56

O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,
Page 2: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,
Page 3: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

O alcohol é a droga de maior con-sumo entre a poboación galega e, enparticular, entre a xente nova. Por iso,tamén é unha substancia que causamúltiples problemas sociais e sanitarios.

As bebidas alcohólicas (viño, cervexa,augardente, whisky, ron, xenebra, etc.)teñen unha importantísima presenzano noso contorno social e cultural, quese remonta a moitos séculos. Tradicio-nalmente o consumo de alcohol estabareservado aos homes adultos, que oinxerían de forma máis ou menos habi-tual en momentos vinculados á comidaou a certos acontecementos sociais.Porén, esta forma de consumo cam-biou radicalmente hai uns poucos anoscando as mulleres e, en especial, osadolescentes e mozos, comezaron aincorporarse a este hábito.

Page 4: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Estas son algunhas das razóns que fixeron queo consumo de alcohol se convertesenunha actividade habitual para moitosmozos, en especial no tempo de ocio da finde semana:

>> Existe unha gran tolerancia respecto ao consu-mo de bebidas alcohólicas, malia os múltiples egraves efectos que entraña. É probable que osteus pais ou algúns dos teus amigos tomenbebidas alcohólicas, ou que estean presentesna maior parte dos acontecementos sociais(aniversarios, vodas, festas patronais, etc.), oque termina por facer “normal” unha condutaaltamente perigosa, en especial para os meno-res. Incluso é posible que os teus pais, que semostran moi preocupados pola posibilidade deque consumas drogas, non lle dean demasiadaimportancia ao feito de que ti ou algún dosteus irmáns maiores poidan beber alcohol.

>> A produción e venda de bebidas alcohólicas éunha actividade económica moi importante.Por esta razón, existen moitos grupos econó-micos interesados en estimular e promover oseu consumo, recorrendo para iso a intensas eagresivas campañas de publicidade, coas quepretenden seducir a xuventude para que seincorpore ao seu consumo, con mensaxes quenada teñen que ver coa realidade.

Page 5: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

>> As industrias dedicadas á produción e venda debebidas alcohólicas e do ocio conseguiron queo consumo de alcohol e doutras drogas apare-za como un elemento da cultura xuvenil, comounha forma de identidade xuvenil, establecen-do unha falsa asociación entre “ser novo = saíra tomar copas as noites da fin de semana”.

Page 6: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Aínda que a proximidade social e cultural co alcoholpode facernos ver como natural e pouco perigoso oseu consumo, debes saber que:

>> O alcohol é unha droga cun impacto moinegativo sobre a saúde dos seus consumido-res. Todos os anos falecen en España máis de12.000 persoas por efecto directo do consumode bebidas alcohólicas, sendo ademais respon-sable dunha de cada catro mortes que se pro-ducen en Europa entre xente nova de 15 a 29anos.

>> Beber alcohol non é un comportamento natu-ral entre os mozos. Ata hai poucos anos amaioría dos adolescentes non utilizaban esteproduto, especialmente perigoso durante estaetapa da vida.

>> Aínda que a publicidade e certas empresasdedicadas ao lecer (bares, discotecas, etc.) seempeñen en reforzar a idea de que todos osmozos beben, para que ti tamén o fagas, ocerto é que son moitos os mozos que nontoman alcohol, afortunadamente cada vezmáis. ¿Sabías que o 51% da xuventude gale-ga de 12 a 18 anos non bebeu alcohol no últi-mo mes?

Page 7: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

¡¡ AXÚDATE E AXUDA ÁS TÚAS AMIZADES !!

Quizais che interese dedicar unpouco de tempo a Reflexionar sobre

as consecuenciasque o alcoholpode ter na túa vida

Page 8: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,
Page 9: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

alcoholCOUSAS QUE DEBES COÑECER

ACERCA DO

Page 10: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

¿QUE SON AS BEBIDAS ALCOHÓLICAS?

As bebidas alcohólicas son aquelasque conteñen alcohol etílico, subs-tancia responsable dos efectos queprovocan. A concentración de alcoholvaría dunhas bebidas a outras eexprésase pola graduación alcohólicaque aparece nas etiquetas das bote-llas, que mide a porcentaxe de alcoholque contén un litro desa bebida. Porexemplo, unha cervexa de cinco graos(5º) contén un 5% de alcohol puro porlitro.

Page 11: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Existen dous tipos de bebidas alcohólicas:>> Bebidas fermentadas: proceden da fermenta-

ción dos azucres contidos nos mostos de dis-tintas froitas (uvas, etc.) e teñen unha gradua-ción alcohólica que oscila entre os 4 e os 15graos. O viño, a cervexa, a sidra ou o cham-paña son algunhas das bebidas fermentadasmáis consumidas.

>> Bebidas destiladas: obtéñense por destilacióndas bebidas fermentadas, proceso a través docal se elimina a auga destas para aumentar asúa concentración de alcohol, o que explica quea súa graduación alcohólica sexa superior (osci-la entre os 16 e os 45 graos). Os licores defroitas (20º), augardentes (40º-50º), xene-bra, whisky, ron, vodka, brandy, tequila, etc.(40-50º) son algunhas das bebidas destiladasmáis coñecidas.

O feito de que as bebidas fermentadas teñan unhamenor concentración de alcohol non as fai menosperigosas, posto que os efectos producidos poloconsumo de bebidas alcohólicas dependerán dascantidades inxeridas.

Así, por exemplo, se tomamos dúas canas de cer-vexa estaremos conseguindo a mesma concen-tración de alcohol que cun “cubata” de ron ou dewhisky.

Page 12: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,
Page 13: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

¿COMO ACTÚA O ALCOHOL NO ORGANISMO?

O alcohol é un depresor do sistema nervioso cen-tral, que ralentiza o seu funcionamento. Unha vezno sangue, o alcohol distribúese por todo o orga-nismo, afectando de forma especial á actividade docerebro. As concentracións máximas de alcohol ensangue prodúcense entre os 30 e 90 minutos des-pois de inxerir a bebida, o que fai que moitas per-soas non sexan conscientes de que están bebendoen exceso ata que perciben os primeiros efectos(mareos, descoordinación, etc.). A eliminacióncompleta do alcohol do organismo tarda entre 8 e10 horas.

A pesar de ser unha substancia depresora do siste-ma nervioso, o alcohol produce nun primeiromomento certa sensación de euforia e desinhibicióndebido a que, entre outras funcións cerebrais, oalcohol adormece os mecanismos inhibidores daconduta, provocando a perda de control sobre esta.Isto explica por que cando se está baixo os efectosdo alcohol se digan ou fagan cousas que non faria-mos en condicións normais. Son estes efectos des-inhibidores os que moitas persoas buscan candobeben, tratando con iso de superar a timidez ouestablecer relacións con outras persoas.

Pero debes saber que a euforia e desinhibición ini-cial vai seguida de sono e cansazo, descoordina-ción, alteración da atención, a memoria e a per-cepción e, en consecuencia, da redución do rende-mento intelectual e físico.

Page 14: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,
Page 15: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Efectos que aparecen tras a inxestión de alcohol

>> Desinhibición da conduta e das emocións.>> Sensación de euforia e excitabilidade.>> Perda da capacidade de autocontrol.>> Descoordinación psicomotora: problemas para

coordinar movementos, confusión mental, lin-guaxe incoherente, etc.

>> Deterioración da atención, da memoria e daconcentración.

>> Aumento dos tempos de reacción.>> Deterioración da capacidade de xuízo (da per-

cepción do risco) e falsa sensación de segurida-de.

>> Alteracións visuais e perceptivas.>> Trastornos sexuais.>> Sono e cansazo. >> Nalgunhas persoas, comportamentos agresi-

vos.

A inxestión de doses importantes de alcohol produ-ce unha intoxicación aguda ou borracheira, aso-ciada a vómitos e mareos. En ocasións, o consumoabusivo de alcohol vai acompañado de perda deconciencia e de coma etílico. Nestes casos seránecesaria a intervención inmediata dos servizossanitarios de urxencia.

Page 16: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Os efectos do alcohol varían segundo as distintascircunstancias, como son:>> A idade (o seu consumo resulta moito máis

nocivo na adolescencia, etapa na que nosencontramos en pleno proceso de maduraciónfísica, mental e afectiva).

>> O sexo (en xeral, as mulleres toleran peor osefectos do alcohol).

>> O peso corporal (os efectos son máis intensosnas persoas máis delgadas).

>> A mestura do alcohol con outras drogas (xaque potencian os efectos nocivos do alcohol epoden provocar reaccións imprevistas).

>> A combinación de bebidas alcohólicas conbebidas carbónicas (refrescos con gas, tónicas,etc.), xa que aceleran a intoxicación.

>> O habituado que se estea a beber (os consu-midores habituais teñen unha maior toleranciaaos efectos, o que non quere dicir que nonsufran estes ou máis danos que os consumido-res ocasionais).

>> O ter ou non comido (tomar alimentos fai queos efectos da intoxicación polo alcohol se redu-zan).

>> A rapidez coa que se inxire (concentrar o con-sumo de alcohol nun breve espazo de tempofai que se potencien os seus efectos).

Page 17: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

¡¡RECORDA!!A euforia inicial que produce o

ALCOHOLafecta á capacidade de avaliar ou apreciar os posibles riscos, polo que oseu consumo adoita estar asociado a condutas altamente perigosas

como a condución de vehículos

baixo os efectos do alcoholos contactos sexuais sen protección

ou as pelexas e agresións, etc.

>> As doses inxeridas (doses baixas poden produ-cir euforia ou desinhibición; doses medias,embriaguez e descoordinación física e mental,e doses moi altas poden chegar a causar comaetílico e incluso a morte por colapso cardiorres-piratorio).

Page 18: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,
Page 19: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

alcoholCONSECUENCIAS

DERIVADAS DO ABUSO DO

Page 20: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

O consumo continuado de alcohol oude grandes cantidades en períodosconcretos, como as fins de semana,pode dar lugar a múltiples consecuen-cias negativas para o propio bebedor eo seu contorno familiar e social.

Page 21: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Problemas na saúde dos consumidores>> Trastornos dixestivos: náuseas, diarreas, gas-

trites, úlceras, cancros de colon, recto e gástri-co.

>> Lesións no fígado (hepatites, cirroses, cancrode fígado) e páncreas.

>> Trastornos cardiovasculares: hipertensión,arritmias, cardiopatías.

>> Infertilidade, diminución do impulso sexual eimpotencia.

>> Envellecemento precoz.>> Problemas neurolóxicos e psiquiátricos: depre-

sión, ansiedade, insomnio, alteracións da con-ciencia, psicoses e demencias, etc.

>> Dependencia (alcoholismo).>> Tolerancia (precísanse maiores doses para

obter os mesmos efectos).>> Síndrome de abstinencia (en casos graves con

delirium tremens).

Problemas familiares

>> Deterioración das relacións familiares e/ou deparella, separacións, divorcios, etc.

>> Violencia doméstica (malos tratos á parella ouaos fillos).

Page 22: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Problemas económicos

>> Desatención das obrigas familiares (coidadodos fillos, etc.).

Problemas familiares

>> Absentismo laboral, atrasos e baixas por enfer-midade.

>> Accidentes laborais, ao verse alteradas ascapacidades físicas e intelectuais.

>> Despedimentos e sancións por incumprimentodas obrigas laborais.

>> Diminución do rendemento laboral e deficientecalidade do traballo.

>> Conflitos e malas relacións con superiores ecompañeiros.

Problemas escolares

>> Fracaso escolar por deterioración da atención,concentración e memoria.

>> Absentismo escolar.>> Rexeitamento por parte de compañeiros e pro-

fesores.

Problemas legais

>> Sancións e multas por conducir vehículos baixoa influencia do alcohol.

>> Arrestos ou detencións por pelexas ou agre-sións.

Page 23: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

RECORDAO alcohol é unhadroga cuns efectos potencialmente moi perigosos. Moita xente nova e as súasfamilias viron as súasvidas rotas por culpadesta substancia.

Page 24: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,
Page 25: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

alcoholRAZÓNS POLAS QUE

BEBEN ALGÚNS MOZOS

…E CONSELLOS PARA NON FACELO

Page 26: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Para divertirse ou saír de marcha

...E CONSELLOS PARA NON FACELO

Non te deixes levar por unhamoda absurda que che impón aobriga de tomar copas paradivertirte. Tras a falsa imaxe doalcohol como droga festiva ocúl-tanse moitos problemas (confli-tos cos pais e amigos/as, acci-dentes, pelexas, embarazos nondesexados, problemas escolarese laborais, etc.). Pasa de malosrollos.

Para superar a timidez ou as dificultadespara relacionarnoscos demais

Nin o alcohol nin ningunha outradroga van modificar o teu carác-ter, nin farán que sexas máissociable ou divertido/a. A mellore máis eficaz maneira de superaro corte que che poida producirestablecer conversa con persoasdescoñecidas é mostrarte talcomo es. Sé espontáneo/a.

Page 27: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Paraligar e faceramigos

¿De verdade cres que vas ligarou ter máis amizades simple-mente por teres na man unhacervexa ou un “cubata”? Non tedeixes manipular por unhapublicidade que soamente des-exa que consumas alcohol a cal-quera prezo.

Porque os seus amigoso fan

Se tes claro que non queresbeber, porque non che gusta ouporque sabes que é perigoso,mantente firme na túa postura.Demóstralles aos teus amigos eamigas que es unha persoamadura, capaz de decidir o queche convén e de rexeitar as pre-sións doutras persoas.

Para esquecersedos problemas e as rutinasdiarias

Consumir alcohol non fará desa-parecer os teus problemas; aocontrario, reducirá a túa capaci-dade para afrontalos e fará quese agraven ou que xurdan outrosnovos. Aprende a resolver osconflitos e a tomar decisións coamente despexada. Sé intelixen-te.

Page 28: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

A publicidade asocia o consumo de alcohol coadiversión, a amizade, a felicidade, a atracciónsexual, a liberdade, a independencia, o ser novo, oprestixio social, o deporte, etc. Unha imaxe idílicaque oculta os múltiples problemas que entraña ouso e/ou abuso de bebidas alcohólicas.

Cando se tratadunha muller,para demostrar queé capaz defacer o mesmoque os homes.

Demóstralles aos teus amigosque es igual ou máis intelixentee capaz que eles: non imitescondutas perigosas.

Por carecer doutras alternativas de ocio

Tes moitas maneiras de ocupar oteu tempo libre de forma sauda-ble, para relacionarte con outrosmozos, divertirte e compartirvivencias e emocións positivas.Non caias na rutina de todas asfins de semana; programa costeus amigos/as o que vos gusta-ría facer no voso tempo libre.

...E CONSELLOS PARA NON FACELO

Page 29: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

NON TE DEIXES MANIPULAR:

observa críticamente a publicidade

Pensa sempre no que che din realmente os anun-cios de bebidas alcohólicas e que perseguen coniso. É posible que descubras que tratan soamentede que ti gastes diñeiro nestes produtos, senimportarlles o máis mínimo se iso é bo ou malopara ti.

¿De verdade cres que vas ligar máis, ter máis ami-gos/as e éxito, ser máis independente ou auténti-co/a ou máis feliz simplemente por teres na manunha cervexa ou un “cubata”? Xa é hora de queaprendas que non existen solucións máxicas, que aamizade, o éxito, a aceptación e o recoñecementosocial se conseguen coa constancia, o esforzo per-soal e o interese e preocupación polas persoas quenos rodean.

Page 30: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Hai unha razón básica: consumir alco-hol, como calquera outra droga, éunha conduta perigosa que supónun grave risco para a saúde física emental dos consumidores, sobretodo cando se é adolescente ounovo.

Page 31: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

alcoholTES MOITAS RAZÓNS

PARA PASAR DO

Page 32: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Pero se cres que este non é un motivo suficiente-mente importante, aquí tes outras moitas razónspara non tomar bebidas alcohólicas:

>> Para non engordar e manterse guapo/a.

>> Porque o seu sabor é desagradable.

>> Porque non o necesitas para divertirte.>> Para non marearse ou vomitar.

>> Para “non cantar” (o mal alento que deixa nonserá a túa mellor carta de presentación).

>> Para non meter a pata dicindo e facendo cou-sas estúpidas.

>> Para non ser pesado/a e acabar cansando atodo o mundo.

>> Para non lles estragar a festa aos teus ami-gos/as.

>> Porque es suficientemente maior e maduro/acomo para evitar condutas perigosas.

>> Para gozar responsable e plenamente dasrelacións sexuais.

>> Porque un mozo non é máis viril por bebermáis, como tampouco unha moza é máis sim-pática ou moderna por tomar alcohol.

>> Para non “confundirse” e evitar sorpresas(resultarache máis fácil encontrar xente sa e diver-tida coa que compartir amizade e outras cousas).

>> Para non perder o control (evitarás facer ou dicircousas das que te arrepintas).

Page 33: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

>> Para sentirte a gusto contigo mesmo, porqueche gustan as cousas naturais e non necesitas“colocarte”.

>> Porque che parece unha estupidez que a diver-sión consista en beber para acabar “peido”.

>> Para non ter resaca (dor de cabeza, problemasestomacais) ao día seguinte.

>> Porque che gusta estar esperto/a.

>> Para estar en mellores condicións para facerdeporte, estudar ou traballar.

>> Porque podes dedicar o tempo e diñeiro queinvistes en beber noutras moitas cousas que deverdade che gusten.

>> Porque es unha persoa independente, costeus propios criterios e gustos, que non se limi-ta a seguir o que di a moda.

>> Porque es suficientemente intelixente comopara saber que a publicidade vende unha imaxedo alcohol e da xuventude que non é real.

>> Porque beber non fará que desaparezan osteus problemas.

>> Para non tomar decisións equivocadas.

>> Para evitar discusións cos pais.>> Porque non é agradable ter que ser atendido

polos servizos de urxencias ou ver como o fancun amigo/a.

Page 34: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

… En suma, PORQUE CHE GUSTA DEMASIADOVIVIR E GOZAR COMO PARACORRERES RISCOS INNECESA-RIOS.

Page 35: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

SE INTELIXENTE,ELIXE BEN ATUA COMPAÑÍA:

O ALCOHOLNUNCA SERÁ

O TEU AMIGO

Page 36: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,
Page 37: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

alcoholCOUSAS QUE NUNCA DEBES ESQUECER

Page 38: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Non conduzas se bebiches, mesmo cando creasque non tes afectadas as túas condicións paraiso, nin subas nun coche ou moto cuxo conduc-tor bebese.

Todos os anos se producen en España uns12.000 accidentes de tráfico que orixinan unhas4.000 mortes (cerca de 350 en Galicia), ademaisdun número moi superior de feridos graves.

A inxestión de alcohol afecta de forma importan-te ás aptitudes para a condución, provocandoalteracións da atención, a coordinación, a redu-ción da percepción do risco e o aumento dostempos de reacción, o que incrementa notable-mente o risco de sufrir accidentes, incluso candose beberon pequenas cantidades. Cunha concen-tración de alcohol lixeiramente por encima dolímite legal multiplícase ata por 20 veces o riscode sufrir accidentes.

¿Sabías que no 40% dos condutores falecidos enGalicia se identificou a presenza de alcohol e quea maioría é xente nova menor de 30 anos quesufriu accidentes durante as fins de semana?

Conducir superando as taxas de alcoholemia per-mitidas (0,5 g/l con carácter xeral e 0,3 g/l paraos condutores profesionais e para os noveisdurante os dous primeiros anos de carné) estácastigado con penas de prisión de tres a seismeses ou multa e a privación do permiso de cir-

Page 39: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

culación durante un período de entre un e catroanos. En moitos casos basta con beber tan sóunha lata de cervexa ou un “cubata” para supe-rar o límite legal. ¿Queres ser un dos cerca de8.000 condutores galegos denunciados no últimoano por conducir con taxas de alcoholemia supe-riores ao límite legal?

¿CRES QUE PAGA A PENA ARRISCAR A TÚA VIDA E A DAS

TÚAS AMIZADES POR UNHA COPA?Se non queres esmagar o teu coche ou moto,ser sancionado ou causar graves danos a timesmo/a ou a terceiras persoas, recorda: AOVOLANTE, NIN UN GROLO

Page 40: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Nunca bebas cando esteas traballando ouesteas a piques de facelo, en especial se debesmanexar maquinaria perigosa ou se das túasdecisións depende a seguridade doutras per-soas.

Un de cada catro accidentes laborais están rela-cionados cun uso indebido do alcohol ou doutrasdrogas.

Xamais bebas se estás tomando algún medica-mento.

Mesturar alcohol e medicamentos pode ser uncóctel explosivo e moi perigoso. Moitos medica-mentos de uso común (analxésicos, relaxantesmusculares, etc.) cando se consomen con peque-nas cantidades de alcohol producen sopor eoutras alteracións que poden causar accidentes.

Non perdas a cabeza: se pensas ter relaciónssexuais, recorda sempre que é imprescindibleutilizar preservativos.

O abuso do alcohol é responsable de moitosembarazos non desexados e da transmisión decertas enfermidades infecciosas (SIDA e outrasenfermidades de transmisión sexual), ao propi-ciar que se teñan relacións con parellas desco-ñecidas sen protección.

Page 41: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Non debes beber se tes algún problema hepá-tico.

O fígado é un órgano vital que non se rexenera.Cada vez que consumas alcohol irás acumulan-do danos no fígado, que poden causar ou acele-rar a presenza de enfermidades graves (cirroses,etc.)

Non bebas nunca se tes menos de 18 anos.

Os danos do alcohol son especialmente gravesdurante a adolescencia, unha etapa onde se estáen pleno proceso de desenvolvemento físico epsicolóxico. Ademais, nestas idades carécese damadureza suficiente para avaliar correctamenteos riscos que entraña o seu consumo.

Baixo ningún concepto debes beber se estásembarazada.

O consumo de alcohol durante o embarazo pro-voca diversos problemas no feto (perda de peso,atraso no desenvolvemento, etc.). Sé responsa-ble, coida dos que queres.

Page 42: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

alcoholSe, a pesar de todo

pensas seguir bebendo

Page 43: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

… POLO MENOS REDUCEO CONSUMO E OS RISCOS

Page 44: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

>> Non bebas en xaxún.

>> Non conduzas. Se saes en grupo, asegúrateantes de que algún dos amigos non beba esedía. Se estas só, ou todos os teus amigos bebe-ron, utiliza o trasporte público.

>> Non mestures alcohol con cannabis (poténcian-se os efectos depresores e a redución da capacida-de psicomotora) ou calquera outra droga; asreaccións son imprevisibles.

>> Controla o número de consumicións, dosifí-caas (non esperes a estar borracho ou ao díaseguinte con resaca para darte conta de que tepasaches bebendo).

>> Bebe sempre menos da cantidade que creasque podes tolerar, posto que como o alcoholtarda certo tempo en absorberse non percibirásos seus verdadeiros efectos ata que pase algúntempo despois de beber.

>> Evita participar en roldas; con iso soamenteconseguirás beber máis cantidade e máis axiñado que che apetece. Ademais, así evitarásmalos rollos (que cada un beba e pague o quequeira tomar).

>> Non bebas se non che apetece nese momen-to, simplemente porque alguén queira invitarte(pode facelo outro día).

>> Bebe lentamente, con grolos curtos.>> Intercala o consumo de bebidas alcohólicas co

de auga ou dalgún refresco.

Page 45: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

>> Evita ter o vaso na man; déixao na barra ou namesa entre grolo e grolo.

>> Evitar mesturar diferentes bebidas alcohólicas.>> Evita tomar froitos secos; daranche máis sede

e beberás máis.>> Se ves que algún dos teus amigos/as bebeu en

exceso, dillo e impide que siga bebendo. Pro-cura non deixalo só/soa.

>> Cando bebas evita someterte a cambios brus-cos de temperatura.

>> Se te sentes mal despois de beber (se notas queche baixa a tensión ou que vas perder a conciencia),avisa alguén que poida auxiliarte ou pideaxuda aos servizos sanitarios de urxencia.

RECORDA:

pero, se a pesar diso decides beber, polo menosfaino de forma intelixente ecos menores riscos.

alcohol,A decisión máis sensata é NON tomar

Page 46: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

A saúde relaciónase co noso estado

físico, emocional e psicolóxico,

condicionando de forma moi impor-

tante o noso nivel de satisfacción e

equilibrio persoal. Por iso, na medida

en que coidamos e potenciamos a

nosa saúde, estamos contribuíndo de

forma decidida a facer que nos sinta-

mos ben con nós mesmos, a que a

nosa vida resulte máis agradable e a

que os demais nos perciban de

maneira máis positiva.

Page 47: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Pautas para unha vidasaudable e divertida

Page 48: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Para mellorar e fortalecer a nosa saúde, soamen-te debes seguir unha serie de pautas sinxelas natúa vida cotiá:>> consumas alcohol, tabaco ou outras drogas: o

uso destas substancias é un dos principais facto-res condicionantes da nosa saúde e o principalfactor de enfermidade e morte entre a xuventude.

>> Evita condutas que resultan especialmenteperigosas para a saúde, como a condución devehículos cando teñas afectadas as túas condi-cións físicas ou psíquicas ou as relaciónssexuais sen protección.

>> Procura realizar exercicio físico de formaregular. Ademais de mellorar a túa imaxe cor-poral, contribúe a combater o estrés e aliviar astensións.

>> Coida a túa alimentación, procurando incluírunha dieta variada e rica en froitas e verduras.

>> Presta atención á túa hixiene persoal (aseo dia-rio, cepillado de dentes, etc.) e acude periodica-mente ao médico para revisar o teu estadoxeral de saúde.

>> Non consumas medicamentos salvo que chosreceitase algún médico.

>> Procura ler ou realizar actividades que esti-mulen a túa capacidade intelectual (acudir aocine, teatro, etc.).

>> Practica algún hobby que che permita desen-volver a túa creatividade ou que che facilite ocontacto con outras persoas da túa idade (sen-deirismo, deportes de equipo, etc.).

Page 49: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,
Page 50: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Ónde podesobteraxuda

Page 51: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,

Se tes algunha dúbida ou problema relacio-nado co consumo de alcohol ou se coñecesalguén nesta situación, podes dirixirte aoresponsable do Programa de Prevención eIncorporación Social ou á Unidade Asisten-cial de Drogodependencias máis próxima aoteu domicilio.

RECORDA QUE NON ESTÁS SÓ/SOA

Se tes calquera problema relacionado coconsumo de alcohol, NON O DUBIDES,solicita axuda. Recibirás orientación eun tratamento especializado e gratu-íto para superalo.

NON ESPERES A QUE SEXA DEMASIA-DO TARDE

Page 52: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,
Page 53: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,
Page 54: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,
Page 55: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,
Page 56: O alcohol - Concello de Boqueixón · teus pais ou algúns dos teus amigos tomen bebidas alcohólicas, ou que estean presentes na maior parte dos acontecementos sociais (aniversarios,