16
O BERRO CPI TERRAS DE MASIDE 2011-2012

O BERRO 2012 VOLUME 1º

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Primeiro volume (de tres) da revista O Berro, ENDL CPI Terras de Maside, curso 2011-2012

Citation preview

Page 1: O BERRO 2012 VOLUME 1º

O BERRO CPI TERRAS DE MASIDE

2011-2012

Page 2: O BERRO 2012 VOLUME 1º

Ola! Benvid@s un ano máis ao Berro , o xornal de Normalización.

Este curso, coma todos, esforzámonos moito para que todo saíse ben. Fixemos moitas cousas neste tempo de escola e o que queremos é dálas a coñecer.

Desde o Equipo de Normalización convidámosvos a que vos unades a este gran equipo e dámoslle as grazas a todo o mundo que fixo posible que isto se levase a cabo.

Recordade: se amades a vosa lingua, demostrádeo e facédevos cómplices desta gran familia

O Equipo de Normalización

Page 3: O BERRO 2012 VOLUME 1º

Saúdo 2Editorial 4Convivencias Infantil 5Día da Ciencia 6Mulleres na Ciencia 75º de Primaria 8As nosas andainas9Club de lectura e Anxo Moure 10-11Magosto 12Cousas de 4º e 6º 13Compostaxe e entrevista 14O lixo 16Móllate coa Lingua 17Galeokada e música infantil 18Comercio xusto 20Castelao 21Hipo Hop com García Mc 22Poetízate 24Verónica Boquete no Outeiro 25

●Podes p rte en contacto com ón s a trav s do correo ó é

electr nicoó : [email protected]

●Visita o noso blogue: blogoteca.com/mollatecoalingua

(e coméntanos)

ndiceÍ

As nosa clases 26A Nosa Historia Facémola Nós 30O tempo en Maside 32Obradoiro de Igualdade 33Cacimbo com Aline Frazão34. En concerto 35Entrevista Aline, Ugia e Fred 36OPS 41Recomendacións musicais 42Viaxe a Vigo e a Madrid 44Premio literario para María 45Obradoiro de escrita creativa46Recomendacións literarias 49Chegaron cartas! 5oHumor 52Recortes! 55Premio Queiroa 56

Valentín Paz Andrade, Día das Letras Galegas 2012

Deseño da capa: Séchu Sende. Deseño da contracapa: Leandro Lamas. Palabras da contracapa: Séchu Sende no blogue Estou na Lavadora

Page 4: O BERRO 2012 VOLUME 1º

Abrimos o Berro deste ano cunha muller que leva un cesto na cabeza. E no cesto leva libros, tamén de mulleres, galegas coma ela.

Mulleres de paso firme e cabeza ergueita, que sorrín e constrúen camiños, sempre en frente, camiños de palabras.

Mulleres olvidadas na historia, na ciencia, mulleres silenciadas.Pechamos o Berro con mulleres que cantan e tocan e enchen de

cores as palabras.

Porque Galiza é iso, unha muller que canta e se levanta1. Como algunhas que pasean nas páxinas desta revista: conserveiras, guerrilleiras, científicas, poetas, músicas, futbolistas.

Mulleres que constrúen, cada día, o camiño das que aínda non chegaron.

Mulleres que non destecen na espera de náufragos desnortados.

A revista é para elas, para todas elas.

1”As mulleres que cantan e as que se levantan dan á

vida un porqué”, Sés, no disco Admirando a condición

Deseño de Leandro Lamas

editorial

Page 5: O BERRO 2012 VOLUME 1º

O 15 de maio, baixo o lema "”Se queres unha boa vida, aposta pola ecoloxía"”, tivo lugar a VI convivencia de educación infantil no campo da festa de Loureiro (O Irixo) no que participaron os colexios de Padrenda-Crespos, Cortegada, Maside e Dacón. Na convivencia tratouse o tema da defensa dos produtos ecolóxicos coa axuda das nosas mascotas Xurxo e Sabela, que a través de diferentes talleres, exposicións e a visita à cooperativa Santa Mariña de Loureiro nos guiaron para valorar os produtos naturais e ecolóxicos tan ameazados nos nosos días e nesta comarca.

Os nenos e nenas puideron pasar polos seguintes obradoiros:●Preparación de marmelada con froitas naturais●Contacontos “como se fai o mel” que incluía unha degustación de productos ecolóxicos (mel, queixo...)●Elaboración de pulseiras tecidas en la.●Un teatro musical.●Coñecemento da nosa cultura a través da interacción con apeiros e vehículos agrícolas.●Deporte no horto ecolóxico.●Visita á cooperativa de Loureiro

Desde os distintos centros educativos pretendeuse que, ademais de disfrutar dunha lúdica xornada de convivencia, puidesen aprender a importancia que a ecoloxía ten sobre a saúde.

CONVIVENCIAS INFANTIL

Page 6: O BERRO 2012 VOLUME 1º

O ano 2011 foi o Ano Internacional dos Bosques e da Química. Con tal motivo, visitamos o laboratorio do centro para ter unha primeira toma de contacto co mundo da química. Alí coñecemos materiais e informámonos sobre diferentes experimentos que podemos realizar nós ao longo do curso.

Tamén vimos unha videoconferencia sobre “Os bosques como parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta”.

Aprendemos moitas cousas sobre a importancia e o aproveitamento das árbores.

Montse e Rubén. 5º

DÍA DA CIENCIA EN GALEGOO ano pasado xurdiu a iniciativa de dedicar o día 4 de novembro á Ciencia en galego, para non esquecer que a nosa lingua pode e debe usarse en todos os ámbitos, tamén para facer ciencia. Este curso volvemos facelo e tamén lembramos as mulleres que se dedicaron ou dedican á ciencia e que o ano 2011 foi o Ano Internacional dos Bosques.Puidemos asistir a dúas videoconferencias organizadas pola Coordinadora Galega de ENDL nas que participaron simultaneamente máis de once mil alumnos/as de toda Galiza

Os rapaces e rapazas de 6º fixemos uns experimentos para Coñecemento do medio coa electricidade e o magnetismo.

A videoconferencia para Secundaria déunola Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal e director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da USC. Ángel Carracedo estaba en Natal, Brasil, participando nun congreso internacional. Foi ás doce e media, hora de aquí.

Primeiro fixo unha introdución sobre o ADN e contounos as aplicacións da xenética no campo da investigación forense, área na que os grupos de investigadores liderados por Ángel Carracedo lideran a produción científica mundial. Logo puidemos facerlle preguntas a través do chat.

A videoconferencia para Primaria foi a cargo de Mª Isabel Fraga Vila, profesora e membro da cátedra de Botánica da USC e directora do Museo de Historia Natural da universidade e conectámonos ás dez e media.

Nela falouse sobre os bosques como parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta e os seus beneficios económicos, socioculturais e ambientais.

Page 7: O BERRO 2012 VOLUME 1º

HABELAS HAINAS Mulleres Na CienciaA identificación do autor complicouse en ocasións pola perda do apelido dalgunhas mulleres ao casar, ou pola utilización de pseudónimos masculinos que garantisen que o seu traballo se ía tomar en serio.Foron moitos os nomes de mulleres que quedaron ocultos e que non aparecen nos libros de texto nin na literatura científica. Porén houbo grandes loitadoras que fixeron valiosas contribucións á ciencia e que colaboraron no avance da humanidade.

Na actualidade hai un gran número de mulleres no ensino, nas universidades, nos grupos de investigación, na política ou nas empresas, pero non ocupamos postos de relevancia nin estamos presentes debidamente nos ámbitos de decisión.Faise necesario un cambio de actitude e mentalidade na sociedade. Mulleres e homes debemos ter maior conciencia do papel da muller e da necesidade de que o noso traballo se visibilice.

Hipatia, Alexandría, Exipto (380-415). Desenvolveu importantes traballos en álxebra, xeometría e astronomía.Trótula, Salerno, Italia (séculoXI?). Destacou na ciruxía e escribiu 2 libros de medicina. María Gaetana Agnesi, Milán (1718-1799). Con nove anos falaba sete linguas: italiano, latín, francés, grego, alemán, hebreo e español. Acreditouse co seu primeiro libro, no que discute o cálculo diferencial e integral. Marie Sklodowska, coñecida por Marie Curie, Varsovia (1867-1934). Descubriu o Radio. Premio Nobel de Física en 1903 e de Química en 1911.Rosalind Franklin, Londres (1920-1958). Investigadore e especialista en difracción de raios X.Barbara McClintock, Estados Unidos (1902-1992) Descubriu que os xens poden cambiar de posición nos cromosomas. Premio Nobel de Medicina en 1983.María Josefa Wonenburger, A Coruña (1927). Recoñecida matemática, traballou e varias universidades norteamericanas.Margarita Salas, Asturias (1938). Investigadora no campo da bioloxía molecular. Primeira muller en ingresar na Real Academia de Ciencias e na Real Academia de la Lengua.

María Teresa Miras Portugal

(O Carballiño,1948). Catedrática de

bioquímica e bioloxía molecular. Presidenta da Real Academia de

Farmacia.

A historia da ciencia que coñecemos é unha historia masculina, aínda que as mulleres tamén contribuímos a este proceso.Ao longo da historia existiron moitas mulleres que investigaron, pero a sociedade non recoñeceu o seu traballo. Todas elas adicáronse á ciencia con moitas dificultades, enfrontáronse á invisibilidade, foron desautorizadas e ridiculizadas polos seus colegas masculinos, foron acusadas de bruxería (e queimadas ou duramente castigadas), non puideron incorporarse a institucións e as súas obras foron plaxiadas ou usurpadas por científicos varóns.

Alumnas do Equipo de Normalización

Trótula

Marie Sklodowska(Marie Curie)

María JosefaWonenburger

●http://www.culturagalega.org/album/detalle_especial.php?id=121●http://dl.dropbox.com/u/42548879/mulleres_cientificasv2/mulleres_cientificasv2.html●http://www.cienciaengalego.org/drupal6/sites/default/files/Pujales.pdf

Para saber +

Page 8: O BERRO 2012 VOLUME 1º

Tamara é unha estrela caída do ceo no ano 1990

que representa ao Ribeiro no concurso de recantos do Luar.

Coa súa voz de anxo e a súa elegancia impresiona a todo o público. Cantou recentemente “Se nos deixan”, “A chuvia”, “Francisco Alegre” e “ O touro e a Lúa”.

Así é Tamara, cantante no Luar e representante da comarca do Ribeiro

Rubén, Montse e Mireya, 5º de Primaria

Está traballando na orquestra DELIRIO xunto co seu noivo, pero tamén está estudando no Conservatorio do Carballiño primeiro de grao medio. Estuda ao mesmo tempo linguaxe musical, educación auditiva e canto e anteriormente estudou guitarra.Unha anécdota importante foi que para a presentación de “Francisco Alegre” veu gravar ao noso colexio, falou o profesor Javier para a TVG e fixémoslle unha onda.

Para a presentación de “O touro e a Lúa” tamén gravou no colexio de Maside onde ela estudou de pequena e estivo rodeada de fans que querían autógrafos seus. Na presentación falou Enrique. Nesta segunda visita Tamara veu acompañada da súa mellor amiga Noelia.

En informática pásoo moi ben, porque aprendemos a utilizar o ordenador e facemos moitas actividades divertidas. Este ano é mellor cós outros, porque como nos separaron de quinto de primaria para arriba, xa quedan sitios libres de sobra. Gustaríame que as clases duraran máis porque para comezar cos ordenadores perdemos tempo (opina María).En baile moderno pasámolo estupendamente porque nos encanta bailar. Gustaríame que as clases foran máis a miúdo e que duraran máis tempo, xa que antes de empezar facemos quecemento xogando ao “tiburón”. Ademais, a profe de baile é moi boa e ensínamos moito. Por iso, as clases “sábennos a pouco” (isto é o que di Nerea de quinto).Nas clases de concentración e creatividade sempre estamos relaxados e entretidos, imos ao patio e deixamos de estudar encerrados ou xogamos ao que queiramos. A profe repártenos galletas riquísimas. A todos nos gustaría que fose máis xente porque é divertido (di Nerea).Cando estamos en teatro practicamos a articulación coa boca : poñemos o lapis na boca e lemos trabalinguas. Tamén xogamos a chapas, ras e lagostas, museo e improvisacións. Agora estamos practicando un baile de “chulitos ou algo así” para fin de curso (comenta Nerea).O tenis “é o máximo”, porque o profesor gástanos bromas e cóntanos chistes, é un profesor moi gracioso. Gustaríame que non seguiramos a mesma orde todos os días e que non recolleramos as bólas por separado – opina Nerea. Isto é todo. Así pasamos as tardiñas. Animádesvos para o vindeiro curso escolar? Contamos convosco

María e Nerea, 5º de Primaria

Os deseños desta páxina foron elaborados polo alumnado de Primaria para un concurso de linguadebuxo, Coordinadora comarcal dos Equipos de Normalización do Arenteiro

Page 9: O BERRO 2012 VOLUME 1º

AS NOSAS ANDAINASCarme Caride Alonso

1º ESOFixemos unha andaina o día 19 de novembro de 2011, organizada polo Equipo de Normalización e o Departamento de Educación Física. Saímos ás 10:00 da Alameda de Maside. Alí repartímonos para ir ao inicio da ruta. Primeiro comezamos o percorrido dende a ponte do río Barbantiño, subindo pola marxe dereita do río ata a fervenza. Polo camiño observamos as instalacións abandonadas da psicifactoria e o edificio da “minicentral”. Unha vez que paramos nesa área observamos os muíños.

Despois cambiamos á marxe esquerda ata a ponte de san Fiz (dos séculos XIII-XIV.Polo camiño pasamos polo encoro da “minicentral”. Desde a ponte de San Fiz volvemos ao encoro, cruzamos a presa e volvemos ata a fervenza.Xa para finalizar, regresamos desde a fervenza ata o punto de partida. Algúns quedaron para comer á beira do río.

A min pareceume divertido e educativo, xa que eramos varios nenos e nenas,tanto pequenos coma grandes, e profes e familiares de diferentes idades. Polo camiño atopamos un can que nos seguiu un bo tramo. A fervenza é espectacular e subimos ata ela.

Ademais, Vanesa (profesora de Educación Física) dábanos un premio se averiguabamos que significaban as frechas que había polo camiño. Desde o meu punto de vista foi algo moi interesante e repetiríao outra vez.

A ponte de San Fiz

A ponte da autovía, como unha nave espacial entre a néboa

Chegando á fervenza

En xuño do curso pasado fomos ata o Puzo do Lago, algúns en bici...

E este xuño iremos ata o castro de San Cibrán de Las e San Trocado

Page 10: O BERRO 2012 VOLUME 1º

Tamén lemos Simón, Simón. É un neno moi despistado que cursa 5º de Primaria. Na escola fai moitas trasnadas.

En xeral, o libro que máis nos gustou a todos foi o de Simón, Simón.

@s alumn@s de 5º divertímonos coa lectura. Ao longo de curso lemos varios libros. Uns individualmente e outros en grupo. Posteriormente, na aula, realizamos comentarios, resumos, debuxos e unha valoración persoal.Ata o de agora lemos:

O estanque dos parrulos pobres. Trata da relación dunha nena co seu avó. Xoga con el a moitas cousas ( como botarlle pan aos parrulos…), e así aprende bastante.

Don caracol detective. Nunha charca houbo unha reunión de animais para solucionar o problema da desaparición de comida das súas despensas. Encargouse o detective “Caracol”.

Unha Raíña Negra. Un neno ao que lle gustan as formigas consegue ter un río negro delas no seu cuarto. Aquí xoga con elas e… moitas cousas máis.

A Galiña da Paz. Era unha galiña que non estaba contenta co seu destino e partiu á busca dun milagre. Quería voar para converterse en Galiña da Paz. Na súa peregrinaxe ocorréronlle moitas aventuras.

23 de abril, Día do Libro

cando les, choven os mellores

soños

5º de Primaria

O paso do esquecemento, Antón Riveiro Coello, Centro de Cultura Popular do Limia 2011. Con ilustracións de Pilar Sevillano, este fermoso libro conta a lenda do río Limia aos máis pequenos

Un cadro de Picasso, Claire D'Harcourt, FaktoríaK, 2011. Entrar nun cadro, viaxar por ese novo universo, explorar cada recuncho...Ao fío destas páxinas descubrirás un lenzo tráxico e inmenso: O Guernica de Picasso.

O Equipo de Normalización recomenda:

Page 11: O BERRO 2012 VOLUME 1º

O Día do Libro fixemos unha actividade na biblioteca para aprender o significado das etiquetas que aparecen coladas no lombo do libro. Elaboramos as dalgúns libros coa información que nos daban. Logo, colocámolos nos andeis segundo a súa etiqueta.

Inventamos a portada dun libro coma se fósemos o autor.

Vimos un vídeo sobre a evolución do libro. Ao principio eran de arxila ou de papiro, e escribíanse da dereita cara á esquerda. Conservábanse en botes ou en aceite. Logo, foron evolucionando ata hoxe que son de papel ou electrónicos.

Confeccionamos uns marcapáxinas sobre un libro dos lidos ao longo do curso.

DÍA DO LIBRO CON ANXO MOURE

Tamén recibimos a visita de Anxo Moure, un contacontos. Díxonos que el era un atrapacontos, e por iso tiña moita imaxinación. Tamén, que había que ter esperanza en canto ao coidado da Terra.

Mireya, Ángel, David. 5º EP

Estivo con nós Anxo Moure, un contacontos que veu darnos unha divertida charla, con bonecos, disfraces,...Falaba rápido, pero vocalizando moi ben cada unha das súas palabras. Con cada unha delas tentaba concienciarnos da importancia de coidar do medio ambiente.Durante a charla, pres e alumnado estiveron moi atentos. Espero que haxa máis visitas así. Mylena, 1º ESO

O Día do Libro veu Anxo Moure para contarnos un conto que tamén incluía o tema do Día da Terra (que fora o día anterior). A historia trataba da importancia dos contos, de que fortalecen a nosa imaxinación. Os personaxes eran un gaiteiro, unha fada, un paxaro, un monstro malvado que quería destruir o bosque, os contos e unha loba.Anxo dicianos qué personaxes eramos (os que el decidia)e qué tiñamos que facer. Mandábanos saltar, falar...O contacontos era moi gracioso e amable e a historia, interesante e moi divertida.

Arlet Nogueira Castro 6º EP

Page 12: O BERRO 2012 VOLUME 1º

O Magosto

De mañá estivemos xogando cos xices pintándonos uns a outros.

Cando chegou a hora do xantar, os cociñeiros déronnos empanada, bolos preñados e de sobremesa un anaco de biscoito con chocolate.

Esta festa rematou cando tocou o timbre para ir para a casa.

Para o ano haberá máis e esperamos que sexa tamén xenial.

No pasado magosto do noso colexio pasámolo moi ben, fixemos incríbeis xogos populares sen contar como nos puxemos perdidos co carbón. Comemos a tradicional comida do magosto e pasámolo tan ben coma os anos anteriores, pero este ano con nov@s alumn@s.

Ao rematar de xantar fomos pola frouma que colleramos o día anterior, fixemos a fogueira e asamos as castañas para comelas. Algúns rapaces saltárona e outros colleron carbón e comezaron a pintarse uns a outros. Despois nós comezamos a divertirnos con xogos populares.

Mylena (1º ESO) e Carlos (4º ESO)

Nese d a, vi eron visitarnos algunhas e í ñalg ns ex-alumn@s Foi bo ú vel@s de novo.

Page 13: O BERRO 2012 VOLUME 1º

O día 24 de abril, todos os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria fomos a Expoourense a unha actividade de Educación Vial.Primeiro, ensináronnos os sinais de tráfico e as normas de circulación nun circuito que parecían rúas de verdade.Despois, vimos unha película de debuxos animados tamén sobre as normas de circulación. Por último andivemos en bicis e en karts polo circuito que tiña semáforos, sinais, rotondas, pasos de peóns…Foi un día moi divertido, pasámolo xenial!

EDUCACIÓN VIAL

Alumnado de 4º de PrimariaDebuxo de Manuel González Coca

O meu paso polo colexio

Ola, son Rubén e vouvos contar a miña experiencia no colexio de Maside.

Eu estudei infantil en Dacón e vin para Maside en 1º de Primaria. Era un neno de seis anos entusiasmado polo primeiro día no colexio dos maiores. Cando chegou o día había que levantarse cedo para ir ó colexio e nada máis pisar a entrada foi algo grande para min. Cando entrei na clase vin a todos os meus amigos coa mesma cara de asomo ca min e dixen para min que así ía ser o resto do ano e así durante seis anos máis ata agora.

Nestes seis anos pasaron moitas cousas. Coñecín novos amigos como Román, Pablo e Rubén Pérez. Moitos profesores, entre eles Ana, que foi a nosa profesora durante tres anos: segundo, cuarto e quinto. Este último curso con Ana pasou moi rápido; o único decepcionante era que a nosa profesora íase do colexio, pero a despedimos cariñosamente.

Fomos a moitas excursións e actividades. Esta mesma semana fomos ao Teatro Principal de Ourense a ver unha obra de teatro en inglés moi interesante.

Pero o colexio tamén esixe moito esforzo e traballo. Hai que facer moitos deberes, estudar, exames…a recompensa deste esforzo é aprender.

E por último cheguei aquí. Sexto non pinta mal, teño bos amigos, un bo profesor (que manda moitos deberes) e estase a punto de acabar chegando o verán.

Despídome de primaria pero recollo cos brazos abertos a ESO. Isto é todo aquí, Rubén González Roo, 6º Primaria

Érase unha unha rapaza alta,loura e de pelo longo,ollos castaños e grandes. Era divertida, intelixente, traballadora e moi guapa. A rapaza chamábase Emma, tiña moitos amigos e gustáballe xogar con todo o mundo. Vivía coa súa nai que tiña as mesmas características cá súa filla. A nai chamábase Tania; non tiña marido e tiña unha finca moi grande na aldea na que vivían.

En Tabodela (a súa aldea)había moi pouca xente e Emma sentíase soa e un día falou coa súa mellor amiga e dispuxéronse a escapar. Cando a súa nai soubo o que ían facer falou coa nai de Uxía, castigáronas severamente.

Emma e Uxía estaban encerradas no seu cuarto,cando Emma tivo a idea de saltar pola ventá, pero había moita altura, así que trenzou todas as mantas que tiña no cuarto e tirounas pola ventá. Despois,díxollea Uxía que fixera o mesmo.

Ao escaparen Emma e Uxía viron que había unha festa e dispuxéronse a ir. Na festa coñeceron moita xente nova que as levou á casa.

De camiño á casa chocaron contra outro coche que viña pola estrada equivocada. Avisaron a todas as nais e foron rapidamente ao hospital.

Cando Emma e Uxía despertaron prometéronlles ás súas nais que nunca as desobedecerían e que nunca se volverían escapar.

Arlet Nogueira Castro, 6º de Primaria

Algunhas cousas de 6º

Page 14: O BERRO 2012 VOLUME 1º

Coa chegada da primavera as árbores empezan a botar as follas, as plantas as súas flores e crece toda clase de herba.

O 27 de marzo viñeron unhas rapazas de Amigos da Terra para ensinarnos a facer un composteiro.

O primeiro que fixeron foi poñermos unhas filminas, explicándonos o proceso da compostaxe. Ao acabar, dividíronnos en dous grupos: o primeiro grupo fixo un cartel, para explicarnos qué se pode botar no composteiro; o segundo, un composteiro cun cilindro de tea metálica e recuberto cunha rede.

A base quedou aberta e por riba cubriuse cunha tapa. Indicáronnos que nel se botan restos de comidas crúas e podas de árbores. Cada pouco hai que remover e humedecer. O proceso de formación do compost dura oito meses.

A nosa opinión é que merecen a pena. Divertímonos, foi moi educativo e, ademais, beneficioso para o medio ambiente.

Alberto González é un dos conferenciantes das “Xornadas sobre as alternativas ao actual modelo de xestión de residuos” organizadas no mes de abril polo IES Nº1, no cal colaborou o CPI Terras de Maside. É enxeñeiro técnico forestal, voceiro da Coordinadora “Incineradora no Irixo NON”. Tamén participou nas distintas manifestacións en contra da instalación dunha incineradora de residuos.

Por que estades tan preocupados pola instalación dunha incineradora no concello do Irixo?Preocúpanos moito, tanto os problemas para a saúde e o medio ambiente que vai xerar, como o cambio de modelo social que vai experimentar a comarca. Nunha charla informativa, achegóuseme a nai dun rapaz do Irixo, que estuda no Carballiño, asustada porque cando tratou de reprender ao seu fillo por un suspenso, este díxolle: “eu non necesito estudar, que vou traballar na incineradora”. Nós queremos un futuro para os nosos nenos e nenas no que teñan unha boa formación e capacidade para decidir se

queren quedar a vivir na terra que naceron, e que o poidan facer sen pensar que vivindo na comarca do Irixo durante 30 anos van ter problemas de saúde.

COMPOSTAXE Elena (6º Primaria, María e

Zaide (5º Primaria)

Entrevistamos a... Alberto González

Page 15: O BERRO 2012 VOLUME 1º

contossolidarios.org

O proxecto Contos Solidarios nace no ano 2000 da mán da ONGD chantadina Bicis pola Paz, sendo monitorizado polo colectivo de educación ambiental Papaventos. Contos Solidarios ten unha páxina web para achegar os contos e o traballo de Bicis pola Paz e Papaventos a todas/os que queirades coñecelo, e para que colaboredes con esta iniciativa que reivindica outro mundo posible a través dun universo paralelo formado polos contos solidarios, no que nos poidamos refuxiar para construír un mundo real de xustiza e liberdade

Touporrotou (libro+CD): O paxaro Vicentinho descubrira que nas polas das árbores aniñaba a palabra PAZ"...así comeza o musical para nenos, baseado na obra de Anxo Moure que aparece recollido no libro-CD "Vicentinho e as árvores da paz" do grupo de teatro Touporroutou, Editado por Atravês/Editora

Cales serían os problemas máis visibles se se implantase na zona unha incineradora de lixo?Os problemas máis visibles van ser os fumes contaminantes da incineradora, o tránsito incesante dos camións e os cheiros que o lixo vai producir.

E os riscos máis perigosos?Os riscos máis perigosos son os que non se ven, os contaminantes que causan danos pulmonares e canceríxenos. Estes contaminantes non nos van a afectar nuns meses, nin tan sequera nun ano. Estes contaminantes provocarannos enfermidades despois de vivir baixo a súa influencia durante anos. E ese é o seu problema, o home é incapaz de eliminar as dioxinas e os furanos que en pequenas cantidades se van acumulando ata que terminan por afectarnos. Esa é a razón pola que nin Vigo, nin Pontevedra, nin ninguén quere unha incineradora no lugar no que quere criar os seus fillos.Como nos afectaría en Maside?Os contaminantes non entenden de fronteiras. Maside está a 10 km en liña recta do Irixo, nun día con vento moderado, a 25km/h, unha partícula contaminante tardaría en chegar a Maside 24 minutos. Os expertos din que unha incineradora afecta entre 15 e 20 km o redor, dependendo de onde veña o vento. E, de onde se quere pór a instalación, o vento durante 6 meses apunta a Lalín e 6 meses ao Carballiño e Maside que están en liña.Quéimanse plásticos nunha incineradora de residuos?Si, quéimanse plásticos.

Existen filtros que podan reter estos gases e cinzas contaminantes?Existen filtros para deter algúns contaminantes, pero non hai ningún filtro ata o de agora para deter os contaminantes máis perigosos.Que poderiamos facer para frear a súa instalación?En primeiro lugar, eu creo que a unión fai a forza, polo que temos que xuntarnos e dicirlle á Xunta que pense en facer outra cousa cos residuos, que unha incineradora non lla deixaremos facer. E despois temos que tomar conciencia e xerar menos residuos e reciclar todo o que poidamos individualmente.

Amigos da Terra:amigosdaterra.netADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza): adega.info

Page 16: O BERRO 2012 VOLUME 1º

O venres 16 de marzo celebramos o Día da Árbore. Os de quinto e sexto fomos plantar castiñeiros preto do colexio. Cando chegamos había dous gardas do bosque: Sonia e Mariña. Explicáronnos a importancia de coidar o medio e plantamos seis castiñeiros. Despois de acabar, fomos camiñar un pouco e atopamos un montón de lixo tirado. Recollemos botellas de plástico, o altofalante dun ordenador, latas...

Día da ÁrboreAo final fomos ao

colexio e tiramos o lixo que atopamos. A miña opinión é que plantar árbores fai ben ao medio e a explicación do medio tamén é importante. Grazas a Sonia e Mariña axudamos ao medio.

Samantha Gajigas Otero. 6º Primaria

Tamén puidemos ver no centro unha exposición elaborada por Amigos da Terra sobre o tratamento do lixo: canto lixo xeramos, cal é a mellor maneira de tratar ese lixo e cales son as prácticas máis recomendables para reducir a cantidade de lixo que xeramos

No Día Internacional da Reciclaxe (16 de maio), María Durán, de Amigos da Terra, subliñou a necesidade doutra política na xestión dos residuos en Galicia que xa é imprescindible, cos seguintes 3 puntos principais:● A aposta pola redución indo cara a porcentaxes máis ambiciosas que as que establece o plan de residuos.●A aposta decidida pola reciclaxe que permitiría recuperar até o 50% dos residuos xerados.●O abandono do modelo de incineración por innecesario, insostible e ineficaz

GUÍA PARA REDUCIR O NOSO LIXO

A política de residuos non depende unicamente das Administracións. Cada un de nós, como cidadáns, pode influír nun cambio de modelo. Por iso, Amigos da Terra conta cunha Guía para reducir residuos, coa que facer minguar o volume de lixo que xeramos no noso día a día. Como precepto xeral, a asociación ecoloxista recomenda preguntarnos antes de mercar un artigo se realmente se precisa ou se se pode usar outra cousa para substituílo. De compralo, Amigos da Terra recomenda que o produto sexa "verde", é dicir, que non prexudique o medio tanto na súa fabricación como na súa posterior xestión.

Reducir na alimentaciónFacer unha lista para evitar artigos innecesarios. Recoméndase comprar produtos locais e de temporada.Prescinde da bolsa de plástico.Evitar os produtos dun só uso.Non ó sobreempaquetado, envases individuais ou minis. A alternativa: comprar a granel.Para as bebidas, evitar bricks e latas e primar o embotellado en vidro retornable. Consumir preferentemente auga da billa ou en garrafa.

Reducir na hixieneAproveita ao máximo produtos como pasta de dentes ou cremas, cortando o envase pola metade.Elixe produtos concentrados, que resultan máis eficientes.Merca xabón en pastilla ou formatos que non xeren envases.Evita produtos con substancias perigosas como aerosois ou sprays.No caso de ter bebés, opta polos cueiros lavables que, ademais de reducir lixo permiten un aforro económico.

Reducir nos hábitos domésticos

Rexeita publicidadeCompacta os residuos antes de tiralos ao lixo.Merca produtos de materiais reciclables.Opta por artigos recargables.As lámpadas, sempre de baixo consumo, que consomen ata un 80% menos.Para os agasallos, evita a sobreembalaxe, opta por artigos que non requiran pilas e, de ser preciso, que sexan recargables ou renovables.

O LIXO