9
OS DOUS DRAGÓNS Había unha vez dous dragóns. Un era bo e outro era malo. Chamábanse: o bo Xafanis, e o outro Sormón. Eran moi grandes. Vivián en covas escuras. Tiñan os ollos verdes e tamén escamas negras e verdes. Un dia cruzáronse os dous e empezaron a pelexar. E atopáronse cun dragón chino. E resulta que ese dragón era o máis poderoso, e matou ao dragón bo. O dragón malo, Sormón, chorou porque o dragón malo quería ao dragón bo. Sormón matou ao dragón chino por matar a Xafanis. E o dragón malo axudou a levantarse ao dragón bo, porque Sormón devolveulle a vida. Ainoa e Andrea 3ºB

CONTOS DE DRAGÓNS

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Nove contos de dragóns escrios polos alumnos dev 3ºB.

Citation preview

Page 1: CONTOS DE DRAGÓNS

OS DOUS DRAGÓNS

Había unha vez dous dragóns. Un era bo e outro era malo. Chamábanse: o bo Xafanis, e o outro Sormón. Eran moi grandes. Vivián en covas escuras. Tiñan os ollos verdes e tamén escamas negras e verdes. Un dia cruzáronse os dous e empezaron a pelexar. E atopáronse cun dragón chino. E resulta que ese dragón era o máis poderoso, e matou ao dragón bo. O dragón malo, Sormón, chorou porque o dragón malo quería ao dragón bo. Sormón matou ao dragón chino por matar a Xafanis. E o dragón malo axudou a levantarse ao dragón bo, porque Sormón devolveulle a vida.

Ainoa e Andrea 3ºB

Page 2: CONTOS DE DRAGÓNS

O POBO E OS DRAGÓNS

Érase unha vez un pobo que sempre estaba moi asustado por un dragón malo. Ese dragón era moi longo, un pouco gordo e gruñón. Ata que un día apareceu un dragón bo. Era moi bonito,fraco e alegre. E dende aquel día foi o protector do pobo. Entón aquel día o dragón malo preparouse para a batalla. Atacou, pero o dragón bo era listo e botouno fora. E daquela o dragón bo tamén se preparou para a batalla. Comezaron a batalla. Acabaron no mar e afundíronse. Despois dun rato saíu o dragón bo do fondo do mar. E dende aquel día o pobo estivo tranquilo.

Brais L. e Andrés 3ºB

Page 3: CONTOS DE DRAGÓNS

O DRAGÓN QUE NON PODÍA VOAR

Era unha vez un dragón de China que non podÍa voar. Un día caeu do niño, e aterrou nun tellado da casa dun neno chamado Quiko. O dragón era moi pequeno, tiña escamas de peixe, tiña os ollos azuis e unha barba moi pequena. Era moi bo. Sabía escribir letras chinas. O neno, cando volveu da escola, atopouse co dragón chorando. Quiko coidou o dragón. Despois, o dragón decidiu quedarse para sempre na casa de Quiko. E Quiko ensinoulle a voar.

Brais P e Gabriela 3ºB

Page 4: CONTOS DE DRAGÓNS

O DRAGÓN DA INDIA Era unha vez un dragón que vivía na India. Era moi feo e forte. A súa pel era verde e vermella, con pecas de cores.Tiña un bigote que chegaba ao chan. Vivía nunha cova da montaña máis alta da India. E cando se enfadaba, botaba lume pola boca e polo nariz; cando se enfadaba moito, botaba lume polas orellas. Un día, uns soldados intentaron roubar na cova, pero un deles espertouno e loitaron. O dragón era forte e matounos. Un dos soldados reviviu e colleu ao dragón e entregouno ao rei dese pobo. O rei encerrouno na gaiola máis grande do mundo. Intentaron matalo, pero non puideron porque era moi forte. Pasaron 30 anos e outro dragón liberouno.

Dani e Cristian 3ºB

Page 5: CONTOS DE DRAGÓNS

O DRAGÓN MALVADO

Érase unha vez un dragón moi grande, moi feo e moi forte, e que botaba moitííísimo lume pola boca. Aquel dragón tiña unha princesa no presa no calabozo do castelo onde vivía. Un día foi un príncipe, pero o dragón chamuscouno. E o venres foi un cabaleiro de armadura dourada e desenfundou a súa espada de prata, matou ao dragón, e rescatou a princesa. O cabaleiro e a princesa casaron e tiveron dous fillos: un chamábase Juan e o outro Filemón. Os pais, algunhas veces, contáballes a historia que viviran.

David e Ángela 3ºB

Page 6: CONTOS DE DRAGÓNS

O MUNDO DOS DRAGÓNS

Os dragóns soen ser grandes, fortes e moi malos. Pero tamén os dragóns poden ser bos. As veces , os dragóns gardan princesas nas torres. Outros, protexen aldeas e pobos como os dragóns Chinos. Non soen lanzar lume. Pero poden lanzalo para protexerse. Nos mitos, lendas e historias, os dragóns atacan pobos e aldeas. E queiman á xente e destrúen as casas. Pero o que teñen en común e que dan medo.

Isaac e Darío 3ºB

Page 7: CONTOS DE DRAGÓNS

O DRAGÓN MARTÍN

Érase unha vez un dragón chino que se chamaba Martín. Martín era un dragón solitario e encantáballe voar polo espazo. Un día, un dragón do espazo díxolle: - Ola! Como te chamas? Martín dixo: - Chámome Martín. - Xogamos á pita? - preguntou o dragón do espazo. - Vale, dixo Martín. Quedo eu!. E xogaron xuntos na súa casa, un día e outro e outro máis, e foron amigos inseparables. E xuntos foron felices e comeron perdices para sempre.

Iván V. e Iván P. 3ºB

Page 8: CONTOS DE DRAGÓNS

DRAGÓNS CONTRA XIGANTES

Èrase unha vez unha bandada de dragóns. Ìa un voando e uns xigantes que estaban facendo lanzamento de martelo, mataron ao rei dos dragóns e o enterraron. Entón houbo unha guerra na ponte, pero non sabían que había un monstro que comía a todo o que se acercaba. Empezou a guerra e o monstro comeu aos xigantes, porque era un dragón xigante. Os dragóns quedaron a vivir na ponte.

Rafa e Julio 3ºB

Page 9: CONTOS DE DRAGÓNS

O DRAGÓN TEMIBLE Érase unha vez un dragón malo que quería apoderarse do seu pobo. Sempre ía ao pobo, para ver o que pasaba. Un día chegou un barco cunha dragona encerrada.Temible non puido resistilo, queimou o barco e salvou a querida dragona, chamada Elisabet. Pasou semanas con Elisabet, entón ela díxolle a Temible: - Por que non es bo coma min ? - lle dixo Elisabet. E el contestou: - Un bruxo embruxoume, pero a miña familia salvoume coas vidas deles. Podo romper o feitizo se alguén me dese un bico. Entón Elisabet deulle un bico e rompeu o feitizo, e foron felices e comeron perdices.

Valeria e Paola 3ºB