32
I.E.S. RICARDO CARBALLO CALERO Reprodución du lenzo da pintora María Burgaz

Guía para nais e pais

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Guía para nais e pais do alumnado

Citation preview

Page 1: Guía para nais e pais

I.E.S.

RICARDO CARBALLO CALERO

Reprodución du lenzo da pintora María Burgaz

Page 2: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

1

SAÚDO DO DIRECTOR

Estimados pais e nais, benvidos ao novo curso:

Este curso 2008-09 vén cargado de novidades pola implantación da nova Lei de Educación nos cursos de 2º e 4º de ESO e de 1º de bacharelato (en 1º e 3º de ESO xa se implantou o ano pasado). Imos atoparnos con novas materias como Educación para a cidadanía e dereitos humanos en 2º de ESO e Ciencias

para o mundo contemporáneo en 1º de bacharelato. Ademais, a final de curso, vaise realizar a chamada avaliación de diagnóstico das competencias básicas para o alumnado de 2º de ESO. Esta avaliación non ten efectos académicos, senón que é de carácter informativo para as familias e orientador para o centro.

Amais destas novidades comúns a todos os centros, o noso instituto presenta as súas propias, froito do traballo que dende hai anos emprendemos para obter unha mellora continua nos servizos que ofrecemos ao noso alumnado e ás súas familias. A máis importante é o feito de que este instituto foi elixido como un dos sete centros galegos (o único en Ferrol e comarca) onde se pode estudar o novo bacharelato de Artes escénicas, música e danza. Enriquécese deste xeito a oferta educativa do noso centro, que xa leva anos traballando no eido do teatro co seu grupo de teatro TIXUCA, galardonado en múltiples ocasións, e no eido da música coa súa estreita colaboración co Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño.

Por outra banda este ano poñemos en marcha unha iniciativa innovadora especialmente adicada ás nais e pais do alumnado. Trátase dun intento de minimizar a brecha dixital nas familias impartindo un curso de iniciación informática para pais e nais en horario de tarde, pensado especialmente para aqueles proxenitores aos que o ordenador lles parece unha caixa estraña e se ven abrumados polo dominio informático dos fillos.

Seguimos a traballar, pois, na idea de que Caranza goce dun instituto de ensino público de calidade e en constante renovación no que se formen boas persoas e bos profesionais. Para isto necesitamos a complicidade e compromiso de pais e nais co profesorado no proceso continuo que supón educar aos fillos e fillas e formar persoas íntegras.

Esperando contar coa súa participación e colaboración nesta tarefa, reciban un cordial saúdo,

O Director

Manuel J. Díaz Gómez

Page 3: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

2

ORGANIGRAMA DO INSTITUTO

Page 4: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

3

MISIÓN E VISIÓN DO NOSO INSTITUTO

MISIÓN

A misión do IES Ricardo Carballo Calero é a formación integral do noso alumnado, para que sexan persoas libres, tolerantes e solidarias, con espírito crítico, respecto co contorno e satisfacción na aprendizaxe, e que valoren e estimen a súa realidade lingüística e cultural, co fin de que se integren na sociedade e de que a formación académica e técnica recibida lles permita acceder a estudos posteriores, ao mundo laboral ou crear a súa propia empresa.

VISIÓN

A vocación do IES Ricardo Carballo Calero é ser un centro de referencia no barrio de Caranza e na comarca de Ferrolterra, integrado na vida e nas actividades do barrio e en contacto permanente coas empresas da familia profesional de imaxe persoal da nosa zona de influencia. Aspiramos ao recoñecemento externo do noso sistema de xestión da calidade, que se basea na transparencia da información, no traballo en equipo e na participación e satisfacción do noso alumnado e as súas familias e das empresas colaboradoras. Todo isto desde a perspectiva da misión do noso centro de formar boas persoas e bos profesionais.

SISTEMA DE XESTIÓN DA CALIDADE

Un sistema de xestión da calidade baséase nunha roda con catro accións consecutivas:

Planificar – Realizar – Avaliar – Mellorar .... e volta a planificar, realizar, avaliar, mellorar.

� PLANIFICAR: A documentación de calidade detalla cómo se realizan os distintos procesos (programación, acollida, actividades de aula, orientación, avaliación, formación en centros de traballo, etc.).

� REALIZAR: Trátase do desenvolvemento do traballo, do que sempre quedan rexistros.

� AVALIAR: Para verificar a realización do planificado e os problemas habidos. � MELLORAR: É a clave do sistema, buscar o xeito de mellorar o traballo a

partir dos resultados da avaliación e incluír estas melloras nunha nova planificación.

O noso sistema de xestión da calidade conta coa certificación de AENOR, que é renovada anualmente a través de auditorías.

Page 5: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

4

CONSELLO ESCOLAR O Consello Escolar é o órgano de goberno a través do cal participan na súa xestión os distintos membros da comunidade escolar. É, polas súas atribucións, o órgano do instituto que máis decisións debe tomar. Está formado polo director, a xefa de estudos, a secretaria e os representantes dos distintos sectores que conforman a comunidade educativa. Os integrantes actuais son os seguintes:

REPRESENTANTES DE NAIS E PAIS • Vacantes ata as novas eleccións

REPRESENTANTES DO ALUMNADO

• Aitor Bouza • Rebeca Pantín • Daniel Prego

REPRESENTANTES DO PROFESORADO

• Dª. María Belén Ameijeiras • D. Fernando Barbadillo • D. Enrique Barrera • D. Fernando Díaz • D. Pedro Domínguez • Dª. Julia de Partearroyo • Dª. Susana Torres

REPRESENTANTE DO PERSOAL NON DOCENTE

• Dª. Mercedes González

REPRESENTANTE DO CONCELLO • Dª. Rosa Martínez

REPRESENTANTE DAS EMPRESAS

• D. José Manuel Gómez No seo do Consello Escolar créanse varias comisións, formadas polo director e por representantes dos distintos sectores. No presente curso escolar funcionan a comisión de administración económica, a comisión de convivencia, a comisión de actividades extraescolares, a comisión da biblioteca e a comisión de autoprotección.

Atendendo á normativa, no primeiro trimestre deste curso 2008-09 haberá renovación parcial dos compoñentes do Consello Escolar, polo que alumnado, profesorado e nais e pais serán convocados para a súa elección.

Page 6: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

5

TITORÍAS

Cada grupo de alumnado dispón dun titor ou titora que se encarga, coa colaboración do departamento de orientación do instituto, do seguimento global dos procesos de ensino-aprendizaxe. Para calquera información que desexen recibir, para calquera dúbida ou problema que xurda en relación co seu fillo ou filla, poden concertar unha cita co seu titor segundo o seguinte horario:

CURSO TITOR OU TITORA HORARIO DE ATENCIÓN

A NAIS E PAIS

E.S.O. 1º A Dª. Mª Luisa Mariño xoves de 10:30 a 11:20

E.S.O. 2º A Dª Marta García Prol xoves de 11:20 a 12:10

E.S.O. 3º A Dª. Isabel Lamas martes de 10:30 a 11:20

E.S.O. 4º A D. Javier Liz mércores de 10:30 a 11:20

E.S.O. 4º B Dª. Mª do Pilar Patiño luns de 12:30 a 13:20

Bacharelato 1º A Dª. María Ríos venres de 10:30 a 11:20

Bacharelato 2º A D. Enrique Barrera venres de 9:20 a 10:10

CM Estética Dª. Esther Sánchez por fixar

CM Perrucaría 1º Dª. Mª Carmen Otero por fixar

CM Perrucaría 2º Dª. Ermitas Vigo por fixar

CS Estética 1º Dª. Gloria Casas por fixar

CS Estética 2º Dª. Mercedes Bernárdez por fixar

F.C.T. Dª. Susana Torres ------

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

O instituto conta cun Plan de Acción Titorial que recolle os temas que titores e titoras tratan co seu grupo ao longo do curso. Estes temas van variando segundo se trate dun curso de E.S.O. ou de bacharelato, aínda que algún está presente en todos os cursos, como é o tema das técnicas de estudo.

Page 7: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

6

CALENDARIO ESCOLAR 2008-2009

SETEMBRO L M M X V S D 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14

15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28

ESO e 1º de Bacharelato: clases dende o 18 de setembro ata o 19 de xuño. 2º de Bacharelato: clases dende o 18 de setembro ata a segunda quincena de maio. Ciclos FP: as clases comezan o 25 de setembro.

Nadal: do 20 de decembro ata o 7 de xaneiro. Entroido: 23, 24 e 25 de febreiro. Día do Ensino: 20 de marzo. Semana Santa: do 4 ao 13 de abril. Días non lectivos: venres 31-10-08 e xoves 30-04-09.

29 30 OUTUBRO NOVEMBRO DECEMBRO

L M M X V S D L M M X V S D L M M X V S D 1 2 3 4 5 1 2 1 2 3 4 5 6 7

6 7 8 9 10 11 12 3 4 5 6 7 8 9 8 9 10 11 12 13 14 13 14 15 16 17 18 19 10 11 12 13 14 15 16 15 16 17 18 19 20 21 20 21 22 23 24 25 26 17 18 19 20 21 22 23 22 23 24 25 26 27 28 27 28 29 30 31 24 25 26 27 28 29 30 29 30 31

XANEIRO FEBREIRO MARZO L M M X V S D L M M X V S D L M M X V S D 1 2 3 4 1 1

5 6 7 8 9 10 11 2 3 4 5 6 7 8 2 3 4 5 6 7 8 12 13 14 15 16 17 18 9 10 11 12 13 14 15 9 10 11 12 13 14 15 19 20 21 22 23 24 25 16 17 18 19 20 21 22 16 17 18 19 20 21 22 26 27 28 29 30 31 23 24 25 26 27 28 23 24 25 26 27 28 29

30 31 ABRIL MAIO XUÑO

L M M X V S D L M M X V S D L M M X V S D 1 2 3 4 5 1 2 3 1 2 3 4 5 6 7

6 7 8 9 10 11 12 4 5 6 7 8 9 10 8 9 10 11 12 13 14 13 14 15 16 17 18 19 11 12 13 14 15 16 17 15 16 17 18 19 20 21 20 21 22 23 24 25 26 18 19 20 21 22 23 24 22 23 24 25 26 27 28 27 28 29 30 25 26 27 28 29 30 31 29 30

O Día das Letras Galegas (17 de maio) deste curso escolar está dedicado a

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ, nado en Láncara (Lugo) no ano 1915.

Destacou polo seu labor ensaístico recollido en libros como Olladas no futuro ou Filosofía da saudade, pero sobre todo

pola súa adicación en prol da normalización da lingua galega, onde salienta o seu traballo na editorial Galaxia.

Morreu en Compostela no ano 1990.

Page 8: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

7

DATAS DAS AVALIACIÓNS

PREAVALIACIÓN DE E.S.O. DATA DA PREAVALIACIÓN ENTREGA DE BOLETÍNS

1ª Xoves 23-10-08 24-10-08 2ª Xoves 12-02-09 13-02-09

AVALIACIÓNS DE E.S.O. E 1º DE BACHARELATO ÚLTIMO DÍA PARA EXAMES DATA DA AVALIACIÓN*

1ª avaliación Luns 15-12-08 Xoves 18-12-08 2ª avaliación Luns 30-03-09 Xoves 02-04-09

3ª avaliación e final Xoves 18-06-09 Luns 22-06-09

MATERIAS PENDENTES DE ESO DATA DOS EXAMES DATA DA AVALIACIÓN*

1ª avaliación Depende de cada

Departamento Xoves 18-12-08

2ª avaliación Depende de cada

Departamento Xoves 02-04-09

3ª avaliación e final 25, 27 e 28-05-09 Martes 02-06-09

AVALIACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO ÚLTIMO DÍA PARA EXAMES DATA DA AVALIACIÓN*

1ª avaliación Luns 24-11-08 Xoves 27-11-08 2ª avaliación Luns 16-02-09 Xoves 19-02-09

3ª avaliación e final Venres 22-05-09 Luns 25-05-09

EXAMES E AVALIACIÓNS DE PENDENTES DE BACHARELATO DATAS DOS EXAMES DATA DA AVALIACIÓN

1ª Luns 12 e mércores 14-01-09 Venres 16-01-09 2ª Luns 23 e mércores 25-03-09 Xoves 26-03-09

Final Luns 4 e mércores 06-05-09 Venres 08-05-09

CICLOS FORMATIVOS

MODALIDADE DE AVALIACIÓN ÚLTIMO DÍA PARA

EXAMES DATA DA

AVALIACIÓN Extraordinaria previa á FCT

(alumnado repetidor) ---- Xoves 23-10-08

1ª avaliación parcial Avaliación FCT do 1º trimestre Luns 15-12-08 Xoves 18-12-08

2ª avaliación parcial dos 2º cursos Avaliación FCT do 2º trimestre Martes 17-03-09 Luns 23-03-09

2ª avaliación parcial dos 1º cursos Luns 30-03-09 Xoves 02-04-09

Avaliacións finais Avaliación FCT do 3º trimestre Xoves 18-06-09 Martes 23-06-09

* As notas entréganse ao alumnado ao día seguinte da data da avaliación.

Page 9: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

8

DEREITOS E DEBERES DE NAIS E PAIS OU TITORES LEGAIS SEGUNDO A LOE

Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación [extracto literal]

Disposición derradeira primeira. Modificación da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación.

1. O artigo 4 da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, queda redactado da seguinte maneira:

«1. Os pais ou titores, en relación coa educación dos seus fillos ou pupilos, teñen os seguintes dereitos:

a) A que reciban unha educación, coa máxima garantía de calidade, conforme os fins establecidos na Constitución, no correspondente Estatuto de autonomía e nas leis educativas.

b) A escoller centro docente tanto público como distinto dos creados polos poderes públicos.

c) A que reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas propias conviccións.

d) A estar informados sobre o progreso da aprendizaxe e integración socio-educativa dos seus fillos.

e) A participar no proceso de ensino e aprendizaxe dos seus fillos. f) A participar na organización, funcionamento, goberno e avaliación do centro

educativo, nos termos establecidos nas leis. g) A ser oídos naquelas decisións que afecten a orientación académica e

profesional dos seus fillos.

2. Así mesmo, como primeiros responsables da educación dos seus fillos ou pupilos, correspóndelles:

a) Adoptar as medidas necesarias, ou solicitar a axuda correspondente en caso de dificultade, para que os seus fillos ou pupilos cursen as ensinanzas obrigatorias e asistan regularmente á clase.

b) Proporcionar, na medida das súas dispoñibilidades, os recursos e as condicións necesarias para o progreso escolar.

c) Estimulalos para que leven a cabo as actividades de estudo que se lles encomenden.

d) Participar de maneira activa nas actividades que se establezan en virtude dos compromisos educativos que os centros establezan coas familias, para mellorar o rendemento dos seus fillos.

e) Coñecer, participar e apoiar a evolución do seu proceso educativo, en colaboración cos profesores e os centros.

f) Respectar e facer respectar as normas establecidas polo centro, a autoridade e as indicacións ou orientacións educativas do profesorado.

g) Fomentar o respecto por todos os compoñentes da comunidade educativa.»

Page 10: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

9

SUXESTIÓNS PRÁCTICAS PARA NAIS E PAIS Nais e pais son os primeiros educadores dos adolescentes, por iso teñen que tomar parte activa na educación dos seus fillos, xunto co profesorado e o conxunto da sociedade. A información que a continuación expoñemos contribuirá a un mellor aproveitamento escolar do seu fillo ou filla. O estudo é unha actividade intelectual que, como tal, está condicionada á boa saúde física e ao benestar corporal. Por iso os estudantes deben:

� Deitarse a unha hora fixa e durmir entre oito e nove horas. � Ter unha dieta equilibrada e variada. � Almorzar forte, xantar ben, merendar e facer a cea lixeira. � Suprimir os excitantes como o alcohol ou o café. � Realizar exercicio físico de xeito moderado e habitual.

O lugar de estudo inflúe máis do que comunmente se cre, por iso débese:

� Ter un lugar axeitado para estudar, silencioso e ben iluminado. � Estudar sen música, é desaconsellable sobre todo cando se require unha grande

concentración mental. � Poñer unha música suave de fondo nalgúns traballos que requiran pouca

concentración pode ser de axuda, pero nunca a radio ou a televisión. O ambiente familiar propicio para o estudo caracterízase por:

� Unidade de criterio entre nai e pai á hora de esixir aos seus fillos disciplina e responsabilidade.

� Firmeza no fundamental, con boas doses de comprensión e tolerancia. Ser firme non implica autoritarismo nin violencia nas expresións ou no comportamento, xa que estes non conducen a resultados positivos.

� Respecto sempre a un horario familiar máis ou menos flexible, a unhas normas de convivencia afable e de conduta correcta, e ao criterio dos demais membros da familia.

� Comprensión e axuda, valorando o esforzo que realiza o fillo ou filla para superarse cada día.

� Constancia á hora de esixir que os fillos cumpran coas súas responsabilidades. No ensino secundario o ideal é estudar polo menos dúas horas diarias.

� Interese polas actividades dos fillos, polo seu rendemento durante o curso e polas dificultades que lle poidan xurdir.

Page 11: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

10

ACTIVIDADES E SERVIZOS DO INSTITUTO

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS T.I.C.

Continuamos este curso co proxecto que comezamos hai dous anos para a incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) ao proceso educativo, e que supuxo que o noso instituto fose un dos primeiros centros galegos seleccionados para a formación da Rede TIC. Froito deste recoñecemento ao noso labor pola mellora da calidade no ensino, o instituto conta con:

� Conexión por cable á internet de alta velocidade en todas as dependencias do centro.

� Conexión WiFi á internet de alta velocidade na maior parte do centro. � Dúas aulas TIC equipadas con encerado dixital e lector de documentos. � Dúas aulas de informática. � Dispoñibilidade de ordenadores na biblioteca. � Páxina web actualizada constantemente.

PROXECTO LECTOR

Segundo esixe a nova Lei de Educación, cada centro ha de elaborar un proxecto lector que articule as actuacións que o profesorado de todas as materias realiza destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas. O proxecto lector do noso instituto ten como obxectivo fundamental desenvolver a competencia lectora dos estudantes para capacitalos nos coñecementos, destrezas e actitudes que necesita para a súa realización persoal, para a participación significativa na sociedade democrática e para o seu traballo profesional.

Pódese consultar na páxina web do instituto.

GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO

A Consellería de Educación proporciona gratuitamente os libros de texto para o alumnado de E.S.O. O instituto súmase a esta iniciativa e, cun sistema de préstamo semellante ao establecido pola Consellería, facilita gratuitamente os libros de texto ao alumnado de bacharelato. Cómpre que esta medida sexa apoiada polo alumnado coidando os libros, forrándoos e non escribindo neles.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O Departamento de Orientación está formado pola orientadora, a profesora de pedagoxía terapéutica, o profesor de formación e orientación laboral e dous titores. A súas funcións principais son intervir nas dificultades de aprendizaxe e proporcionarlle ao alumnado unha orientación académica e profesional individualizada. A orientadora conta cun horario de atención ás familias no que será atendido calquera nai ou pai que o solicite.

Page 12: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

11

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Chamamos actividades extraescolares tanto ás actividades propiamente extraescolares (realizadas fóra do horario lectivo) como ás actividades complementarias, que se levan a cabo dentro do horario lectivo e, en moitas ocasións, nas instalacións do instituto. As actividades extraescolares están deseñadas sempre para completar os contidos dunha ou varias materias ou dos temas transversais, e desenvólvense fóra da aula para poder realizar actividades ou aproveitar recursos que doutro xeito non poderían ser tidos en conta. Cando a actividade extraescolar consiste nunha viaxe, á aprendizaxe propia da visita de lugares novos súmase o enriquecemento nas relacións persoais que toda viaxe supón. Por estes motivos consideramos que nais e pais deben sempre animar aos seus fillos e fillas a participar nas actividades extraescolares preparadas para o seu curso, e tamén nas actividades fixas do instituto: actividades deportivas e grupo de teatro. Como é lóxico, nas actividades extraescolares seguen vixentes as normas de comportamento propias da aula, especialmente cando un grupo de alumnado fai unha saída fóra das instalacións do centro. Nestes casos o grupo representa ao instituto e tamén a Caranza, cando a visita é fóra do barrio, ou representa a Ferrol, cando a viaxe vai máis alá da cidade, polo que é moi importante que o bo comportamento de todos deixe en bo lugar os nomes do noso barrio e da nosa cidade, como vén sucedendo habitualmente. Agradecemos que nais e pais lles incidan aos seus fillos e fillas nesta cuestión cando asinen a autorización correspondente a unha saída escolar. Por isto mesmo que acabamos de expoñer, o regulamento de réxime interior recolle como sanción propia das condutas contrarias ás normas de convivencia, a desautorización a participar en actividades extraescolares durante un período de tempo (véxase nas páxinas finais desta guía o extracto do regulamento).

GRUPO DE TEATRO O grupo de teatro TIXUCA (Teatro Independente da Xuventude Unida de Caranza) inicia todos os cursos unha nova andaina abrindo as portas a todas as persoas que queiran participar. Unha das tardes da semana é destinada ás clases de teatro con vistas á montaxe e representación, tanto dentro como fóra do noso centro, dalgunha obra de teatro. Diversos premios acadados nos últimos anos veñen a incentivar a nosa actividade.

Page 13: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

12

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O grupo de Normalización Lingüística é o encargado de fomentar o uso oral e escrito da lingua galega no noso centro. Está formado por representantes do alumnado, do profesorado e do persoal non docente, e aberto a todas as persoas que queiran integrarse nel. Para participar, pórse en contacto coa coordinadora, Dª. Mª do Pilar Patiño. CAIXA DO CORREO PARA SUXESTIÓNS, QUEIXAS E RECLAMACIÓNS

No vestíbulo do instituto -e na páxina web- áchase unha caixa do correo para que calquera membro da comunidade escolar faga chegar as súas suxestións, queixas e reclamacións á dirección do centro. É aconsellable que os escritos que se depositen nela leven indicado o nome da persoa ou persoas que o subscriben para poder poñerse en contacto con elas. A responsable de calidade é a persoa encargada de atender a caixa, facer unha análise dos escritos depositados, establecer qué órgano ou persoa debe atendelos e controlar que unha solución, ou cando menos unha primeira resposta, se dea nun prazo máximo de dúas semanas. Cando o escrito presentado sexa colectivo, a resposta dáse a través do taboleiro do vestíbulo.

RECEPCIÓN DE MODELOS

A recepción de modelos para as prácticas dos ciclos de imaxe persoal faise segundo os horarios e as condicións que o profesorado expón na entrada principal do centro. Para algúns destes traballos os menores de idade precisarán de autorización paterna, e o alumnado do centro non poderá presentarse como modelo dentro do seu horario lectivo.

HORARIOS DOS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

SECRETARÍA De 10:00 a 13:00, de luns a venres. BIBLIOTECA Aberta no horario lectivo. Préstamo nos recreos.

CAFETERÍA Mañás de 8:30 a 13:30. Atención ao alumnado só nos recreos. Tarde dos martes de 16:30 a 18:00.

PLAN DE EVACUACIÓN

De se produciren situacións que aconsellen o desaloxo do centro, soará a alarma e o profesorado, seguindo as indicacións do plan de evacuación do centro, desaloxará ordenadamente aos distintos grupos.

Toda situación de emerxencia, polos posibles riscos e prexuízos engadidos á mesma, irá seguida da correspondente investigación por parte das distintas autoridades. De se demostrar que o desaloxo foi provocado sen motivo, procederase á correspondente denuncia policial e administrativa.

Page 14: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

13

BOLETÍN INFORMATIVO PARA AS FAMILIAS: LANDRAS

Dende hai varios anos o instituto publica mensualmente un boletín informativo para as familias que se chama LANDRAS. Neste boletín comunicamos as actividades que se realizan no centro e outras informacións interesantes para pais e nais.

INICIACIÓN INFORMÁTICA PARA NAIS E PAIS

No noso afán por estender o uso das cada vez máis imprescindibles novas tecnoloxías e de abrir o centro ao exterior, este curso ofrecemos un curso de Iniciación informática para pais e nais do noso alumnado. É totalmente gratuíto, está pensado para aquelas persoas que non saben acender o ordenador ou pouco máis que isto, e vaise desenvolver un día á semana pola tarde. Os contidos do curso son os seguintes:

1. Termos informáticos básicos 2. Uso do rato e do teclado 3. Pantalla de inicio 4. O escritorio e as ventás 5. Arquivos, carpetas e discos 6. Panel de control 7. Navegación pola internet e uso de antivirus 8. O correo electrónico 9. Procesadores de texto 10. Presentacións

As persoas interesadas poden reservar praza na conserxería do centro antes do 11 de outubro, ou ben en persoa ou chamando por teléfono e indicando o seu nome, o nome e curso do fillo ou filla matriculado no instituto, e un teléfono de contacto.

Page 15: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

14

Page 16: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

15

Page 17: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

16

PÁXINA WEB

A páxina web do instituto está pensada para que sexa feita por toda a comunidade escolar e para atender os seus intereses. Dende aquí vos invitamos a visitala e a participar nela:

http://centros.edu.xunta.es/iesricardocarballocalero/

Page 18: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

17

OFERTA EDUCATIVA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (E.S.O.)

Cursos 1º, 2º, 3º e 4º. As materias comúns e optativas de cada curso detállanse no cadro da páxina 18.

BACHARELATO

Modalidades de Artes escénicas, música e danza, de Ciencias e tecnoloxía e de Humanidades e ciencias sociais. As materias de cada curso detállanse no cadro da páxina 19.

CICLOS FORMATIVOS

Tres ciclos da familia profesional de Imaxe persoal:

• Ciclo medio de Estética persoal decorativa. Ciclo de 1.400 horas que ocupa un curso escolar máis un trimestre de formación en centros de traballo.

• Ciclo medio de Perrucaría. Ciclo de 2.000 horas que ocupa dous cursos

escolares, incluído o trimestre de formación en centros de traballo. • Ciclo superior de Estética. Ciclo de 2.000 horas que ocupa dous cursos

escolares, incluído o trimestre de formación en centros de traballo. Os módulos de cada ciclo detállanse no cadro da páxina 20.

BOLSAS As convocatorias das bolsas e outras axudas publícanse no B.O.E. e no D.O.G. nas datas que, de xeito orientativo, indicamos a continuación:

TIPO DE AXUDA PRAZO

ORIENTATIVO Bolsas para estudos de bacharelato e de ciclos formativos Xullo – Setembro Bolsas para a formación en centros de traballo Maio Premios extraordinarios de bacharelato e de ciclos formativos

Abril

Bolsas para o primeiro ano de estudos universitarios Maio – Xuño Bolsas para estudos universitarios Abril – Maio

Page 19: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

18

PLANS DE ESTUDOS

1º E.S.O.

Materias comúns

• Ciencias da natureza • Ciencias sociais • Educación física • Educación plástica e visual • Lingua castelá e literatura

• Lingua galega e literatura • Matemáticas • Primeira lingua estranxeira • Proxecto interdisciplinar • Segunda lingua estranxeira

• Relixión / Historia e cultura das relixións / Atención educativa

2º E.S.O.

Materias comúns

• Ciencias da natureza • Ciencias sociais, xeografía e historia • Educación física • Educación para a cidadanía e dereitos humanos • Lingua castelá e literatura

• Lingua galega e literatura • Matemáticas • Música • Primeira lingua estranxeira • Segunda lingua estranxeira • Tecnoloxías

• Relixión / Historia e cultura das relixións / Atención educativa

3º E.S.O.

Materias comúns

• Bioloxía e xeoloxía • Ciencias sociais, xeografía e historia • Educación física • Educación plástica e visual • Física e química

• Lingua castelá e literatura • Lingua galega e literatura • Matemáticas • Música • Primeira lingua estranxeira • Tecnoloxías

• Relixión / Historia e cultura das relixións / Atención educativa

Materias optativas

Escoller unha entre: (só poden cursarse un ano, ou en 3º ou en 4º, as marcadas cun asterisco)

• Cultura clásica* • Taller de iniciativas emprendedoras* • Segunda lingua estranxeira

4º E.S.O.

Materias comúns

• Ciencias sociais, xeografía e historia • Educación ético-cívica • Educación física

• Lingua castelá e literatura • Lingua galega e literatura • Matemáticas • Primeira lingua estranxeira

• Relixión / Historia e cultura das relixións / Atención educativa

Materias troncais

Escoller tres entre:

• Bioloxía e xeoloxía • Educación plástica e visual • Física e química • Informática • Latín • Música • Segunda lingua estranxeira • Tecnoloxía

Materias optativas

Escoller unha entre: (só poden cursarse un ano, ou en 3º ou en 4º, as marcadas cun asterisco)

• Cultura clásica* • Taller de iniciativas emprendedoras* • Unha materia troncal das non elixidas

Page 20: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

19

1º BACHARELATO

MATERIAS PROPIAS DA MODALIDADE

(tres materias)

MATERIAS

COMÚNS

(sete materias)

MATERIAS

OPTATIVAS

(escoller unha)

ARTES ESCÉNICAS,

MÚSICA E DANZA

• Análise musical I • Anatomía aplicada • Cultura audiovisual* • Linguaxe e práctica

musical

CIENCIAS E TECNOLOXÍA

• Bioloxía e xeoloxía • Debuxo técnico • Física e química • Matemáticas I * • Tecnoloxía industrial I

HUMANIDADES E

CIENCIAS SOCIAIS

• Economía • Grego I • Historia do mundo

contemporáneo* • Latín I • Matemáticas aplicadas

ás ciencias sociais

• Ciencias para o mundo contemporáneo

• Educación física

• Filosofía e cidadanía

• Lingua castelá e literatura

• Lingua estranxeira

• Lingua galega e literatura

• Relixión / Atención educativa

• Música

• Segunda lingua estranxeira

• Tecnoloxías da información e a comunicación

* Materia da modalidade que ha de cursarse obrigatoriamente.

2º BACHARELATO

MATERIAS PROPIAS DA MODALIDADE

(tres materias)

MATERIAS

COMÚNS

(cinco materias)

MATERIAS

OPTATIVAS

(escoller unha)

OP

CIÓ

N B

(C

ienc

ias

da

natu

raza

)

• Bioloxía • Ciencias da terra e do

medio ambiente • Química

CIE

NC

IAS

DA

N

AT

UR

EZ

A E

DA

SA

ÚD

E

OP

CIÓ

N A

(B

ach.

C

ient

ífic

o)

• Debuxo técnico II / Química

• Física • Matemáticas II

OP

CIÓ

N B

(C

ienc

ias

Soci

ais)

• Economía e organización de empresas

• Matemáticas aplicadas II • Xeografía

HU

MA

NID

AD

ES

E

CIE

NC

IAS

SOC

IAIS

OP

CIÓ

N A

(H

uman

idad

es)

• Grego II / Historia da música

• Historia da arte • Latín II

• Filosofía

• Historia

• Lingua castelá e literatura

• Lingua estranxeira

• Lingua galega e literatura

• Filosofía da ciencia e da tecnoloxía

• Historia e xeografía de Galicia

• Introdución ás ciencias políticas e á socioloxía

• Literatura galega do séxulo XX

• Literaturas hispánicas

• Métodos estatísticos e numéricos

• Música II

• Segunda lingua estranxeira

Page 21: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

20

CICLO MEDIO DE ESTÉTICA PERSOAL DECORATIVA

TRIMESTRE MÓDULO HORAS* Depilación mecánica e técnicas complementarias ..............................................................55 Técnicas de hixiene facial e corporal ................................................................105 Maquillaxe................................................................................................ 215 Escultura de unllas e estética de mans e pés ................................................................80 Promoción e venda de produtos e servizos no ámbito da estética ................................80 Anatomía e fisioloxía humanas básicas ................................................................105 Cosmetoloxía aplicada á estética decorativa................................................................130 Administración, xestión e comercialización na pequena empresa................................80

1º, 2º e 3º

Formación e orientación laboral................................................................ 55 4º Formación en centros de traballo ................................................................ 440

CICLO MEDIO DE PERRUCARÍA TRIMESTRE MÓDULO HORAS*

Dirección técnica-artística................................................................................................130 Hixiene, desinfección e esterilización aplicadas á perrucaría ................................55 Cambios de forma no cabelo...............................................................................................215 Peiteados, acabados e recollidos ................................................................ 215 Anatomía e fisioloxía humanas básicas ................................................................105

1º, 2º e 3º

Cosmetoloxía aplicada á perrucaría ................................................................160 Tratamentos capilares................................................................................................110 Cambios de cor no cabelo ................................................................................................180 Corte de cabelo e técnicas complementarias................................................................180 Técnicas básicas de manicura e pedicura................................................................55 Administración, xestión e comercialización na pequena empresa................................80

4º e 5º

Formación e orientación laboral................................................................ 55 6º Formación en centros de traballo ................................................................ 380

CICLO SUPERIOR DE ESTÉTICA TRIMESTRE MÓDULO HORAS*

Electroestética ................................................................................................135 Estética hidrotermal ................................................................................................135 Técnicas de maquillaxe previas á microimplantación de pigmentos ................................135 Anatomía, fisioloxía e patoloxía humanas aplicadas á estética ................................160 Cosmetoloxía aplicada á estética integral ................................................................185 Administración, xestión e comercialización na pequena empresa................................80

1º, 2º e 3º

Formación é orientación laboral................................................................ 55 Diagnóstico e protocolo de procesos de estética integral................................150 Masaxe ................................................................................................................................200 Depilación ................................................................................................ 130 Microimplantación de pigmentos................................................................ 90

4º e 5º

Proxecto integrado ................................................................................................90 6º Formación en centros de traballo ................................................................ 380

* A principio de curso infórmase das sesións lectivas (50 minutos) que corresponden a cada módulo.

Page 22: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

21

CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN

E.S.O. SITUACIÓN ACADÉMICA DO ALUMNADO

POSIBILIDADES DE PROMOCIÓN OU DE TITULACIÓN

1º E.S.O.

• Alumnado co curso superado � Promoción a 2º

• Alumnado cunha ou dúas materias suspensas � Promoción a 2º curso cunha ou dúas materias

pendentes • Alumnado con tres ou máis materias

suspensas Repetición de curso

• Alumnado que repetiu 1º e ten tres ou máis materias suspensas

Promoción a 2º curso con materias pendentes

2º E.S.O.

• Alumnado co curso superado e sen materias pendentes de 1º

� Promoción a 3º

• Alumnado cunha ou dúas materias suspensas � Promoción a 3º curso cunha ou dúas materias

pendentes • Alumnado con tres ou máis materias

suspensas Repetición de curso

• Alumnado que repetiu 2º e ten tres ou máis materias suspensas

Promoción a 3º curso con materias pendentes ou incorporación a un programa de diversificación curricular

3º E.S.O.

• Alumnado co curso superado e sen materias pendentes de cursos anteriores

� Promoción a 4º

• Alumnado cunha ou dúas materias suspensas � Promoción a 4º curso cunha ou dúas materias

pendentes • Alumnado con tres ou máis materias

suspensas Repetición de curso ou incorporación a un programa de diversificación curricular

• Alumnado que repetiu 3º e ten tres ou máis materias suspensas

Promoción a 4º curso con materias pendentes ou incorporación a un programa de diversificación curricular

4º E.S.O.

• Alumnado co curso superado e sen materias pendentes de cursos anteriores

� Título de graduado na E.S.O.

• Alumnado cunha ou dúas materias suspensas � Proposta excepcional de título, ou repetición

de curso, ou incorporación a un programa de diversificación curricular dun ano escolar

• Alumnado con tres ou máis materias suspensas

Repetición de curso ou incorporación a un programa de diversificación curricular dun ano escolar

• Alumnado que repetiu 4º e ten tres ou máis materias suspensas

Incorporación a un programa de cualificación profesional inicial ou acreditación dos estudos realizados

Nota: Só se pode repetir dúas veces en toda a ESO.

Page 23: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

22

BACHARELATO SITUACIÓN ACADÉMICA DO ALUMNADO

POSIBILIDADES DE PROMOCIÓN OU DE TITULACIÓN

1º BACHARELATO • Alumnado co curso superado � Promoción a 2º curso

• Alumnado cunha ou dúas materias suspensas � Promoción a 2º curso cunha ou dúas materias

pendentes

• Alumnado con tres ou catro materias suspensas

Pódese optar por repetir curso completo ou por cursar as materias suspensas de 1º curso e completar con materias de 2º curso que non coincidan no horario coas suspensas de 1º

• Alumnado con cinco ou máis materias suspensas

Repetición de curso

2º BACHARELATO • Alumnado co curso superado e sen materias

pendentes de 1º � Título de Bacharelato

• Alumnado cunha, dúas ou tres materias suspensas

Repetición de curso só coas materias pendentes

• Alumnado con máis de tres materias suspensas

Repetición do curso completo

CICLOS FORMATIVOS SITUACIÓN ACADÉMICA DO ALUMNADO

POSIBILIDADES DE PROMOCIÓN OU DE TITULACIÓN

• Alumnado con todos os módulos superados � Título de Técnico ou de Técnico Superior

• Alumnado con algún módulo suspenso Actividades de recuperación e avaliación extraordinaria

• Alumnado cun ou máis módulos aprobados Acreditación dos estudos realizados

ACCESO A CICLOS FORMATIVOS Para acceder a un ciclo medio hai que cumprir un destes dous requisitos:

� Ter o título de graduado en ESO ou de FP I, ou ter 2º de BUP (accédese directamente sen facer proba).

� Superar a proba de acceso a ciclos de grao medio.

A preferencia para acceder a un ciclo de grao medio depende da nota media dos estudos de acceso.

Para acceder a un ciclo superior hai que cumprir un destes requisitos:

� Ter o título de bacharelato LOXSE, de FP II ou de COU (accédese sen facer proba).

� Superar a proba de acceso a ciclos de grao superior.

A preferencia para acceder a un ciclo de grao superior depende da nota media dos estudos de acceso.

Page 24: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

23

EXTRACTO DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR

A ASISTENCIA Á CLASE DO ALUMNADO Artigo 14: Asistencia á clase do alumnado. A lexislación vixente recolle como un deber básico do alumnado a asistencia á clase con puntualidade. Artigo 15: Alumnado de E.S.O. e bacharelato. 1. O alumnado de E.S.O. e bacharelato non pode abandonar o recinto escolar durante a súa xornada lectiva. En caso de ter que facelo por causa xustificada, deberá comunicarllo ao profesorado de garda, e, de tratarse de alumnado de 1º e 2º de E.S.O., terá que ser recollido no centro pola nai, pai ou persoa en quen deleguen. 2. En caso de ausencia do profesor ou profesora, o alumnado non poderá abandonar a aula sen autorización do profesorado de garda ou dun membro do equipo directivo. O profesorado de garda permitirá que o alumnado de 3º e 4º de E.S.O., sempre que presente a correspondente autorización materna ou paterna, e o alumnado de bacharelato, non acudan ás primeiras horas lectivas ou marchen ás últimas en caso de ausencia do profesor ou profesora. 3. Os pais ou titores do alumnado deberán solicitar a xustificación das súas faltas de asistencia o antes posible, e en todo caso, nun prazo máximo de tres días hábiles a partir do momento en que se produza a primeira falta. Pasado este período, as faltas de asistencia son consideradas inxustificadas. 4. A solicitude faise no impreso oficial do centro e debe ir sempre acompañada da documentación pertinente que demostre o motivo da falta de asistencia (xustificante de consulta médica, xustificante de enfermidade, comprobante de realizar algún tipo de xestión administrativa, etc.). A teor da documentación presentada, o titor ou titora considerará a falta de asistencia xustificada ou inxustificada. 5. A comunicación verbal ao instituto dos motivos dunha falta de asistencia, tanto telefónica como presencial, serve unicamente como xustificación provisional que non exime da posterior presentación da solicitude de xustificación e a documentación adxunta. As faltas de asistencia a un exame deben xustificarse no mesmo día do exame, antes da hora da súa realización, ou, se é posible, con antelación. De non ser así, enténdese que o alumno ou alumna non se presenta ao exame e a cualificación do mesmo será a mínima. 6. A falta de asistencia á clase, aínda que sexa xustificada, non é escusa válida para asistir á clase sen estar informado da materia impartida e das tarefas que se deban levar feitas. 7. Como norma xeral, o centro manterá a comunicación sobre as cuestións relativas ao alumnado cos pais ou titores legais, independentemente da súa idade, mentres non haxa indicacións noutro sentido.

Page 25: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

24

8. A participación nunha mobilización debe acordarse maioritariamente en reunións do alumnado cos seus representantes, e a decisión debe ser comunicada á dirección do centro cunha antelación mínima de vintecatro horas. As faltas de asistencia á clase por participar deste xeito nunha mobilización recibirán a consideración de inxustificadas. As faltas de asistencia colectivas que non cumpran os requirimentos sinalados neste parágrafo recibirán a consideración de conduta contraria ás normas de convivencia, tal como se recolle no artigo 24 deste Regulamento. O alumnado de 1º e 2º de E.S.O. non pode ausentarse do centro, de non ser que os seus pais veñan recollelos ao mesmo. 9. O profesorado de E.S.O. e bacharelato debe tomar nota das faltas de asistencia do seu alumnado en todas as sesións lectivas, e os venres rexistrará no programa XADE as faltas de asistencia e de puntualidade da semana. Se por calquera motivo non se puideron introducir as faltas un venres, poderá facerse o luns seguinte antes das 12:00. O titor ou titora procederá a anotar as xustificacións das faltas e a contabilizar o número de faltas inxustificadas. Na primeira semana de cada mes remítese aos pais unha listaxe das faltas correspondentes ao mes anterior. Artigo 16: Alumnado dos ciclos formativos. 1. O alumnado de ciclos formativos cuxas faltas de asistencia supere o dez por cento da duración do módulo, perde o dereito á avaliación continua nese módulo, indistintamente de que se traten de faltas xustificadas ou sen xustificación. 2. A participación nunha mobilización debe acordarse maioritariamente en reunións do alumnado cos seus representantes, e a decisión debe ser comunicada á dirección do centro cunha antelación mínima de vintecatro horas. As faltas de asistencia colectivas que non cumpran os requirimentos sinalados neste parágrafo recibirán a consideración de conduta contraria ás normas de convivencia, tal como se reflicte no artigo 24 deste Regulamento. 3. O profesorado dos ciclos formativos debe rexistrar as faltas de asistencia e de puntualidade do seu alumnado. Cando as faltas contabilizadas superen o dez por cento da duración do módulo, informará ao titor ou titora do grupo de alumnado para que leve a cabo a resolución de perda do dereito á avaliación continua. Artigo 17: Sobre a puntualidade. O profesorado debe permitir que o alumnado que chegue cun retraso inxustificado e non reiterativo inferior aos 10 minutos poida asistir á clase, pero rexistrará a falta de puntualidade (no programa XADE no caso de E.S.O. e bacharelato). Cada tres faltas de puntualidade sen xustificar equivalen a unha falta de asistencia inxustificada. Artigo 18: Acumulación de faltas inxustificadas. 1. O alumnado de E.S.O. que acumule oito faltas inxustificadas de asistencia -ou cinco atrasos inxustificados na mesma materia- será remitido polo seu titor ou titora á Xefatura de Estudos. Previamente, ao chegar ás cinco faltas de asistencia -ou aos tres atrasos na mesma materia- o titor ou titora enviará aos pais unha carta na que informe da

Page 26: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

25

situación do seu fillo ou filla, que deberá traer de volta unha xustificación, asinada polo pai ou pola nai, de tela recibido. 2. O alumnado de bacharelato que acumule nunha materia máis de cinco faltas inxustificadas de asistencia, perderá o dereito á avaliación continua nesa materia. Previamente, ao chegar ás tres faltas inxustificadas, o titor ou titora enviará aos pais carta certificada e con acuse de recibo na que informe da situación do seu fillo ou filla. 3. O alumnado de ciclos formativos cuxas faltas de asistencia supere o dez por cento da duración do módulo, perde o dereito á avaliación continua nese módulo. O instituto seguirá o procedemento que a lexislación vixente sinale para estes casos.

4. A perda do dereito á avaliación continua supón que o alumnado afectado só ten dereito a presentarse ás probas finais de cada materia ou módulo establecidas no plan extraordinario de avaliación da programación didáctica de cada departamento. Nas sesións de avaliación anteriores á final, por tanto, non pode ser avaliado, e consígnase na acta unha cualificación cero (0) no caso de bacharelato, e as iniciais PD no caso dos ciclos formativos. O alumnado que perdeu o dereito á avaliación continua e que non se presente ás probas establecidas no plan extraordinario de avaliación, non pode aprobar as materias ou módulos afectados.

DEREITOS E DEBERES DO ALUMNADO Artigo 22: DEREITOS E DEBERES DO ALUMNADO. 1. Recoñécenselle ao todos os alumnos e alumnas os seguintes dereitos básicos:

���� A que se lles garanta a igualdade de oportunidades sen ser obxecto de discrimincación por razóns de nacemento, raza, sexo, orientación sexual, capacidade económica, convicións políticas, morais ou relixiosas, así como discapacidades físicas, sensoriais ou psíquicas, ou por calquera outra circunstancia persoal ou social.

���� A que se respecte a súa identidade, a súa integridade física e moral e a súa dignidade persoal, sen que poida ser obxecto, en ningún caso, de tratos vexatorios ou degradantes.

���� A que a súa actividade académica se desenvolva nas debidas condicións de seguridade e hixiene.

���� A que a súa dedicación, esforzo e rendemento escolar sexan valorados e recoñecidos con obxectividade.

���� A ser escoitados por calquera aspecto que afecte á comunidade educativa seguindo as canles habituais (profesor ou profesora, titor ou titora, xefatura de estudos).

���� A dispor dun local de reunión. 2. O deber máis importante de todos os alumnos e alumnas é o de aproveitar positivamente o posto escolar que a sociedade pon ao seu dispor, polo que o deber do estudo é a consecuencia do dereito fundamental da educación. Son deberes básicos do alumnado:

Page 27: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

26

���� Estudar e esforzarse para acadar o máximo desenvolvemento segundo as súas capacidades.

���� Participar nas actividades formativas, e especialmente nas escolares e complementarias.

���� Asistir á clase con puntualidade e seguir as directrices do profesorado. ���� Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun

adecuado clima de estudo no instituto, respectando a autoridade e as orientacións do profesorado e o dereito á educación do resto do alumnado.

���� Respectar a identidade, a integridade física e moral e a dignidade persoal de todos os membros da comunidade escolar.

���� Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do instituto. ���� Conservar e facer un bo uso das instalacións do centro e dos materiais didácticos.

AS NORMAS DE CONVIVENCIA Artigo 23: AS NORMAS DE CONVIVENCIA

1. O recoñecemento dos dereitos de todos os integrantes da comunidade escolar e o

respecto ás persoas e ás instalacións son a base das normas de convivencia do instituto. Por iso, unha convivencia axeitada esixe que se cumpran os horarios con puntualidade, se manteña a orde e a limpeza nas dependencias, se dedique atención e esforzo ás actividades lectivas e se usen as boas maneiras e o diálogo nas relacións cos demais.

2. É importante ter en conta as normas de urbanidade propias da nosa tradición, como

acudir á clase aseados, coa roupa axeitada e sen gorros ou gorras, esperar ao profesorado na aula, petar nas portas -aínda que estean abertas- antes de entrar, sentarse adecuadamente, pedir permiso para levantarse ou para intervir na clase, usar as palabras por favor e grazas nas nosas peticións, non mascar goma e recoller cando o docente dea por terminada a clase –o timbre só ten a función de avisar ao profesorado do cambio de clase. Nos corredores gárdase tamén a orde e a compostura propios dos lugares públicos, máxime tratándose dun centro de ensino.

3. Para non entorpecer o traballo dos demais e aproveitar ao máximo posible o tempo e

esforzo de todos, en clase tense sempre os libros de texto, cadernos, etc. que corresponden, aténdese ás explicacións e indicacións do profesorado, non se fala cos compañeiros nin se os molesta, non se interrompe con intervencións fóra de lugar ou facendo ruídos, e por suposto en clase non se xoga, non se come, nin se teñen libros ou cadernos doutras materias nin revistas, móbiles ou calquera outro aparello alleo á clase.

4. Para respectar ao máximo a intimidade dos demais, só se poden facer fotos ou

gravacións de audio ou de vídeo con autorización previa, e para respectar o carácter de centro educativo do instituto séguense estrictamente as normas de uso da biblioteca e dos equipos informáticos.

5. Para emendar as condutas contrarias ás normas de convivencia do instituto

establécense as medidas correctoras expostas nos seguintes artigos.

Page 28: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

27

CADRO RESUMO dos artigos 24, 25 e 29:

CONDUTAS CONTRARIAS ÁS NORMAS DE CONVIVENCIA

SANCIÓNS

Faltas inxustificadas de asistencia ou puntualidade

Abandono do centro sen autorización (ESO, bacharelato e menores de idade en ciclos)

Falta de material Faltas de urbanidade Non manter a orde e a limpeza do centro Non seguir as indicacións do profesorado

ou do persoal do centro Non atender ás explicacións do profesor Entorpecer o desenvolvemento da clase ou

dunha actividade complementaria ou extraescolar

Mala utilización das instalacións do centro Facer fotos ou gravacións sen autorización Facer uso da biblioteca ou dos equipos

informáticos contrario ás normas Faltas de asistencia en grupo Faltas de respecto aos compañeiros, ao

profesorado ou ao persoal do centro Ameazas a persoas ou propiedades Intentos de agresión Intentos de estragos ou estragos

involuntarios

Amoestación privada

Comunicación aos pais

Informe escrito para xefatura de estudos

Comparecencia inmediata ante xefatura de estudos

Realización de traballos específicos en horario non lectivo

Realización de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do centro

Reparación de danos

Suspensión do dereito a participar nas actividades extraescolares ou complementarias do centro

Suspensión do dereito de asistencia por un prazo máximo de tres días

CONDUTAS GRAVEMENTE PREXUDICIAIS

SANCIÓN

Reiteración de condutas contrarias ás normas de convivencia*

Actos graves de indisciplina Inxurias ou ofensas graves Agresións ou incitación ás mesmas Estragos graves ou intencionados Falsificacións e suplantación de

personalidade Subtracción de documentos Incumprimento das sancións impostas

INSTRUCIÓN DE EXPEDIENTE DISCIPLINARIO

* Considérase reiteración a acumulación de: 5 informes escritos en 1º e 2º de ESO 3 informes escritos en 3º e 4º de ESO 2 informes escritos en bacharelato e ciclos.

Todas estas normas quedan a expensas das posibles modificacións do Regulamento de Réxime Interior aprobadas polo Consello Escolar.

Page 29: Guía para nais e pais

I.E.S. Ricardo Carballo Calero GUÍA DE NAIS E PAIS

Curso 2008-09

28

ANOTACIÓNS

Page 30: Guía para nais e pais

ÍNDICE

SAÚDO DO DIRECTOR................................................................................................1 ORGANIGRAMA DO INSTITUTO ........................................................................................2 MISIÓN E VISIÓN; SISTEMA DE XESTIÓN DA CALIDADE................................ 3

CONSELLO ESCOLAR ................................................................................................ 4 TITORÍAS ................................................................................................................................5

CALENDARIO ESCOLAR ................................................................................................6 DATAS DAS AVALIACIÓNS................................................................................................7

DEREITOS E DEBERES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS................................8 SUXESTIÓNS PRÁCTICAS PARA NAIS E PAIS................................................................9

ACTIVIDADES E SERVIZOS DO INSTITUTO ................................................................10 Plan de integración das TIC..............................................................................................10

Proxecto lector .................................................................................................................10 Gratuidade dos libros de texto ..........................................................................................10

Departamento de Orientación ...........................................................................................10 Actividades Extraescolares ...............................................................................................11

Grupo de teatro .................................................................................................................11 Equipo de Normalización Lingüística ..............................................................................12

Caixa do correo para suxestións, queixas e reclamacións ................................................12 Recepción de modelos ................................................................................................12

Horarios dos servizos complementarios ................................................................12 Plan de evacuación ................................................................................................12

Boletín informativo para as familias ................................................................................13 Iniciación informática para nais e pais ................................................................ 13

PLANO DO INSTITUTO ................................................................................................14 PÁXINA WEB .........................................................................................................................16

OFERTA EDUCATIVA ................................................................................................17 BOLSAS ................................................................................................................................17 PLANS DE ESTUDOS .............................................................................................................18

E.S.O. ................................................................................................................................18 Bacharelato........................................................................................................................19

Ciclos formativos ..............................................................................................................20 CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN ................................................................21

E.S.O. ................................................................................................................................21 Bacharelato........................................................................................................................22

Ciclos formativos ..............................................................................................................22 ACCESO A CICLOS FORMATIVOS .....................................................................................22

EXTRACTO DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR .............................................23 A asistencia a clase do alumnado......................................................................................23

Dereitos e deberes do alumnado .......................................................................................25 Cadro de faltas de conduta e sancións ..............................................................................27

Page 31: Guía para nais e pais
Page 32: Guía para nais e pais

I.E.S. RICARDO CARBALLO CALERO

Avda. Castelao s/n 15406 FERROL (A CORUÑA)

Tfno.: 981 32 65 24 / Fax: 981 32 50 73 Web: http://centros.edu.xunta.es/iesricardocarballocalero/

email: [email protected]

� Centro pertencente á Rede de Centros Educativos Galegos para a Calidade

� Centro seleccionado para o desenvolvemento da Rede TIC en Galicia

� Premio ás Actuacións de Calidade na Educación do ano 2005

� 1º Centro de Ferrol con selo de Calidade de AENOR