10
A permanente agresión contra o ensino de calidade, por parte da Consellería de Educación, lévanos a unha situación na que se fai imprescindible a unidade e a mobilización; non so en defensa das condicións laborais e retributivas do profesorado, senón tamén do conxunto de afectados polas carencias deste servizo público de primeira necesidade. Ao final do pasado curso académico, a Consellería rachou uni- lateralmente un acordo subscrito pola totalidade do profesorado e o anterior goberno. Este feito provocou un importante deterioro nas re- lacións laborais, xerou desconfianza entre o profesorado e, polo tan- to, inestabilidade xurídica, poñendo en risco calquera tipo de acordo subscrito no pasado. Ademais, cuestionouse o traballo dos docentes galegos quedan- do nunha posición social difícil. Envolto na mensaxe de que todo era para mellorar a calidade do ensino en Galicia, se lles diminuíron de- reitos adquiridos, que non so atendían á mellora das condicións labo- rais e retributivas, senón a calidade do ensino, co que isto significa de lastre cara as xeracións vin- deiras e ao futuro do país. A Consellería de Educación emprendeu unha cruzada de destrución dos logros acadados no pasado recente. Así se manifestou coa imposición do Decreto do Plurilingüismo, que xerou nos centros un problema inexis- tente, xa que ata ese momento existía unha política de consenso cara a cuestión do idioma. FETE-UGT segue manifestando que ningunha acción sobre o idioma, prosperará en favor da lingua e do ensino sen consenso. EDITORIAL Febreiro 2012 Medidas goberno 3 CXT 5-6 Retribucións 7-8 Mobilizacións 9 ÍNDICE

Boletín febreiro

Embed Size (px)

DESCRIPTION

boletín con información relevante para o sector do ensino público

Citation preview

Page 1: Boletín febreiro

A permanente agresión contra o ensino de calidade, por parte da Consellería de Educación, lévanos a unha situación na que se fai imprescindible a unidade e a mobilización; non so en defensa das condicións laborais e retributivas do profesorado, senón tamén do conxunto de afectados polas carencias deste servizo público de primeira necesidade.

Ao final do pasado curso académico, a Consellería rachou uni-lateralmente un acordo subscrito pola totalidade do profesorado e o anterior goberno. Este feito provocou un importante deterioro nas re-lacións laborais, xerou desconfianza entre o profesorado e, polo tan-to, inestabilidade xurídica, poñendo en risco calquera tipo de acordo subscrito no pasado.

Ademais, cuestionouse o traballo dos docentes galegos quedan-do nunha posición social difícil. Envolto na mensaxe de que todo era para mellorar a calidade do ensino en Galicia, se lles diminuíron de-reitos adquiridos, que non so atendían á mellora das condicións labo-rais e retributivas, senón a calidade do ensino, co que isto significa de lastre cara as xeracións vin-deiras e ao futuro do país.

A Consellería de Educación emprendeu unha cruzada de destrución dos logros acadados no pasado recente. Así se manifestou coa imposición do Decreto do Plurilingüismo, que xerou nos centros un problema inexis-tente, xa que ata ese momento existía unha política de consenso cara a cuestión do idioma. FETE-UGT segue manifestando que ningunha acción sobre o idioma, prosperará en favor da lingua e do ensino sen consenso.

EDITORIAL Febreiro 2012

Medidas goberno 3

CXT 5-6

Retribucións 7-8

Mobilizacións 9

ÍNDICE

Page 2: Boletín febreiro

Páxina 2

Tamén puxo en marcha o proxecto Abalar, iniciativa acertada, pero que tivo unha nefasta aplicación e coa que estamos en total desacordo.

Máis recentemente aprobou, en solitario, a Lei de Con-vivencia e Participación cunha clara filosofía punitiva e sen concretar a súa implantación.

Todas estas accións son executadas ao mesmo tempo que se eliminan outras nas que coincidía o conxunto da comu-nicade educativa e que redundaban nunha mellora da calidade do ensino.

No inicio do actual curso académico púxose de manifesto o que dende a FETE-UGT xa denun-ciamos no momento da presentación dos orzamentos da Consellería de Educación : unha rebaixa de máis de 170 millóns de euros nos presupostos de educación traduciríase nun recorte de 800 postos de traballo, o que representa en si mesmo un drama para outras tantas familias e incrementa as ci-fras do desemprego, ademais dun deterioro sen precedentes no ensino en Galicia.

Mentres, a Consellería insiste en que as medidas adoptadas son para a mellora da calidade do ensino e continúa engadindo outras de sobrada difusión pola súa repercusión no servizo como: o despilfarro económico no cambio da gratuidade nos libros de texto, as axudas aos comedores esco-

lares, as becas aos estudantes de FP … A tomadura de pelo é superlativa.

O profesorado, agora máis que nunca, ten que estar unido e organizado, demandando que a saída da crise non se-xa a costa do deterioro dun servizo básico e das condicións laborais e retributivas dos e das traballadores deste sector; reivindicando un cambio de rumbo nas medidas de contención

(distintas administracións cambiaron incluso o texto constitucional) que empobrecen o sistema e que non tocan para nada os elementos que xeraron esta crise, medidas que como se comproba a día de hoxe agravan máis o estancamento económico.

Marcelino Brea Mella

Sº Xeral FETE UGT Galicia

Page 3: Boletín febreiro

O primeiro paquete de medidas aprobadas hoxe en Consello

de Ministros, e que representan un “anticipo” da estratexia

que vai desenvolver o Goberno, emite unha mensaxe que

profunda nas políticas de axuste. Son medidas recorrentes

de recorte e picoteo fiscal, que non van impulsar o crece-

mento económico e o emprego. UGT considera que contén

tamén medidas profundamente inxustas, como a conxelación

do SMI e do IPREM, xa que repercuten sobre os colectivos

con rendas máis baixas e nas persoas desempregadas, e vol-

ven facer recaer o peso do axuste sobre os empregados pú-

blicos. Ademais, o aumento do 1% das pensións é claramente

insuficiente, polo que o Goberno debe garantir que aplicará

en novembro de 2012 a cláusula de revisión automática se se

supera esa cifra. Por outra banda, o sindicato valora a pró-

rroga do Plan Prepara, reiteradamente reclamada polas or-

ganizacións sindicais, pero recorda que existen máis dun

millón e medio de desempregados sen prestación.

1. Son só un anticipo do

que virá antes do 31 de marzo, coa aprobación duns Orza-

mentos Xerais do Estado para 2012 que deben plasmar xa

integramente as políticas coas que o Goberno quere afrontar

a saída da crise.

2.Son medidas recorrentes. Non conteñen medidas de estí-

mulo ao crecemento económico e o emprego

3. Algunhas son profundamente inxustas, como a conxela-

ción do salario mínimo por primeira vez na historia do noso

país, en concreto, supón unha aposta por un modelo de cre-

cemento baseado en baixos salarios e en condicións preca-

rias que non ten xustificación en termos de axuste fiscal

Febreiro 2012 Página 3

(posto que o SMI non

afecta ao gasto pú-

blico) e é incoheren-

te con calquera dis-

curso de moderniza-

ción da nosa econo-

mía e do noso mer-

cado laboral.

4. Inciden na políti-

ca do “picoteo fis-

cal”. É necesario

unha reforma fiscal integral equitativa, progresiva e redis-

tributiva, que se revisen o conxunto das figuras fiscais, se

recuperen os impostos como o de Patrimonio e Sucesións,

así como que se graven produtos de aforro do capital ou do

investimento como son as SICAV

5. Hai medidas positivas, que son froito do Diálogo Social,

do Acordo Social e Económico pactado no mes de febreiro,

pero que son insuficientes, como a subida do subida do 1%

das pensións e a Prórroga do Plan Prepara, reiteradamente

solicitada polas organizacións sindicais, pero hai que recor-

dar a importante caída da taxa de cobertura por desempre-

go

6. Incide nos recortes sociais coa conxelación en materia de

dependencia, conciliación da vida laboral e persoal ou a

renda de emancipación para os mozos.

MEDIDAS DO GOBERNO

Para FETE UGT:

Page 4: Boletín febreiro

Páxina 4

ANÁLISE DALGUNHAS MEDIDAS Actualización das pensións contribu-

tivas

A revalorización automática das pen-

sións está fixada por unha Lei, froito

do acordo social (artigo 48 da Lei xeral

de Seguridade Social).

A subida do 1% resulta moi moderada,

tendo en conta que a media das previ-

sións dos principais analistas sitúan o

aumento do IPC en 2012 no 1,5% de

media anual. A revalorización pode

levar unha perda de poder adquisitivo

dos pensionistas ao longo do ano. O

aumento anunciado hoxe só suporía 8

euros mensuais máis nunha pensión

media. O Goberno debe garantir que

aplicará no mes de novembro de 2012

a cláusula de revisión automática pre-

vista na Lei, no caso de que efectiva-

mente o IPC su-

pere a cifra do

1%.

Conxelación do

SMI

Trátase dunha

das medidas

máis inxustas do

paquete aproba-

do, absolutamente inxustificada ade-

mais na medida que o aumento do SMI

non leva aumento do gasto público

desde 2004, cando se desvinculou esta

renda laboral básica da súa utilización

como baremo de rendas e prestacións

públicas de todo tipo.

É a primeira vez desde a súa creación

en que o SMI se conxela no noso país.

O discurso dos necesarios esforzos co-

lectivos non serven en absoluto para

avalar esta conxelación do chan sala-

rial, que é unha medida non só inxus-

ta, senón contraproducente para a

nosa economía, na medida que redu-

cirá aínda máis o consumo de todos

os afectados.

Conxelación do IPREM.

É unha medida regresiva. O IPREM é o

indicador que serve de referencia

para determinar a contía de determi-

nadas prestacións ou para acceder a

determinados beneficios, axudas ou

servizos públicos. A súa conxelación

supón unha redución real desas pres-

tacións.

Redución a cero da taxa de reposi-

ción do emprego público

A medida non responde ás necesida-

des da nosa economía, e terminará

afectando á calidade dos servizos

públicos. Contraditoria coa vontade

declarada polo Executivo de facer o

emprego, obxectivo número un de

todas as políticas.

Para UGT, a evolución emprego públi-

co debe responder á aplicación de

criterios de eficiencia e necesidade, o

que implica unha análise previa que

realice un diagnóstico integral e ob-

xectivo da situación dos recursos hu-

manos no conxunto das Administra-

cións Públicas. Parece que esta nova

conxelación responde en maior medi-

da a unha concepción ideolóxica que

supón que o emprego público no noso

país é excesivo, algo que non respon-

de en absoluto á realidade.

Conxelación do salario dos emprega-

dos públicos e ampliación de xorna-

da Son medidas medida inxustas, que

fai recaer o peso do axuste unha vez

máis sobre un dos colectivos de tra-

balladores máis castigados no noso

país. Hai que recordar que o seu sala-

rio xa foi recortado nun 5% de media

en maio de 2010.

En todo caso, o Executivo debe acla-

rar canto antes se pensa acometer

novos recortes salariais a estes traba-

lladores coa aprobación no mes de

marzo dos novos PXE.

Recuperación da dedución por com-

pra de vivenda habitual

É unha medida popular pero inade-

cuada e posúe efectos contraprodu-

centes, posto que o seu impacto tras-

ládase finalmente a un aumento dos

prezos da vivenda, tal e como avala-

ron numerosos estudos.

En consecuencia, o beneficio que se

pretende lograr (un abaratamento

indirecto do acceso á vivenda) anúla-

se polo aumento do prezo que provo-

ca. En consecuencia, son os promoto-

res e intermediarios no proceso de

http://boe.es/boe/dias/2011/12/31/pdfs/BOE-A-2011-20638.pdf

Page 5: Boletín febreiro

Páxina 5

CIFRAS E DATOS CONCURSOS DE TRASLADOS 10/11 – 11/12

FETE UGT reclama as seguintes prazas que non aparecen na resolución provisonal publicada pola consellería.

www.edu.xunta.es/cxt

Ademais reclamaremos as resultas que se produzan por xubilacións ata o 15 de febreiro

MESTRES Xubilacións a 31.08.11 Xubilacións a 15.02.12 (estimado)

Oferta vacantes cxt 11/12

773 200 370

Suma 973 370

Diferenza -603

SECUNDARIA Xubilacións a 31.08.11 Xubilacións a 15.02.12 (estimado)

Oferta vacantes cxt 11/12

451 130 329

Suma 581 329 Diferenza -252

2 BILINGÜES

FRANCÉS

19 BILINGÜES

INGLÉS

VACANTES PES

6 BILINGÜES

INGLÉS

VACANTES

MESTRES

CEIP Novo de Arteixo 1 EO Santa Irene - Porto do Son 1EI, 1EP

IES Pedra da Aguia 1EF, 1EP CEIP Bragade – Cesuras 1EP

CRA Oroso 1EP CEIP Frións – Ribeira 1FF

CEIP Ramón Cabanillas 1FI CEIP San Luis Romero 1FF

CEIP Salustiano Rey 1EP, 1FF

Segundo informacións da Consellería estase modificando a relación de vacantes diariamente de xeito dinámico. A resolución provisional publicaranse a finais do mes de marzo.

As xubilacións ata o 15 de febreiro por calquera circunstancia non se adxudicarán na resolución provisional pero si na definitiva que se prevé para finais abril primeiros maio.

A CORUÑA

MESTRES

SECUNDARIA

IES A Cachada – Boiro 1LG IES Eusebio da Garda 1 Econ

Page 6: Boletín febreiro

Febreiro 2012 Página 6

OURENSE

MESTRES

CEIP Albino Núñez 1 EP CPI Antonio Faílde – Coles 1EI

CPI Padreada 1FF CPI de Mende 1EP

CEIP Medeiros 1EI

SECUNDARIA

IES Otero Pedrayo 1FQ, 1LG IES Cidade Antioq 1ADM

IES 12 Outubro 1LC, 1FOL IES O Couto 1LC

IES Univ. Laboral 1Fª,1M,1FQ CIFP Portovello 1ISC

IES Lauro Olmo 1M,1FOL,1ADM IES Cosme López 1ECO

IES García Barbón 1LG,1ADM,1PS,1FI IES TaboadaChivite 1LC,1LG,1T

IES A Carballeira 1PDCPO,1FOL,1DB CIFP A Farixa 1TPIS

IES ChamosoLamas 1MV, IES de Trives 1FI, 1SEA

EOI Ourense 3 FI EASD Ourense 3DI,1DG,2MI

LUGO

IES Pedregal 1PT IES Lamas das Quenas 1FQ IES A Pinguela 1SAI IES Daviña Rey 1FOL

EA Ramón Falcón 3DI, 2DG

PONTEVEDRA

MESTRES CEIP Carballedo 1EP CEIP A Xunqueira II 1EP

CEIP A Florida 1AL CEIP A Xunqueira I 1EP

CEIP Froebel 2EP CEIP Portonovo 1EI

CEIP Frian 1EP CEIP Mestre Manuel Gª 1EO, 1AL

CEIP Ría de Vigo 1EI CEIP Santó Tomé 1EP

CEIP San Clemente César 1FI CEIP Rosalía de Castro 1EI

SECUNDARIA

IES Luis Seoane 1ADM IES Álvaro Cunqueiro 1BX,1FI

CIFP Manuel Antonio 3PPD IES Paralaia 1PT, 1PXADM

IES Miguel A. Glez 1M IES Fermín Bouza Brey 1OPFM

IES A Sangriña 1XH,1EF,1LG,1FF,1FI,1OPMV

Page 7: Boletín febreiro

Febreiro 2012 Página 7

Page 8: Boletín febreiro

Febreiro 2012 Página 8

Page 9: Boletín febreiro

Febreiro 2012 Página 9

Page 10: Boletín febreiro

FETE-UGT AROUSA Rúa Castelao 22, Baixo 36600 - Vilagarcía ( Pontevedra ) Tlf. 986 511 213 - Fax 986 510 520 E-mail: [email protected]

FETE-UGT A CORUÑA Avda. Fernández La Torre 27, 2º 15006 - A Coruña Tlf./Fax 981 247 875 E-mail: [email protected]

FETE-UGT COSTA LUGUESA García Doriga, Edificio INEM 3ª Planta 27850 - Viveiro ( Lugo ) Tlf. 982 550 016 - Fax 982 550 016 E-mail: [email protected]

FETE-UGT DEZA Baiuca, 7 36680 - A Estrada ( Pontevedra ) Tlf./Fax 986 573 223 E-mail: [email protected]

FETE-UGT FERROL Rúa do Carme, 43 – 45, 2º 15402 - Ferrol ( A Coruña ) Tlf./Fax 981 359 131 E-mail: [email protected]

FETE-UGT LEMOS Roberto Baamonde 29, Baixo 27400 - Monforte ( Lugo ) Tlf. 982 403 210 - Fax 982 402 498 E-mail: [email protected]

FETE-UGT LUGO Ronda da Muralla 58, 1º 27003 - Lugo Tlf. 982 221 854 - Fax 982 246 511 E-mail: [email protected]

FETE-UGT OURENSE Parque San Lázaro 12, 1º 32003 - Ourense Tlf./Fax 988 237 790 E-mail: [email protected]

FETE-UGT PONTEVEDRA Pasantería 1, 1º 36002 - Pontevedra Tlf. 986 858 413 - Fax 986 861 054 E-mail: [email protected]

FETE-UGT SANTIAGO Miguel Ferro Caaveiro 12, 1º 15707 - Santiago ( A Coruña ) Tlf. 981 573 634 - Fax 981 575 033 E-Mail: [email protected]

FETE-UGT VALDEORRAS Praza do Concello 2, Baixo 32300 - O Barco ( Ourense ) Tlf. 988 682 744 - Fax 988 321 152 E-mail: [email protected]

FETE-UGT VIGO García Barbón 67 36201 - Vigo ( Pontevedra ) Tlf./Fax 986 220 812 E-mail: [email protected]