1
Os violíns da tarde cantan nos campos anunciando a todos que chegou o maio. Maio das flores, quen te fixo así? Un raio de sol e a chuva de Abril A chuva de Abril e un raio de sol fixéronte maio garrido e señor. Homes e mulleres poñan atención que o maio mariñeiro Empeza a actuación Saiu do Sequelo cara a Marín, xa o tedes cantando para vos aquí. Eiqui está o maio de flores cuberto, no adro da igrexa cantámoslle os nenos. E o que vai debaixo dos aros de bocoi, o que vai debaixo non se chama Roi. Nin se chama Roi, nin é das de Azo. A que vai debaixo é a neta de Collazo Este noso maio é un mamalón, foi feito cos aros dun bocoi de ron. Se vedes que vai moi abaneado, évos polo ron que anda de lado Foi feito ás presas o noso baldreu con canas e vimbias preto do Childreu. Os paus para o maio deunos un señor e o Xosé de Vilas foi o armador. Marín, Maio de 2016 Os paus que nos deron no lombo os truemos; daban moitos máis, máis dos que quixemos. Mirounos un señor collendo laranxas, Co medo no corpo fomos a unha gabia Fomos a unha gabia e alí quedamos toda a noitiña. Que frío papamos! Levántate maio! Non podes durmir! Temos que cantar por todo Marín Levántate maio e bótate andar que o que canta os maios ten que traballar. Señores do Xurado ata o ano que ven e moito diñeiro pedimos nos den Todo o mundo pide nesta ocasión, nos tamén pedimos premio e roscón Xa nos depesdimos donas e señores. Con moita razón, somos gañadores.

Copla do Maio Mariñeiro do Sequelo 2016

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Maios

Citation preview

Page 1: Copla do Maio Mariñeiro do Sequelo 2016

Os violíns da tarde cantan nos campos anunciando a todos que chegou o maio.

Maio das flores, quen te fixo así? Un raio de sol

e a chuva de Abril

A chuva de Abril e un raio de sol fixéronte maio garrido e señor.

Homes e mulleres poñan atención

que o maio mariñeiro Empeza a actuación

Saiu do Sequelo cara a Marín,

xa o tedes cantando para vos aquí.

Eiqui está o maio de flores cuberto, no adro da igrexa

cantámoslle os nenos.

E o que vai debaixo dos aros de bocoi, o que vai debaixo non se chama Roi. Nin se chama Roi, nin é das de Azo. A que vai debaixo

é a neta de Collazo

Este noso maio é un mamalón,

foi feito cos aros dun bocoi de ron. Se vedes que vai moi abaneado, évos polo ron

que anda de lado

Foi feito ás presas o noso baldreu

con canas e vimbias preto do Childreu.

Os paus para o maio deunos un señor e o Xosé de Vilas foi o armador.

Marín, Maio de 2016

Os paus que nos deron no lombo os truemos; daban moitos máis,

máis dos que quixemos. Mirounos un señor collendo laranxas, Co medo no corpo fomos a unha gabia

Fomos a unha gabia

e alí quedamos toda a noitiña.

Que frío papamos!

Levántate maio! Non podes durmir! Temos que cantar por todo Marín

Levántate maio e bótate andar

que o que canta os maios ten que traballar. Señores do Xurado ata o ano que ven e moito diñeiro pedimos nos den

Todo o mundo pide nesta ocasión,

nos tamén pedimos premio e roscón

Xa nos depesdimos donas e señores. Con moita razón, somos gañadores.