30

o berro vol 1

Embed Size (px)

DESCRIPTION

o berro 2009/2010

Citation preview

Page 1: o berro vol 1
Page 2: o berro vol 1

Pois estamos aquí un ano máis cos de 4º ESO (e “4º diver” este ano). Outro ano que pasou voando.

Aquí tedes o noso traballo, lédeo e disfrutade.

Na revista encontraredes: Agradecedemos ás persoas que axudaron a facer a revista (alumn@s, profes que redactaron textos e prepararon traballos) e ás persoas que dedican un pouco do seu tempo a lela.

OLA A TODOS E TODAS

Artigos de opiniónPasatemposFotosSobre os de Infantil, Primaria e os da ESOContos de todas as clases

E moito máis...... Queremos dedicar este número a Pilar Bermejo Lijó, mestra que formou parte do Equipo.

Maio 2010

Page 3: o berro vol 1

Sa ú d o 2Ed it o r ia l 45 a n o s e m ed r a r e n g a le g o 5Q u e f ix em o s o s d e 3, 4 e 5 a n o s 6Co m o co ciñ e ir o s p r o f e sio n a is (D a có n ) 8V ia xe p o lo s ca d r o s d e Q u essa d a (P u n x ín ) 9A s sa íd a s d e 1º cic lo P r im a r ia 10D eb u xo s e a n en a e o g r i lo 11A t r é v e st e a f a ce r p o e sía e T ic-Ta c 12O lib r o x ig a n t e d e 3º e o g a le g o é ú t i l 13A N o sa H ist o r ia f a cém o la n ó s 14Q u e f ix em o s en 4º P r im a r ia º ? 16P á x in a s d e in g lé s e Ca n ció n s p a r a A n t ía 17O M a g o st o e Ca p it á n F u r i lo 18Co u sa s d e 5º 19H ist o r ia d u n h a n o z e cu r io sid a d e s 20M ú sica d e P r im a r ia 21A m iñ a t r ist e v id a 22C lu b d e le ct u r a 23U n t r o co d e m a r ca 24Ro t e ir o p o r a n t ig o s m a r co s e cu r io sid a d e s 25Co u sa s d e 6 º : M e l g a le g o , O N CE e B ib lio 26Ch eg o u ca r t a e o r g u llo d o g a le g o 27A Rep ú b l ica D om in ica n a 28Tea t r o g a le g o : B ico s co m lin g u a e A e sm o r g a 30M a r ía Re im ó n d e z n o Ca r b a l l iñ o 31U x ío N o v o n e y r a 32Q u e é G u e r em o s G a le g o ? 35Som o s o s q u e e st a m o s, p e r o ... 36X o sé L u ís So b r a d o e sa b e r d e h ist o r ia 4oF in d e sem a n a n a m o n t a ñ a e V a la d o s 41Á f r ica , u n co n t in e n t e q u e e n f e it iza 42So b r e Se n eg a l e Ca b o V e r d e 44Ca r t a d e sd e Za m b ia 46V ia xe á s C íe s e cu r io sid a d e s47En t r o id o co a Ca r o lin a 48O D ecr e t a zo co n t r a o g a le g o 50Ce sá r e o Sá n ch e z . A M em o r ia n o P a r a íso d a s so m b r a s 53Ca r t a á s g r i la n d a s d o e sq u e cem en t o . (Ca r t a a b e r t a d e n o n -d e sp e d id a ) 54Excu r sió n a Ce la n o v a e o s Esq u ío s 56P r em io e n Co n su m ó p o lis e lig a zó n s d e co n su m o r e sp o n sa b le 57V ia xe a o P o r t o 58In t e r é sa ch e o p o r t u g u é s? 59H u m o r 60A s Co r ce r iza s e A n eg r u r a d o m a r 62Có id a t e m o it o ! 63Venceremos 64In t e r ca m b io co m Ca n g a s 65P a sa t em p o s 66P r em io Q u e ir o a 67

O BERRO2010

ÍNDICE

Encontrarás tamén

Libros recomendados

Debuxos para colorear

Recantos literarios

Música....

Page 4: o berro vol 1

Xabier P. Docampo falaba hai pouco en Ourense de lingua, neocentralismo e escola.

Unha lingua, a nosa, á que acaban de condenar a morte.

Un neocentralismo que nos esmaga com todas as armas posibles.

Unha escola que vai no camiño de converterse nunha academia de cidadáns obedientes.

E nós, nisto andamos. Sen recordar.

Se cadra non recordamos as enormes mobilizacións nas que os galegos e galegas participamos desde que se ensañaron con nós.

Se cadra non escoitamos todas as voces de alarma que levan avisado do perigo que corremos.

Xabier P. Docampo tamén se referiu ás futuras xeracións como aquelas que recordarán este momento como aquel no que se acabou definitivamente co galego. Entón preguntarán por que esta xeración de galegos (a nosa) permitiu que perdesen a súa identidade para esluírse na uniformidade.

Porque unha lingua tamén serve para iso, para nomeármonos, identíficarmonos e saber quen somos. Non somos nin mellores nin peores ca ninguén, somos nós propios. Manter a propia identidade dános un lugar no mundo.

Pero as diferenzas non gustan a todos, sexan de raza, xénero, relixión, inclinación sexual, tendencia política...

Oxalá escoitemos as alarmas; oxalá permitamos que a escola sirva para construír e non para destruír, para falar e deixar falar, para corrixir as desigualdades e non para fomentalas.Oxalá exerzamos responsablemente os deberes que nos reclaman as futuras xeracións.

Oxalá non teñamos que avergonzarnos do noso paso polo planeta.Agora fálannos de liberdade e

equilibrio. Non se referirán entón a todos

eses galegos e galegas que non encontran a súa lingua nos bancos, nas notarías, nos comercios, nos hospitais...

Non falarán tampouco das futuras xeracións, porque esas xa non poderán escoller en que lingua viven.

Venceredes vós.Pero nosoutrostemos da nosa parteos carballos de abril,as espadanas, a ouricela,o pan de sapo, as beloritas,a ra de San Antón, o vagalume,a troita, a vacaloura,o xabaril e o corzo,o mascato e a rula.

Venceredes vós,pero nosoutros temos da nosa parteo Cadramón, o Piapáxaro,o Cabo de Home, a illade San Simón, o lusco, o fusco,o Castromao, o Xallas, as lagoasinnumerables de Valverde,ou de Antioquía, o labirintode Mogor, as encuastrasde Novelúa, o edículode San Miguel de Celanova,o dolmen de Dombate.

Venceredes vós, romperedes a infindacadea que nos unecoas trabes do mundo,pero nosoutrosmergullamos a bocanos mil ríos de sagueque estercaron a patria,e no noso partidomilitan todos os defuntosque nos poñen aíndaa bosta nas zocas,o cheiro a argazo nos fuciños,o trono da forxa nas orellas,a terra que xa son nas unllas.E as feridas de ferroou negro chumbo e pólvoranos corazóns atribulados.

Cabalgada na brétemaDarío X. Cabana

editorial

Jesús Vázquez, conselleiro de Educación, visitounos o día seguinte de terse aprobado o Decretazo.Lémoslle unha carta que expresaba o noso rexeitamento, acompañada do posicionamento do Claustro ás Bases para a súa elaboración e a nota de prensa que a Coordinadora de ENDL do Carballiño elaborou na mesma liña.

Page 5: o berro vol 1

INFANTIL 5 ANOS

O blog da CMI

(Coordinadora de mestres/as de educación

infantil)Sempre con recomendacións

de lecturas, páxinas e proxectos interesantes

http://www.blogoteca.com/medrarengalego/index.php

Recomendamos na rede:

medrar en galego

Page 6: o berro vol 1

Os nenos de 3, 4 e 5 anos aprendemos un montón no cole... e coñecemos moitiiiiiiisimas cousas.Veredes que percorrido fixemos durante este curso... e aínda queda!!!!

No noso barco máxico comezou o percorrido

Comemos no magosto

Tomamos castañas e chocolatada

E xogamos un montón!!!

Camiñando paseniño chegou o NADAL e por támonos como anx iños…

Como pica a condenada!

Porei a miña

mellor cara,

Como pica a condenada!!

Camiñando paseniño chegou o Nadal e portámonos como

anxiños

Porei a miña mellor cara

Page 7: o berro vol 1

Sen darnos conta chegou o

ENTROIDO, e por certo “pintámola

boa”

Profe, eu de maior

Picasso!!!

Fixemos visitas, viñeron contacontos e... houbo moita animación á lectura

A nosa última visita foi á aula da natureza de Marcelle e pasámolo ben!!! Xa vedes cantas cousas facemos e que ... o cole de MASIDE é guaiiiiii

Page 8: o berro vol 1

Estes son algúns dos nosos debuxos despois da visita.

Despois de cociñar comemos no propio centro un delicioso menú nunhas mesas redondas nas que non faltaba detalle.

Fixemos figuras de mazapán, galletas de manteiga e escribimos os nosos nomes con chocolate

No mes de abril, visitamos o centro de hostalería de Vilamarín e por un momento sentímonos como verdadeiros profesionais.

21 de abril, visita ao centro de Hostalería

COMO COCIÑEIROS PROFESIONAIS

Alumnos e Alumnas da Escola Infantil de Dacón

Page 9: o berro vol 1

21 de abril, Pazo de Vilamarín

VIAXE POLOS CADROS DE XAIME QUESSADAVIAXE POLOS CADROS DE XAIME QUESSADAAlumnos e alumnas do colexio de Punxín dende tres a nove anos

Hoxe visitamos a exposición de Xaime Quessada no Pazo de Vilamarín. Había moitos e preciosos cadros. Mirámolos e estudamos as cores, como pintaba…

Xaime Quessada (Ourense, 1937-2007) foi un dos pintores máis importantes de Galicia e a súa obra está exposta en moitos museos do mundo.

Traballamos inspirándonos na súa obra e nós tamén conseguimos pintar cousas como estas, que nos gustan moito.

Page 10: o berro vol 1

As saídas dos alumnos e alumnas do Primeiro ciclo de Educación Primaria…

Page 11: o berro vol 1

Érase unha vez un monte. No monte había toxos, xestas e herbas. Daquela empezaron a poñer muíños eólicos.Desde entón hai xestas, herbas, muíños eólicos

MARCIAL 2ºPRIMARIA

Os paxariños cantan: ¡pío, pío!Empeza a chover: ¡plof, plof!Vai moito vento. Vén o sol.Os paxariños alégranse moito.

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

COLOREAS A SEREÍÑA?

MÚSICA GALEGA PARA OS MÁIS PEQUENOS/AS

Estas cancións aloumiñan os oídos, pero tamén contan historias. Falan dun país onde as portas sempre están abertas e ninguén se sente estranxeiro. Alí viven unha nena azul e mais un grilo que, para escapar do aburrimento, inventan mil pasatempos.

A nena e o grilo é o novo libro-CD publicado pola OQO editora, na colección Q son. Un mosaico de textos, cancións e debuxos conforman este volume no que o coñecido compositor Magín Blanco se encarga de encaixar todas as pezas.

Mais o músico ourensán non está só, nesta aventura acompáñano as carismáticas e persoalísimas voces de Uxía, Fred Martins, Guadi Galego, Ugia Pedreira… e ata un coro de nenos. Eles poñen a música, e Iván Prieto, as imaxes.

INFORMACIÓN TIRADA DE:http://www.oqo.es/editora/glSe queres ver un vídeo no youtube: www.youtube.com/watch?v=VBuQ7Z76cno

Page 12: o berro vol 1

ATRÉVESTE A FACER UNHA POESÍA?

2º DE PRIMARIA

Música galega para @s pequen@s

“Tic Tac” é o novo libro-disco de KALANDRAKA, interpretado por Pablo Díaz, con ilustracións de Marc Taeger e colaboracións musicais: Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Route… Conta tamén coas achegas de Santiago Auserón e de Xurxo Souto no prólogo e no epílogo, respectivamente.“Tic tac” é un libro-disco que combina música e ilustración para público infantil a partir de tres anos de idade. Trátase dunha obra para ver, escoitar e cantar, tanto en familia como na escola. (Información tirada de chuza.gl)Podes ler os textos e escoitar algunha das músicas en: http://www.marquski.com/archif/tictac/indextictac.html

Page 13: o berro vol 1

O LIBRO XIGANTE DOS RAPACES DE TERCEIRO

Emilio, David, Álex, Salvi, Fran, Nerea, Ángel, Zaide, Antonio, Mireya e María, celebramos o Día do Libro contándolles uns contos ás nenas e aos nenos de Infantil. Primeiro, lémolos e ensaiámolos varias veces na casa ata que os soubemos ben, porque , como escribe Fran “... o conto non foi doado de aprender, estivémolo preparando o xoves e o venres...” Algúns foron quen de aprendelos ao pé da letra. Na clase de Plástica, fixemos un libro enorme onde rotulamos todos os títulos e debuxamos as ilustracións. O vinte e tres pola tarde, collemos o noso libro xigante e baixamos todos ilusionados á aula de Infantil. Como estabamos, exprésao ben Emilio cando di : “Eu sentinme alegre e moi avergoñado, parecía o meu momento...” David engade “.... emocionado...” Os pequerrechos eran moitos, graciosos e estaban contentos. Nós comezamos contando Unha avoa diferente, seguimos con Ana Marciana, Carapuchiña para verte mellor, A arca de Noé, a poesía Paraugas e despois de todo cantamos unha cantiga de José Mota. María pensa que aos rapaciños lles gustaría que os contacontos de terceiro volveran por alí outro día.

“Os contacontos de 3º de E. P.”

Testemuña http://ogalegoeutil.wordpress.com

Teño unha irmá que fala ademais do galego e do castelán, inglés e francés e cando rematou os seus estudos o seu primeiro traballo foi nun goberno rexional francés. Foi seleccionada porque fixo pasar o galego por portugués, que era o idioma que pedían para cubrir este posto. E unha vez que entrou, desde logo non tivo ningún problema para traducir textos portugueses, falar con entidades portuguesas e incluso coa axuda dun corrector escribiu textos en portugués.Posteriormente estivo preparando o exame oficial de lingua portuguesa do Instituto Camões, exame que para ela foi bastante sinxelo, grazas aos seus coñecementos de galego, que lle axudaron sobre todo no que se refería á colocación dos pronomes. Así que a miña pregunta é a seguinte, quen son os pais para prohibir que os seus fillos teñan unha maior cultura ou maiores posibilidades de traballo o día de mañá?

Mª del Carmen Fernández López

Page 14: o berro vol 1

A NENA DO PARAUGASTiña apenas 3 anos cando descubriu que a súa irmá máis vella xa ía á escola e que, para iso, lle mercaran unha nova carteira e un paraugas. Eses obxectos parecéronlle os máis fermosos do mundo e, nun descoido da súa irmá, colleunos e con decisión, baixou as escaleiras da súa casa, informando a quen se cruzaba no seu camiño: “Eu tamén vou á escola”.

Concha L. F. – 1963

OS TATARAVÓS DE GODÁS Era un matrimonio feliz, moi traballador e relixioso (eran moi devotos de San Damián).A todos os mendigos que lle chegaban á porta sempre lles daban comida da que había ou facían unha bica. Tiñan unha cabra, o home viña con ela ata O Lago. Era o ano 1959.

Carlos Cabanelas Riveiro 2º ESO A

A BISAVOA BENITA

Esta foto foi tirada o día de San Pedro en Leiro, no “Salgueiral”. A miña bisavoa chamábase Benita e é a moza máis alta. Leva un traxe de lunares seguindo a moda desa época.Esta foto data de 1934.

Mauro Álvarez Vázquez 3º ESO

A BISAVOA JOSEFAA muller da foto é a bisavoa Josefa, que naceu no ano 1908 e finou no 1992.Casou de moi nova e tivo tres fillos e fillas, entre quen está a miña avoa Modesta. O meu bisavó Emilio non tardou en morrer e a miña bisavoa quedou viúva. A pobreza que había daquela fixo que o irmán do meu bisavó, Julio, se xuntase con ela para axudarlle a coidar os fillos e fillas. Desta unión naceu meu padriño Pepe. Julio non tivo unha vida moi longa e Josefa tivo que sacar adiante os seus catro fillos e fillas como puido.

Anxo González Veiga – 5º E. Primaria

1º premio adultos1º premio 2º ciclo ESO

1º premio 1º ciclo ESO

1º premio 3º ciclo Primaria

Podes ver todas as fotos e os textos íntegros no blog do ENDL: blogoteca.com/mollatecoalingua/

Page 15: o berro vol 1

Rubén G. Roo. 4º PrimariaÚnica foto presentada 2º ciclo EP

Nesta imaxe está o meu tío bisavó Constantino Nogueira Ferradás que estivo na guerra. Morreu aos 21 anos en xaneiro de 1939. Enterrárono nunha gabia no cemiterio de Valtequilla, provincia de Badaxoz.

AROA LOSADA

DANI COCA

MARTA RODRÍGUEZ

ALEX BLANCO

BRAIS PÉREZ

NICOLÁS CORRAL

OLGA MARIA

PABLO LORENZO

Esta é unha escolma das fotos presentadas pol@s alumn@s de Infantil de Dacón. Recibiron un premio colectivo.

Page 16: o berro vol 1

O Día do Libro é o día que máis lles gusta aos nenos/as do CPI de Maside. Conmemórase o 23 de abril pola coincidencia co falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso na mesma data do ano 1616. Este ano corresponde a “Capital Mundial do Libro” a Ljubljara.No colexio, para festexalo, fixemos unha exposición de libros raros, (ou polo menos para min).

Os xornais son un elemento de información.Hai varios tipos de xornais, como por exemplo La Región , La Voz de Galicia, Marca, Faro de Vigo, etc. Segundo o xornal que sexa podemos atopar diferentes noticias: La Región fala das noticias da cidade de Ourense, La Voz de Galicia de toda Galicia, o Marca fala de deporte e O Faro de Vigo fala de Vigo.

Os nenos/as dos diferentes cursos trouxeron todo tipo de libros: grandes, pequenos, alongados, redondos, con forma de obxectos, antigos, libros con cheiros, outros con sorpresas, algúns con formato de xogo e os máis vistosos, os que se abren e saen figuras como se dun teatro se tratara. Sempre tiña que ser “o día do libro”. A min gústanme moito porque che contan aventuras que nunca poderás vivir na realidade e vivir diferentes vidas a través dos seus personaxes.

Tamara Reboredo. 4º de Primaria.

4º DE PRIMARIA4º DE PRIMARIA

Os/as rapaces/as do segundo ciclo de primaria fixeron un mural adicado ao Día da Muller.Tratábase de buscar nos xornais información sobre o papel da muller en diferentes ámbitos: no mundo da política, na cultura, no deporte e noutras clases de profesións. Os rapaces/as de cuarto, esa semana, estiveron lendo artigos sobre mulleres e algúns contos: “Dian Fossey e os seus xigantes peludos”, “Maxia na cociña: María, a Xudía”,”Chus Sanguos de 55 anos e Sole Castro arredor de 40 anos medalla de ouro nos mundiais de veteranos”.A min gustoume porque o pasamos moi ben e démonos conta de que hai moitas mulleres a traballar en ámbitos da sociedade coma se fosen “invisibles”.

Arlet Nogueira Castro

A SEMANA DA PRENSA

O DÍA DA MULLERO DÍA DA MULLER

DÍA DÍA INTERNACIONAL INTERNACIONAL

DO LIBRODO LIBRO

Se queres saber o que pasa no mundo e no teu país, que hai de interesante na túa cidade, que pon na televisión, que libros che recomendan, que tempo vai facer e moitas cousas máis. Non o esquezas,

LE O XORNAL E ATOPARALO Nayara Blanco. 4º de primaria

Page 17: o berro vol 1

Este ano tivemos algún sobresalto por mor da asignatura de inglés. No Halloween (ou Samaín para todos nós) recibimos a visita de Mr. Bones. Así foi retratado polos rapaces de 1º e 2º de Primaria:

THE ENGLISH PAGES

Scary... isn't it? Tamén celebramos a chegada do “Autumn”

facendo un fermosísimo mural.

Yes. Those are real autumn leaves. (Thanks Rita)

E polo Nadal houbo panxoliña inédita no mundo enteiro. Aí queda a letra para cando queirades ampliar o voso repertorio:

Crhirstmas CandyFor you and for me

Where's the magic treeFull of sweets

One, two, three, fourWho's by the doorIt's a big surpriseIt's Santa Claus

Fáltalle o paraugas para estar totalmente integrado no noso contorno. Enchoupado ata os ósos quedou o pobre ...

Yes. Those are real autumn leaves. (Thanks Rita)

Cancións para Antía é un traballo do grupo Fol do Vento, editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e dirixido aos máis pequenos co obxectivo de que combinen aprendizaxe e diversión a través das cancións. Amais dos 17 temas, extraídos na súa maioría do repertorio tradicional, o disco inclúe material didáctico para profesores e pais/nais, un abano de posibilidades educativas pensadas dende a Galiza que quere contribuír a formar e a desenvolver un dos espazos vitais máis importantes das nosas vidas, a infancia. (Información tirada de recursosgz.blogspot.com)

Podes acceder a toda a información na páxina da AS-PG: www.as-pg.com

Fol do vento, Cancións para Antía

Recomendamos música galega

Page 18: o berro vol 1

O magosto festexouse no colexio do Outeiro Grande. Alí todos os rapaces, desde os máis pequenos ata os maiores, disfrutaron moito. Tamén, como o día o permitiu, comemos todos fóra ao aire libre. Como todos os anos, se realizaron xogos populares: uns dedicados aos máis cativos e outros, como saltar á corda, para os maiores e profesores. Para rematar houbo castañas. E para finalizar a festa, coma sempre, a maioría dos rapaces e algúns profesores acabaron negros de carbón.

CAPITÁN FURILOT ÍTULO: POP? ANO: 2008XÉNERO: POP-ROCK

Capitán Furilo son:

Óscar T.: batería e percusiónsMikel P.: guitarra e vozMonkel S.: baixo e vozRonchi M.: guitarra e voz

O traballo contén cinco temas e foi gravado no mes de outubro de 2007 nos estudios Océano de Nigrán. Capitán Furilo formouse a finais do ano 2006 e deu o seu primeiro concerto en La Iguana Club de Vigo o 1 de xuño de 2007. O grupo quedou finalista no primeiro concurso N´saio organizado pola Dirección Xeral de Xuventude.

Silvia (4º ESO) recomenda música galega

O MAGOSTO

Miriam Álvarez

Page 19: o berro vol 1

Fomos ao Auditorio de Ourense ver unha obra de teatro. Moc, que era o único personaxe real, contounos a historia do teatro, desde a Grecia Antiga ata a Idade Comtemporánea.

Anxo, Alexia, Marcos e Ángel Jiménez (5º E.P)

Outra actividade que fixemos foi ir á Casa da Cultura de Maside para ver un teatro de monicreques. Trataba dun monicreque que se aburría ao non poder saír dun armario.

Un día, unha bolboreta picou o monicreque aburrido e outorgoulle un poder: o de saír do armario convertido en neno e volver entrar no armario sendo de novo monicreque. A nena, dona dos monicreques levou unha gran sorpresa ao ver que o seu monicreque favorito era un neno coma ela. Xuntos vivirían grandes e divertidas aventuras.

que consistían en varios xogos cooperativos no patio do colexio. Un deles consistía en meter bólas de diferentes cores e tamaños polo buraco do medio do paracaídas.

Para celebrar o Día da Paz os nenos e nenas de 3º ciclo de Primaria, ademais de actividades de Plástica, nas que nos axudou a profesora Mª Cruz, fixemos co profesor de relixión, Manuel Ángel, e co de educación física, Carlos, unhas actividades en grupo,

Para celebrar o Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres (25 de novembro), o alumnado de 5º e 6º de primaria lemos un conto

titulado “Un buracono xardín” e fómolo analizando. Ao principio non o entendiamos, pero logo démonos conta de que trataba da tristura que sentía un neno, a nai do cal era

maltrada polo seu marido. Pasados uns día,fixemos uns debuxos das nosas casas e a nosa profesora debuxou unha casa nun anaco grande de papel, na que logo nós tivemos que

debuxar cousas que a afeasen e a entristecesen e despois unha compañeira nosa

contoulle ao alumnado de Secundaria o significado do conto e do traballo feito.

A finais do segundo trimestre, dúas persoas do Corpo da Garda Civil viñéronos falar sobre a violencia machista, o acoso escolar, o uso das drogas e do alcool e os riscos dalgunhas páxinas de internet. Amosáronnos unhas imaxes dunha campaña publicitaria institucional contra a violencia cara ás mulleres, na que interveñen actores e actrices, cantantes e deportistas famosos.Noemi, Ángel Nóvoa, Nabila e Rubén

(5º EP)

Cousas de 5º EP

Tamén fomos ao Auditorio de Ourense para ver unha obra de teatro en inglés e castelán, titulada “Messenger friends”. Trataba duns personaxes do futuro que tentaban salvar internet. Alfa 23 era o único que sabía falar en inglés, pero non era o mellor espía. Gusano de Seda era unha das mellores espías, xa que podía deter o tempo. Pretendían atopar a persoa que quería destruír a rede con virus. Acabaron por atopala e por vencer os virus, pero quedaron atrapados en internet.

Laura, Adrián,Carmen e Brais (5º EP)

Page 20: o berro vol 1

Eu era unha noz que estaba nunha árbore con outras noces que se burlaban de min porque estaba rota. Ata me puxeron un alcume! Chamábanme “Fisura”.

Un día apareceron uns homes con toda a pinta de que viñan collernos, e eu asusteime.

— Mira, Antonia, eses homes veñen a comernos!— Gritei.—Home, para iso somos noces.—Respondeume.—Pero ti tranquila, “Fisura”. Co estragada que estás,

seguro que a ti non te collen.—Díxolle Braulia.

HISTORIA DUNHA NOZ

Deseguida aquelas persoas empezaron a abanear a nosa árbore e nós caemos todas. Entón, nunha cesta, colléronnos a todas e leváronnos a unha casa no bosque no que estabamos, e puxéronnos na ventá. Empezáronnos a comer unha a unha. Pero, de súpeto, apareceron dous paxaros que nos colleron a Antonia, Braulia e a min. Leváronnos ao seu niño, e eu asusteime porque ao noso lado había dous ovos.

—Parece que nos trouxeron a un niño.- Comentou Braulia.—Mirade! Fixádevos! Aqueles ovos estanse rompendo.—Dixen sorprendidaDos ovos saíron dous paxaros que nos miraron babeando. As crías acercáronsenos e

atraparon a Antonia e Braulia, e empezaron a peteiralos, pero a min tiráronme do niño abaixo. E no chan, dixen para min:

—Paréceme que nin os paxaros me querenEntón, pasou o tempo e eu quedei enterrada. Certo día, oín uns pasos e vin que a terra

se estaba apartando; era unha nena que estaba xogando, e atopoume.—Mira, papá, encontrei unha noz na terra!— Gritou a nena.—Está rota, pero ben; para comer vale.— Comentou o pai.A nena e o pai estaban de acampada no bosque, e o pai abriume e deume á nena.—Papá, é enorme, é a noz máis grande que vin.—Dixo eufórica a filla.

A rapaza comeume e quedou moi satisfeita, e eu, afogada polos zumes gástricos do seu estómago, decateime de que o que importa é o de dentro, non o de fóra.

Iván Fernández de Diego- 6º Primaria

Que cousa hai no corpo humano que mide 100 000 km de longo?Nun adulto, a lonxitude dos vasos sanguíneos postos un tras outro, é de 100 000 km aproximadamente. Dúas veces e media a volta á Terra! Os vasos máis grosos, como a aorta, que parte directamente do corazón, teñen un diámetro de 3 cm. Os máis finos, como os capilares que levan o sangue aos tecidos, miden só milésimas de milímetro de ancho. Polo interior desta vasta rede de arterias, venas e capilares circulan cinco litros de sangue. Nestes 5 litros, hai arredor de 2,3 litros de glóbulos vermellos ou hemacias; estes son as células que transportan o osíxeno desde os pulmóns ata os músculos e danlle ao sangue a súa cor vermella. Tamén hai dúas culleradas sopeiras de glóbulos brancos ou leucocitos, encargados de combater os microbios, e dúas culleradas de café de plaquetas ou trombocitos, que serven para facer callar o sangue cando nos cortamos. Todas estas células flotan nuns 2,7 litros de plasma, un líquido amarelento constituído esencialmente por auga, sales minerais, nutrientes, proteínas e hormonas.

Marcos García Otero. 4º ESO

Texto e imaxe tiradas do libro Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches, de Philippe Nessman e Nathalie Choux. Factoría K de libros

Page 21: o berro vol 1
Page 22: o berro vol 1

A Miña Triste Vida...Ola!, persoas ás que alguén aínda quere. Eu son laranxiña, a camiseta preferida da miña ex-dona. E

por que digo isto? Porque agora estou soa, soa e a punto de ser carbonizada. Queredes saber como sucedeu todo? Pois isto sucedeu así: un día aburrido coma outro calquera nun escaparate, unha rapaza entrou na tenda e comezou a sinalarme como unha louca. Eu comecei a poñerme nerviosa, estaría ben cosida? estaría suficientemente guapa? Pois si, si o debía estar porque a rapaza comezou a gritarlle á súa nai:

- Mami, esta, esta, eu quero esta!- Tranquila, filla. Depende, primeiro déixama ver.

A nai aceptou encantada porque lle parecía unha camiseta preciosa (e a quen non) e á parte estaba de rebaixas (condición indispensable).

- Ah!, onte esquecéuseme dicirche algo, non me vale que teñas esa estúpida camiseta gardada porque, se alguén vai á túa casa e a atopa, arruinarás a miña reputación. Vale?

- Vale, pero podo gardar o broche que trae como recordo?- Si, pero escóndeo.

Cando chegou á casa e me arrancou o broche con forma de gato que teño, chorando, eu asusteime. Despois de mirarme durante un bo anaco, levoume a unha rúa escura onde me deixou nun colector. Eu, antes de que Enma, que así se chamaba a miña dona, dobrara a esquina griteille:

- Enma, por que? por que o fas?- Falas! Ben, xa o esperaba, sempre souben que eras moi especial, sabes? Que por que o fago?

Porque a el quéroo e sei que ten algo de razón, pero tamén sei que alguén te recollerá e con el serás moi feliz.

Entón Enma saíu correndo, pero nese momento chegou o seu noivo, que estivera espiando, e díxome:- Ti vas sufrir porque o digo eu.

Colleume e levoume a un porto onde subíu a un barco (que aínda navega) e deixoume escondida nun montón de carbón. E así estou agora, soa e esperando a ser usada como combustible para un barco de turismo.

MARÍA ÁLVAREZ VÁZQUEZ – 6º PRIMARIA

Ao chegar á súa casa, a rapaza gardoume nunca caixa preciosa apartada do resto da roupa, pois dicía que era a camiseta máis bonita do mundo; despois subiume á cima dun armario mentres ela ía cear. Ao volver, díxome:

-Poreite sempre, prométocho.

E cumpriuno; aínda que os seus compañeiros se metían con ela chamándolle porca, ela non lles facía caso porque sabía que iso non era certo xa que me lavaba todas as noites e me recollía todas as mañás.

E comigo posta, foron pasando os anos.Cando xa tiña 16 anos, eu seguía con ela, pero moi remendada pois cada ano, como ela sabía coser moi ben, cosíame anacos de tea laranxa e decorábame con anacos de distintas cores. Pero un día o seu noivo insultouna:

- Es un bebé, levas 11 anos con esa camiseta. Xa estou farto; ou deixas esa camiseta ou déixasme a min.Ela non quería deixarme, pero o seu noivo era o que máis quería no mundo (despois de min, claro). Así que megardou nunha caixa. Pero, desgrazadamente, ó día seguinte o noivo díxolle:

Page 23: o berro vol 1

Logo, comezamos coa lectura do primeiro capítulo e comentamos aspectos dos personaxes, realizamos breves resumos... A continuación, marcamos as páxinas que traeremos lidas para o seguinte luns. Ese día falamos sobre o lido: que foi o que máis nos gustou, breve resumo, que cambiariamos, vocabulario difícil, debuxamos itinerarios... Así facemos con todos os capítulos ata rematar.

CLUB DE LECTURA

Gústavos ler? A nós si. Por iso formamos dous clubs de lectura. Cada un traballa por separado. Os luns reunímonos os membros do club guiados por un profesor.

Primeiro, decidimos o libro que imos ler e cubrimos a ficha correspondente no noso caderno de lectura.

Ao final, facemos unha valoración do libro e que aprendemos coa súa lectura. Rematado isto, xa podemos comezar a lectura do seguinte libro. Con esta actividade non só o pasamos ben, senón que aprendemos moitas cousas.

Noelia e María 6º EP

DÍA DO LIBROO Día do Libro, representamos

para os de Infantil e 1º Ciclo o conto “A xoaniña rosmona”, con monicreques elaborados por nós. Trouxemos libros da casa para que outros os puidesen ler. Elaboramos fichas de lectura sobre os libros que máis nos gustaron dos que lemos ao longo do curso, para así dárllelos a coñecer ao resto dos compañeiros. Elaboramos un pequeno libro con contos creados por nós que logo lemos entre todos. Colocamos un cartel na porta da biblioteca con palabras que indicaban o que se podía facer alí.

En fin, pasámolo moi ben realizando as actividades anteriores.

Verónica e Andrea Pérez 6º EP

Page 24: o berro vol 1

Texto: Ángel Nóvoa BugueiroIlustracións: Laura Bugueiro Rodríguez

5º EP

Tomás vivía na Coruña co seu pai e coa súa nai. Formaban unha familia acomodada; tanto o seu pai coma a súa nai tiñan un bo emprego e gañaban un bo soldo. A Tomás non lle faltaba de nada; tiña as mellores zapatillas, roupa de marca e todos os caprichos que se lle ocorrían. O seu grupo de amizades era bastante superficial e só lle daban importancia ás cousas que custaban moitos cartos.

Un día, o pai e a nai de Tomás decidiron facer unha viaxe a Londres, eles sós. Pensaron que sería boa idea deixar a Tomás coa súa avoa Enriqueta, nunha aldea da Coruña. Cando llo dixeron ao neno, no lle fixo moita graza e de seguido comezou a protestar… Que se a aldea non lle gustaba porque cheiraba mal, que se isto, que se aquilo… as protestas de Tomás non lle serviron para moito, pois a súa nai e o seu pai xa tiñan a decisión tomada.

Canto máis falaba coas nenas e nenos, máis se decataba do diferentes que eran das súas amizades da cidade.

Ao cabo duns días, Tomás tamén lle pedía á súa avoa roupa coa que poder tirarse polo chan, sen remordementos por estragala. Xa non botaba de menos nin as consolas, nin os videoxogos. Só pensaba en ir xogar cos seus amigos e amigas ao que cadrara, porque sempre o pasaba moi ben.Pouco a pouco foron pasando os días sen darse conta e cando a súa avoa lle dixo que ao día seguinte chegarían seu pai e súa nai, Tomás entristeceuse porque xa non quería voltar á Coruña. Por fin chegaron e trouxéronlle moitos agasallos, pero quedaron abraiados cando viron que Tomás non lle daba ningunha importancia, que só quería xogar pola aldea coas súas amizades.

Desde ese momento, Tomás aprendeu que as cousas non teñen que custar moito para facerte feliz e que a verdadeira felicidade é moito máis sinxela e máis barata, que o único que se necesita son unhas boas amizades coma as que el tiña agora na aldea da súa avoa.

Chegou o día no que o levaron á aldea. A súa avoa estábao agardando na porta da casa moi leda; ademais fixéralle a súa comida preferida: patacas e ovos fritidos. Pero cando viu a cara de Tomás, deuse conta de que non lle facía moita graza quedar na aldea. O seu pai e a súa nai marcharon e non lle quedou outra que afacerse á idea de que ía ter que quedar alí unha tempada. A avoa xa tiña avisado a algúns rapaces e rapazas para xogar. Non lle fallaron e xa esa mesma tarde viñérono buscar. El foi de mala gana porque non coñecía a ninguén de nada.

Empezou por preguntarlles se tiñan consolas ou algún tipo de videoxogos. Algúns dixéronlle que non lles gustaban, que preferían facer outras cousas, coma xogar ao fútbol ou ás agachadas entre as casas da aldea. Tomás tamén se deu conta de que ninguén levaba roupa ou zapatillas de marca. Ao contrario, pensou que levaban a roupa máis vella que tiñan. El preguntoulles se non tiñan zapatillas de marca e contestáronlle que a eles e a elas iso non lles importaba, que para xogar no lle cumprían esas cousas.

UN TROCO DE MARCA

Page 25: o berro vol 1

Roteiro polos antigos límites de Maside, San Amaro e Partovia

A división administrativa actual (Provincias e Concellos) é algo relativamente recente no tempo (as provincias creáronse en 1833). Anteriormente o territorio estaba organizado doutra maneira (cotos -Coto de Partovia-, parroquias, xurisdicións, concellos). Desta antiga división consérvanse algúns marcos que é interesante coñecer e conservar xa que pertencen á nosa historia local.Por esta razón, os Departamentos de Educación Física, Historia, Orientación e Normalización organizaron este roteiro para o alumnado, as familias e o profesorado, co fin de promover o exercicio físico, o coñecemento da nosa historia, a convivencia entre todos os membros da comunidade educativa e o uso da nosa lingua.

A mañá estivo chuviosa pero o percorrido pagou a pena. Saímos do Lago e vimos os marcos do Montegrande, Vilaboa, O Marco e Anllo. Tamén visitamos a rectoral de Partovia, onde nos esperaba Xosé Luís Sobrado que, coma sempre, nos ofreceu unhas explicacións moi interesantes. Neste caso sobre a historia desta antiga granxa dos frades de Oseira. Rematamos no balneario das Caldas de Partovia xa a media tarde.

O EDNL

Se o Sol tivese o tamaño dun balón de fútbol,que tamaño tería a Terra?

Se o Sol fose coma un balón, a Terra sería tan pequena coma un gran de pementa! A miúdo esquecemos as proporcións do sistema solar. Para comprendelo ben o mellor é facer unha maqueta a escala: pon un balón de fútbol no chan e dá nove pasos longos. Pon no chan un gran de sal groso que correspondería a Mercurio, o planeta máis próximo ao Sol. Anda oito pasos máis e pon un gran de pementa: é Venus. Dá outros seis pasos e coloca un segundo gran de pementa: somos nós, a Terra, a 23 metros do balón de fútbol! Continúa así, poñendo a seis pasos de alí outro gran de sal groso (Marte); despois a 87 pasos, un mirabel (Xúpiter, o planeta .máis grande do sistema solar); despois a 103 pasos, unha cereixa (Saturno); a 229 pasos, unha amora (Uranio); logo a 260 pasos, outra amora (Neptuno); e finalmente a 223 pasos, un gran de area (Plutón). Xa estarás case a un quilómetro do balón! Plutón é tan pequeño e está tan lonxe que é case invisible, mesmo cos mellores telescopios.

Marcos García Otero. 4º ESOTexto e imaxe tiradas do libro Máis respostas ás preguntas que nunca te fixeches de Philippe Nessman e Nathalie Choux. Factoría K de libros

Page 26: o berro vol 1

O MEL GALEGO

O día vinte de abril veu unha moza para darnos unha charla sobre “o mel galego”.

Pasounos unha presentación de diapositivas sobre as abellas. Descubrimos como se chaman os tres tipos (obreiras, a raíña e abázcaros). Tamén nos mostrou a colmea. Dentro había uns paneis de cera onde elas fabrican e depositan o mel.

A continuación, ensinounos o traxe que protexe das súas picaduras dolorosas, cando se lles quita o mel. Tamén nos ensinou os aparellos que se utilizan para facelo.

Por último, deunos, para probar, un tarriño de mel cunha culleriña e un libro cun cómic e pasatempos. Ensinounos a catar o mel e aprendemos que o seu sabor depende da flor da que se extrae o néctar.

A experiencia foi moi divertida. Aleixo e Alexandre 6º EP

CONCURSO DA ONCEEste ano participamos nun concurso

organizado pola ONCE. Primeiro, lemos cinco relatos que trataban sobre a minusvalía. Logo, formamos grupos. En cada un deles, eliximos o que máis nos gustara, puxémoslle un título e fixemos unha ilustración.

Desta maneira, aprendemos moitas cousas sobre os minusválidos, a pórnos no seu lugar para entendelos e, así, poder tratalos mellor.

Iker e Andrea da Costa 6º EP

Xa temos na biblioteca a colección Historia Universal, editada por A Nosa Terra, con textos e ilustracións de Pepe Carreiro, o famoso creador dos Bolechas, adaptados de textos históricos de Luís Obelleiro, Bieito Alonso, Lola varela e Dionisio pereira. Unha maneira desenfadada de aproximarnos á Historia da Humanidade. Trinta volumes adicados á Prehistoria, Grecia, Roma, os descobrementos e a historia moderna... Calquera pode mercala os domingos co Xornal de Galicia.

Na biblioteca

Page 27: o berro vol 1

Estás orgullos@ do galego?

Porque ter unha lingua propia é unha SORTE, non unha desgraza, é un ORGULLO, non un problema... Porque hai quen se empeña en ver, ou en facer ver, o galego coma un problema, e non o é, é un motivo de ORGULLO. PRESUME do que somos, do que temos, do noso, FACHENDEA da nosa lingua. E ese orgullo a nós xa nos vén de vello, e herdámolo de moitos que se esforzaron antes ca nós pola linguao ORGULLO de ter unha lingua propia, un patrimonio que debemos conservar. o ORGULLO por ter unha lingua de futuro que deberiamos poder utilizar en todos os ámbitos.o ORGULLO por ter unha lingua que nos abre camiños á comunicación con millóns de persoas no mundo. o ORGULLO de ter unha lingua de noso

Entra en www.cgendl.org/orgullo para veres os vídeos e textos da campaña e envía o teu

Outra etapa máis e cando entramos na ESO. Iso si que supón cambios: hai novos compañeiros, profesores,…as materias son máis custosas; pero con esforzo e ganas conséguense as cousas. Para min o que máis me custou foi 3º e 4º da ESO, aínda que o fun sacando a base de esforzos e algunha que outra bágoa; pero sempre hai persoas que te rodean e te queren ao teu lado para botarche unha man en todo. O meu consello é que deixedes que vos axuden. 4º da ESO xa é unha recta final, tes un montón de proxectos na túa cabeza que moitas veces non sabes como ordenar.Para min, o mellor de todo foi preparar a excursión de fin de curso; aínda que, pensando que vas marchar, che dea un pouco de morriña. Aínda así, disfrutamos coma nenos pequenos, buscando o lugar onde ir, preparando cousiñas (ceas, revistas, festivais,…) para que a xente coñecese un pouquiño de nós. O que trae unha pouca de polémica é buscar o lugar onde viaxar, xa que ten que ser especial porque quizais sexa a última vez que nos vexamos algúns de nós. Así que é como unha despedida, porque a volta desa semaniña de lecer cada un vai buscar o seu destino para traballar ou seguir estudando, ben facendo BAC ou FP.

Agora vou contar a miña experiencia da saída do CPI Maside:Eu, cando rematei 4º ESO, estaba toda convencida de facer unha FP do que a min me gustaba, pero a xente que estaba o meu arredor, incluídos mestres do colexio, preguntábanme por que non intentaba facer bacharelato. A miña resposta era:-”É moi complicado, eu non o dou sacado”.E dicíanme que non podía xulgar iso sen saber realmente o que era.Eu seguía plenamente convencida de que non o ía facer, pero un día púxenme a pensar na alegría que lles daría a todos, e principalmente a min mesma, se me animaba a facelo.Iso foi, chegado un día dixen na casa: “vou facer bacharelato”. Foi o mellor que puideron escoitar. O caso é que eu decidín ilo facer a Forcarei (Pontevedra) e iso si que foi cambio: marchar do lado de meus pais, coñecer nova xente, profesores, compañeiros, ambiente novo,…todo para min voltaba a comezar de novo.

Cando cheguei ao instituto todos me miraban como a “nova” que era pero, por sorte, non tiven ningún problema con ninguén. Todos me acolleron perfectamente, non sentín rexeitamento nin nada malo. E algo moi bo tamén foi que todos falaban na miña lingua, a nosa lingua, o galego, que é algo que non podemos deixar que se perda que é moi bonita e ten palabras únicas.

E nada máis, que o meu consello é que pensedes moi ben o que ides facer porque, dependendo do que escollades, diso vai depender o voso futuro.O bacharelato é algo complicado e supón un esforzo día a día, pero paga a pena facelo, xa que con el imos ter máis portas abertas. E se non o facemos, ao cabo dun tempo, pensaremos por que non o fixemos e, se cadra, xa será tarde.

Por último, darvos ánimos e dicirvos que a saída do colexio é moi custosa, polo menos así foi para min e para os meus compañeiros, que todos o fixemos entre bágoas pero ao mesmo tempo con risos. E non vos esquezades nunca del!!!

Moitas grazas a todos/as por quererdes a miña colaboración na revista do centro.

O meu comezo no CPI Maside foi cando eu tiña 6 anos. Dende aquela, aínda que pasaron 11 anos, lémbrome de todos os momentos, tanto bos coma malos. Aínda que a maioría son todos bos, tanto por parte dos profesores como dos compañeiros que tiven ao longo destes anos marabillosos.Ao rematar 4º de primaria hai que ir para o colexio de arriba, o que supón un cambio aínda non moi grande porque vas cos teus compañeiros de sempre; pero o cambio nótase un pouco no profesorado, xa que muda. Así e todo, apréciase moi pouco porque o colexio de Maside é para nós como unha casa e eles como un membro máis da nosa familia: agarímante, acóllente…

Andrea González Fernández

Chegou carta!!

Page 28: o berro vol 1

ECONOMÍA ECULTIVO A República Dominicana é un dos países máis ricos no cultivo de cacao, café, cana de azucre, cítricos e bananas. A súa economía non é moi boa xa que o goberno fai moi mal manexo dela. É un dos países máis exóticos para ir pasar unhas vacacións polas súas praias, os seus ríos, sol perpetuo e as súas

xentes.

R E P Ú B L I C A D O M I N I C A N AA ILLA DO ENCANTO

COMIDAS TRADICIONAIS

A súa comida máis tradicional é o sancocho; é un guiso con distintas carnes( de porco, polo e vaca) e con distintos víveres (ovos de yautia, ñame branco e amarelo, banana, mapuey e cabaza (auyama) e vai

acompañado de arroz branco. O moro de guandules, isto é, arroz cos guandules dentro. Os guandules parécense ás lentellas, pero son máis grandes e de cor verde.O locrio é o arroz coa carne dentro e un pouco de repolo polo lado. Só se fai locrio de costeleta de porco e polo.O asopao é unha sopa de arroz, de carne e marisco.Sobremesas tradicionais: o doce de coco e o de coco novo, o arroz doce, que é coma o arroz

con leite de aquí, pero con leite de coco, a habichuela con doce e varias especias.As bebidas do país que se fabrican alá como o Ron brugal, o añejo pompero, o chocolate, o café e zumes de todas as froitas do país (como o mango, a chinola,

a laranxa, a toronxa, sapote, sandía, melón, lechosa...) O aguacate é unha das froitas esenciais no país. O chocolate procede do

propio cacao do país, igual que o café.

LUGARES MÁIS BONITOSA cidade de Santo Domingo, Punta Cana, Bávaro, Santiago de los Caballeros e a illa Sabona son algúns dos lugares máis belos que se poden encontrar no país. Entre as súas aldeas podemos destacar San Pedro de Macorí, San Francisco de Macorí, Puerto Plata, río San Juan, La Vega e Moca.

RÍOS E PRAIASNa República Dominicana como vai moita calor é moi frecuente ver a xente nas praias e ríos todos os días. As praias están consideradas das máis bonitas do mundo por teren augas tan cristalinas e area tan branca. Entre elas podemos destacar a praia de Río San Juan, Bávaro, Punta Cana, Puerto Plata, Boca Chica e a illa Sahona. Dos ríos podemos dicir que son moi longos e de augas moi cálidas. Podemos destacar o río Yake, o Ozama de Bonao e o río Yazica.

QUE PASADA!!!

Walkiria Willians Arias

Page 29: o berro vol 1

COMO SE DIVIRTEN NA REPÚBLICA DOMINICANA

O mozos divírtense na disco, pero tamén se reúnen entre amigos e van á praia pasar o día. Alí cociñan, xogan dominó, cartas, báñanse e beben. O mesmo fan no río.A xuventude tamén se dedica a estudar e traballar nos campos de café, cacao, cana de azucre e cítricos, así como en hoteis, supermercados e tendas.Divertímonos celebrando o día da nai, no que se fai unha gran festa coa familia, ou o Día da Indepencia, o Día dos Santos, que se celebra cunha festa de palo, isto é, cantando e bailando a punta de tambor, guiro e palos.

A FESTA E O CARNAVALAs festas patronais, que se celebran en cada aldea nun día e mes diferente, duran nove días e o concello leva a distintos artistas do país.

Hai vendedores de xoguetes, salchichas, flocos de millo, algodón de azucre e postos de bebida, tamén veñen a estrellita, os caballitos, os carros chocones e o barco. Os carnavais duran cinco días. Aínda que se celebran por distintos lugares, os mellores son os de La Vega. Disfrázanse por grupos e bailan. A xente disfrázase de indio e fan comparsas representando o caso dos españois cos indíxenas cando Colón chegou a América.

Labazada é un grupo que fusiona hardcore, punk e metal. Levan xuntos dende o ano 2006. No 2007 sacaron o seu primeiro cd chamado “makina infernal” e no 2009 sacaron o seu segundo traballo chamado “labazada”

O grupo está formado por: Fosi voz, Jano baixo, Chata batería e Alberto guitarra.

Se queredes escoitar o seu traballo podédelo descargar de balde na páxina: www.aregueifanetlabel.blogspot.com

LUGARES QUE PODEMOS VISITAREn Santo Domingo podemos visitar o Faro Colón, o museo de Juan Pablo Duarte e Mella e a praia de Boca Chica, o zoolóxico e o parque botánico.En Puerto Plata podemos ver o teleférico, a praia e algunhas plantacións de cana de azucre.En Bongo podemos ver a industria de cítricos “Rica”En Salcedo podemos ver o museo das irmás Mirabal.En Santiago de de los Caballeros, o río Yake.

MARTÍN BARDELÁS RECOMENDA

Page 30: o berro vol 1

Bicos con lingua Martín Bardelás López

O 15 11 día de abril ás da mañá os alumnos da, : ESO xunto con algúns centros do Carballiño

, , 1 Sagrado Corazón IES Chamoso Lamas IES nº e , mais o CPI de Cea fomos presenciar a obra teatral ,Bicos con lingua unha reflexión sobre os prexuízos

, dos galegos con respecto á nosa lingua con toques . : de humor Por exemplo un home quere cambiar o seu nome ao galego e atópase cun funcionario que lle pon tantas trabas que acaba por conseguir que o

. trámite se convirta nun acto heroico Ou dous galegos que se atopan no ceo tras varios anos sen

( falar galego porque non quedaba ningún vivo que o).falase

É unha peza posta en escena pola compañía , de Cee Talía Teatro na que durante unha hora os

actores Artur Trillo e Toño Casais nos colocan diante . dun espello

A actividade foi organizada pola coordinadora dos ENDL da comarca do. .Carballiño A min gustoume porque explica o difícil momento polo que pasa o galego

Teatro galego

Visita LINGUA DE BUXO, o blog da Coordinadora de ENDL do Arenteiro que comezou a andar neste curso:www.linguadebuxo.worldpress.com

A ESMORGA Wilson Gabriel Herdoíza Vinces

, 4 En outubro os alumnos e alumnas de º de ESO do CPI de Maside fomos ver a obra de teatro A esmorga no Auditorio de. Ourense A Esmorga é unha obra escrita polo autor ourensán Blanco

1959 ( ), Amor e publicada no ano en Bos Aires Arxentina xa que . naqueles tempos en Galicia non se podía Agora puidemos ver a

adaptación feita pola compañía SARABELA Teatro que tantos éxitos . leva colleitado durante anos

A historia da ESMORGA básease na peripecia de tres . personaxes marxinais da clase social baixa de Ourense Un dos

( ) seus protagonistas Cibrán conta o que lles aconteceu mentres , .andaron bebendo comendo e fuxindo

Recomendamos a revista galega de humor

A Retranca.Recollemos viñetas na

sección de Humor