13
15 DE FEBREIRO DE 2015 CÓDIGO ÉTICO

CÓDIGO ÉTICOmareatlantica.org/wp-content/uploads/2015/02/web_codigo...CÓDIGO ÉTICO 3 1.Aoservizodo99% #Renovación OscargoselectosdaMareaAtlántica,asícomoopersoaldeconfianzaeos

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CÓDIGO ÉTICOmareatlantica.org/wp-content/uploads/2015/02/web_codigo...CÓDIGO ÉTICO 3 1.Aoservizodo99% #Renovación OscargoselectosdaMareaAtlántica,asícomoopersoaldeconfianzaeos

15 DE FEBREIRO DE 2015

CÓDIGOÉTICO

Page 2: CÓDIGO ÉTICOmareatlantica.org/wp-content/uploads/2015/02/web_codigo...CÓDIGO ÉTICO 3 1.Aoservizodo99% #Renovación OscargoselectosdaMareaAtlántica,asícomoopersoaldeconfianzaeos

CÓDIGOÉTICO

2

Entre os principios esenciais que marcan o ritmo de acción política na MareaAtlántica ocupa un lugar sobranceiro a esixencia dun compromiso ético.Segundo a nosa inicial declaración de principios, a Marea Atlántica móvesepor outra maneira de facer política, da xente e para a xente: con contasclaras e transparencia, sen posibilidade de acomodarse nos cargos eblindarse de privilexios de clase, sen perder o diálogo coa cidadanía. Paraiso cómpre desprazar o concepto de poder e transformalo no de servizo: unGrupo Municipal é parte integrante desa cidadanía e debe renderlle contasmentres traballa polos desexos comúns.

Non cabe dúbida de que unha das razóns que nos levou a impulsar a MareaAtlántica foi a vaga de corrupción que asola as institucións do Réxime do 78e condiciona a súa estrutura e forma de goberno. Fronte a este sistemacorrupto e esclerosado, do que xa nada podemos agardar, para nós urxedemostrar que outra forma de facer política é posíbel: unha que define aacción institucional como un compromiso de servizo público sobre a basedos desexos compartidos.

Non entendemos o acceso aos cargos de representación como unhacarreira profesional nin como un xeito de vida. Cremos na renovación e nonna fosilización nos cargos. E por riba de todo, cremos na cidadaníagobernándose a si mesma. Un Código Ético tal e como desexamos deberecoller unha serie de medidas para evitar o afastamento entrerepresentantes e representados/as, para asegurar que as persoas queacceden aos cargos públicos o fan cunha profunda vocación de servizo enon pola soa satisfacción de aspiracións persoais. Só un compromiso éticoque minimice as posibilidades de corrupción garantirá unhas institucións aoservizo da cidadanía.

As medidas que aquí expoñemos van nesa dirección: por unha banda,tentamos evitar ese distanciamento establecendo unha limitación estrita demandato así como unha limitación salarial que supón máis dun terzo derebaixa sobre as actuais retribucións do Concello da Coruña, ao que seacompaña a prohibición de recibir percepcións económicas máis alá dosalario como representante. Ademais, a Marea Atlántica comprométese arebaixar nun 50% o custo económico do goberno municipal, reducindo nonsó as retribucións dos cargos e persoal eventual senón tamén o seunúmero.

Establecemos tamén medidas preventivas da corrupción, como as relativasa evitar os conflitos de intereses e outras situacións que poden provocar odesvío dunha correcta actuación política. Facemos especial fincapé nasmedidas relativas á transparencia, que lle permitirán á cidadanía controlarcalquera exceso por parte dos representantes institucionais da MareaAtlántica.

A nosa enerxía como Marea xorde, en definitiva, da convicción de que apolítica é un exercicio humanizado e responsable e de non ser así, deixa deservir á comunidade. Un labor incesante de mareas, onde os nosos e asnosas representantes se comporten e vivan como persoas do común, cospés na rúa, compatibilizando as súas vidas persoais coa acción política, esen esquecer en ningún momento por que están aí: en defensa e ao servizodas maiorías sociais, as mareas sociais, o 99%.

Page 3: CÓDIGO ÉTICOmareatlantica.org/wp-content/uploads/2015/02/web_codigo...CÓDIGO ÉTICO 3 1.Aoservizodo99% #Renovación OscargoselectosdaMareaAtlántica,asícomoopersoaldeconfianzaeos

CÓDIGOÉTICO

3

1. Ao servizo do 99%

#RenovaciónOs cargos electos da Marea Atlántica, así como o persoal de confianza e oscargos directivos, exercerán as súas responsabilidades durante un máximode oito anos, o equivalente a dous mandatos completos, sexan alternos ouconsecutivos. Despois deste período deberán regresar á súa actividadeprofesional un mínimo de cinco anos. A Marea Atlántica e os cargos saíntes,sen remuneración engadida de ningún tipo, favorecerán a formación efacilitarán a transmisión de coñecementos para garantiren a renovación.Estes criterios son invariábeis, mesmo acadando cotas de goberno.

Page 4: CÓDIGO ÉTICOmareatlantica.org/wp-content/uploads/2015/02/web_codigo...CÓDIGO ÉTICO 3 1.Aoservizodo99% #Renovación OscargoselectosdaMareaAtlántica,asícomoopersoaldeconfianzaeos

CÓDIGOÉTICO

4

2. Nada que ocultar

#ContasClarasOs cargos electos da Marea Atlántica, así como o persoal de confianzaremunerado con fondos públicos e os cargos directos de designaciónpolítica, farán públicas cada ano, a comezar polo intre da súa toma deposesión, as súas declaracións de bens, renda e, no seu caso, depatrimonio. Este compromiso estenderase durante tres anos despois doabandono, calquera que fose a causa, das súas responsabilidades. No casodas declaracións de bens precisarase a porcentaxe de titularidade dos bens,así como a identidade das outras persoas cotitulares (con iniciais, no casode non obter consentemento) e o réxime da relación con ditas persoas.Consonte a esa transparencia, a Marea Atlántica fará públicos os criteriosque avalen a contratación de cargos ou postos de libre designación.

Page 5: CÓDIGO ÉTICOmareatlantica.org/wp-content/uploads/2015/02/web_codigo...CÓDIGO ÉTICO 3 1.Aoservizodo99% #Renovación OscargoselectosdaMareaAtlántica,asícomoopersoaldeconfianzaeos

CÓDIGOÉTICO

5

#TransparenciaOs ingresos dos representantes electos da Marea Atlántica, así como opersoal de confianza e cargos directivos, serán transparentes e accesibles.Calquera cidadán poderá, ademais, coñecer periodicamente todos osingresos e gastos do Grupo Municipal da Marea Atlántica, estea naoposición ou teña responsabilidades de goberno. Alén diso, todos estesdatos deben ser publicados anualmente. O balance de gastos e ingresos doGrupo Municipal publicarase con carácter trimestral. As axendas dos edís daMarea Atlántica, así como as ordes do día e os informes que dean conta doseu desenvolvemento, serán públicas e accesíbeis, aínda que por razóns deseguridade non sempre en tempo real.

Page 6: CÓDIGO ÉTICOmareatlantica.org/wp-content/uploads/2015/02/web_codigo...CÓDIGO ÉTICO 3 1.Aoservizodo99% #Renovación OscargoselectosdaMareaAtlántica,asícomoopersoaldeconfianzaeos

CÓDIGOÉTICO

6

3. Fóra privilexios

#SentidiñoNon podemos tolerar que os salarios na política medren ao mesmo ritmoque o empobrecemento da xente. Por iso, a Marea Atlántica reducirá nun50% o custo total das retribucións do goberno municipal, cargos directivos epersoal de confianza e nunha terceira parte a actual retribución do gobernomunicipal, até un 40 % no caso da alcaldía. As retribucións fixaranse enfunción do nivel de competencia e dedicación, sen que en ningún caso aretribución anual bruta supere os 40.000 euros, equivalente a uns 2.100euros netos ao mes.

Page 7: CÓDIGO ÉTICOmareatlantica.org/wp-content/uploads/2015/02/web_codigo...CÓDIGO ÉTICO 3 1.Aoservizodo99% #Renovación OscargoselectosdaMareaAtlántica,asícomoopersoaldeconfianzaeos

CÓDIGOÉTICO

7

#FóraPrivilexiosOs cargos electos da Marea Atlántica, así como o persoal de confianza e oscargos directivos, sempre que teñan réxime de dedicación, renunciarán acalquera tipo de privilexio derivado das súas responsabilidades, incluídas asprimas por asistencia a outros órganos e o emprego inxustificado devehículos oficiais, equiparándose en materia de dereitos e obrigas acalquera traballadora. Poderán recibir compensacións económicas, en todocaso, polos gastos en transporte —preferentemente público—, alimentacióne aloxamento ocasionados pola súa actividade. As persoas electas da MareaAtlántica non disporán, en ningún caso, de contas bancarias ou intereseseconómicos en paraísos fiscais e renunciarán a calquera regalo, privilexio outrato de favor que reciban en función do seu cargo. Ademais de rexeitalos edevolvelos, no seu caso, a non aceptación destes regalos ou tratos de favorfarase pública de maneira inmediata e explícita.

Page 8: CÓDIGO ÉTICOmareatlantica.org/wp-content/uploads/2015/02/web_codigo...CÓDIGO ÉTICO 3 1.Aoservizodo99% #Renovación OscargoselectosdaMareaAtlántica,asícomoopersoaldeconfianzaeos

CÓDIGOÉTICO

8

#ObedienciaOs representantes da Marea Atlántica comprométese a render contasperiodicamente —de maneira presencial e virtual— e a obedecer a vontadepopular expresada nos espazos de participación democrática que searticulen, non só nos que existen na actualidade. Empregarán, ademais, odiálogo, a argumentación, a escoita activa e o debate de ideas, tanto encampaña electoral como no exercicio das súas responsabilidades públicas,para promoveren as súas propostas. Comprométense tamén a garantir aparticipación da cidadanía nas decisións relevantes ou que teñan unimpacto significativo a nivel urbanístico, ambiental ou social. Así mesmo,impulsarán as iniciativas cidadás que se propoñan a través dos mecanismoscontemplados na legalidade vixente ou aqueles outros que se implementenno futuro. A Marea Atlántica habilitará os mecanismos necesarios paraerradicar o absentismo dos seus representantes. Ademais, estescomprométense a non abandonar as súas responsabilidades paraconcorrer a outra convocatoria electoral durante o mandato.

Page 9: CÓDIGO ÉTICOmareatlantica.org/wp-content/uploads/2015/02/web_codigo...CÓDIGO ÉTICO 3 1.Aoservizodo99% #Renovación OscargoselectosdaMareaAtlántica,asícomoopersoaldeconfianzaeos

CÓDIGOÉTICO

9

#EPuntoOs cargos electos da Marea Atlántica, así como o persoal de confianza ecargos directivos, poderán ser revogados pola cidadanía ou polos órganoscorrespondentes da Marea Atlántica, seguindo os mecanismos que a tal finse habiliten, no caso de violación deste Código Ético ou de incumprimentograve e non xustificado do programa electoral. Ademais, aquelescomprométense a renunciar de forma inmediata ante a imputación xudicialde delitos relacionados con corrupción, prevaricación, tráfico de influencias,enriquecemento inxusto con recursos públicos ou privados, suborno emalversación e apropiación de fondos públicos, sexa por interese propio oupara favorecer a terceiras persoas. Tamén no caso de imputación xudicialpor delitos de racismo, xenofobia, violencia de xénero, homofobia ou outrosdelitos ecolóxicos ou contra os dereitos humanos ou os dereitos daspersoas traballadoras. Entenderase por imputación xudicial a existenciadunha resolución motivada onde un xuíz estime a existencia de indiciosracionais de delito. Non será causa de dimisión ou cesamento a imputaciónresultado dunha actuación política expresa e previamente autorizada polaMarea Atlántica.

#SustentabilidadeA Marea Atlántica e os seus representantes reducirán de maneirasignificativa o gasto electoral, limitarán as doazóns privadas e procuraránxestionar os seus recursos a través de entidades de economía social esolidaria ou cun alto grao de responsabilidade social. Favorecerán, ademais,o micromecenado para fins concretos, claros e transparentes. Osrepresentantes da Marea Atlántica comprométense a combater o dispendiode recursos e fondos públicos no exercicio das súas funcións. Os ingresosinstitucionais da Marea Atántica deberán servir tamén para favorecer aauto-organización e o empoderamento cidadán e as loitas sociais, sempreque non se xere dependencia ou clientelismo.

#ConciliaciónA Marea Atlántica comprométese a facilitar a conciliación da vida política elaboral dos seus cargos electos, persoal de confianza e cargos directivos,axudando no posíbel á súa reinserción na vida laboral unha vezabandonadas as súas responsabilidades, así como a facilitar a conciliaciónentre a vida persoal e a política.

Page 10: CÓDIGO ÉTICOmareatlantica.org/wp-content/uploads/2015/02/web_codigo...CÓDIGO ÉTICO 3 1.Aoservizodo99% #Renovación OscargoselectosdaMareaAtlántica,asícomoopersoaldeconfianzaeos

CÓDIGOÉTICO

10

4. Non á fosilización

#UnhaPersoaUnCargoOs representantes da Marea Atlántica non poderán ocupar máis dun cargopolítico na Administración, agás cando llelo esixan as súasresponsabilidades como concelleiros/as. Cando así sexa, non acumularánremuneracións. Tampouco poderán ser cargos electos ou de designaciónpolítica da Marea Atlántica aquelas persoas que incorran nun conflito deintereses entre as súas responsabilidades públicas e a súa actividadeprofesional, calquera que esta fose, respectando en todo caso a normativalegal de incompatibilidades. Os postos electos da Marea Atlántica, así comoo persoal de confianza e os cargos directivos da Marea Atlántica, sonincompatibles co desempeño de cargos ou responsabilidades orgánicas nasorganizacións políticas e sindicais. Ademais disto, explicitarán calqueraconflito de intereses no desempeño das súas funcións e absteranse deintervir en calquera deliberación ou toma de decisións cando concorranestas circunstancias.

Page 11: CÓDIGO ÉTICOmareatlantica.org/wp-content/uploads/2015/02/web_codigo...CÓDIGO ÉTICO 3 1.Aoservizodo99% #Renovación OscargoselectosdaMareaAtlántica,asícomoopersoaldeconfianzaeos

CÓDIGOÉTICO

11

#SenPortasXiratoriasOs cargos electos ou de designación política da Marea Atlánticacomprométense a non prestar servizos para empresas contratistas ouconcesionarias relacionadas coas funcións nas que exerceu no Concello daCoruña durante un prazo mínimo de tres anos desde o cesamento no cargopúblico. Así mesmo, non poderán acceder, durante un periodo de cincoanos, a cargos de responsabilidade en empresas creadas, reguladas ousupervisadas en virtude do seu cargo, e durante dez anos tampouco aosseus consellos de administración. A Marea Atlántica publicitará a situaciónlaboral e/ou profesional dos cargos, así como as súas declaracións da rendae, no seu caso, patrimonio, durante os tres anos posteriores ao abandonodas súas responsabilidades.

Page 12: CÓDIGO ÉTICOmareatlantica.org/wp-content/uploads/2015/02/web_codigo...CÓDIGO ÉTICO 3 1.Aoservizodo99% #Renovación OscargoselectosdaMareaAtlántica,asícomoopersoaldeconfianzaeos

CÓDIGOÉTICO

12

5. Cos pés na rúa#IgualdadeA candidatura da Marea Atlántica implicarase en promover a igualdade noexercicio das súas funcións, combatendo calquera forma de racismo,xenofobia ou discriminación por razón de xénero ou orientación sexual, asícomo en favorecer a participación política das mulleres e das persoas condiversidade cultural, funcional e afectivo-sexual.

#LinguaNo tocante ao idioma, os cargos electos da Marea Atlánticaresponsabilizaranse de coñecer a lingua galega e a empregala de maneirapreferente nas súas intervencións públicas.

#MovementosA fin de seguir promovendo o tecido social que garanta unha cidadaníaimplicada e activa, comprométense a non neutralizar nin debilitar asinstitucións ou a actividade dos movementos sociais e a cidadaníaorganizada.

Page 13: CÓDIGO ÉTICOmareatlantica.org/wp-content/uploads/2015/02/web_codigo...CÓDIGO ÉTICO 3 1.Aoservizodo99% #Renovación OscargoselectosdaMareaAtlántica,asícomoopersoaldeconfianzaeos

CÓDIGOÉTICO

13

Cláusula de vixencia eactualización

Este Código Ético permanecerá vixente durante un mandato completo e nonpoderá ser alterado durante este periodo. Ao termo deste prazo, aasemblea xeral da Marea Atlántica, a Rede, poderá iniciar o procedementocorrespondente para a súa actualización.