10
afundacion.org Falamos de escola O valor da experiencia Guía dos encontros interxeracionais

Falamos de escola O valor da experiencia Guía dos ... · maior debate e controversia. Na dinámica do segundo encontro, traba-llamos con diagramas de afinidade, para producir e organizar

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Falamos de escola O valor da experiencia Guía dos ... · maior debate e controversia. Na dinámica do segundo encontro, traba-llamos con diagramas de afinidade, para producir e organizar

1

afundacion.org

Falamos de escolaO valor da experienciaGuía dos encontros interxeracionais

Page 2: Falamos de escola O valor da experiencia Guía dos ... · maior debate e controversia. Na dinámica do segundo encontro, traba-llamos con diagramas de afinidade, para producir e organizar

METODOLOXÍA PARTICIPATIVA

Alumnado e maiores toman parte e son protagonistas do proceso, opinando e de-batendo, incorporando os seus puntos de vista e canalizando a súa diversidade ao contraste de ideas, explorando consensos e identificando as ideas que concitan un maior debate e controversia.

Na dinámica do segundo encontro, traba-llamos con diagramas de afinidade, para producir e organizar as ideas propostas, coa dinamización do profesorado e da di-rección do Espazo +60. O debate permitirá visualizar os focos de consenso e as ideas que suscitan maior controversia e desacor-do.

A disposición do espazo da aula debe fa-cilitar a participación. Recoméndase traba-llar na aula coas cadeiras en disposición en «U» ou en círculo.

Page 3: Falamos de escola O valor da experiencia Guía dos ... · maior debate e controversia. Na dinámica do segundo encontro, traba-llamos con diagramas de afinidade, para producir e organizar

3

PREPARACIÓN DOS ENCONTROS

PAPEL DOS PARTICIPANTES

Preparación no Espazo +60 Afundación Preparación no IES

Incorporación de maiores voluntarios/as

• Motivación e selección de participantes.• Entrevistas para elaborar historia de vida centrada

na experiencia escolar. • Formación sobre o funcionamento do proxecto, as

fases e axuda para preparar intervencións na aula.

Preparación de alumnado

• O profesorado explica o proxecto e o que faremos nos encontros.

• Introdución ao contexto social e histórico da escola galega con material audiovisual e bibliográfico.

• Recóllense autorizacións de dereitos de imaxe do alumnado.

Participantes Papel no proxecto

Afundación

• Achega o marco da acción interxeracional.• Facilita a participación das persoas maiores voluntarias, socias dos Espazos +60,

fórmaas sobre os obxectivos e funcionamento do proxecto e axúdaas a construír os seus relatos e a preparar as súas intervencións na aula.

• Apoia os maiores para achegar o seu punto de vista sobre a finalidade que debe ter a educación contemporánea.

• Dinamiza os encontros e modera os debates.• Avalía o impacto da acción interxeracional sobre as persoas maiores.

Profesorado

• Preséntalle o proxecto ao alumnado e achega a visión académica e a relación das materias co currículo, ofrecendo as explicacións necesarias antes, durante e despois dos encontros interxeracionais.

• Ofrécelle ao alumnado unha visión global da educación e o seu papel na confor-mación do mundo contemporáneo.

• Apoia o alumnado na preparación dunha batería de preguntas no primeiro en-contro interxeracional

• Apoia o alumnado no debate sobre o papel que debe ter a educación contempo-ránea.

• Facilita as dinámicas favorecendo a interacción entre as persoas maiores e o alumnado.

• Dinamiza os encontros e modera os debates.• Avalía o impacto da acción interxeracional sobre o alumnado.

Persoas maiores

• Comparten as súas experiencias escolares co alumnado • Apoian o alumnado na comprensión do tempo histórico que lles tocou vivir a

través das súas circunstancias persoais e da súa experiencia vital.• Maiores e alumnado participan no debate educativo achegando as propostas

sobre a finalidade da educación construídas conxuntamente.

Alumnado

• Debate e dialoga coas persoas maiores. Achega o seu punto de vista e a súa pro-pia experiencia escolar.

• Realiza un traballo de investigación sobre a historia da educación a partir da expe-riencia escolar das persoas maiores da súa contorna familiar (opcional).

Page 4: Falamos de escola O valor da experiencia Guía dos ... · maior debate e controversia. Na dinámica do segundo encontro, traba-llamos con diagramas de afinidade, para producir e organizar

4

Page 5: Falamos de escola O valor da experiencia Guía dos ... · maior debate e controversia. Na dinámica do segundo encontro, traba-llamos con diagramas de afinidade, para producir e organizar

5

1.º ENCONTRO INTERXERACIONAL «MEMORIA DA ESCOLA», 2 h

Primeiro encontro de achegamento e co-ñecemento mutuo no que os maiores na-rrarán as súas experiencias escolares, sobre as que se establecerá un diálogo e inter-cambio entre maiores e alumnado e un debate final en grupos. Desenvolverase a modo de mesa redonda, moderada por profesorado e profesionais de Afundación, con preguntas para facilitar as interven-cións das persoas maiores:

Presentación: 15 minutos

• Presentación do proxecto por parte do profesorado, obxectivos e papel dos di-ferentes participantes.

• Vídeo con breve introdución á historia da educación en Galicia.

Experiencias escolares: 45 minutos

• Presentación dos maiores participan-tes e narración das súas historias de vida e as súas experiencias escolares.

- A que escola foron, a que idade, onde, que tipo de escola, como era o profesorado, o funcionamento, os elementos materiais da escola, as materias, as relacións...

Diálogo e debate: 15 minutos

• Diálogo e debate plenario da aula, coa participación activa e as preguntas pre-paradas polo alumnado que entrevista os maiores sobre a súa experiencia.

Traballo en grupos: 40 minutos

• Traballo en grupos grupos do alum-nado con cada persoa maior para in-tercambio de opinións e conversa máis informal. Tras 10 minutos de diálogo, realízase proposta de debate sobre tres temas. Toman nota sobre as conclu-sións acadadas e posta en común co grupo:

- Semellanzas e diferenzas da esco-la dos maiores e a escola actual: en que avanzamos.

- Educación e xénero: as diferenzas de xénero na educación antes e agora: como evolucionou esta relación.

- Reflexión xeral sobre o significado e a importancia da educación para as xeracións maiores e para as novas.

Peche: 5 minutos

• Explícase o contido do segundo encon-tro e faise a proposta de traballo esco-lar (opcional) ao alumnado “Experien-cias que falan da escola”, e convidámolo a recoller materiais para a exposición “Materiais da escola de antano” (para elaborar o traballo, segue a guía didác-tica “Experiencias que falan da escola. Proposta de traballo escolar”).

Page 6: Falamos de escola O valor da experiencia Guía dos ... · maior debate e controversia. Na dinámica do segundo encontro, traba-llamos con diagramas de afinidade, para producir e organizar

6

2.º ENCONTRO INTERXERACIONAL «A ESCOLA CONTEMPORÁNEA», 2 h

Despois do primeiro encontro de coñece-mento mutuo e de experiencias compar-tidas, alumnado e persoas maiores deba-terán acerca de cal debe ser o papel da educación contemporánea. Realizarán un traballo en grupos formados por alumnado e maiores e coa moderación de profesora-do e profesionais de Afundación.

A través do diálogo e a colaboración, rea-lizarán a súa achega ao debate educativo desde a perspectiva histórica que ofrece a relación interxeracional e desde a tensión creativa de experiencias escolares e vitais dispares.

Materiais necesarios:

- Papel de embalar para crear un panel na parede.

- Etiquetas de cartolina branca para ano-tar os nomes de cada un dos partici-pantes.

- Cinta de carroceiro para fixar o papel á parede e para pegar as tarxetas no pa-nel.

- Tarxetas de cartolina de catro cores di-ferentes e tamaño 10x21 (un terzo de DINA4)

- Para os títulos dos temas, tarxetas ova-ladas máis grandes.

- Rotuladores de trazo groso. - Etiquetas adhesivas de cor (gomets).

Presentación da dinámica: 10 minutos

• Explícase o funcionamento da dinámi-ca.

• Constitución de grupos de traballo, de entre 4 e 6 persoas, formados por maiores e alumnado. Cada participante escribirá o seu nome nunha etiqueta.

Page 7: Falamos de escola O valor da experiencia Guía dos ... · maior debate e controversia. Na dinámica do segundo encontro, traba-llamos con diagramas de afinidade, para producir e organizar

7

PRIMEIRA ROLDA: DEBATE DE IDEAS SOBRE O PAPEL DA EDUCACIÓN

Debate en grupos: 20 minutos

• Cada grupo debaterá acerca do tema proposto: “Cal debe ser o papel da edu-cación contemporánea”. O tema esta-rá escrito nunha tarxeta máis ovalada e grande no centro do panel.

• Disporán de 15 minutos para traballar no tema e facer as súas achegas. En cada grupo anotarán as súas conclusións nas tarxetas: unha idea en cada tarxeta.

Posta en común e selección de temas máis importantes: 20 minutos

• Rematado o prazo, o/a moderador/a recolle as tarxetas e colócaas no pa-nel agrupadas por categorías ou temas. Pídese permiso para xuntar unhas tar-

xetas con outras por afinidade temáti-ca. Se algún tema non está claramente formulado, pediránselle aclaracións ao grupo.

• Unha vez colocadas todas as tarxetas no panel, pregúntaselles aos participan-tes: Cales das ideas expostas conside-ran que son máis importantes?

• Cada participante colle 5 etiquetas ad-hesivas e numéraas con bolígrafo do 1 ao 5 para votar. A continuación, ér-guense todos e achéganse ao panel para votar colocando os seus votos nas 5 tarxetas que lles parezan máis impor-tantes.

• O/a moderador/a conta os votos de cada tarxeta e ordena o resultado final coas conclusións do grupo.

Page 8: Falamos de escola O valor da experiencia Guía dos ... · maior debate e controversia. Na dinámica do segundo encontro, traba-llamos con diagramas de afinidade, para producir e organizar

8

Page 9: Falamos de escola O valor da experiencia Guía dos ... · maior debate e controversia. Na dinámica do segundo encontro, traba-llamos con diagramas de afinidade, para producir e organizar

9

SEGUNDA ROLDA: DEBATE SOBRE A REALIDADE EDUCATIVA

Debate en grupo para desenvolver os temas máis importantes: 20 minutos

• Distribuímos os 5 temas máis impor-tantes identificados sobre o papel que debe ter a educación entre os 5 grupos, aos que lles pediremos que: “pensando na realidade escolar e no día a día da educación, se pregunten: conseguimos ese logro? a educación está a cumprir con ese papel? e que identifiquen:

- Dificultades que presenta cada unha das opcións seleccionadas na pri-meira dinámica (anótanse as dificul-tades en tarxetas vermellas).

- Propostas de mellora para cada unha das opcións (anótanse as propostas en tarxetas verdes).

• Repetimos o procedemento do debate en grupos anotando unha idea en cada tarxeta.

Posta en común e selección das dificultades e propostas máis importantes: 20 minutos

• Repetimos o procedemento de recolli-da das tarxetas e colocación no panel agrupadas por afinidade temática.

• Unha vez colocadas todas as tarxetas no panel, pregúntaselles aos participan-tes: Cales das dificultades e propostas expostas consideran que son máis im-portantes?

• Vótase co mesmo procedemento e o/a moderador/a conta os votos de cada tarxeta e ordena o resultado final coas conclusións do grupo.

Elaboración de documento final: 20 minutos

• Recollerá as conclusións acerca de cal debe ser o papel da educación con-temporánea cos 5 temas identificados como máis importantes e as principais dificultades e propostas para acadalos.

Peche: 10 minutos

• Facemos un resumo das conclusións globais do grupo e felicitamos os par-ticipantes.

• Valoración final da actividade interxera-cional por parte dos maiores e do alum-nado. Entrega ao alumnado do cuestio-nario avaliación.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS OPCIONAIS

• Traballo escolar de investigación «Ex-periencias que falan da escola» so-bre a experiencia escolar dos maiores, mediante entrevistas en profundidade a persoas da súa familia ou veciñanza. Os resultados presentaranse na web de Afundación.

• Exposición «Materiais da escola de an-tano»: o alumnado e profesorado re-compilan materiais para facer unha ex-posición escolar con materiais antigos.

Page 10: Falamos de escola O valor da experiencia Guía dos ... · maior debate e controversia. Na dinámica do segundo encontro, traba-llamos con diagramas de afinidade, para producir e organizar

Afundación @Afundacion_orgafundacion.org

Coa colaboración do IES Francisco Aguiar de Betanzos

Material baixo licencia Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial 4.0 Internacional