3
Hai varios factores que desencadean o nacemento do na- cionalismo en Cataluña: - A tradición foral e o recordo do autogoberno. Un desexo ancestral de descentralización e de demostración da parti- cularidade catalana. - O rexeitamento ó ‘Panespañolismo’ propio do romanticismo e do liberalismo centralista e uniformizador, enfrontado ás comunidades periféricas con costumes e linguas propios e diferentes do castelán. - A forza nesa época das ideas románticas de nación, raza, lingua, conservación da cultura propia e de idealización dun retorno ás orixes. - A importancia das decisións económicas que toma o go- berno central sobre os niveis de proteccionismo, que dan a percepción de que se favorece ou perxudica a Cataluña en- teira, coma entidade. Este sentimento parecía ser recollido durante a Primeira Re- pública no que sería o proxecto de Pi e Margall de constitu- ción federal, pero ó non ser promulgada, o malestar comezou a extenderse. O rexionalismo Catalán, o ‘Memorial de Greugues’ Nun inicio o catalanismo sería un movemento cultural e lite- rario de defensa da cultura e tradicións propias. Pero pronto saltaría ó plano político. En 1885, os intelectuais e ricos co- merciantes cataláns quixeron protestar polos considerados agravios (greugues) do centralismo ó propio rei -Afonso XII- durante unha visita a Barcelona. Alí pediuselle nun memorial que se considerara a posibilidade de que existisen corpos legais diferentes dentro do país (acabar co xacobinismo), que os cataláns acadasen certo nivel de autogoberno, recu- perando a ‘Generalitat’ e as cortes, e que se respetasen as particularidades culturais catalanas, pero sen saírse do es- tado español. A morte do rei, pouco despois, deixou en nada calquera movemento neste sentido. Máis adiante (1892), os rexionalistas máis conservadores cataláns firmarán as Bases de Manresa, unha especie de declaración de autonomía, na que esixirían: - Emprego exclusivo e oficial do catalán en cataluña - Unhas cortes estamentais propias - Un poder executivo propio, aínda que dependente da coroa. - Moeda propia Os partidos da restauración ignoraron por completo ó move- mento catalanista e o único que fixeron foi axeitar a política económica do país ós seus intereses. Para ambas partes foi suficiente durante un tempo. O Nacionalismo en Cataluña, o País Vasco e Galicia O xacobinismo Foi a corrente defendida durante a R. Fran- cesa polos Xacobinos de Robespierre. Eran radicalmente igualitarios no legal, lai- cos, uniformizadores e centralistas. Seguindo eses valores, debíase acabar coas particularidades do estado (foros, lin- guas periféricas, dereitos particulares, pri- vilexios...), e as decisións debían sempre tomarse dende o poder central. O Rexionalismo Corrente política do SXIX e XX na que fronte á idea dun estado unitario e centrali- zado (xacobino) sen particularidades, al- gúns territorios demandan a diferenciación propia dunha cultura e identidade históricas e un certo nivel de autogoberno; pero man- tendo a unidade nacional. Tivo bastante forza ata o fracaso da primeira república e o golpe de estado contra a idea dunha constitución federal. Tras deso, as forzas foron paseniñamente mutando en nacionalistas independentis- tas. Postal conmemorativa de los 10 años de la publicación de las bases

O Nacionalismo en Cataluña, o País Vasco e Galicia · O Nacionalismo Catalán O rexionalismo (ver aparte) non acadou un certo nivel de au - togoberno nin de independecia política

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O Nacionalismo en Cataluña, o País Vasco e Galicia · O Nacionalismo Catalán O rexionalismo (ver aparte) non acadou un certo nivel de au - togoberno nin de independecia política

Hai varios factores que desencadean o nacemento do na-cionalismo en Cataluña:- A tradición foral e o recordo do autogoberno. Un desexoancestral de descentralización e de demostración da parti-cularidade catalana.- O rexeitamento ó ‘Panespañolismo’ propio do romanticismoe do liberalismo centralista e uniformizador, enfrontado áscomunidades periféricas con costumes e linguas propios ediferentes do castelán.- A forza nesa época das ideas románticas de nación, raza,lingua, conservación da cultura propia e de idealización dunretorno ás orixes.- A importancia das decisións económicas que toma o go-berno central sobre os niveis de proteccionismo, que dan apercepción de que se favorece ou perxudica a Cataluña en-teira, coma entidade.

Este sentimento parecía ser recollido durante a Primeira Re-pública no que sería o proxecto de Pi e Margall de constitu-ción federal, pero ó non ser promulgada, o malestarcomezou a extenderse.

O rexionalismo Catalán, o ‘Memorial de Greugues’

Nun inicio o catalanismo sería un movemento cultural e lite-rario de defensa da cultura e tradicións propias. Pero prontosaltaría ó plano político. En 1885, os intelectuais e ricos co-merciantes cataláns quixeron protestar polos consideradosagravios (greugues) do centralismo ó propio rei -Afonso XII-durante unha visita a Barcelona. Alí pediuselle nun memorialque se considerara a posibilidade de que existisen corposlegais diferentes dentro do país (acabar co xacobinismo),que os cataláns acadasen certo nivel de autogoberno, recu-perando a ‘Generalitat’ e as cortes, e que se respetasen asparticularidades culturais catalanas, pero sen saírse do es-tado español. A morte do rei, pouco despois, deixou en nadacalquera movemento neste sentido.Máis adiante (1892), os rexionalistas máis conservadorescataláns firmarán as Bases de Manresa, unha especie dedeclaración de autonomía, na que esixirían: - Emprego exclusivo e oficial do catalán en cataluña- Unhas cortes estamentais propias- Un poder executivo propio, aínda que dependente dacoroa.- Moeda propia

Os partidos da restauración ignoraron por completo ó move-mento catalanista e o único que fixeron foi axeitar a políticaeconómica do país ós seus intereses. Para ambas partes foisuficiente durante un tempo.

O Nacionalismo en Cataluña, o País Vasco e Galicia

O xacobinismo

Foi a corrente defendida durante a R. Fran-cesa polos Xacobinos de Robespierre.Eran radicalmente igualitarios no legal, lai-cos, uniformizadores e centralistas.Seguindo eses valores, debíase acabarcoas particularidades do estado (foros, lin-guas periféricas, dereitos particulares, pri-vilexios...), e as decisións debían sempretomarse dende o poder central.

O Rexionalismo

Corrente política do SXIX e XX na quefronte á idea dun estado unitario e centrali-zado (xacobino) sen particularidades, al-gúns territorios demandan a diferenciaciónpropia dunha cultura e identidade históricase un certo nivel de autogoberno; pero man-tendo a unidade nacional. Tivo bastanteforza ata o fracaso da primeira república eo golpe de estado contra a idea dunhaconstitución federal.Tras deso, as forzas foron paseniñamentemutando en nacionalistas independentis-tas.

Postal conmemorativa de los10 años de la publicación de

las bases

Page 2: O Nacionalismo en Cataluña, o País Vasco e Galicia · O Nacionalismo Catalán O rexionalismo (ver aparte) non acadou un certo nivel de au - togoberno nin de independecia política

O Nacionalismo Catalán

O rexionalismo (ver aparte) non acadou un certo nivel de au-togoberno nin de independecia política para Cataluña ó longodo século XIX e foi por iso que deixou paso ó nacionalismo.En Cataluña, dende a Guerra de Sucesión (1700-1714) ,existiu a sensación de que o nacionalismo español (panhis-panismo, ver aparte) trataba de subvertir (alterar para perxu-dicar) a orde e os costumes autóctonos, eliminandoparticularidades políticas (Cortes e Generalitat catalanas) eculturais (ámbitos de emprego do idioma catalán, tradicións)e sustituilas por elementos castelanizantes e centralizado-res.Na década dos 30 e dos 40 do S XIX a vaga nacionalista in-dependentisa que percorría europa prendeu en Cataluña,aínda que a idea expresábase dentro dun movemento des-centralizador e rexionalista, non independentista. O desenvolvemento industrial da década dos 30 e dos 40 doS.XIX deu en unha sensación de que Cataluña era diferentede España ata no económico, proceso que cristalizou co de-sastre de 1898 no que o prestixio nacional viuse moi mer-mado e os cataláns quixeron ver no goberno de Madrid todosos males do estado.Ademais, a chegada de xentes iletradas do resto de Españapara traballar na fructífera industria do algodón, deu unhasensación de necesidade de defensa da identidade nos gru-pos sociais de cartos de Cataluña. Aproveitaban así ade-mais, para marcar a diferencia de estátus social e detradición. A cultura catalana volveuse un símbolo de riqueza,prestixio e estatus social.Ademais, o estado centralizado propio do liberalismo euro-peo tratou de extender a idea de nación unica dende Madrid(como fixeran tamén París, en Francia, Roma en Italia ouBerlín en Alemaña). Para ilo, xerouse unha escola públicaque educaba ás masas na lingua e valores unificadores(moito máis tarde en España, de ahí pode ser que veña oéxito dos nacionalismos periféricos).

A República CatalanaDurante a Primeira República Española, houbo negociaciónspara declarar Cataluña un estado, pero federado, que nonchegaron a bo porto.En 1926, Francesc Maciá tratará de dar un golpe de estadodende Francia para declarar a república independente. En 1931 coa chegada da Segunda República a España, denovo Maciá declara a independencia de Cataluña, pero ape-nas dura tres días. A Generalitat, recén reformada, negociaa súa integración en España mediante un Estatuto de Auto-nomía.En 1934 coa victoria das dereitas, o Estatuto de Autonomíaqueda sen aprobar, o que xenera unha nova declaración deindependencia por parte do presidente da Generalitat, LluisCompanys. Isto foi reprimido militarmente polo goberno.

O Nacionalismo

O nacionalismo é o sentemento (irracionale romántico, non hai probas empíricas) depertenza a unha comunidade e que podeestar vertebrado pola idea de querer estargobernados mediante uns valores encomún (nacionalismo revolucionario-fran-cés) ou definido pola historia, a lingua, oscostumes e a étnia (historicista-alemán). Afinais do século XIX mesturáronse ambascorrentes, favorecidos polos gobernos dasnacións atuais mediante a escola pública.

O Panhispanismo

Corrente ideolóxica, cultural e política quedefende o nacionalismo español. Princi-palmente a idea do panhispanismo é a uni-ficación de todos os territorios onde se faleespañol e a procura do engrandecementoda nación española.O panhispanismo actual, ten unha base pa-cífica e céntrase principalmente na defensada lingua (contra a interferencia do inglésdende EE. UU.), pero os defensores da súarama política creen na eliminación das par-ticularidades lingüísticas e políticas dentrodo estado Español, é dicir, é un naciona-lismo centralista anti-nacionalista peri-férico.

Page 3: O Nacionalismo en Cataluña, o País Vasco e Galicia · O Nacionalismo Catalán O rexionalismo (ver aparte) non acadou un certo nivel de au - togoberno nin de independecia política

A burguesía catalana, os propietarios

Representados historicamente por partidos comaa Lliga Regionalista (1901) e actualmente porPdeCat (Partit Demócrata de Catalunya (2016),anteriormente (1974) Converxencia Democráticade Catalunya, que fora unida a un partido rexio-nalista coma Unión Democrática de Catalunyaformando as siglas CiU ata 2015). Este grupo social é claramente de dereitas, de-sexa o libre mercado, a contención das reivindi-cacións obreiras e a descentralización do poderestatal, en busca dun maior desenvolvemento depolíticas favorables ós seus intereses económi-cos. As capas sociais que o apoian son os co-merciantes, moitos dos campesiños propietariosdo interior (clases medias terratenentes tradicio-nais) e por suposto os industriais das cidades.

O proletariado catalánEn Cataluña existen dúas tradicións políticasdende hai cento cincuenta anos:- A tradición socialista: Defendida por ERC (Es-querra Republicana de Catalunya -1931-); son osrepresentantes do republicanismo socialdemó-crata nacionalista.- A tradición comunista: Representada por ICV(Inisiativa per Catalunya, els Verds). Dende 1936era polo PSUC (Partido Socialista Unificado deCatalunya), e antes co POUM que estudaremosposteriormente, pero que non tiña relevanciacoma nacionalista.

- A tradición anarquista: Representada polasCUP (Candidatura d’Unidat Popular -1979-), de-sexan a formación dunha república catalana edun estado de claro corte social e de esquerdas.

En Cataluña o anarquismo ten unha ampla tradi-ción, foi onde se formou en 1870 a sede da Aso-ciación Internacional de Traballadores (AIT,Primeira Internacional). Aínda que os acordos daPrimeira Internacional de Londres (1864) favore-ceron os plantexamentos socialistas e comunis-tas, o enviado por esta a España foi o anarquistaGiuseppe Fanelli, quen extendeu entre os prole-tarios cataláns principalmente a súa visión domovemento obreiro, que se fixo claramentemaioritaria.

A Descentralización

A toma de decisións dende a chegada dos borbóns aEspaña foi centralizada, quere dicir, que dende unpunto concreto (Madrid) e dunha autoridade única (acoroa ou o goberno) se tomaron todas as decisións queabranguían ás diferentes áreas do país. A descentralización defende que certas ou todas asáreas de decisións se acheguen máis ó cidadán, e quese tomen as decisións dende os distintos territorios oucomunidades cun crecente nivel de autogoberno.Os foros vasco-navarros foron os últimos restos de res-peto ás particularidades e os privilexios de algunha co-munidade dentro do estado. Tras da Terceira GuerraCarlista (1872/76) desaparecerán os foros e nacerá oconcerto económico, que con variacións aínda está vi-xente e que permite a Euskadi tratar coa facenda na-cional a súa aportación ó erario público.

O Nacionalismo Vasco

A entidade política vasca foi perdendo atribuciónscoa chegada primeiro dos borbóns centralizadores(pero que respetaron os fueros e os privilexios fis-cais) e logo do liberalismo (que trataron de uniformi-zar legal e fiscalmente todo o territorio).Durante a maioría do século XIX o movemento vascoatopou a súa expresión mediante o carlismo. Perotras da última guerra (1876) os herdeiros da tradicióndescentralizadora e particularista de Navarra e deEuskadi acabaron por facer súas as teses do nacio-nalismo de Sabino Arana e o seu partido, o PNV.A chegada de miles de inmigrantes castelanoparlan-tes, e a diferencia social entre os ricos naturais dolugar (ou por seren propietarios de terras ou porseren industriais) e os pobres chegados de fora xe-raron tensións culturais e de clase (era de pobres sófalar castelán; ter apelidos vascos era propio dexente de boa familia...).Ademais, unha particularidade do nacionalismovasco é o seu extremado carácter católico, que o

facía enfrontarse moitas veces ó movemento obreiro,que é case por definición anticlerical.Coa Segunda República, comezouse a negociar unEstatuto de Autonomía que recollía parte das peti-cións vascas, coma un autogoberno e que se respe-tase o concerto económico coa facenda estatal. Estedocumento será aprobado (1936) meses despois doinicio da guerra civil.

Árbore de Guernica, onde se xura respetaras tradicións vascas.