26
O camiæo do vento Itinerarios autoguiados COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN PARQUE NATURAL

o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

  • Upload
    ngophuc

  • View
    219

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

O camiño do ventoItinerarios autoguiados

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO ELAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

PARQUE NATURAL

Page 2: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

O camiño do ventoItinerarios autoguiados

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO ELAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

PARQUE NATURAL

Page 3: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

4

Esta guía pretende achegar ós visitantes do ParqueNatural a todos aqueles aspectos naturais, culturais epatrimoniais que fan deste espacio natural unha área fun-damental para conservar parte da biodiversidade deGalicia.

Os itinerarios organízanse arredor dun tema específico: aauga, o vento e o mar. Xenericamente, cada unha dasparadas do itinerario aborda aspectos relacionados cotema principal. En ocasións, e como excepción a estanorma, determinadas paradas pola súa peculiaridade,valor ou singularidade, tratan outros temas.

As paradas que se realizan ó longo do percorrido encón-transe convenientemente sinalizadas cos seus respectivospostes indicadores, así como os desvíos e a dirección aseguir.

Ó inicio do itinerario recóllese información acerca da súalonxitude e do grao de dificultade. Tamén se inclúe unhaaproximación do tempo que leva face-lo percorrido, aíndaque isto é unha cuestión que vai depender da túa condi-ción física, do tempo que teñas e do que demores a dis-frutar do marabilloso contorno polo que estás a camiñar.

¿COMOUSAR ESTA GUÍA?

Sinal de inicio doitinerario

Poste indicador de parada

Page 4: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

5

- Evita transitar fóra dos camiños e pasarelas peoniles. Seos abandonas estás creando un impacto innecesario.

- Lembra que a circulación con vehículos só se pode facerpor aquelas pistas debidamente sinalizadas.

- Deposita nos contedores o lixo que produzas durante atúa visita. Sería importante que fixeras unha recollidaselectiva e a depositaras nos contedores axeitados.

- A auga é fonte de vida. Por iso debemos manter limpasas fontes e cursos de auga. Nós mesmos ou outros seresvivos poderíamos precisala máis adiante.

- Hai áreas recreativas adecuadamente dotadas ondepodes comer tranquila e descansadamente.

- Non fagas lume. Un incendio causa graves prexuízos nanatureza e mesmo podemos poñernos en perigo.

- Respecta as plantas e animais: todos cumpren un impor-tante papel na natureza.

- Lembra que os animais domésticos ceibes poden asustara outras persoas ou molestar ós animais que teñen aquí unrefuxio de tranquilidade.

- Aproveita estes momentos para disfrutar do contacto coanatureza. Esquece as présas, utiliza tódolos sentidos, pres-ta atención ás pequenas cousas e ven visitalo en distintasépocas do ano.

¡A TÚA COLABORACIÓN É MOIIMPORTANTE PARA CONSERVA-LOPARQUE NATURAL!

¿COMO COMPORTARNOS NATURALMENTEDURANTE O NOSO CAMIÑAR?

Page 5: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

OCÉANOATLÁNTICO

DUNA �MÓBIL�(Montes d Ferreira)

A Xu

ño

A Corrubedo

i

P APARCAMEN

CENTRO DERECEPCIÓNC.I.E.L.G.A

PANEL�INFORMATIV

i

Campos de Ol

Río doPedrecelos

Pd

Praia da LadeiraCAMIÑODO VENTO

CORRUBEDO

ROCHAS

LAGOAS

MARISMA

PINARES E C

CORDÓN DUACTIVO

DUNAS VEXE

PRAIASCHAIRAS AR

6

N

Lagoa de Xuño

Lagoa deS. Pedro

OCÉANO ATLÁNTICO

RÍA DE MUROSE NOIA

NOIA

Portodo Son

Xuño

Corrubedo

Aguiño

RIANXO

BOIRO

RIBEIRA

ILLA DESÁLVORA

Ponte romanade Xuño

CASTRODE BAROÑA

Dolmen deAxeitos

TorreBermúdez

RÍA DE AROUSA

A Santiago ➦

A Padróne Santiago ➦

PENÍNSULADO

BARBANZA

C-550

C-550

Vixán

miradoiroCASTROCIDÁ

Olveira

Artes

Carreira

PARQUE NATURAL

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

POBRA DOCARAMIÑAL

A Curotiña

C-5

50

VRG-11Vía

rápida

do

Barbanza

RIBEIRA

A CORUÑA

N

Page 6: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

N

O

P

a�)

OLVEIRA

PERDIGOTEIRA

CARREIRA

VIXÁN

Vía Rápida

A C-

550

MiradoiroCASTRO DA CIDÁ

i

i

i

NTOS

� E�.�

VO

0 m. 500 m. 1.000 m.

CAMIÑODA AUGA

Río

Sanch

anásRío

Sirv

es

Río

Long

o

s eveira

Aparcamentode OLVEIRA

Pedras�da Lagoa

Marisma deCarregal

do Mar

Pedra �da Ferreira

Pr a

i a

Vi

la

r

do

As�Martiñas

Pedras�das�Pozas

A GRAÑA

Lagoa de Vixán

Lagoa�de Carregal

Rego daCidade

AG

andarela

Observatorio�de aves

Itinerario alternativo 1

8

765

4

3

2

1

9

C BA

Campos de Amendo

VILAR

Itinerario alternativo 2

1

2

3

4

56

78

9

10

Aparcamento do VILAR

ACCESOCENTRO DE RECEPCIÓN

Pi1

2

3

4

5 67

8 9

10

11

12

13

CAMIÑODO MAR

Muíño

QUEIMADOIROS

A C-550 e ��

OS MUÍÑOS

CASALNOVO

Á Vía �Rápida

A Aguiño

A Aguiño

A Ribeira

CULTIVOS

UNAR�

ETADAS

REOSAS

Page 7: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

Inicio: Caseta de

información

(aparcamento dos

Campos de

Olveira)

Percorrido: 5 km.

Duración: 3 horas

Dificultade: Baixa

O camiño do vento

O Camiño do Vento amósanos unha das zonas máis significati-vas deste espacio natural, os Campos de Olveira e a impresio-nante duna móbil que destacan polo seu valor xeomorfolóxico,paisaxístico, botánico e faunístico.Tamén veremos as pegadas do home que, desde tempos, utilizouos recursos que se encontraban nesta zona, primeiramente,dunha forma racional construíndo “os fornos da tella” que foronempregados para coce-las tellas e ladrillos na antigüidade, e pos-teriormente, de xeito perxudicial, con masivas extraccións dearea que se realizaron durante varios anos e que causaron unnegativo impacto neste valioso ecosistema.

PARADA 1

8

Caseta de información

Comezamos o noso percorrido na caseta de información que haina zona do aparcamento.Desde este punto temos unha visión xeral do contorno polo quediscorrerá o itinerario.

Vista xeral coa duna ó fondo

Page 8: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

9

Ó fondo vemos a gran duna móbil, que preside a paisaxe destaparte do Parque Natural. En primeiro termo temos unha estensapradeira de dunas fixas, que recibe o nome popular de Camposde Olveira, que é a zona onde desde sempre se teñen producidoextraccións (primeiro de arxila, e nos últimos anos de caolín ede area, ata a súa prohibición).

Partindo da caseta de información tomamos o camiño que con-tinúa de frente por enriba da pasarela de madeira que nos leva áduna móbil.

PARADA 2Os Campos de Olveira, unha chaira de granvalor ecolóxico

Estamos situados sobre a pradeira postdunar, unha das áreasmáis ricas de toda Galicia, desde o punto de vista botánico.

É importante que neste tramonon abandonemos a pasarela,xa que por efecto do pisoteopodemos causar alteraciónssobre a flora dunar que é moisensible a estes impactos.A chaira postdunar albergaunha elevada diversidadebotánica. Moitas destas espe-cies teñen gran interese con-servativo, por tratarse deendemismos, por encontráren-se no seu límite de distribu-ción ou por ser este ParqueNatural o único espacio que asampara baixo unha figura deprotección.

As orquídeas tinxen osCampos coas súas cores a par-tir do mes de maio e unha grandiversidade delas permítennosdisfrutar no noso paseo.O carrasco bravo é unha dasplantas máis abundantes quelle dá ese aspecto dourado ápradeira postdunar.

Orquídea

Carrasco bravo

Page 9: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

PARADA 3As curiosasaves que viven aquí

Nos Campos de Olveira moitasaves encontran ali-mento e refuxio. Un dos valores ecoló-xicos máis salienta-bles do Parque Natural, éunha ave, case esteparia, que tenos Campos de Olveira como lugar de cría, aínda que no invernoaumenta a súa poboación con exemplares invernantes.Trátase do alcaraván ou pernileiro, unha ave de longas patasgrosas, cuns característicos ollos grandes e amarelos e de petei-ro curto e forte. As súas cores pardas e brancas permítenllemimetizarse neste contorno pasando practicamente desapercibi-do para os seus depredadores.

Iberis procumbens

10

Unha planta moi interesante éIberis procumbens, ó tratar-se dun endemismo das costasatlánticas da PenínsulaIbérica, que florece entre osmeses de maio a xullo.Outra planta moi escasa éOmphalodes littoralis, espe-cie endémica e en perigo deextinción, que só se encontranas costas da provincia daCoruña.

Alcaraván

Page 10: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

11

PARADA 4Un xigante con pés de area que se move

A duna móbil é unha das de maior dimensión do norte daPenínsula Ibérica. Alcanza unha altura de 16 metros no seupunto máis alto. A súa lonxitude é de máis de 1 km., e o seuancho é, de aproximadamente, 250 metros.

Ó se tratar dunha duna non vexetada, os ventos predominantesda zona fan que esta avance progresivamente cara ó interior dosCampos de Olveira. Os ventos do Suroeste no inverno e doNordeste no verán, son os predominantes na zona, e especial-mente os primeiros fan avanzar á duna uns poucos centímetroscada ano.

É difícil de observar, pero poderemos detecta-la súa presenciagracias ós delatadores gritos que emite ó anoitecer. O Parque Natural é de gran importancia para a conservacióndesta especie, xa que está en regresión en Europa, e en Galiciaconta cunha poboación escasa e con moi poucos lugares de cría,principalmente, no centro e sur da provincia de Ourense e nunspoucos lugares do litoral atlántico.No inverno, procedente do norte de Europa, aparece outra avenesta área en grandes bandadas de ata 200 individuos: é a píl-dora dourada. A súa plumaxe é parda salpicada de tons doura-dos, o que lle dá o nome popular.

Tanto o alcaraván como a píldora dourada, aliméntanse demiñocas, insectos, lesmas, caracois e outros invertebrados.Aínda que o primeiro pode comer algún que outro lagarto oupequeno mamífero.

Píldoras douradas

Page 11: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

12

A gran duna móbil

A duna presenta un perfil asimétrico. O lado de barlovento, deonde proceden os ventos do Suroeste e que mira ó mar, tenmenor pendente e é máis longa, mentras que o lado de sotaven-to ten a maior pendente, superando os 30°.As zonas dunares, e especialmente as que non son vexetadas,son áreas de gran inestabilidade e calquera pequeno impactopode ocasionar alteracións nas mesmas, polo que é recomenda-ble que non abandonemos as pasarelas.

O vento, motor do movemento

Na duna, o vento arrastra ós grans de area desde aparte máis próxima ó mar, fainos subir polo lado debarlovento ata que chegan ó punto máis alto e caenpolo lado de sotavento, o que fai avanzar paseniño áduna cara ó interior.Na duna, se nos fixamos no chan, poderemos verpequenas dunas dunha altura non superior a medio

ou a un cen-tímetro (0,5a 1 cm.).Este fenó-meno, quetamén estác a u s a d opolo vento,recibe onome derizaduras.

As rizaduras forman microdunas

Este tamén é un bó momento para preguntarnos de onde proce-derá toda esta cantidade de area.

Page 12: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

13

As Pedras da Ferreira e Pedrecelos

Ó chegar á Praia da Ladeira podemos aproximarnos ás pedrasque quedan ó descuberto durante a marea baixa e observa-lavida mariña que se agacha nas pozas e nos recunchos das pedras.Os arneiróns (ou balánidos) son uns curiosos crustáceos forma-dos por unhas placas calcarias moi duras. No interior das placasencóntrase o corpo do animal, que se alimenta formando corren-tes de auga cos seus apéndices. Tapizan as rochas ou ben sitú-anse sobre moluscos como os mexillóns.Os mexillóns son abundantes sobre as pedras ás que se adhirenpor medio do viso. É, sen ningunha dúbida, o molusco máiscoñecido e comercializado de todos.A súa explotación comercial realízase en bateas. As súas crías,chamadas “mexilla”, son recollidas das pedras da costa polosmexilloeiros e levadas ás bateas onde engordan.(Galicia produce o 50% do mexillón mundial e gran parte domesmo provén da Ría de Arousa).

PARADA 5

Pedras da Ferreira

Mexillóns e arneiróns

Page 13: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

14

PARADA 6O Río do Mar comunica dous mundos diferentes

O Río do Mar é a canle de comunicación do tranquilo mundo dalagoa e a marisma de Carregal co bravo Océano Atlántico, sem-pre en movimento e que, esporadicamente, modifica o seu cursovariando o lugar polo que desauga, por causa das fortes corren-tes e das tempestades invernais.Este espacio é explotado por mariscadores en determinadas épo-cas do ano, extraendo, basicamente, berberechos. A súa formade extracción é manual, coa axuda dun pequeno sacho, polo quese teñen que introducir case ata a cintura na auga.

Un súper depredador de barrena

A púrpura é un grandepredador de arneiróns,mexillóns... (iso sí, aíndaque moi lento: atravesa-lacuncha dun mexillón podelevarlle ¡dous días!). Aliméntase practicando nacuncha da súa presa un pequenofurado, perfectamente redondo.Despois, por ese furado introduce asúa trompa para come-la parte branda doanimal.Os caramuxos e as lapas son outros animais moi habituaisneste medio.Os primeiros son ben coñecidos pola súa abundancia e polo seuuso gastronómico. Noutros sitios de Galicia coñécense co nomede minchas. Baixo este nome popular denomínanse varias espe-cies diferentes.Outros animais que habitan neste particular medio son crustáce-os como os cangrexos e queimacasas, equinodermos como osourizos de mar ou mesmo peixes como os lorchos.Un aproveitamento tradicional dos recursos mariños nas poboa-cións costeiras, consistía en “ir á seca”. Na época de mareasvivas, cando o mar baixaba moito, os habitantes da costa ían áspedras que quedaban descubertas. Buscaban, sobre todo, maris-co, polbos... que quedaran baixo as pedras ou nas covas. Era esteun aproveitamento que requería de certa habilidade e destrezamanual.Desde aquí continuamos o itinerario bordeando o Río do Marpola súa marxe esquerda.

Púrpura

Page 14: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

15

PARADA 7Un salgueiro con moita historia

Se continuamos avanzando, ó lado da duna móbil, hai un salguei-ro que sobrevive ás duras condicións de vida das zonas dunares.Unha curiosidadesobre a evoluciónmáis próxima notempo desta zona, éque precisamente nolugar no que nosencontramos existíano século XVI unpequeno bosque desalgueiros, que foidesaparecendo baixoo avance da duna.¿Será este salgueirounha testemuña dopasado?Máis adiante podemos ver con claridade a capa de turba quechega ata a duna móbil. Esta capa é a testemuña da antiga esten-sión da lagoa e marisma e do avance inexorable da duna móbilcara ó interior do complexo. Na medida do posible recoménda-se non pisa-la capa de turba, para non causar efectos negativossobre a súa conservación.

Salgueiro na duna

PARADA 8A chaira intermareal: un gran comedor para as aves

A chaira intermareal é o espacio da lagoa onde conflúen o mediodóce e o salgado, e que se encontra máis influenciado por ambos. O grupo das aves é o máis doado de observar, especialmentenumerosas limícolas que buscan o seu alimento (basicamentepequenos invertebrados) remexendo co seu bico entre a lamadurante a marea baixa: o mazarico curlí, o mazarico rabine-gro, o pilro común, o bilurico común ou a píldora cincenta.Podemos aprecia-las distintas formas e tamaños dos seus bicose das súas patas, o que lles permite explotar diferentes zonas domesmo ecosistema para alimentárense. Os de bico máis longorebuscan en capas máis profundas que os de bico curto, e os depatas máis longas poden meterse en zonas encharcadas ás que osde patas curtas non poden acceder.

Page 15: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

16

Tamén, neste medio, a garzareal e a garza branca alimén-tanse de pequenos peixes, rase outros anfibios.Na época invernal, o corvomariño grande busca peixesdos que se alimentar entre asaugas das canles da marisma.Esta ave ademais de velanadando e mergullándose,podémola observar coas súasás estendidas para que llesequen despois de levar algúntempo na auga. A diferenciadas outras aves mariñas, care-ce da glándula que secreta asustancia para impermeabili-za-las súas plumas e que evita-ría que o seu corpo se mollara.Entre os mamíferos, a lontraé o máis significativo dos que

viven na marisma do Carregal, aliméntase de peixes, anfibios,réptiles, crustáceos e incluso, se ten ocasión, de pequenas avesacuáticas. Os seus hábitos son, fundamentalmente, crepusculares e sópodemos encontrar restos ou evidencias da súa existencia (assúas pegadas, os tobogáns que utilizan para xogar ou os seusexcrementos –de forte olor a aceite de peixe, compostos de espi-ñas e escamas e situados normalmente en pedras altas do río ousobre montes de herba–). Nada moi ben, podendo percorrer ata400 metros baixo a auga sen saír á superficie.Continuamos avanzando pola marxe do Río do Mar ata aseguinte parada.

Pegadas na area

PARADA 9Unhas duras condicións para a vida na marisma

Os animais e vexetais que viven na marisma, habitan nunhascondicións moi particulares, xa que se trata dun medio que estádominado pola auga salobre, mestura entre a auga dóce queaportan os ríos (Longo, de Sirves, Sanchanás) e a auga mariña,aportada polas mareas e os temporais. Ademais, a salinidade da marisma varía: diariamente, coa subi-da e baixada das mareas e estacionalmente, coas épocas demaiores chuvias e as máis secas.

Page 16: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

17

A riqueza biolóxica da marisma é moi elevada, xa que asespecies animais e vexetais que poden vivir nela chegana ter poboacións elevadas. Por esto, é un dos ecosistemasda Terra máis rico desde o punto de vista da súa produc-tividade.Imos compara-la productividade biolóxica dalgúnsmedios coa productividade das marismas. Así, por exem-plo na costa, a productividade oscila entre as 2,5 e as 4toneladas por hectárea e ano, mentras que na marismaé, aproximadamente de 25 Tm/Ha/ano. Para que nosdeamos conta da súa importancia, podemos comparalacon dous medios explotados polo home: un prado podeter unha productividade de 10 Tm./Ha/ano e un campode cereal pode chegar ás 17 Tm./Ha/ano.De toda esta producción da marisma, só a metade éempregada polos organismos que habitan constantemen-te nela. Outra parte é utilizada por organismos que utili-zan a marisma como área na que alimentarse ocasional-mente: distintas especies de peixes, como a robaliza oua solla, buscan comida durante a marea alta, as larvasdalgunhas especies de peixes e crustáceos pasan estafase na marisma, as aves migratorias buscan aquí o lugarno que se alimentar para des-pois continua-la súa viaxe emoitos insectos acudentamén a ela no encontro desustento.Unha última parte da produc-ción restante, vai devolta ómar pola acción das mareas eserve de alimento a gran can-tidade de organismos dasnosas costas.A súa elevada productividadebiolóxica, a súa importanciapara a supervivencia denumerosas especies e a diver-sidade de hábitats que sedan, convirten ás marismasen áreas de gran importanciaecolóxica que temos que con-servar.

AS MARISMAS: ÁREAS DEGRAN VALOR ECOLÓXICO

Page 17: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

Outro factor que se debe engadir a estas duras condicións é ofeito de que amplas estensións quedan ó descuberto un longoperíodo de tempo.

A marisma ten moito ambienteA marisma é un medio onde se encontran tres ambientes ben dis-tintos:

- As augas dóces aportadas polos ríos- As augas salgadas procedentes do mar- A terra firme sobre a que se desenvolve a marisma

A vexetación damarisma de Carregalestá adaptada ásconstantes varia-cións de salinidadedas súas augas. Osxuncos, xuncas,canas, herbas sal-gadas... danlle eseaspecto tan caracte-rístico á paisaxe damarisma: unhaampla chaira de corcinsenta e apagada,

só atravesada por pequenos e luminosos fíos azuis que disco-rren, inexorablemente, cara ó mar.Outras plantas de menor porte que tamén atopamos son a acel-ga salgada e a verdoaga mariña, pequeno arbusto deitado, decor verde prateada ou fariñenta e de follas grosas e suculentas.

Entre as canles rebosa unha gran cantidade de vida animal: aves,mamíferos, peixes, anfibios, réptiles, invertebrados... Todos elesbuscan alimento neste ecosistema.Desde este punto collemos o camiño que sae á esquerda do posteindicador.

18

Herba salgada

PARADA 10As Pedras da Lagoa encóntranse rodeadas dunha lenda

No medio da marisma de Carregal hai unhas curiosas pedras,denominadas popularmente como as Pedras da Lagoa, sobre asque xira unha lenda arredor da pegada de Santiago Apóstolo e afigura do cabalo.

Page 18: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

19

Pedras da Lagoa

Conta a lenda que “...Santiago Apóstolo, co seu cabalo, atrave-sa a enseada de Corrubedo nun espectacular salto que vaidende o Monte da Cidá ás Pedras de Lavandeira e ás Pedras doCanal e dende aí a Corrubedo, quedando as pegadas reflexadasnas pedras...”

A marisma de Carregal foi utilizada desde sempre polos habitan-tes da zona. Unha testemuña dese uso son as canles que se dis-poñen perpendicularmente unhas con respecto ás outras, forman-do unha especie de mosaico reticular. A razón desto parece estaren que as canles foron navegables e ata o fondo delas chegabanbarcas en busca das tellas que se facían nos fornos da tella.As xunqueiras séguense explotando, aínda que cada vez menos,polos seus propietarios. O xunco emprégase para face-la camapara o gando, cortándose cada catro anos, normalmente nosmeses de setembro e outubro. Aínda que son “dominio público”,as xunqueiras teñen os seus propietarios, e aínda na marea baixavense os marcos que delimitan cada propiedade.

Xuncos

Page 19: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

20

PARADA 11Os cultivos, a propiedade e as sebes

Seguimos camiñando e á nosadereita, ó lonxe, podemosobserva-los distintos aprovei-tamentos agrícolas que sedesenvolven desde sempre nointerior do espacio natural. Omáis importante, en canto ásuperficie ocupada, é o millo,seguido das patacas. O pri-meiro cultívase basicamentepara alimentar ó gando, men-tras que o segundo é para con-sumo propio ou para a venda.Antigamente, no séculoXVIII, os principais cultivosno contorno eran o trigo, oliño, o centeo e o millomiúdo, que foron sustituídospouco a pouco polos actuais.

As pequenas propiedades encón-transe limitadas por valados ouben por sebes que son máis fre-cuentes canto máis cerca dasaldeas.

As sebes, illas de vida

As sebes rodean os prados eleiras, e teñen como funciónprincipal a separación entre aspropiedades ou entre os usosque se fan a un lado e outro damesma.Están formadas por arbustosque na maior parte dos casosnon chegan a supera-los tresmetros de altura: loureiros,

abruñeiros, estripeiros, pereiras bravas... son os máis comúns.Abundan lianas como as madreselvas e outros arbustos como assilveiras.As sebes son unha excelente protección frente ó vento para oscultivos, xa que este diminúe a súa intensidade cando as atrave-sa. Outra función ecolóxica é que constitúen importantes reser-vas xenéticas ó albergaren gran diversidade de especies queencontran aquí sitio para criar, alimentarse e descansar. Moitas

Estripeiro

Page 20: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

Abruñeiro

aves insectívoras como os ferreiriños,teñen nestas pequenas illas un espléndi-do refuxio.

Se seguimos avanzando polo camiñonos atopamos cunha charca á nosaesquerda.

O nome popular de“ferreiriño” débese aque o seu canto semé-llase ó bater constantedo ferreiro na zafra.

Ferreiriño azul

PARADA 12

Nesta charca habitan pequenosinvertebrados como zapateiros,larvas de libeliña e de cabaliñodo demo, e vertebrados como rase pintafontes.

21

As especies de árbores querodean a charca son as máis

típicas dos bosques de ribei-ra: os ameneiros e os sal-Salgueiro

A man do home creapequenos ecosistemas

Trátase dunha pequena charcade onde hai tempo se extraía obarro para fabrica-las tellas eladrillos que se cocerían nosfornos da tella que había nosarredores.

Page 21: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

22

Chegamos ó aparcamento e nas súas proximidades encontramosos restos dos fornos da tella.

ZapateiroCabaliño do demo

PARADA 13Os fornos da tella, unha industria local importante

Se nos fixamos, podemos apreciar dous montículos cubertos devexetación. Son os restos dos fornos de Cortiza e de Canosa.Nestes fornos cocíanse as tellas e ladrillos que despois se empre-garían nas construccións das casas dos arredores do actualParque Natural.O forno de tella constaba dunha base rectangular de ladrillo epedra, onde se situaban as tellas e os ladrillos. Os lados da construcción central estaban flanqueados por dousmuros que chegaban ata a parte alta. Na zona traseira era ondese facía o lume.Nas proximidades había catro fornos da tella, sendo na súaépoca unha industria local importante. Ata aquí chegaban barcosen busca de tellas que despois eran levadas a vilas como Noia.

Esta industria foi perden-do importancia e desapa-receu cando chegaron asfábricas de tellas que seinstalaron no contorno.

Recreación dun forno da tella

gueiros, acompañadas doutras especies vexetais como espadai-nas, xuncos, etc.

Page 22: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

23

A Prehistoria nos arredores do Parque Natural

Nos arredores do Parque Natural encontrámonos connumerosos restos dos nosos antergos: antas ou dól-menes (dolmen de Axeitos ou a Arca do Barbanza),petroglifos (Pedra das Cabras) e castros (o do Facho,o do Tahume, o da Cidá, o de Porto de Baixo...), tes-temuñas do antiga que é a ocupación do territorio.E s t e sp e q u e n o scastros, nosque posible-mente viví-an non máisde 70-80p e r s o a s ,t e r í a n s edividido ens e c t o r e seconómicos ós que se adicarían: os costeiros, ó maris-queo e á pesca e os interiores, principalmente á gan-dería e á agricultura. Se observamos a distribucióndestes poboados nun mapa, podemos observar comoestaban conectados visualmente entre sí.Estiveron habitados, aproximadamente, entre o ano1000 a.C. e o 800 da nosa era, sendo abandonadospouco a pouco, para pasar a ocupar zonas máis baixas(normalmente a media ladeira), xa de que perderon asúa función defensiva orixinal, achegándose máis ászonas productivas. O aumento da poboación produciua súa expansión e a creación de novos núcleos. Peronon só semodificou aubicación,senón taménas técnicasde explota-ción agrícolae as técnicasconstructi-vas: intro-duciuse aforma rectangular para as construccións frente á cir-cular, posiblemente por necesidades de espacio, paradarlle máis altura e introducir dentro o gando que axu-daba a quenta-lo fogar...

Dolmen de Axeitos

Castro da Cidá

Page 23: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

O camiño do ventoAquí remata o

Camiño do

Vento.

Agardamos que

fose do teu

agrado e que

disfrutases do

Parque Natural

24

ÍNDICE

¿Como usar esta guía? ............................................ 4

¿Como comportarnos naturalmente durante o noso camiñar? .......................................... 5

Situación e plano do Parque Natural cos itinerarios autoguiados ...................................... 6

O camiño do vento ................................................... 8

Parada 1 ................................................................. 8

Parada 2 ................................................................. 9

Parada 3 ................................................................. 10

Parada 4 ................................................................. 11

Parada 5 ................................................................. 13

Parada 6 ................................................................. 14

Parada 7 ................................................................. 15

Parada 8 ................................................................. 15

Parada 9 ................................................................. 16

As marismas: Áreas de gran valor ecolóxico ...... 17

Parada 10 ................................................................. 18

Parada 11 ................................................................. 20

Parada 12 ................................................................. 21

Parada 13 ................................................................. 22

Índice ....................................................................... 24

Especies citadas ...................................................... 25

Teléfonos de interese .............................................. 26

Page 24: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

25

ESPECIES CITADAS NESTE ITINERARIO

- Abruñeiro (Prunus spinosa)- Acelga salgada (Limonium vulgare)- Alcaraván (Burhinus oedicnemus)- Ameneiro (Alnus glutinosa)- Arneirón (Balanus balanoides)- Berberecho (Cerastoderma edule)- Bilurico común (Tringa totanus)- Cabaliño do demo (Zigoptera)- Cana (Phragmites communis)- Cangrexo (Carcinus maenas)- Caramuxo (Littorina littorea)- Carrasco bravo (Helichrysum picardii)- Centeo (Secale cereale)- Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo)- Espadaina (Thypha latifolia)- Estripeiro (Crataegus monogyna)- Ferreiriño (Parus sp)- Garza branca (Egretta garzetta)- Garza real (Ardea cinerea)- Herba salgada (Salicornia ramosissima)- Iberis (Iberis procumbens)- Lapa (patella sp)- Libeliña (Anisoptera)- Liño (Linus usitatissimum)- Lontra (Lutra lutra)- Lorcho (Gobius sp)- Loureiro (Laurus nobilis)- Madreselva (Lonicera sp)- Mazarico curlí (Numenius arquata)- Mazarico rabinegro (Limosa limosa)- Mexillón (Mytilus galloprovincialis)- Millo (Zea mays)- Millo miúdo (Panicum miliaceum)- Omphalodes littoralis- Orquídea (Orchis sp)- Pataca (Solanum tuberosum)- Pereira brava (Pirus piraster)- Píldora cincenta (Pluvialis squatarola)- Píldora dourada (Pluvialis apricaria)- Pilro común (Calidris alpina)- Pintafontes (Triturus sp)- Púrpura (Nassarius reticulatus)- Queimacasas (Pachygrapsus marmoratus)- Ra (Rana sp)

Page 25: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

26

Teléfonos e direccións de interese:• Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural

Edificio Administrativo Monelos. Praza Luis Seoane, s/n - 5ª planta15008 A CoruñaTeléfono 981 184 585 - Fax 981 184 654

• Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e VixánCentro de Recepción de Visitantes «Casa da Costa»15967 O Vilar - Carreira - Ribeira (A Coruña)Teléfono 981 878 532 - Fax 981 878 527

• Urxencias: Teléfono 112

• Incendios Xunta de Galicia: 085

Edita: Xunta de GaliciaConsellería de Medio AmbienteDirección Xeral de Montes e Medio Ambiente NaturalServicio de Medio Ambiente Natural da Coruña

Texto: cem, s.coop.ltda.Revisión e supervisión: Federico Sánchez e

África Núñez. Servicio de M.A.N.Fotografías: Portada: Manuel E. Garci

Resto: cem, s.coop.ltda.Ilustracións: Páxina 22 (telleira): Xurxo Constela

Resto: Rafa SalvadoresDeseño gráfico, infografía e maquetación:

Carlos González MazairaXestión gráfica: Edym, S.L.Depósito Legal: C-1.475/2000

© Xunta de Galicia

- Robaliza (Dicentrarchus labrax)- Salgueiro (Salix atrocinerea)- Silveira (Rubus fruticosus)- Solla (Platichthys flesus)- Trigo (Triticum sp)- Verdoaga mariña (Halimione portulacoides)- Xunca (Scirpus sp)- Xunco (Juncus marinus)- Zapateiro (Gerris lacustris)

Page 26: o cami o do VENTO. - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversi... · ¿COMO USAR ESTA GUÍA? Sinal de inicio do itinerario Poste indicador

UN TAIDE GALICIA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTEDirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural