13
INF PARA 2014 A mellor herdanza d BOLETÍN FORMATIVO A AS F AMIL Curso 2015/16 dunha nai, dun pai, para as súas crianzas é un tempo cada día. O. A. Battista IE O LIAS n pouco do seu ES Illa de Arousa

Boletín final nais e pais 2015-2016

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Boletín final nais e pais 2015-2016

INFOPARA

2014

A mellor herdanza dunha nai, dun pai, para as súas crianzas é un pouco do seu

BOLETÍN INFORMATIVO

PARA AS FAMILCurso 2015/16

A mellor herdanza dunha nai, dun pai, para as súas crianzas é un pouco do seu

tempo cada día. O. A. Battista

IES Illa de Arousa

MATIVO

AMILIAS

A mellor herdanza dunha nai, dun pai, para as súas crianzas é un pouco do seu

ES Illa de Arousa

Page 2: Boletín final nais e pais 2015-2016

Estimadas familias:

Comezamos un novo curso escolar no que o noso obxetivo prioritario é manter o proceso continuo de mellora que vimos acadando, aproveitando os éxitos dos últimos anos, en cada un dos nosos ámbitos de actuación.

A tarefa, como ben sabedes, é complexa, máis se temos en conta que a difícil situación actual condiciona en grande medida as posibilidades que o sistema nos ofrece para desenvolver un proceso educativo de calidade. Aínda así, encontrámonos perante un grande reto ao que debemos enfrentarnos con decisión, para preservar unhas condicións de aprendizaxe que permitan satisfacer as necesidades educativas do noso alumnado e favorecer o desenvolvemento da súas competencias.

Debemos dar resposta a esta situación desde o compromiso de todos os sectores que conforman esta Comunidade Educativa, na defensa dun ensino de calidade, aberto e participativo.

Propoñémonos ademais establecer as medidas necesarias para favorecer a titulación e evitar o abandono escolar temperán do noso alumnado. Para isto precisamos o compromiso as familias, co-responsables na consecución dos obxectivos do centro.

Esta co-responsabilidade ten como base fundamental a participación das familias na vida do centro. Non abonda con acudir puntualmente ás xuntanzas que se convoquen para informar da evolución académica dos seus fillos e fillas, senón que é necesario ir alén, entendendo a Participación como unha norma fundamental de cultura democrática que nos permitirá a tod@s a búsqueda de novas oportunidades de aprendizaxe e o compromiso co traballo ben feito.

Convidamos desde aquí ás familias a integrarse de cheo na vida do centro, a participar nos nosos proxectos, na búsqueda de solucións ás necesidades que xurdan, nos órganos colexiados, na Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as, nas actividades extraescolares e complementarias, etc.

Agardamos que teñades un bo comezo de curso.

O Equipo Directivo.

Page 3: Boletín final nais e pais 2015-2016

O presente Boletín Informativo pretende darvos a coñecer datos sobre o Centro que cremos que poden ser do voso interese, así como os proxectos e obxectivos que nos propuxemos para este curso.

Os Órganos Unipersonais de Goberno que constitúen o Equipo Directivo deste Instituto no presente curso académico 2015/16 son os seguintes:

A Directora: Dona Iolanda Casas Blanco, cuxa función principal é ser a responsábel da xestión e funcionamento do Centro.

A Xefa de Estudos: Dona Susana Sánchez Arins, que coordina a realización das actividades de carácter académico, de orientación e complementarias de profesorado e alumnado.

O Secretario: Don Alfonso Malvido Piñeiro, encargado de ordear o réxime administrativo do Centro.

Ademais o Centro dispón dun Departamento de Orientación, responsábel da orientación persoal e profesional do alumnado.

A orientadora: Dona Cristina Goris Mayán

Horario da Orientadora de atención a Pais/Nais: Martes, de 13:40 a 14:30 e Xoves de 9.50 a 10:40.

XEFATURAS DOS DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS

DEPARTAMENTO XEFE/A DE DEPARTAMENTO

CIENCIAS DA NATUREZA CHARO BAÑOBRE GONZÁLEZ

CIENCIAS SOCIAIS BEGOÑA CABALLERO JAVIERRE

EDUCACIÓN FÍSICA JOSÉ LUIS VÁZQUEZ MEIJIDE

E. PLÁSTICA Y VISUAL SUSANA FERRADAS OTERO

FÍSICA Y QUÍMICA Mª PAULA GRAÑA FERNÁNDEZ

FRANCÉS CARLOTA PENELAS GRELA

INGLÉS JULIANA PÉREZ PANISSE

LINGUA GALEGA ALICIA MUNÍN MUNÍN

LINGUA CASTELÁ Mª TERESA RODRÍGUEZ LORENZO

MATEMÁTICAS ANA ACHA PAZ

MÚSICA ALFONSO MALVIDO PIÑEIRO

ORIENTACIÓN CRISTINA GORIS MAYÁN

TECNOLOXÍAS SONIA GONZÁLEZ LÓPEZ TITORAS E GRUPOS

GRUPO

TITORA

ESO 1º A ALICIA MUNÍN MUNÍN

ESO 1º B Mª DOLORES FARO DOMÍNGUEZ

ESO 2º A PILAR VÁZQUEZ VILLASANTE

ESO 2º B LIBERTAD FRAGA GRUEIRO

ESO 3º A SUSANA FERRADAS OTERO

ESO 3º B ANA ACHA PAZ

ESO 4º PDC Mª PAULA GRAÑA FERNÁNDEZ

ESO 4º A MÓNICA GÓÑEZ SILVA

ESO 4º B JULIANA PÉREZ PANISSE

Page 4: Boletín final nais e pais 2015-2016

O CLAUSTRO DE PROFESORES/AS COS GRUPOS E MATERIAS QUE IMPARTEN

DEPARTAMENTOS

PROFESORES/AS

MATERIAS, GRUPOS E HORAS DE

ATENCIÓN ÁS FAMILIAS LINGUA GALEGA E LITERATURA

ALICIA MUNÍN MUNÍN

LINGUA GALEGA E LITERATURA EN 1º A, 1º B, 2ºA E 2ºB. HORA ATENCIÓN FAMILIAS: venres, de 12.00 a 12.50.

FE SOUTO REGO

LINGUA GALEGA E LITERATURA EN 2º no Agrupamento específico LINGUA GALEGA E LITERATURA EN 3º A, 3º B ORATORIA EN 1ºA E 1ºB CULTURA CLÁSICA EN 3ºA LATÍN EN 4º HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Xoves, de 12.00 a 12.50.

MÓNICA GÓÑEZ SILVA

LINGUA GALEGA E LITERATURA EN 4º A, 4º B EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA EN 2ºA, 2ºB PROGRAMA DE REFORZO EN 1ºB, 2ºB HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Martes, de 13.40 a 14.30

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA

TERESA RODRÍGUEZ LORENZO

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA EN 2ºA, 2ºB, 3ºA, 3ºB, 4ºA,4ºB

HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Venres, de 9.50 a 10.40

SUSANA SÁNCHEZ ARÍNS

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA EN 1º A, 1º B. HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Martes, de 10.40 a 11.30

LINGUA EXTRANXEIRA INGLÉS

Mª DOLORES FARO DOMÍNGUEZ

INGLÉS EN 1ºA, 1ºB, 2ºA, 2ºB ATENCIÓN EDUCATIVA EN 2ºA e 2ºB HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Luns, de 9.50 a 10.40

JULIANA PÉREZ PANISSE

INGLÉS EN 3ºA, 3ºB, 3ºPDC, 4ºA, 4ºB ATENCIÓN EDUCATIVA EN 4ºA, 4ºB HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Mércores, de 12.50 a 13.40

LINGUA EXTRANXEIRA FRANCÉS

CARLOTA PENELAS GRELA

FRANCÉS 1ºA, 1ºB,2ºA, 2ºB,3ºA, 3ºB, 4ºA/B HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Mércores, de 9.50 a 10.40

CIENCIAS SOCIAIS

JOSÉ RAMÓN PÉREZ CALVELO

CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFIA E HISTORIA EN 1ºA, 1ºB, 2ºA, 2ºB, 4ºA, 4ºB HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Xoves, de 10.40 a 11.30

BEGOÑA CABALLERO JAVIERRE

CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFIA E HISTORIA EN 2º NO Agrupamento específico. ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO EN 4º PDC ÉTICA EN 4ºA, 4ºB HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Mércores, de 12.00 a 12.50

IOLANDA CASAS BLANCO

CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFIA E HISTORIA EN 3ºA, 3ºB OBRADOIRO DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS EN 4º HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Martes, de 12.00 a 12.50

MÚSICA

ALFONSO MALVIDO PIÑEIRO

MÚSICA EN 2ºA, 2ºB, 3ºA, 3ºB, 4ºA/B/PDC

HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Xoves, de 9.50 a 10.40

Page 5: Boletín final nais e pais 2015-2016

EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL

SUSANA FERRADAS OTERO

EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL 1ºA, 1ºB, 3ºA, 3ºB, 3ºPDC, 4º VALORES ÉTICOS EN 1ºA, 1ºB HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Luns, de 10.40 a 11.30

MATEMÁTICAS

JOSÉ MANUEL VILLANUEVA GUIMERÁNS

MATEMÁTICAS EN 1ºA, 1ºB, 2ºA, 2ºB PROGRAMA DE REFORZO EN 1ºA, 2ºA HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Luns, de 13.40 a 14.30

LIBERTAD FRAGA GRUEIRO

MATEMÁTICAS EN 4º A, 4ºB MATEMÁTICAS EN 2º no Agrupamento específico CIENCIAS DA NATUREZA EN 2ºA E 2ºB HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Xoves, de 12.50 a 13.40

ANA ACHA PAZ MATEMATICAS EN 2º B, 3ºA, 3ºB. VALLORES ÉTICOS EN 3ºA e 3ºB HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Martes, de 12.50 a 13.40

FÍSICA Y QUÍMICA

PAULA GRAÑA FERNÁNDEZ

ÁMBITO CIENTÍFICO-TÉCNICO EN 4ºPDC FÍSICA Y QUÍMICA EN 3º A, 3ºB, 4ºA/B HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Martes, de 9.50 a 10.40

CIENCIAS DA NATUREZA

CHARO BAÑOBRE GONZÁLEZ

CIENCIAS DA NATUREZA EN 1ºA, 1ºB BIOLOXÍA E XEOLOXIA EN 3ºA, 3ºB BIOLOXÍA E XEOLOXÍA EN 4ºA/B HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Xoves, de 9.50 a 10.40

EDUCACIÓN FÍSICA JOSÉ LUIS VÁZQUEZ MEIJIDE

EDUCACIÓN FÍSCA EN 1º A, 1º B, 2ºA, 2ºB, 3ºA, 3ºB, 4ºA, 4ºB HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Martes, de 12.00 a 12.50

TECNOLOXÍAS SONIA GONZÁLEZ LÓPEZ

TECNOLOXÍAS EN 3ºA, 3ºB, INFORMÁTICA 4º HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Martes, de 10.40 a 11.30

PILAR VÁZQUEZ VILLANSANTE

TECNOLOXÍAS EN 2ºA, 2ºB, 4º A/B, 4ºPDC ATENCIÓN EDUCATIVA EN 4ºA, 4ºB, 4ºPDC HORA ATENCIÓN FAMILIAS: Luns, de 12.00 a 12.50

RELIXIÓN JOSÉ ANTONIO GRELA MARTÍNEZ

RELIXIÓN 1ºA, 1ºB, 2ºA, 2ºB, 3ºA, 3ºB, 4ºA E 4ºB HORA ATENCIÓN FAMILIAS (IES FARO DAS LÚAS)

ORIENTACIÓN

Mª DOLORES BARREIRO SANTOS

PROGRAMA DE REFORZO EN 1ºA, 1ºB PROGRAMA DE REFORZO EN 2ºA, 2ºB APOIOS EN MATEMÁTICAS E LINGUA GALEGA E LITERATURA EN 1ºA, 1ºB, 2ºA 2ºB

CRISTINA GORIS MAYÁN ORIENTADORA

BEGOÑA CABALLERO JAVIERRE

COORDINADORA ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

PAULA GRAÑA FERNÁNDEZ

COORDINADORA ÁMBITO CIENTÍFICO-TÉCNICO

Page 6: Boletín final nais e pais 2015-2016

GRUPOS EXISTENTES NO CENTRO Este ano o centro conta con 166 alumnos/as.

ALUMNADO NENOS NENAS REPETIDORES/AS DE 1º ESO

ALUMNOS/AS QUE

REPETIERON PRIMARIA

PROGRAMA DE

REFORZO

1ºA 14 7 7 2 0 4 MAT 1ºB 15 6 9 0 2 4 LINGUAS

TOTAL 29 13 16 2 2 8

ALUMN

ADO NENOS NENAS REPETIDORES/AS

DE 2º ESO ALUMN@S

QUE REPETIRON

OUTROS CURSOS

PROGRAMA DE

REFORZO

ALUMNOS/AS MATERIAS

PENDENTES

2ºA 24 13 11 3 3 7 MAT 7 2ºB 23 10 13 2 2 3 LING 5 T 47 23 24 5 5 10 12

ALUMNADO NENOS NENAS REPETIDORES/AS

DE 3º ESO ALUMN@S QUE

REPETIRON OUTROS CURSOS

ALUMNOS/AS CON MATERIAS

PENDENTES 3ºA 18 9 9 1 1 5 3ºB 17 9 8 2 1 2

TOTAL 35 18 17 3 2 7

ALUMNADO NENOS NENAS REPETIDORES/AS

DE 4º ESO ALUMNOS QUE

REPETIRON OUTROS CURSOS

MATERIAS PENDENTES

4ºA 22 12 10 1 5 6 4ºB 22 11 11 1 6 10 4º

PDC 11 8 3 0 11 8

T 55 31 24 2 23 24

OS OBXECTIVOS XERAIS que nos propuxemos para este curso son:

1.- Desenvolver unha formación académica de calidade, adaptada ás necesidades e intereses de cada alumno/a , que lle permita acceder a estudos superiores con garantías de éxito, no seu caso, ou integrarse no mundo laboral .

2.- Educar en valores humanos, de modo que as alumnas e alumnos sexan cidadás participativas, responsábeis e solidarias, integradas nunha sociedade democrática e plural.

3.- Fomentar a integración e convivencia do alumnado no centro, desde o coñecemento, o respecto e o aprezo.

QUEREMOS CONSEGUIR:

1.- - A obtención de bos resultados académicos por parte do noso alumnado a nivel interno, nas avaliacións externas, así como en estudos posteriores.

2.- - Un nivel de convivencia agradábel e sen problemas de disciplina.

Page 7: Boletín final nais e pais 2015-2016

3.- - Utilizar unhas medidas organizativas de atención á diversidade que dean resposta á totalidade do alumnado.

4. -- O desenvolvemento de todas as competencias básicas no alumnado.

5.- - Dotar ao alumnado de hábitos e técnicas de traballo.

6.-- Desenvolver no alumnado valores como o esforzo, a solidariedade e o respecto ao medio ambiente.

7. - Lograr que o abandono escolar sexa mínimo.

8. -Manter relacións fluidas coas familias e as súas representantes.

9. - Dispor dunhas instalacións e uns medios tecnolóxicos modernos e adecuados.

10. - Manter unha coordinación eficaz cos centros educativos adscritos.

11. - Realizar unha xestión participativa, con procedementos fluidos de participación coñecidos por toda a comunidade.

12.- Fomentar o sentimento de pertenza ao Centro, que precisa da co-responsabilidade de todos os integrantes da comunidade educativa.

Os principios que serven como referencia dos comportamentos e actitudes persoais do noso centro serán os seguintes:

1.- Respectar as normas do Centro.

2.- Valorar o esforzo e o traballo ben feito.

3.-Fomentar o respecto e o aprezo ao diferente.

4.- Resolver os conflitos mediante o diálogo e a mediación.

5.- Coidar a limpeza, as instalacións e o entorno, propiciando hábitos de traballo saudábeis.

6- Dar oportunidade ao alumnado para participar con voz propia no Centro.

7.- Escoitar e atender as demandas e suxestións, despois de valoralas.

ENTRADA AO CENTRO

I. O horario do IES Illa de Arousa é de 9:00 a 14: 30 horas, de luns a venres, e os martes pola tarde de 16:30 a 18:10 horas, cun descanso de media hora de 11:30 a 12:00 horas.

II. A asistencia a clase é obrigatoria para todo o alumnado. Se unha persoa chega ao centro con retraso acudirase ao Profesor/a de Garda que se encargará de determinar o que debe facer o alumnado en cada caso. As faltas de asistencia deberán ser xustificadas sempre ao titor/a siendo este/a o/a que ten a potestade para aceptar a xustificación como tal.

O alumnado debe estar na aula co toque do timbre, ás 9:00 horas.

III. O alumnado que se incorpore á aula despois do horario sinalado ou non asista a clase recibirá un sms para pór en coñecemento das familias a situación,

NORMAS DE FUNCIONAMENTO DO CENTRO

Page 8: Boletín final nais e pais 2015-2016

retraso ou falta de asistencia.

PERMANENCIA NO CENTRO

I. A finalización dunha clase é determinada pol@ profesor/a responsable; siempre será despois do toque do timbre.

II. O alumnado poderá sair da aula previa autorización d@ profesor/a (este/a evitará que máis dun/ha alumn@ estea fóra da aula).

III. En caso de indisposición momentánea ou doenza, autorizarase ao/á alumn@ a chamar á casa, facilitando este trámite tanto @ docente de garda como a Conserxería.

IV. Cando falte un/ha profesor/a, o grupo permanecerá dentro da aula baixo o coidado d@ docente de garda. Seralle ofrecido material a realizar da materia correspondente.

V. Durante o horario lectivo ningún alumno/a, pode abandonar o centro. Cando un alumno/a se encontre mal ou deba ausentarse por asuntos persoais xustificábeis, pedirá permiso ao Profesorado de Garda, á Xefatura de Estudos ou á Dirección. Só se autorizará o abandono do centro escolar a aquel alumnado que estea acompañado por un familiar maior de idade e presentando o seu DNI. Neste caso, o familiar asinará un impreso, para que quede constancia.

PRINCIPAIS NORMAS DE CONVIVENCIA

A comezo de curso preséntanse e son explicadas as normas básicas de comportamento. Procuramos que non sexan vistas como imposicións, mais como unha necesidade para relacionarnos e convivir unhas con outros sen conflitos. Por isto, insistimos na maneira de non interromper unha clase, é dicir, chamar á porta, pedir permiso para entrar, saudar e despedirse educadamente.

As normas básicas durante as clases serán:

Respectar tanto ao profesor/a como aos compañeirose compañeiras / Sentarse correctamente/ Non comer nin beber / Non sair ao baño sen permiso / Non utilizar gorras /Absterse do uso do móbil ou outros aparatos electrónicos.

O alumnado seguirá as indicacións do profesorado, mostrándolle o máximo respecto tanto na aula como en calquera outro lugar do centro.

Será respectado o dereito ao estudo d@s compañeir@s.

Será Respectado e coidado o conxunto de bens móbeis, o material didáctico, as instalacións do centro, así como as pertenenzas de todas as integrantes da Comunidade Educativa.

O centro non se fai responsábel da perda de teléfonos móbeis o u outros obxectos persoais non indispensábeis para o normal funcionamento da actividade

Page 9: Boletín final nais e pais 2015-2016

académica.

- Aconsellamos o uso da axenda como medio para mellorar a organización do estudo dos seus fillos e fillas, así como para estardes informad@s das tarefas nas distintas materias e datas de exames e/ou entrega de traballos.

AVALIACIÓN NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

LEI LOE: CURSOS ACADÉMICOS 2º E 4º DA ESO.

CHAVES DE CUALIFICACIÓN:

Insuficiente: 0,1,2,3,4, Suficiente : 5, Ben: 6, Notable: 7 ou 8, Sobresaliente: 9 ou 10

Promoción: Promocionará ao curso seguinte o alumnado que teña superadas todas as materias cursadas ou teña avaliación negativa en dúas materias como máximo, e repetirá curso cando teña avaliación negativa en tres ou máis materias. Excepcionalmente, unha vez realizadas as probas extraordinarias, poderá autorizarse a promoción con avaliación negativa en tres materias cando o equipo docente considere que o alumno/a pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorábeis de recuperación e que tal promoción beneficiará a súa evolución académica.

O alumnado poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da Etapa. Excepcionalmente, un alumno/a poderá repetir unha segunda vez cuarto curso se non repetiu nos cursos anteriores da etapa.

Titulación:

O alumnado que ao terminar a Educación Secundaria Obrigatoria teña alcanzado as competencias básicas e os obxectivos da etapa, superando todas as materias, obterá o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Asimesmo, sempre que a xuízo do equipo docente teña alcanzado as competencias básicas e os obxectivos da etapa, poderán obter dito título aqueles alumnos/as que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, teñan finalizado a etapa con avaliación negativa nunha ou dúas materias, e excepcionalmente en tres.

As decisións sobre promoción e titulación de alumnado terán en consideración tanto as materias superadas como as non superadas do propio curso e dos cursos anteriores. A estes efectos as materias de continuidade non superadas en distintos cursos contabilizaranse como materias independientes.

LEI LOMCE: CURSOS ACADÉMICOS 1º E 3º DA ESO.

ARTÍCULO 23: Promoción

As decisións sobre a promoción do alumnado dun curso a outro, dentro da etapa, serán adoptadas de xeito colexiado polo conxunto do profesorado d@ alumn@ respectiv@, atendendo ao logro dos obxectivos da etapa e ao grao de adquisición das competencias correspondentes. Os alumnos e as alumnas terán promoción de curso no caso de superaren todas as

Page 10: Boletín final nais e pais 2015-2016

materias cursadas ou teren avaliación negativa en dúas materias como máximo, e repetirán curso cando teñan avaliación negativa en tres ou máis materias, ou en dúas materias que sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas. De forma excepcional, poderá autorizarse a promoción dun alumno ou unha alumna con avaliación negativa en tres materias cando se dean conxuntamente as seguintes condicións: a) Que dúas das materias con avaliación negativa non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Ma-temáticas. b)Que o equipo docente considere que a natureza das materias con avaliación negativa non lle impide ao alumno ou á alumna seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa. Poderá tamén autorizarse de xeito excepcional a promoción dun alumno ou unha alumna con avaliación negativa en dúas materias que sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas, cando o equipo docente considere que o alumno ou a alumna poden seguir con éxito o curso seguinte, que teñen expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa, e sempre que se lle apliquen ao alumno ou á alumna as medidas de atención educativa propostas no consello orientador

TRIMESTRE ENTREGA DE NOTAS

PRIMEIRO TRIMESTRE 18 de decembro

SEGUNDO TRIMESTRE 18 de marzo

TERCEIRO TRIMESTRE A partir do 22 de xuño a

determinar pola Consellaría de Educación

CALENDARIO ESCOLAR. DÍAS NON LECTIVOS

Día do Pilar: luns, 12 de outubro

Día do Ensino: Venres 30 de outubro.

Día de Pedir (traslado do 1 de novembro): luns, 2 de novembro.

Día da Inmaculada: martes 8 de decembro.

Vacacións de Nadal: do 21 de decembro ao 6 de xaneiro, ambos incluídos.

Día festivo local, san Xulián: Xoves, 7 de xaneiro.

CALENDARIO DE ENTREGA DE NOTAS e DÍAS NON LECTIVOS

Page 11: Boletín final nais e pais 2015-2016

Vacacións de Entroido: luns 8, martes 9 e mércores 10 de febrero.

Vacacións de Semana Santa: do 21 a 28 de marzo, ambos incluídos.

Día festivo local escollido polo centro: Luns 16 de maio.

Día das Letras Galegas: martes 17 de maio.

PROXECTO VOZ NATURA:

Este ano imos traballar nos diferentes niveis do centro temas de educación ambiental, pois temos concedido un proxecto de Voz Natura titulado “Sementando futuro”. Este proxecto está coordinado polo Departamento de Ciencias Naturais, Bioloxía e Xeoloxía xunto co Departamento de Tecnoloxía. O proxecto consta de varias partes perfectamente diferenciadas: Tratamento do lixo, Horto escolar e Invernadoiro Forestal, Rexeneración de Ecosistemas e Aforro enerxético. O curso anterior concedéronnos:

No curso 2013-2014: Primer Premio ao mellor proxecto da provincia de Pontevedra cunha dotación económica de 1500 euros para invertir en actividades.

No curso 2014-2015: Primer Premio ao mellor proxecto de Galicia cunha dotación económica de 5000 euros para invertir en actividades.

A horta está aberta nos recreos dos luns, martes e mércores e funciona co alumnado e profesorado voluntario. Facemos moitas catividades en colaboración co concello e co centro Meco de bata. Aceptamos propostas e colaboración das familias aportando plantas de xardín e de cultivo.

PROXECTO DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES:

A biblioteca forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e tamén na rede de clubs de lectura.

Ofrece diferentes servizos destinados a toda a comunidade escolar: empréstitos formación de usuarios, recomendacións de lecturas, encontros con autores e proxectos e actividades ao longo do curso. Segue as nosas actividades en bibliarousa.blogspot.com.

PROXECTO DAS LINGUAS EXTRANXEIRAS: “PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS”

Neste proxecto participan todas as integrantes do departamentos de Inglés.

Preténdese que o alumnado faga parte no proceso da súa propia aprendizaxe da linguas, participando na elaboración das actividades, na realización e na avaliación.

PROXECTOS EDUCATIVOS QUE SE DESENVOLVEN NO CENTRO

Page 12: Boletín final nais e pais 2015-2016

PROXECTO DE CONVIVENCIA

Toda a Comunidade Educativa está implicada nun Plan de Convivencia que aposta pola xestión pacífica dos conflitos e a mellora progresiva das relacións entre todas as persoas integradas no centro. Para acadar estes obxectivos, ao longo deste curso funcionará, como vén sendo habitual, a Comisión de Convivencia con funcións mediadoras e conciliadoras.

PROXECTO ABALAR

Como sabedes o noso centro é un centro Abalar, o que permite ao noso alumnado de primeiro ciclo da ESO a integración das novas tecnoloxías no seu proceso de ensino-aprendizaxe, contando con tablets individuais e encerado dixital nas suas aulas.

1. FALADE TODOS OS DÍAS CON EL/A da súa experiencia no instituto, preguntádelle polo seu comportamento, clases, amizades, etc. Decídelle, cando se porte ben, o felices que vos sentides polo seu bo comportamento.

2. Organizade e CONTROLADE AS SÚAS TAREFAS DE MANEIRA QUE ADIQUE HORA E MEDIA OU DUAS HORAS AO ESTUDO E AO TRABALLO DE CLASE. SEMPRE HAI TRABALLO (se non hai tarefas, poden repasarse os contidos do día, ler os temas, os libros de lectura das distintas materias, etc.). É moi interesante facer un seguimento continuo das tarefas diarias:

Revisar co seu fillo/a a axenda para saber a tarefa e actividades ou traballos que

ten que realizar nas diferentes materias.

Coñecer as datas dos exames e planificar o tempo de estudo para os mesmos.

Coñecer os resultados que se están a obter.

3. CONTROLADE O TEMPO QUE ADICA AO MÓBIL, ORDENADOR, INTERNET, VER TELEVISIÓN, AOS VIDEOXOGOS, ETC.

4. MANTEDE UN CONTACTO REGULAR CO INSTITUTO a través da tutoría e no vos limitedes ás xuntanzas para as familias. Ás veces non temos moi claro como e cando debemos dirixirnos ao centro educativo onde estudan as nosas crianzas, pero é importante que cada certo tempo nos xuntemos co/a titor/a para intercambiar información e definir obxectivos. O certo é que o contacto periódico co centro é fundamental para que @ seu/súa fill@ aproveite ao máximo as oportunidades educativas que se lle ofrecen.

CONSELLOS PARA AXUDAR A EDUCAR @S VOS@S FILL@S

Page 13: Boletín final nais e pais 2015-2016

5. DADE IMPORTANCIA AO QUE FAI @ VOS@ FILL@ NO INSTITUTO. Coñecede ben as actividades que ten, cal lle gusta máis, cal lle costa especialmente, etc. Recoñecede os seus progresos, melloras e esforzos.

6. En presenza d@ v o s @ f i l l @ , RECOÑECEDE O ESFORZO E O TRABALLO DO PROFESORADO. Ante el/a sempre debe mostrarse de acordo co profesorado, aínda que ás veces non sexa a realidade. Os vosos desacordos tratádeos directamente con nós.

7. PAIS E NAIS DEBEDES ESTAR SEMPRE DE ACORDO N A EDUCACIÓN D@ VOS@ FILL@ e tamén na importancia que ten a EDUCACIÓN no INSTITUTO. Non vos debedes contradicir.

8. CONCEDEDE PREMIOS CANDO O FAI BIEN, PERO TAMÉN SANCIÓNS (NON VIOLENTAS NIN DANINAS) CANDO FALLA NA SÚA CONDUCTA. Falade con el/a e cumpride co prometido. Nunca cedades á chantaxe. Utilizade incentivos e recoñecementos inmediatamente despois de que acontezan as condutas desexábeis. Mostrádevos comprensiv@s e empátic@s con el/a e conseguiredes que estea da vosa parte. Establecede límites, inculcade disciplina e esixide que se cumpra. Decide “NON” cando sexa necesario. Perante unha mala acción, expresade de maneira clara e firme o voso enfado durante breves segundos. Inmediatamente recordádelle que é bo/a e capaz de obrar ben. Nunca debe ser rentábel para @ vos@ fill@ unha mala conduta, ten que deixar que as consecuencias das súas reaccións negativas e a súa falta de control, lle demostren que estaba nun erro. Ademais, neses casos, debedes retirarlle concesións ou privilexios aos que lle dea moito valor e importancia.

9. SEDE UN BO MODELO no comportamento para @ vos@ fill@. Actúade diante del/a como quixérades que el/a se comportase. @S RAPACES/AS IMÍTANOS. Non hai educación humana sen educación moral, sen formación en valores.

10. A mesma convivencia familiar é determinante no futuro d@ vos@ fill@, creando un clima de entendemento e comprensión mutua.