4

Click here to load reader

Composición setembro 2002

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Esquema para unha composición de texto

Citation preview

Page 1: Composición setembro 2002

Doc.1.-Decreto de anulación da Constitución de 1812 e da obra lexislativa das

Cortes de Cádiz (1814):

“As Cortes (...) no mesmo día da súa instalación (...) despoxáronme da soberanía, pouco antes recoñecida polos mesmos deputados, atribuíndoa nominalmente á nación para apropiala para si eles mesmos e dar a esta, despois sobre tal usurpación, as leis que quixeron, impoñéndolle o xugo de que forzosamente as recibise nunha nova Constitución (...); e ó que era verdadeiramente obra dunha facción, revestíaselle (...) de vontade xeral (...). Declaro que o meu real ánimo é non só non xurar nin acceder á dita Constitución nin a decreto ningún das Cortes xerais e extraordinarias e das ordinarias actualmente abertas, a saber, os que sexan depresivos dos dereitose prerrogativas da miña soberanía (...), senón o declarar aquela Constitución e tales decretos nulos e de ningún valor nin efecto, agora nin en tempo ningún, coma se non tivesen pasado xamais tales actos”. A que Cortes se refire? Onde estaba o rei cando fixeron iso as cortes? Que tiña esa Constitución para que o rei a rexeitase? Explicar const 12 A que decretos se refire? Que consecuencias tivo este documento? Absolutismo. Explicar Como puido facelo o rei, con que apoios? Como reaccionaron os liberais? Doc.2.-Manifesto que dirixe á Nación española a Xunta Provincial de Galicia, presidida por Juan Díaz Porlier, en 1815: “Españois: (...). Obrigados pola necesidade, vendo que a verdade non pode chegar ós oídos do rei, sitiado a toda hora polos seus conselleiros (...), tomamos a terrible, pero indispensable, resolución de reclamar coas armas na man o que se negou ás nosas solicitudes. O noso obxecto é o de España enteira: unha monarquía sometida a leis xustas e sabias, e constituída dun xeito que sexa garantía, o mesmo das prerrogativas do trono que dos dereitos da nación. Pedimos a convocatoria de Cortes nomeadas polo pobo, e que estas teñan liberdade de facer na Constitución proclamada polas Cortes extraordinarias, os cambios que esixe a nosa situación”. Que pretende Porlier?, como aspira a facelo? A que constitución se refire? O consigue? Explicar reacción dos liberais ante a restauración do absolutismo: Pronunciamentos, sociedades secretas, etc

Page 2: Composición setembro 2002

Doc.3.-Fernando VII acepta a Constitución de Cádiz o 10 de marzo de 1820:

“Mentres eu meditaba maduramente coa solicitude propia do meu paternal corazón as variacións do noso réxime fundamental que parecían máis adaptables ó carácter nacional e ó estado presente das diversas opcións da monarquía española, así como máis análogas á organización dos pobos ilustrados, fixéstesme comprender a vosa arela de que se restablecese aquela Constitución que entre o estrondo das armas hostís foi promulgada en Cádiz no ano de 1812, ó propio tempo que con asombro do mundo combatiades pola liberdade da patria. Oín os vosos votos, e como tenro pai condescendín ó que os meus fillos consideran que conduce á súa felicidade. Xurei esa Constitución pola que deveciades, e sempre serei o seu máis firme apoio (...). Marchemos francamente, e eu o primeiro, pola senda constitucional (...)”. Por que o rei acepta agora a Const de Cadiz? Pronunciamento Riego Comentar actitude do rei: sincero? Que fixeron os liberais unha vez que restablecen a cosnt? Como reacionaron os absolutistas? Doc 4: Logo da intervención da Santa alianza, Fernando VII anula en 1823 os

actos do goberno constitucional

Sentado xa outra vez no trono de San Fernando pola man sabia e xusta do Omnipotente, polas xenerosas resolucións dos meus poderosos aliados e polos denodados esforzos do meu primo, o duque de Angulema, e o seu bravo exército, desexando prover o remedio ás máis urxentes necesidades dos meus pobos, e manifestar a todo omundo a miña verdadeira liberdade, viñen decretar o seguinte 1º. Son nulos e de ningún valor tódolos actos do goberno chamado onstitucional (de calquera clase que sexan) que dominou os meus pobos desde o 7 de marzo de 1820 ata hoxe 1 de outubro de 1823 Que consecuencias teñen os feitos referidos neste documento: volta ó absolutismo Como? Intervención 100.000fillos de San Luis (Santa alianza, explicar) Que fixeron os absolutistas no poder?: represión Como reaccionaron os liberais: conspiracións Como rematou o asunto?: cuestión sucesoria e carlismo

Page 3: Composición setembro 2002

INTRODUCIÓN Conflito entre absolutismo e liberalismo no reinado de Fernando VII Atraso na modernización política de España CONTIDOS 1-. Explicar reformas de Cádiz. Constitución e decretos.

• Referencia á ocupación francesa, abdiccións de Baiona e Guerra de independencia. Non estenderse demasiado en iso

• Indicar que se trata de reformas de carácter liberal. O asunto central e o enfrontamento liberalismo/absolutismo, de xeito que así explicamos o liberalismo con detalle

• Importante para comprender por que os rexeita Fernado VII (citar documento 1)

2-. Restauración do absolutismo

• Circunstancias que favoreceron a restauración do absolutismo: poucos liberais, contexto internacional, apoio de nobreza, clero e pobo (explicar por que)

• Actuación dos absolutista durante o Sexenio: • Represión • Crise económica

• Reacción dos liberais (citamos 2º texto) conspiracións e pronunciamentos (explicar ben en que consisten e a importancia que van ter na historia de España as intervencións militares-aínda sabemos pouco)

• Comentamos o caso particular de Porlier, o seu fracaso e podemos xa enlazar co terceiro texto. Éxito del pronunciamento de Riego

3-. Trienio absolutista

• Éxito pronunciamento de Riego • Fernando VII acepta constitución (citamos doc 3)

• Actuación liberais • Reformas de Cádiz • División dos liberais

• Reacción absolutistas • Levantamentos • Oposición nobreza e clero • Oposición rei que busca apoios exteriores; Santa Alianza (citamos

documento 3 “francamente” e comentamos o falso desa afirmación.Podemos citar tamén documento 4: apoio da Santa Alianza)

Page 4: Composición setembro 2002

4-. Década Ominosa

• Restauración absolutismo: explicamos intervención francesa e debilidade liberais (citamos documento 4) • Represión • Política absolutista máis moderada • Insuficiente para os liberais, que seguen buscando no pronunciamento e na

conspiración o fin do absolutismo • Reacción dos sectores máis absolutistas. Apoio a Carlos María Isidro

• A cuestión sucesoria e a orixe do carlismo CONCLUSIÓNS Predominio do absolutismo durante o reinado de Fernando VII. Posición claramente absolutista do monarca Retraso das reformas liberais en España Balance negativo do reinado: se inicia cunha guerra, absolutismo, perda colonias americanas, nova guerra civil á súa morte Oportunidade final para os liberais: os máis absolutistas (carlistas) nos aceptan como herdeira á filla de Fernando, Isabel) A monarquía terá que buscar o apoio dos liberais