos o convencemento da necesidade de uniresforzos para facer real o dereito á educación de todos e todas.

Por iso promovemos activamente e convidámoste a sumarte á C a m -paña Mundial pola Educación e ao Chamado Mundial de AcciónContra a Pobreza (que se concreta en España na CampañaPobreza 0).

Se queres un espazo para participar nestas iniciativas, podes infor-m a rte sobre a Rede de Mozos e Mozas Solidarios de Entreculturas.

Porque non nos dá igual.¡Porque queremos un mundo máisxusto para todos e todas!

¿Que se acadouata agora?

O5 “Creo que é unha boa idea que todos os nenos poidan ir á escola no 2015, pero ¿por que esperar tanto?”.

Postal dun neno ao Primeiro Ministro de Dinamarca (CME).

___10

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 10

Page 12: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

–– DISCRIMINACIÓN POSITIVA/ACCIÓN AFIRMAT I VA: “Denomínase discriminaciónpositiva ao conxunto de medidas políticas ou sociais encamiñadas a contra-rrestar unha discriminación negativa amplamente estendida” (Durán, M. A. 1994en Giner, S. et. al. 2002). O conflito que supón falar de discriminación levou aimportantes sectores a preferir o termo “acción afirmativa”.

–– EDUCACIÓN DE CALIDADE: “É a que forma a integralidade da persoa poten-ciando o desenvolvemento pleno de todas as súas dimensións, a que valora asúa unicidade individual e a súa pertenza sociocultural favorecendo a apropia-ción e a construción persoal de coñecementos, actitudes e habilidades; é a quecapacita para mellorar a calidade de vida persoal e da comunidade, comprome-tendo as persoas na construción dunha sociedade máis xusta e humana” (Fe eAlegría, 2004).

–– EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO: “Proceso para xerar concienciascríticas, facer a cada persoa responsable e activa, co fin de constituír unha novasociedade civil, tanto no Norte como no Sur comprometida coa solidariedade,entendida esta como corresponsabilidade no desenvolvemento, e participativa,cuxas demandas, necesidades, preocupacións e análises, se teñan en conta áhora de tomar decisións políticas, económicas e sociais” (Grupo ED da CONGDE,2005).

–– EDUCACIÓN POPULAR: Proposta ética, política e pedagóxica para transformara sociedade, de modo que os excluídos se convertan en suxeitos de poder eactores da súa vida e dun proxecto humanizador e transformador de sociedadee de nación (Fe e Alegría, 2004).

–– EQUIDADE: Entendemos por equidade o principio e modo de acción que buscacompensar as desvantaxes de carácter individual ou social para lograr a igual-dade de oportunidades. En educación supón “empregar os recursos adicionais

necesarios para que os alumnos con necesidades educativas especiais, noni m p o rta se estas obedecen a factores naturais ou sociais, se acheguen tanto comosexa posible á igualdade en recursos, procesos, oportunidades e resultados conquen foron ben tratados pola natureza e a historia” (Fernández Enguita, 2003).

–– XUSTIZA EDUCATIVA: “A realización da xustiza educativa supón a distribu-ción equitativa da educación como ben social. Cabe notar que, a diferenza dosdemais bens sociais, a educación asimílase ao suxeito, transfórmao, vólveseconstitutiva do seu ser. Ademais, a educación ten un carácter difusivo, esténdesea outras persoas, grupos e institucións a través dos suxeitos que a asimilaron.A persoa educada enriquece a convivencia” (Latapí, 1993). “Xustiza Educativa(iguais oportunidades de educación e aprendizaxe ao longo de toda a vida paratodos) só pode ir da man de Xustiza Económica (satisfacción das necesidadesbásicas de toda a poboación, entre elas a propia educación)” (Rosa Mª Torres,2005).

–– IGUALDADE DE OPORTUNIDADES: Principio que garante a igualdade de dere i t o s ,a través da eliminación de obstáculos de carácter social ou persoal, que sitúan aspersoas en posición de desvantaxe de cara ao cumprimento dos seus dere i t o s .

Conceptosclave O6

___11

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 11

Page 13: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

–– http://www.congde.org/documentos.htm. Axuda e Educación: Un reto para a Cooperación Española.–– http://www.un.org/spanish/millenniumgoals/. Obxectivos de Desenvolvemento de Nacións Unidas para o Milenio.–– http://www.unesco.org/education/efa/ed_for_all/dakfram_spa.shtml. Educación para Todos: Cumprir os nosos compromisos comúns. Marco de Acción aprobado

en Dakar (Senegal) en abril de 2000.–– http://www.unesco.org/education/pdf/DELORS_S.PDF. Jacques Delors. A educación encerra un tesouro. Informe á UNESCO da Comisión Internacional sobre

Educación para o Século XXI.–– http://www.feyalegria.org

Informaciónna web O7

–– CONSELLO DA UNIÓN EUROPEA. Resolución de 8 de novembro de 2001 sobre a Educación para o Desenvolvemento e a Sensibilización da Opinión Pública Europea a favor da Cooperación para o Desenvolvemento.

–– GRUPO DE ED DA CONGDE (2005). Educación para el Desarrollo: Estrategia imprescindible para el Desarrollo. Madrid: CONGDE.–– GINER, S. LAMO DE ESPINOSA, E. TORRES C. (eds.) (2002). Diccionario de Sociología. Madrid: Alianza Editorial.–– FE Y ALEGRÍA, (2004). La Calidad de la Educación Popular. unha aproximación desde Fe y Alegría. XXXIV Congreso Internacional Bogotá (Colombia), 2003.–– FERNÁNDEZ ENGUITA, M. (2003). E pluribus unum: Educación y cohesión social en un contexto de multiculturalidad y desigualdad. XVIII Semana Monográfica

de Educación. Fundación Santillana.–– LATAPÍ, P. (1993). Reflexiones sobre la justicia en la educación. Revista Latinoamericana de Estudios Educativos, Vol. XXIII, nº 2, 1993.–– TEDESCO, J.C. (2000). Educar en la sociedad del cocimiento. Bos Aires: Fondo de Cultura Económica.–– TORRES, R.M. (2005). Justicia Económica y Justicia Educativa. Madrid: Entreculturas.–– UNICEF, (2005). Progreso para la infancia. Un balance sobre la enseñanza primaria y la paridad entre los géneros. Nº 2, Abril 2005.–– VÉLAZ DE MEDRANO, C. (2005). Educación básica, lucha contra la pobreza y desarrollo humano. En ENTRECULTURAS y ALBOAN, (2005). La educación en la

Ayuda Oficial al Desarrollo española: evaluación de un sector estratégico de la cooperación. Madrid: Entreculturas e Alboan. Ed. En prensa.

ReferenciasbibliográficasO8

___12

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 12

Page 14: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 13

Page 15: Campaña educativa pola inclusión e a equidade...Polo tanto, a xustiza educativa, entendida como distribución equitativa da educación en tanto que ben social (Latapí, 1993), é

Non nos dá igual.¡Queremos un mundo máis xusto para todos e todas!Organiza: Colabora:

CUADERNO.QXD 8/9/06 12:03 Página 14