36
COMARCA Páx.8 COMARCA Páx.12 COMARCA Páx.8 Número: 75 - Ano:VIII - Febreiro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 COMARCA Páx.13 PROVINCIA Páx.23 Estudantes da Limia conmemoran o Día dos Humidais As pantallas foron as raíñas do desfile do Martes de Entroido de Xinzo. /RAMSÉS. O proxecto dunha mina de feldespatos xera oposición A Xunta promete axilizar a aprobación do PXOM de Trasmiras Unha aula móbil achega Internet ás localidades ourensás Vilar de Santos aproba os seus orzamentos para 2013 Os delitos repuntan na Limia [páx. 2] [especial páx.29-31] Adeus, Entroido!

Febreiro 2013 - BXVAC

Embed Size (px)

DESCRIPTION

O número de febreiro inclúe un especial fotográfico coas celebracións máis destacadas destas localidades. Cigarróns en Verín, pantallas en Xinzo, felos en Maceda e o desfiles de Piñata de Celanova son as imaxes de portada do número de febreiro de Barrios nas súas edicións de Xinzo, Verín, Allariz e Celanova, que recolle no seu interior tres páxinas de fotografías dos Entroidos da provincia.

Citation preview

Page 1: Febreiro 2013 - BXVAC

COMARCA Páx.8 COMARCA Páx.12COMARCA Páx.8

Número: 75 - Ano:VIII - Febreiro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

COMARCA Páx.13 PROVINCIA Páx.23

Estudantes da Limia conmemoran o Día dos Humidais

As pantallas foron as raíñas do desfile do Martes de Entroido de Xinzo./RAMSÉS.

O proxecto dunha mina de feldespatos xera oposición

A Xunta promete axilizar a aprobación do PXOM de Trasmiras

Unha aula móbil achega Internet ás localidades ourensás

Vilar de Santos aproba os seus orzamentos para 2013

Os delitos repuntan na

Limia[páx. 2]

[especial páx.29-31]Adeus, Entroido!

Page 2: Febreiro 2013 - BXVAC

� BARRIOSFebreiro de �013

TEMA DO MES

Na Limia contabilizaron 216 incidencias (entre delitos e faltas) e en Monterrei 415

Redacción

Os concellos de Xinzo de Limia e Verín veñen de acoller as tradicionais xun-tas locais de seguridade, co-presididas polo subdelega-do do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e coa pre-senza dos seus respectivos

Os delitos repuntan na Limia e mantéñense en Verín4 Aínda así, os datos de ambas comarcas conti-núan por baixo das medias autonómica e nacional.

alcaldes e membros dos Corpos e Forzas de Seguri-dade do Estado e da Policía Local.

Os datos dos que se fa-laron nestas xuntanzas co-rresponden á suma dos de-litos e faltas rexistrados no ano �01� nos concellos da comarca da Limia e Mon-

terrei.No caso da reunión reali-

zada no Concello de Xinzo, analizáronse os datos das infraccións penais cometi-das na comarca ao longo dos últimos seis meses do pasa-do ano, as cales aumentaron en 18 casos en relación ao mesmo período do ano an-

terior, sumando un total de �16 incidencias. Delas, 93 foron delitos (fronte aos 89 rexistrados en �011) e 1�3 faltas (14 máis que no ano anterior).

Pola súa banda, na Xunta Local de Seguridade cele-brada en Verín compro-bouse que ao longo de todo o �01� as infraccións penais reducíronse na zona e foron resoltos máis casos que no ano anterior. Así, os datos reflexan que na comarca de Monterrei cometéronse 415 infraccións (unha menos que en �011) e de todas elas foron resoltas un 3,5% máis que no ano anterior.

Momento da Xunta Local de Seguridade celebrada en Verín.

O alcalde de Xinzo (á esquerda) e o subdelegado do Goberno en Ourense (á dereita) presidindo a xuntanza sobre seguridade que tivo lugar na capital da Limia.

Charlas educativasAo longo do pasado ano

a Guarda Civil impartiu diversas charlas, tanto en Xinzo como en Verín, co fin de concienciar á poboación sobre seguridade na escola, drogas e violencia de xéne-ro, entre outros asuntos.

Deste xeito, en Xinzo impartíronse 14 charlas e en Verín outras 13 para a convivencia e seguridade escolar, onde as temáticas principais foron os riscos de Internet, seguridade de acoso escolar, drogas, alco-hol e incendios. Os destina-tarios das charlas imparti-das pola Garda Civil foron

principalmente alumnos de centros docentes, así como os seus país. Ademais, este corpo de seguridade levou a cabo unha reunión con per-soal docente.

Ademais, durante �01�, os adolescentes recibiron charlas sobre violencia de xénero e os adultos sobre educación vial.

Page 3: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

3VERÍN E COMARCA

A BRIF de Laza executa labores preventivos4 O delegado do Goberno, Samuel Juárez, vi-sitou o operativos desta bases de defensa contra incendios forestais do Ministerio.Redacción

O delegado do Goberno, Samuel Juárez, desprazouse ata a base de defensa contra incendios forestais que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio ten na localidade de Laza para comprobar in situ o desen-volvemento das tarefas que vén desempeñando en Gali-cia desde o 14 de xaneiro o persoal desta BRIF (Briga-da de Reforzo contra incen-dios Forestais).

Na súa visita, Samuel Juárez, acompañado polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro e o alcalde de Laza, José Ra-món Bareal, quixo recoñe-cer o traballo constante rea-lizado polos medios estatais na loita contra os incendios forestais e mostrar o labor que se está realizando des-de principios de ano en Ga-licia, na que os operativos prestan servizo fóra do pe-ríodo de risco de incendios, executando labores preven-

tivos contra incendios fo-restais na contorna da base BRIF de Laza.

ActividadeNa actualidade na BRIF

de Laza están a traballar os integrantes da Brigada de Labores Preventivos (BLP), que se atopa opera-tiva nun primeiro período entre xaneiro e maio e, nun segundo período, entre ou-tubro e novembro. A maior parte dos traballadores da base forman unha brigada dirixida por un técnico e organizada en cinco cua-drillas cun capataz á fronte. Así mesmo a BLP de Laza conta tamén cun licencia-do en Actividades Físicas e Deportes encargado da preparación física diaria do persoal da base de Laza.

Neste sentido, o delegado do Goberno fixo fincapé na importancia da preparación física, “dado que é un tra-ballo cunhas importantes esixencias físicas, e de aí a necesidade dunha planifica-ción de preparación física adaptada ás necesidades e posibilidades do persoal especialista na extinción de incendios forestais”. Se-manalmente, dedícase unha xornada á preparación fí-sica, polo que diariamente hai unha cuadrilla realizan-

do preparación física, men-tres o resto están a facer os labores propios no monte. Esta preparación física, su-bliñou Samuel Juárez, “ser-ve tanto para preparar aos especialistas fisicamente para enfrontarse aos incen-dios, como para lograr unha mellora das súas facultades e da súa saúde”.

As cuadrillas dispoñen ademais de vehículos to-doterreos e están equipadas con ferramentas manuais adecuadas para a realiza-ción dos labores preventi-vos de incendios forestais. O número de traballadores rolda os 50, e é variable en función das datas, xa que algúns traballadores pasan a integrar os servizos de Brigada de Reforzo en In-cendios Forestais de inver-no (BRIF-i) ou integran o Equipo de Prevención Inte-gral de Incendios Forestais (EPRIF). Así, o EPRIF de Verín-Viana, composto por dous técnicos, aínda que ten a súa base na Gudiña, compleméntase para a exe-cución dos seus traballos con persoal da base de Laza cando é necesario e, igual-mente, utiliza o apoio da base para outras necesida-des de tipo loxístico.

A tipoloxía de traballos que están a desempeñar

agora consiste na creación de faixas auxiliares de pista de cinco metros de ancho a cada lado da mesma e roza, con fin protector contra in-cendios forestais de masa arboreda adulta. Devan-ditos traballos localízanse en terreos forestais admi-nistrados pola Consellería do Medio Rural e do Mar, como os montes veciñais en man común de Castro e Navallo, ambos os dous pertencentes ao concello de Laza. Tamén hai actuacións previstas nos municipios de Cualedro e A Gudiña.

As BLP de Laza tamén poden servir de apoio ao la-bor dos Equipos de Preven-ción de Incendios Forestais (EPRIF) da Dirección Xe-ral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal por razóns de necesidade. Este persoal das brigadas pode participar en traba-llos de extinción de incen-dios forestais, para atender

situacións de emerxencia sobrevindas, cando é re-quirido polas Comunidades Autónomas.

Outros mediosNa actualidade están

en activo os servizos do EPRIF de Verín-Viana, e BLP, estando previsto que o próximo � de marzo inicien o seu período de campaña de inverno, tanto a BRIF-i, como o helicóptero bombar-deiro pesado, que durante a campaña de inverno atópa-se operativo durante 60 días consecutivos, e se dedica a tarefas de extinción.

Á parte da base de Laza, o Ministerio conta en Ga-licia, durante a campaña de incendios de verán, con outras dúas bases de me-dios aéreos, a de Lavacolla e a de Xinzo da Limia, ade-mais de dispor doutros tres EPRIF durante o período de prevención, nas outras tres provincias galegas.

Samuel Juárez saudando aos membros da BRIF de Laza.

4 Case unha década no municipio

A base de Laza, creada no ano �004 para albergar á BRIF e pór a disposición das Comunidades Autóno-mas medios para reforzar os seus diferentes operati-vos na prevención e loita contra os incendios fores-tais, é na actualidade un dos puntos de referencia dos medios do Ministerio no noroeste peninsular, ao concentrar a actividade de diferentes servizos de pre-vención e extinción.

A base sitúase no mon-te veciñal en man común “Costa da Rúa”, propie-dade dos veciños de Laza. Os terreos necesarios fo-ron cedidos ao concello para a instalación da base, e este á súa vez cedeu as instalacións da base ao Ministerio, que se encarga da súa xestión.

En Laza están a traballar uns 50 integrantes da Brigada de Labores Preventivos

Page 4: Febreiro 2013 - BXVAC

4 BARRIOSFebreiro de �013

VERÍN E COMARCA

Redacción

O presidente da Confede-ración Hidrográfica do Do-uro, José Valín Alonso, o al-calde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán e técnicos da Confederación, visitaron o pasado xoves 14 de fe-breiro, as zonas do munici-pio afectadas polas últimas enchentes do río Támega. Na visita comprobaron as obras de limpeza de canles dos regatos afluentes do Tá-mega, como o que vai desde Tamagos cara a desemboca-dura do Támega en Oímbra, “que nunca se fixera e era unha vella reivindicación dos veciños de Tamagos e que agora quedou comple-tamente limpo”, subliña o rexedor verinés.

Durante esta visita, des-

prazáronse a Pazos e A No-ria (Verín), unhas das zonas máis afectadas nesta última enchente de xaneiro e onde o río ocasionou máis dano. “Se ben o ensanchamento que se fixo do Támega nos anos �003 e �004 foi unha das mellores obras hidráu-licas que se realizou en Verín, para paliar os efec-tos nocivos das enchentes, agora temos un problema xusto onde remata esa ac-tuación, no comezo da No-ria, onde a auga ao vir con tanta velocidade e ao pasar dunha canle ancha a unha estreita provoca que se saia da canle normal do río, que tire con algún muro de con-tención, como aconteceu na última inundación, e invada propiedades de veciños”, indica Jiménez Morán.

A Confederación Hidrográfica limpará os afluentes do Támega4 O presidente da CH Douro e o alcalde de Verín visitan as zonas afectadas polas últimas enchentes do río Támega.

Problemas coa ponte da área recreativa

A todo isto hai que enga-dir a existencia “dun obstá-culo como é a ponte da área recreativa de Pazos, que no seu día se fixo mal, e que exerce como unha barreira para toda a auga que vén por esta canle”, recoñece, “ademais da cantidade de vexetación, árbores gran-des na propia canle do río e outros que estaban secos e caeron no mesmo”. Unhas cuestións que se coñeceron in situ, e nas que se valorou “a posiblidade, por parte da Confederación Hidrográ-fica do Douro, de realizar unha variación desta ponte, co fin de que non faga ese efecto de presa, a auga cir-cule normalmente e non se teña por que botar fóra”.

Limpeza de afluentesA continuación, visitaron

Cabreiroá, onde se proce-derá á limpeza dos regatos de Ábedes e Cabreiroá, que tamén ocasionan importan-tes danos ás localidades de Cabreiroá e Queizás cando hai enchentes, e Tintores e Vilela, outras dúas zonas nas que o río Támega tamén se saiu da súa canle duran-te a última inundación. “En Tintores un dos problemas importantes é a ponte, rea-lizada de modo rudimenta-rio no seu día, con moitos apoios no centro, o que oca-siona que se vén algunha árbore, que normalmente veñen, atranque toda a cir-culación da auga e saia fóra da canle”, destaca o alcal-de, “e ao igual que se fixo na área de baño no seu día,

cun dique e ensanchando o río, deixaron de existir pro-blemas, pode plantexarse a opción de realizar este tipo de dique, nesta zona inun-dable que tamén é comunal, e evitar que o río se des-borde, ademais de limpar a canle”.

Finalmente, visitaron o regato de Marbán, ao seu paso pola Fonte do Sapo, co obxeto de analizar a rea-lización unha adecuación integral do regato e evitar a inundación desta área re-creativa.

“O presidente tomou boa

nota de toda esta problemá-tica e posiblemente, dentro de dúas semanas, mandará técnicos e enxeñeiros da propia Confederación, para ver in situ todo aquilo que o presidente observou”, reco-ñece Jiménez Morán.

Alcalde de Verín e presidente da Confederación Hidrográ-fica do Douto visitaron varios puntos do Támega.

Constataron problemas derivados das enchentes en Pazos, A Noria, Cabreiroá, Tintores e Vilela

Page 5: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

5VERÍN E COMARCA

A obra reduce o consumo eléctrico ata un 60% e mellora a calidade do alumeado

Redacción

Verín e Oímbra son dous dos concellos beneficiados coas axudas directas que a Xunta de Galicia conce-deu en �01� en concepto do Fondo de Compensa-ción Ambiental, na súa liña competitiva. Ambos os dous concellos destinaron o importe da subvención á mellora da eficiencia ener-xética e á telexestión do alumeado público.

Dado que a subvención concedida a estes munici-pios é superior a 60.000 euros, con carácter previo á proposta de pagamento é preciso realizar a compro-bación material do inves-timento, tal e como dispón a orde que regula este tipo de axudas. Por este motivo, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Roge-lio Martínez, desprazouse a Verín para recepcionar a obra. O alcalde deste concello, Juan Manuel Ji-

ménez, acompañouno ata as novas instalacións e alí constataron que os traballos se executaron conforme ao proxecto aprobado, cun or-zamento total de 150.000 euros.

Aforro enerxéticoOs alcaldes de Verín e

de Oímbra xustificaron as actuacións realizadas ao abeiro do Fondo de Com-pensación Ambiental na ne-cesidade de racionalizar e optimizar o consumo ener-xético das instalacións do alumeado público co fin de reducir o consumo eléctrico destas infraestruturas muni-cipais ata un 60 ou 70% e, por conseguinte, reducir o importe da factura eléctrica. Ao mesmo tempo, tamén se pretendeu con esta obra me-llorar a calidade do alumea-do tratando de proporcionar uns niveis de iluminación axeitados ás diferentes zo-nas, segundo o tipo de nú-cleo, densidade de tráfico

soportado, etc., sempre buscando a solución máis óptima e que proporcione o máximo rendemento da instalación cos menores custes. Ademais, os rexe-dores dos dous concellos sosteñen que o sistema de eficiencia enerxética permitirá non só o afo-rro senón optimizar a luz “potenciando os nosos re-cursos paisaxísticos e pa-trimoniais, e contribuíndo á concienciación mediam-biental dos veciños”.

Unha vez realizada sa-tisfactoriamente a compro-bación material do investi-mento procedeuse ao acto administrativo de recep-ción da obra, no que Mar-tínez e Jiménez asinaron a acta de conformidade.

Verín e Oímbra optimizan o seu alumeado público 4 As obras foron subvencionadas pola Xunta.

Rogelio Martínez e Jiménez Morán asinaron a acta de conformidade da obra.

Redacción

Novos cambios na es-trutura directiva da sani-dade pública ourensá. A actual xerente do hospi-tal de Verín, Guillermina Agulla, pasará a ocupar o posto de responsable do hospital do Barco de Valdeorras, mentres que Alfonso Iglesias Forneiro, actual director de procesos con ingreso, será a partir de agora o referente para o hospital verinés.

A conselleira de Sani-dade, Rocío Mosquera, acompañada da xerente do Servizo Galego de Saúde, María Nieves Domínguez, e da xerente de Xestión In-tegrada de Ourense, Eloína Núñez, visitou os hospitais de Verín e O Barco, coa fin de manter un contacto directo cos profesionais e informarlles da reorga-nización do equipo direc-

tivo. A titular de Sanidade quixo coñecer, de primeira man, as expectativas dos profesionais e presentar o equipo directivo da estrutura de Xestión integrada, aínda en remodelación.

Xestión integradaRocío Mosquera reafir-

mou, na súa visita a estes dous hospitais, a aposta do Servizo Galego de Saú-de pola xestión integrada, así como pola xestión por procesos e a xestión clíni-ca, como instrumentos que están a modernizar o siste-ma, situando ao paciente no centro da actividade e me-llorando a autonomía dos profesionais, así como a súa implicación e compromiso na xestión.

A Administración sa-nitaria galega considera moi importante o traballo conxunto entre profesio-nais dos centros de saúde,

do hospital comarcal e do hospital de referencia, no que xa leva traballando o Sergas un tempo, pero no que aínda queda tarefa por facer.

Entre ese labor que que-da por continuar, Mos-quera citou o asentamento das estruturas directivas; o desenvolvemento da Estra-texia Galega de Atención Integral á cronicidade tanto na súa prevención como no diagnóstico, seguemento e estratificación; a autono-mía dos profesionais por medio da xestión clínica; a implicación dos pacientes a través da E-escola; e o uso axeitado dos recursos co fin de cumprir o orzamento.

Sanidade reestrutura o seu equipo directivo en Ourense4 A xerente de Verín pasa a dirixir o hospital do Barco; será substituída por Alfonso Iglesias.

Á dereita, a conselleira de Sanidade, informando dos cambios no equipo directivo ao persoal do hospital de Verín./BORYS INTERFILM.

O equipo directivo da Xerencia de Xestión Integrada está aínda en remodelación

Page 6: Febreiro 2013 - BXVAC

6 BARRIOSFebreiro de �013 VERÍN E COMARCA

EN BREVE

Redacción

O pasado 6 de febreiro celebrouse sesión plenaria ordinaria no Concello de Monterrei e nela tomou posesión do seu cargo como concelleiro do BNG Alberte Rodríguez García. Rodríguez García subs-titúe no cargo a Nelson Fernández, quen dimitira en decembro por motivos persoais.

O novo edil naciona-lista tomou posesión do seu cargo “consciente da confianza que os veciños e veciñas do Concello de Monterrei depositaron nel” e asume o seu labor de fiscalización e control do actual goberno do PP “con moita ilusión e ganas de traballar para defender os intereses, dereitos e ne-cesidades de todos os ha-bitantes do seu concello”, indican desde o BNG a través dun comunicado.

Nativo e veciño de Al-barellos, Alberte Rodrí-guez García pertence a va-rias asociacións culturais e veciñais, polo que é moi coñecido entre a veciñan-za. Bo exemplo das súas gañas de traballar son al-gunhas accións levadas a

4 Cambios no grupo de goberno de Castrelo do Val

A renuncia como con-celleiro e tenente de al-calde de Raúl Fernández modificou a composición do Pleno Municipal e a Xunta de Goberno Local do Concello de Castrelo do Val.

Américo Santiago Sil-va deixa a Tenencia da Alcaldía, que asumen os seguintes concelleiros: 1ª tenente de alcalde, María del Mar Valle; �º tenen-te de alcalde, José Luis Santiago; e 3º tenente de alcalde, Ramón Cañizo. A Xunta de Goberno lo-cal queda conformada por estes tres edís máis o rexedor socialista, Vicen-te Gómez.

4 Solicitude de cursos de galego

Máis de medio cento de persoas inscribíron-se no Concello de Verín como demandantes de formación compensato-ria en galego. Superada a demanda mínima ne-cesaria en cada nivel (�0 inscritos), o Concello de Verín solicitará da Se-cretaría Xeral de Política Lingüística que se impar-tan na vila dous cursos de galego, para os niveis de Celga � e de Celga 4.

Se finalmente a Xun-ta accede á demanda, os cursos comezarán na pri-meira quincena de mar-zo e rematarán a finais de maio. Impartiranse ao longo de 70 horas na Casa da Xuventude, entre ás 19 e as �� horas.

4 Exposición do PXOM na web do Concello de Verín

Tras a aprobación de-finitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín en decembro, e a súa publicación no Dia-rio Oficial de Galicia e no BOP de Ourense, o docu-mento pódese consultar na páxina web www.ve-rin.es.

Os interesados tamén poderán informarse so-bre o novo Plan Xeral no departamento de Urbanis-mo do Concello, martes e venres en horario de mañá.

cabo durante o período de transición ata a súa toma de posesión. “Alberte foi o promotor das accións levadas a cabo para evi-tar o peche definitivo de Nova Galicia Banco lo-grando manter unha vez a semana unha oficina mó-bil do devandito banco”, indican desde o Bloque. Como accións inmedia-tas o único concelleiro do BNG en Monterrei perco-rrerá todos os núcleos de poboación do muncipio mantendo reunións cos seus veciños para coñecer de primeira man as súas necesidades e loitar por elas dende a oposición.

Retraso na chegada da súa acta

A acta de edil de Al-berte Rodríguez García chegou a tempo para que este puidera tomar pose-sión no pleno de febreiro, malia que nun primeiro momento a Xunta Electo-ral Central rexeitara toda a documentación enviada desde o Concello por estar escrita en galego. A solici-tude volveu ser remitida, desta volta en castelán, e finalmente a súa acta che-gou antes do pleno.

Alberte Rodríguez García, edil do BNG en Monterrei.

Alberte Rodríguez, novo edil nacionalista en Monterrei4 Tomou posesión no pleno do 6 de febreiro.

O Club de Lectura de Verín retoma a súa actividade Un ano máis, e xa van catro, o Club de Lectura da Biblioteca Pública Municipal do

Concello de Verín retomou a súa actividade anual de fomento da lectura, co obxecto de converterse nun estímulo para a interacción entre os asistentes que acoden a instalación municipal. A decena de participantes actuais seguirá a compartir xuntanzas, varias veces ao mes, e as vivencias obtidas tras a lectura do mesmo libro, tamén analizarán temas de actualidade e experiencias do día a día. Neste ano esta iniciativa cultural fomentará a lectura de obras clásicas como Madame Bovary de Gustave Flaubert ou La importancia de llamarse Ernesto de Óscar Wilde, e impulsará a utilización do libro electrónico.

Os interesados en participar poden inscribirse na Biblioteca Pública de Verín.

Asistentes á primeira das xuntanzas do club de lectura.

Redacción

O departamento de Ser-vizos Sociais Comunita-rios Básicos do Concello de Verín vén de pór en marcha este mes de fe-breiro o programa ‘Esta-mos a Tempo’, destinado tanto a persoas maiores como aos coidadores in-formais dos dependentes, co fin de favorecer a ca-lidade de vida, benestar físico e psicolóxico de ambos colectivos.

Tras percorrer Mandín, Feces de Abaixo e Tama-guelos, as responsables desta iniciativa realizarán esta semana novas charlas sobre os recursos de ser-

vizos sociais e obradoiro de autoestima. O día 19 terán lugar en Tamagos (16 horas) e Cabreiroá (17.30 horas), mentres que o xoves �1 de febreiro serán en Pazos (16 horas) e Queizás (17 horas). E a finais do mes de febreiro iniciaranse os obradoiros de memoria, durante todos os martes e xoves. O �6 de fe-breiro serán en Tamaguelos (16 horas), Mandín e Feces de Abaixo (17.30 horas) e o �8 en Tamagos e Cabreiroá (16 horas), Queizás e Pazos (17 horas).

Cinco módulosEste programa, que se

desenvolverá ata o mes de xuño, consta de cinco mó-

Arranca o programa ‘Estamos a Tempo’ 4 Está destinado a persoas maiores e aos seus coidadores.

dulos. O primeiro consiste nun Módulo de Recursos Sociais, a partir de charlas informativas polas distintas localidades que amosarán os recursos dispoñibles en Verín e que están á disposi-ción de toda a comunidade.

O segundo céntrase na afectividade e está desti-nado a ensinar estratexias de regulación emocional a través de distintas tarefas (como charlas ou técnicas de relaxación que tamén se impartirán nos distintos núcleos), que permitan ex-teriorizar emocións e loitar contra o estrés e a ansieda-de.

O terceirio é un Módulo Cognitivo, no que se tra-ballarán as funcións cog-nitivas superiores (como atención, memoria ou con-centración) co obxecto de atrasar o deterioro xeral da persoa e mellorar a súa saú-de mental. Estes obradoiros tamén terán lugar en dife-rentes localidades de Verín.

O cuarto apartado aborda a autoaxuda, mediante unha terapia de grupo (que ser rea-lizará só en Verín), destinada a coidadores informais que teñen ao seu cargo a unha ou varias persoas dependentes.

E o último módulo céntra-se nos hábitos saudables, co fin de ensinar e reeducar á poboación destinataria, me-llorar a súa calidade de vida e acadar un bo envellecemen-to. Para isto contarase coa participación de persoal do Hospital de Verín, Saudeter, AFAOR e Policlínico Verín.Asistentes ás actividades de “Estamos a tempo” en Verín.

Page 7: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

7VERÍN E COMARCA

Viaxes Aldyra e Reyso Viajes comparten excursións esta primavera

Murcia, Cuenca, a costa valenciana, ou Paris e os cas-telos do Loira son algunhas das propostas que as axencias de viaxes Reyso, de Verín, e Aldyra, de Ourense, ofertan aos seus clientes, para os vin-deiros meses.

Cristina Gonzalez Ba-rreal é a responsable da oficina verinesa de Reyso Viajes, aberta en �004 e que trasladou recentemente as súas oficinas da praza da Merced á rúa Remedios, 3 (continuación da rúa Depu-tación antes da rotonda de Cabreiroá).

Charo Campuzano dirixe a oficina de Viaxes Aldyra en Ourense, aberta hai sete anos e ubicada desde o ano pasado na avenida de Portu-gal, 10, no barrio do Couto.

Outra forma de viaxarPara esta primavera, am-

bas axencias comparten propostas de excursións de varios días por toda a xeo-grafía española e incluso Francia, con viaxe en auto-car de luxo desde Ourense, hoteles de 3 e 4 estrelas, estancia en pensión com-pleta e guías en destino. “É unha forma moi económica e divertida de viaxar, onde á parte de descubrir os desti-nos máis turísticos do noso país tes a vantaxe de ir co-

ñecendo e intercambiando ideas con outra xente”, re-lata Cristina González.

Máis propostasAdemais, para esta

época en Viaxes Aldyra destacan as ofertas �x1 para Caribe e illas; as escapadas a Europa con voos desde Santiago de Compostela (ideais para Semana Santa e Ponte de Maio) e os cruceiros. Esta axencia ourensá tamén ten prezos especiais para viaxes de lúa de mel.

En Reyso Viajes o plato forte é o paquete vacacio-nal, cunha gran oferta de destinos. “Cada día está-monos dedicando máis a montar viaxes a medida, algo que cada vez os clien-tes nos piden máis xa que ás veces o que vén pro-gramado non se adapta ás súas datas de viaxe por un lado ou ben porque algún sitio dos que aparece no circuíto xa o viron, entón nós montamos o paquete a medida”, explica a xe-rente de Reyso. Os crucei-ros, tanto por mar como os fluviais, son outro dos produtos que teñen máis saída, polos prezos com-petitivos que ofrecen para os propios cruceiros e as excursións por terra.

Redacción

A Denominación de Orixe Monterrei incre-mentou en máis dun 1�% a comercialización das súas botellas durante o ano �01� (en relación ao ano anterior), acadan-do a venda de 1.655.170 unidades e superando nun 65% a comercialización de �010. Datos positivos que fan que a Denomina-ción faga optimistas pre-diccións para este ano.

Para o presidente do Consello Regulador, An-tonio Méndez, estes exce-lentes datos veñen dados pola “adecuación en cali-dade e competitividade, e ademais do grao de efica-cia das actividades promo-cionais organizadas polo Consello Regulador que conseguiron que os no-sos viños fosen coñecidos en novos mercados”. Un exemplo disto último foi o protagonismo adquirido recentemente na Feira do Cocido de Lalín, na que os viños de Monterrei fo-ron a bebida oficial deste recoñecido evento gastro-nómico, “sen esquecernos do bo e gran traballo e ri-gor levado a cabo por ade-

gueiros e viticultores para mellorar cada día os cal-dos de Monterrei”, lembra Méndez. Unha mellora que se avala co gran número de galardóns autonómicos, na-cionais e internacionais que reciben os seus caldos.

Entrega de contraetique-tas

As boas cifras da deno-minación vitivinícola con-tinúan se falamos de con-traetiquetas. O Consello Regulador da D.O. Mon-terrei distribuíu durante o mes de xaneiro un total de 110.100 contraetiquetas, o que supón un �9% de incre-mento respecto ao mesmo mes do ano anterior e un 150% de aumento se anali-zamos as cifras do �011.

Medra en máis dun 12% a comercialización dos viños da D.O. Monterrei4 No �01� vendéronse 1,6 millóns de botellas, a maior cifra da súa historia.

Ademais, estes datos supoñen o maior incre-mento na entrega de con-traetiquetas en toda a his-toria da D.O. “Adquirindo especial relevancia o feito de que se produza nunhas épocas en que a crise eco-nómica golpea a todos os sectores, o que vén avalar o bo traballo realizado polo Consello Regulador dunha denominación de orixe en constante crece-mento e que vai aumen-tando sosteniblemente a súa produción e comercia-lización nos mercados na-cionais e internacionais”, explica Antonio Méndez.

4 Expositores na Feira do Lázaro

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición aos expositores interesa-dos en participar nunha nova edición da Feira do Lázaro e Certame Gastro-nómico ‘Vila de Verín’, que terá lugar os días 16 e de 17 de marzo na loca-lidade.

Esta apertura do pra-zo de inscrición, aberto ata o �� de febreiro, está destinada aos expositores interesados en participar na feira de gastronomía e artesanía que se celebra no recinto do Pavillón Municipal de Deportes de Verín. Na edición an-terior asistiron un total de 60 stands.

4 Curso sobre xestión de conflitos

O Centro Asociado da Universidad Nacional a Distancia (UNED) en Ourense e o departamen-to de Educación Familiar do Concello de Verín pro-moven a realización do curso “Mediación e xes-tión de conflitos”.

O curso inclúe obra-doiros e relatorios que se desenvolverán ao longo dos meses de marzo e abril na Casa da Cultura de Verín. Os interesados poden matricularse antes do 1� de marzo formali-zando o pago da matrícu-la en Novagalicia (entre 1� e �0 euros segundo as características do alum-no).

EN BREVE

En xaneiro a D.O. repartiu 110.100 contraetiquetas

Degustación de viños de Monterrei durante a súa feira./ARQUIVO.

Page 8: Febreiro 2013 - BXVAC

8 BARRIOSFebreiro de �013

XINZO E COMARCA

Redacción

O conselleiro de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, manifestoulle ao alcalde de Trasmirás, Emilio José Pazos, a ple-na disposición do seu de-partamento a colaborar co concello para que este conte no prazo máis breve cun Plan xeral de ordena-ción municipal adaptado á Lei do Solo.

O rexedor informou ao conselleiro que a trami-tación do PXOM atópase na súa última fase, xa que foi aprobado inicialmente polo pleno municipal e sometido a información pública. Nestes momentos está unicamente pendente dalgúns informes secto-riais, como o de Patrimo-nio ou o da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Unha vez completada toda a documentación, o Plan será remitido á Secre-taría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para a aprobación defini-tiva do PXOM. Agustín Hernández trasladou ao alcalde o compromiso de realizar esta aprobación sen agotar o prazo de tres

meses establecido por lei.Na actualidade en Galicia

hai 65 concellos co seu pla-neamento adaptado á Lei do Solo, dos cales �3 están na provincia de Ourense.

Delimitación do núcleo de Escornabois

O conselleiro e o alcalde

A Xunta promete axilizar a aprobación do PXOM do concello de Trasmiras4 O documento está pendente dalgúns informes sectoriais, como o de Patrimonio ou o da Confe-deración Hidrográfica.

O alcalde de Trasmiras, Emilio José Pazos, xunto ao con-selleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.

Redacción

A Escola Rural de Saú-de da Limia prosegue coas súas actividades e o pasado 31 de xaneiro a súa aula acolleu o taller “Coidado dos enfermos na fase final da vida”, que se desenvol-veu en colaboración Con-cellaría de Servizos Sociais de Xinzo.

A enfermeira Pilar Gon-zález Iglesias tratou de amosarlle aos participantes a importancia dos coidados paliativos e de practicar técnicas básicas do coidado no domicilio dun enfermo ao final da súa vida.

O taller estivo destinado

á cidadanía en xeral, sen-do coidadores e auxiliares de axuda a domicilio do medio rural as persoas que máis participaron.

Segundo apuntan dende a Escola Rural de Saúde da Limia “é especialmente de interese que estes cursos se realicen alá onde a por-centaxe de persoas maiores é máis alto e onde doutro xeito os coidadores non teñen posibilidade de reci-bir formación en materia de saúde”. E precisamen-te entre esta asociación e a Escola Galega de Saúde do SERGAS están a atopar a maneira de que a descen-tralización da formación

A importancia dos coidados na fase final da vida4 A Escola Rural de Saúde da Limia impartiu un curso sobre técnicas básicas para o tratamento dun enfermo a piques de morrer.

e a atención ao coidador sexa posible.

É sabido que o ser hu-mano adica gran parte do tempo a resolver o enigna de se hai vida depués da morte. Segundo di a coor-dinadora da Escola Rural de Saúde da Limia, Lola Rico, o obxectivo desta organización é “asegu-rar que haxa vida antes da morte. E que esa vida, quede o que quede dela, sexa de calidade”.

O gasto de persoal supón o 35,6%, e o corrente, o 25,4%

Redacción

Trala aprobación inicial no pleno e despois da pu-blicación no BOP, vén de entrar en vigor o orzamen-to xeral do Concello de Vilar de Santos para este �013, que consta dun total de 780.000 euros. Unha cantidade que, a xuízo do rexedor municipal, Xan

Asistentes ao obradoiro sobre coidado paliativos, en Xinzo.

Jardón, é froito “do noso compromiso cunha xestión transparente, racional, efi-ciente e solvente co diñeiro público”.

Segundo o alcalde “nun-ha coxuntura como a actual, estes orzamentos van per-mitir continuar e reforzar a nosa aposta polo apro-veitamento dos recursos e das capacidades locais para

Vilar de Santos aproba os seus orzamentos para 20134 Trátase de 780.000 euros, dos cales o 36,5% dedicarase a investimentos.

de Trasmirás tamén falaron do proxecto de delimitación do núcleo de Escornabois, trámite que permitirá a construción dun edificio de carácter social nesa zona. O proxecto está nestes mo-mentos en tramitación, con-cretamente na fase de infor-mación pública.

dotarnos de infraestruturas, equipamentos e servizos públicos de calidade”. Así, dos 780.000 euros o gasto de persoal supón o 35,6%; os gastos correntes serán o 25,4%; e a carga finan-ceira será o 0,6% dos mes-mos. Así, Jardón destaca “a inexistencia dun plan de axuste e de débeda con pro-vedores, ao tempo que con

estes orzamentos reforza-mos a inversión produtiva, destinando a investimentos �84.000 euros, o 36,5% do total”.

Catro prioridadesSegundo explican dende

o goberno municipal, nestes orzamentos priorizaranse varias áreas de actuación. A primeira delas é a conti-nuación –a través de novas inversións- da mellora da Área de Rehabilitación In-tegral de Vilar de Santos, posta en marcha no �01�, co fin de crear actividade económica na zona.

En segundo lugar, neste �013 o Concello apostará

pola promoción da activi-dade económica e o empre-go no Parque Empresarial, xa que está a preparar a venda dun segundo lote de parcelas de solo industrial dispoñible. Así “consegui-ranse fondos para novas inversións ao tempo que se continúa a consolidar este Parque Empresarial, que xa conta con 190.000 metros cadrados e �0 empresas ins-taladas”, lembra o alcalde.

Vilar de Santos, ademais, aposta polos servizos so-ciais co reforzo do Servizo de Axuda no Fogar e a am-pliación dos servizos sociais comunitarios. Ao que se lle suma que na antiga escola

unitaria do municipio po-rase en marcha un Punto de Atención á Infancia.

Por último, os orzamentos deste ano tamén recollen a mellora das infraestruturas e dos servizos públicos ac-tuais, con proxectos de me-llora no saneamento e abas-tecemento, pavimentacións e a continuidade do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxé-tica con novas actuacións nos servizos públicos mu-nicipais.

Coidadores e auxiliares de axuda a domicilio asistiron ao curso

O Plan xeral de ordenación municipal de Trasmiras xa foi aprobado inicialmente polo pleno e sometido a información pública

Page 9: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

9PUBLICIDADE

Page 10: Febreiro 2013 - BXVAC

10 BARRIOSFebreiro de �013

ESPECIAL INORDE

Page 11: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

11INORDE ESPECIAL

Page 12: Febreiro 2013 - BXVAC

1� BARRIOSFebreiro de �013 XINZO E COMARCA

Redacción

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Ro-gelio Martínez, participou o 1 de febreiro na activi-dade organizada no Cen-tro de Interpretación das Areeiras da Limia para conmemorar o Día Mun-dial dos Humidais, que se celebrou ao día seguinte, baixo o lema “Os humi-dais e o manexo da auga”. Martínez anunciou que na ampliación da Rede Natu-ra �000, que está a trami-tar a Consellería de Me-dio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, o 80% da superficie dos humidais inventariados en Galicia terá a máxima protección ambiental.

A actividade, dirixi-da aos alumnos do ciclo de Xestión Forestal e do Medio Natural do IES Cidade de Antioquía, de Xinzo de Limia, come-zou cunha charla sobre os humidais e a ZEPA de A Limia, que incluíu unha explicación polo miúdo do Plan de Recuperación

levado a cabo nas areeiras desta zona, impartida polos técnicos do Servizo Provin-cial da Dirección Xeral de Conservación da Natureza en Ourense. De seguido, os participantes realizaron unha visita guiada á ZEPA onde levaron a cabo unha actividade de observación de aves.

Coa actividade progra-mada búscase fomentar a sensibilización das persoas acerca da interdependencia da auga e os humidais, indi-car medios adecuados para

A Limia conmemora o Día dos Humidais4 A provincia ourensá conta �18 humidais que suman un total de 10.000 hectáreas.

que os diferentes grupos in-teresados compartan a auga dunha maneira equitativa e lograr que se comprenda que sen humidais non habe-rá auga.

O delegado territorial incidiu na importancia da correcta xestión da auga e o seu manexo razoable, para garantir a subsistencia das xeracións actuais e fu-turas, ao que contribuirá o maior esforzo de protección que se está a levar a cabo. Manifestou que en Galicia estase a compaxinar o man-

temento das características ecolóxicas destes humidais coa súa utilización para fins humanos.

Os humidais en GaliciaA Xunta dispón dun in-

ventario dos humidais de Galicia no que se consta-ta a existencia de máis de 1.100 humidais, que suman unha superficie de máis de 70.000 hectáreas. A pro-vincia de Ourense é a que alberga un menor número de humidais, �18, con 9.663,6 hectáreas.

Alumnado do IES Cidade de Antioquía observando aves no Centro de Interpretación das Areeiras da Limia.

A oferta hostaleira de Xin-zo vén de sumar un novo es-tablecemento: o Bar Restau-rante Degustación Río Salas, na rúa do mesmo nome, preto da zona dos xulgados, Correos, centro de saúde e cuartel da Garda Civil. Ao fronte está Julio Estévez, persoa con longa traxectoria no mundo da hostalería, tan-to en Xinzo como na emigra-ción en Alemaña. Agora aca-ba de trasladarse a un novo local de 160 metros cadrados a apenas 50 metros de onde estaba situado o seu antigo bar, ampliando o negocio con restaurante e asadeiro de polos.

Trátase dun establecemen-to con decoración renovada, que abre todos os días de 7 da

mañá a medianoite e busca satisfacer as demandas da súa clientela: con café de calidade e pan e bollería fresca elaborada por eles mesmos a primeira hora da mañá, menú do día á hora do xantar, e platos com-binados, hamburguesas e bocatas para repoñer forza a calquera hora. Os polos asados, a costela e o codillo son especialidades do lugar, e pódense encargar tamén para levar. Proximamente sumara unha variedade de pizzas á súa carta, e insta-lará unha ampla terraza no exterior. Como di o seu pro-pietario, “o que entra é ben recibido”, así que anímense a descubrir este novo local en Xinzo.

Xinzo amplía a súa oferta hosteleiraAbre o Bar Restaurante De-gustación Río Salas

Sentenza contra o Concello de Xinzo e a DeputaciónRedacción

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de publicar a súa sentenza de 18 de xaneiro pola que con-dena ao Concello de Xinzo da Limia e á Deputación Provincial de Ourense por cesión ilegal de traballado-res, declarando o dereito do demandante a incorporar-se ao cadro de persoal do Concello de Xinzo.

Segundo recolle a CIG, o TSXG sinala que a Deputa-ción demandada “limitouse a contratar ao autor e a pa-gar o seu salario, sen que realizase nengún outro acto dos que son proprios dun empresario, pois o autor sempre prestou servizos no Concello de Xinzo”. O sin-dicato achegará esta sen-tenza ao procedemento que se abra como consecuencia da denuncia presentada na Fiscalía polas contratacións neste municipio.

Page 13: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

13

A comunidade de regantes Corno do Monte e o SLG presentaron alegacións

XINZO E COMARCA

O proxecto de instalación dunha mina de feldespatos xera oposición na Limia4 O proxecto da explotación mineira de Faramontaos está en período de información pública, duran-te o que diferentes colectivos están presentando alegacións.P.L.

Concello de Xinzo, BNG, Sindicato Labrego Galego e a Comunidade de Regan-tes “Corno do Monte” son algúns dos colectivos e en-tidades que están a amosar estes días a súa oposición ao proxecto dunha explota-ción mineira de feldespatos na Limia.

Malia a oposición fron-tal dos veciños, recollida en 415 de alegacións e un acordo plenario unánime de rexeitamento en xullo do ano pasado na corporación de Xinzo, o 17 de xaneiro o Diario Oficial de Galicia publicaba o anuncio de in-formación pública, durante 30 días hábiles, do “Proxec-to de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Faramontaos, nº5089.1”. Isto é, un dos requisitos previos para a instalación dunha mina de feldespatos nas inmediacións dos nú-cleos de San Pedro, Fiestras e Moreiras, no concello de Xinzo de Limia.

A partir deste anuncio co-mezáronse a escoitar voces en contra desta instalación mineira, argumentando os inconvintes e prexuízos que causaría para a co-marca. Unha delas, a do propio Concello de Xin-zo. “Estivemos, estamos e estaremos a traballar para que este proxecto non saia adiante”, indicaban a través dun comunicado. O grupo

de goberno do PP considera que sería precisa unha auto-rización da Confederación Hidrográfica previa á con-cesión de licenza á empresa Minercer SL, “posto que (a Confederación Hidro-gráfica) ten nesa zona, fir-mada, coa Comunidade de Regantes Corno do Monte, unha concesión de auga para rego”. De levarse a cabo este proxecto “suporía a colocación dunhas balsas de auga, que poderían alte-rar os niveles freáticos da mesma” e “a colocación de tubos polas pistas das zonas afectadas, sería un gravísi-mo erro que afectaría á ma-quinaria agrícola que cir-cula diariamente por alí”, alerta o Concello.

Presentación de alega-cións

Foron precisamente os regantes de Corno do Mon-

te dos primeiros en presen-tar alegacións na Dirección Xeral de Industria contra a mina de feldespatos. Nun escrito asinado polo pre-sidente desta comunida-de de regantes, José Luis Castro, argumentan a súa oposición a este proxecto, “por ser incompatible coa actividade agraria, pór en risco un proxecto anterior, prioritario e de maior cala-do como é a modernización do regadío e finalmente por ser prexudicial económica, social e medioambiental-mente”.

Tamén o Sindicato La-brego Galego presentou un escrito con 19 alegacións contra un proxecto “que sería, a todas luces, ruino-so para unha das principais comarcas agrarias de Gali-za e para o principal motor económico-social do seu medio rural”.

Por outra banda, veciños de Seoane de Oleiros, Fies-tras, Laroá, San Pedro de Laroá, Rebordechá, Paredes, Moreiras e Faramontaos, acordaron crear a Platafor-ma “Corno do Monte” que tamén presentará alegacións ante a Consellería de Econo-mía e Industria.

Esta Plataforma anuncia para esta mesma semana unha nova xuntanza veciñal aberta na que participará o grupo de goberno do Con-cello de Xinzo, que exporá a situación actual do proxecto mineiro.

Debate no Parlamento e na Deputación

A preocupación pola ins-talación da mina de feldes-patos na Limia chegou ta-mén ao Parlamento galego. O BNG puxo en marcha nesta Cámara iniciativas encamiñadas a que as “con-

sellarías implicadas dene-guen os permisos para esta explotación”. Esta última petición do Bloque recibiu as críticas do PP. A por-tavoz de Medio Rural do Grupo Popular, Isabel Gar-cía Pacín, acusou aos nacio-nalistas de demandar que a Xunta de Galicia “cometa unha ilegalidade, ao solici-tar de antemán que sexan negativos os informes sobre a solicitude de concesión da explotación dunha mina nos concellos de Xinzo de Limia e Trasmiras, sen ter en conta os informes técni-cos que deben elaborar os distintos departamentos da administración para valorar este proxecto”. A deputa-da criticou que a solicitu-de dos deputados do BNG supón unha “interferencia” no proceso de tramitación deste expediente. Con todo, García Pacín garantiu que “defenderanse os intereses agrogandeiros e medioam-bientais existentes na zona afectada e serán os infor-mes dos técnicos os que valorarán se a explotación incide de xeito negativo nesta zona da comarca da Limia”.

O próximo venres �� de febreiro no pleno da De-putación, os nacionalistas tratarán de recabar o apoio dos outros grupos á súa proposta para que a Xun-ta denegue a solicitude de aproveitamento mineiro e que os concellos impli-cados, Xinzo e Trasmiras, procedan tamén á denega-ción da preceptiva licenza

4 Produción de 30.000 toneladas anuais

O proxecto mineiro a ceo aberto para a extracción de feldespato afecta a 396 hec-táreas de terras agrarias en San Pedro, Laroá, Fiestras, Paredes, e Moreiras. Segun-do se explica no proxecto de explotación presentado á Xunta, a extracción do feldespato realizaríase me-diante un sistema de dra-gado ata un máximo de 15 metros de profundidade, durante un período de 30 anos. A empresa prevé a creación de dez postos de traballo e unha produción medial anual de 30.000 toneladas deste mineral, para a súa venda a empre-sas do sector da cerámica. Ao remate do aproveita-mento mineiro, o proxecto de restauración contempla que as parcelas queden en forma de lagoas. Na posta en marcha da explotación investiríanse 1,3 millóns de euros.

Zona prevista para a explotación mineira, próxima a San Pedro de Laroa, en Xinzo.

urbanística municipal. Ade-mais, os nacionalistas ins-tan ao Concello de Xinzo e aos veciños afectados “a persoarse no procedemento aberto de alegacións mani-festando novamente a súa frontal oposición”

Page 14: Febreiro 2013 - BXVAC

14 BARRIOSFebreiro de �013 ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

Olegario Sotelo.

4 Doazón á Fundación Vicente Risco

O empresario e editor caldelao, Olegario Sotelo Blanco, doa á Fundación Vicente Risco 263 fichas manuscritas de Vicen-te Risco, que á súa vez lle foran entregadas por dona María Teresa Cor-tón, ao entender que é o lugar idóneo para a con-servación e custodia des-te material inédito.

A Fundación é lugar de referencia para aque-les investigadores que queiran afondar no lega-do intelectual de Vicente Risco, de quen o vindeiro 30 de abril se cumprirá o 50º aniversario do seu pa-samento en Ourense.

4 Reapertura dos museos de Allariz

Os museos de Allariz retomaron a súa activida-de tras un pequeno parón para labores de acondi-cionamento.

O Museo Galego do Xoguete e o Museo do Coiro seguen co mesmo horario de inverno. Des-te xeito, abrirán sábados, domingos e festivos de 1� a 14 horas e de 17 a 19 horas.

Pola súa banda, o Mu-seo do Tecido pecha tem-poralmente por traslado. E o Muiño do Burato abre en Semana Santa, �0-�1 de abril, 1 de maio, 4-5 de maio, 17-18-19 de maio, e ��-�3-�4 de xuño.

Ademais, a Fundación Vicente Risco e a Funda-ción Aser Seara poderán visitarse concertando vi-sitas guiadas para grupos, facendo reserva previa en Reatur (nos teléfonos 988 44� 006 ou 988 440 1�6).

As entradas seguen sen-do a 1 euro, sendo gratuí-ta presentando a tarxeta de cidadanía ou para me-nores de 4 anos. Déixanse de vender os bonos.

Redacción O subdelegado do Go-

berno en Ourense, Rober-to Castro, e o alcalde de Baños de Molgas, Eladio Mangana, reunironse con representantes da comu-nidade de montes Mon-temedo e responsables do Santuario dos Milagres.

Na reunión plantexá-ronse varias propostas para racionalizar o em-prazamento dos diferentes

Á esquerda da imaxe, o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, xunto a representan-tes da comunidade de montes Montemedo, responsables do Santuario dos Milagres e do concello de Baños de Molgas.

postos de venda ambulante no perímetro da capela, para garantir a seguridade cidadá e a seguridade vial neste contorno.

A finalidade deste encon-tro foi darlle continuidade á primeira reunión de traba-llo que se desenvolveu en agosto pasado e na que esti-veron presentes as distintas Forzas e Corpos de Seguri-dade, Policía Autonómica, Policía Local e Protección Civil.

Racionalización dos postos ambulantesnos Milagres4Para garantir a seguridade vial e cidadá.

Redacción

A asociación cultural Xan de Arzúa, encargada da organización da Festa do Boi de Allariz, celebrou xa a súa primeira reunión conxunta para a toma de decisións sobre cuestións previamente debatidas nos grupos sectoriais de traballo.

O encontro dos volun-tarios e voluntarias desta organización sen ánimo de lucro serve para iniciar a conta atrás na prepara-ción dunha festa que no ano �013 celebrarase en-tre o �5 de maio ao � de xuño, arredor do Xoves de Corpus, como manda a tradición.

Os voluntarios da aso-ciación decidiron seguir apostando por unha pro-gramación que, repectando sempre a tradición, incor-pore actividades pensadas, fundamentalmente, para os veciños, que son os que manteñen económica e aní-micamente esta festa duran-te 696 anos.

A orixe da festaA Festa do Boi é unha ce-

lebración profana que se ba-sea nun feito, entre a lenda e a historia, situado en1317, ano no que un católico al-cumado Xan de Arzúa de-cidiu darlle un escarmento aos xudíos encabezando a marcha da tradicional pro-cesión católica do Corpus a

Comeza a conta atrás para a Festa do Boi4 Celebrarase do �5 de maio ao � de xuño.

Reunión da asociación cultural Xan de Arzúa para organizar a próxima Festa do Boi.

cabao dun boi para rematar coas súas burlas.

Ao seu falecemento, Xan de Arzúa deixou ordes e capital para que a súa ‘fa-zaña’ fose lembrada anual-mente coa presenza dun boi na procesión. E a partir deste desexo naceu a tradi-ción das carreiras do boi. O animal figurou durante séculos dentro da procesión relixiosa e, trala negativa da Igrexa, mantívose a proce-sión de Corpus como acto relixioso tal coma hoxe o coñecemos e naceu a festa profana que actualmente se mantén.

Pola súa banda, a aso-ciación Xan de Arzúa é a moderna herdeira da funda-ción de Corpus que durante

séculos organizou, arredor da igrexa de San Pedro, a procesión e a festa.

Dende a separación dos elementos profanos e os relixiosos da procesión, a Igrexa mantivo a activida-de propia e o pobo asumiu os actos profanos.

Pero tras sufrir unha fase de decadencia, chegando a desaparecer nos anos 60, esta festa foi rescatada en 1983, iniciando a súa eta-pa contemporánea.

Na actualidade, a aso-ciación asume, en cola-boración co Concello de Allariz, a organización, facendo fincapé no res-pecto ós numerosos ele-mentos tradicionais .

Como é tradición, haberá numerosas actividades para os veciños, peza chave desta festa

Buscan músicos para a “Semana Santa ao Vivo” Redacción

O Concello de Allariz busca músicos para parti-cipar na programación da “Semana Santa ao Vivo” que se celebrará do �8 ao 31 de marzo.

A “Semana Santa ao Vivo” é unha proposta cultural de ocio nacida no ano �000, motivada pola grande cantidade de turis-tas presentes durante estas datas na vila alaricana.

O departamento de Promoción Económica do Concello de Allariz é quen se encarga de orga-nizar a programación da “Semana Santa ao Vivo”, unha alternativa diferente que conxuga música, tra-dición e cultura para que todo aquel que visite a vila nesas datas se quede coa esencia do que é Alla-riz. Este proxecto cultural abarca sobre todo música de rúa, nos seus variados estilos folk, jazz, world-music, étnico, blues, etc., coa que amenizar os pa-seos dos transeúntes en diversos espazos do casco histórico.

Os músicos, grupos ou solistas que estean inte-resados en actuar nas rúas de Allariz durante a Sema-na Santa deben contactar co Concello antes do 3 de marzo no correo dinami-zacioneconomica@allariz ou no 988 44� �10.

Page 15: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

15ALLARIZ E COMARCA

4 Obras de mellora en varios viais en Allariz

Ao longo destas se-manas a empresa Tragsa ten executado obras de mellora en varios viais do Concello de Allariz. Neste momento están cáseque rematadas as obras de mellora na pis-ta que vai da Estrada de Santa Mariña ao pobo de A Cal. Asimesmo, estase arranxando o vial que une Allariz e Seoane, á altura do pobo de Rodicio.

As obras realizadas consisten na mellora do asfaltado das pistas e acondicionamento de ga-bias e están incluídas no Plan de Estructuras e In-fraestruturas Municipais, realizadas a través de fon-dos de desenvolvemento rural, para a execución de asfaltados en municipios rurais de Galicia.

4 Inicio da cobranza de impostos e taxas

Ata o 1 de abril, o Con-cello de Allariz mantén aberto o prazo de cobro de varias taxas e impos-tos municipais. O Con-cello procederá ao cobro dos recibos polo imposto de vehículos de tracción mecánica e da taxa pola prestación do servizo do lixo, correspondentes ao exercicio �013. Ademais, neste período poderase pagar a colaboración ve-ciñal para festas.

Os alaricanos intere-sados poden consultar o contido das listas cobra-torias na planta baixa da Casa do Concello, Praza Maior nº 1, en horario de oficina.

4 Celebración dos namorados

Do �� ao �4 de febrei-ro Allariz quere ser “vila e corte romántica”. Por iso durante esta fin de se-mana os establecementos hoteleiros da vila sacaron ofertas especiais e os lo-cais gastronómicos distri-buirán “tapas de namora-dos”.

Ocio infantil, unha ho-menaxe a Rosalía de Cas-tro, e música completarán o programa.

[+ info en axenda]

EN BREVE

Cursos de cociña e poda 4 Terán lugar na Fundación Ramón González Ferreiro do �3 de febreiro ao 3 de marzo.Redacción

A preparación de pratos de culler, técnicas básicas de cociña e introdución á poda de árbores froitei-ras son os tres vindeiros cursos que nas próximas semanas acollerá a Fun-dación Ramón González Ferreiro.

O primeiro deles terá lugar o sábado �3 de fe-breiro e irá adicado á aprendizaxe de pratos de culler: consomés, sopas e potaxes. De 10 a 14 ho-ras os participantes (que se poden inscribir por un prezo de �5 euros) apren-derán, dun xeito dinámi-co e divertido, a elaborar receitas complicadas da forma máis sinxela e eco-nómica. Así, prepararán crema de setas e froitos secos, sopa de pescado, vichyssoise, crema de cabaza con queixo azul e potaxe de fabas con ameixas e peixe sapo.

O segundo dos cursos culinarios achegará aos alumnos técnicas bási-cas de cociña. Será do �5

ao �8 de febreiro (de 19 a �1.30 horas), constará de parte teórica e práctica, e terá un custo de 60 euros. Os participantes aprende-rán termos culinarios, tipos de corte e métodos de coc-ción; así como a preparar pratos con lácteos, ovos, carnes e peixes.

Por último, os días 1 e � de marzo impartirase un curso sobre poda de árbo-res froiteiras. O primeiro día (de 19 a �1 horas) un experto explicará aos asis-tentes tipos e técnicas da poda e enxerto, ferramen-tas e cortes, e a diferencia entre árbores froiteiras de

pebida e óso.Xa o segundo día (de

10 a 14 horas) os partici-pantes porán en práctics os coñecementos adqui-ridos.

InscriciónOs interesados en parti-

cipar nalgún deste cursos poden informarse e incri-birse no 988 43 61 8� ou no enderezo electrónico [email protected].

Redacción

Francisco García, Al-calde de Allariz deu conta da resolución favorable ao Concello de Allariz so-bre o pagamento dos reci-bos do IBI da Diócese, como recolle a sentenza do xulgado do contencio-so-administrativo dictada o pasado 17 de xaneiro.

O Concello de Allariz emitiu no seu día os re-cibos correspondentes a catro fincas urbanas, non exentas de tributar o im-posto de bens inmobles, feito que foi reclamado

pola Diócese de Ourense, reclamación que foi dene-gada polo Concello.

Ante dita desestimación a Diócese presentou recur-so contencioso – adminis-trativo contra o acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Allariz. O contencioso-administrativo fallou favorablemente ao Concello de Allariz, moti-vando que os inmobles de natureza urbana non se ato-pan en ningún dos supostos de exención legalmente previstos.

Francisco García, trasla-dou ante os medios a valo-

Sentenza favorable ao Concello de Allariz no cobro do IBI á igrexa4 O alcalde, Francisco Gar-cía, deu conta da resolución xu-dicial.

Francisco García, alcalde de Allariz.

ración positiva que fai o Concello desta resolución, tanto de claridade como da garantía xurídica que ofrece, en xustiza e igual-dade de trato, co resto das persoas e entidades que cumpren pagando os seus tributos.

Con esta sentenza, que-da claro que a Igrexa e outras entidades relixio-sas están suxeitas ao pa-gamentos de tributos ao igual que o resto dos veci-ños. Asimesmo, abre unha vía á revisión dos arredor de 95 recibos que agora ten a Igrexa en Allariz.

Redacción

O xurado do XV Premio COAG seleccionou o Plan Especial de protección, re-habilitación e mellora do medio rural de San Salva-dor dos Penedos en Allariz como finalista dentro da categoría de Ordenación do Territorio.

O Plan ten por finalidade a protección, xestión e pos-ta en valor dos elementos de valor patrimonial, paisaxís-tico e ecolóxico presentes no medio rural de San Sal-vador dos Penedos. O ámbi-to abrangue unha superficie de 734 hectáreas que reco-lle solos rústicos adicados a cultivos, pastos, bosques e monte, xunto coas aldeas de San Salvador, Paicor-

deiro e Xugueiros. O Plan presenta tres obxectivos principais: a protección da diversidade dos hábitats, o fomento de actividades agropecuarias e silvícolas, ás que se incorporan outros solos urbanos relacionados coa educación ambiental e o lecer, e a posta en valor do patrimonio, especial-mente o camiño vello (vía da Prata) e a aldea de San Salvador.

O premio de arquitec-tura celébrase cada dous anos e trata de contribuír a fomentar a calidade arquitectónica, o rigor construtivo e a axeitada implantación da obra no territorio. O galardón foi entregado na Coruña o 14 de febreiro.

Redacción O Concello de Allariz

repite a iniciativa de anos anteriores e abre un prazo para que aquelas empresas interesadas poidan patroci-nar un xardín no Festival Internacional de Xardíns (FIXA) que se desenvolve de maio a outubro á beira do río Arnoia.

O patrocinio é unha das fontes de financiamento do Festival de Xardíns, polo que desde a primei-ra edición do certame se abre a posibilidade de que as empresas participen na xestión dun xardíns, ben sexa a través do patrocinio ou do mecenado. Ditas ac-cións de patrocinio darán a posibilidade á empresa de crear actividades pro-pias ou en coordinación co

O Plan Especial de San Salvador dos Penedos, finalista nos premios do COAG4 O ámbito abrangue 734 hec-táreas, entre solos rústicos e tres aldeas.

Concello de Allariz.O patrocinio do Festival

Internacional de Xardíns de Allariz leva asociado accións de imaxe e comu-nicación, como a presenza da marca da empresa nas instalacións, así como en todos os soportes de pro-moción do FIXA, como web, televisión ou cartele-ría. Os patrocinadores ta-mén disporán de convites para o acceso ao festival, poderán organizar un acto no espazo patrocinado, e existirá a posibilidade de realizar promocións cru-zadas entre a empresa pa-trocinadora e o Festival.

O prazo para patrocinar o FIXA �013 está aberto ate finais do mes de marzo e implica unha aportación de entre �.000 e 4.000 euros.

O FIXA 2013 busca patrocinios4 O prazo está aberto ata finais de marzo.

A inscrición pode realizarse na Fundaciòn por teléfono ou mail

Aula da Fundación Ramón González Ferreiro./ARQUIVO.

Page 16: Febreiro 2013 - BXVAC

16 BARRIOSFebreiro de �013 ALLARIZ E COMARCA

O rabaño está formado por case 300 ovellas, na súa maioría da variedade latxa, descendentes das orixinarias traídas hai unha década do País Vasco

O rabaño do Rexo está formado por unhas 300 ovellas, na súa maioría da variedade latxa./P.LODEIRO.

Á parte das visitas di-dácticas, O Rexo funciona como explotación gandeira de ovellas, que dá traballo a un pastor e unha queixeira. O rabaño está formado por case 300 ovellas, na súa maioría da variedade latxa, descendentes das orixina-rias traídas hai máis dunha década do País Vasco. A cabaña complétase con al-gúns exemplares de ovella assaf, de orixe israelita, que producen máis leite. “Unha ovella latxa na súa mellor época, marzo-abril, dache litro e medio cada día, unha ovella assaf póde-che dar medio litro máis, e moi boa calidade de leite”, explica Estévez. 16 carnei-ros facilitan a reprodución do rabaño. Neste mes de febreiro, en plena época da parideira, a poboación da granxa aumenta. Polo mo-mento levan nacidos �40 años.

Co leite que as ovellas dan nos primeiros seis meses do ano elaboran o queixo. “A mellor definición sería cha-malo de Idiazábal porque é o mesmo tipo de ovella, latxa, e é o mesmo sistema de pastoreo que nos montes vascos, en semi extensivo, en parcelas, aínda que hai terreos moi grandes, temos 30 hectáreas”, puntualiza Carlos Estévez, coordina-dor do Rexo. A alimenta-ción compleméntase no in-terior da granxa con herba seca e proteína, sobre todo en época de ordeño “para que elas se vexan fortes e dean boa leite, e a cantidade determinada”, explica.

O queixo elabórase nunha máquina denominada cuba holandesa, onde se quenta o leite e se van engadindo, en diferentes pasos, as sales antibutíricas “que eliminan as bacterias que non intere-san”, os fermentos “que van

facer que ese leite se con-virta en queixo” e o callo, que conseguirá que o líqui-do acabe por transformarse en sólido. Despois, a gran peza vaise compactando e prensando para eliminar o soro, e o que queda in-trodúcese nos moldes de quilo e 600 gramos que darán forma aos queixos do Rexo. Tras metelo en salmoeira durante unhas 15 horas, ao día seguinte o queixo está listo para pasar á cámara de maduración, onde permanecerá tres me-ses para conseguir o sabor acaído.

Son 7.000 pezas cada ano, que gozan de moi boa saída no mercado, en feiras, tendas delicatesen e incluso nunha gran su-perficie comercial, como demostra o feito de que a produción do ano pasado xa está totalmente vendi-da.

Paula Lodeiro

Localizado na parroquia alaricana de Requeixo de Valverde, ao carón do río Arnoia, O Rexo é un proxecto pioneiro de recu-peración de zonas rurais, patrocinado pola Funda-ción Ramón González Fe-rreiro coa colaboración do Concello de Allariz.

Alá polo ano �000, O Rexo naceu como granxa-escola a través da que for-mar nas artes dos pastoreo ás novas xeracións e demos-trar que é posible recuperar económica e socialmente o medio rural, evitando a súa despoboación.

Dotado dunha explotación de ovellas e unha queixería, co tempo transformouse nun Centro de Educación Ambiental. “Estivemos seis anos como granxa- escola,

funcionou a tope e saíron 300 pastores; os últimos anos veu un pouco abaixo e para que non houbera perdas o que se fixo foi fa-cer un centro de educación ambiental”, explica Carlos Estévez, coordinador do Rexo, subliñando que nos estatutos da Fundación Ra-món González Ferreiro a educación é piar básico.

Como coordinador, Es-tévez fai un pouco de todo, desde estar ao tanto de que todo funcione correctamen-te ata botar unha man nun parto difícil. Con todo, o seu labor principal é asu-mir a parte teórica das vi-sitas, que acostuman durar unhas dúas horas e constar de tres partes: “a aula, onde explicamos quen somos, por que estamos aquí, que é o que facemos, que imos ver, e temas relacionadas

coa reserva da Biosfera”, relata. Na zona de granxa, “en 40, 50 minutos lles ex-plicamos desde o estilo de ovella, alimentación, par-tos, amamantado, ordeño, pasamos a ver as ovellas, se acompaña bo tempo ás fincas de pastoreo”. E por último “vemos a queixería, explicamos e facemos unha cata, se hai queixo”.

A maioría das excursións que reciben son de escola-res, pero non só: xubilados, asociación de veciños, de mulleres, ou “xente que está facendo prácticas” pa-san polo Rexo ao longo do ano. Para rematar a visita, ensinan o Ecoespazo, unha intervención artística sobre rochas e árbores a cargo do pintor vasco Agustín Ibarrola que completa as instalacións, que son visi-tadas anualmente por unhas 3.000 persoas.

Curiosidades dos cati-vos

Amais da parte teórica, o trato cos animais é fun-damental, sobre todo se os visitantes son cativos. “Fa-cemos que teñan contacto coas ovellas, que toquen a máis pequena que teñamos, e se temos años pequenos que lle dean o biberón”, apunta o técnico.

Tratándose de rapaces, as preguntas curiosas están ao orde do día. “Que che pre-gunten por que as laranxas veñen dos árbores ou por que o leite ven do tetrabrik é o máis normal, os primei-ros anos eran preguntas que caia sempre. Este ano pasa-do, explicándolle o ordeño a un grupo da costa, que me-tes dúas pezoneiras, unha en cada tetiña da ovella, un neno preguntoume cal era a tetiña que dá o leite e cal fai a mestura co colacao”, rela-ta, entre sorrisos.

A exitosa experiencia do Rexo 4 Primeiro como granxa escola e agora como Centro de Educa-ción Ambiental, esta iniciativa alaricana demostra que é posible a recuperación económica e so-cial do medio rural.

Carlos Estévez, coordinador do Rexo, amosando os queixos que elaboran, na cámara de maduración./P.LODEIRO.

4 Unha produción de 7.000 queixos ao ano

Carlos Estévez, cun dos años que acaban de nacer no Rexo, de apenas dous días./P.LODEIRO.

Producen 7.000 pezas de queixo cada ano “de tipo Idiazábal”

Page 17: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

17CELANOVA E COMARCA

Entra en servizo a autovía a Celanova4 Reduce a 15 minutos o tempo de viaxe entre a comarca e a capital ourensá.

Redacción

A finais de xaneiro entrou en servizo a autovía Ouren-se-Celanova, un novo vial de 18,7 km que conecta a A-5� con Celanova.

A autovía, cuxo orza-mento ascende a máis de 115 millóns de euros, redu-cirá nun 40% o tempo do percorrido entre a comarca de Celanova e a cidade das Burgas, xa que a estrada OU-540 supón �5 minu-tos e a nova infraestrutura, tan só 15 minutos. A futu-ra autovía AG-31 permitirá evitar os 10 quilómetros de travesías que hai que per-correr pola estrada actual, incrementando así a seguri-dade viaria.

No que se refire a carac-terísticas técnicas, o tronco

da autovía ten unha lonxi-tude de 18,7 km e dispón de cinco enlaces: A-5� (á altura de Rante), A Merca, A Barxa, Celanova centro e Celanova sur. Tamén hai tres viadutos: Rego do Por-to, de 16� m; Río Arnoia, de 199 m; e Río Ourille, de 75 m; así como 1� pasos superiores, 18 inferiores e unha pasarela peonil.

Obxectivo da lexislaturaDurante a inauguración

do vial, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Fei-joo subliñou que a apertura da autovía vai supoñer un revulsivo e unha oportuni-dade para a zona.

O presidente do Goberno galego destacou que nesta lexislatura completarase o obxectivo de que o 80%

dos galegos estean a menos de 10 minutos dunha vía de alta capacidade. Nes-

O novo vial, de 18,7 km, conecta a A-52 con Celanova

4 Solicitan información sobre a sinalización no Portiño e Penalta

O BNG de Celanova rexistrará na sede da Di-rección Xeral de Tráfico en Ourense unha pregunta por escrito sobre se a nova sinalizacion de accesos provocada pola posta en funcionamento da AG-31 se axusta á legalidade vixente e se ademais foi supervisada pola DXT.

Os nacionalista pre-guntaron na sesión plena-ria do 30 de xaneiro se o Concello de Celanova se personara ou presentara algún tipo de alegacións á nova sinalización de ac-cesos pola estrada 531, xa que os veciños de Penalta e do Portiño “atópanse co problema para acceder á devandita estrada con destino a Xinzo” e “teñen que vir ata Celanova para emprender a dirección cara a vila limiá”, expli-can os nacionalistas nun comunicado.

Como consecuencia o BNG considera que “hai algúns accesos a determi-nadas vivendas con trato descriminatorio de favor mentres que outras que-dan con eivas de accesibi-lidade co conseguinte pe-rigo para condutores que empregan esa estrada”.

te sentido, precisou que a autovía Ourense-Celanova incrementa ata 1�0 os qui-

lómetros de vías de alta capacidade postas en ser-vizo desde abril de �009 en toda Galicia.

Feijoo estivo acompa-ñado nesta inauguración polo conselleiro de Medio Ambiente, o presidente da Deputación, o delegado do Goberno en Galicia e alcaldes da zona.

Baltar e Feijoo no centro de control da nova autovía:/RAMSÉS.

4O QUE OPINAN OS VECIÑOS

O novo vial ten 18,7 quilómetros e une a A-52 con Verea (saída Celanova Sur)./RAMSÉS.

1. Que lle parece a autovía a Celanova?�. Utilizouna xa?3. Cre que este vial debería completarse ata

Portugal?

José Fernández:1. “Foi unha convenien-

cia do alcalde, ata que a fixo non parou”.

�. “Si, pero non vai a Ourense, é un engano.

3. “Ten que continuar, se-nón non ten sentido”.

Pepe Fernández e familia:1. “Está ben, é moi cómoda”.�. “Si, dúas veces”.3. “Si, claro, é o xusto é necesario”.

Pablo e María:1. “Vivo na Manchica e venme moi ben para ir a traba-

llar, aforro cinco minutos e vou máis cómodo”.�. “Si”.3. “Si, debe seguir”.

Lorena e Iván:1. “Non a usamos, tardo o mesmo e prefiro ir pola nacio-

nal, non me compensa”.�. “Probeina pero non volvín collela”.3. “Si, porque beneficiaría a toda a zona”.

Jesús Cortés e Sonia:1. “Da Valenzá a Celanova non compensa, atrasas en

quilometros pero en tempo igual non”.�. “Si, para probala”.3. “Si, por Bande e toda esas comarcas é rendible”.

José Antonio Rodri-guez:

1. “Si, beneficia a Ce-lanova, todo o que sexa mellorar as comunicacións esta moi ben”.

�. “Si, para probar”.3. “Si, porque así a xente

de Bande, Lobios, Entrimo, Muiños e máis de 15 conce-llos poden vir máis cómoda e rapidamente a comprar a Celanova”.

Page 18: Febreiro 2013 - BXVAC

18 BARRIOSFebreiro de �013

No documental hai un fío condutor, o pandeiro de Celso Emilio Ferreiro, que pasa de man en man dos entrevistados

CELANOVA E COMARCA

S.N.

Cunha ampla traxectoria profesional ás súas costas, vencellada ao mundo da co-municación, o celanovense Aser Álvarez –actualmen-te xefe de comunicación e márketing da Asociación de Hostelería de Santiago- tiña un proxecto pendente dende os seus anos de estudante no instituto da vila de San Ro-sendo, expresar en linguaxe audiovisual o que foi e o que segue a ser –cen anos despois do seu nacemento- Celso Emilio Ferreiro. Pero o seu obxectivo non era elaborar unha biografía tradicional do poeta, senón que o que Aser tiña en mente (e debeu de ser o único que levaba prepara-do antes de comezar a gra-var) era “crear un proxecto novidoso, contemporáneo, que chegase aos mozos, para que viran en Celso Emilio un referente”, confesounos. E o resultado foi o documental “100% CEF”, que apadriñou a Televisión de Galicia.

En �004 Aser colaborou para por en marcha a Aso-ciación Cultural Arraianos e con ela unha revista, na que en �006 foi publicado un completo monográfico de Ferreiro. Iso foi a ante-sala deste documental, unha hora que nos achega á vida e á obra do autor de “Onde o mundo se chama Celanova”,

ENTREVISTA A ASER ÁLVAREZ, DIRECTOR E GUIONISTA DO DOCUMENTAL “100% CEF”

O documental “100% CEF”, nominado aos Mestre Mateo4 O seu director, o celanovense Aser Álvarez, asegura que é “todo un soño” e que se alegra “por Celso Emilio Ferreiro, é un recoñecemento ao seu discurso”.

a través de 50 entrevistas cos que máis o coñecían: os seus fillos, Isabel e Luís; os seus biógrafos, Xesús Alonso Montero e Ramón Nicolás; o seu amigo e actual presiden-te da RAG, Méndez Ferrín; Xosé Neira Vilas e Suso de Toro, entre outros.

Xunto ás súas anécdotas e recordos, un cento de fa-miliares, amigos, artistas e persoas anónimas recitan, rapean e len os poemas de Celso Emilio Ferreiro.

Facendo un pandeiro de Celso Emilio Ferreiro

“Ferreiro é un home moi interesante tamén polas súas contradicións”, explica Aser. “A min interésanme as súas fendas, afondar nas cousas nas que el foi evolucionan-do, porque a súa poesía máis humana e verdadeira vén de aí, das súas zonas grises, de estar sempre na raia, que é onde acontece todo o intere-sante”, di o autor deste docu-mental.

Unha perspectiva que deu lugar a unha creación tan in-novadora como desenfadada, que nos sumerxe na persoa de Celso Emilio Ferreiro ata facer del “un pandeiro”. “Co-llemos o seu propio pandeiro, que nos deixou a súa familia, e levámolo de man en man por todos os entrevistados, que nos deu unha conexión co propio Ferreiro, pensando

que as súas mans repenica-ron ese pandeiro, que foi con el a Venezuela, con el gravou o disco “Galicia canta” e con el estivo en vinte mil festas e tabernas. E iso fixo precisa-mente que o resultado fose tan fresco”, asegura Aser.

Pero ademais de agradecer a incalculable colaboración dos fillos do poeta e dos seus amigos máis íntimos, Aser Álvarez garda un recoñece-mento especial tamén para o actor que deu vida ao ini-mitable Celso Emilio: Luís Tosar. “Foi un auténtico luxo traballar con Luis. Á primei-ra dixo que si. E regaleille una camiseta de Arraianos e unha das mellores antoloxías que se fixeron o ano pasado sobre CEF, de Tambre”.

E é que, segundo Aser, ade-mais de semellar que Ferrei-ro supervisou –dende onde queira que estea- o proxecto de creación do documen-tal facilitándolle o traballo, a súa xenerosidade en vida fixo que se lle abrisen a este mozo celanovense “moitas portas, corazóns e almas”.

O resultado? 100 horas de rodaxe –levado a cabo en Celanova, Acevedo, Ouren-se, Santiago, Vigo, Ponteve-dra e Asturias-. “Púxenme a rodar sen guión previo, só tiña claro o que non quería facer: non quería un docu-mental cultureta que só ven

catro persoas e que aburre a un santo”. En canto ao nome, Aser di (entre risas) que debería chamarse “1% CEF”, facendo referencia a todo o material que tivo que quedar fóra. Nembargantes, está a traballar nun DVD con extras e interesantes contidos inéditos. Pola súa banda, o de “100% CEF” débese ao “au-téntico de Ferreiro e do do-cumental. É un xeito de facer unha marca de calidade do poeta, porque a súa autentici-dade e verdade poéticas son incuestionables”, explica.

Premios Mestre MateoAser Álvarez concibiu

este documental como o co-lofón ao ano de celebración do centario do nacemento do poeta celanovense, celebrado en �01�, aínda que esta idea ten “trampa”. “Para que esta iniciativa non morrera, neste �013 teño pensado facer pro-moción do documental co fin de dalo a coñecer e de que permaneza no tempo”.

E un dos motivos polo que esta creación quedará xa gra-bada na historia do audiovi-sual é porque atópase entre os nominados como mellor do-cumental do pasado ano para os Premios Mestre Mateo. “Estou moi contento. Non contaba con isto porque hai unha gran competencia, pero é todo un orgullo que “100%

CEF” se atope xa entre un dos catro mellores documen-tais de �01�”, confesounos Aser unhas horas despois de coñecer a nova. Así, ademais de alegrarse pola recompen-sa que supón para o traballo do seu equipo, tamén o fai “por Celso Emilio Ferreiro, é un recoñecemento ao seu discurso”. En canto ás posi-bilidades de facerse co pre-mio mostra cautela, “isto é todo un soño, pero hai que ser realistas e lograr o Mes-tre Mateo é complicado. Iso sí, non contaba chegar ata acá, así que a esperanza é o último que se perde”. E con esa esperanza o vindeiro 6 de abril estaremos todos pen-dentes e cos dedos cruzados para coñecer o veredito do xurado destes recoñecidos premios.

Compromiso social Este documental tamén

quere contribuir á creación dun Centro de interpretación ambiental e de integración de discapacitados, que a Aso-ciación Arraianos está a por en marcha en Amoroz. “É ta-mén un medio para facer un proxecto comprometido coa

nosa terra e coa xente máis desfavorecida. Porque Ce-lanova está chea de grandes individualidades, pero nun-ca fomos quenes de darlle un carácter colectivo a todo isto, facendo pobo, e por iso é preciso un lugar físico de xuntanza”.

E precisamente pensando nas carencias da sociedade actual, na clase política e na situación económica que vi-vimos é inevitable plantexar-se que faría o inquedo Celso Emilio ante tal panorama. “Hoxe estaría indignado, es-cribindo, facendo calquera cousa que pudiera mellorar este mundo deshumaniza-do”, confesa Aser. Porque “Celso Emilio nunca estivo cos brazos cruzados, el che-gou a predecir o que pasa agora. Ti lees Mans arriba, boca abaixo o pobo, porque isto é un atraco. Vimos a instaurar o silencio e iso é o que estamos vivindo. Por iso tamén a súa teima de facer unha poesía con eficacia po-lítica, tratar con ela de cam-biar as cousas e remover as conciencias. Como di Neira Vilas no documental “temos o dereito e o deber de ser re-beldes”, senón conducirémo-nos ao autoengano, á falta de compromiso cos que viñeron antes e cos que están por vir” conclúe Aser.

Como reflexa o documen-tal “100% CEF” este poeta segue igual de vivo para os seus fillos, amigos e veciños. Segue igual de vivo para os mozos da nosa época que o vén como un referente to-talmente actual. Segue igual de vivo neses pensamentos e creacións que elaborou dé-cadas atrás aventurándonos o inestable futuro que nos agardaba. E é que hai persoas como Celso Emilio Ferreiro que son parte da historia e sempre estarán presentes nas xeracións seguintes. Porque “pode o corpo ser vencido, pode o dereito ser torto, mais o lume que alampea xamais o veredes morto”.

Aser Álvarez xunto a Luis Tosar durante un dos días de rodaxe en Compostela.

Na actualidade Celso Emilio “estaría indignado, escribindo, facendo calquera cousa para cambiar o mundo”, explica Aser Álvarez

Aser Álvarez entrevistando a Basilio Losada para o docu-mental “100% CEF”.

Page 19: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

19

Medio Rural investiu máis de 3,6 millóns nesta concentración

Redacción

O Consello da Xunta aprobou o cambio de titula-ridade dun treito da estrada OU-193 (OU-801-Valon-go-Trado-OU-801) a prol do Concello de Pontedeva.

A solicitude do cambio de titularidade, realizada polo Concello de Pontede-va, inclúe toda a estrada ao seu paso polo concello en-tre os puntos quilométricos 4+660 e 7+860 e alcanza unha lonxitude de 3.�00 metros.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas considerou axeitado o cambio de titu-laridade tendo en conta que o treito transferido serve de comunicación para o nú-cleo de Trado –que perten-ce ao concello de Pontede-

va- coa rede autonómica de estradas, adquirindo así características plenamente urbanas.

O Concello de Ponte-deva deberá asumir todas as actividades de xestión, mantemento, conserva-ción e explotación do tra-zado a partir da formali-zación de entrega, que se formalizará no prazo dos dous meses seguintes á publicación no Diario Ofi-cial de Galicia o pasado 11 de febreiro. Por último, Pontedeva deberá incorpo-rar este tramo ao seu Plan de estradas.

A Xunta transfire a Pontedeva un treito da OU-1934 Son tres quilómetros entre Valongo e Trado.

Redacción

A Consellería do Me-dio Rural e do Mar vén de anunciar a aprobación da fase de acordo da concen-tración parcelaria de Mun-dil, no concello de Cartelle. O acordo supón a determi-nación das fincas de reem-prazo, cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa cla-sificación da terra. Deste xeito, a concentración par-celaria de Mundil supón a reorganización de 15.471 parcelas, pasando a contar con 2.520 fincas pertencen-tes a 833 propietarios.

Dende o inicio da con-centración parcelaria des-ta zona lévanse investido algo máis de 3,6 millóns de euros, dos cales �,6 millóns se destinaron á execución da rede de camiños prin-cipais e secundarios e ao

acondicionamento das no-vas fincas.

Con este anuncio (rea-lizado o 1 de febreiro) abriuse o prazo de 30 días hábiles de exposi-ción pública do acordo, co cal todos os veciños poderán ver as fincas de reemprazo, as fichas de atribucións e os planos da concentración na Casa do Concello de Cartelle e nos lugares de costume na zona. Os interesados poderán interpoñer un recurso de alzada ante a Consellería do Medio Ru-ral e do Mar no prazo de 30 días contados dende o día seguinte á notificación aos propietarios.

Novidades na parcelaria de Mundil 4 Reorganízase a propiedade de 15.471 parcelas no munici-pio de Cartelle.

O Concello pasa a asumir o mantemento do trazado

CELANOVA E COMARCA

Ofertan un paquete turístico dun día en CelanovaRedacción

Para fomentar o turis-mo en Celanova, dende o Concello veñen de ela-borar un paquete turístico para mergullarse na cultu-ra e gastronomía da vila. Esta iniciativa, denomina-da “Un día en Celanova”, inclúe un completo pro-grama de actividades que comezan ás 11 da mañá cunha visita á Casa dos Poetas (a casa familiar de Curros Enríquez) así como á de Celso Emilio Ferrei-ro, para coñecer máis de preto a vida e obra dos es-critores celanoveses.

Ás 1� do mediodía pro-cederase a un percorrido literario a través dos “Poe-mas na rúa”, seguindo o mapa dos 14 paneis dis-tribuídos polo casco urbán de Celanova. Xa á unha do mediodía terá lugar unha visita ao Mosteiro de San Salvador e á capela mozárabe de San Miguel. Grupos pequenos poderán subir á Torre das Campás e contemplar unha fermo-sa panorámica.

Tralo xantar nalgún dos restaurantes da vila, os visitantes poden optar por achegarse ata o xa-cemento arqueolóxico de Castromao datado entre os séculos VI ou V a.c.. Vilanova dos Infantes, un pequeno burgo medieval no que destaca a Torre da Homenaxe, é outra das vi-sitas vespertinas.

“Un día en Celanova” abre tamén a posibilidade de realizar un percorrido pola Ruta Currosiana, pola Ruta da Casa da Neve, así como polo Camiño de San Rosendo. Ademais, os gru-pos xuvenís poden usar o albergue municipal, o que permite organizar a estan-cia en dous ou máis días.

[+ info no Concello de Celanova]

Non faltou a tarta para celebrar os 107 anos de Josefa Álvarez./BRAIS LORENZO.

A ‘avoa de Cartelle’ soprou 107 velasA residencia A nosa Señora do Mundil de Cartelle acolleu o pasado sábado 16 de

febreiro a celebración dos aniversarios dunha das persoas máis maiores de Galicia, Josefa Álvarez Rodríguez.

A ‘avoa de Cartelle’, nacida en 1906 en Ramirás, contou aos asistentes cales son as súas receitas para alcanzar os 107 anos con tanta vitalidade, xa que goza de moi boa saúde a pesar da súa avanzada idade. A centenaria máis coñecida da residencia de Cartelle participa activamente na maioría das actividades do centro, e goza cantando e dando algúns pasos de baile. A homenaxeada mesmo se atreveu a cantar a muiñeira coa axuda das traballadoras da residencia. Josefa compartiu este día coa súa familia e con todos os seus compañeiros do centro da nosa Señora do Mundil. Durante a celebración, fixéronlle entrega de obsequios e dun ramo de flores por parte da dirección do centro.

Antonio Mouriño deixa a súa acta de concelleiro4 Quere centrarse no seu labor como parlamen-tario.

O xa ex concelleiro Antonio Mouriño co novo alcalde de Celanova José Luis Ferro./A.M.

Inclúe a visita a Vilanova dos Infantes.

Redacción

O ex alcalde Antonio Mouriño comunicou a súa renuncia como concelleiro de Celanova no pleno or-dinario do mes de xaneiro. O veterán político popular quere así centrarse no seu labor no Parlamento gale-go, onde é deputado desde o pasado mes de outubro. Será substituído no vin-deiro pleno polo seguinte integrante da lista do PP, Manuel Recarey.

Na mesma sesión plena-ria a corporación acordou por unanimidade deman-dar á Xunta que cumpla os prazos fixados para fi-nalizar a vía rápida entre Celanova e a fronteira por-tuguesa, tal e como pedía o BNG nunha moción.

Os nacionalistas presen-taron por vía de urxencia unha moción instando ao grupo de goberno a que “cumprira os acordos to-mados democraticamente” nas anteriores sesións ple-

narias. Entre outros, botaban en falta que se cumprira o acordo que rebaixaba os sol-dos do equipo de goberno. O alcalde escudouse en dous

informes do secretario e do interventor que advertían de defectos no procede-mento para non executar a redución das dedicacións.

Page 20: Febreiro 2013 - BXVAC

�0 BARRIOSFebreiro de �013

OURENSE PROVINCIA

EN BREVE

Redacción

O obradoiro “Terra de Mosteiros” está a propor-cionar unha formación de calidade e un posto de tra-ballo nas áreas de xardine-ría e forxa a un total de 30 persoas desempregadas.

A conselleira de Tra-ballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou esta inicia-tiva mixta de formación e emprego, na que o depar-tamento autonómico cola-bora coa Mancomunidade voluntaria de concellos de comarca de Ourense, for-mada por 16 municipios: Paderne de Allariz, Mace-da, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Vila-marín, Amoeiro, Ourense, A Peroxa, Coles, Noguei-ra de Ramuín, Pereiro de Aguiar, Esgos, Barbadás, Toén, San Cibrao das Vi-

O obradoiro “Terra de Mosteiros” emprega e forma a 30 persoas4 Nos concellos de Paderne de Allariz, Baños de Molgas, Esgos e Parada do Sil.

ñas e Parada de Sil.

Acondicionamento de espazos públicos

Para poñer en marcha este obradoiro, a Xunta inviste un total de �65.000 euros. Ao longo dos seis meses de duración deste proxecto, os participantes traballarán ac-tivamente no acondiciona-mento e mellora de espazos públicos dos concellos de Paderne, Baños de Molgas, Esgos, e Parado do Sil.

Mato destacou a impor-tancia deste tipo de progra-mas porque ofrecen “múlti-ples vantaxes”. En primeiro lugar, permiten o acceso ás persoas desempregadas a un posto de traballo, ao tempo que se ofrece unha formación teórica e prác-tica, adecuada á demanda actual do mercado laboral, para mellorar a cualifica-

ción destas persoas.O obxectivo é que o 70

% dos participantes con-sigan a súa inserción no mercado laboral ao rema-tar a formación.

Ademais destes benefi-cios, os obradoiros levan aparellado a realización de obras ou servizos de in-terese para a comunidade, en función das necesida-des do propio concello.

Mato explicou que na provincia de Ouren-se puxéronse en marcha no último trimestre nove obradoiros, cun total de �17 alumnos e un inves-timento de 1,9 millóns de euros.

Beatriz Mato xunto aos participantes no obradoiro de emprego./RAMSÉS.

4 Visita do bus Educamóbil

O luns 4 de marzo visi-tará Celanova o autobús Educamóbil, financia-do pola Deputación de Ourense e a Fundación Seur. Este servicio ofré-celles aos menores de 4 a 11 anos unha alternativa educativa no seu tempo de ocio. As actividades des-envolveranse dentro do vehículo, que está equipa-do con ordenadores, músi-ca, xogos e está atendido por persoal cualificado, sendo un servizo gratuito.

O bus permanecerá instalado na Praza Maior dende as 16:30 ata as �0:00 horas.

Última reunión de “Puer-tas de Galicia”.

4 “Puertas de Galicia” mellora os Puntos de Infor-mación Turística

O Plan de Competitivi-dade Turística “Puertas de Galicia” ten como un dos seus obxectivos principais a mellora do servizo de información turística que se presta nos doce muni-cipios que integran este plan.

A través dun estudo previo, realizado pola empresa Futuver, detec-táronse varias necesida-des dentro destes puntos de información, entre as que se atopan a posta en marcha dunha intranet corporativa, da que xa está contratada o seu des-envolvemento, así como a necesidade de contar con equipos informáticos que apoien a labor informativa prestada. Por este motivo, na última reunión do Plan de Competitividade fíxose entrega de material infor-mático aos rexedores dos concellos que integran as comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras.

Ademais, durante a re-unión presentáronse os proxectos xa realizados a través do Plan de Compe-titividade Turística Puertas de Galicia e as actuacións prevista para a anualidade �013.

Redacción

O pleno da Deputa-ción de Ourense deste mes de febreiro debaterá para a súa aprobación as bases do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais e da Rede Viaria Provincial �013. Un plan que prevé un investimento de máis de 4 millóns de euros por parte da Deputación na mellora e conservación da rede viaria provincial, e en obras de competencia municipal.

A principal novidade do plan deste ano é a axuda que a institución provin-cial ofrece aos concellos en situación de insuficien-cia financeira, segundo a cal os concellos pode-rán solicitar o importe da achega provincial ás obras municipais (30.975 euros)

para amortización de ope-racións de crédito concerta-das en exercicios anteriores ou para o financiamento de gasto corrente correspon-dente á prestación de servi-zos mínimos obrigatorios. Quedan excluídos destes gastos as retribucións, die-tas e asistencias de cargos representativos.

Investimento compartidoNo que atinxe ás obras

municipais, o Plan Provin-cial contempla un orzamen-to mínimo para cada obra de 30.000 euros, asumindo a Deputación de Ourense o 75% do custo (en total para todas as obras: �.818.7�5 euros) e os concellos o �5% (en total 939.575 euros), mentres que no referido ás obras da rede viaria provin-cial, a Deputación asume o 100% do custo (1.�00.000 euros).

A Deputación axudará aos concellos cos fondos do Plan de Obras e Servizos 4 A aqueles municipios que teñan dificultades financieiras.

Acondicionarán espazos públicos dos catro concellos

Rexeitamento á mina de wolfram4 Afectaría a Castrelo do Miño, Ramirás, Cartelle e Arnoia.Redacción

Veciños da parroquia de Santa María de Cas-trelo de Miño, represen-tantes do monte veciñal en man común “Coto de Novelle”, representantes da recén constituída Aso-ciación naturalista de de-fensa ambiental “Ribeiras do Miño”, e o alcalde de Castrelo de Miño presen-taron no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia as máis de 800 alegacións recolli-das en contra do Permiso de Investigación sobre o dereito mineiro nº 5.�58 “Wolfram Aurense” que afecta aos concellos de Castrelo de Miño, Cartelle, Arnoia e Ramirás.Outras �00 alegacións máis fo-ran presentadas días antes

na Delegación da Xunta en Ourense.

En relación a esta mina, o BNG de Cartelle chama a atención sobre o voto en contra do PP nesta loca-lidade, que rexeitou unha moción na que se pedía que presentara alegacións, unha decisión “que roza o absur-do por canto o grupo de go-berno presentou alegacións ao proxecto mineiro”.

Quen tamén se opón ás explotacións mineiras é o novo partido Compromiso x Galicia. Segundo o seu coordinador en Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, “porque teñen un altísimo impacto ambiental, non xe-ran ningún valor engadido nin riqueza na zona e ade-mais contan co rexeitamen-to unánime do veciños”.

Page 21: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

�1PUBLICIDADE

Page 22: Febreiro 2013 - BXVAC

�� BARRIOSFebreiro de �013

OURENSE PROVINCIA

O BNG demandará a Fomento que arranxe as deficiencias ocasionadas polas obras do AVE4 Denuncian deterioro de estradas, afectacións a mananciais e danos medioam-bientais e culturais en puntos como Xunqueira de Ambía ou Baños de Molgas. P.l.

As obras da liña de alta velocidade entre Lubián e Ourense están a causar im-pacto nos municipios polos que pasa a vía, como Xun-queira de Ambía, A Gudiña, Baños de Molgas, Vilar de Barrio ou Laza. Deterioro nas estradas, dificultades para acceder a núcleos de poboación ou fincas, afec-tación a mananciais ou danos medioambientais e culturais son algúns dos desperfectos que sinalan concelleiros, alcaldes e de-putados do BNG, que de-mandarán ao Ministerio de Fomento o seu arranxo.

Dous exemplos dos in-convintes que causa a construción desta infraes-trutura son os da Gudiña e

Xunqueira de Ambía, onde “pasan todos os escombros polo casco urbano, que está feito un desastre”, apuntaba a concelleira do BNG no primeiro municipio, Sabela Estévez. No caso de Xun-queira de Ambía a perfora-ción dun túnel desecou un humidal, explicaba o depu-tado provincial e concelleiro en Baños de Molgas, Xaime Iglesias. Tamén en Laza e na Mezquita, onde as obras van máis atrasadas, hai perigo de que haxa perda de augas ou afectacións ao abastecemen-to de varios núcleos, indica-ban os edís do Bloque.

Por iso o BNG decidiu presentar iniciativas nos concellos afectados, Depu-tación, Parlamento galego e Congreso, para que o Mi-nisterio de Fomento execute

as reparacións precisas xa. “Queremos que haxa unha intervención inmediata e unha garantía de reposición final”, indicaba o alcalde de

Danos na estrada, nas obras da alta velocidade en Baños de Molgas. /M.REJO.

Allariz, Francisco García. O político nacionalista tamén reclama que se compense a estas zonas a través de fondos do 1% cultural unha

vez remate a construción da liña de alta velocidade, pola importante afectación á paisaxe que provoca esta infraestrutura.

Medio Rural convoca a poxa de 13 lotes de madeira Redacción

A Consellería do Me-dio Rural e do Mar vén de convocar a poxa de 13 lotes de madeira dos mon-tes de xestión pública da provincia de Ourense, de xeito que sairán á venda un total de 10 lotes de ma-deira en quenda de Pinus pinaster de serra en pé que totalizan 11.784 me-tros cúbicos, situados nos concellos de Maceda, Vi-lamartín, Riós, A Gudiña, Lobeira, Muíños e Castre-lo de Miño. A estes lotes hai que sumarlle outros tres de madeira en pé de Pinus syilvestris cuxa es-timación é de 3.035 tone-ladas, que se sitúan nos concellos de Vilamartín, Petín e A Veiga.

A apertura de sobres coas ofertas económicas terá lugar no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta en Ourense.

Page 23: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

�3OURENSE PROVINCIA

Redacción

A Aula Móbil do Roads-how Movistar Galicia reca-lou os pasados días 9, 15 e 18 de febreiro na Praza do Concello de Padrenda, na Praza Maior de Celanova e no Campo da Barreira de Allariz, respectivamente, co obxectivo de achegar aos veciños destas locali-dades as vantaxes e utili-dades de Internet para as xestións da vida cotiá.

No caso da cita de Cela-nova, a Roadshow Movis-tar Galicia recibiu a a visi-ta do delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Roge-lio Martínez.

A Aula Móbil de Movistar achega Internet aos pobos da provincia4 Ensina aos veciños as utilidades da rede para as xestións da vida cotiá, de forma práctica e de balde.

Esta aula conta con 4 postos con computador nos que de forma gratuíta se levaron a cabo diferentes demostracións coas que os usuarios experimentaron de forma práctica o sinxe-lo que resulta realizar unha compra online, solicitar unha cita médica, renovar o DNI ou consultar todo tipo de información -prensa, música, ofertas de empre-go, partes meteorolóxicos, trámites coa Administra-ción, etc.-. A aprendizaxe estivo supervisada en todo momento por persoal espe-cializado de Telefónica.

Paralelamente, desenvol-véronse accións formativas

e informativas a pé de rúa a través de equipos de tra-ballo que, provistos dunha tablet e conectados á Rede mediante un USB, explica-ron aos veciños destas tres localidades as vantaxes de Internet para a vida cotiá.

Vindeiras paradasEn total, esta aula móbil

visitará durante os próxi-mos 4 meses 8� munici-pios galegos, coincidindo con algúns dos principais eventos e feiras locais de Galicia. Dous dos seguin-tes serán Maceda (o �0 de febreiro) e Xinzo de Limia (o �� deste mesmo mes).

Plan de Banda LongaTrátase dunha acción

complementaria ao Plan de Banda Longa da Xunta de Galicia adxudicado a

Telefónica en setembro do 2011, e que ao finalizar o ano dotaría de acceso a In-ternet a máis de 11.300 no-vos núcleos de poboación do rural galego, o que be-neficiará a preto de 250.000

persoas. Telefónica utiliza para o seu despregamento a moderna tecnoloxía 3G-UMTS na banda de 900 MHz, con gran capacidade de propagación en zonas orográficamente complexas e capaz de alcanzar veloci-dades de até 7 megas.

Os pobos beneficiadosNa comarca de Celanova

máis de 1.500 veciños, de 96 núcleos de poboación distintos, poden xa acceder a Internet de calidade tras o despregamento do plan

neste concello, que conti-nuará nos próximos meses.

No caso de Allariz, son 600 os habitantes -de �1 poboacións - beneficiados. E en Padrenda Internet chega xa a 8 pobos con máis de 370 veciños.

Os veciños aprenderon a facer unha compra online, solicitar unha cita médica ou renovar o DNI

A Aula Móbil de Movistar instalarase o 20 de febreiro en Maceda e o 22 a Xinzo de Limia

O responsable da Aula Móbil do Roadshow Movistar Galicia comentou en Celanova co alcalde da vila, José Luis Ferro, e co delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, as actividades que comprende esta iniciativa.

Page 24: Febreiro 2013 - BXVAC

�4 BARRIOSFebreiro de �013 OURENSE PROVINCIA

Redacción

A empresa verinesa Sau-deter ofrece un contrato de traballo na tempada de ve-rán do �013 como premio ao gañador do concurso que se está a desenvolver entre os alumnos de �º curso do Ciclo Superior en Animación de Activi-dades Físicas e deportivas do instituto ourensán da Farixa.

O concurso consiste en presentar semanalmente sesións de traballo e men-sualmente un artigo dunha actividade deportiva que previamente escollesen. Todas as sesións e arti-gos poderanse ler e votar na web de www.saudeter.com.

A elección do gañador dependerá nun 45 % da súa habilidade de difusión nas redes sociais e o outro 55% decidirao un tribunal cons-tituído na súa maior parte polo profesorado do ciclo.

A idea, segundo Fran Ba-ladrón, responsable de Sau-deter, “é espertar o enxeño, creatividade e loita pola supervivencia e adaptación a unhas regras de xogo dos participantes. Sinto que os mozos non estamos sufi-cientemente motivados, in-terésanos máis o que imos cobrar ao final de mes que entender o que o traballo nos esixe para merecelo”. Así, augura que o concurso servirá para “detectar aos loitadores, aos que non lles asusta a presión dunhas re-

Saudeter sortea un posto de traballo4 Busca “espertar o enxeño, creatividade e espíritu de loita” dos estudantes participantes.

gras de xogo e senten que o éxito está en saber adap-tarse á contorna e os seus cambios”.

Pola súa banda, José Ma-nuel Paredes -membro do xurado, profesor de TA-FAD e presidente do club Salvour- considera que “iniciativas como esta, na que as empresas establecen relación directa cos centros formadores de traballado-res, son unha das mellores fórmulas para que os futu-ros profesionais terminen os seus estudos coas mellores garantías de darse a coñe-cer nos centros de traballo. Con este concurso o noso alumnado ten a posibilida-de de demostrar que os co-ñecementos adquiridos na formación teórico-práctica teñen unha efectiva aplica-ción práctica, e serve tamén como escaparate para expor o seu coñecemento, capaci-dades e competencias pro-fesionais”.

Os artigos poden lerse e votarse en www.saudeter.com

Xantar estrea concurso gastronómico4 O Salón Galego da Gastrono-mía e Turismo celébrase en Ex-pourense do 6 ao 10 de marzo.Redacción

Expourense lanza o “I Concurso Prato Xantar” co obxectivo de difundir a cociña autóctona a través do emprego de materias primas galegas de calidade transformándoas en pratos innovadores. Este concur-so está aberto tanto a pro-fesionais como a afeccio-nados á cociña que deberán elaborar unha receita que conteña, como mínimo, tres produtos dalgunha das indicacións xeográficas protexidas galegas.

Os participantes deben enviar as súas receitas a [email protected] e un xurado composto

Cociña en directo nunha edición pasada de Xantar.

por profesionais do sector seleccionará oito entre to-das as recibidas antes do venres 1 de marzo, que se-rán cociñadas en vivo du-rante a feira Xantar.

Os oito seleccionados deberán preparar as súas re-ceitas en directo en Xantar, o Salón Galego de Gastro-nomía e Turismo, que Ex-pourense acolle entre o 6 e o 10 de marzo vindeiros. Os gañadores recibirán pre-mios en metálico acompa-ñados de estancias en bal-nearios, casas de turismo rural e lotes de produtos.

Á parte do concurso, a organización da feira está a ultimar os contidos desta edición, na que participarán

19 restaurantes de Galicia, Portugal, Castela e León, Asturias, Andalucía e Perú (país invitado), ofre-cendo �9 menús entre 1� e 30 euros.

[Consulta os menús en www.xantar.org ]

Page 25: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

�5DEPORTES

Loucura polos cromos en

XinzoAmais da febre polo En-

troido, estes días Xinzo de Limia viviu outra febre: a da colección de cromos promovida pola Conce-llería de Deportes xun-to aos clubes deportivos Antela F.C., A.B. Xinzo e A.D. Limiactiva. Máis de 380 xogadores ou atletas da comarca limiá apare-cen neste álbum. Do éxito da iniciativa dá boa conta o dato de que en apenas dous días xa se venderon máis de �0.000 cromos. Os beneficios desta activi-dade irán a parar aos tres clubes.

De esquerda a dereita, Óscar, presidente A. D. Limiactiva, Luis Miguel, concelleiro de Deportes de Xinzo; Paco, presidente do Antela F.C.; e Manolo, presidente A. B. Xinzo.

625 rapaces participaron na fase final provincial

R.T.

O pasado sábado � de febreiro disputouse no complexo deportivo de Monterrei a fase final do Campionato provincial de campo a través. Nela par-ticiparon máis de 600 es-colares que se clasificaron logo de competir nas súas

Ourense xa ten os seus representantes no Galego de campo a través XOGADE4 A final do Campionato Galego terá lugar en Guitiriz o �3 de febreiro.

respectivas fases comar-cais. O campionato, organi-zado pola Secretaría Xeral para o Deporte dentro do seu programa XOGADE, foi todo un éxito, e nunha mañá agradable reuníu as futuras promesas ourensás do atletismo. As categorías participantes foron as de benxamín, alevín, infantil e

cadete. Todas as categorías, menos as de benxamín, participarán no Campiona-to Galego de Cross que se disputará o vindeiro �3 de febreiro en Guitiriz (Lugo). A Xunta de Galicia contou coa colaboración da delega-ción en Ourense da Federa-ción Galega de Atletismo e da empresa Coca Cola.

Entrega de premiosA entrega de premios

contou coa presenza do conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez,

Participantes dunha das probas do Campionato Provincial de Campo a través XOGADE da Xunta de Galicia. /RAMSÉS

Redacción

Verín, e máis en concreto a súa Concellería de Depor-tes, fan unha clara aposta pola consolidación do Club de Natación de Verín.

Nestes primeiros meses do ano, os nadadores do club participarán en varias competicións. Entre as acti-vidades atópanse algunhas organizadas polos clubs de Chaves, Allariz, Xinzo de Limia e a Piscina Climati-zada de Verín. En todos os eventos as categorías par-

Verín aposta pola natación4 O Club de Natación de Verín arranca a tempada con ilusión.

ticipantes corresponden a benxamín, alevín e infantil; e as probas a disputar serán as de �5 metros bolboreta benxamín, 50 metros bol-boreta alevín e infantil, �5 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín e infantil, �5 metros braza benxamín e alevín, 50 me-tros braza infantil, �5 me-tros crol benxamín, 50 me-tros crol alevín e infantil e 4x�5 relevos.

O club verinés continúa na mellora do nivel dos seus integrantes, logrando en pa-

sadas campañas éxitos que levaron aos seus nadadores a colgarse medallas e tro-feos nas diferentes compe-ticións nas que participaron. Amais, este ano inscribiuse por segunda vez no progra-ma autonómico XOGADE (co obxecto de competir nas tres fases: local, provincial e autonómica).

Club federadoCo tempo, o Club Nata-

ción Verín buscará conver-terse nun club federado, que poida competir a nivel autonómico durante todo o ano en eventos organizados ao longo da xeografía gale-ga, ademais de Portugal e a veciña Castela.

ConsolidaciónO club pretende con es-

tas iniciativas consolidarse.

Xa conta cun total de 16 menores inscritos de modo directo e outros 14 máis integrantes dos diferentes cursos de natación da Pisci-na Climatizada de Verín.

Os nadadores do CN Verín posando cos trofeos acadados a pasada tempada. /RAMSÉS

O CN Verín buscará converterse nun club federado. Antes participará en eventos organizados en municipios próximos, amais de en XOGADE

O Verín CF, en picado4 Os de Sotelo non saben o que é gañar neste ano.Redacción

O Verín CF non sabe o que é gañar no �013 logo de encadear seis derrotas con-secutivas. A última na casa do Cultural Areas, segundo clasificado do grupo Sur da Rexional Preferente.

O Verín saltou ao céspe-de coa intención de rever-tir tan negativa situación, e súas foron as primeiras ocasións. Pero sen fortuna cara a porta rival chegaría o primeiro gol local. Despois, a sentenza, con 30 minutos

aínda por disputar. Os da comarca de Monterrei continuaron intentándoo e lograron recurtar distan-cias co gol de Hugo, pero o marcador non se volve-ría mover.

Con esta derrota, o Ve-rín é décimo sétimo (un posto por enriba do des-censo) con �7 puntos, ca-tro máis que a zona que obriga a baixar á Primeira Rexional. Os de Miguel Sotelo reciben o vindeiro domingo ao CD Choco, quinto clasificado.

e do xefe territorial de De-portes, Mario Guede, quen entregaron as medallas e trofeos aos primeiros clasi-ficados.

Page 26: Febreiro 2013 - BXVAC

�6 BARRIOSFebreiro de �013

4AXENDAExposicións- Ata febreiro - Ilustra-

cións de Iria Prol - Casa da Cultura de Allariz

- Ata o �8 de febreiro - Fotografías de María Fe-rreiro - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía

Cine- �1 de febreiro - “El ca-

meraman” - ��:15h. - Casa da Cultura de Verín

- �8 de febreiro - “El desprecio” - ��:15 h. - Casa da Cultura de Verín

Música- �3 de febreiro - Música

con risco: Fdez. e Quintá. - 00 h. - Roi Xordo, Alla-riz

- �3 de febreiro - Xoan Curiel - �3 h - A Corte dos Bois, Santa Ana, Sandiás

- �4 de febreiro - Ac-tuación de Ars Anterga e lectura de poemas de Ro-salía - 1� h. - Praza Maior Allariz

Feiras e festas- �3 de febreiro - Feira

en Verín- �7 de febreiro - Feira

en Xinzo- Primeiro domingo de

mes - Feira en Porqueira- 3 de marzo - Feira en

Sandiás- Todos os xoves - Feira

en Celanova- Todos os sábados á

mañá - Mercado da Bios-fera na Praza de Abastos de Allariz

- 1 e 15 de marzo - Feira en Allariz

Outros- �0 de febreiro - Roads-

how Movistar - r/Felga e r/Toural - Maceda

- �� de febreiro - Roads-how Movistar - Praza Car-los Casares - Xinzo

- �� de febreiro - Contos ao vento - 18 h. - Bibliote-ca de Verín

- �3 de febreiro - Cultu-ra Cativa: Magín Blanco “A nena e o grilo” - 18 h. - Fundación Vicente Risco - Allariz

- �3 de febreiro - Home-naxe a Rosalía de Castro: presentación de Canta-res Gallegos, actuación de Narf, degustación dun viño e doces - �0 h. - Torre Lombarda de Allariz

- 4 de marzo - Autobús Educamóbil - De 16:30 a �0 h. - Praza Maior de Ce-lanova

-Do 6 ao 10 de marzo - Xantar, Salón Galego da Gastronomía e o Turismo - Expourensewww.mundourense.com

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Unha terapia á base de magnesio pode previr os casos de morte por arritmias, tras un ataque cardíaco. Un tratamento destes presenta custos re-ducidos e non ten calquera efectos secundarios. Co-mer catro ou cinco noces por día pode ter un efecto moi significativo nese sen-tido, alén de reducir o co-lesterol malo (LDL ).

Un antibiótico natural, o allo, limpa a conxestión torácica que normalmente acompaña as infeccións respiratorias. Nada de ex-cesos no consumo, porque en grandes cantidades poden aparecer efectos secundarios como por exemplo acidez no estó-

Reduza o risco de ataque cardíaco

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4HISTORIAS DE MONTERREI

De todos os castros que hai na comarca de Mon-terrei existe un ao que lle teño un cariño especial. Falo do “Castro do Outei-ro da Cruz”, un enorme castro situado a escasos 500 metros da estrada N-532 entre as aldeas de Ta-maguelos (Verín) e Rabal (Oímbra). Este castro ten unha forma ovalada, típi-ca de moitos dos castros da zona, e as súas dimen-sións máximas son de 140 x 250 metros, o que o con-verte nun dos castros máis grandes da nosa comarca.

No interior do castro xa non se conserva ningún resto do antigo poboado, este feito seguramente é debido ao gran número de aldeas que existen neste tramo do val o que provo-cou que calquera material

O Castro do Outeiro da Cruz

“Inxerir regularmente vitamina B reduce a posibilidade de ataque cardíaco”

“O que ten de especial son as súas defensas, tres parapetos e dúas murallas”

4FIRMA INVITADA

Isto non é serio! Tolerancia cero coa corrupción XA!Un Estado coma o espa-

ñol, no que desde a monar-quía, ate a xustiza, pasando polo partido que sustenta o goberno, o Partido Po-pular, están afectados por gravísimos casos de co-rrupción, é un Estado que ten un problema serio.

Pero quizais o máis sor-prendente é que ninguén asume responsabilidades, independentemente de que as probas que existan con-tra el sexan do máis con-tundente, e só en contadas ocasións e en función da presión social e mediática existentes alguén acaba di-mitindo do seu cargo.

Por falar do último caso que estes días é centro de atención de todos os medios de comunicación, o escan-dalo dos sobre-soldos para altos cargos do PP, incluí-do Mariano Rajoy, sobre-soldos que se pagaban con diñeiro que determinadas empresas lle aportaban de xeito ilegal o PP e co que este enchía a súa caixa B. Ante as probas aparecidas, algúen dubída da veracida-de dos feitos?... eu non. Sen embargo os que cobraron din que non é certo, o que pagou, a pesar de que foi el ou o seu entorno o que filtrou as probas e de que resulta evidente que as anotacións son do seu puño e letra, di que é metira, e as empresas que aportaron os cartos, entre elas unha constructora de Ourense, negan a maior. Isto non é serio?... isto é tomar os ci-dadáns por tontos!!!... e xa está ben de tomarlle o pelo á xente. Ou non?

Nos países serios, cando un cargo é “collido nun re-nuncio”, aínda que sexa de importancia relativa como por exemplo, copiar nun exame da universidade, inmediatamente presenta a súa dimisión e pide discul-pas a cidadanía. En Espa-ña non, en España pódese enganar á xente, abusar da situación de poder que che dá ter un cargo público, pagar comisións a deter-minados partidos políticos a cambio de que che dean obras, cobrar sobre-soldos en diñeiro negro e non pasa nada. E pregúntome eu?... ate cando vai aguantar a cidadanía sen rebelarse,

incluída a que vota o PP, ate cando imos seguir co-mulgando con rodas de muíño, ate cando imos aceptar xustificacións que non as cren nin eles, por-que son unha auténtica farsa.

Por iso eu defendo o principio de tolerancia cero coa corrupción e cos corruptos e por iso a or-ganización política a que eu pertenzo foi a primeira en Galicia, en impulsar medidas que recollan as recomendacións do Fis-cal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, no sentido de crear ins-trumentos de prevención da corrupción nas admin-sitracións públicas. Por certo os nosos veciños de Portugal xa hai tempo que as tomaron, e de pór en marcha medidas para que a Xustiza sexa moito máis áxil na instrución destas causas e na celebración dos xuizos.

En definitiva vai sendo hora que se chegue a un gran pacto entre todas as forzas políticas para acabar ca lacra da co-rrupción, unha lacra que está minando a credibi-lidade dos cidadáns nas institucións públicas e nos seus representantes, e que por extensión está mesmo afectando ao propio siste-ma democrático, que eu podo compartir que non é perfecto, pero sen ningun-ha dúbida é o mellor dos hoxe posibles. Vai sendo hora de que sinalemos claramente co dedo os corruptos, os que se apro-veitan do seu cargo en be-neficio propio, dos que nos enganan unha e outra vez. E corruptos, mentiráns e aproveitados, desgracia-damente non só os hai en Madrid, en Valencia, nas Illes Balears,... hainos ta-mén, e moitos, en Ouren-se,...e na Limia. Seguro que tí coñeces varios... Si, ou non?Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en Ourense de

Compromiso X Galicia

que fora susceptible de ser reutilizado xa fai tempo que foi levado. Sen embargo, na depresión que precede a entrada do castro si que podemos atopar pequenos anacos de tégula polo que existe a posibilidade de que fora romanizado.

Pero o que de verdade fai especial este castro non son as súas dimensións ou a ausencia de restos no seu interior, o que ten de espe-cial o castro son as súas de-fensas. Este castro está for-mado pola sucesión de tres parapetos e dúas murallas construídas todas elas en terra, converténdoo en algo único na nosa zona e case me atrevería a dicir en toda Galicia.

Sei que moitos dos que coñecen a zona quedaran sorprendidos por non terse

mago.Con acompañamento do

seu médico tome doses adecuadas de vitamina E, pode ser importante na re-dución do risco de doenza cardíaca. Na alimentación vaia buscala aos cereais in-tegrais, á soia, millo, xerme de trigo e tamén ás noces.

Estudos recentes viñeron demostrar que inxerir regu-larmente vitamina B reduce a posibilidade de ataque cardíaco e accidente vascu-lar cerebral. Por iso tan simple como aumentar o consumo de vitamina B6 e ácido fólico, que está pre-sente no consumo de polo, peixe, avena, améndoas e avelás.

O exercicio físico é esen-

cial para un bo desempeño sexual e por consecuencia para un bo funcionamento do corazón evitando ao mesmo tempo o outro ini-migo, o estrés. O organis-mo precisa de equilibrio. Coma máis legumes, beba máis auga (sobre todo en xaxún), faga exercicio re-gularmente e seleccione un pouco a alimentación e estará a compensar o co-razón e o sexo.

João Damião

dado de conta da existen-cia deste castro, pero o feito é que estas murallas de terra conseguen que o castro se mimetice coa natureza do seu arredor, o que provoca que moitas veces ás súas defensas pa-sen desapercibidas para os ollos inexpertos. Por iso a mellor maneira de poder observar as súas murallas é dende certa distancia, a poder ser dende algún dos outeiros que se localizan ao leste do castro.

Andrés Diz Dhistoriamonterrei.blogspot.

com.es

“Vai sendo hora de que sinalemos co dedo os corruptos”

Page 27: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

�7

4HUMOR

Todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/

4FIRMA INVITADA

Tal como fora anuncia-do polo BNG de Xinzo no pasado verán de 2012, confírmanse desgraciada-mente e unha vez máis as peores sospeitas no canto de que a Xunta de Galicia poida finalmente autorizar unha explotación mineira de feldespato á ceo aberto nunha das veigas agrope-cuarias parceladas máis fértiles da comarca de A Limia, unhas 400 Has. que discorren a carón do río Faramontaos en pro-veito e rendibles ao 100% da súa superficie agraria.

A esta troupe de bron-cíneos bustos parolantes que polo de agora nos está a gobernar ocorréu-selles que unha mina de-bía ser a mellora hidráuli-ca nunca proxectada para unha das comarcas agrí-colas motor do desenvol-vemento agrario do país e catalizador das rendas dignas do mundo labre-go, líder en cultivos como pataca, cereais, millo e cebola, e núcleo principal da Indicación Xeográfica

Sobres de feldespato

4DESDE A PONTE DE MONTERREI

Entroido... estrela fugaz

Por cousiñas ainda non analizadas polos cientí-ficos e historiadores dos entroidos máis enxebres e ancestrais do planeta, podo afirmar que esta vez estiven no outro lado do entroido... de miranda!, e sen querer, descubrin despois de moi-tos anos entroideando, que para lucir un disfraz, cóm-pre algo máis que ‘salero’, e arte entroideira innata. Cómpre, o máis importan-te, ter ganas dela, humor, e sobre todo, a mente en positivo. Non fun quen, este ano, de meterme no entroido do xeito que máis me gusta. Fun rexeitando o invite da algarabía, e case sen darme conta, fuxín do bulicio covardemente sen compaixón. Tiña o disfraz preparado para saltar ao máis fermoso do noso en-troido, a rúa, e gozar da festa coma sempre pero, de súpeto, nonf un capaz. Foi,

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

Protexida Pataca de Ga-licia. Sen dúbida, cavila-rían que no que respecta a área da propia conca do río Faramontaos, dado o seu enorme dinamismo e alta rendibilidade agraria e cos tempos que corren, deduci-ron que todo este potencial era mellor condenalo á ruí-na, e con el centos de fami-lias e unhas terras dunha capacidade produtiva con-trastada próxima aos 18 millóns de quilos anuais de pataca, que de confirmarse o proxecto da mina queda-rán para o estrío.

A cantiga é de sobra co-ñecida, unha vez máis o Partido Popular amosando o seu modo de facer política máis característico, nocivo e noxento, casos como o da ZEPA ou das reiteradas promesas incumpridas dos regadíos serven para deca-tarse de que a súa acción política exércese na con-tra sistemática do interese estratéxico dunha comar-ca de recoñecido carácter agrario como é A Limia, permitindo agora pola por-

ta de atrás e coa distrac-ción do ciclo do Entroido máis longo da Galiza darlle luz verde a un proxecto de explotación mineira onde o único que vai primar é o beneficio industrial e o lu-cro privado dunha empresa valenciana sen ningún tipo de contraprestación posi-ble para as parroquias da veiga do río Faramontaos, e producindo, iso si, un im-pacto ambiental, freático e de acumulación de residuos que rachará coa sostenibi-lidade dun sector que é un dos poucos motores econó-micos cos que A Limia está a resistir os duros efectos da crise.

Non se entende como tan-to Concello de Xinzo, Depu-tación de Ourense ou Xunta de Galicia, todos goberna-dos polo PP, no canto de notificar o absoluto rexeite esixindo a inmediata para-lización de semellante abe-rración mineiro extractiva, persisten, cuspidiños aos seus colegas madrileños do Bárcenas-Gate, na teoría seica dunha conspiración

orquestrada desde o engano da propia empresa mineira que disque agochou as súas verdadeiras intencións.

A veciñanza, tanto das parroquias afectadas como de todo Xinzo da Limia, capitalidade do Barrio de Abaixo engadida, debería tomar conciencia dunha vez por todas da extrema gravidade e das terribles consecuencias que se deri-van destes comportamentos desviados de toda regra mo-ral do Partido Popular, xa que a agresión sistemática do interese xeral da maio-ría social dunha comarca é o contrario dun proxecto colectivo e viable de futu-ro a pesar dos sobresoldos encubertos que circulen en sobres de feldespato.

Xosé Lois Carreira, artista plástico e concelleiro

do BNG en Xinzo

“O único que vai primar é o beneficio industrial sen ningún tipo de contraprestación”

persoalmente, un entroido para esquecer.

Mais sempre queda a ta-refa cómoda e sinxela, de observar aos demais, como entroidean, e fan alarde das parodias, desenvolven-do con enxeño un ano de espera. Sempre busco no entroido algo que me que-de na retina, algo que faga sentirme máis de aquí, do meu pobo, de Verín, e sen dúbida atopeino. Foron dúas cousiñas que me che-garon ata o fondo de ver-dade, situacións que for-man a base e mailo cumio da pirámide xeracional.

Primeiro, a base, “O desfile dos nenos”. Pode-mos quedar tranquilos que a canteira de entroideiros está en marcha, os rapaces e rapazas dos colexios do val de Monterrei e comarca fixeron un desfile de cate-goría, mezclando a imaxi-nación coa calidade dos

disfraces que enfundaron con ilusión desorbitada e espontánea. Sobresainte, o esforzo e traballo dos mes-tres, nais, e todas aquelas persoas que axudaron aos nenos a confeccionar os traxes e adornos que com-plementaron un espectacu-lar desfile infantil, noraboa de verdade! Ah, incluindo a organización que, con res-ponsabilidade, remataron un traballo ben feito.

E despois, os vellos, os-veteráns entroideiros, os que non cumplen anos, se-nón entroidos. Un detalle de entroido puro, un intre máxico rebosante de carna-val, como os de antes. Foi na rúa Montemaior onde me atopei co “carriño dos irmáns Fariñas”, carriño cheo de vida, de entroidos.Agasallaron a concurren-cia cun anaco de entroido enxebre. Como debe ser! Xamón,chourizo, cachucha

e viño, rulando de man en man, transmitindo amizade aos do redor. Alí mesmo coa complicidade dalgún mem-bro da recordada “Murga do Grelo”, Toño Prieto e outros mostraron como se debe exercer a afinación do noble e exquisito gus-to polo cante. Os Fariñas, dirixidos polo infatigable “Almirante” Luis, e os seus irmáns, Pepe Labaila e Chemanelque acompa-ñados moitos anos pola Viruca, o Caridad, o Tufín e outros moitos, fixeron en-troido ca mítica e entraña-ble comparsa de carnaval “o paraugas do Xosé”, que con letras de ouro, queda-ran gravadas na historia do entroido de Verín, non só pola magnífica posta en escea da pandilla, senón tamén, polo xeito de inter-pretar as cancións que tan-to gustan, aos que amamos este tinglado.

Tamén quixera recor-dar, a” Menta” e “Ange-lita”, as esposas de Pepe e Chemanel, que ademais de traballar moito e darlle variedade ao inesquecíbel bar “Cubano”, cónstame, que de entroido sabían a rabiar e así o gozaron men-tres puideron. Un bico para elas!

Agora que todo pasou, que o entroido xa achi-ca o camiño do seguinte, entre os nenos e os vete-ráns, quedamos nós, os do medio, os que temos que impulsar o entroido con forza, para que siga vivo e emerxente, ante a pasivida-de de moitos.

Este ano, confeso ser un deles, un quieto, un traidor dos meus costumes, síntome mal!, pero dos nenos e dos vellos aprendín a lección, de non deixar pasar de largo outro entroido máis. Cumplirei a penitencia!,

e que a paixón polo noso ten que ser alimentada con corrente continua, como fixeron e seguirán facendo, se deus quere, e por moitos anos, os do “carriño”, os irmáns “Fariñas”, que de-mostran ano tras ano, que por ter no lombo moitos entroidos non é atran-co, para ser triunfadores, unha vez máis, destas fer-mosas batallas. Que deus os bendiga! Saúdos.Miguel A. Prieto “Chita”

“Sempre busco no entroido algo que me quede na retina, algo que faga sentirme máis de aquí, do meu pobo, de Verín, e sen dúbida atopeino”

Nivel medio4SUDOKUS

Page 28: Febreiro 2013 - BXVAC

�8 BARRIOSFebreiro de �013 CLASIFICADOS /SERVIZOS

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�006 - OU 186-�006 - OU 77-�01�. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, A.M., S.N., Andrés Diz

Nº75 / 11- Ano: VIII - Febreiro �013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados de maneira gratuíta no 988 �39 634

ou en [email protected]]

4CLASIFICADOSALUGUER/VENDA

Alugo apartamento en Montalvo de 1 e � cuartos, con xardín e bar-bacoa, para fins de semana, sema-nas e quincenas. tel. 607 �7 19 16.Vendo casa para restaurar na es-trada Santiago, Ourense. Tel. 637 00 59 10.Vendo apartamento de � habita-cións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 4�� 497. Busco finca en aluguer de renda baixa para cultivar nos arredores da Valenzá, Barbadás. Tel.988 546 006.Vendo piso na Avenida de Por-tugal (zona Couto). Calefacción central, todo exterior. Tel.: 988 �� 39 3�.Alugo local para negocio de hosta-lería de �00m� reformado en Xin-zo de Limia con � baños, almacén, baño de camareiros, barra central, porche e posible terraza exterior. Situación inmellorable zona Praza Carlos Casares enfrente ao Con-cello. Poderiase ver sin problema. Tel. 6�� 8� 84 47.Vendo dous terreos de 7.600m� cada un, en Xinzo na zona Parque da Telleira con accesos pola rúa San Sebastian ou avenida de Ma-drid.Poderiase ver sin problema.Tel. 6�� 8� 84 47.Alugo praza de garaxe en Vigo (zona céntrica) Tel: 679 040 604.Vendo casa en Nogueira de Ra-muín por 15.000 euros. Tel. 988 �4 60 96 e 664 11 80 65.Busco chic@ para compartir piso en Ourense, �00 euros gastos in-cluidos. Televisor en habitación, calefacción, etc. Máis info: [email protected] apartamento con garaxe na praia de Patos, Nigrán. tel. 679 04 06 04.

VENDASVendo Volvo 760 turbo inter-cooler, impecable, moi barato. Tel. 6�9 87 90 8�Vendo 2 sillas de coche para bebé e � carriños, prezo interesante, practicamente novas. Tel. 6�9 87 90 8�.Véndese leña de carballo a bo pre-zo. Tel. 630 5�1 448. Véndese Mercedes en bo estado con extras, 1.500 euros. Tel. 630 5�1 448Vendo carriño de bebé comple-to (silla paseo, capazo e silla de viaxe) en perfecto estado, �50 euros. Tel. 687 511 47� e 988 37 30 50 (noites).Vendo Mercedes 300 D, clásico ano 198�, para rehabilitar. Asen-tos de coiro. Automático. Tf. 670 718 94�Vendo traxe comunión neno. Ta-lla 1�. Impecable. De Wendoline. Colección �01�. Telf: 65985793�Vendo galos de Mos, Tel 988 �4 89 67 e 677 0� 37 36.Vendo vestido de noiva seminovo, branco con pedrería, a bo prezo. Tel. 676 948 475Vendo sofás 3+2, caldeira calefac-ción gas cidade e botelleiro para bar. Tel. 637 00 59 10.Vendo estanterías metálicas. Tel. 988 47 08 55.Vendo dereitos da PAC. Tel. 6�6 07 37 51Véndese canapé de madeira ta-pizado de 135 cm con patas de madera e de regalo o colchón de muelles, gran calidade e semino-vo, �30 euros Tel. 637 756 687.Vendo silla xemelar pareada, de 0 meses a 15 kg, perfecto estado, �00 euros. Tel. 699 868 091.Véndese vestido de comuñón, ta-lla 105, bo estado, tel. 653 685 359 e 988 �1 1� 61Véndense máquinas recreativas (modelos vellos), máquinas de dardos, máquinas expendedoras de tabaco e demais elementos afíns, etc. Máis info: [email protected] bolso Guru 30 euros. Tel. 676 9�8 138.Vendo botas nº 40, 1� euros. Tel. 647 �7� 198.Vendo radiador de ferro lacado en branco, como novo. Tel. 988 �8 00 �6.Vendo estanterías de almacén 1x0,70 e caixa forte 59x49, bo es-tado e bo prezo. Tel. 988 47 08 55Vendo Suzuki 4x4. Económico. Tel.: 671 103 �43 / 674 561 �30.Vendo bicicleta 150 euros, telf 647 �7� 198.Vendo Nokia n70 de Vodafone, 30 euros, telf 676 9�8 138.Vendo leña de carballo. Tel.: 656940 550.

EMPREGO

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELÉFONOS DE INTERESE

Límpanse fincas e pódanse árbo-res e viñas. Tel. 699 00 83 55.Ofrécese chico para traballos de xardinería de todo tipo, con carné de carretilla. Tel. 645 81 81 9�.Pintor, realizanse traballos de pintura economicos, rapidos con total seriedad y limpieza llamenos presupuesto sin compromiso TLF: 6�7 775 849.Ofrécese chica para traballar, con informes. Tel. 988 �5 86 34.Ofrécese señora para coidar per-soas maiores ou nenos, todo o día, tanto en fogar como hospitais. Con experiencia e informes. Tel. 988 �4 60 96 e 664 11 80 65.Ofrécese señora responsable para traballar por horas, en Xinzo, con experiencia en coidado de persoas maiores, tarefas do fogar, limpeza de portais, escaleiras e bares, tel. 988 68 09 7�.Ofrécese señor responsable e tra-ballador para limpeza de garaxes, escaleiras, portais e bares, e repar-to de publicidade. En Xinzo. Tel. 634 654 985.Necesítanse vendedores/as para Avon, gaña dinero no teu tempo libre.Tel. 639 713 600.Ofrécese señor responsable para

[Envíanos as túas cartas ou fotodenuncias a info@

ourenseporbarrios.com, ou a r/Valle Inclán, �5, �º,

of. 15, 3�004, Ourense]

4CLASIFICADOS

4CARTAS AO DIRECTOR

calquera traballo de granxa, xar-dinería, podar, limpeza de fincas. Tamén sabe utilizar máquinas. Ca-marero. Tel. 635 787 7�4.Acuarios. Ofrécese persoa con experiencia para mantemento e coidado de acuarios, aporte de solucións a problemas de forma económica, consulta 667 843 753 (de 14 a 18 h.) Desbrózanse fincas e fanse portes.Tel.: 656 940 550

Page 29: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

�9especial ENTROIDO

5 Verín é unha das localidades ourensás na que as datas de Entroido se sinalan no calendario con especiais ganas. Na edición 2013 esta festa congregou na capital de Monterrei a numerosos veciños e visitantes, principalmente o Xoves de Comadres, e o domingo 10 de febreiro pola mañá, cando se celebrou o Gran Desfile, no que non faltaron referencias á actualidade. Así, Felix Baumgartner, o paracaidista que saltou en outubro desde a estratosfera, e o Rei de España foron algúns dos protagonistas deste día. Debido á choiva a cita quedou deslocida na súa parte final, polo que o Martes de Entroido comparsas e público puideron resarcirse coa repetición do desfile. A celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido 2013, coa entrega de galardóns. O Cigarrón de Honra foi para Nelson Salgado Fernández, a mellor comparsa, ‘As de sempre’; a mellor carroza, ‘Circo del sol’ ; o “Pescadilla” foi Antonio Tarrío; o premio á Fidelidade recibiuno Gui-llermo Sanz Junoy, e entregouse unha mención especial a Feiraco pola promoción do Entroido de Verín, a través da imaxe do cigarrón nos seus cartóns de leite.

5 O de Laza é un dos Entroidos máis auténticos, e a xornada do luns, unha auténtica loucura. A festa comeza xa pola mañá, cando ten lugar a xitanada dos burros, a saída dos maragatos, e a farrapada, que consiste nunha batalla campal de farrapos enzoufados en barro e bulleiro que unhas persoas se botan aos outros. Xa pola tarde baixa a Morena dende o barrio de Cimadevila acompañada das formigas, toxos e cobelleiros, e tamén fariña, xa que son os veciños de Souteliño os que veñen cunha limpadora botando fariña. No momento en que se chega á praza da Picota, aquilo é un auténtico fervedoiro de xente. Ao remate das formigas,repártense as cachuchas entre todos os asistentes á troula, que continuou o que restaba de xornada con música de charangas e orquestas.

Fotografías do Especial Entroido de Brais Lorenzo, Borys Martínez, Miguel Rejo e Ramsés Torres.

Page 30: Febreiro 2013 - BXVAC

30 BARRIOSFebreiro de �013 ENTROIDO especial

5 Pero en todo desfile a seguridade é moi importante, polo que (ademais da pre-senza das forzas de seguridade habituais) os asistentes ao de Xinzo de Limia contaron cunha experimentada e disposta socorrista para auxiliar a todo aquel que non soupera nadar.

5 Xinzo de Limia, a pesar das inclemencias meteorolóxicas, non dubidou en celebrar na tarde do Domingo de Entroido o seu tradicional desfile, no que cada ano se dan cita os disfraces máis singulares. Nesta edición, nin os soldados da II Guerra Mundial nin as animadoras máis “femininas” da comarca quixeron perderse tanta festa.

4 Unhas dúas mil persoas participaron no desfile do Sábado de Piñata en Ce-lanova, que foi seguido por numeroso público desde as rúas da vila. A partir das 17 horas comezou o desfile desde a rúa Manuel Lezón, e no que se puideron ver traxes cheos de fantasía, un zoo cheo de animais, homes sen cabeza, ratóns en busca do seu queixo e ata o Titánic. Contra as sete da tarde chegaron todos á praza Maior, onde houbo lambetadas para os máis cativos e animación musical a cargo de charangas. O Concello repartiu 2.800 euros en premios ás mellores comparsas, grupos, parellas ou tríos e disfraz individual.

Page 31: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

31especial ENTROIDO

5 En Allariz, os nenos e os non tan nenos non se quixeron perder as celebracións do Entroido. No seu desfile do martes 12 de febreiro déronse cita dende unhas simpáticas macetas (que facían referencia ao exitoso Festival Internacional de Xardíns da vila alaricana) ata un exército de barbies, con embalaxe incluído.

5 Os felos sairon a percorrer os núcleos da serra de Maceda na xornada do sábado 9. En Castro Escuadro e Pías (nas imaxes) coincidiron cun veciño vestido cunha coroza, traxe típico co que noutras épocas os labregos se protexían da choiva no campo. Á dereita, un felo xoguetea co seu caiado cunhas mulleres da aldea.

Page 32: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

Page 33: Febreiro 2013 - BXVAC

Número: 75 - Ano:VIII - Febreiro 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

VERÍN Páx.4 COMARCA Páx.7COMARCA Páx.5 PROVINCIA Páx.22 DEPORTES Páx.25

A Confederación Hidrográfica limpará os afluentes do Támega

O Verín CF, en picado trala derrota fronte ao Cultural Areas

Verín e Oímbra optimizan o seu alumeado público

A comercialización dos viños da D.O. Monterrei medra

Demandan solución aos danos causados polas obras do AVE

A BRIF de Laza executa labores

preventivos[páx.3]

Os cigarróns foron os reis do Entroido de Verín./BORYS INTERFILM

[especial páx.29-31]Adeus, Entroido!

Page 34: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013

Page 35: Febreiro 2013 - BXVAC

Número: 11 - Ano: VIII - Febreiro 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

CELANOVA Páx.17ALLARIZ Páx.16 PROVINCIA Páx.20

Entra en servizo a autovía que une Ourense e Celanova

Demandan solución aos danos causados polas obras do AVE

PROVINCIA Páx.22

O obradoiro “Terra de Mosteiros” emprega e forma a 30 persoas

O Rexo, unha exitosa experiencia de recuperación do rural

ALLARIZ Páx.15

Desfile do Sábado de Piñata en Celanova. Os Felos de Maceda percorreron as aldeas da serra o Sábado de Entroido. /M.REJO.

Sentenza favorable ao Concello no cobro do IBI á Igrexa

[especial páx.29-31]Adeus, Entroido!

[páx.18]

“100% CEF”, de Aser Álvarez,

nominado aos Mestre Mateo

Page 36: Febreiro 2013 - BXVAC

BARRIOSFebreiro de �013