34
21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer- cio interior de Galicia. Exposición de motivos Conforme o artigo 30º.1.4 do Estatuto de autono- mía de Galicia, correspóndelle a esta Comunidade Autónoma a competencia exclusiva en materia de comercio interior, sen prexuízo da política xeral de prezos e da lexislación sobre a defensa da competen- cia, nos termos do disposto nos artigos 38º, 131º e 149º.1.11 e 13 da Constitución española. No tocante a atender as necesidades propias e específicas do sector comercial galego, a Comunida- de Autónoma de Galicia considera conveniente actualizar o marco normativo regulador da activida- de comercial co fin de acadar a modernización, a mellora e o desenvolvemento do sector. En efecto, logo de transcorrer máis de vinte anos desde a aprobación da Lei 10/1988, do 20 de xullo, de ordenación do comercio interior de Galicia, urxe afrontar unha nova regulación desta materia acorde coas necesidades actuais do noso comercio, á vista dos múltiples cambios que este ten experimentado durante estas últimas dúas décadas -principalmente por mor da aparición de novos formatos comerciais e de novas modalidades de venda-, que sitúan a nosa estrutura comercial cunha dotación de equipamento comercial moi diferente á daquel momento. Por outra banda, a aprobación da Directiva 2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Conse- llo, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mer- cado interior da Unión Europea, supuxo unha trans- formación dos mecanismos legais que rexen o mer- cado interior, coa finalidade de garantir que tanto os provedores coma os destinatarios dos servizos se beneficien das liberdades fundamentais que consa- gran os artigos 49º e 56º do Tratado de funcionamen- to da Unión Europea: a liberdade de establecemen- to e a liberdade de prestación de servizos. Por isto, a directiva estableceu o principio de sim- plificación administrativa, a eliminación dos obstá- culos nas actividades de servizos e a promoción, por unha parte, da confianza recíproca entre os estados membros da Unión Europea e, por outra, a confian- za das persoas provedoras e das consumidoras no mercado interior. Con data do 22 de decembro de 2009 o Parlamen- to de Galicia aprobou a Lei 7/2009, de modificación da Lei 10/1988, do 20 de xullo, de comercio interior de Galicia, co obxectivo de traspoñer parcialmente os mandatos da directiva. Non obstante, o carácter parcial da modificación e a necesidade de afrontar unha actualización integral da normativa comercial esixen a aprobación dunha nova Lei de comercio que dea resposta ás novas rea- lidades xurdidas nos últimos tempos, así como ás necesidades das persoas comerciantes, garantindo a debida protección das persoas consumidoras e usua- rias. Nesta conxuntura, faise así imprescindible unha nova lexislación que garanta un futuro desenvolve- mento comercial en termos non agresivos para o necesario equilibrio territorial e que resulte non lesiva para a estrutura comercial existente. Neste sentido, esta lei xorde co obxecto de acadar unha verdadeira vertebración do sector, coa introdu- ción das medidas axeitadas para a súa consolidación e mellora e, sobre todo, dirixidas a ordenar e equili- brar o comercio interior de Galicia, conforme as súas necesidades e características específicas. Ao longo da historia, o comercio representou e segue a representar un elemento conformador dos nosos contornos urbanos, que busca o necesario equilibrio entre todos os formatos comerciais. Por isto, cómpre ordenar a actividade comercial tanto no casco urbano coma na periferia, buscando a adapta- ción da dotación comercial á necesaria ordenación territorial, preservando e fortalecendo o sistema urbano tradicional das nosas vilas e cidades e mais protexendo o medio ambiente. Por outro lado, os principios que deben presidir os nosos mercados, como o da necesaria transparencia, a defensa da competencia e a adecuada protección das persoas consumidoras, están presentes en toda a regulamentación comercial contida neste texto legal. En definitiva, todos os aspectos sinalados redun- dan na necesidade dunha nova normativa clara e pre- cisa pola que se deben rexer os operadores do sector, respectuosa, ao mesmo tempo, cos intereses e coas necesidades das persoas consumidoras e usuarias, que sirva de canle para unha axeitada coordinación e cooperación entre as distintas administracións públi- cas con competencias en materia de comercio e que remate coa actual dispersión normativa. A lei estrutúrase en oito títulos -divididos en capí- tulos- integrados por cento dezasete artigos, dúas disposicións transitorias, unha disposición derroga- toria e seis disposicións derradeiras. Entrando na análise da estrutura anteriormente exposta da lei, o título I contén disposicións de carác- ter xeral, comezando, nos seus dous primeiros capítu- los, por definir o seu obxecto e ámbito de aplicación - con expresión daquelas actividades que quedan excluí- das-, así como a distinción entre as diversas clases de actividade comercial. Así mesmo, explicítanse cales son os principios informadores ou reitores de todo o texto legal, entre os que se sinala o desenvolvemento equilibrado e sustentable das actividades comerciais no ámbito de Galicia, a modernización do tecido comer- cial galego, o fomento do asociacionismo, o respecto

I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio interior de Galicia.

Exposición de motivos

Conforme o artigo 30º.1.4 do Estatuto de autono-mía de Galicia, correspóndelle a esta ComunidadeAutónoma a competencia exclusiva en materia decomercio interior, sen prexuízo da política xeral deprezos e da lexislación sobre a defensa da competen-cia, nos termos do disposto nos artigos 38º, 131º e149º.1.11 e 13 da Constitución española.

No tocante a atender as necesidades propias eespecíficas do sector comercial galego, a Comunida-de Autónoma de Galicia considera convenienteactualizar o marco normativo regulador da activida-de comercial co fin de acadar a modernización, amellora e o desenvolvemento do sector.

En efecto, logo de transcorrer máis de vinte anosdesde a aprobación da Lei 10/1988, do 20 de xullo,de ordenación do comercio interior de Galicia, urxeafrontar unha nova regulación desta materia acordecoas necesidades actuais do noso comercio, á vistados múltiples cambios que este ten experimentadodurante estas últimas dúas décadas -principalmentepor mor da aparición de novos formatos comerciais ede novas modalidades de venda-, que sitúan a nosaestrutura comercial cunha dotación de equipamentocomercial moi diferente á daquel momento.

Por outra banda, a aprobación da Directiva2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Conse-llo, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mer-cado interior da Unión Europea, supuxo unha trans-formación dos mecanismos legais que rexen o mer-cado interior, coa finalidade de garantir que tanto osprovedores coma os destinatarios dos servizos sebeneficien das liberdades fundamentais que consa-gran os artigos 49º e 56º do Tratado de funcionamen-to da Unión Europea: a liberdade de establecemen-to e a liberdade de prestación de servizos.

Por isto, a directiva estableceu o principio de sim-plificación administrativa, a eliminación dos obstá-culos nas actividades de servizos e a promoción, porunha parte, da confianza recíproca entre os estadosmembros da Unión Europea e, por outra, a confian-za das persoas provedoras e das consumidoras nomercado interior.

Con data do 22 de decembro de 2009 o Parlamen-to de Galicia aprobou a Lei 7/2009, de modificaciónda Lei 10/1988, do 20 de xullo, de comercio interiorde Galicia, co obxectivo de traspoñer parcialmenteos mandatos da directiva.

Non obstante, o carácter parcial da modificación ea necesidade de afrontar unha actualización integral

da normativa comercial esixen a aprobación dunhanova Lei de comercio que dea resposta ás novas rea-lidades xurdidas nos últimos tempos, así como ásnecesidades das persoas comerciantes, garantindo adebida protección das persoas consumidoras e usua-rias.

Nesta conxuntura, faise así imprescindible unhanova lexislación que garanta un futuro desenvolve-mento comercial en termos non agresivos para onecesario equilibrio territorial e que resulte nonlesiva para a estrutura comercial existente.

Neste sentido, esta lei xorde co obxecto de acadarunha verdadeira vertebración do sector, coa introdu-ción das medidas axeitadas para a súa consolidacióne mellora e, sobre todo, dirixidas a ordenar e equili-brar o comercio interior de Galicia, conforme as súasnecesidades e características específicas.

Ao longo da historia, o comercio representou esegue a representar un elemento conformador dosnosos contornos urbanos, que busca o necesarioequilibrio entre todos os formatos comerciais. Poristo, cómpre ordenar a actividade comercial tanto nocasco urbano coma na periferia, buscando a adapta-ción da dotación comercial á necesaria ordenaciónterritorial, preservando e fortalecendo o sistemaurbano tradicional das nosas vilas e cidades e maisprotexendo o medio ambiente.

Por outro lado, os principios que deben presidir osnosos mercados, como o da necesaria transparencia,a defensa da competencia e a adecuada proteccióndas persoas consumidoras, están presentes en toda aregulamentación comercial contida neste texto legal.

En definitiva, todos os aspectos sinalados redun-dan na necesidade dunha nova normativa clara e pre-cisa pola que se deben rexer os operadores do sector,respectuosa, ao mesmo tempo, cos intereses e coasnecesidades das persoas consumidoras e usuarias,que sirva de canle para unha axeitada coordinación ecooperación entre as distintas administracións públi-cas con competencias en materia de comercio e queremate coa actual dispersión normativa.

A lei estrutúrase en oito títulos -divididos en capí-tulos- integrados por cento dezasete artigos, dúasdisposicións transitorias, unha disposición derroga-toria e seis disposicións derradeiras.

Entrando na análise da estrutura anteriormenteexposta da lei, o título I contén disposicións de carác-ter xeral, comezando, nos seus dous primeiros capítu-los, por definir o seu obxecto e ámbito de aplicación -con expresión daquelas actividades que quedan excluí-das-, así como a distinción entre as diversas clases deactividade comercial. Así mesmo, explicítanse calesson os principios informadores ou reitores de todo otexto legal, entre os que se sinala o desenvolvementoequilibrado e sustentable das actividades comerciaisno ámbito de Galicia, a modernización do tecido comer-cial galego, o fomento do asociacionismo, o respecto

Page 2: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.103DIARIO OFICIAL DE GALICIA

dos dereitos e intereses das persoas consumidoras e aadaptación da dotación comercial á necesaria ordena-ción territorial e urbanística.

Neste título tamén se tratan as condicións xeraispara o exercicio da actividade comercial, así comoaqueles aspectos que son obxecto de ordenaciónadministrativa. En concreto, sinálase que a ordena-ción administrativa da actividade comercial terá porobxecto o réxime de horarios comerciais, a autoriza-ción comercial previa daqueles establecementoscuxa implantación teña unha incidencia supramuni-cipal polas súas repercusións urbanísticas, medioam-bientais e territoriais, o réxime de determinadas acti-vidades promocionais e vendas especiais e mais ainspección, información e vixilancia sobre a activi-dade e os establecementos comerciais de Galicia.Así mesmo, recóllese que a política comercial terácomo obxecto a modernización e a racionalizacióndo sector obedecendo a razóns de interese xeral.

Por outra banda, e para os meros efectos estatísti-cos, créase o Rexistro Galego de Comercio, adscritoá dirección xeral competente en materia de comer-cio, co propósito de contar cun censo actualizadodos establecementos e das asociacións comerciaisde Galicia que permita un maior acerto na toma dedecisións. Polo tanto, o Rexistro Galego de Comer-cio é necesario para os efectos de contar cos datosestatísticos precisos que permitan a adopción dedecisións acertadas por parte da administración, nondiscriminatorio, posto que se aplica por igual a todosos establecementos comerciais situados no territorioda Comunidade Autónoma de Galicia, e proporcio-nal, non existindo outro instrumento máis axeitadoque permita acadar o obxectivo estatístico proposto.Por outro lado, o rexistro terá un efecto de simplifi-cación administrativa, evitándolles aos establece-mentos, nas súas relacións coa administración, acre-ditar datos que xa consten no rexistro.

Regúlanse, así mesmo, no capítulo III deste títulomaterias de relevancia para o comercio, como ascondicións da oferta e o réxime dos prezos dos pro-dutos e a garantía e a custodia dos artigos, co fin delles prestar unha adecuada protección ás persoasconsumidoras e para maior seguranza no sector, asícomo para introducir criterios de maior transparen-cia nos mercados, que redundará tamén nunha maiorgarantía para a defensa da competencia. Todo isto,dentro dos límites constitucionais e estatutarios queconfiguran as competencias na materia, así comodentro do marco que establecen as correspondentesdirectivas europeas aplicables.

O capítulo V deste título I está dedicado á regula-ción do Observatorio do Comercio de Galicia comoórgano consultivo, asesor, de participación, de estu-do e formación en materia de comercio. Á vista dogran dinamismo do sector comercial e do caráctereminentemente técnico desta materia, resulta moinecesario contar con recursos materiais e humanos

que permitan unha adecuada formación e informa-ción, tanto para a propia Administración públicagalega coma para o propio tecido comercial.

Adscrito ao Observatorio do Comercio de Galiciacréase o Consello Galego de Comercio, que, concarácter consultivo, se configura como un órganocolexiado de participación, asesoramento e colabo-ración coa Administración pública galega na orde-nación da actividade comercial, e será o instrumen-to que garantirá e defenderá os intereses xerais queterán que presidir a acción administrativa en mate-ria de política comercial, os proxectos normativos deordenación do comercio e da actividade comercial e,en xeral, calquera proxecto da Administraciónpública galega destinado ao fomento e á mellora dotecido comercial. Para os efectos de emitir os infor-mes que se soliciten en relación coa autorizaciónprevia comercial, o Consello Galego de Comercioconstituirase en Comisión Consultiva, da que nonformarán parte os axentes económicos do consello.

Finalmente, créase en cada concello a Mesa Localde Comercio, que actuará como órgano colexiado departicipación, coordinación, cooperación e colabora-ción entre as distintas administracións públicas daComunidade Autónoma de Galicia e os distintosaxentes comerciais.

O título II regula os establecementos comerciaisestablecendo o seu concepto e a súa clasificación.Así, defínese de forma clara e precisa o que seentende legalmente por establecemento comercial,as súas clases -introdúcese o concepto de «estable-cemento colectivo» e de «centro comercial aberto»-e a súa variada tipoloxía, así como outros conceptosbásicos, como o de «superficie de venda e exposi-ción ao público».

Abórdase o réxime legal dos establecementos comer-ciais, especialmente no que se refire aos requisitospara a súa apertura, sinalando a necesidade de que oplaneamento xeral de ordenación municipal ordene osusos comerciais do solo do respectivo concello garan-tindo unha protección dos contornos urbanos que ase-gure a necesaria accesibilidade de toda a poboaciónaos establecementos comerciais e protexendo o medioambiente, o patrimonio e a paisaxe do territorio.

A lei mantén en liñas xerais o réxime de autoriza-ción comercial autonómica introducido pola Lei7/2009, do 22 de decembro, de modificación da Lei10/1988, do 20 de xullo, de ordenación do comerciointerior de Galicia, concretando aspectos como oconcepto de superficie útil de exposición e venda ouo concepto de incidencia supramunicipal, identifi-cado, segundo reiterada doutrina, con aqueles esta-blecementos que teñan unha superficie útil de expo-sición e venda de máis de 2.500 metros cadrados.

A devandita autorización comercial autonómicaxustifícase así na necesidade de protección dos con-tornos urbanos históricos, evitando o proceso de des-

Page 3: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.104 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

poboamento dos núcleos urbanos, na protección domedio ambiente e do patrimonio histórico-artísticode Galicia e mais na mellora da calidade de vida daspersoas. A autorización autonómica só será outorga-da naqueles supostos que garantan de xeito absolu-to a adopción de medidas para a protección domedio ambiente, de conservación do patrimonio his-tórico-artístico de Galicia e de mellora da calidadede vida das persoas.

O réxime establecido respecta a autonomía localconstitucionalmente garantida, limitando a interven-ción autonómica a supostos de incidencia supramuni-cipal e garantindo a proporcionalidade e a non discri-minación entre empresas, con independencia da súanacionalidade, procedencia, características ou forma-to. Por isto, introdúcese como novidade, con respectoao réxime anterior, a distinción entre establecementocomercial individual ou colectivo, suxeitando ambosos formatos ao mesmo sistema de autorización.

Por outra banda, sinálanse os criterios técnicos eobxectivos de interese xeral que servirán de basepara a análise e a concesión, de ser o caso, da corres-pondente autorización comercial autonómica.

O título III desta lei refírese á regulación dos hora-rios comerciais, remitíndonos á lei específica daComunidade Autónoma de Galicia nesta materia;refírese, polo tanto, á Lei 13/2006, do 27 de decem-bro, de horarios comerciais de Galicia.

O título IV regula as actividades comerciais depromoción de vendas, procedendo á súa definición eclasificación. Concretamente, a lei considera activi-dades comerciais de promoción de vendas as vendasen rebaixas, as vendas de saldos, as vendas en liqui-dación, as vendas con desconto, as vendas con obse-quio e as vendas directas realizadas por fabricanteou por comerciante por xunto. O devandito títulorecolle unhas normas xerais aplicables a este tipo devendas e posteriormente procede a unha delimita-ción e regulación exhaustiva dunhas e outras. É desalientar, en canto á duración do período de rebaixas,que este queda fixado nun mínimo dunha semana enun máximo de dous meses, de forma continuada.

O título V establece as modalidades especiais devenda, considerándose como tales aquelas que nonson realizadas nun establecemento comercial abertoao público de maneira permanente, e, especialmen-te, as vendas a domicilio, as vendas a distancia, asvendas automáticas, as vendas ambulantes, as ven-das en poxa pública e as vendas ocasionais. Sinála-se que os comerciantes que exerzan a venda a dis-tancia ou estean domiciliados no territorio de Gali-cia deberanllo comunicar á sección desta modalida-de de venda do Rexistro Xeral de Comercio dadirección xeral competente en materia de comerciointerior da Xunta de Galicia.

Así mesmo, regúlanse as prácticas especiais devenda. Neste sentido, convén subliñar a prohibiciónda venda piramidal e a venda á perda.

O título VI fai referencia á actividade comercial enréxime de franquía, establecéndose como requisitobásico para aquelas persoas físicas ou xurídicas quepretendan realizar en territorio galego esta activida-de -e teñan o seu domicilio social ou delegación ourepresentación en Galicia- a comunicación á secciónde franqueadores e franqueadoras do Rexistro Xeralde Comercio.

O título VII remite a regulación das actividadesfeirais ao disposto na lexislación específica da mate-ria, así como ao disposto no artigo 94º deste corpolegal en materia de feiras de oportunidades.

En efecto, como novidade, regúlanse neste títuloas chamadas «feiras de oportunidades» como aque-las de carácter multisectorial promovidas por comer-ciantes con establecemento fixo ou polas súas estru-turas asociativas e realizadas fóra dos seus respecti-vos establecementos comerciais en lugares donúcleo urbano habilitados para o efecto. Terán unhaduración máxima de tres días, realizándose unha aoano, agás motivos excepcionais previamente acredi-tados e autorizados pola dirección xeral competenteen materia de comercio. Establécese que as dúasterceiras partes dos comerciantes participantesdeberán exercer a súa actividade no propio concelloou comarca, segundo o ámbito territorial da feira deoportunidades. Este precepto non supón ningúnréxime discriminatorio, posto que só os comercian-tes con establecemento fixo poden participar nas fei-ras de oportunidades, por isto a esixencia de quedous terzos pertenzan ao ámbito territorial da feirade oportunidades, non prohibindo a participación deestablecementos comerciais fixos doutras localida-des.

O título VIII regula a inspección e o réxime deinfraccións e de sancións en materia de comerciointerior e prevé a creación de prazas de inspectoresde comercio, que deberán ser necesariamentecubertas por funcionarios do corpo de xestión daXunta de Galicia.

A lei conclúe coas correspondentes disposiciónstransitorias, derrogatoria e derradeiras, que facultano Goberno galego para ditar as disposicións quesexan precisas para a súa aplicación e desenvolve-mento e mais para actualizar os importes das san-cións nela establecidos.

O texto do anteproxecto de lei foi sometido ao pre-ceptivo ditame do Consello Económico e Social deGalicia.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia apro-bou e eu, de conformidade co artigo 13º.2 do Estatu-to de Galicia e co artigo 24º da Lei 1/1983, do 23 defebreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

Page 4: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.105DIARIO OFICIAL DE GALICIA

promulgo en nome de El-Rei a Lei do comercio inte-rior de Galicia.

TÍTULO I

DISPOSICIÓNS XERAIS

CAPÍTULO I

OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN

Artigo 1º.-Obxecto.

É obxecto desta lei o establecemento dun marcoxurídico para o desenvolvemento da actividadecomercial en Galicia coa finalidade de fomentar,ordenar administrativamente, racionalizar, moderni-zar e mellorar a actividade do sector.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

1. Esta lei será aplicable ás actividades comerciaisrealizadas por comerciantes no ámbito territorial daComunidade Autónoma de Galicia.

Son comerciantes, para os efectos do disposto nes-ta lei, as persoas físicas ou xurídicas, públicas ouprivadas, que realizan de forma habitual e eventualactividades de mediación comercial entre a produ-ción e o consumo no mercado.

2. Quedan excluídas do ámbito de aplicación des-ta lei aquelas actividades comerciais que, por razóndo seu obxecto ou natureza, estean sometidas a uncontrol específico por parte dos poderes públicos oua unha regulamentación específica, sen prexuízo daaplicación supletoria desta lei. En todo caso, quedanexcluídos do seu ámbito de aplicación:

a) Os servizos de carácter financeiro, de transpor-te e de seguros.

b) Os servizos de aloxamento, cafetarías, bares, res-taurantes e hostalaría, en xeral.

c) Os servizos de reparación, mantemento e asis-tencia técnica, sempre que non vaian asociados ávenda, con carácter ordinario ou habitual.

d) O exercicio de profesións liberais e colexiadas.

e) Os servizos prestados por empresas de ocio eespectáculos, tales como cinemas, teatros, circos,ludotecas, parques infantís ou similares. O anteditonon obsta á suxeición a esta lei das vendas realiza-das nas súas instalacións ou anexos, sempre queestas se desenvolvan en zonas de libre acceso.

3. As entidades cooperativas ou outras formas xurí-dicas análogas estarán obrigadas a distinguir entre aoferta dirixida aos socios da que teña como destinata-rio o público en xeral, estando esta última sometida aesta lei. En todo caso, cando a oferta a ambos os des-tinatarios non apareza rigorosamente diferenciada,será aplicable esta lei.

Artigo 3º.-Fins e principios reitores.

Esta lei rexerase polos seguintes fins e principios:

a) A actividade comercial en Galicia desenvolve-rase conforme os principios que informan a planifi-cación económica xeral do Estado, dentro dun mar-co de economía de mercado e libre e leal competen-cia, así como do respecto ás normas vixentes queregulan a competencia en Galicia, sen prexuízo dasdeterminacións contidas nesta lei e nas disposiciónsque a desenvolvan e daquelas normas que regulen aactividade comercial.

b) Un desenvolvemento equilibrado e sustentabledas actividades comerciais no ámbito de Galicia.

c) O fomento do asociacionismo.

d) A modernización do tecido comercial galego.

e) O respecto dos dereitos e dos intereses das per-soas consumidoras e usuarias.

f) A adaptación da dotación comercial á necesariaordenación urbanística, coa preservación e o fortale-cemento do sistema urbano tradicional das nosasvilas e cidades, co fin de asegurar unha adecuadaprotección dos contornos urbanos e do medioambiente, dentro dun obxectivo de cohesión socialque coadxuve na igualdade entre os cidadáns e ascidadás, que reduza a mobilidade e evite despraza-mentos innecesarios.

g) A promoción da igualdade de oportunidades e aformación técnica e profesional das persoas comer-ciantes e traballadoras do sector comercial, así comoo respecto dos dereitos laborais en xeral e das nor-mas en materia de prevención de riscos laborais enparticular. O establecemento de instrumentos queaseguren a necesaria transparencia, obxectividade eigualdade de oportunidades e de trato para os diver-sos axentes económicos; a defensa da leal competen-cia e das persoas consumidoras, co fin de asegurar alegalidade da actuación administrativa, así como osometemento desta aos fins que a xustifican.

CAPÍTULO II

DA ACTIVIDADE COMERCIAL

Artigo 4º.-Concepto e clases.

1. Para os efectos desta lei, enténdese por:

a) Actividade comercial: a realizada por comer-ciantes, ben por conta propia ou allea, consistenteno ofrecemento ou na colocación no mercado de pro-dutos, naturais ou elaborados, susceptibles de trán-sito comercial, así como os servizos que de tal acti-vidade deriven.

b) Actividade comercial retallista ou polo miúdo: aadquisición de produtos ou mercadorías e a súa ven-da ao consumidor final, incluíndo a prestación daque-les servizos derivados de tal actividade. Igualmente,

Page 5: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.106 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

posuirá este carácter a venda realizada polos artesánsrespecto dos seus produtos no seu propio taller.

c) Actividade comercial por xunto: a adquisiciónde produtos ou mercadorías e a súa venda a outroscomerciantes ou empresarios, industriais, empresa-rios que non constitúan consumidores finais,incluíndo a prestación daqueles servizos que deri-ven de tal actividade.

2. Non se modificarán as cualificacións de activi-dade comercial por xunto ou retallista anteriormen-te descritas por concorrer un eventual sometementoda mercadoría a procesos de transformación, mani-pulación, tratamento ou acondicionamento quesexan habituais no comercio.

Artigo 5º.-Condicións xerais para o exercicio daactividade comercial.

1. Poderán exercer a actividade comercial as per-soas físicas e xurídicas que, conforme a lexislaciónvixente, posúan a capacidade xurídica precisa e acondición de comerciante que establece a lexisla-ción mercantil e cumpran cos requisitos contidosnesta lei.

2. Só poderá realizarse, simultaneamente, a activi-dade comercial por xunto e retallista nun mesmolocal se ambas as actividades son levadas a cabo enseccións diferenciadas, adecuadamente sinalizadase rotuladas, para público e notorio coñecemento daspersoas consumidoras, e con observación e cumpri-mento das normas aplicables, relativas a cada unhadestas modalidades de distribución.

3. Para o exercicio de calquera actividade comer-cial son elementos necesarios:

a) Acreditar, de ser o caso, o cumprimento dosrequisitos específicos e das garantías que sexan esi-xidas pola lexislación vixente, para a venda dedeterminados produtos ou a prestación de determi-nados servizos.

b) Ter cumpridas as obrigas correspondentes, deser o caso, en materia de Seguridade Social e enmateria tributaria.

c) Estar dado ou dada de alta na epígrafe ou nas epí-grafes do imposto de actividades económicas que corres-ponda coa actividade comercial que se desenvolve.

d) Dispoñer das autorizacións, dos permisos ou daslicenzas ou facer as comunicacións previas ou asdeclaracións responsables establecidas legalmentepor calquera administración pública que teña atri-buída tal competencia.

e) No caso de estranxeiros, non nacionais doutroEstado membro da Unión Europea, acreditar o cum-primento da normativa específica vixente.

4. O exercicio da actividade comercial levarase acabo con rigoroso respecto aos dereitos lingüísticosrecollidos no artigo 5º do Estatuto de autonomía para

Galicia. Ninguén poderá ser discriminado ou atendi-do incorrectamente por razón da lingua empregada.Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso nor-mal dos dous idiomas.

Artigo 6º.-Prohibicións e restricións ao exercicio daactividade comercial.

1. Non poderán exercer a actividade comercial aspersoas físicas e xurídicas ás que lles estea especi-ficamente prohibido pola normativa vixente.

2. Prohíbese expresamente a exposición e a venda demercadorías á persoa consumidora cando estas prove-ñan de persoas físicas e xurídicas cuxa actividade sexadistinta á comercial. A devandita prohibición serallesespecialmente aplicable a aquelas entidades que,como consecuencia da actividade que lles é propia,teñan como finalidade principal a realización de prés-tamos, depósitos ou operacións de análoga natureza,adheridas á oferta comercial da mercadoría, de tal for-ma que unha non se poida facer efectiva sen a outra.

En todo caso, presumirase a existencia destasactuacións no suposto de que a persoa consumidorapoida realizar pedidos ou adquirir mercadorías nosestablecementos daquelas.

3. A infracción ao disposto na alínea anterior serásancionable consonte o establecido nesta lei, conindependencia das responsabilidades derivadas, deser o caso, da respectiva lexislación especial e senprexuízo da improcedencia de que un mesmo feitosexa obxecto dunha dobre sanción administrativa.

Artigo 7º.-Ordenación administrativa da activida-de comercial.

1. A ordenación administrativa da actividadecomercial terá por obxecto:

a) O réxime dos horarios comerciais.

b) A autorización comercial previa daqueles esta-blecementos cuxa implantación teña unha inciden-cia supramunicipal polas súas repercusións urbanís-ticas, medioambientais e territoriais.

c) O réxime das actividades promocionais.

d) O réxime e a autorización de vendas especiais.

e) A inspección, a información e a vixilancia sobre aactividade e os establecementos comerciais de Galicia.

f) Calquera outra actividade que legalmente poidaestablecerse.

2. O Goberno galego, a través da consellaría compe-tente en materia de comercio, desenvolverá unhapolítica de reforma das estruturas comerciais encami-ñada á modernización e á racionalización do sector.

Artigo 8º.-Rexistro Galego de Comercio.

1. Para os sós efectos estatísticos e co propósito decrear un censo actualizado de establecementos

Page 6: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.107DIARIO OFICIAL DE GALICIA

comerciais de Galicia, créase o Rexistro Galego deComercio, adscrito á dirección xeral competente enmateria de comercio, que ten por obxecto a inscri-ción dos establecementos comerciais da Comunida-de Autónoma de Galicia, así como das asociaciónscomerciais por eles constituídas. Regulamentaria-mente determinaranse as seccións que integren esterexistro, así como a forma e os datos requiridos paralevar a cabo a devandita inscrición.

2. O Rexistro Galego de Comercio será público e ainscrición nel é gratuíta, e considerada condiciónindispensable para optar a calquera das liñas deaxuda convocadas pola Administración da Comuni-dade Autónoma ou para participar activamente nosprogramas específicos.

3. Para os efectos da inscrición no Rexistro Gale-go de Comercio, os concellos da Comunidade Autó-noma de Galicia remitiranlle á dirección xeral com-petente en materia de comercio extracto dos acordosdos seus órganos de goberno relativos ás licenzas deapertura de establecementos comerciais outorgadasou, de ser o caso, ás comunicacións previas oudeclaracións de responsabilidade recibidas, asícomo a súa modificación.

A inscrición das asociacións de comerciantes asícomo a comunicación da variación dos datos exis-tentes no rexistro realizaraas a propia asociación noprazo de tres meses a partir da súa constitución oudo feito que motive a variación.

A inscrición na sección de vendedores ambulantesrealizarase con carácter previo ao inicio da súa acti-vidade, consonte o disposto no artigo 73º desta lei. Avariación de datos que figuren inscritos no rexistrocomunicaraa a propia persoa vendedora no prazo detres meses, contados a partir do feito que motive avariación.

Voluntariamente, calquera comerciante poderáinstar a súa inscrición no Rexistro Galego de Comer-cio, mediante a acreditación dos correspondentesdatos.

CAPÍTULO III

CONDICIÓNS DA OFERTA, PREZOS E GARANTÍAS

Artigo 9º.-Condicións da oferta.

1. O exercicio da actividade comercial estarásuxeito ás condicións que integren a oferta de bensno mercado e á normativa reguladora da presenta-ción e da etiquetaxe destes. Os produtos deberánlevar incorporada canta información sexa legalmen-te esixible e axeitada para o coñecemento destes, osriscos da súa utilización e, se for o caso, as condi-cións especiais para a súa adquisición.

2. As persoas comerciantes non poderán limitar acantidade de artigos que poidan ser adquiridos porcada comprador, nin establecer prezos máis eleva-dos ou suprimir reducións ou incentivos para as

compras que superen un determinado volume. Parao caso de que non se indique expresamente, de for-ma visible para a persoa compradora, o númeroexacto de existencias que abarque a oferta, oscomerciantes estarán obrigados a ofrecer un produtode iguais ou superiores características e calidadesao ofertado, durante todo o tempo que dure o perío-do de oferta anunciado.

3. Só excepcionalmente, a administración públicacompetente na materia, e sempre por motivos deinterese público, poderá limitar a cantidade de arti-gos que poden ser adquiridos por cada comprador.

Artigo 10º.-O prezo dos produtos e dos servizos.

1. O prezo dos produtos e dos servizos será o fixa-do libremente polas persoas oferentes, sen máislimitacións que as impostas pola lexislación vixenteen materia de prezos e marxes comerciais e de pro-tección da libre competencia.

2. En todo caso, os prezos dos produtos, así comoa súa exhibición ao público, deberán cumprir o dis-posto na normativa ditada para a protección das per-soas consumidoras e usuarias.

3. Os produtos expostos para a súa comercializa-ción estarán marcados co seu prezo de forma inequí-voca e doadamente identificable. Os prezos dos arti-gos expostos nos escaparates resultarán visibles des-de o exterior. Todos os establecementos que llespresten servizos aos usuarios exhibirán ao públicode forma perfectamente visible os prezos aplicablesa estes.

A consellaría competente en materia de comerciopoderá establecer excepcións ou condicións espe-ciais na información de prezos por motivos de segu-ranza ou derivados da natureza do produto ou servi-zo.

4. Nos produtos que se vendan a granel indicaraseo prezo da unidade de medida. Aqueles produtosque habitualmente se vendan a granel e se presen-ten á venda en cantidades ou volumes preestableci-dos expoñeranse á venda con indicación do prezopor unidade de medida habitual, a medida do produ-to e o prezo resultante.

5. O prezo de venda anunciado entenderase comoo total do produto ou do servizo adquirido ao conta-do, incluídos todos os tributos aplicables.

6. Se na marcaxe do prezo dun produto existirendous ou máis prezos diferentes, a persoa comercian-te estará obrigada a vender ao prezo máis baixo dosexhibidos.

7. A persoa comerciante explicitará por escrito nazona de caixa de forma visible para a persoa consu-midora os medios de pagamento admitidos, así comoa posibilidade ou non da devolución do produto.Esta información así como o prazo para facer efecti-va a posible devolución deberán figurar igualmente

Page 7: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.108 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

no tícket de compra. Para o caso de ser admitida adevolución, procederase, por opción da persoacomerciante, ao reembolso do importe ou ao outorga-mento dun vale sen caducidade ou documento acre-ditativo da débeda sen caducidade polo importecorrespondente. Esta última información taméndeberá ser explicitada por escrito de forma visiblepara a persoa consumidora.

8. Nas vendas a prazo, a persoa comerciante debe-rá, en todos os casos, incluída a publicidade, infor-mar a persoa compradora do importe de cada prazo,do número deles, da periodicidade dos pagamentos edo prezo total resultante. Nos supostos en que o refe-rido anteriormente implique a concertación dun cré-dito, o tipo de xuro aplicado expresarase de acordoco disposto na lexislación correspondente.

9. En todos aqueles casos nos que a entrega totalou parcial de produtos ou a prestación de servizoscomplementarios sexa diferida a un momento poste-rior ao estipulado no contrato, a persoa comerciantedeberá estender factura ou documento substitutivo,e fará constar as prestacións endebedadas e a partedo prezo que recibise.

10. Naqueles supostos nos que a venda dun produ-to se ofreza á persoa compradora ou usuaria a travésdunha técnica calquera de comunicación a distanciae dentro dun sistema de contratación a distanciaorganizado pola persoa vendedora, a informacióndeberá incluír, alén do prezo, incluídos todos osimpostos, o importe dos gastos de entrega e de trans-porte e dos posibles gastos de devolución, se for ocaso. Así mesmo, informarase a persoa usuaria daforma de pagamento e do sistema de reembolso.

Os prezos anunciados serán esixibles polas per-soas usuarias aínda cando non se correspondan cosque figuren no contrato subscrito ou na factura ou ocomprobante recibidos, e non poderá ser aplicadoun prezo superior ao anunciado.

11. A regulamentación contida nas alíneas ante-riores entenderase sen prexuízo do establecido res-pecto das actividades de promoción de vendas dotítulo IV desta lei.

Artigo 11º.-Dereito de desistimento.

1. Cando no exercicio dun dereito previamenterecoñecido se proceda á devolución dun produto, apersoa compradora non terá a obriga de indemnizara persoa vendedora polo desgaste ou a deterioracióndel debido exclusivamente á súa proba para tomarunha decisión sobre a súa adquisición definitiva senalterar as condicións do produto no momento daentrega. Prohíbeselle á persoa vendedora exixir anti-cipo de pagamento ou prestación de garantías, inclu-so a aceptación de efectos que garantan un eventualresarcimento no seu favor para o caso de que sedevolva a mercadoría.

2. De non se ter fixado o prazo dentro do cal a per-soa compradora poderá desistir do contrato, aquelserá de sete días naturais.

3. Nos supostos de desistimento da persoa compra-dora e correspondente devolución do produto proce-derase, por opción da persoa comerciante anunciadapreviamente nos termos da alínea 7 do artigo 10ºdesta lei, ao reembolso do importe ou ao outorga-mento dun vale sen caducidade ou documento acre-ditativo da débeda sen caducidade polo importecorrespondente.

Artigo 12º.-Vendas á perda.

1. Prohíbese a venda á perda, agás nos seguintessupostos:

a) Que quen a realice teña por obxecto acadar osprezos dunha ou varias persoas competidoras concapacidade para afectaren significativamente as súasvendas.

b) Que se trate de produtos perecedoiros en dataspróximas á súa inutilización.

c) Que se realice no marco dunha venda de saldosou dunha venda en liquidación reguladas nos capí-tulos III e IV do título IV desta lei.

2. Para os efectos do disposto na alínea 1 desteartigo, considérase que existe venda á perda cando oprezo aplicado a un produto sexa inferior ao deadquisición segundo a factura, deducida a parte pro-porcional dos descontos que figuren nesta, ou ao dereposición se este é inferior a aquel ou ao custo efec-tivo de produción, de ser o artigo fabricado pola pro-pia persoa comerciante, incrementados nas cotasdos impostos indirectos que graven a operación.

As facturas entenderanse aceptadas en todos osseus termos e recoñecidas polos seus destinatarios edestinatarias, cando non fosen motivo de obxecciónno prazo dos vinte e cinco días seguintes á súa remi-sión. No suposto de non seren conformes, disponsesobre a anterior dun prazo adicional de dez días paraa súa reparación e nova remisión da correspondentefactura rectificada. Para os efectos do establecidoneste artigo non se terán en conta as modificaciónscontidas en facturas rectificativas emitidas con dataposterior aos prazos indicados.

3. Para os efectos da dedución no prezo á que serefire a alínea anterior, non se computarán as retri-bucións ou as bonificacións de calquera tipo quesignifiquen compensación polos servizos prestados.

4. Non se poderán utilizar en ningún caso as ofer-tas conxuntas ou os obsequios ás persoas comprado-ras para evitar o disposto neste artigo.

Artigo 13º.-Garantía e custodia dos artigos.

1. As persoas comerciantes responderán da calida-de dos artigos vendidos na forma determinada nalexislación civil e mercantil vixente, así como con-

Page 8: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.109DIARIO OFICIAL DE GALICIA

sonte a normativa aplicable para a defensa das per-soas consumidoras e usuarias.

2. Os establecementos que reciban en custodia arti-gos para a súa reparación deberán entregar reciboescrito destes, onde conste, cando menos, con preci-sión e clareza, a identificación da mercadoría, o esta-do no que se entrega e a reparación que se solicita,con orzamento do máis detallado e exacto posible, asícomo o nome, o número de identificación fiscal, odomicilio e o teléfono do establecemento e da persoapropietaria do artigo.

3. En todo caso, e respecto das materias ás que serefiren as alíneas anteriores, aplicarase a normativavixente para a defensa das persoas consumidoras eusuarias.

CAPÍTULO IV

ADQUISICIÓNS DAS PERSOAS COMERCIANTES

Artigo 14º.-Réxime xeral.

O réxime xurídico das adquisicións de toda clasede produtos efectuadas polas persoas comerciantessuxeitarase ao disposto na lexislación civil e mercan-til coas especialidades contidas no artigo seguinte.

Artigo 15º.-Pagamentos ás persoas provedoras.

1. Á falta de prazo expreso, entenderase que aspersoas comerciantes deben efectuar o pagamentodo prezo das mercadorías que compren antes de trin-ta días a partir da data da súa entrega.

2. As persoas comerciantes ás que se lles efectúenas correspondentes entregas quedarán obrigadas adocumentar, no mesmo acto, a operación de entregae recepción con mención expresa da súa data.

Do mesmo xeito, as persoas provedoras deberánindicar na súa factura o día do calendario no que sedebe producir o pagamento.

Se todas ou algunha das mercadorías estiverenafectadas por unha cláusula de reserva de dominio,a factura expresará así mesmo esta circunstancia,que deberá responder en todo caso a un acordo entrea persoa provedora e a comerciante documentadocon anterioridade á entrega.

As facturas deberanse facer chegar ás persoascomerciantes antes de que se cumpran trinta díasdesde a data de entrega e recepción das mercado-rías.

3. Os aprazamentos de pagamento de produtos dealimentación frescos e dos perecedoiros non excede-rán en ningún caso de trinta días. Os aprazamentosde pagamento para os demais produtos de alimenta-ción e gran consumo non excederán do prazo desesenta días, agás pacto expreso no que se prevexancompensacións económicas equivalentes ao maioraprazamento e das que a persoa provedora sexa

beneficiaria, sen que poida en ningún caso excederdo prazo de noventa días.

Entenderase por produtos de alimentación frescose perecedoiros aqueles que polas súas característi-cas naturais conservan as súas calidades aptas paraa comercialización e o consumo durante un prazoinferior a trinta días ou que precisan condicións detemperatura regulada de comercialización e trans-porte. Son produtos de gran consumo aqueles funxi-bles de compra habitual e repetitiva polos consumi-dores e que presenten alta rotación.

4. En relación cos produtos que non sexan frescosou perecedoiros nin de alimentación e gran consu-mo, cando as persoas comerciantes acorden coassúas provedoras aprazamentos de pagamento queexcedan dos sesenta días desde a data de entrega erecepción das mercadorías, o pagamento deberáquedar instrumentado en documento que leve apare-llada acción cambiaria, con mención expresa dadata de pagamento indicada na factura. No caso deaprazamentos superiores a noventa días, este docu-mento será endosable á orde. En todo caso, o docu-mento deberano emitir ou aceptar as persoas comer-ciantes dentro do prazo de trinta días, contado des-de a data de recepción da mercadoría, sempre que afactura teña sido enviada. Para a concesión de apra-zamentos de pagamento superiores a cento vintedías, a persoa vendedora poderá exixir que quedengarantidos mediante aval bancario ou seguro de cré-dito ou caución.

5. En calquera caso, producirase o devengo dexuros moratorios en forma automática a partir do díaseguinte ao sinalado para o pagamento ou, en defec-to de pacto, a aquel no que se debese efectuar deacordo co establecido na alínea 1. Neses supostos, otipo aplicable para determinar a contía dos xurosserá o previsto no artigo 7º da Lei pola que se esta-blecen medidas de loita contra a morosidade nasoperacións comerciais, agás que as partes acordasenno contrato un tipo distinto, que non será en ningúncaso inferior ao sinalado para o xuro xeral incremen-tado nun cincuenta por cento.

6. Para os efectos previstos neste artigo e con refe-rencia exclusiva aos bens consumibles, entenderasecomo data de entrega aquela na que efectivamentese tivese producido, aínda que, inicialmente, o títu-lo da entrega fose distinto do de compravenda, sem-pre que as mercadorías fosen, finalmente, adquiri-das pola persoa receptora.

CAPÍTULO V

OBSERVATORIO DO COMERCIO DE GALICIA

Artigo 16º.-Creación e adscrición.

Créase o Observatorio do Comercio de Galicia,como un órgano asesor, consultivo, de estudo e for-mación en materia de comercio, adscrito á direcciónxeral competente en materia de comercio, cuxa orga-

Page 9: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.110 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

nización e funcionamento se establecerán regula-mentariamente.

Artigo 17º.-Funcións.

As funcións do Observatorio do Comercio de Gali-cia son:

1. Producir e xestionar os coñecementos propiosen materia de comercio a través da análise da infor-mación recibida, da elaboración de informes e estu-dos propios e mais do deseño de instrumentos deobservación sectorial e espacial da ComunidadeAutónoma de Galicia.

2. Elaborar plans estratéxicos para a moderniza-ción, a dinamización e o fortalecemento do tecidocomercial galego.

3. Xestionar o depósito de coñecementos en mate-ria de comercio, recompilando a información xeradapor outras instancias públicas ou privadas, median-te a adecuada organización dos dispositivos de cone-xión e seguimento destas.

4. Difundir e divulgar o coñecemento en materiade comercio a través de actividades formativas pro-gramadas, como cursos, seminarios, mesas redondase demais iniciativas análogas, así como da elabora-ción e a difusión de publicacións, tanto en soportede papel coma electrónicas.

5. Promover a participación da sociedade namellora e no desenvolvemento da actividade comer-cial en Galicia.

Artigo 18º.-Consello Galego de Comercio.

1. Para os efectos de dar cumprimento ao dispostono punto 5 do artigo anterior, créase o ConselloGalego de Comercio, que, con carácter consultivo,se constitúe como un órgano colexiado de participa-ción, asesoramento e colaboración coa Administra-ción autonómica na ordenación da actividade comer-cial, garantindo e defendendo os intereses xerais enmateria comercial.

2. O Consello Galego de Comercio, adscrito á con-sellaría competente en materia de comercio a travésdo Observatorio do Comercio de Galicia, non parti-cipa na estrutura xerárquica da Administraciónautonómica, aínda que se integra nela.

Artigo 19º.-Funcións.

Serán funcións do Consello Galego de Comercio asseguintes:

a) Emitir informe sobre os proxectos normativos deordenación do comercio e da actividade comercial.

b) Realizar os informes e as consultas sobrecomercio que lle requira a consellaría competenteen materia de comercio.

c) Formular propostas e suxestións que se estimenconvenientes para o fomento e a mellora do tecidocomercial galego.

d) Calquera outra función que, de ser o caso, seestableza regulamentariamente.

Artigo 20º.-Composición.

1. O Consello Galego de Comercio terá a seguintecomposición:

a) Presidencia: a persoa titular da consellaría com-petente en materia de comercio.

b) Vicepresidencia primeira: a persoa titular dadirección xeral competente en materia de comercio.

c) Vicepresidencia segunda: a persoa elixida polaconsellaría competente en materia de comercio entreas persoas expertas de recoñecido prestixio recolli-das no último punto da alínea d) deste artigo. A exis-tencia da vicepresidencia segunda do ConselloGalego de Comercio será potestativa para a consella-ría competente en materia de comercio.

d) Vogais:

-Catro persoas representantes da consellaría com-petente en materia de comercio.

-Unha persoa representante da consellaría compe-tente en materia de ordenación do territorio.

-Unha persoa representante da consellaría compe-tente en materia de medio ambiente.

-Dúas persoas representantes da consellaría com-petente en materia de traballo.

-Unha persoa representante designada polo orga-nismo galego de defensa da competencia.

-Unha persoa representante da Federación Galegade Municipios e Provincias.

-Dúas persoas representantes das cámaras decomercio, industria e navegación, propostas poloConsello Galego de Cámaras.

-Tres persoas representantes designadas polasorganizacións empresariais máis representativas dosector comercial.

-Catro persoas representantes designadas polasfederacións de asociacións de comerciantes máisrepresentativas do sector, unha delas en representa-ción dos centros comerciais abertos.

-Dúas persoas representantes designadas polasasociacións de grandes distribuidores e medianosformatos comerciais máis representativas do sector.

-Tres persoas representantes designadas polas cen-trais sindicais con maior representación en Galicia.

-Dúas persoas representantes designadas poloConsello Galego de Consumidores e Usuarios.

Page 10: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.111DIARIO OFICIAL DE GALICIA

-Unha persoa representante designada polo siste-ma universitario de Galicia, de entre especialistasen materia de comercio.

-Dúas persoas expertas de recoñecido prestixiodesignadas libremente pola persoa titular da conse-llaría competente en materia de comercio, que teránvoz e voto.

e) Secretaría: unha persoa funcionaria da direc-ción xeral competente en materia de comercio, queactuará como tal con voz pero sen voto.

2. As persoas vogais do Consello Galego deComercio que non o sexan por razón do seu cargoserán nomeadas pola persoa titular da consellaríacompetente en materia de comercio, por propostados órganos, das entidades ou das organizacións aosque se refire a alínea anterior. Esta proposta debera-se realizar por escrito, no prazo dun mes a partir darecepción do requirimento que a citada consellaríaefectúe para tal efecto.

3. Para os efectos de emitir os informes que sesoliciten en relación co disposto no título II destalei, o Consello Galego de Comercio constituirase enComisión Consultiva, da que formarán parte, ade-mais das persoas que ocupen a súa presidencia evicepresidencia, os seguintes membros:

-Dúas persoas representantes da consellaría com-petente en materia de comercio.

-Unha persoa representante da consellaría compe-tente en materia de ordenación do territorio e medioambiente.

-Unha persoa representante da consellaría compe-tente en materia de traballo.

-Unha persoa representante designada polo orga-nismo galego de defensa da competencia.

-Unha persoa representante da Federación Galegade Municipios e Provincias.

-Unha persoa representante designada polo Conse-llo Galego de Consumidores e Usuarios.

-Dúas persoas expertas de recoñecido prestixiodesignadas libremente pola persoa titular da conse-llaría competente en materia de comercio, que teránvoz pero non voto.

-Secretaría: unha persoa funcionaria da direcciónxeral competente en materia de comercio, queactuará como tal con voz pero sen voto.

4. A composición e a organización do ConselloGalego de Comercio e da Comisión Consultiva enmateria de comercio rexeranse polo principio deequilibrio e tratarán de garantir unha representaciónproporcionada entre homes e mulleres.

5. Regulamentariamente establecerase o réximede funcionamento e de organización do ConselloGalego de Comercio.

Artigo 21º.-Mesa Local de Comercio.

1. En cada concello existirá unha Mesa Local doComercio, que actuará como órgano colexiado departicipación, coordinación, cooperación e colabora-ción entre a Administración local e os axentes repre-sentativos do sector comercial.

A correspondente deputación provincial asumiráas funcións da Administración local na Mesa Localdo Comercio naqueles concellos que non conten cunnúmero mínimo de vinte comercios retallistas oucando non existan asociacións de comerciantes.

2. Formarán parte da Mesa Local do Comerciounha persoa representante de cada unha das asocia-cións locais de persoas comerciantes e de persoasconsumidoras existentes no respectivo concello eigual número de representantes da Administraciónlocal, así como unha persoa representante da Admi-nistración autonómica, esta última con caráctervoluntario. Exercerá a secretaría a persoa designadapara o efecto pola Administración local, que asistiráa Mesa Local do Comercio con voz pero sen voto.

Poderán formar parte das mesas locais das grandescidades de Galicia, ademais das persoas anteriores,unha persoa representante das federacións de aso-ciacións de comerciantes máis representantivas dacorrespondente provincia e unha persoa represen-tante da cámara oficial de comercio da correspon-dente demarcación. Neste suposto, incrementarase onúmero de representantes da Administración localata igualar o número de representantes do sectorcomercial presentes na correspondente mesa local.

3. A Mesa Local do Comercio reunirase comomínimo unha vez ao ano, correspondéndolle a súaconvocatoria ao respectivo concello. Transcorrido unano sen ter sido convocada a Mesa Local do Comer-cio, esta poderá ser convocada pola Administraciónautonómica.

TÍTULO II

DA ORDENACIÓN COMERCIAL

CAPÍTULO I

ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS

Artigo 22º.-Concepto xeral de establecementocomercial.

1. A actividade comercial definida no artigo 4ºdesta lei deberase exercer en establecemento comer-cial, agás as excepcións previstas nos capítulos II,III, IV e V do título V e mais no título VII desta lei.

2. Considéranse establecementos comerciais oslocais e as construcións ou as instalacións de carác-

Page 11: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.112 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

ter fixo e permanente, cubertos ou sen cubrir, interio-res ou exteriores a unha edificación, con ou sen esca-parates, destinados ao exercicio regular de activida-des comerciais, xa sexa de forma individual ou nunespazo colectivo, e independentemente de que serealice de forma continuada ou en días ou tempora-das determinados.

Quedan incluídos na definición anterior os quios-cos e, en xeral, as instalacións de calquera clase quecumpran a finalidade sinalada nela, sempre queteñan o carácter de inmobles de acordo co arti-go 334º do Código civil.

Artigo 23º.-Clases de establecementos comerciais.

1. Os establecementos comerciais poderán tercarácter individual ou colectivo.

2. Son establecementos comerciais de caráctercolectivo os integrados por un conxunto de estable-cementos comerciais individuais ou de puntos devenda diferenciados, situados nun ou varios edifi-cios, comunicados ou non, que se proxectasen demodo conxunto con independencia de que as respec-tivas actividades comerciais se desenvolvan de xei-to empresarialmente independente, nos que conco-rran tres dos seguintes elementos:

a) Acceso común desde a vía pública, de usoexclusivo ou preferente dos clientes.

b) Áreas de estacionamento comúns ou contiguasaos diferentes establecementos para uso preferentedos clientes e que non prohiban a circulación peonilentre eles.

c) Servizos comúns para os comerciantes ou para aclientela, como a xestión común de certos elementosda súa explotación; concretamente, a creación deservizos colectivos ou a realización de actividadesou campañas de comunicación, promoción e depublicidade comercial conxunta.

d) Denominación ou imaxe común.

Artigo 24º.-Centros comerciais abertos.

1. Son centros comerciais abertos aquelas agrupa-cións de establecementos comerciais legalmenteconstituídas representativas do pequeno comercio oucomercio tradicional, situados nas rúas dun determi-nado contorno urbano delimitado e con tradicióncomercial, que ofrecen unha imaxe e estratexia uni-taria da oferta global e se rexen por criterios de xes-tión integral ou de conxunto no ofrecemento de servi-zos comúns, na creación de servizos colectivos ou narealización de actividades, comunicacións ou campa-ñas de promoción.

2. A Administración autonómica impulsará epotenciará a creación e o mantemento dos centroscomerciais abertos colaborando coa correspondenteAdministración local.

Artigo 25º.-Centros de fabricantes ou outlets.

1. Para os efectos desta lei, enténdese por centrosde fabricantes ou outlet:

a) O establecemento comercial individual oucolectivo dedicado de forma exclusiva e permanen-temente á venda de saldos. Este tipo de establece-mentos non se poderá anunciar unicamente coadenominación de «outlet» senón que deberá engadiro termo «saldos».

b) O establecemento comercial individual oucolectivo dedicado de forma permanente e exclusivaá venda de excesos de produto ou de temporada. Osprodutos deberán ter sido ofertados en condiciónsnormais en establecementos comerciais carentesdesta denominación.

c) A venda efectuada directamente polo fabricanteao consumidor final en establecementos comerciaisindividuais ou colectivos. Esta non se poderá reali-zar no propio recinto fabril ou en almacéns.

2. Nos supostos regulados na letra b) da alíneaanterior non poderán ser ofertados produtos de fabri-cación da temporada en curso ata un mes despois deque rematase o período oficial de rebaixas da tempo-rada da que se trate.

3. Aos supostos regulados na letra a) da alínea 1deste artigo seralles aplicable o disposto no capítuloIII do título IV desta lei.

4. Agás nos supostos previstos na letra c) da alínea1 deste artigo, nos produtos ofertados no outlet debe-rán figurar con clareza, en cada un deles, o prezoanterior de venda en establecemento comercial ordi-nario xunto co prezo reducido. A devandita reduciónnon poderá ser inferior ao trinta por cento.

CAPÍTULO II

ORDENACIÓN COMERCIAL

Artigo 26º.-Ordenación e equipamentos comerciais.

1. Enténdese por ordenación comercial o conxun-to de actuacións levadas a cabo pola administraciónpara os efectos de acadar, considerando semprerazóns imperiosas de interese xeral, a adecuada ver-tebración da actividade comercial, así como odesenvolvemento equilibrado e sustentable da acti-vidade comercial compatible coa adecuada distribu-ción e ordenación do territorio e coa protección aomedio ambiente.

2. O equipamento comercial dos municipios deGalicia está constituído polo conxunto de establece-mentos comerciais, tanto de carácter individualcoma colectivo, situados no seu territorio.

Artigo 27º.-Uso comercial do solo.

1. Con carácter xeral, o planeamento xeral deordenación municipal de cada concello ordenará

Page 12: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.113DIARIO OFICIAL DE GALICIA

especificamente os usos comerciais, garantindounha axeitada protección dos contornos urbanos queasegure a necesaria accesibilidade de toda a poboa-ción a unha oferta comercial suficiente e a protec-ción do medio ambiente.

Nos supostos de insuficiencia das previsións dosinstrumentos de ordenación urbanística, en particu-lar, cando estea motivada pola falta de adaptacióndestes instrumentos á normativa urbanística ecomercial en vigor, a consellaría competente enmateria de comercio, logo de audiencia do concelloou dos concellos afectados, poderá impulsar plans eproxectos sectoriais de incidencia supramunicipaldestinados a regularen a implantación de equipa-mentos comerciais, cando a súa incidencia transcen-da do termo municipal no que se localicen, pola súamagnitude, importancia, demanda social ou espe-ciais características.

2. Para os efectos do previsto na alínea anterior, aordenación territorial e urbanística, ao ordenar osusos comerciais, destinará solo axeitado e suficientepara atender as necesidades da poboación, prestán-dolle especial atención á densidade comercial, ten-tando acadar o equilibrio do territorio.

3. Nos sectores de solo urbanizable e nos polígo-nos de solo urbano non consolidado, para os que seprevexan usos residenciais, aínda cando estes usosnon sexan maioritarios, os plans establecerán unhareserva mínima de edificabilidade para uso comer-cial acorde á establecida na normativa urbanísticaaplicable.

4. Para os efectos da ordenación comercial, a con-sellaría competente en materia de urbanismo, conocasión do informe preceptivo que proceda aocorrespondente instrumento de ordenación territo-rial ou urbanística, referirase expresamente ao cum-primento do disposto neste artigo.

CAPÍTULO III

DA AUTORIZACIÓN COMERCIAL AUTONÓMICA

Artigo 28º.-Apertura de establecementos comer-ciais.

1. Para a apertura dun establecemento comercialserá requisito imprescindible a obtención da licenzamunicipal de apertura ou actividade ou, de ser ocaso, comunicación previa ou declaración responsa-ble. Ademais do anterior, nos supostos previstosnesta lei, requirirase autorización comercial daComunidade Autónoma.

2. As licenzas de apertura dos establecementoscomerciais serán concedidas polos concellos, deacordo coa normativa vixente en materia de urbanis-mo, seguranza, salubridade e protección do medioambiente.

3. En todo caso, as actividades comerciais nonsuxeitas ao trámite de incidencia, efecto ou impacto

ambientais, nin ao informe da consellaría titular dacompetencia en sanidade, estarán exentas da obten-ción da licenza municipal de apertura ou actividade,bastando para o inicio desta a presentación dunhacomunicación previa ou dunha declaración respon-sable.

4. Suxéitanse unicamente ao deber de presentarunha comunicación previa, asinada pola persoatransmitente e a adquirente, os cambios de titulari-dade das licenzas de actividade ou apertura de esta-blecementos e actividades comerciais.

5. Os datos contidos nas licenzas de apertura deestablecementos comerciais ou, de ser o caso, nascomunicacións previas ou declaracións responsa-bles recibidas serán comunicados polo respectivoconcello á dirección xeral con competencia en mate-ria de comercio para os efectos da súa inscrición noRexistro Galego de Comercio consonte o disposto noartigo 8º desta lei.

Artigo 29º.-Actividades suxeitas á autorizacióncomercial autonómica.

1. O sometemento á autorización comercial auto-nómica da instalación de establecementos comer-ciais ten como finalidade garantir a axeitada integra-ción territorial do establecemento comercial a travésda súa planificación urbanística e da execución pre-via das infraestruturas e dotacións necesarias, a súacompatibilidade desde o punto de vista da protec-ción do medio ambiente e a accesibilidade dos cida-dáns a estes equipamentos en condicións adecua-das.

Atendendo á antedita finalidade, unicamente pre-cisará autorización comercial autonómica a instala-ción, a ampliación e o traslado dos establecementoscomerciais individuais ou colectivos que destinán-dose ao comercio retallista de calquera clase de arti-gos teñan unha incidencia ambiental, territorial,urbanística e no sistema viario que transcenda o ter-mo municipal no que se localicen, pola súa magni-tude, importancia e características.

2. Para estes efectos, enténdese que unicamenteteñen incidencia supramunicipal, e polo tanto estánsuxeitos á autorización comercial autonómica, a ins-talación e o traslado dos establecementos comerciaiscuxa superficie útil de exposición e venda ao públi-co sexa igual ou superior a 2.500 metros cadradospolo impacto territorial, urbanístico, viario emedioambiental xerado. Tamén será preceptiva acitada autorización no caso de ampliacións de esta-blecementos comerciais cando a superficie queresulte tras a ampliación sexa igual ou superior a2.500 metros cadrados.

3. Non precisan de autorización comercial autonó-mica:

a) Os establecementos individuais dedicados áexposición e á venda de automóbiles, de embarca-

Page 13: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.114 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

cións e outros vehículos, maquinaria industrial ouagrícola, de materiais para a construción e artigos desaneamento, que requiran dun grande espazo físico.

b) Os mercados municipais e os denominados cen-tros comerciais abertos.

4. Serán nulas de pleno dereito as licenzas muni-cipais de edificación e uso do solo e mais de activi-dade outorgadas para a instalación, a ampliación ouo traslado de establecementos comerciais que preci-sando de autorización comercial autonómica deacordo co establecido nesta lei fosen outorgadas senela.

Artigo 30º.-Superficie útil de exposición e venda aopúblico.

1. Enténdese por superficie útil de exposición evenda ao público toda aquela superficie onde sedesenvolvan actividades de vendas e de intercambiocomercial.

2. En particular, enténdense incluídos entre osespazos definidos na alínea anterior os seguintes:

a) Os mostradores, os estantes, as vitrinas, os esca-parates, os andeis de bandexas ou góndolas, as illas,as cámaras ou os murais accesibles ao público, des-tinados á presentación dos artigos, así como os pro-badores.

b) Os espazos de venda, exteriores e interiores.

c) As escaleiras, os corredores e calquera outroespazo destinado á permanencia e ao tránsito de per-soas, precisos para o acceso aos artigos.

d) A liña das caixas rexistradoras, así como a zonaentre estas e a saída, sempre que nesta se desenvol-va algunha técnica de promoción comercial, directaou indirecta.

3. Exclúense expresamente da superficie útil deexposición e venda ao público aquelas superficiesdestinadas ás seguintes finalidades:

a) As dependencias ou as instalacións non accesi-bles ao público en xeral, nas que non se desenvolvaactividade comercial directa.

b) As zonas de estacionamento, sempre que nestasnon se desenvolva ningunha actividade comercial.

c) As zonas destinadas permanentemente á restau-ración e ao desenvolvemento de actividades lúdicas.

Artigo 31º.-Solicitude da autorización comercialautonómica.

1. Para o caso dun establecemento comercial decarácter individual, a autorización comercial auto-nómica solicitaraa a persoa que vaia desenvolverefectivamente a actividade comercial.

2. No caso dun establecemento comercial decarácter colectivo, a autorización comercial autonó-

mica deberaa solicitar a persoa promotora. Se noestablecemento comercial colectivo se integran esta-blecementos que individualmente precisan de auto-rización comercial consonte o disposto no artigo 29ºdesta lei, estes deberán solicitar individualmenteautorización comercial autonómica no suposto denon estaren incluídos no proxecto colectivo presen-tado pola persoa promotora.

Artigo 32º.-Procedemento para a obtención daautorización comercial autonómica e a súa valora-ción.

1. A autorización comercial autonómica será con-cedida mediante resolución da persoa titular da con-sellaría competente en materia de comercio concarácter previo á obtención da licenza de obra muni-cipal, así como á obtención de calquera outra licen-za ou permiso doutra entidade ou administraciónque sexan esixibles, de ser o caso.

2. A concesión da autorización comercial autonó-mica estará fundamentada nos seguintes criterios deinterese xeral, cuxo cumprimento estará debidamen-te xustificado no proxecto:

a) A adecuación da nova implantación aos instru-mentos de ordenación do territorio que, de ser ocaso, resulten aplicables.

b) A viabilidade urbanística, tendo en conta a ple-na concordancia do establecemento proxectado coasdeterminacións establecidas no planeamento xeral enos instrumentos de desenvolvemento e xestiónurbanística e mais no resto de normas de competen-cia municipal.

c) O axeitado cumprimento da normativa regulado-ra en materia de accesibilidade, circulación e mobi-lidade contidas no proxecto e a previsión de melloradas infraestruturas que permitan a fluidez do tráficorodado xerado pola implantación comercial nosuposto de que as existentes non resulten axeitadas.

d) A dotación de, polo menos, unha praza de apar-cadoiro por cada 20 m2 de superficie útil de exposi-ción e venda ao público. Así mesmo, deberase pre-ver a reserva de prazas para persoas discapacitadasnos termos que establece a normativa vixente.

e) O establecemento de liñas de transporte colec-tivo que desconxestionen o tráfico rodado e permitanacceder en axeitadas condicións de regularidade eintensidade á implantación comercial cando as exis-tentes non resulten suficientes.

f) A viabilidade e a legalidade ambiental do pro-xecto co cumprimento da normativa vixente en mate-ria medioambiental, que preverá a adopción demedidas positivas de protección ambiental quereduzan a contaminación acústica, a emisión degases de efecto invernadoiro e a produción de resi-duos, e a súa xestión mediante procedementos devalorización, preferentemente mediante reciclaxe e

Page 14: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.115DIARIO OFICIAL DE GALICIA

reutilización, e a utilización da auga, da enerxía, dasmaterias primas e doutros recursos de maneira efi-ciente. Este criterio acreditarase do xeito estableci-do na letra b) da alínea 3 deste artigo.

g) O informe da consellaría competente en materiade traballo sobre o cumprimento dos criterios esta-blecidos na letra h) desta alínea.

h) A materialización no establecemento pretendidode instalacións e medidas de conciliación da vidafamiliar e laboral, tales como a creación de garda-rías, ludotecas ou salas de lactación. A avaliación doimpacto laboral da creación ou destrución de empre-go na localidade, a adopción de medidas ou compro-misos para a estabilidade no emprego, o número deempregados e empregadas segundo a unidade desuperficie comercial, como indicadores de mellorada calidade do servizo.

3. Logo de completar a documentación, o órganoinstrutor recadará os seguintes informes:

a) Informe da consellaría competente en materiade ordenación do territorio e urbanismo sobre ocumprimento dos criterios establecidos na letra a)da alínea anterior.

b) Declaración de impacto ambiental, que consti-tuirá a acreditación do cumprimento do criterio f) daalínea anterior.

Para estes efectos, os proxectos de instalación deestablecementos comerciais precisados de autoriza-ción comercial autonómica someteranse en todo casoaos trámites de avaliación de impacto ambiental. Oprocedemento correspondente quedará integrado node outorgamento da autorización comercial e o órga-no substantivo será a consellaría competente enmateria de comercio. Durante a tramitación da ava-liación de impacto enténdese suspendido o procede-mento para resolver a autorización autonómica.

c) Informe da consellaría competente en materiade transporte sobre a existencia ou a suficiencia dotransporte interurbano previsto no criterio e) da alí-nea anterior.

d) Informe do concello en cuxo termo municipal sepretenda localizar o establecemento comercial, quese deberá pronunciar sobre o cumprimento dos cri-terios b), c), d) e e) da alínea anterior, ademais documprimento de todas as normas que habilitan aapertura do establecemento.

e) Informe do organismo galego de defensa dacompetencia, que non poderá versar sobre aspectoseconómicos.

4. Transcorridos dous meses desde que se teñaconstancia da recepción da petición de cada informesen que existise pronunciamento expreso para oefecto, poderanse proseguir as actuacións, presu-míndose favorables. Porén, no suposto de ausenciado informe previsto na letra d), poderá ser recadada

a información complementaria que resulte precisa eque conste á disposición da consellaría competenteen materia de urbanismo e transporte.

5. Ao estar emitidos os anteriores informes, oexpediente remitiráselle á Comisión Consultiva pre-vista no artigo 20º.3 desta lei para o obxecto de queefectúe a proposta de resolución. A Comisión Con-sultiva poderá neste trámite solicitar ampliación ouaclaracións dos informes emitidos.

6. O prazo para resolver o procedemento de auto-rización comercial autonómica será de seis mesesdesde que teña entrada no rexistro do órgano compe-tente para a súa tramitación a documentación com-pleta, incluído o xustificante de aboamento dascorrespondentes taxas. Transcorrido o prazo pararesolver o procedemento sen que recaese resoluciónexpresa, a solicitude entenderase estimada porsilencio administrativo.

7. Regulamentariamente establecerase o procede-mento de concesión da autorización comercial auto-nómica prevista nesta lei.

Artigo 33º.-Simplificación administrativa e inte-gración de procedementos.

Sen prexuízo do disposto no artigo 28º desta lei, oprocedemento para a obtención da autorizacióncomercial autonómica eximirá da necesidade deobter a licenza municipal de actividade. Obtida aautorización autonómica, o concello respectivo serácompetente para o outorgamento da licenza urbanís-tica.

Artigo 34º.-Vixencia da autorización comercial.

1. A vixencia da autorización comercial autonómi-ca terá carácter indefinido.

2. Sen prexuízo do disposto na alínea anterior, aautorización concedida caducará no caso de que oproxecto de instalación do establecemento comer-cial autorizado non se leve a cabo no prazo dun ano,contado desde que remate o termo indicado nocalendario presentado para a súa realización. Nonobstante, a persoa interesada poderá solicitar,mediante escrito motivado e con anterioridade á ter-minación do prazo do ano citado, a prórroga destepor un período máximo de seis meses.

TÍTULO III

DOS HORARIOS COMERCIAIS

CAPÍTULO ÚNICO

HORARIOS COMERCIAIS

Artigo 35º.-Dos horarios comerciais.

Polo que respecta á regulación dos horarios comer-ciais, estes rexeranse pola lei específica da Comuni-dade Autónoma de Galicia nesta materia.

Page 15: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.116 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

TÍTULO IV

DAS ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DE VENDAS

CAPÍTULO I

NORMAS XERAIS

Artigo 36º.-Concepto.

1. Para os efectos desta lei, enténdese por promo-ción de vendas aquela na que a oferta comercialefectuada pola persoa comerciante ás persoas consu-midoras se realiza en condicións máis vantaxosasque as habituais co propósito de dar a coñecer unnovo produto ou establecemento ou de conseguir unaumento de venda dos produtos existentes.

2. Terán a consideración de actividades de promo-ción de vendas as vendas en rebaixas, as vendas desaldos, as vendas en liquidación, as vendas con des-conto, as vendas con obsequio e as ofertas de vendasdirectas.

3. Non se poderán usar as citadas denominaciónsou outras semellantes para anunciar vendas que nonrespondan ao correspondente concepto legal ouxeren confusión con outra distinta.

4. A utilización das denominacións antes sinala-das que non se axuste á regulación respectivamenteestablecida para cada unha das actividades de pro-moción de vendas nesta lei reputarase desleal candoconcorran as circunstancias previstas no artigo 5º daLei de competencia desleal.

5. Regulamentariamente poderán desenvolverse ascondicións e os requisitos aplicables ás distintasactividades comerciais de promoción de vendas fixa-das nesta lei.

Artigo 37º.-Requisitos xerais.

As actividades promocionais de vendas deberanseaxustar aos seguintes requisitos:

a) Os artigos non poderán ser adquiridos co finexclusivo de seren incluídos nas promocións comer-ciais, agás a promoción para o lanzamento de novosprodutos.

b) A persoa comerciante deberá procurar informa-ción clara, veraz e suficiente sobre o contido e ascondicións das súas actividades promocionais, naque expresará, como mínimo, o período de vixenciada promoción, o tipo de promoción que realiza e, sefor o caso, as regras especiais aplicables a esta.

c) Cando as actividades de promoción de vendasnon comprendan, polo menos, a metade dos artigospostos á venda, entendéndose como artigo a unidadede produto individualmente comercializada, a prác-tica da correspondente promoción non se poderáanunciar como unha medida xeral, senón referidaexclusivamente aos produtos ou grupos de produtosaos que realmente afecte.

d) Sempre que se oferten produtos a prezo reduci-do, deberá figurar con clareza, en cada un deles, oprezo anterior xunto co prezo reducido ou, en subs-titución deste último, a porcentaxe de redución apli-cada, a non ser que se trate de artigos postos á ven-da por primeira vez, en cuxo caso non se poderáfacer ningunha referencia, cuantitativa nin porcen-tual, que suxira algún tipo de desconto.

Entenderase por prezo anterior o que se viña apli-cando sobre artigos idénticos durante un períodocontinuado de, cando menos, trinta días no curso dosseis meses precedentes.

Sen prexuízo do anterior, cando se trate dunharedución porcentual dun conxunto de produtos pos-tos á venda con anterioridade pola persoa comer-ciante, abondará co anuncio xenérico da devanditaredución, sen necesidade de que conste individual-mente en cada produto ofertado.

e) Os produtos ofertados nas actividades promocio-nais, excepto os saldos, deberán ter as mesmascaracterísticas e someterse ás mesmas condiciónscontractuais que as existentes con anterioridade aoperíodo de vixencia da actividade promocional. Nocaso de se ofertaren produtos a prezo normal e redu-cido, uns e outros deberán estar suficientementeseparados ou sinalados, de xeito que non poidanconfundirse ou inducir, razoablemente, a erro entreos que son obxecto dun prezo reducido e os que non.Se for o caso, distinguirase a existencia de cadaunha das modalidades promocionais nun mesmoestablecemento.

f) A persoa comerciante estará obrigada a admitiros mesmos medios de pagamento que acepta habi-tualmente no desenvolvemento da súa actividadecomercial.

g) Sen prexuízo do disposto no artigo 44º.2 destalei, as persoas comerciantes deberanlle comunicarao departamento territorial da consellaría competen-te en materia de comercio, con carácter previo aoseu inicio, as actividades de promoción de vendasque pretendan levar a cabo durante o mes que pre-ceda á data do inicio da venda en rebaixas. Estacomunicación deberá indicar as condicións aplica-bles á actividade promocional da que se trate, asícomo a súa duración e os produtos obxecto de pro-moción.

CAPÍTULO II

VENDAS EN REBAIXAS

Artigo 38º.-Concepto.

1. Para os efectos desta lei, enténdese por vendasen rebaixas as realizadas por comerciantes en deter-minadas épocas do ano, xeralmente vinculadas aperíodos estacionais e fin de temporada, cando osartigos obxecto destas se oferten, no mesmo estable-cemento no que se exerce habitualmente a activida-

Page 16: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.117DIARIO OFICIAL DE GALICIA

de comercial, a un prezo inferior ao fixado antes dasdevanditas vendas como consecuencia do rematedunha temporada comercial.

2. Queda prohibida a utilización da denominaciónde venda en rebaixas en relación con artigos deterio-rados, adquiridos para esta finalidade ou que nonestiveren dispostos no establecemento para a vendaá persoa consumidora final cun mes de antelación ádata do seu inicio.

3. Os produtos obxecto de venda en rebaixas nonpoderán ter sido obxecto de ningunha actividadepromocional de vendas no transcurso do mes quepreceda á data de inicio da venda en rebaixas.

Artigo 39º.-Temporada de rebaixas.

A consellaría competente en materia de comercio,logo do informe do Consello Galego de Comercio,determinará, mediante orde, os períodos ou as tem-poradas de rebaixas, que só poderán ser dúas ao anocunha duración mínima dunha semana e máxima dedous meses.

Artigo 40º.-Condicións.

1. Non se poderá simultanear, nun mesmo estable-cemento comercial e para o mesmo tipo de produtos,a venda en rebaixas con calquera outra actividadepromocional de vendas regulada neste título.

2. As datas de comezo e de remate de rebaixas,libremente elixidas polas persoas comerciantes,dentro do período legalmente establecido, indica-ranse en sitio visible ao público, mesmo cando osestablecementos comerciais permanezan pechados.

3. Os letreiros e as etiquetas deben exhibir, de for-ma ben visible, o prezo anterior e o novo prezo ou, ensubstitución deste último, a porcentaxe de redución.

CAPÍTULO III

VENDAS DE SALDO

Artigo 41º.-Concepto.

1. Considérase venda de saldos a de produtos ouartigos cuxo valor de mercado apareza manifesta-mente diminuído por causa da deterioración, do des-perfecto, do desuso ou da obsolescencia deles, senque o produto teña esta consideración polo feito deser un excedente de produción ou de temporada.

2. Non se poderá cualificar como venda de saldosa daqueles produtos cuxa venda baixo tal réximeimplique risco ou engano para as persoas consumi-doras, nin a daqueles produtos que non se vendanrealmente por prezo inferior ao habitual.

3. Tampouco se poderá cualificar como venda desaldos aquela na que os artigos non pertencesen ápersoa comerciante catro meses antes da data decomezo deste tipo de actividade comercial, coaexcepción dos establecementos dedicados específi-

ca e exclusivamente ao referido sistema de venda,que serán os únicos que poderán saldar artigosalleos e artigos adquiridos especificamente coa fina-lidade de seren vendidos como saldos.

Artigo 42º.-Condicións.

1. As vendas de saldos deberanse anunciar nece-sariamente con esta denominación.

2. A venda de saldos deberase publicitar sinalan-do, cando menos, as circunstancias e as causas con-cretas que a motivan; en particular deberase facerconstar, de maneira precisa e ostensible, cando setrate de artigos deteriorados ou defectuosos, co finde seren doadamente identificables polas persoasconsumidoras.

3. Os establecementos dedicados específica e exclu-sivamente á venda de saldos deberano indicar de xeitoque sexa claramente visible desde o exterior do local.

CAPÍTULO IV

VENDAS EN LIQUIDACIÓN

Artigo 43º.-Concepto.

1. Enténdese por venda en liquidación a venda decarácter excepcional e de finalidade extintiva dedeterminadas existencias de produtos que, anuncia-da con esa denominación, ten lugar en execucióndunha decisión xudicial ou administrativa, ou élevada a cabo pola persoa comerciante ou polaadquirente por calquera título do negocio daquelanalgún dos seguintes casos:

a) Cesamento total ou parcial da actividade comer-cial. Para o caso de cesamento parcial terase que indi-car a clase de mercadorías obxecto de liquidación.

b) Cambio de rama de comercio ou modificaciónsubstancial na orientación do negocio.

c) Cambio de local ou realización de obras deimportancia neste que requiren o pechamento dolocal.

d) Calquera suposto de forza maior que cause gra-ve obstáculo ao normal desenvolvemento da activi-dade comercial.

2. Non poderán ser obxecto deste tipo de activida-de comercial aqueles artigos que non formasen par-te das existencias do establecemento ou aqueles queforon adquiridos pola persoa comerciante co obxec-to de os incluír na propia liquidación.

3. En todo caso, deberá cesar a venda en liquida-ción no caso de desaparecer a causa que a motivouou para o caso de se liquidaren efectivamente osprodutos obxecto da venda.

Artigo 44º.-Condicións.

1. As vendas en liquidación deberanse efectuar nomesmo establecemento comercial ou nos locais afec-

Page 17: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.118 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

tados onde os produtos fosen habitualmente obxectode venda, agás nos casos de forza maior, de resolu-ción xudicial ou administrativa que o impida ou can-do as causas que orixinaren a devandita venda así oexixiren, e limitaranse aos artigos que formen partedas existencias do establecemento.

2. Para que poida ter lugar unha liquidación serápreciso que, con quince días de antelación, se llecomunique ao departamento territorial da consella-ría competente en materia de comercio, con preci-sión da causa que motiva a venda de liquidación, dadata do seu comezo, da duración e da data de finali-zación. Deberase exhibir en lugar visible do estable-cemento comercial unha copia desta comunicación.

3. Os anuncios de liquidación, tanto no punto devenda coma na publicidade que se leve a cabo,deberán expresar a causa desta, así como a data decomezo e a duración da liquidación.

Artigo 45º.-Duración.

1. A duración máxima da venda en liquidaciónserá de seis meses, agás no caso de cesamento totalda actividade, que será dun ano.

2. No transcurso dos tres anos seguintes ao rematedunha venda en liquidación, a persoa vendedora nonpoderá exercer o comercio na mesma localidadesobre produtos similares aos que fosen obxecto deliquidación, por calquera dos motivos sinalados nasletras a) e b) da alínea 1 do artigo 43º.

Tampouco poderá proceder a unha nova liquida-ción no mesmo establecemento, excepto cando estaúltima teña lugar en execución de decisión xudicialou administrativa, por cesamento total da actividadeou por causa de forza maior.

CAPÍTULO V

VENDAS CON DESCONTO

Artigo 46º.-Concepto.

1. Para os efectos desta lei, considérase venda pro-mocional con desconto a que consiste en ofrecer,mediante calquera procedemento publicitario,incluídos os anuncios expostos no propio establece-mento, unha redución sobre o prezo aplicado conanterioridade por unha persoa comerciante sobre undeterminado produto ou grupo de produtos.

2. Os artigos sobre os que se aplique desconto nonpoderán estar deteriorados ou ser de peor calidadeque os que se comercializasen con anterioridade.

Artigo 47º.-Condicións.

A actividade promocional de venda con descontoaxustarase ás seguintes condicións:

a) A súa finalidade deberá consistir en potenciar avenda de determinados produtos ou no relanzamen-to dun establecemento que fose obxecto dunha

importante remodelación física recente, o que sedeberá acreditar achegando o oportuno proxecto téc-nico.

b) Agás no suposto dun comercio remodelado, nonpoderá ser obxecto deste tipo de promoción máis docorenta por cento dos artigos, entendidos como tiposde produtos comerciais, existentes no establecemen-to.

c) O período máximo de duración dunha venda condesconto nun establecemento remodelado será detres meses desde a data da súa reapertura.

Cando esta actividade sexa dirixida á promociónde determinados produtos, a súa duración non pode-rá ser inferior a un día nin superior a trinta.

En ambos os casos, os produtos promocionadosnon poderán ser obxecto de novas vendas con des-conto, agás nos establecementos de alimentación.

d) Todo anuncio de venda con desconto deberáespecificar a súa duración e, de ser o caso, as regrasque se aplicarán. Así mesmo, deberá indicar os pro-dutos afectados, agás para o suposto de que sedesenvolva este tipo de promoción nun establece-mento remodelado e de se atoparen incluídos nareferida promoción, cando menos, a metade dos arti-gos postos á venda.

CAPÍTULO VI

VENDAS CON OBSEQUIO

Artigo 48º.-Concepto.

1. Considéranse vendas con obsequio aquelas quecoa finalidade de promover as vendas ofertan, bensexa de forma automática ou ben mediante a partici-pación nun sorteo ou concurso, un premio, calqueraque sexa a natureza deste.

2. Cando o incentivo consista nun sorteo, o dispos-to nesta lei será aplicable sen prexuízo do estableci-do na lexislación sectorial correspondente.

3. As vendas con obsequio ou prima repútansedesleais nos supostos previstos na Lei de competen-cia desleal.

Artigo 49º.-Condicións.

As vendas con obsequio ou prima deberán cumpriros seguintes requisitos ou condicións:

a) Durante o período de duración da venda conobsequio queda prohibido modificar o prezo á alza,así como diminuír a calidade do produto.

b) O número de existencias coas que debe contar apersoa comerciante para afrontar a entrega dos obse-quios, así como as bases polas que se rexerán osconcursos, sorteos ou similares, deberán constar noenvase ou envoltorio do artigo do que se trate ou, noseu defecto, estar debidamente acreditadas perante

Page 18: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.119DIARIO OFICIAL DE GALICIA

notario, e será obrigatoria a difusión das persoasgañadoras dos premios vinculados á oferta.

c) Na comunicación obrigatoria a calquera persoade que foi agraciada cun premio deberase sinalarclara e expresamente que non se atopa condicionadaá adquisición de ningún produto ou servizo. A comu-nicación desta circunstancia impedirá que a persoacomerciante poida exixir a adquisición dun produtoou servizo como condición para a entrega do premio.

d) Os bens e os servizos nos que consistan osobxectos ou os incentivos promocionais deberánselleentregar á persoa compradora no momento da com-pra, ou ben nun prazo máximo de tres meses, que secontará desde que tal compradora reúna os requisitosexixidos. Todo sorteo, aposta ou concurso no que selle exixa á persoa participante un desembolso inicialestará suxeito á lexislación vixente do xogo, agás queo sorteo ou o concurso se ofreza como obsequio coacompra de produtos.

e) Cando o ofrecemento se realice nos envases dosprodutos, o dereito a obter a prima ofrecida podera-se exercer, como mínimo, durante os tres mesesseguintes á data de caducidade da promoción.

f) No caso de os obsequios ofrecidos formaren par-te dun conxunto ou dunha colección, a empresa res-ponsable da oferta estará obrigada a trocar calqueradaqueles por outro distinto, a non ser que na ofertapública do incentivo se estableza outro procedemen-to para obter as diferentes pezas da colección.

g) As vendas con obsequio axustaranse ao dispos-to na lexislación vixente para a defensa das persoasconsumidoras e usuarias e na normativa aplicable enmateria de comercio.

h) Considerarase enganosa a oferta de produtoscon premio ou regalo cando as persoas consumidorasnon reciban real e efectivamente o que sexa de espe-rar de acordo coa oferta realizada.

CAPÍTULO VII

OFERTA DE VENDA DIRECTA

Artigo 50º.-Concepto.

Entenderase que existe unha oferta de vendadirecta cando unha persoa fabricante ou comercian-te por xunto ofreza os seus produtos ao consumidorou á consumidora final invocando tal condición.

Artigo 51º.-Condicións.

1. A venda non se poderá realizar no recinto fabrilou almacén, senón que se deberá realizar nun esta-blecemento comercial especificamente habilitadopara tal fin.

2. Queda prohibido que na oferta ao público demercadorías de calquera clase a persoa vendedorainvoque a súa condición de fabricante ou de comer-

ciante por xunto, a non ser que reúna as circunstan-cias seguintes:

a) Que, no primeiro caso, fabrique realmente atotalidade dos produtos postos á venda e, no segun-do, realice as súas operacións de venda, fundamen-talmente a comerciantes polo miúdo.

b) Que os prezos ofertados sexan os mesmos que selles aplican ás persoas comerciantes por xunto oupolo miúdo, segundo os casos.

TÍTULO V

DAS MODALIDADES ESPECIAIS DE VENDA

CAPÍTULO I

XENERALIDADES

Artigo 52º.-Concepto.

Considéranse vendas especiais aquelas non reali-zadas nun establecemento comercial aberto aopúblico de maneira permanente e, especialmente, asvendas a domicilio, as vendas a distancia, as vendasautomáticas, as vendas ambulantes, as vendas enpoxa pública e as vendas ocasionais.

Artigo 53º.-Requisitos dos establecementos comer-ciais.

As persoas comerciantes que se dediquen á reali-zación de calquera das modalidades de venda sina-ladas no artigo anterior deberán dispoñer das autori-zacións ou das acreditacións, en cada caso, precisaspara a súa realización, estarán obrigadas a cumpriros preceptos desta lei, así como todos os requisitosestablecidos na súa normativa específica aplicablesaos obxectos de venda, en particular en materia desanidade e seguranza.

CAPÍTULO II

VENDAS A DOMICILIO

Artigo 54º.-Concepto.

1. Considéranse vendas domiciliarias aquelas for-mas de distribución comercial exercidas por comer-ciantes suficientemente identificados, nas que estestoman a iniciativa de venda, propoñéndose ou con-cluíndose os contratos coa persoa compradora no seudomicilio particular ou lugar de traballo, no que sepresentan a persoa vendedora, os empregados e asempregadas ou os representantes dela.

2. Asimilaranse ás vendas a domicilio e quedansometidas ao seu mesmo réxime:

a) As denominadas vendas en reunións, nas que aoferta das mercadorías se efectúa mediante demos-tración practicada perante unha ou varias persoas,en reunión ocasionalmente organizada por unhadelas no seu propio domicilio por pedimento da per-soa vendedora.

Page 19: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.120 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

b) As realizadas durante unha excursión organiza-da pola persoa comerciante.

3. Non se consideran comprendidos no devanditoconcepto os repartimentos a domicilio de mercado-rías adquiridas en establecementos permanentes,nin as entregas a domicilio de mercadorías baseadasna existencia dun contrato de subministración entrea clientela e quen realiza o repartimento ou a súapersoa principal.

4. Non se poderán vender en ningún caso a domi-cilio bebidas, produtos alimenticios nin calqueraoutro ao que a súa normativa reguladora prohibaexpresamente a súa posta no mercado mediante estesistema de venda, así como os que, pola súa formade presentación ou por outras circunstancias, noncumpran as normas técnico-sanitarias ou de segu-ranza que lles sexan aplicables.

Artigo 55º.-Condicións.

1. As persoas comerciantes que exerzan este tipode vendas terán que reunir, ademais das condiciónsxerais para o exercicio das actividades comerciaissinaladas no artigo 5º desta lei, todos aqueles requi-sitos establecidos nas regulacións específicas apli-cables aos produtos obxecto de venda.

2. A publicidade da oferta, que lle deberá serentregada á persoa consumidora, incluirá a identifi-cación da empresa vendedora e os datos esenciais doproduto, de xeito que permitan a súa identificacióninequívoca no mercado, así como o prezo, a forma eas condicións de pagamento, os gastos e mais o pra-zo de envío.

3. A persoa vendedora está obrigada a poñer encoñecemento da persoa consumidora, por escrito, odereito que a asiste de dispoñer dun período dereflexión, non inferior a sete días, durante o cal podedecidir a devolución do produto do que se trate erecibir as cantidades que entregase, de conformida-de co establecido na normativa vixente en materiade protección das persoas consumidoras, no casodos contratos realizados fóra dos establecementoscomerciais.

CAPÍTULO III

VENDAS A DISTANCIA

Artigo 56º.-Concepto.

1. Considéranse vendas a distancia as realizadassen a presenza física simultánea das persoas com-pradoras e vendedoras, sempre que a súa oferta eaceptación se realicen de forma exclusiva a travésdunha técnica calquera de comunicación a distanciae dentro dun sistema de contratación a distanciaorganizado pola persoa vendedora.

En particular, estarán incluídas neste concepto asvendas por teléfono, as vendas por correspondencia,ben sexa mediante envío postal, por catálogo, a tra-

vés de impresos ou por anuncios na prensa, as ven-das ofertadas polo chamado sistema de telecompraou por calquera outro medio que se desenvolva nofuturo de similares características.

2. O disposto neste capítulo non será aplicable a:

a) As vendas realizadas mediante distribuidoresautomáticos ou locais comerciais automatizados.

b) As vendas realizadas en poxas, agás as efectua-das por vía electrónica.

3. O disposto nos artigos 58º.1, 59º, 62º.1, 63º e65º non lles será aplicable aos contratos de submi-nistración de produtos alimenticios, de bebidas oudoutros bens do fogar de consumo corrente submi-nistrados no domicilio da persoa consumidora, nasúa residencia ou no seu lugar de traballo por distri-buidores que realicen visitas frecuentes e regulares.

4. Cando a contratación a distancia de bens ou ser-vizos se leve a cabo a través de medios electrónicosaplicarase, preferentemente, a normativa específicasobre servizos da sociedade da información e comer-cio electrónico.

Artigo 57º.-Comunicación.

1. As persoas físicas ou xurídicas domiciliadas enterritorio galego que exerzan a actividade de venda adistancia en calquera ámbito territorial deberanllecomunicar, no prazo de tres meses, o inicio da súaactividade á correspondente sección do Rexistro deVendas a Distancia da dirección xeral competenteen materia de comercio interior da Xunta de Galicia.

Tamén deberán efectuar a devandita comunicaciónaquelas persoas físicas ou xurídicas que, sen estarendomiciliadas en territorio galego, difundan as súasofertas por medios que abranguen a Galicia.

2. Á comunicación, dirixida á dirección xeral com-petente en materia de comercio, achegaráselle unhamemoria explicativa da actividade que se vai reali-zar, así como a documentación que acredite o cum-primento dos requisitos legais inherentes á modali-dade de venda a distancia que a persoa solicitante sepropón exercer.

Ademais, a persoa interesada deberá acreditar osseguintes datos:

a) A identificación da empresa, así como da súapersoa titular.

b) A estrutura e a composición dos órganos deadministración e goberno da persoa xurídica.

c) A relación de produtos ou servizos que configu-ran a oferta comercial.

d) O ámbito de actuación.

e) A clase ou as clases de medios de comunicaciónpara transmitir as propostas de contratos e para reci-bir as respostas das persoas consumidoras.

Page 20: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.121DIARIO OFICIAL DE GALICIA

f) A referencia ao sistema comercial previsto e aolugar para atender as reclamacións dos consumido-res e para atender o exercicio por parte destes dodereito de desistimento ou revogación.

g) Os lugares onde a empresa teña establecidosalmacéns e, de ser o caso, locais comerciais relaciona-dos coa actividade para a que se solicita autorización.

Exixirase, así mesmo, acreditar todos aquelesdatos que poidan resultar precisos para unha axeita-da coordinación e colaboración consultiva conoutras administracións públicas.

A documentación presentada deberá acreditar queo empresariado que se propoña practicar esta formade distribución comercial cumpre cos requisitosestablecidos nas regulamentacións e nas normasespecíficas aplicables aos produtos obxecto decomercialización e en calquera outra regulamenta-ción sectorial que resulte aplicable.

3. Calquera cambio producido na empresa queimplique o cesamento total ou parcial da súa activi-dade, ou afecte algunha das circunstancias referidasna alínea 1 deste artigo, supoñerá a obriga, por par-te da súa persoa titular, de o poñer en coñecementoda dirección xeral competente en materia de comer-cio, dentro do prazo de tres meses, contado desdeque tal cambio tivese lugar.

4. As empresas de venda a distancia deberán facerconstar nos seus anuncios comerciais os datos queidentifican a súa inscrición no Rexistro de Vendas aDistancia.

Artigo 58º.-Proposta de contratación.

1. En todas as propostas de contratación deberáconstar inequivocamente que se trata dunha propos-ta comercial. No caso de comunicacións telefónicas,deberáselle precisar explícita e claramente, ao prin-cipio de calquera conversación, á persoa comprado-ra a identidade da persoa vendedora e mais a finali-dade comercial da chamada.

2. A utilización por parte da persoa vendedora dastécnicas de comunicación que consistan nun sistemaautomatizado de chamada sen intervención humanaou nun telefax precisará o consentimento previo dapersoa compradora.

3. En todo caso, deberanse cumprir as disposiciónsvixentes sobre condicións xerais de contratación, pro-tección das persoas menores e respecto á intimidade.Cando se utilicen datos persoais procedentes de fontesaccesibles ao público para a realización de comunica-cións comerciais, proporcionaráselle á persoa destina-taria a información sinalada na lexislación vixente enmateria de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 59º.-Información previa.

1. Antes de iniciar o procedemento de contrata-ción e coa antelación precisa, a persoa vendedora

deberalle subministrar á consumidora, de xeitoveraz, eficaz e suficiente, a seguinte información:

a) A identidade da persoa oferente e o seu endere-zo.

b) As características esenciais do produto.

c) O prezo, incluídos os impostos.

d) Os gastos de entrega e transporte, se for o caso.

e) A forma de pagamento e as modalidades deentrega ou de execución.

f) A existencia dun dereito de desistimento ouresolución, ou a súa ausencia nos contratos para osque fai referencia a alínea 9 do artigo 63º desta lei.

g) O custo da utilización da técnica da comunica-ción a distancia cando se calcule sobre unha basedistinta da tarifa básica.

h) O prazo de validez da oferta e do prezo.

i) A duración mínima do contrato, de proceder,cando se trate de contratos de subministración deprodutos destinados á súa execución permanente ourepetida.

j) As circunstancias e as condicións nas que a per-soa vendedora podería subministrar un produto decalidade e prezos equivalentes, en substitución dosolicitado pola consumidora, cando se queira preveresta posibilidade.

k) De ser o caso, a indicación de se a persoa ven-dedora dispón ou está adherida a algún procedemen-to extraxudicial de solución de conflitos.

2. A información contida na alínea anterior, cuxafinalidade comercial debe ser indubidable, deberá-selle facilitar á persoa compradora de modo claro,comprensible e inequívoco, mediante calquera téc-nica axeitada ao medio de comunicación a distanciautilizado, e deberá respectar, en particular, o princi-pio de boa fe nas transaccións comerciais, así comoos principios de protección de quen sexa incapaz decontratar.

Artigo 60º.-Necesidade de consentimento expreso.

1. Non se poderá considerar en ningún caso a fal-ta de resposta á oferta de venda a distancia comoaceptación desta.

2. Para o caso de que a persoa vendedora lle envíeá destinataria da oferta o produto ofertado sen acep-tación explícita desta, aplicarase o disposto no arti-go seguinte.

Artigo 61º.-Prohibición de envíos non solicitados.

1. Queda prohibido enviarlles ás persoas consumi-doras artigos ou mercadorías non pedidas por estas ápersoa comerciante, cando as devanditas subminis-tracións inclúan unha petición de pagamento. No

Page 21: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.122 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

caso de que así for, e sen prexuízo da infracción quetal conduta supoña, a persoa receptora de tales arti-gos non estará obrigada á súa devolución, nin pode-rá reclamárselle o prezo. E no suposto de que deci-da devolvelo, non deberá indemnizar polos danos eos deméritos que presente o produto.

2. Non será aplicable o disposto na alínea anteriorcando lle quede claramente de manifesto á persoareceptora que o envío non solicitado se debía a unerro, correspondéndolle á persoa vendedora a cargada proba. A persoa receptora terá dereito a serindemnizada polos gastos e polos danos e perdas quese lle ocasionasen.

Artigo 62º.-Execución e pagamento.

1. Excepto no suposto de que as partes acordasenoutra cousa, a persoa vendedora deberá executar opedido a máis tardar no prazo de trinta días a partirdo día seguinte a aquel no que a persoa compradoralle comunicase o seu pedido.

2. No caso de non execución do contrato por parteda persoa vendedora por non se atopar dispoñible oben obxecto do pedido, a persoa compradora deberáser informada desta falta de dispoñibilidade e debe-rá poder recuperar canto antes, e en calquera casonun prazo de trinta días como máximo, as sumas queteña aboado. No suposto de que a persoa vendedoranon realice este aboamento no prazo sinalado, a per-soa compradora poderá reclamar que se lle pague odobre da suma debida, sen prexuízo do seu dereito aser indemnizada polos danos e perdas sufridos noque excedan da devandita cantidade.

3. De non se atopar dispoñible o ben obxecto dopedido, cando a persoa compradora fose informadaexpresamente de tal posibilidade, a persoa vendedo-ra poderá subministrar, sen aumento de prezo, unproduto de características similares que teña a mes-ma ou superior calidade. Neste caso, a persoa com-pradora poderá exercer os seus dereitos de desisti-mento ou resolución nos mesmos termos que de setratar do ben inicialmente requirido.

Artigo 63º.-Dereito de desistimento.

1. A persoa compradora dispoñerá dun prazo míni-mo de sete días hábiles para desistir do contrato senningunha penalización e sen indicación dos motivos.Será a lei do lugar onde se entregase o ben a quedetermine que días se deben ter por hábiles.

2. O exercicio do desistimento non estará suxeito aningunha formalidade, e abondará con que se acre-dite baixo calquera forma admitida en dereito.

3. O dereito de desistimento da persoa comprado-ra non pode implicar a imposición de ningunhapenalidade, aínda que se poderá exixir da persoacompradora que se faga cargo do custo directo dedevolución do produto á persoa vendedora.

Malia o anterior, nos supostos nos que a persoavendedora poida subministrar un produto de calida-de e prezo equivalentes, en substitución do solicita-do pola persoa consumidora, os custos directos dedevolución, de se exercer o dereito de desistimento,serán por conta da persoa vendedora, que debeuinformar disto á consumidora.

Serán nulas de pleno dereito as cláusulas que lleimpoñan á persoa consumidora unha penalizaciónpolo exercicio do seu dereito de desistimento ou arenuncia a el.

4. Para os efectos do exercicio do dereito de desis-timento, o prazo calcularase a partir do día de recep-ción do ben, sempre que se cumprise o deber deinformación que impón o artigo 59º.

5. Para o caso de que a persoa vendedora non cum-prise con tal deber de información, a persoa compra-dora poderá resolver o contrato no prazo de tres meses,contado desde aquel no que se entregou o ben. Se ainformación á que se refire o artigo 59º se facilitadurante o citado prazo de tres meses, o período de setedías hábiles para o desistimento empezará a correrdesde ese momento. Cando a persoa compradora exer-za o seu dereito a resolver o contrato por incumpri-mento do deber de información que lle incumbe á per-soa vendedora, esta non poderá exixir que aquela sefaga cargo dos gastos de devolución do produto.

6. Cando a persoa compradora exercese o dereito dedesistimento ou o de resolución consonte o establecidoneste artigo, a persoa vendedora estará obrigada a devol-ver as sumas aboadas por aquela sen retención de gas-tos. A devolución destas sumas deberase efectuar o máisaxiña posible e, en calquera caso, nun prazo máximo detrinta días desde o desistimento ou a resolución. Corres-póndelle á persoa vendedora a carga da proba sobre ocumprimento do prazo. Transcorrido este sen que a per-soa compradora teña recuperado a suma debida, terádereito a reclamala duplicada, sen prexuízo de que ade-mais se lle indemnicen os danos e perdas que lle teñancausado no que exceda da devandita cantidade.

7. Para o caso de que o prezo fose total ou parcial-mente financiado mediante un crédito concedido ápersoa compradora por parte da persoa vendedora oupor parte dun terceiro previo acordo deste coa per-soa vendedora, o exercicio do dereito de desistimen-to ou de resolución previstos neste artigo implicaráasemade a resolución do crédito sen ningunha pena-lización para a persoa compradora.

8. O transcurso do prazo do dereito de desistimen-to sen executalo non será obstáculo para o posteriorexercicio das accións de nulidade ou resolución docontrato cando procedan conforme a dereito.

9. Agás pacto en contrario, o disposto neste artigonon será aplicable aos seguintes supostos:

a) Aos contratos de subministración de produtoscuxo prezo estea suxeito a flutuacións de coeficien-

Page 22: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.123DIARIO OFICIAL DE GALICIA

tes do mercado financeiro que a persoa vendedoranon poida controlar.

b) Aos contratos de subministración de bens con-feccionados conforme especificacións da persoaconsumidora ou claramente personalizados ou que,pola súa natureza, non poidan ser devoltos ou poidandeteriorarse ou caducar con rapidez.

c) Aos contratos de subministración de gravaciónsonora ou de vídeo, de discos e de programas infor-máticos que fosen desprecintados pola persoa con-sumidora, así como de ficheiros informáticos submi-nistrados vía electrónica, susceptibles de seren des-cargados ou reproducidos con carácter inmediatopara o seu uso permanente.

d) Aos contratos de subministración de prensa dia-ria, publicacións periódicas e revistas.

Artigo 64º.-Pagamento mediante tarxeta.

1. Cando o importe dunha compra fose cargadofraudulenta ou indebidamente utilizando o númerodunha tarxeta de pagamento, a súa persoa titularpoderá exixir a inmediata anulación do cargo. En talcaso, as correspondentes anotacións do endebedadoe do reaboamento nas contas da persoa provedora eda persoa titular efectuaranse coa maior brevidade.

2. Porén, de ter sido efectivamente realizada acompra pola persoa titular da tarxeta e a esixenciade devolución non fose consecuencia de terse exer-cido o dereito de desistimento ou de resolución reco-ñecido no artigo 63º e, polo tanto, terse esixido inde-bidamente a anulación do correspondente cargo,aquela quedará obrigada fronte á persoa vendedoraao resarcimento dos danos e perdas ocasionadoscomo resultado da devandita anulación.

Artigo 65º.-Información.

1. Ademais da información sinalada no artigo 59º,a persoa consumidora deberá ter recibido, á execu-ción do contrato, as seguintes informacións e docu-mentos:

a) Información escrita sobre as condicións e asmodalidades de exercicio dos dereitos de desisti-mento e resolución, así como un documento dedesistimento ou revogación, identificado claramentecomo tal, que conteña o nome e o enderezo da per-soa a quen se debe enviar e os datos de identifica-ción do contrato e das persoas contratantes ás que serefire.

b) O enderezo do establecemento da persoa vende-dora onde a persoa compradora poida presentar assúas reclamacións.

c) Información relativa aos servizos posvenda e ásgarantías comerciais existentes.

d) No caso de formalización dun contrato de dura-ción indeterminada ou de duración superior a unano, as condicións de rescisión do contrato.

2. A información á que se refire a alínea anteriordeberase facilitar por escrito ou, agás oposiciónexpresa da persoa consumidora, en calquera outrosoporte duradeiro adecuado á técnica de comunica-ción empregada e na lingua utilizada na proposta decontratación.

Artigo 66º.-Irrenunciabilidade dos dereitos.

A renuncia efectuada, explícita ou implicitamen-te, pola persoa consumidora aos dereitos que lle sonrecoñecidos neste capítulo será nula e non impediráa aplicación das normas contidas nel.

Artigo 67º.-Requisitos especiais.

1. Os requisitos que deberán reunir as persoas físi-cas ou xurídicas que se dediquen á actividade davenda á distancia, á marxe dos previstos nos artigosprecedentes, así como dos sinalados no capítulo IIdo título I desta lei, serán os seguintes:

a) Cumprir os requisitos previstos na normativaespecífica reguladora dos produtos obxecto destamodalidade de venda.

b) Levar e ter á disposición das autoridades com-petentes unha relación autorizada dos produtos quese comercializan, das súas ofertas, dos centros dedistribución e dos domicilios sociais, así como darecepción de pedidos e solicitudes de información.

c) Ter os almacéns onde se atopen os produtos nascondicións adecuadas, segundo o establecido nalexislación vixente.

2. Non se poden efectuar envíos de ofertas para ocaso de implicar o sistema utilizado calquera gastopara a persoa destinataria, agás que exista a solici-tude previa da oferta por parte desta última.

CAPÍTULO IV

VENDAS AUTOMÁTICAS

Artigo 68º.-Concepto.

1. Enténdese por venda automática a forma de dis-tribución retallista na cal se pon á disposición daspersoas consumidoras o produto ou o servizo paraque estas o adquiran mediante o accionamento decalquera tipo de mecanismo e tras o pagamento doseu importe.

2. Para os efectos desta lei, non privará a unhavenda da súa condición de automática o feito de queo mecanismo de venda se atope instalado nun esta-blecemento comercial.

3. Todas as máquinas ou os mecanismos de vendaautomática deberán cumprir a normativa técnica quelles resulte aplicable.

Artigo 69º.-Condicións.

1. Para os efectos de protección dos consumidorese usuarios, as máquinas ou os mecanismos de venda

Page 23: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.124 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

automática deberán reunir os requisitos que regula-mentariamente se determinen e neles deberá figurarcon clareza:

a) A información referida ao produto e ao comer-ciante que o ofrece: o tipo de produto que expenden,o seu prezo, a identidade do oferente, así como unhadirección e teléfono onde se atendan as reclama-cións.

b) A información relativa á máquina que expendeo produto: o tipo de moedas que admite, as instru-cións para a obtención do produto desexado, asícomo a acreditación do cumprimento da normativatécnica aplicable.

c) Un sistema de recuperación automática de moe-das e/ou billetes para os supostos de erro, de inexis-tencia de mercadorías ou de mal funcionamento damáquina ou do mecanismo de venda.

2. No caso de produtos alimentarios, unicamenteestán autorizados para a súa venda automática osque estean envasados, os cales levarán a identifica-ción que estea prescrita pola normativa vixente enmateria de etiquetaxe e comercialización.

3. Para o caso de as máquinas ou os mecanismosde venda estaren instalados nun local destinado aodesenvolvemento dunha empresa ou actividade pri-vada, as persoas titulares desta responderán solida-riamente coa da propia máquina fronte á persoacompradora do cumprimento das obrigas derivadasda venda automática.

CAPÍTULO V

VENDA AMBULANTE OU NON SEDENTARIA

Artigo 70º.-Concepto.

1. Considérase venda ambulante ou non sedenta-ria a realizada por persoas comerciantes, fóra dunestablecemento comercial permanente de formahabitual, ocasional, periódica ou continuada, nosperímetros ou nos lugares debidamente autorizadosen instalacións comerciais desmontables ou trans-portables, incluíndo os camións tenda.

2. As vendas efectuadas dentro dos locais ou dosrecintos ocupados por un certame feiral non terán aconsideración de ambulante.

Artigo 71º.-Tipoloxía de venda ambulante ou nonsedentaria.

Para os efectos desta lei, enténdese por:

a) Venda ambulante en mercados periódicos: aque-la autorizada nos mercados situados en poboacións,en lugares e espazos determinados, cunha periodici-dade habitual establecida. Dentro desta epígrafeestán encadradas, entre outras, as realizadas en fei-ras populares, en mercados de postos e en rastros.

b) Venda ambulante en mercados fixos: aquelaautorizada en lugares anexos aos mercados munici-pais ou de abastos, con instalacións permanentesnas poboacións.

c) Venda ambulante en postos desmontables instala-dos na vía pública: aquela autorizada para un númerode postos, situacións e períodos determinados.

d) Venda ambulante en mercados ocasionais:aquela autorizada en mercados esporádicos, queteñan lugar con motivo de feiras, festas ou acontece-mentos populares.

e) Venda ambulante mediante camións ou vehícu-los tenda: aquela realizada nos citados medios eautorizada en zonas ou lugares determinados.

Artigo 72º.-Condicións.

1. O exercicio da venda ambulante, coas tipoloxíasestablecidas no artigo anterior, estará suxeita áobtención de licenza, e correspóndelles aos conce-llos a súa autorización, consonte o disposto nesta leie nas súas disposicións de desenvolvemento. Con talfin, os concellos aprobarán as correspondentes orde-nanzas municipais de venda ambulante, nas que,como mínimo, se determinarán:

a) Os lugares e os períodos nos que se poidadesenvolver a venda ambulante, así como a tipoloxíaadmitida, tendo en conta as características e asnecesidades de cada concello e, en especial, osseguintes indicadores:

1º) Densidade de tránsito e circulación.

2º) Acceso aos locais comerciais ou industriais,aos seus escaparates ou exposicións.

3º) Acceso aos edificios de uso público.

4º) Condicións para garantir a adecuada sanidadee hixiene.

5º) Interese das persoas consumidoras.

6º) Tradición e raizame no municipio desta moda-lidade de venda.

b) Os requisitos para o exercicio da venda ambu-lante.

c) O réxime de autorizacións.

d) A previsión do número de postos ou licenzas.

e) Os produtos que poderán ser ofrecidos á venda.

f) A taxa que hai que pagar pola concesión dalicenza.

g) O réxime interno de funcionamento do mercado,de ser o caso.

h) A previsión do réxime sancionador.

i) A relación de dereitos e deberes das persoascomerciantes ambulantes.

Page 24: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.125DIARIO OFICIAL DE GALICIA

2. Serán requisitos inescusables para a concesiónda referida autorización de venda ambulante osseguintes:

a) Estar dado ou dada de alta no réxime correspon-dente da Seguridade Social e, de ser o caso, noimposto de actividades económicas.

b) Cumprir cos requisitos das regulamentacións decada tipo de produtos.

c) Estar en posesión, de ser o caso, do certificadoacreditativo de ter recibido formación en materia demanipulación de alimentos.

d) Satisfacer as taxas e os tributos fixados nacorrespondente ordenanza municipal.

e) Dispoñer dos permisos de residencia e de traba-llo que, en cada caso, sexan exixibles, de se tratar depersoas estranxeiras.

f) As persoas xurídicas deberán acreditar osseguintes extremos: o CIF, a acta de constitución, osestatutos e a escritura de poder outorgada á persoaque asina a solicitude de autorización en represen-tación da empresa.

g) Dispoñer de seguro de responsabilidade civil.

Artigo 73º.-Sección de comerciantes ambulantes doRexistro Galego de Comercio.

1. Para os meros efectos estatísticos existirá unhasección de comerciantes ambulantes no RexistroGalego de Comercio regulado no artigo 8º desta lei.

2. A inscrición na correspondente sección doRexistro Galego de Comercio será voluntaria para apersoa comerciante e terá carácter previo ao inicioda actividade, debéndose achegar a seguinte docu-mentación:

a) O DNI ou o pasaporte, se o interesado é persoafísica; o CIF, a acta de constitución, os estatutos e aescritura de poder outorgada a favor da persoa queasina a solicitude de inscrición en representación daempresa, se é persoa xurídica.

b) A certificación de alta no réxime corresponden-te da Seguridade Social e, de ser o caso, no impostode actividades económicas.

3. A inscrición na sección de vendedores ambu-lantes do Rexistro Galego de Comercio terá unhavixencia de cinco anos renovables. A non inscriciónou renovación non constituirá ningún impedimentopara o exercicio da venda ambulante.

4. A Administración autonómica expedirá unhatarxeta de persoa vendedora ambulante, logo da ins-crición no Rexistro Galego de Comercio, con vixen-cia de cinco anos. Na tarxeta deberá constar:

a) A identificación da persoa titular.

b) A identificación da persoa traballadora para aque se expide a tarxeta e a fotografía dela.

c) A data de expedición e de caducidade.

d) A descrición literal da epígrafe na que figuradada de alta.

e) O número de inscrición no rexistro.

A tarxeta seralle outorgada á persoa física ou xurí-dica titular da actividade, sendo expedidas de formanominativa para cada unha das súas persoas traba-lladoras, sempre que estas últimas acrediten unhacotización como vendedoras ambulantes de polomenos dezaseis horas semanais na SeguridadeSocial no réxime que corresponda.

Para os efectos de simplificación administrativa, atarxeta servirá como acreditación dos extremos sina-lados na alínea 2 deste artigo perante os correspon-dentes concellos. No suposto de que a persoa vende-dora ambulante non opte voluntariamente pola ins-crición na sección do rexistro, será o concello queautorice o exercicio da venda ambulante o quecomunique os datos para a correspondente inscri-ción.

Artigo 74º.-Produtos obxecto da venda ambulante.

1. Non poderán ser en ningún caso obxecto de ven-da ambulante ou non sedentaria os bens ou os pro-dutos cuxa propia normativa o prohiba e aqueloutrosque, por razón da súa presentación ou outros moti-vos, non cumpran a normativa técnico-sanitaria e deseguranza.

2. En todo caso, non se poderán vender alimentosou produtos alimentarios non envasados por quencareza do certificado acreditativo de ter recibido for-mación en materia de manipulación deles.

3. Os concellos determinarán, dentro dos lugaressinalados, os produtos obxecto de comercialización.

Artigo 75º.-Lugares destinados á venda ambulante.

Os concellos coidarán de que os lugares destina-dos ao exercicio da venda ambulante se atopen enaxeitadas condicións de limpeza e salubridade,debendo exercer o debido control hixiénico e sanita-rio, en especial dos produtos perecedoiros e de ali-mentación, de acordo coa lexislación e coas orde-nanzas vixentes.

Artigo 76º.-Réxime de autorización.

1. As autorizacións concederanse en condiciónsnon discriminatorias e o procedemento deberágarantir a transparencia e a imparcialidade e, enconcreto, a publicidade adecuada de inicio, desen-volvemento e fin do proceso.

Posto que o número de autorizacións dispoñibles élimitado debido á escaseza de solo público habilita-do para tal efecto, a duración delas non poderá ser

Page 25: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.126 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

por tempo indefinido, debendo permitir, en todocaso, a amortización dos investimentos e unha remu-neración equitativa dos capitais investidos.

As autorizacións outorgaranse por tempo determi-nado. O seu prazo de duración será de cinco anos pro-rrogables de forma expresa por idénticos períodos.

2. As licenzas poderánselles conceder tanto a per-soas físicas coma a persoas xurídicas, sexan socieda-des mercantís ou cooperativas, e serán transferibles aoutras persoas físicas ou xurídicas que cumpran osrequisitos establecidos no artigo 72º.2 desta lei, logode comunicación á administración competente. Atransmisión dunha autorización non afectará o seuperíodo de vixencia, que se manterá polo tempo quereste ata a finalización do prazo de duración.

Artigo 77º.-Información ao público.

As persoas que exerzan o comercio ambulantedeberán ter exposto de xeito doadamente visible elexible para o público os seus datos persoais e odocumento no que conste a correspondente autoriza-ción municipal, así como un enderezo para a recep-ción das posibles reclamacións.

Artigo 78º.-Facultades de inspección e sanción.

Correspóndelles aos concellos a inspección e asanción en materia de venda ambulante, sen prexuí-zo das competencias atribuídas a outras administra-cións.

CAPÍTULO V

VENDA EN POXA PÚBLICA

Artigo 79º.-Concepto.

1. Son vendas en poxa pública aquelas consisten-tes na oferta pública e irrevogable dun ben para osefectos da adxudicación do produto, mediante o sis-tema de poxa e dentro do prazo concedido para talefecto, á persoa oferente que propoña un mellor pre-zo no transcurso dunha sesión pública convocadacon esta finalidade.

2. A regulación das vendas en poxa pública conti-da nesta lei aplicarase tanto ás efectuadas porempresas que se dediquen habitualmente a estaactividade coma a aquelas que a realicen ocasional-mente. Están fóra do ámbito de aplicación desta leias poxas xudiciais ou administrativas, as que seleven a cabo en lonxas e lugares similares e mais aspoxas de títulos-valores, que se rexerán pola súanormativa específica.

Artigo 80º.-Condicións do contrato de venda enpoxa pública.

O contrato de poxa ou de venda en poxa públicadeberá cumprir as seguintes condicións:

a) No suposto de que os bens para vender en poxapública non pertenzan á empresa que desenvolva

esta actividade, as relacións coa propiedade de talesbens axustaranse ao estipulado entre as partes, deconformidade coa normativa xeral sobre contrata-ción.

b) En defecto de pacto expreso, entenderase quetodos os gastos da venda en poxa pública, incluídosos de custodia e, de ser o caso, taxación, lle corres-ponden á empresa de poxas, sen que a propiedadedeba entregar por este concepto ningunha remunera-ción, fóra do prezo ou da gratificación establecida.

Tamén lle corresponderá á referida empresa, agásestipulación en contrario, a obriga de custodia eexposición dos bens e, de ser o caso, os de inclusiónno catálogo.

c) De ser o caso, a empresa poxadora deberá com-probar o cumprimento dos requisitos establecidos nalexislación vixente para a protección do tesouroartístico, histórico e bibliográfico.

d) A encarga de poxa deberase documentarmediante un escrito no que se identificarán as par-tes, o obxecto e as condicións da venda, así como aretribución da empresa poxadora.

Artigo 81º.-Requisitos da oferta en poxa pública.

A oferta da venda en poxa pública deberá cumpriros seguintes requisitos:

a) Deberá conter unha descrición veraz dos obxec-tos que saen á referida venda, con identificación dese as súas calidades son certas ou, simplemente,supostas ou avaladas por determinado experto.

b) Cando en salas especializadas en obxectos dearte ou de valor se oferte a venda en poxa dunha imi-tación ou dun artigo que, se ben aparentemente pre-cioso, non o sexa na realidade, deberase facer cons-tar expresamente esta circunstancia, tanto nos anun-cios coma nas invitacións das poxas.

c) Cando se oferte a venda en poxa dun obxecto aoque se achega o nome ou as iniciais dunha determi-nada persoa ou precisando que aparece asinado poresta, considerarase que se vende como orixinal dela,a non ser que constaren con clareza as oportunasadvertencias.

d) O disposto na alínea anterior aplicarase taménás vendas de obxectos preciosos ou artísticos que seoferten ao público en forma distinta á poxa.

Artigo 82º.-Relación entre as partes intervenientes.

A relación entre a empresa que efectúa a venda enpoxa pública e as persoas licitadoras deberase aterás seguintes condicións:

a) Unicamente poderá exixírselles a constituciónde fianza ás persoas licitadoras cando expresamentese consignase esta condición nos anuncios da vendaen poxa pública.

Page 26: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.127DIARIO OFICIAL DE GALICIA

O importe das fianzas non poderá ser en ningúncaso superior ao cinco por cento do prezo de saídados bens en cuxa licitación se queira participar.

b) A fianza constituída polas persoas licitadoras ásque non lles fose adxudicado o remate deberalles serreintegrada dentro do prazo máximo de tres días,que se contará desde a finalización do acto.

c) Para o caso de que a persoa rematante non satis-faga o prezo nas condicións en que se levou a cabo aadxudicación, perderá a fianza constituída, que, endefecto de pacto, lle corresponderá á persoa titulardo ben poxado, unha vez deducido o premio ou acomisión atribuíble á empresa poxadora, sen prexuí-zo do dereito da persoa vendedora a exixir o cumpri-mento do contrato.

Artigo 83º.-Documentación.

1. Logo de se adxudicar un ben, consignarase deinmediato por escrito e procederase á súa entregaunha vez satisfeito o prezo do remate ou a parte doprezo determinada nos correspondentes anuncios.

2. As vendas en poxa pública deberán, necesaria-mente, formalizarse mediante un documento públicoou privado que, de ser o caso, poderá ser concedidopola empresa poxadora como mandataria da persoapropietaria do ben vendido na poxa.

Artigo 84º.-Efectos da venda en poxa pública.

1. A adquisición de bens mobles mediante unhavenda en poxa pública conforme o previsto nesta leideterminará a súa irreivindicabilidade na formaestablecida no artigo 85º do Código de comercio.

2. A empresa poxadora responderá solidariamentecoa persoa titular do ben poxado pola falta de con-formidade deste co anuncio da poxa, así como polosvicios ou defectos ocultos da cousa vendida candoincumprise as obrigas de información contidas noartigo 81º desta lei.

Artigo 85º.-Comunicación previa.

A actividade de venda en poxa pública deberalleser comunicada previamente ao concello en cuxoámbito territorial vai ser realizada.

No caso de empresas que se dediquen con carácterpermanente a esta actividade, a autorización concedera-se por unha soa vez e con carácter temporal ilimitado,sen prexuízo da súa oportuna revogación por incumpri-mento das condicións requiridas e, en calquera caso,despois do oportuno expediente administrativo.

CAPÍTULO VII

VENDA OCASIONAL

Artigo 86º.-Concepto.

Para os efectos desta lei, enténdese por venda oca-sional aquela que consista na oferta de bens en esta-

blecementos, públicos ou privados, que non teñancarácter comercial permanente e habitual para estaactividade, por un período inferior a un mes e que nonconstitúa venda ambulante ou calquera outra modali-dade de venda expresamente regulada nesta lei.

Artigo 87º.-Condicións.

1. A actividade de venda ocasional deberá sercomunicada previamente ao concello en cuxo ámbi-to territorial se desenvolva.

2. Na comunicación determinaranse, como míni-mo, os seguintes extremos:

a) A identificación da persoa vendedora.

b) A descrición do produto, das súas característi-cas, así como da súa orixe.

c) O cumprimento dos requisitos fiscais e adminis-trativos.

d) O título de uso do local.

3. Cando a venda ocasional supoña a entrega inmedia-ta do produto comercializado deberáselle indicar á per-soa compradora a existencia dun prazo de, polo menos,sete días, durante o cal esta poida efectuar a correspon-dente devolución ou, se for o caso, reclamación.

4. Se a entrega do produto se difire no tempo seralleaplicable á venda ocasional o disposto nos artigos 57ºa 67º desta lei.

CAPÍTULO VIII

PRÁCTICAS ESPECIAIS DE VENDA

Artigo 88º.-Venda multinivel. Concepto.

1. A venda multinivel constitúe unha forma espe-cial de comercio na que unha persoa fabricante oucomerciante por xunto vende os seus produtos ouservizos á persoa consumidora final a través dunharede de comerciantes ou axentes distribuidoresindependentes, mais condicionados dentro dunhamesma rede comercial, e cuxos beneficios económi-cos se obteñen mediante unha única marxe sobre oprezo de venda ao público, que se distribúe median-te a percepción de porcentaxes variables sobre ototal da facturación xerada polo conxunto das per-soas comerciantes ou distribuidoras independentesintegradas na rede comercial e, proporcionalmente,ao volume de negocio que cada compoñente crease.

2. Entre a persoa fabricante ou a comerciante porxunto e a persoa consumidora final só será admisiblea existencia dunha persoa distribuidora.

Artigo 89º.-Condicións.

1. Queda prohibido organizar a comercializaciónde produtos e servizos nos seguintes supostos:

a) Cando o beneficio económico da organización edas persoas vendedoras non se obteña exclusiva-

Page 27: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.128 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

mente da venda ou do servizo distribuído ás persoasconsumidoras finais, senón da incorporación denovas persoas vendedoras.

b) Para o caso de que non se garanta axeitadamen-te que as persoas distribuidoras conten coa oportunacontratación laboral ou cumpran cos requisitos queveñen exixidos legalmente no desenvolvementodunha actividade comercial.

c) Cando exista a obriga de realizar unha compramínima dos produtos distribuídos por parte dasnovas persoas vendedoras sen pacto de recompranas mesmas condicións.

2. A persoa fabricante ou comerciante por xuntotitular da rede non poderá condicionar en ningúncaso o acceso a esta mediante a exixencia do abo-amento dunha cota ou dun canon de entrada que nonsexa equivalente aos produtos e material promocio-nal entregados a un prezo similar ao doutros homó-logos existentes no mercado e que non poderánsuperar a cantidade que regulamentariamente sedetermine.

Artigo 90º.-Prohibición das vendas piramidais.

1. Prohíbese a venda realizada polo procedementochamado «en cadea ou piramidal» e calquera outroanálogo, consistente en lles ofrecer ás persoas con-sumidoras produtos ou servizos a un prezo inferiorao seu valor de mercado, de forma gratuíta ou porcalquera medio que implique un incentivo de com-pra, coa condición de que se consiga, directa ouindirectamente, para a persoa vendedora ou paraunha terceira, a adhesión doutras persoas ou unvolume de venda determinado.

2. Prohíbese propoñer a obtención de adhesións ouinscricións coa expectativa de obter un beneficioeconómico relacionado coa progresión xeométrica donúmero de persoas recrutadas ou inscritas.

Artigo 91º.-Prohibición da venda á perda.

Prohíbese a venda á perda, de acordo co estableci-do no artigo 12º, capítulo III, do título I desta lei.

TÍTULO VI

DA ACTIVIDADE COMERCIAL EN RÉXIME DE FRANQUÍA

CAPÍTULO ÚNICO

DA ACTIVIDADE COMERCIAL EN RÉXIME DE FRANQUÍA

Artigo 92º.-Concepto e condicións.

1. A actividade comercial en réxime de franquía éaquela que se leva a cabo en virtude dun acordo oudun contrato polo que unha empresa, denominadafranqueadora, cede a outra, denominada franqueada,o dereito á explotación dun sistema propio de comer-cialización de produtos ou servizos.

2. As persoas físicas ou xurídicas que realicen a acti-vidade comercial en réxime de franquía en territoriogalego deberanllo comunicar á sección desta actividadedo Rexistro Galego de Comercio no prazo de tres mesesdesde o inicio dela, sempre que teñan o seu domiciliosocial ou unha delegación ou representación en Galicia.

3. Os datos e os documentos precisos para a inscri-ción determinaranse regulamentariamente.

TÍTULO VII

DAS ACTIVIDADES FEIRAIS

CAPÍTULO ÚNICO

DAS ACTIVIDADES FEIRAIS

Artigo 93º.-Das actividades feirais.

Polo que respecta á regulación das actividades fei-rais, estas rexeranse pola lei específica da Comuni-dade Autónoma de Galicia nesta materia e polo dis-posto no seguinte precepto.

Artigo 94º.-Feiras de oportunidades realizadas porpersoas comerciantes.

1. Enténdese por feiras de oportunidades aquelas decarácter multisectorial promovidas por persoas comer-ciantes ou polas súas estruturas asociativas e realiza-das fóra dos seus respectivos establecementos comer-ciais, permanentes ou fixos, en lugares do núcleo urba-no habilitados para o efecto polo respectivo concello.

2. A realización das feiras de oportunidades requi-rirá comunicación previa á dirección xeral compe-tente en materia de comercio, logo da corresponden-te solicitude realizada cunha antelación mínima dunmes á data do desenvolvemento da feira, e na que seindicarán de forma pormenorizada o número de pos-tos que se van instalar, os produtos obxecto de ven-da, así como a duración e a localización, debendoachegar a correspondente comunicación previa oudeclaración responsable ao respectivo concello e oinforme favorable da Mesa Local do Comercio.

3. As feiras de oportunidades terán por obxecto arealización de vendas en condicións máis vantaxosasdas habituais, resultándolles aplicable o disposto nocapítulo I do título IV desta lei.

4. As dúas terceiras partes das persoas comercian-tes participantes na feira de oportunidades deberánexercer a súa actividade no respectivo concello oucomarca, de ser o ámbito territorial da feira comar-cal, e ningunha delas poderá ocupar máis dunhadécima parte da dimensión espacial da feira.

5. As feiras de oportunidades terán unha duraciónmáxima de tres días e poderanse realizar unicamenteunha vez ao ano, preferentemente en período derebaixas. Excepcionalmente, e logo do informe favorabledo Observatorio do Comercio de Galicia e da Mesa Localdo Comercio, a dirección xeral competente en materia de

Page 28: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.129DIARIO OFICIAL DE GALICIA

comercio poderá autorizar a realización dunha segundafeira de oportunidades no período dun ano.

TÍTULO VIII

DA INSPECCIÓN E DO RÉXIME SANCIONADOR

CAPÍTULO I

INSPECCIÓN

Artigo 95º.-Competencias inspectoras.

A Administración galega, a través da direccióncompetente en materia de comercio, e os concellos,no exercicio das súas funcións de vixilancia, pode-rán inspeccionar os produtos, as actividades, as ins-talacións e os establecementos comerciais, así comosolicitarlles ás súas persoas titulares canta informa-ción resulte precisa en relación con estes, co fin degarantiren o cumprimento desta lei e das súas dispo-sicións de desenvolvemento.

O exposto no parágrafo anterior enténdese sen pre-xuízo das competencias inspectoras noutros ámbitossectoriais nos que, por razón da materia, outros depar-tamentos da Xunta de Galicia resulten competentes.

Artigo 96º.-Funcións da Inspección de Comercio.

Correspóndenlle á Inspección de Comercio asseguintes funcións:

a) Vixiar, verificar e constatar o cumprimento das dispo-sicións legais e regulamentarias en materia de comercio.

b) Investigar e comprobar os feitos dos que teñacoñecemento a administración por presuntas infrac-cións ou irregularidades en materia de comercio.

c) Asesorar e informar sobre calquera materiacomercial e comprobar a execución dos investimen-tos que fosen obxecto de subvencións públicas.

d) Informar ás empresas, durante a realización dassúas actuacións, sobre as esixencias, o cumprimento e aaplicación da normativa vixente en materia de comercio.

e) Elaborar os informes que requira a súa activida-de, así como os solicitados polos órganos competen-tes en materia de comercio.

f) Estudar, preparar e executar as campañas de ins-pección, así como calquera outra actuación prepara-toria para a correcta execución das súas funcións.

g) Calquera outra función inspectora que, legal ouregulamentariamente, se lle atribúa.

Artigo 97º.-Facultades da Inspección de Comercio.

Para o cumprimento das súas funcións, o persoalque realice as actividades de inspección terá asseguintes facultades:

a) Acceder en calquera momento aos establece-mentos comerciais ou ás empresas suxeitas a inspec-ción.

b) Requirir a comparecencia da persoa titular oudas persoas responsables do establecemento comer-cial, da empresa ou da actividade, ou de quen asrepresente, durante o tempo que resulte preciso parao desenvolvemento das súas actuacións.

c) Requirirlles información á persoa titular ou áspersoas responsables do establecemento comercial,da empresa ou da actividade sobre calquera asuntorelativo ao cumprimento da normativa comercialaplicable.

d) Solicitar información do persoal ao servizo doestablecemento, da empresa ou da actividadecomercial, no suposto de que a persoa titular ou aspersoas responsables non estean presentes.

e) Demandar, cando o considere preciso, a colabo-ración do persoal e dos servizos dependentes dou-tras administracións públicas, así como das forzas ecorpos de seguridade do Estado.

Artigo 98º.-Obrigas das persoas inspeccionadas.

1. As persoas físicas ou xurídicas inspeccionadasestarán obrigadas, ben sexa a través das persoastitulares dos establecementos inspeccionados ou, noseu defecto, a través das súas persoas empregadas,por requirimento dos órganos competentes en mate-ria de comercio ou do persoal que realice as activi-dades de inspección, a:

a) Facilitarlle á Inspección de Comercio o accesoás dependencias e ás instalacións e mais o examedos documentos, libros e rexistros directamenterelacionados coa vixilancia e a comprobación documprimento das obrigas legais en materia decomercio.

b) Subministrar toda clase de información sobreinstalacións, produtos ou servizos, permitindo adirecta comprobación das persoas inspectoras.

c) Exhibir a documentación que sirva de xustifica-ción das transaccións efectuadas, dos prezos e dasmarxes aplicadas e dos conceptos nos que estes sedescompoñen.

d) Facilitar a obtención de copia ou a reproduciónda devandita documentación.

e) En xeral, consentir a realización das visitas deinspección e dar toda clase de facilidade para isto.

2. Calquera declaración ou documentación que seachegue por requirimento da administración, ouespontaneamente, deberá ser asinada por persoa conpoder bastante para representar a empresa.

Artigo 99º.-Actividade inspectora en materia decomercio.

1. A actividade inspectora en materia de comerciorealizarana as persoas funcionarias do corpo de xes-tión da Xunta de Galicia (subgrupo A2) adscritas aoscorrespondentes postos de Inspección de Comercio.

Page 29: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.130 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

2. Correspóndelle ao funcionariado da Inspecciónde Comercio a dirección e a execución das acciónsdirixidas ao cumprimento das funcións establecidasno artigo 96º desta lei.

Artigo 100º.-Persoal da Inspección de Comercio.

1. No exercicio das funcións inspectoras, o funcio-nariado da Inspección de Comercio terá carácter deautoridade e, sen prexuízo da dependencia orgánicae funcional da autoridade administrativa correspon-dente, actuará con total independencia e con estritasuxeición ao principio de imparcialidade.

2. O funcionariado da Inspección de Comercioestará obrigado a se identificar como tal no exerciciodas súas funcións e, cando lle sexa solicitado, aexhibir as credenciais da súa condición.

O disposto no parágrafo anterior non será aplicablenaqueles casos nos que a finalidade da inspecciónse poida frustrar por tal motivo, sempre que o laborinspector se realice en lugares de acceso público.

3. A actuación inspectora terá, en todo caso,carácter confidencial e o persoal inspector estaráobrigado, de forma estrita, a cumprir o deber desegredo profesional.

Artigo 101º.-Actuación das persoas inspectoras.

1. A Inspección de Comercio levará a cabo a súaactuación mediante:

a) As visitas aos establecementos comerciaisobxecto da inspección.

b) O requirimento para que as persoas responsablesdas actividades comerciais comparezan en persoa naadministración e acheguen cantos datos sexan precisospara realizar a función inspectora, nos termos previstosnos artigos 39º e 40º da Lei 30/1992, do 26 de novem-bro, de réxime xurídico das administracións públicas edo procedemento administrativo común.

c) Os medios de investigación que considere opor-tunos.

2. De cada visita de inspección levantarase acta,que reflectirá as actuacións de investigación e com-probación realizadas e os seus resultados. As actasde inspección teñen natureza de documento públicoe terán valor probatorio dos feitos que motivasen asúa formalización, agás que se acredite o contrario.

3. O procedemento de inspección e mais o contidodas actas de inspección determinaranse regulamen-tariamente.

CAPÍTULO II

INFRACCIÓNS

Artigo 102º.-Concepto e clases.

1. Sen prexuízo das responsabilidades que doutraorde poidan derivar, constitúen infraccións adminis-

trativas en materia de ordenación da actividadecomercial, así como das institucións e actividadesfeirais, as accións ou as omisións tipificadas nestalei, as cales serán obxecto de sancións administrati-vas logo da instrución do correspondente procede-mento sancionador.

2. As infraccións clasifícanse en leves, graves emoi graves.

Artigo 103º.-Responsabilidade.

Son responsables polas infraccións tipificadas nestalei as persoas físicas ou xurídicas titulares das empre-sas, dos establecementos e das actividades comerciaisdas que se trate.

Artigo 104º.-Infraccións leves.

Terán a consideración de infraccións leves:

a) As simples inobservancias das disposicións esta-blecidas nesta lei que non teñan repercusións econó-micas nin prexuízo para as persoas consumidoras.

b) Non exhibir a necesaria autorización, homologa-ción ou comunicación na forma legal ou regulamen-tariamente establecida.

c) En xeral, incumprir as obrigas establecidas nes-ta lei que non sexan obxecto de sanción específica.

Artigo 105º.-Infraccións graves.

Terán a consideración de infraccións graves:

a) En relación co exercicio da actividade comer-cial:

1º) Exercer unha actividade comercial sen previaautorización no caso de que esta sexa preceptiva, ousen realizar a comunicación en prazo ao RexistroGalego de Comercio, ou non realizar as comunica-cións ou notificacións á Administración comercialexixidas pola normativa vixente, ou incumprir osrequisitos establecidos no artigo 5º ou incorrer nal-gunha das prohibicións establecidas no artigo 6º.

2º) Exercer de xeito simultáneo nun mesmo esta-blecemento actividades comerciais por xunto e polomiúdo sen mantelas debidamente diferenciadas ousen respectar as normas específicas aplicables a cadaunha destas modalidades de distribución.

3º) Realizar vendas á perda, con excepción dasautorizadas por esta lei, e incumprir as normas sobrefacturas que recolle o artigo 12º.

4º) Exercer a actividade de venda fóra dun estable-cemento comercial con incumprimento do dispostono artigo 22º.

b) En canto ás actividades comerciais de promo-ción de vendas:

1º) Utilizar as denominacións recollidas no artigo36º.2, ou outras semellantes, para anunciar vendas

Page 30: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.131DIARIO OFICIAL DE GALICIA

que non respondan ao correspondente conceptolegal ou que xeren confusión con outra distinta, asícomo non observar as características legais defini-doras de cada unha delas.

2º) Vender artigos defectuosos, agás na venda en sal-dos.

3º) Vender artigos ou produtos baixo a denomina-ción de saldos cando aqueles non se axusten ao esta-blecido nesta lei e cando os artigos en saldo non seencontren debidamente separados do resto dos pro-dutos non saldados.

4º) Incumprir o preceptuado no artigo 40º.1, encanto á prohibición de simultanear a venda enrebaixas con outras vendas promocionais.

5º) Realizar a venda en rebaixas, en liquidación oucon desconto de artigos adquiridos expresamentecon tal finalidade.

6º) Incumprir o disposto nesta lei para a venda enrebaixas.

7º) Falsear, nas vendas promocionais, a publicida-de da súa oferta.

8º) Incumprir o réxime establecido sobre entrega etroco dos obsequios promocionais.

9º) Modificar durante o período de duración daoferta de vendas con obsequio o prezo ou a calidadedo produto.

10º) Vender baixo o anuncio de venda en liquida-ción ou realizar a liquidación que non responda aoestablecido nesta lei e a venda efectuada sen acomunicación previa esixida.

c) No que atinxe ás modalidades e ás prácticasespeciais de venda:

1º) Realizar vendas a distancia con incumprimen-to das condicións e das limitacións que para asdevanditas vendas establece esta lei.

2º) Anunciar vendas como directas de fabricanteou do comerciante por xunto con incumprimento dopreceptuado por esta lei.

3º) Incumprir o réxime establecido legalmentepara as vendas domiciliarias.

4º) Incumprir o disposto no artigo 69º respecto darecuperación do importe na venda realizada a travésde mecanismos ou máquinas de venda.

5º) Incumprir a prohibición de venda realizadapolo procedemento chamado «en cadea ou pirami-dal», de acordo co establecido no artigo 90º destalei.

6º) Incumprir os requisitos legais para a venda enpoxa pública.

d) No tocante á venda ambulante ou non sedenta-ria:

1º) Practicar a venda fóra dos perímetros e/ou doslugares autorizados ou con transgresión dos días edos horarios establecidos.

2º) Practicar a venda calquera persoa non autori-zada ou comerciantes que incumpran os requisitosestablecidos nesta lei, nos regulamentos ou nasordenanzas reguladoras.

3º) Practicar a venda en lugares que non reúnan ascondicións establecidas nesta lei, nos regulamentosou nas ordenanzas reguladoras.

e) Negarse ou resistirse a subministrar datos ou afacilitar a información requirida polas autoridadesou o seu funcionariado e axentes da Administracióncomercial no exercicio das súas funcións de compro-bación e mais a subministración de información ine-xacta ou incompleta.

f) Incumprir as disposicións administrativas relati-vas á prohibición de comercializar ou distribuírdeterminados produtos.

g) Exixir prezos superiores a aqueles que fosen obxec-to de fixación administrativa.

h) Incumprir os prazos máximos de pagamento queestablece a alínea 3 do artigo 15º, así como nonentregaren as persoas comerciantes ás súas persoasprovedoras un documento que leve aparellada a exe-cución cambiaria, e faltar a entrega dun efecto endo-sable á orde nos supostos e nos prazos previstos naalínea 4 do artigo 15º.

i) Incumprir por parte de quen outorgue o contratode franquía a obriga de comunicación do inicio daactividade ao rexistro previsto no artigo 92º.2 noprazo ao que se refire ese precepto, así como nonactualizar os datos que con carácter anual debanrealizar.

j) Non deixar constancia documental da data deentrega de mercadorías polos provedores ou falseareste dato.

k) Cursar información errónea ou claramente insu-ficiente cando esta se solicitase de conformidadecoa normativa aplicable e teña carácter esencial, sexeren graves danos ou exista intencionalidade.

l) Reincidir na comisión de infraccións leves.

Artigo 106º.-Infraccións moi graves.

Terán a consideración de infraccións moi graves:

a) Exercer actividades comerciais en establece-mentos comerciais individuais ou colectivos que nonobtivesen a autorización autonómica á que se refireo artigo 29º cando esta sexa preceptiva.

b) Negarse ou resistirse a subministrar datos ou afacilitar a información requirida polas autoridades e

Page 31: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.132 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

os seus axentes no exercicio das súas funcións deinspección, cando se efectuar a través de violenciafísica ou verbal ou calquera outra forma de presión.

c) Cometer as infraccións cualificadas como gra-ves, sempre que supuxesen unha facturación, afec-tada pola infracción, superior a un millón de euros.

d) Reincidir na comisión de infraccións graves.

Artigo 107º.-Reincidencia.

1. Entenderase por reincidencia a comisión, noperíodo dun ano, de máis dunha infracción da mes-ma natureza, cando así fose declarado por resoluciónfirme.

2. Malia o sinalado na alínea anterior, para cuali-ficar unha infracción como moi grave só se atenderáá reincidencia en infraccións graves, e a reinciden-cia en infraccións leves só determinará que unhainfracción deste tipo sexa cualificada como gravecando se incorrese en máis de dúas infraccións decarácter leve, cando así fose declarado por resolu-ción firme.

Artigo 108º.-Prescrición das infraccións.

As infraccións reguladas nesta lei prescribirán aostres anos as cualificadas de moi graves, aos dousanos as cualificadas de graves e aos seis meses ascualificadas de leves.

Estes prazos contaranse a partir da realización doacto sancionable ou do remate do período de comi-sión de se tratar de infraccións continuadas.

Interromperá a prescrición a iniciación, con coñe-cemento da persoa interesada, do procedementosancionador. O prazo de prescrición volverá correrno caso de que o expediente sancionador estea para-lizado durante máis dun mes por causa non imputa-ble á persoa presuntamente infractora.

CAPÍTULO III

SANCIÓNS

Artigo 109º.-Tipoloxía das sancións.

1. As infraccións sinaladas nesta lei darán lugar ásseguintes sancións:

a) Apercibimento á persoa infractora.

b) Multa.

c) Incautación e perda da mercadoría.

d) Pechamento do establecemento ou suspensiónda actividade comercial da que se trate por prazonon superior a un ano.

2. Non terá carácter de sanción a clausura ou opechamento de establecementos que non contencoas autorizacións preceptivas ou a suspensión doseu funcionamento durante o tempo preciso para asúa regularización. Tales medidas acordaraas o Con-

sello da Xunta de Galicia por proposta da consella-ría competente en materia de comercio. Tampoucoterán carácter sancionador as multas coercitivas queeventualmente se puidesen impoñer, de conformida-de co previsto nesta lei.

Artigo 110º.-Contía das multas.

1. As infraccións desta lei serán sancionadas conmulta cuxa contía se establecerá coa seguinte grada-ción:

a) As infraccións leves sancionaranse con aperci-bimento ou multa de ata 1.500 euros.

b) As infraccións graves, con multa de 1.501 ata50.000 euros.

c) As infraccións moi graves, con multa de 50.001ata 1.000.000 de euros.

2. A Xunta de Galicia, mediante un decreto, pode-rá actualizar o importe das sancións previstas na alí-nea anterior en función das variacións que experi-mentase o índice de prezos ao consumo.

Artigo 111º.-Sancións accesorias.

1. A autoridade a quen lle corresponda a resolu-ción do expediente poderá acordar, como sanciónaccesoria, o comiso da mercadoría adulterada, falsi-ficada, fraudulenta, non identificada ou que poidasupoñer un risco para as persoas consumidoras, quedeberá destruírse no caso da súa utilización ou con-sumo constituír un perigo para a saúde pública.Será, en todo caso, o órgano sancionador o que debadeterminar o destino final que se lles debe dar ásmercadorías comisadas en cada circunstancia. Osgastos que deriven das operacións de intervención,depósito, comiso, transporte e destrución da merca-doría serán por conta da persoa infractora.

2. O Consello da Xunta de Galicia poderá acordar,no suposto de infraccións moi graves que supuxerenun grave risco para a saúde, grave prexuízo econó-mico ou tiveren unha gran transcendencia social, opechamento temporal da empresa ou do establece-mento infractor por un prazo non superior a un ano.

3. A autoridade á que lle corresponda a resolucióndo expediente ordenará o pechamento do establece-mento e o cesamento da actividade de grandes esta-blecementos que realizasen actividade comercialsen a pertinente autorización comercial ou contra ostermos expresados nesta, con independencia damulta que lles poida corresponder por tales feitos.

Artigo 112º.-Gradación das sancións.

1. As sancións graduaranse tendo en conta os seguin-tes factores:

a) A transcendencia social da infracción.

b) A natureza dos prexuízos causados.

c) O volume da facturación á que afecta.

Page 32: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.133DIARIO OFICIAL DE GALICIA

d) O grao de voluntariedade ou a intencionalidadeda persoa infractora.

e) A contía do beneficio obtido.

f) A capacidade ou a solvencia económica da empre-sa.

g) O prazo de tempo durante o que se viñese come-tendo a infracción.

h) A reincidencia.

2. Cando o beneficio que resulte dunha infracciónsexa superior á sanción que lle corresponda, estapoderase incrementar na contía equivalente aobeneficio obtido.

3. Regulamentariamente poderán introducirse espe-cificacións ou gradacións ao cadro de infraccións ousancións establecidas nesta lei que, sen constituírennovas infraccións e sancións, nin alteraren a nature-za ou os límites das que considera a lei, contribúaná máis correcta identificación dos tipos de infrac-ción ou a unha máis precisa determinación das san-cións correspondentes.

Artigo 113º.-Órganos competentes para a imposi-ción das sancións.

1. A competencia para iniciar os procedementossancionadores derivados das infraccións tipificadasnesta lei corresponderalle a quen posúa a titularida-de das respectivas xefaturas territoriais da consella-ría competente en materia de comercio.

2. Porén, a devandita competencia corresponderalleá dirección xeral competente en materia de comerciono caso de infraccións administrativas que afecten oámbito territorial de dúas ou máis provincias da Comu-nidade Autónoma galega.

3. A competencia para a resolución dos expedien-tes sancionadores corresponderalles:

a) Nos supostos de infraccións moi graves, ao Con-sello da Xunta de Galicia.

b) Nos supostos de infraccións graves, a quen desem-peñe a titularidade da consellaría competente en mate-ria de comercio.

c) Nos supostos de infraccións leves, á persoa titu-lar da xefatura territorial correspondente da conse-llaría competente en materia de comercio, candoafecten unicamente o seu respectivo ámbito territo-rial, e á persoa titular da dirección xeral competen-te en materia de comercio nos casos de infracciónsque afecten o ámbito territorial de dúas ou máis pro-vincias do territorio galego.

4. As infraccións tipificadas no artigo 105º.a).1),no que atinxe á licenza municipal de apertura, e naalínea d) do mesmo precepto, relativo á venda ambu-lante ou non sedentaria, sancionaranas as persoas

titulares das alcaldías, de conformidade co previstonesta lei.

Artigo 114º.-Procedemento sancionador.

1. O procedemento sancionador en materia de comer-cio interior substanciarase, no non previsto nesta lei,consonte o disposto na normativa reguladora para oexercicio da potestade sancionadora pola administra-ción da Xunta de Galicia, debéndose respectar os prin-cipios contidos na lexislación xeral correspondente aoréxime xurídico das administracións públicas e do pro-cedemento administrativo común.

2. O procedemento sancionador en materia de comer-cio iniciarase como consecuencia de calquera dasactuacións seguintes:

a) Pola propia iniciativa do órgano competente enmateria de comercio cando, por calquera medio,teña coñecemento dunha presunta infracción.

b) Por orde do órgano superior xerárquico.

c) Por pedimento razoado da autoridade ou doórgano administrativo que teña coñecemento dunhapresunta infracción.

d) Por denuncia de calquera persoa en cumpri-mento ou non dunha obriga legal.

3. Con carácter previo á incoación do procedemen-to, a autoridade competente poderá realizar actua-cións co obxecto de determinar a concorrencia dascircunstancias que xustifiquen, de ser o caso, a ini-ciación do procedemento sancionador.

4. O prazo para resolver os procedementos sancio-nadores en materia de comercio é dun ano, contadodesde a data da súa incoación. Transcorrido esteprazo sen que recaese resolución, producirase acaducidade do procedemento sancionador. No casode que a infracción non prescribise, deberase iniciarun novo procedemento sancionador.

Artigo 115º.-Medidas cautelares.

1. O órgano competente para a incoación do proce-demento sancionador poderá acordar en calqueramomento do procedemento, mediante resoluciónmotivada e con audiencia previa da persoa interesa-da, a adopción das medidas preventivas adecuadaspara asegurar a eficacia da resolución que, de ser ocaso, poida recaer, así como cando concorran cir-cunstancias graves que afecten a seguridade daspersoas ou dos bens, ou que supoñan un prexuízograve ou de difícil reparación.

2. Estas medidas cautelares, que non terán ocarácter de sanción, poderán consistir na clausuraou no pechamento de establecementos ou instala-cións comerciais ou na suspensión de actividadescomerciais, así como na inmobilización de mercado-rías. Tales medidas serán sempre proporcionadasaos obxectivos que se pretendan garantir coa súaadopción.

Page 33: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

21.134 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010

3. Poderase acordar, de forma motivada e logo daaudiencia da persoa interesada, a paralización dasobras cando non se concedese a autorización autonó-mica regulada no capítulo III do título II desta leinos supostos nos que esta resulte precisa.

4. Estas medidas poderanse manter durante o tem-po preciso ata a rectificación dos defectos detecta-dos e como máximo ata a resolución do procedemen-to.

5. Con anterioridade ao inicio do procedementosancionador, o órgano competente, de oficio ou porinstancia de parte, nos casos de urxencia e para aprotección provisional dos intereses implicados,poderá adoptar as medidas que procedan por razónsde seguranza. Tales medidas haberán ser confirma-das, modificadas ou levantadas no acordo de inicia-ción do procedemento, que se deberá efectuar den-tro dos quince días seguintes á súa adopción.

En todo caso, as medidas adoptadas quedarán senefecto no caso de non se iniciar o procedemento nodevandito prazo ou se o acordo de iniciación non sepronunciase expresamente sobre tales medidas.

Artigo 116º.-Multas coercitivas.

1. O órgano competente para sancionar poderáacordar a imposición de multas coercitivas, conson-te o disposto no artigo 99º da Lei de réxime xurídicodas administracións públicas e do procedementoadministrativo común, unha vez transcorridos osprazos sinalados no requirimento correspondente. Acontía de cada unha destas multas non poderá supe-rar os seguintes límites:

a) Nas infraccións leves e graves, o dez por centoda sanción establecida.

b) Nas infraccións moi graves, o vinte por cento dasanción establecida.

2. O anteriormente disposto seralle aplicable á clau-sura ou ao pechamento de establecemento previsto naalínea 2 do artigo 109º desta lei.

Artigo 117º.-Publicidade e execución das sancións.

1. Sempre que concorra algunha das circunstan-cias de risco para a saúde ou a seguranza das per-soas consumidoras ou reincidencia en infraccións denatureza análoga, a autoridade que resolva o proce-demento sancionador poderá acordar a publicación,con cargo á persoa infractora e unha vez acadada afirmeza da resolución en vía administrativa, das san-cións impostas como consecuencia do establecidonesta lei, así como os nomes, os apelidos, a denomi-nación ou a razón social das persoas responsables ea índole ou a natureza das infraccións, no DiarioOficial de Galicia e a súa difusión a través dosmedios de comunicación social que se considerarenoportunos.

2. As resolucións sancionadoras que poñan fin ávía administrativa serán inmediatamente executivas.

3. Todas as administracións públicas competentesna materia prestarán a debida colaboración parafacer efectiva a exacta execución das sancións.

Disposicións transitorias

Primeira.-Solicitudes de autorización en tramita-ción.

1. As solicitudes de autorización comercial auto-nómica que estean en tramitación á entrada en vigordesta lei continuarán a súa tramitación conforme oprocedemento establecido na normativa vixente aotempo da solicitude.

2. As licenzas de obras e de actividade que á entra-da en vigor desta lei estean en tramitación nos con-cellos e correspondan a establecementos comerciaisque consonte o artigo 29º desta lei precisen a obten-ción de autorización comercial autonómica quedaránen suspenso en tanto no se obteña a devandita auto-rización.

Segunda.-Autorizacións para o exercicio da vendaambulante pendentes de resolución.

Aqueles concellos que, con anterioridade á entra-da en vigor desta lei, iniciasen un procedementopara o outorgamento de autorizacións para o exerci-cio da venda ambulante ou non sedentaria deberánresolvelo aplicando as disposicións vixentes nomomento de se presentar a solicitude.

Disposición derrogatoria

Única.-Derrogación da Lei 10/1988, do Decreto194/2001 e do artigo 1º.2 da Lei 1/1996.

Á entrada en vigor desta lei quedan derrogadascantas disposicións de igual ou inferior rango seopoñan ao previsto nela. En particular:

a) A Lei 10/1988, do 20 de xullo, de ordenación docomercio interior de Galicia, modificada pola Lei9/2003, do 23 de decembro, de medidas tributariase administrativas, e pola Lei 7/2009, do 22 dedecembro.

b) O Decreto 194/2001, do 26 de xullo, de ordena-ción da venda ambulante, modificado polo Decreto171/2002, do 25 de abril.

c) O artigo 1º.2 da Lei 1/1996, do 5 de marzo, deregulación das actividades feirais de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Desenvolvemento regulamentario.

Autorízase o Goberno galego para ditar as nor-mas precisas de desenvolvemento e aplicacióndesta lei.

Page 34: I. DISPOSICIÓNS XERAIS · 21.102 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 249 Mércores, 29 de decembro de 2010 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comer-cio

Nº 249 � Mércores, 29 de decembro de 2010 21.135DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Segunda.-Modificación da Lei 5/2004, do 8 dexullo, de cámaras oficiais de comercio, industria enavegación de Galicia.

Un.-Modifícase o artigo 40º da Lei 5/2004, do 8 dexullo, de cámaras oficiais de comercio, industria enavegación de Galicia, que pasará a ter a seguinteredacción:

«Artigo 40º.-Recurso cameral permanente: obri-ga de pagamento, devengo, recadación e afecta-ción.

1. No referente á obriga de pagamento e devengo,así como para a recadación e, en xeral, para os demaisextremos relativos ao recurso cameral permanente,haberá que aterse ao disposto na Lei 3/1993, do 22 demarzo.

2. Unha terceira parte da exacción que recae sobreas cotas do imposto de sociedades estará afectada polocumprimento das funcións que esta lei lle atribúe ácámara en materia de formación, innovación, competi-tividade e desenvolvemento empresarial».

Dous.-Modifícase o artigo 52º, punto terceiro, daLei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais decomercio, industria e navegación de Galicia, quepasará a ter a seguinte redacción:

«-Catro vogais consultores elixidos polos demaismembros do pleno de entre persoas de recoñecidoprestixio nos ámbitos empresariais de Galicia.»

Tres.-Modifícase o artigo 53º da Lei 5/2004, do 8de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industriae navegación de Galicia, que pasará a ter a seguinteredacción:

«Artigo 53º.-Comité executivo.

O Comité Executivo do Consello Galego deCámaras é o seu órgano de xestión, administra-ción e proposta, e estará composto polas persoasque ocupen a presidencia do consello, a secreta-ría e cinco membros do pleno elixidos da formaque estableza o regulamento de réxime interior. Opresidente ou a presidenta terá voto de calidadeno caso de empate.»

Terceira.-Modificación da Lei 1/1996, do 5 de mar-zo, de regulación das actividades feirais de Galicia.

Modifícase o capítulo II da Lei 1/1996, do 5 demarzo, de regulación das actividades feirais de Gali-cia, que pasará a ter a seguinte redacción:

«CAPÍTULO II

CONCEPTO E CLASIFICACIÓN

Artigo 3º.-Concepto e clasificación.

1. Considéranse actividades feirais, para osefectos desta lei, as manifestacións comerciaisque teñen por obxecto a exposición, a difusión e a

promoción comercial de bens e/ou servizos,fomentar contactos e intercambios comerciais emais achegar a oferta dos distintos sectores daactividade económica á demanda, sempre queteñan unha duración limitada no tempo e reúnanunha pluralidade de expositores.

En virtude das características da oferta exhibida,poderase practicar a venda directa con retirada demercadoría, tras a autorización expresa da direcciónxeral competente en materia de comercio.

2. As actividades feirais clasifícanse en:

a) Por razón da súa periodicidade: en feiras decarácter periódico e exposicións de carácter nonperiódico.

b) Por razón da oferta exhibida: en multisecto-riais, aquelas feiras ou exposicións nas que seexhiba unha oferta representativa de distintos sec-tores da actividade económica, e en monográficasou salóns, respecto das cales a oferta se refira a unúnico sector.

3. Tanto nas feiras coma nas exposicións pódenseadmitir pedidos e perfeccionar contratos de compra-venda».

Cuarta.-Dotacións orzamentarias.

A constitución e a posterior posta en funcionamen-to do Observatorio do Comercio de Galicia, do Con-sello Galego de Comercio e da Comisión Consultivaen materia de comercio non xerarán en ningún casoaumento das dotacións orzamentarias da consellaríacompetente en materia de comercio.

Quinta.-Reserva das competencias do Estado.

1. Os artigos 6º; 10º.1; 11, alíneas 1 e 2; 12º, alí-neas 2, 3 e 4; 14º; 15º; 38º.1; 38º.2; 41º.1; 43º.1; 45º;76º.1; 80º; 82º; 83º; 84º; 92º.1; 105º.a).1); 105º.a).3);105º.g); 105º.h); 105º.j); 105º.l) e 112º.1 reprodu-cen, respectivamente, os artigos 8º; 13º.1; 10º; 14º,alíneas 2, 3 e 4; 16º; 17º; 24º.1; 28º.1; 30º.1; 31º;54º, segundo parágrafo; 57º; 59º; 60º; 61º; 62º.1;65º.1.a); 65º.1.c); 65º.1.b); 65º.1.f); 65º.1.r); 65º.1.s)e 69º da Lei do Estado 7/1996, do 15 de xaneiro, deordenación do comercio retallista.

2. Calquera modificación dos artigos da lexisla-ción básica que reproduce esta lei implica a modifi-cación, nos mesmos termos, dos respectivos artigos.

Sexta.-Entrada en vigor.

Esta lei entrará en vigor aos vinte días da súapublicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de decembro dedous mil dez.

Alberto Núñez FeijóoPresidente