7

guerra_troia

  • Upload
    xenevra

  • View
    432

  • Download
    5

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: guerra_troia
Page 2: guerra_troia

A Guerra de Troia é un acontecemento lendario, elemento esencial da cultura grega antiga. Deu lugar a numerosas obras artísticas, literarias en particular. Unha parte esta contada na Ilíada de Homero; o poema leva este nome xa que o nome grego da cidade de Troia é Ilion: trátase da primeira epopea escrita en grego e ten un valor fundador.A guerra de Troia foi unha guerra contra a cidade de Troia en Asia Menor polos exércitos gregos, tras o rapto de Helena de Esparta por Paris de Troia.

Page 3: guerra_troia

Paris é una figura da mitoloxía grega, fillo de Príamo (rei de Troia) e de Hécuba, e máis irmán de Heitor. Hécuba tivera un soño, no cal vía saír lume das súas pernas, polo que foi abandonado no monte Ida, mais foi amamantado por unha osa. Logo foi adoptato por un matrimonio, medrando como pastor.

Xuízo de ParisRequerido por Hermes, enviado este por Zeus, e sendo considerado, polos deuses, como o home máis fermoso do mundo, foille pedido que xulgase quen era máis fermosa de entre as deusas Atenea, Hera e Afrodita. A vencedora gañaría a mazá de ouro de Eris (deusa da discordia, e que non fora convidada á voda de Peleo e Tetis, pais de Aquiles, que botou a mazá durante a cerimonia, na que figuraba escrito: "Á máis fermosa"). Paris escolleu a Afrodita, como a máis bela das tres, en xulgamento levado a cabo no Monte Ida.

Page 4: guerra_troia

A muller máis bela do mundo era Helena, filla de Leda, a cal estaba casada con Tíndaro, rei de Esparta, e foi seducida por Zeus en forma de cisne.

Helena tiña moitos pretendentes, e Tíndaro estaba pouco disposto a elixir un por medo a que os outros tomasen represalias. Finalmente, un dos pretendentes, Odiseo de Ítaca (Ulises na mitoloxía romana) propuxo un plan. Fixo prometer a todos defender o matrimonio de Helena con quen ela elixise. Ela elixiu a Menelao, quen humildemente non fixo a petición en por si, senón enviando ao seu irmán Agamenón no seu lugar. Menelao herdou o trono de Esparta de Tíndaro, con Helena como a súa raíña e Agamenón, casado coa irmá de Helena, Clitemnestra, recuperou o trono de Argos.

Enviado a facer tratos diplomáticos a Esparta, Paris namorouse de Helena e, coa axuda de Afrodita, raptouna ou a seduciu, e levouna de regreso a Troia como esposa. Todos os reis e príncipes de Grecia foron chamados a cumprir o seu xuramento e recuperala.

Page 5: guerra_troia

Helena sería seducida por Paris, quitándolla ao seu marido, Menelao, rei de Esparta, e marchando con ela a Troia, causando así a guerra (Guerra de Troia). Durante a mesma Paris matou a Aquiles, sendo logo el morto por Filotetes, que posuía o arco máxico de Heracles (Hércules).

Page 6: guerra_troia
Page 7: guerra_troia