25
Lois Pereiro 17 de maio de 2011 Día das Letras Galegas

Lois Pereiro-

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Lois Perieiro en Biblioafonso

Citation preview

Page 3: Lois Pereiro-

Naceu en Monforte de Lemos, en 1958

de familia procedente do Incio.

Estudou no colexio dos Escolapios,

e comezou a escribir con 15 anos.

Tras rematar o COU marchou a Madrid,

onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía.

Page 4: Lois Pereiro-

CAR CRASH

A sombra deste horror metalizado

escribirás os diálogos da morte

da cóxega homicida da memoria

no centro geométrico do choque

deixando a porta aberta a outras escenas

na emulsión dos meus ollos que

impresionan

imaxes de accidente e feridas.

Page 6: Lois Pereiro-

Logo dunha estancia en Monforte traballando na

empresa familiar,

adicada ao vidro,

regresou a Madrid para estudar lingua inglesa,

francesa e alemá.

Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño,

Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel

Pereiro.

Page 7: Lois Pereiro-

NADA

Cun saúdo ó corpo

Á terra

e nada

déronlle terra estraña

á frol maldita

da súa peor imaxe

ó seu cadáver

en plena posesión do seu futuro

aduviñándose na súa pel

o alento envolto en seda dunha amante

presente na súa ausencia

as mans xeadas

un perfumo mortal

e outra vez nada.

Page 9: Lois Pereiro-

Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña,

onde se une á revista La Naval. Neste periodo

entrou en

contacto cun grupo de poetas entre os que

figuraban Xavier

Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio

Valcárcel,

participando en varias antoloxías coma De amor

e desamor

(1984) e De amor e desamor II (1985),e

colaborando en revistas

como La Naval, Trilateral, Anima+l e Luzes de

Galiza.Esta última

publicaría en 1997 os oito capítulos da novela

corta

Náufragos do Paradiso.

Page 10: Lois Pereiro-

III

Namorado outra vez

do amor que levo dentro

a sede enfurecida dun futuro

esgotou as miñas alternativas

levándome dereito cara ó impacto;

un proxectil conxelado no aire

a poucos metros dun corazón frío

e agardo o menor signo de calor

para abrir a súa pel e entrar no sangue

vencido pola forza do desexo

cegamente e sen medo

ó posible desastre.

Page 12: Lois Pereiro-

1983 e 1987 viaxou canda Fernando Saca por

Europa.

Traballou como tradutor do alemán, francés e

inglés de dobraxe,

de cinema

e, sobre todo, de televisión.

Page 13: Lois Pereiro-

XIV

(Contra a morte o amor que vai conmigo)

dos días que reserva para min o destino

cada unha das súas noites por vivir

sería a derradeira

a única esencial

se puidese vivirte a ti tamén

trasnoitado sobre o teu corpo en calma

cohabitando os teus soños

sobrevivido a miñaa inexistencia

soñando nas túas noites

ou prorrogado en ti.

Page 15: Lois Pereiro-

Publicou dous poemarios en vida,

Poemas 1981/1991 (1992) e

Poesía última de amor e enfermidade (1995).

No 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas

para unha Loia,

que recolle obras da época madrileña,

publicadas na revista Loia,

e que inclúe o ensaio Modesta proposición para

renunciar a

facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica

historia universal da infamia,

publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.

Page 16: Lois Pereiro-

1859 a 1861

Olivanando sen gloria a liña destes rostros

desperta a súa ialma maxinada

ó eixo dos escravos futuros señoríos

O escuro e incomprendido signo de beleza

entra dende o corpo do meu doncel

pasado.

Milleiros de segundos pendurados

do clima ensortellado

a primeira estación fría.

cantas veces en presenza dun espello

renegas dos obxectos primordiais?

Ise marcado pracer groseiro e gris,

feble, efémero.......

Page 18: Lois Pereiro-

Canto das causas da morte de Pereiro,

malia estar daquela enfermo de SIDA, foron un

cúmulo de

doenzas que remataron cunha insuficiencia

hepática.

Oficialmente e segundo unha sentenza da

Audiencia Provincial de Lugo,

logo dun preito para que o Estado pagase o

enterro,

o motivo do seu pasamento foi unha

intoxicación

por aceite de colza desnaturalizado.

Page 19: Lois Pereiro-

XVIII

Hai cousas para as que segue a ser única

como entrar na súa vida a sangue e ferro

en petición de axuda

E cando un se desfai por dentro

esvaecido

só ela atende e cura esa emerxencia.

Ou convertir un destino impulsivo

nun erro pervertido

innecesario.

Page 21: Lois Pereiro-

Nos últimos anos,

víñase reivindicando a dedicación do día das

Letras Galegas a este poeta monfortino.

No marco desa campaña sitúase unha reedición

da súa obra poética verquida ó castelán,

catalán e vasco,

xunto cos textos orixinais en galego.

Page 22: Lois Pereiro-

LEONORA EN CONFIDENCIA

Sabe que arbres de misterio

retorcen os adultos predicando?

mollada a língoa

en pincel negro,

iluminada escurece.

Descansa o día

en calma de arma branca

millor en ti,

doncel profanadora

a boca mártir.

preparada a estar máis soia.

Page 24: Lois Pereiro-

Morreu na Coruña en 1996, e

Finalmente, o 26 de xuño de 2010

a RAG publicou a súa decisión de adicarlle o

Día das Letras Galegas do 2011.

Page 25: Lois Pereiro-

DISPOIS DO TEMPO FRÍO

Dispois do tempo frío

sabes que estamos perdidos

entre un pouco

de violencia.

As raíñas do corazón durmido

no bosco escuro aínda se loita

e fora do mar area húmida

Co que alimentar a os nenos

que tería contigo

se unha nube azul baixase á terra

pero dispois disto

queda o silencio

en guerra