10
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 56 - Novembro de 2014 D edicamos tres páxinas deste número a debu- llar polo miúdo os or- zamentos da Xunta para o ano 2015. Por desgraza, non son uns orzamentos expansivos que impulsen o crecemento económico me- diante o investimento e, con el, o emprego, senón que son uns orzamentos restri- tivos que van empobrecer o país e os seus cidadáns e ci- dadás. / PÁXS. 5-7

N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 2020-06-15 · Número 56 - Novembro de 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC Dedicamos tres páxinas deste número a debu - llar

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 2020-06-15 · Número 56 - Novembro de 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC Dedicamos tres páxinas deste número a debu - llar

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 56 - Novembro de 2014

Dedicamos tres páxinasdeste número a debu-llar polo miúdo os or-

zamentos da Xunta para oano 2015. Por desgraza,non son uns orzamentosexpansivos que impulsen o

crecemento económico me-diante o investimento e, conel, o emprego, senón queson uns orzamentos restri-tivos que van empobrecer opaís e os seus cidadáns e ci-dadás. / PÁXS. 5-7

Page 2: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 2020-06-15 · Número 56 - Novembro de 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC Dedicamos tres páxinas deste número a debu - llar

GALICIA SINdICAL Número 56 - novembro de 2014

2

www.galicia.ccoo.es

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normaliza-ción Lingüística / COLABORARON: Benxamín Rocha (O Retrovisor); X. Rodríguez (opinión); Juan Martínez; Jesús López; Mabel Pérez, Maica Bouza, Silvia Parga(análise); / CONTACTO: [email protected] / PECHE: 1/12/2014

Opasado mes de setembro,o Gabinete de Estudos Xu-rídicos de CCOO presentou

un traballo co título «Análise doproxecto de reforma da Lei de se-guridade cidadá» que está divi-dido en tres grandes apartados:a quebra das garantías constitu-cionais, restricións á actividadesindical e limitacións ao exerciciodos dereitos de reunión e mani-festación (a bo entendedor, curtofalador). Paga a pena ler polomiúdo este estudo, útil para com-prender ata onde chegan as con-trarreformas democráticas esociais acometidas en só tresanos polo PP ao servizo da Troicae do gran capital.

Reforma laboral, privatizaciónde servizos públicos, educativose sanitarios, coberturas sociais ede paro no bordo da inanición e,finalmente, unha Lei de seguri-dade cidadá á que o pobo chama«lei mordaza».

A estas minorías incomódaasque, cando a xente do común re-clama a berros os seus dereitosna rúa, denuncien os seus atro-pelos. Por iso Ana Botella propónun manifestódromo, para que

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

non a importunen durante o rela-xing cup of café con leche inPlaza Mayor; e o Goberno, xenteletrada e sensible, saca unha «leide seguridade cidadá tan boa quenon nos poderemos queixar».Razón tiña Don Juan Tenorio aoexclamar: «¡Cuán gritan estosmalditos! / Pero, ¡mal rayo meparta / si en terminando la carta /no pagan caros los gritos». Ata600.000 euros poden ascenderas multas e a varios os anos deprisión porque a un señor dele-gado do goberno lle pareza queun paisano lle botou o mal de olloou alterou a orde pública.

Nos anos sesenta e setenta, ofranquismo encargoulle ao TOP(Tribunal de Orde Pública) velarpola paz cidadá. Pero nin a repre-sión, nin o cárcere, nin os axusti-zamentos deron freado unhamarea humana que concibía avida social e política doutro xeito.Dicía o humorista Perich naque-les tempos en que había que lerentre liñas: «Cuando menos sepiensa, salta lo libre». E saltou.Conque, se agora deixamos quenos quiten «o libre», tamén aca-barán por nos quitar a lebre.

SEN COMENTARIOS

Na imaxe superior, Mariano Rajoy anuncia numerosas medidas para combatera corrupción (27 de novembro). Sobre estas liñas, El País mostra unha imaxe

de arquivo na que dirixentes do PPdeG aparecen en actitude amigable conPachi Lucas, suposto conseguidor da trama de corrupción da Operación Zeta

Page 3: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 2020-06-15 · Número 56 - Novembro de 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC Dedicamos tres páxinas deste número a debu - llar

3

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 56 - novembro de 2014

OGoberno da Xuntasostén e reforza a súaintención de manterse

como paladín das políticasde recorte que o PP impóndesde o Goberno central.Para o presidente Feijóo nonhai cousa máis importanteque seguir gañando méritosante Rajoy para ser o pró-ximo ministro que nomee e,así, estar máis preto na com-petición por sucedelo tantona presidencia do PP comona candidatura a presidentedo Goberno.Actualmente, Feijóo está a

facer desleixo das súas fun-cións como presidente, limi-tándose a actuar como unhasorte de delegado do Go-berno en Galicia. No planomediático é moi evidente namaneira en que afronta oscasos de corrupción queazoutan o seu partido, por-que reproduce os esquemasde resposta que chegan deMadrid. No plano político eeconómico, tamén; e é aquíonde entran en escena osOrzamentos da Xunta para2015, cos que Feijóo insisteen castigar as persoas quemáis dificultades padecenpola crise –intensificadas porculpa das políticas que apli-can os gobernos do PP noEstado e en Galicia.Precisamente polo empeño

de Feijóo en non quedar malcon Rajoy, Galicia terá en2015 os orzamentos antiso-ciais que el presentou. O pre-sidente véndenos unhamellora da situación econó-mica, discurso que se con-

tradí cos novos recortes nosservizos e no investimento pú-blico. Quen si se decata destedesatino é a cidadanía galega,que padece os efectos destaspolíticas, como tamén percibea podremia da corrupción –profundamente instalada nasinstitucións afectadas poloscasos Pokémon, Campión eagora Zeta–. Que siga o «de-legado» Feijóo ollando paraMadrid, que cando queirapreocuparse por afrontar acrise con políticas que nonempobrezan máis xa non seránecesario: a cidadanía galeganon ten máis paciencia.

Recrúa a mobilizaciónAnte este panorama, é na-

tural que recrúe a mobiliza-ción. Acontece, por exemplo,en empresas como Lantero,cuxa patronal cometeu o des-propósito de pór en risco amarcha da empresa para in-tentar mellorar a conta de be-neficios grazas ás facilidadesque lle dá a reforma laboral doPP; isto, claro, á custa dos tra-balladores e traballadoras edos postos de traballo. Fronteá irresponsabilidade da em-presa, destaca a responsabi-lidade do persoal, que levamáis de mes e medio de folgaen defensa duns postos detraballo e dunha actividadeeconómica básica para a co-marca de Arousa.A mobilización aumenta en

toda Galicia, hai moito quetranscende o ámbito da em-presa e do sector, estendén-dose a toda a sociedade. Oscasos máis recentes foron os

O descontento social e a mobilización transcenden xa o ámbito da empresa edo sector, estendéndose a toda a sociedade, farta de corrupción e enganos

días 23 e 29 de novembro;primeiro, as manifestaciónsda Alianza Social Galega con-tra a Lei de seguridade cidadáe a represión da protesta so-cial; despois, as marchas poladignidade, que reclamaronsaídas sociais contra a criseque garantan «o pan, o traba-llo e o teito». Os orzamentosdo «delegado» Feijóo, comose explica neste número doGALICIA SINDICAL, só traeránmaior pobreza para os gale-gos e as galegas. Loxica-mente, isto provocará que seintensifiquen as mobilizacións,porque non llo imos consentir.

Page 4: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 2020-06-15 · Número 56 - Novembro de 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC Dedicamos tres páxinas deste número a debu - llar

GALICIA SINdICAL Número 56 - novembro de 2014

4

www.galicia.ccoo.es

Centos de persoas en todaGalicia secundaron o pa-sado 23 de novembro a

convocatoria da Alianza SocialGalega e participaron nalgunhadas nove accións que houbo entoda Galicia para rexeitar a re-forma da Lei de seguridade ci-dadá. Este proxecto lexislativo écoñecido tamén como ‘lei mor-daza’, xa que o promove o Go-berno central, en mans do PP,para silenciar a protesta social.

As case sesenta organizaciónsque compoñen a Alianza denun-cian que a reforma do Códigopenal e da Lei de seguridade ci-dadá pretenden converter o con-flito social nun problema de ordepública, camiñando cara a un Es-tado de carácter policial para im-poñer con maior facilidade unsistema económico e laboral queé lesivo para a maioría social.

Ademais, recórtase o dereito

Emigrantes retornados e pensionistas (1) tamén levaron as súas reivindica-

cións á convocatoria da ASOGA (2). Participaron nas manifestacións persoasestafadas con preferentes (3), xa que en moitos casos afrontan multas que

ascenden a milleiros de euros debido a protestas anteriores do colectivo, situa-ción que empeoraría coa lei mordaza

á tutela xudicial porque só sepode acudir á xustiza unha vezas persoas teñan imposta unhasanción, coa agravante de quehan afrontar os gastos de ir aoxulgado; substitúese a infrac-ción penal pola infracción ad-ministrativa; elimínanse garan-tías xurisdicionais como a pre-sunción de inocencia; aumentaa listaxe de infraccións e a súacontía e implántase a censurainformativa previa.

Da ASOGA consideran isto unpaso atrás nos dereitos máis bá-sicos que procura desalentar amobilización social e limitar tantoas liberdades públicas como asvías de participación democrá-tica. As organizacións da Alianzaaseguran que, de saír adiante areforma, suporá un retroceso decase corenta anos, porque enmoitos aspectos non se diferen-cia da situación no franquismo.

n Para actuar de forma inmediata e contundente contra aconflitividade social que xera a súa política; recórtase tamén o dereitoá tutela xudicial porque só se pode acudir á Xustiza unha vez aspersoas teñan imposta unha sanción, coa agravante de que hanafrontar os gastos de ir ao xulgado.

n Para substituír a infracción penal pola infracción administrativa.Elimínanse garantías xurisdicionais como a presunción de inocencia;a actuación da policía gozará da presunción de veracidade; haberáque pagar taxas xudiciais, etc.

n Para desalentar a mobilización social, actúase con totaldiscrecionalidade e arbitrariedade, perseguindo todo tipo demobilizacións e mesmo o exercicio de dereitos fundamentais.

n Para aumentar as infraccións (a listaxe pasa de 30 a 57 e créanse36 novos tipos) e a contía das sancións, que serán inmediatamenteexecutivas e se fixarán sen considerar o patrimonio das persoasafectadas: 1.000 € as leves, 30.000 € as graves e 600.000 € as moigraves.

1

2

3

Page 5: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 2020-06-15 · Número 56 - Novembro de 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC Dedicamos tres páxinas deste número a debu - llar

5

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 56 - novembro de 2014

Os orzamentos da Xuntapara o 2015 non son osque Galicia necesita para

recuperar a actividade econó-mica. Non son uns orzamentosexpansivos que impulsen o cre-cemento económico mediante oinvestimento e o emprego, senónque son uns orzamentos restriti-vos e que agochan a reiteraciónnas políticas de axuste.

Como xa dixemos cando o de-bate sobre o estado da autono-mía, os orzamento debuxan unhaGalicia inexistente. As previsiónsreflectidas no cadro económico(crecemento do PiB dun 2 % e re-dución do paro ao 20,1 %) sonde moi difícil cumprimento comonon muden as políticas dos Go-bernos autonómico e central.

Na nosa opinión, os orzamen-tos non son realistas, pois prevénun crecemento do PiB do 2% noano 2015. En que basean estaprevisión? Seica no consumoprivado, porque o público conti-nuará conxelado. Dificilmente sepoderá cumprir este vaticinio seas galegas e galegos conti-núan perdendo poder adqui-sitivo. Neste punto, a Xunta

podería intervir, como mínimo,no que está da súa man, queson as retribucións dos empre-gados e empregadas públicas;porén, o Goberno galego seguesen utilizar a marxe de autono-mía de que dispón.

A previsión do Goberno cantoá taxa de paro é do 20,1 % para oano 2015. Porén, o descenso es-timado desa taxa (1,6 puntos porbaixo da de 2014) baséase nunharecuperación do emprego perotamén nun descenso da poboa-ción activa de, aproximadamente,o 1 %. É a constatación do quevimos denunciando hai moitotempo, que a Xunta baixa os bra-zos e asume que o mercado la-boral galego seguirá perdendoactivos, ben porque desisten debuscar emprego, ben porque sonempurrados á emigración.

Malia a dramática situación doemprego, os recursos que o Go-berno de feijóo destina ás políti-cas activas de emprego soben un5,6 % con respecto aos estima-dos para 2014 debido, case enexclusiva, aos recursos achega-dos polo programa de garantíaxuvenil; descontado este, os or-

zamentos diminuirían. Ese incre-mento nin sequera se distribúeuniformemente entre todos osprogramas, pois descende a do-tación nos seguintes: un 8,7 % napromoción do emprego, do em-prego autónomo e do mercadode traballo inclusivo; un 3,3 % namellora dos sistemas de saúdee seguridade no traballo; e un0,2 % na formación profesionalde desempregados. O máis graveé que os recursos destinados áspolíticas activas de empregominguan un 54 % en relación coano 2009, malia haber agora un60 % máis de persoas paradas.Non son, polo tanto, uns orza-mentos sociais porque non aten-den o principal problema do paísque é o desemprego.

Na presentación das contas daAdministración autonómica dixé-ronse moitas cousas que non secorresponden coa realidade. fa-louse, por exemplo, dun maiorgasto social, pero o certo é queos recursos para a sanidadesoben só un 0,3 % e para a edu-cación, un ridículo 0,1 %.

Hai recortes en prestacións eservizos sociais, sobre todo enservizos prestados por emprega-das e empregados públicos queresultan gravemente prexudica-dos por estes orzamentos: unano máis conxélaselles o salarioe un ano máis mantense a dimi-nución do emprego público,tanto pola aplicación dunha taxade reposición moi baixa comopola redución das interinidades esubstitucións.

O orzamento de 2015 prevé in-vestir só 1.244 millóns de euros,a cifra máis baixa da historia re-cente do país. Supón unha caída,en comparación co ano 2014, demáis de 17 millóns de euros, un1,4 % de descenso. O resultado é

que continúa derrubándose acifra destinada a financiar a capi-talización do noso territorio, danosa economía, dos nosos sec-tores produtivos, do noso sis-tema de ciencia e tecnoloxía.

Non son uns orzamentos parasaír da crise. Non son uns orza-mentos para as persoas que oestán pasando mal. Están desti-nados ao pagamento da débedae dos gastos financeiros quexera, pois é aquí onde se concen-tra boa parte do orzamento, con-cretamente o 15,5 %.

O Goberno da Xunta mantén asúa política de axustes, recortagastos e investimentos coa teimade reducir o déficit, cando sepoden obter uns orzamentosequilibrados actuando sobre osingresos e, ao tempo, avanzarcara a un sistema fiscal máis pro-gresivo e xusto, o que se acadaríaincrementando o tramo autonó-mico do iRPf para as rendas máisaltas en vez de manter a imposi-ción indirecta, que grava porigual sen ter en conta a capaci-dade económica das persoas,como sucede co imposto sobreo consumo de hidrocarburos.

O peor é que este incrementodos ingresos responde ao cas-tigo que os orzamentos xeraisdo Estado lles inflixen ás comu-nidades autónomas –facer re-caer sobre elas, que prestan osservizos, o maior axuste do dé-ficit– e non á vontade do presi-dente feijóo de mudar a súapolítica económica. Se isto foseasí, deberíase modificar antes oteito de gasto que o PP aprobouno Parlamento.

Estamos, pois, diante duns or-zamentos que non só non vansacar a Galicia da crise, senónque van empobrecer o país e osseus cidadáns e cidadás.

Maica Bouza SeoaneSecretaria de Emprego de CCOO de Galicia

Page 6: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 2020-06-15 · Número 56 - Novembro de 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC Dedicamos tres páxinas deste número a debu - llar

GALICIA SINdICAL Número 56 - novembro de 2014

6

www.galicia.ccoo.es

Ocadro macroeconómicode Galicia, que recolleas previsións para o

ano 2015, reflicte que o pro-duto interior bruto (PiB) me-drará un 2 % e que a taxa deparo se situará no 20,1 %.Porén, aínda que a previsiónde descenso da taxa de paro(1,6 puntos por baixo da de2014) asenta nunha recupe-ración do emprego, tamén ofai nun descenso da poboa-ción activa de, aproximada-mente, o 1 %. isto implica queo mercado laboral galego se-guirá perdendo activos, benporque desisten de buscar em-prego, ben porque son empu-rrados cada vez máis a unhaemigración forzosa.

Segundo os datos que semanexan no cadro macroeco-nómico, a achega do PiB á de-manda interna será dun punto,cifra idéntica á prevista para ademanda externa.

Na desagregación dos com-poñentes da demanda internaprevese que o aumento do con-sumo público non varíe en rela-ción co estimado para 2014, un0,8 %. O consumo privado, encambio, aumentaría un 0,2 % no2014 e un 0,9 % no 2015. Peroé obvio que esperar esa recupe-ración do consumo privado conperda de poder adquisitivo nossalarios e nas pensións é estarfóra da realidade.

Os ingresos non financeirosprevistos para o ano 2015 as-cenden a 8.076,1 millóns deeuros, 321,7 millóns máis queos estimados para o 2014.Non obstante, os ingresos to-tais para 2015 baixan en 491millóns de euros, xa que os in-gresos financeiros se reduci-rán en 812,6 millóns de eurospara cumprir co obxectivo deestabilidade orzamentaria que,para o 2015, se fixa nunha ne-cesidade de financiamento do

0,7 % do PiB fronte ao 1 % fi-xado para o ano 2014.

Polo tanto, os ingresos nonfinanceiros previstos para o2015 increméntanse un 4,1 %respecto aos estimados para2014: os ingresos correntessoben un 4 % e os de capitalun 6,3 %. Expresado en cifrasabsolutas, os ingresos co-rrentes, que representan o92,9 % dos non financeiros,aumentan en 287,5 millónsde euros e os de capital, en34,2 millóns de euros.

Caída dos recursos propiosAtendendo á súa orixe, os re-

cursos propios (é dicir, os ingre-sos tributarios, patrimoniais epor activos e pasivos financeiros)previstos para 2015 baixan arre-dor do 9,5 % en comparacióncos estimados para 2014. Aodesagregalos, compróbase queos ingresos tributarios (queabranguen os impostos direc-

tos, indirectos e as taxas, pre-zos e outros ingresos) sobenao pé do 1,5 %. Os ingresos tri-butarios que máis van subirson precisamente os do capí-tulo iii (taxas, prezos e outrosingresos), un 6,9 %.

O recursos transferidos (édicir, as transferencias co-rrentes e de capital) sobenaproximadamente un 10 %:as transferencias correntesincreméntanse o 11 % e as decapital, o 6,9 %.

As transferencias procedentesdo exterior, que financian tantooperacións correntes como ope-racións de capital, soben arredordo 14,5 %: as transferencias co-rrentes aumentan o 54,9 % e asde capital, o 9,7 %. Ese incre-mento das transferencias corren-tes vén dado sobre todo porquenos orzamentos previstos para2015 inclúese a iniciativa de Em-prego Xuvenil (yEi) cunha dota-ción de 18 millóns de euros.

Silvia Parga RodríguezEconomista de CCOO

Page 7: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 2020-06-15 · Número 56 - Novembro de 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC Dedicamos tres páxinas deste número a debu - llar

7

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 56 - novembro de 2014

Máis gasto correnteOs gastos non financeiros

soben un cativo 0,5 % con res-pecto aos estimados para2014; en cifras absolutas nonchegan a 45 millóns de euros.Non obstante, a repartición émoi desemellante: o gasto co-rrente sobe un 0,6 % e o inves-timento baixa un 1,4 %.

Os gastos correntes incre-méntanse en 42,1 millóns deeuros (un 0,6 %) pero o capí-tulo que máis sobe é, preci-samente, o de gastos en benscorrentes e servizos: 23,5millóns de euros (unha subado 1,7 %). En cambio, os em-pregados públicos seguensaín-do prexudicados conestes orzamentos porque osgastos de persoal manté-ñense conxelados e, un anomáis, diminúe o emprego pú-blico tanto pola aplicacióndunha taxa de reposición moibaixa para o funcionamentocomo pola redución das inte-rinidades e substitucións.

Castigo ao emprego públicoNon son uns orzamentos

que contribúan a saír da criseporque se segue castigando oemprego público e o investi-mento. De feito, só se prevé uninvestimento de 1.244 millónsde euros, o que supón unhacaída de máis de 17 millóns deeuros, un 1,4 % de descenso.Polo tanto, séguese sen apos-tar pola capitalización do nosoterritorio, da nosa economía,dos nosos sectores produti-vos, do noso sistema de cien-cia e tecnoloxía.

Non se reforza o gasto socialSon uns orzamentos para o

capital, xa que a dotacióndestinada ao servizo da dé-beda (amortizacións e gastosfinanceiros da débeda pú-blica) alcanzará os 1.515,1millóns de euros no 2015 echegará a absorber o 15,5 %do orzamento total da Xunta,a pesar de que baixa en 556millóns de euros.

Non é certo que as contasda Administración autonó-mica «reforcen» o gasto so-cial: os recursos para asanidade medran un 0,3 % epara a educación, un 0,1 %(esta repartición implicaríaque, descontada a inflación,os orzamentos diminúen) eos recursos para o empregosoben un 5,6 % con respectoaos estimados para 2014 de-bido, case en exclusiva, aosrecursos achegados polo pro-grama de garantía xuvenil(descontado este, diminui-rían). Pero a peor parte lévana

os servizos sociais a persoasmaiores e con discapacidadeporque o orzamento que selles destina redúcese en case23 millóns de euros (un 44,4 %),sen obviar que tamén se re-cortan os orzamentos desti-nados á igualdade, proteccióne promoción da muller; á so-lidariedade ou aos servizossociais relativos á inmigra-ción, entre outros.

Non son, polo tanto, uns or-zamentos sociais porque nonatenden os principais proble-mas do país: o emprego e abaixa protección social.

A análise detallada dos orzamentos da Xunta para o ano 2015 revela que non se está a aproveitar este instrumento

para atender os principais problemas de Galicia, que son o emprego e a baixa protección social

Page 8: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 2020-06-15 · Número 56 - Novembro de 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC Dedicamos tres páxinas deste número a debu - llar

GALICIA SINdICAL Número 56 - novembro de 2014

8

www.galicia.ccoo.es

Un ano máis, acabamos deconmemorar o 25 de no-vembro, o Día contra a Vio-

lencia de Xénero. E un ano máistopámonos cunha realidade quenon muda, ao contrario, pareceque entre a mocidade está a au-mentar. Temos unha media demáis dunha muller á semanaasasinadas polo machismo, eestes datos non se modifican;poden variar lixeiramente algúnano, pero a violencia contra asmulleres e tamén contra os me-nores non diminúe e está moilonxe de desaparecer.

Algúns pensan que vivimosnun país onde a taxa de feminici-dios non é tan grande. Claro,todo depende de con que noscomparemos. En México sonasasinadas cinco mulleres ao díacon violencia machista, e omesmo sucede en Guatemala, OSalvador, etc. Pero esta realidade,esta dura realidade que viven mi-llóns de mulleres en todo omundo, ten que facernos pensarque o que non se combate, o quenon se trata de eliminar, medra.

E ese é o risco: todos e todastemos a obriga de intervir paraerradicar un problema social, unproblema de dereitos humanoscontra o que os Estados, se sechaman democráticos, deberíanaplicar todas as medidas ao seualcance. E non o fan.

A inexistencia de políticas edu-cativas, o incremento da despro-tección social, o desemprego, aprecariedade laboral, o contratoa tempo parcial, a non corres-ponsabilidade de homes e mulle-res, a feminización da pobreza, ainsuficiencia de recursos públi-cos para a prevención, a protec-ción e a atención ás mulleresvítimas confirman esta falta deimplicación dos Gobernos.

As políticas de austeridade e adestrución dos servizos públi-cos, a reforma da Adminis-tración local que supón a elimi-nación das competencias muni-cipais en políticas de igualdade,de atención ás mulleres e meno-res vítimas de violencia, casasde acollida ou servizos de infor-mación, son políticas contrarias

ao deber de previr e combateresta forma de violencia.

Todas estas actuacións de des-trución dos servizos públicos ede falta de recursos para atendera violencia de xénero e o non in-vestimento en políticas de igual-dade por parte do PartidoPopular, no Estado e na Xunta deGalicia, van construíndo os cami-ños que conducen á violencia.

Este ano, dende o SindicatoNacional centramos o noso dis-curso e o noso empeño nos«camiños que conducen á vio-lencia». É dicir, a violencia comoo síntoma máis grave da des-igualdade está construída portodos eses camiños polos quetransitamos, cheos de atrancos,de precariedade, de sexismo, dedificultades económicas, de im-pedimentos para que as mulle-res poidamos vivir nunhasociedade de iguais.

Todos e todas temos respon-sabilidade porque é un problemadunha sociedade, non é un pro-blema particular. E todos e todasdebemos tomar conciencia e in-tervir naqueles camiños que sonda nosa competencia.

Dende o Sindicato Nacional deCCOO seguiremos traballandopara reforzar a acción sindicalcontra a violencia machista a tra-vés dos nosos instrumentos deintervención. A negociación co-lectiva segue sendo o noso mé-todo de intervención directa nasempresas e sectores para modi-ficar as realidades e intervir namellora das condicións de vida ede traballo das persoas; tamén naprevención e actuación fronte áviolencia. Debemos seguir incor-porando as garantías de protec-ción laboral para as mulleresvítimas. Outra tarefa é formar einformar os nosos delegados e

delegadas para que poidan ase-sorar as mulleres que sofren vio-lencia. Este 25 de Novembro, aSecretaría da Muller do SindicatoNacional edita unha guía paraasesorar as mulleres vítimassobre os procedementos e ospasos legais que han seguir pararomperen ese círculo da violen-cia. Esta guía repartirase masiva-mente para que todos e todaspoidamos colaborar dende anosa responsabilidade social.

Por outra parte, na educacióntemos un elemento substancialpara o cambio de roles e estereo-tipos que impiden que esta socie-dade sexa de persoas iguais. Poriso, pedimos a derrogación daLOMCE, unha norma regresiva naque desaparecen a materia deeducación para a cidadanía e oscontidos específicos sobre igual-dade entre mulleres e homes e aprevención da violencia de xé-nero. O Sindicato aposta polosplans de formación en materia deigualdade para o conxunto deprofesionais e pola elaboraciónde contidos curriculares sen es-tereotipos sexistas.

Por último, esixímoslle á Xuntade Galicia unha dotación de re-cursos materiais, persoais e eco-nómicos para o desenvolve-mento da Lei 11/2007, galegapara a prevención e tratamentointegral da violencia de xénero.

Se cada unha das instituciónsimplicadas na erradicación daviolencia –é dicir, gobernos, ope-radores xurídicos e sociedadecivil en xeral– asume a súa res-ponsabilidade, seremos quen deatallar os camiños que conducena ela, cercala e pecharlle o pasoaos violentos.

Temos a obriga de reclamalo aquen goberna, e dende CCOO se-guirémolo facendo un ano máis.

Mabel Pérez SimalSecretaria de Muller e Cooperación de CCOO

Page 9: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 2020-06-15 · Número 56 - Novembro de 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC Dedicamos tres páxinas deste número a debu - llar

9

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 56 - novembro de 2014

Lantero é unha empresa sitaen Vilagarcía de Arousa quese dedica á fabricación de

embalaxes de cartón ondulado.Pertence a un grupo de empre-sas que cada ano reparte cuan-tiosos beneficios entre o seuaccionariado.

O pasado 26 de setembro,destacamentos de gardas xura-dos –provistos de cans rottwei-ler– e gardas xurados –armadoscon pistolas– entraron no re-cinto laboral da empresa JoséLantero e Hijos (Lantero Galicia).A sorpresa dos traballadores etraballadoras que estaban nasinstalacións foi maiúscula. Sóunhas horas antes souberan,grazas aos medios de comuni-cación locais, que Lantero pla-neaba un recorte tremendo: unERE de extinción para 32 persoasdo total de 131 e un recorte sala-rial do 30%. Con todo, ninguéndaba crédito ao despregamentode estilo militar que se producíanas instalacións.

A militarización da empresatiña como obxectivo impedir cal-quera intento de protesta laboral,ou sexa, de exercicio do sindica-lismo e de defensa do emprego edos dereitos do persoal.

O de Lantero é un novo casode empresa que, sen ter proble-mas económicos, pretende apro-veitar a mal chamada crise e asfacilidades das últimas reformaslaborais para executar cambiosque doutra maneira non seríanposibles. Por iso, case que comoreacción á consigna de «parvo oúltimo», empresas como estaprocuran mellorar as súas contasde resultados con medidas inne-cesarias, inxustas e despropor-

cionadas, porque saben que o le-xislador se puxo do seu lado parao que precisen.

O persoal, a través do seu co-mité de empresa, de CCOO, ini-ciou unha folga indefinida opasado 13 de outubro, secun-dada por oito de cada dez traba-lladoras e traballadores. Ade-mais, toda a parte de produciónestá parada.

As complicacións desta folgadébense a que a Dirección daempresa, coñecedora da capa-cidade de reivindicación e mo-bilización do persoal, dedi-couse nos últimos meses afacer provisión de excedentesdo seu produto en almacénsexternos contratados para oefecto. Desta maneira, anteunha posible convocatoria defolga –como así aconteceu–,asegurábanse de que non re-sultase eficaz.

Na nosa opinión, isto é unhavulneración do dereito de folga,mesmo a pesar de que a medidase adoptou antes da convocato-ria. Outra vulneración do dereitoá folga son as contratacións depersoal mediante ETT que se fixe-ron a véspera de comezarmoscos paros, o que lle valeu a Lan-tero unha sanción da inspecciónde Traballo por falta moi grave.

Neste clima enmarcáronse asreunións dun período de consul-tas mal realizado e que finalizousen acordo o día 7 de novembro.Despois, a empresa anunciouque renuncia á aplicación do ERE

para presentar outro peor, xusti-ficándoo nas novas condiciónsen que, con motivo dos efectosda folga, se atopa a empresa. Eiso que só unha semana antespresumían diante da prensa localde que os excedentes lle permi-tían afrontar un longo conflito!

O caso é que desde o 13 de ou-tubro este persoal segue en folgae seguirá por moito máis tempo,xa que a empresa non favorece

un clima de diálogo que permitaunha saída negociada ao conflito,senón ao contrario: o pasado 14de novembro anuncioulles aosmedios o meu despedimento,presidente do comité de em-presa, sen mo notificar previa-mente. Tamén pregoaron que, degañaren a denuncia que puxeronnos xulgados por suposta folgailegal, despedirían os restantesintegrantes do comité. É evidenteque apostan por infundir terrorao persoal, asediar e desmontaro equipo que lidera as mobiliza-cións e as negociacións ás quedeben acudir de boa fe.

Con isto, a Dirección só logrouafianzar o persoal nas súas rei-vindicacións e mobilizacións, soo lema «ou todos ou ningún».Este persoal labrou a pulso assúas actuais condicións laborais,non excesivas, senón dignas, enon permitirá que llas rebaixensen que se acredite fidedigna-mente a necesidade de facelo.

Na medida do posible, deforma individual ou colectiva, pe-dímosvos que desde as vosasempresas nos axudedes na nosaloita contra este tipo de actua-cións, que son consecuencia daterrible reforma laboral do PP.

De antemán, grazas a todas aspersoas que, dunha maneira ououtra, nos estades axudando.

Jesús LópezPresidente do comité de empresa de Lantero

O persoal de Lantero está unido fronte aos intentos da Dirección da empresa de aplicar a reforma laboral

sen causa xustificada, unicamente para incrementar a conta de beneficios

Page 10: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 2020-06-15 · Número 56 - Novembro de 2014 Órgano de comunicación do S. N. de CC Dedicamos tres páxinas deste número a debu - llar

Número 56 - Novembro de 2014

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Na súa febre privati-zadora, o PP xa nonrespecta nada, nin se-

quera servizos públicos debaixo custo, rendibles e quedesempeñan unha valiosafunción social. Unha das últi-mas vítimas da implacabletesoira é Radio Exterior deEspaña (REE), emisora conmáis de setenta anos de vidae unha audiencia acumuladade millóns de ouvintes.Radio Exterior de España,

que transmitía por ondacurta, era compañía e canlede información diaria, enmoitos casos única, de mi-llóns de persoas, empe-zando polos mariñeiros etripulantes galegos embar-cados polos mares domundo durante meses emeses; pero tamén da emi-gración galega e española,de transportistas e camio-neiros e ata de moitas orga-nizacións humanitarias.O PP fundamentou a deci-

sión no custo do servizo, unmillón de euros. Cifra ridículase a compararmos cos 40millóns que certo tesoureirotiña ben acochadiños en cá-maras fortes nun país dosAlpes. Cifra insignificante,tamén, fronte ao mal gastoque decote se fai do diñeiropúblico para beneficiar inte-reses privados.CCOO canalizou as protes-

tas das persoas afectadaspola decisión e logrou unharectificación parcial do Go-berno, que se compromete areiniciar as emisións... sócatro horas ao día. Nonabonda. Galicia é un poboque mira ao mar e vive del;os políticos galegos teñen aobriga de exercer como de-fensores dos intereses dosseus cidadáns e cidadás.

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez