32
P e r f i l Revista do IES de Teis nº 11 – 2010 Ano Novoneyra

Perfil, número 11

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Revista escolar del I.E.S. de Teis (Vigo)

Citation preview

Page 1: Perfil, número 11

P e r f i l Revista do IES de Teis nº 11 – 2010

Ano Novoneyra

Page 2: Perfil, número 11

2

PERFIL número 11

Depósito legal: PO-139-96

Coordinan Pilar Alonso

Xesús Carballo(EDNL)

Portada Hélêne

Editorial

Mitofauna Alberto Freitas,Jonathan dos Santos,Raquel

Rodríguez Maribel Arizaca Gastón Rivero

Poesía Raquel,Jonathan, Gastón,Alberto, Cristian

JoséAlonso, Daniel Lemos

Natalia Carrillo, enxeñeira alimentaria Sabela, Marta, Natalia (1º CSE)

Peiteados e maquillaxes na historia Departamento de Imaxe Persoal

Trofeo Colorart de L’Oreal Departamento de Imaxe Persoal

Educación Plástica e Visual Alumnos de 4º A

Excursión de 1º Bacharelato Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

12 de maio Día Escolar das Matemáticas Andrea Piñeiro

28 de maio IES Teis

Feira do 25 aniversario do Ies de Teis Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Viaxe a Barcelona Uxía Martínez, Estrela Rivas

Fantasma Inés

Liquidación por reformas Francisco Sobral

A danza Jennifer G. Peleteiro

O día que sacas o carné Lubiáns

Xeroglíficos Uxía e Estrela (4ºA)

Diferenzas Manuel,Carla (4º B)

Debuxo Daniel Rouco

Contraportada 3ºB

Foto Demetrio Monteagudo

Ano escolar 2009-2010

Page 3: Perfil, número 11

3

PÓÑAME... TANGO E UN CUARTO, POR FAVOR

Volvo outro ano ás vosas mans. Ás veces, o máis importante é volver, sinxelamente. Pero este curso carrexa unha emoción especial para min, porque xa son unha revista case que adolescente de doce números (o cero tamén o conto) e, sobre todo, porque o meu benquerido instituto celebra o vixésimo quinto aniversario. Se como reza o tango vinte anos non é nada, vinte e cinco será aínda menos. E ese suspiro de vida pasou por moitos dos que frecuentan o centro deixándolles de agasallo tempas prateadas e descaradas alopecias. Tamén este tango pasou por ti, instituto benquerido. ¿Ou pensas que non se che nota nas tellas e mais nais xuntas de dilatación? Aínda que -dispénsame se cho digo- sempre fuches feo. Miles de días contemplando a túa fachada non me arrombaron o pensamento de que o arquitecto que te deseñou perdeu o gusto na boca dalgún sumidoiro. Ben pensado, na cuestión estética segues unha vellísima tradición do país. Para a escola sempre se escollía a peor construción da parroquia; houbo tempos en que ata un cortello servía, e aínda grazas. Non te atristes, pois, por te teren metido nun fondal nin te estrañes de que os veciños pensasen que eras unha fábrica ou se achegasen pola túa conserxería para pedir vez para o médico de cabeceira cando trouxeron o ambulatorio para aí ó lado. Retrúcasme con que a estética é un detalle menor, que o que importa é a vida interior. Se cadra tes razón, pero que non te oia quen se ocupa da imaxe persoal. Vida interior xa tes moita. Nas túas paredes gardas a calor de varias xeracións e as testemuñas gráficas dalgún artista espontáneo. E se tiveres ollos recoñecerías caras noviñas que se asemellan a outras que o foron noutrora, porque xa resoan nas túas aulas os gritos algareiros de fillos dos teus antigos alumnos. É o tango da vida. Boa parte dese tango podes velo reflectido nas miñas páxinas. Retiro o de feo. Deixémolo en que tes unha estética minimalista, como a que recolle ese retrato que che fixeron os de terceiro de ESO e que eu luzo fachendosa na contraportada. Escápanseme os detalles técnicos, pero salta á vista que a obra reve agarimo. Que teñas un feliz aniversario, amado instituto. E cando chegues ós cincuenta, a túa revista Perfil espera seguir contándoo. Ben sabes que só penso en ti.

Page 4: Perfil, número 11

mitofauna

4

Alberto Freitas Fernández Ten un gran pescozo. O seu cu polas noites desprende unha luz verde fosforescente. É de cor laranxa agás o seu cu que é negro. Vive en zonas con moita herba. Comunicase co resplandor de cor verde do seu cu coma se fose un código morse. Aliméntase de bichiños pequenos e das follas das árbores máis altas. Ten unhas ás moi grandes, maiores cas da ave máis grande do mundo, para chegar as follas das copas das árbores. Tamén ten catro ollos, dous diante e dous detrás.

Jonathan dos Santos

É un can con as de paxaro. Vive no alto das montañas. Aliméntase de carne: oso,

miñoca,...Gusta de voar polos ceos e xogar coas

persoas. Fai todo o que un can normal

fai.

Page 5: Perfil, número 11

mitofauna

5

Raquel Rodríguez Iglesias O cocorafa é un animal de cor medio alaranxada con tons louros. Ten unha pel escamenta e unha boca moi grande chea de dentes. As súas patas son moi curtas ó contrario do seu rabo É típico da fauna galega, atopámolo na zona do sur, en Pontevedra e Ourense. É moi sociable, case coma un animal doméstico. O problema é que se alimenta das hortalizas que cultiva a xente nas súas hortas. Non soen atacar, pero non hai que esquecer que son animais salvaxes e poden ser moi feroces se se intentan botar fóra da horta. Desprázanse coa axuda do rabo, xa que teñen as patas tan curtas que non resisten o seu peso, que pode chegar a trescentos quilos. É un animal ao que moitos acusan de racista porque ataca a xente de pel escura ou negra. Din que lles teñen medo porque os botaron das súas terras Case tódolos nenos que posúen unha horta na súa casa teñen como amigo un cocorafa, pois encántanlle os rapaces. Tense dado o caso de rapaces que mesmo xogan con el ao fútbol. Ultimamente o cocorafa está emigrando ao sur de Portugal porque aquí a xente bota demasiados produtos tóxicos e eles non os soportan, sen embargo no sur de Portugal hai moitas hortas que poderiamos chamar ecolóxicas porque non utilizan produtos que danen a terra e o cultivo, como os pesticidas.

Page 6: Perfil, número 11

mitofauna

6

Maribel Arizaca Este animal coñecido como ``Porvaticorlla´´ é moi perigoso aínda que aparenta ser un bo animal.

Vive cerca dos bosques húmidos, torturando a xente que pasa por alí, aliméntase dos pensamentos e sentimentos das persoas solitarias e débiles, vanos consumindo pouco a pouco coa súa mirada ameazadora. Este animal máxico só pode morrer cando lle quitan o corno da cabeza, pero non é nada fácil...

Gastón Rivero O hiporrata é pouco común na fauna galega. É un animal moi temible xa que é moi grande e pesa toneladas.Ten fortes dentes cos que pode matar, unha trabadela é suficiente.Ten unha rabo moi longo e gordo para aplastar

a súas presas pequenas, especialmente ao xiralume. Uns din que xa hai tempo que deixaron de existir pero a xente nas aldeas di que aínda non hai moito que o viron e que a miúdo se sente pola noite.

Page 7: Perfil, número 11

poesía

7

O meu avó

O meu avó

Come sandía,

Aínda que o seu

Médico lle diga

Que non a coma

Todos os días.

Raquel

AVÓ Cando eu era un neno ti ensinábasme as

cousas boas

que había no mundo, o respeito , a amizade.

Cando non estou preto de ti

ti pensas que me pasou algunha cousa,

un día quero ser coma ti

con respeito,

con amor

Es o home da casa

tes moita intelixencia

ti es o mellor

Jonathan

AVÓ

Nos teus ollos a dozura do tempo

mira con amor o camiño andado,

no teu rostro reflíctese

o cariño de quen te quere,

quero ser coma ti

cando

me chamen avó.

Gastón

OS NOSOS AVÓS

Os que temos a sorte de estar con eles

somos afortunados.

Digo esto porque pasan moito

tempo connosco.

Xogan, cóntannos historias,

dannos de comer

e moitas máis cousas.

Hai avós que coidan de nós

coma as propias nais.

Temos que respectar os avós

porque son todo tenrura, ledicia e amor.

Alberto

Recordando a Celso Emilio

MONÓLOGOS DO ESTUDANTE

Agora tomo o sol. Pero até agora

traballei nove meses seguido sen sosego,

comín o bocata estudando día a día

nun estudar arreo.

Gastei o tempo cos deberes,

pasou o curso, chegaron as vacacións.

Deille ao meu cerebro o saber dos libros

e o que me ensinaron os mestres.

Os meus mestres están orgullosos de min,

eu por eles, estou pregando.

Ben pensado, os mestres nada me deben.

Eu débollo todo,

Agora tócame gozar o verán.

Por fin podo descansar. Pero até agora

estudei durante meses sen sosego.

Merendei mergullado nos libros

neste curso esgotador.

Gastei o tempo cos deberes das tardes,

pasaron os meses, chegou xuño.

Deille ao estudo o meu esforzo

e o meu tempo.

Agora podo descansar neste verán,

sen preocuparme por estudar

Daniel Lemos

José Alonso Sánchez

Page 8: Perfil, número 11

poesía

8

QUERER

¿Que é querer?

Querer é o que eu

sinto por ti…

Sei que te quero

porque cada vez

que pasas por

diante miña,

alégrasme o día.

Porque se non te vexo

penso que che pasou algo…

Porque non podo

parar de pensar

en ti, e se o fago

é porque

estou contigo

Quérote meu amor.

Raquel

CORRER

Eu corro por Redondela

e ti corres por Chapela.

Eu corro só por Redondela

e ti acompañado por ela.

Cando pola praia vou correr

auga fresca teño que beber.

Cando vai moita calor

non vou correr

porque así

aproveito a ler.

Alberto Freitas

ESTAR

Estou libre para ver,

mais aló de cada persoa,

e do corazón o amor xurdirá...

Estou libre para ir,

e os dous poder rir,

e bailar ao compás co sol...

Estou libre para amar,

e poder xuntos cantar,

chegará o noso momento para

falar...

Estou libre para escoitar,

nunca máis me impedirán,

oír o que eu queira oír..

Hoxe,

quero que saibas que xa,

non podo quererte máis,

Xuntos imos bailar,

este vals que sentiras,

e no corazón o amor xurdirá...

Estou libre para ir,

hai que aprender a compartir

os soños que hai en ti...

Estou libre xunto a ti,

xuntos imos chegar

e xuntos camiñar

Cristian Roca Pereira

Page 9: Perfil, número 11

Imaxe persoal

9

Espaguete de mar

Musgo de Irlanda

Natalia Carrillo, enxeñeira alimentaria visita o noso instituto Sabela Fernández, Marta Martínez, Natalia Rey e Blanca Taboada. 1º CS Estética Diúrno

O pasado 25 de marzo, dentro das

Xornadas Técnicas celebradas con motivo do XXV aniversario do instituto, Natalia Carrillo introduciunos no mundo das algas“A importancia das algas na dieta”.

Tomou como punto de partida unha introdución histórica onde nos revelaba a utilización das algas nas vilas costeiras do mundo para evitar enfermidades como o escorbuto (provocado pola falta de vitamina C) en mariñeiros embarcados en longas travesías. Foi unha charla didáctica e en todo momento amena e moi interesante para todos. Falounos, entre outras calidades, da súa riqueza en proteínas, mucílagos, oligoelementos e vitaminas, o seu baixo contido calórico, o seu efecto saciante, e que incluso que nos axudan a baixar o colesterol e a controlar a presión arterial; o cal levou ao ser humano a incluílas na alimentación.

As algas seguen os seus ciclos naturais sen necesidade de ser sementadas, transplantadas, estercadas, regadas, nin tratadas con pesticidas. Son as verduras do mar e posúen unha gran cantidade de propiedades. Pódense clasificar tendo en conta o seu tamaño (microalgas e macroalgas) ou segundo os pigmentos que as constitúen (verdes, marróns vermellas e azuis).

Entre as algas marróns encontramos o

Kombu con alto contido en I, K, Ca, Mg e ácido glutámico que abranda as fibras dos legumes e doutros alimentos reducindo o seu tempo de cocción, ao tempo que aumenta o seu sabor e a súa dixestibilidade; utilízase en dietas de

adelgazamento, é desintoxicante, reduce o colesterol, regula a presión arterial, ... O Wakame é rico en vitaminas, minerais e oligoelementos (B1, B2, B12, Mg, Na, K, Ca e P), contén ademais todos os aminoácidos esenciais, reduce o colesterol, axuda a previr enfermidades como o cancro e favorece a absorción de calcio. O Espaguete de mar, cun alto contido en Fe, K, Na, P e vitamina C, posúe propiedades antioxidantes e analxésicas. E por último o Hijiki que se utiliza polas súas propiedades antioxidantes.

As algas verdes son ricas en vitaminas do grupo B, especialmente B12 cuxo déficit é característico en dietas vexetarianas. Entre elas encontramos a leituga de mar que se adoita usar como condimento debido ao seu intenso sabor.

Algas vermellas son a Carriza de Irlanda con sales minerais, proteínas, ácidos graxos e vitaminas B1 e B2, efectiva contra o estreñimiento e con

efecto saciante; o Nori, usado no Sushi para o enrolado, é rico en vitaminas do grupo B (principalmente B12), taurina, e unha substancia que combate a acidez estomacal; e o Dulse que contén altos niveis de vitamina C e provitamina

Page 10: Perfil, número 11

Imaxe persoal

10

As microalgas como a Spirulina e Chlorella utilízanse en estados carenciales, desnutrición, etc. xa que conteñen unha gran cantidade de proteína, vitaminas e

minerais. Hai que dicir que das algas se extraen

substancias espesantes (agar, alginatos e carragenatos) presentes en gran cantidade de alimentos de fabricación industrial, medicamentos, cosméticos, etc.

Ningunha de nós podía imaxinar o sinxelo que é incluír as algas na nosa dieta, xa que podemos engadirllas a calquera prato: unha ensalada, arroz, tortilla, aos legumes, a un revolto... Un simple toque que non nos suporá apenas esforzo pero enriquecerá a nosa alimentación en tódolos sentidos.

No mercado podemos atopalas facilmente e de múltiples formas: deshidratadas, en folerpas, ao natural e incluso formando parte das conservas máis tradicionais como as de mexillóns e de pratos xa elaborados.

Agora que sabemos todo isto non temos escusa para non achegarlle ao noso organismo todos os nutrientes e minerais diarios que necesita, grazas a estes

verdadeiros tesouros mariños e por suposto a Natalia, que ampliou os nosos coñecementos culinarios sobre este mundo que acabamos de descubrir.

Natalia Carrillo é unha muller admirable porque transmite con paixón e contáxia o seu entusiasmo polo que tan estraño parecía. Entregounos moito máis do que se esperaba dela. Esperabamos unha charla e recibimos charla e festín. Sorprendeunos agasallando a unhas estudantes cun desfile interminable de diferentes pratos elaborados coas súas propias mans; empanada, pizza, croquetas, quiche, mexillóns, berberechos,

xelatina... o ingrediente común, por suposto, era ese

marabilloso froito do mar que a partir de agora nós tamén saberemos apreciar.

Sentimos o seu trato próximo, como cando alguén nos invita á súa casa ou intercambias teléfonos con xente que che interesa; démoslle os nosos correos electrónicos e en breve recibimos máis información sobre o tema do que ela sen dúbida é unha experta. Non só nos deu unha charla senón unha lección maxistral do “saber facer” dunha gran profesional. Esperamos que na nosa carreira que agora se inicia atopemos polo camiño a moitas “Natalias” que nos contaxien o seu entusiasmo e sexan un exemplo máis a seguir.

Grazas Natalia

Page 11: Perfil, número 11

Imaxe persoal

11

Loly Rozados, Soli Ferreira, Amparo Valiñas e Esther Veiras

Departamento de Imaxe Persoal do IES de Teis

O pasado día 24 de

febreiro o

departamento de

Imaxe Persoal do

IES Teis celebrou

unha demostración

de Peiteados e

Maquillaxes na

Historia, enmarcada

dentro das

actividades para

celebrar o 25º

aniversario do IES

de Teis.

Os traballos foron

desenvolvidos por

alumnas e alumnos

dos cursos de CM

Perruquería e CM

de Estética Persoal Decorativa, diúrno e adultos,

así como alumnado doutros ciclos que serviron

de modelos, coordinados polas profesoras do

departamento. Mesmo colaboraron as nais e as

profes na elaboración dos vestidos e

complementos.

Nesta demostración presentáronse modelos e

estéticas de distintas épocas, de festa e dos

últimos movementos urbanos.

A moda como concepto actual non se coñece ata

o século XX. Tódalas modelos presentadas nesta

demostración representan a personaxes históricos

que pertenceron ás clases sociais altas, porque o

pobo só podía pensar en subsistir e as súas

vestimentas servían para se tapar dos rigores do

clima.

O peiteado e a maquillaxe representaron ao

longo da historia un ideal estético e tamén un

símbolo de dignidade e estatus social do

individuo.

Exipto Os exipcios eran bos comerciantes e coñecían

e empregaban moitos cosméticos e artigos de

beleza.

A época está representada por Marco

Antonio e Cleopatra. A raíña de Exipto

seduciu a Marco Antonio. Casaron, tiveron

fillos e finalmente ambos os dous

suicidáronse ao perder a guerra contra

Roma no ano 31 a.C.

A través dos seus peiteados, roupa e

maquillaxe decatámonos de que os

exipcios posuían unha sociedade moi

xerarquizada en castas. Inventaron as

perrucas e as tinturas; os faraóns marcaban,

xeralmente, as tendencias da moda, que

reflectía a clase social á que pertencía.

No imperio novo produciuse un

refinamento na roupa masculina e

principalmente na feminina que chegou a

resaltar os seus corpos con teas plisadas,

suaves e transparentes.

En estética os exipcios crearon de xeito

primitivo a maioría dos utensilios de

maquillaxe que empregamos na

actualidade. As mulleres aclaraban a pel

con ocre amarelo, empregaban kohl negro

ou po de malaquita verde. Pintaban os

beizos e uñas de color carmesí.

Page 12: Perfil, número 11

Imaxe persoal

12

Grecia

Os gregos converteron o culto á beleza nun dos

alicerces da súa cultura.

Posuían unha estética innovadora que

diferenciaba o peiteado masculino do peiteado

feminino, ambos os dous con liñas suaves e

elegantes con predominio das ondas e rizos que

enmarcaban o rostro.

Os escravos procuraban manter fermosos os

peiteados dos seus amos.A cultura grega

achegou o concepto dos salóns de beleza nos que

amañaban as cabezas máis selectas.

Época romana

A moda de Roma tiña moitas influencias de

Grecia nos rizos, nas ondulacións, etc...

Procuraron o xeito de clarearen os cabelos para

deixalos louros e confeccionaron postizos e

perrucas. As xoias máis empregadas eran o ouro,

a prata, o carei e unha variedade de pedras

preciosas.

Esteticamente os romanos clareaban a pel coma

facían os gregos pero cun ton máis rosado.

Aplicaban feluxe, é dicir, substancias das rochas

de carbono, en pestanas e cellas, usando colorete

e lunares postizos.

Idade Media

Na Idade Media temos uns 1000 anos onde

predominaba a sociedade campesiña, con falla de

recursos e austera, moi controlada pola relixión,

de aí que os adornos e a coquetería non tivesen

cabida. Só a corte e os señores feudais mantiñan

un certo nivel estético.

Esta época está representada pola raíña Clotilde

con longas trenzas: o cabelo ía entretecido e

cruzado; este era tamén o peiteado das clases

baixas.

Dentro da estética as mulleres estaban

obsesionadas por luciren unha cute branca polo

que utilizaban arxila branca ou xiz disolvida en

vinagre. Tamén aplicaban sambesugas na pel. As

meixelas e labios pintábanse de vermello, e as

cellas con formas finas e arqueadas;

abrillantaban os labios con mel para darlles

volume.

Renacemento.

Porén nos séculos XV e XVI co

Renacemento a situación comezou a

cambiar; recuperouse o culto á beleza

persoal.

A corte irradiaba moda, renacen os

toucados e as ideas de Grecia e Roma. As

novas clases urbanas podentes empregaban

redes, coroas, xoias, etc.

Italia era o foco da moda pero dentro do bo

gusto e sen estridencias, no que primaba a

elegancia do peiteado e do vestido.

No século XVI destaca pola súa elegancia

outra raíña: María Estuardo de Escocia.

Nesta época respéctanse os volumes e a

altura do toucado combina con perlas e

adornos.

O máis destacado da estética é que a finais

do século algunhas mulleres afeitábanse as

cellas e a fronte imitando ás esculturas

clásicas. No século XVI comezan a

peitearse con raia ao medio e o peiteado

liso cara atrás.

En canto á maquillaxe, as mulleres

desexaban resaltar sutilmente a beleza

natural usando pos brancos, mentres que a

sombra de ollos non era tan habitual.

Tamén pintaban lunares negros.

Page 13: Perfil, número 11

Imaxe persoal

13

Século XVIII

Avanzando no tempo chegamos ao século XVIII.

España perde o seu poder político e agora

Francia será o centro e a vangarda de Europa. O

rei, a corte e a alta burguesía eran os

protagonistas.

Luís XIV introduciu as perrucas (para cubrir a

súa incipiente calva) e posteriormente o uso da

perruca alongada difundirase por toda Europa.

Pero o esplendor das festas e protocolos chegará

no reinado de Luís XVI e María Antonieta

(representantes desta época na demostración). A

pomposidade e a esaxeración do Barroco chega

ao seu cume. Foi unha época de volumes

esaxerados que, ás veces, chegaban ao metro de

altura.

A beleza dos peiteados realzábase con adornos

singulares coma maquetas de barcos, gaiolas de

paxaros, perlas, plumas... todo valía para

embelecerse.

Na pel continúase empregando pos brancos e

rubor nas meixelas, colorete e carmín nos labios.

O olor corporal disimulábase con perfume.

María Antonieta estableceu a moda das esencias

lixeiras; as súas favoritas eran a violeta e a rosa.

Século XIX

Semella que despois de tanta fastosidade o

século XIX achega recollidos moi vistosos pero

non tan elaborados.

A burguesía chegaba a ter perruqueiros que se

desprazaban ás casas dos seus clientes, e mesmo

había artesáns especializados na confección de

perrucas. Os moños máis sinxelos completábanse

con sombreiros máis ou menos vistosos, ademais

de flores e outro adornos.

Na estética volve a hixiene persoal e promóvese

o uso de xabóns e augas florais. Esta tendencia

naturalista abrirá as portas á tendencia romántica

na que se amosa un rostro enfermizo e con

olleiras. O rostro ilumínase con tons amarelos,

azuis e verdes.

Máis adiante volverá a muller repoluda e

saudable. Volve o colorete, píntase a raia dos

ollos e para dar brillo e adherencia ao cabelo

usaban brillantina.

Século XX

Despois deste longo percorrido histórico

chegamos ao século XX. Os cambios serán

radicais no social, político, cultural,

económico, etc., e aumentarán aínda máis

co paso do tempo.

Os medios de comunicación, o cine, a

televisión e a publicidade idealizarán un

prototipo de muller que cambiará en cada

década.

Na demostración, estes cambios reflíctense

nun novo estilo denominado garçon: a

muller corta o cabelo por vez primeira.

Nace un vangardista estilo moi cómodo e

práctico para unha nova muller que

comeza a traballar e vivir de xeito

diferente. Josephine Baker levarao

bailando no Folie Bergére de París en

1926. Será elemento estético propio nun

novo baile frenético e alegre que nacera

como danza folclórica negra nunha cidade

de Estados Unidos en Carolina do Sur que

dá nome ao baile: o charleston.

Pero despois de tanta festa e alegría dos

“tolos anos 20” chegaron a terrible guerra

civil española e a segunda guerra mundial.

Nos anos posteriores a moda sufriu unha

pausa e podería definirse como monocor,

utilitaria, sen artificios nin excesos. Só en

Estados Unidos as ondas que levaban

actrices importantes como Verónica Lake

fixéronse famosas, pero en Europa os anos

eran grises.

Como “non hai mal que centos de anos

dure” fóronse impoñendo as modas e

modelos americanas; a influencia proviña

do seu cine e de Hollywood e así, nesta

demostración reflíctese nas en modelos

coma Marilyn Monroe e Audry Herpburn.

A mítica Marilyn Monroe é a muller loura

máis famosa de historia, porén o seu

cabelo era castaño. Tivo milleiros de

seguidoras no mundo enteiro. Na

demostración preséntase coa famosa

vestimenta da película “La tentación vive

arriba”.

A cinematografía en 1961 deixounos para

a posteridade a inefábel, a exquisita, a

glamourosa Audry Herpburn na súa

Page 14: Perfil, número 11

Imaxe persoal

14

inesquecíbel actuación en “Almorzo con

diamantes” onde a elegancia era a súa tarxeta de

presentación.

O mundo da estética tamén se revolucionou. A

muller comeza a facer deporte, nacen os centros

de beleza, a cirurxía estética e o bronceado da

pel imponse sobre a brancura. A partir dos anos

30 aparecen diversidade de cosméticos de

maquillaxe, depílanse as cellas e debúxanse con

forma de arco. A muller comeza a utilizar a

maquillaxe para disimular olleiras e rictus.

Estéticas urbanas

A continuación preséntanse ás representantes das

novas estéticas urbanas, manifestacións estéticas

comúns a todas as urbes do mundo. Algúns

exemplos son:

Pin-Up: Retoman o estilo dos anos 40, moi sensuais,

beizos vermellos, pestanas que chegan ao ceo e

un cabelo sensualmente ondulado.

Góticos: Levan roupa negra combinada con cores

vermellas e violetas.

Usan cadeas, colares con puntas, crucifixos.

Aman a noite, algún identifícanse co mundo do

vampirismo.

O seu cabelo é longo, negro e liso. Os mozos

lévano moi longo o moi curto.

A cute é pálida, ollos enmarcados e negro,

vermellos ou

violetas.

Emos: Pásanlle o ferro ao

cabelo e pintan os

ollos de cor escura

ao estilo gótico.

Acostuman levar

mechas de cores e ir

vestidos de negro.

Son persoas

emocionais e

difíciles de

integrarse

socialmente.

Estilos para eventos e actos sociais

Na parte final do desfile, presentáronse

distintas ideas para asistir a algún evento,

cerimonia nupcial, etc.

En primeiro lugar presentouse un traxe de

cóctel e un peiteado moderno, cómodo e

sinxelo de levar.

Deseguido, outro xeito de ir convidada a

unha voda que se celebra polo serán.

A continuación amosouse a estética dunha

modelo romántica, sinxela, cómoda con

estilo eivisenco, que ven podería pasar por

unha noiva dunha tarde de verán.

Porén, diariamente andamos ás présas e

pode ocorrer que teñamos que traballar ata

o último momento de entrar na nosa propia

voda, e iso ocórrelle a modelo seguinte

(que entrou falando polo móbil coa alcalde

que a ía a casar). O estilo é moi actual,

cómodo e atrevido, con certeza que non

gastou centos de euros no traxe.

E xa por último imitando ás famosas

pasarelas, presentouse a una parella de

noivos. Elegantes, nerviosos... e moi ledos.

A demostración e desfile rematou con

tódalas modelos coas súas maquilladoras e

peiteadoras no escenario, con moita festa,

moitos aplausos e moitas fotos. Foi unha

celebración moi leda e con ganas de

repetir...

Page 15: Perfil, número 11

Imaxe persoal

15

TROFEO COLORART DE L’OREAL Este trofeo forma parte do proxecto APRENDER +, que é un convenio entre a Consellería de Educación e a empresa L’Oréal. L’Oreal imparte tódolos anos un curso de formación no IES de TEIS cunha duración de catro días. Como final do proxecto celébrase o Trofeo ColorArt. Este ano realizouse o evento no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra o día 4 de maio. Participaron dez centros públicos de Formación Profesional da especialidade de Perruquería de toda Galicia, dos cales competiron neste trofeo oito centros con dúas alumnas cada un deles. Os traballos realizados polas competidoras foron: un corte con coloración e un traballo artístico de fantasía.

As participantes do IES de Teis de 2ºCMPD foron: Lucía Devesa Casal, que realizou un traballo artístico e de fantasía. Miguel Silva Caamaño, que realizou corte e coloración Os centros premiados son: 1º Premio: IES do Barco de Valdeorras. 2º Premio: IES a Piringalla de Lugo. 3º Premio: IES de Someso de A Coruña.

¡¡(ORABOA!!

Departamento de

Imaxe Persoal

Page 16: Perfil, número 11

Imaxe persoal

16

Page 17: Perfil, número 11

Imaxe persoal

17

Page 18: Perfil, número 11

viaxes

18

Excursión de 1º de Bacharelato a Excursión de 1º de Bacharelato a Excursión de 1º de Bacharelato a Excursión de 1º de Bacharelato a

Caldas e CatoiraCaldas e CatoiraCaldas e CatoiraCaldas e Catoira Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

O xoves 25 de marzo os alumnos e alumnas de Ciencias para o Mundo

Contemporáneo fixeron unha saída para o estudio de recursos, riscos e impactos nas

zonas do Ulla e Umia. Foron acompañados polas profesoras Cristina Fernández e

Alicia López.

Entre os recursos naturais aproveitados na zona destacaba o aproveitamento

eólico, tanto en muíños de ventro tradicionais como en aeroxeneradores, especialmente

na zona de Catoira. De cotío tendemos

a pensar que iso dos muíños de vento é

algo que existe noutras zonas lonxanas

como Holanda , A Mancha...Pero a

realidade é que nas Rías Baixas é unha

construcción tradicional frecuente,

certo que cunha fisionomía diferente á

dos muíños doutras zonas. Neste caso

son edificacións baixas, de planta

circular e tellado de tella do pais con

dúas augas. Os da localidade de

Catoira son dos mellor conservados na

comarca. A abundancia destas

construccións está relacionada co aproveitamento potencial dos ventos do Oeste, os

mesmos que agora fan favorable a instalacións de parques eólicos. A gran diferencia é

que antigamente a explotación era para ter enerxía mecánica para moer o gran a

pequena escala, e agora cos parques eólicos a enerxía mecánica queda transformada en

enerxía electrica. Pero non é esa a única diferencia, xa que as construccións tradicionais

quedan perfectamente integradas na paisaxe, cousa que non se pode dicir dos actuais

parques eólicos.

Outro

recurso que se

explota na bisbarra

é a enerxía

hidráulica.

Exemplos destes

aproveitamentos

puidemos

observalos nos

restos de

minicentrais

eléctricas e muíños

tradicionais de auga,

en concreto no lugar

de Segade (Caldas).

Alí o río Umia

forma unha

Page 19: Perfil, número 11

viaxes

19

ferevenza, o que fai que as condicións de aproveitamento da enerxía da corrente sexan

moi favorables. Na foto que sacamos de grupos pode verse a fervenza ao fondo, e as

ruínas de minicentral eléctrica á esquerda da imaxe.

No apartado de impactos puidemos observar en primeira liña os desmontes que

se están a facer para os accesos do AVE, na liña Vigo – Santiago, dende o outeiro dos

muíños de Catoira.

Lamentablemente, non foron os únicos efectos negativos no entorno que

atopamos nese día, xa que tivemos ocasión de ver en Caldas e Segade os efectos dos

verquidos non depurados das augas á corrente, ademais da perda de biodiversidade nas

ribeiras cando se urbanizan e canalizan.

Unha das cousas que tratamos de aprender na materia de Ciencias para o Mundo

Contemporáneo é a importancia dunha xestión sustentable do entorno, para nós na

actualidade, e para as xeracións futuras. Esa boa xestión pasa por coñecer os recursos,

facer un uso racional deles e non ocasionar impactos na súa explotación, ou correxilos

ao máximo. De momento parece que as nosas empresas e gobernos non miran máis que

ao rendemento económico inmediato sen importarlles os impactos. Esperemos que nun

futuro próximo isto deixe de ser así.

Page 20: Perfil, número 11

celebracións

20

Celebramos este ano no IES de Teis a undécima edición do Día Escolar das Matemáticas cunha representación teatral a cargo dos alumnos de 1ºESO. O 12 de maio é a data de nacemento do matemático Pedro Puig Adam (Barcelona,12/05/1900) A iniciativa de adicar un día escolar ás matemáticas naceu no 2000, Ano Mundial das Matemáticas. A peza teatral Primeira hora, clase de matemáticas fai un paseo polas anécdotas máis cercanas aos alumnos da ESO: a fórmula da suma de “n” termos consecutivos dunha progresión aritmética que descubriu Gauss con nove anos; porque non hai premio Nobel nesta materia e cal é o premio equivalente Medalla Fields. Todo isto nunha improvisada clase na que os alumnos se queixan a mestra de que non queren traballar, que prefiren falar de cousas curiosas. A segunda parte da peza, trata sobre o día escolar das matemáticas.

• 2000: Pon un Poliedro no teu centro • 2001: Constrúe un reloxo de sol • 2002: Alicia e Gulliver, do grande ao pequeno • 2003: A Rosa dos Ventos • 2004: Froitas e Matemáticas • 2005: Don Quixote e as Matemáticas • 2006: Arte e Matemáticas • 2007: Paz e Matemáticas • 2008: Música e Matemáticas

• 2009: A cidade e as Matemáticas • 2010: Prensa e Matemáticas

A mestra explica a relación que ten a quinta sinfonía de Beethoven co número áureo, a forma de corpos de revolución que teñen as distintas froitas, como aparecen as matemáticas na Mona Lisa ou na construción de Nôtre Dame. Despois nun paseo pola nosa cidade, Vigo, atopamos paraboloides elípticos, pirámides cuadrangulares, dodecaedros xigantes, rectángulos, círculos,... E por último, a Prensa e as Matemáticas , noticias moi curiosas como as seguintes:

Page 21: Perfil, número 11

celebracións

21

IES TEIS Na porta exterior hai un

cartel que anuncia un concerto rock e

o programa das actividades do día.

Aparentemente todo está tranquilo,

pero nada máis entrar atopámonos cunha imaxe inusual: dúas mozas

pintan o edificio protexéndose

baixo un parasol dos rigores dun

día estival. Rótulos e banderiras proclaman o acontecemento. Na

entrada dannos a benvida dúas

alumnas do centro con dous

sorrisos e un mundo de profesionalidade no seu haber.

Aínda non nos afixemos á

penumbra interior e xa vemos unha mostra do que nos espera: unha

mascota electrónica amosa as súas

capacidades motrices e sensitivas.

Mesmo parece que entende. A medida que baixamos as escaleiras o balbordo

vai en aumento. Soan gaitas e

panderetas. A feira é un lenzo

multicolor, ateigado de xente e un lenzo multicolor, ateigado de xente e

frenética actividade. Algúns páranse a

intentar solucionar quebramentes

matemáticos, outros observan o proceso de extracción do ADN da

cebola, hai quen se entretén con

enxenios tecnolóxicos e os hai que

prefiren resolver algunha incógnita en lingua estranxeira para poder degustar

unha galleta. Acó forofos

informáticos, enganchados á rede,

acolá tolos pola moda, namorados da estética. Uns curiosos, outros

sorprendidos, case todos fascinados.

Saímos para fóra, cara as pistas,

onde se están a realizar competicións e demostracións deportivas. Nun

recuncho algunhas voluntarias venden

camisetas. A visita das autoridades

causa certa expectación, pero todo o

mundo actúa con normalidade

intentando dar o mellor de si mesmo e dando, de feito, unha lección de

colaboración e bo facer.

Pola tarde houbo cambio de

caras, pero non de ambiente. Deleitámonos ante as habilidades

caninas e berramos bailando ao ritmo

dos Vacalouras, entre outros. Depois a

entrega de premios, diplomas e medallas.

O 28 de maio festexamos o

25º aniversario do IES de Teis. Foi

unha celebración aberta ás familias, ó barrio de Teis e a toda a comunidade

educativa. Pero foi só o cumio dun

intenso periodo de actividades,

traballo e esforzo de todos e todas. Felicidades.

Page 22: Perfil, número 11

celebracións

22

Feira do 25 aniversario do IES de Teis Departamento de Bioloxía eXeoloxía

O pasado venres 28 de maio tiveron lugar os actos centrais da conmemoración do 25 Aniversario do noso centro.

Un deses actos foi a Feira do IES de Teis, na que distintos seminarios montaron os seus postos : Informática, Estética e Imaxe Persoal, Tecnoloxía, Inglés e Francés, Matemáticas e Bioloxía e Xeoloxía

Ademais de expoñer materiais e traballos feitos polo alumnado ao longo do curso, fixemos varias actividades de cara ao público.

No noso caso concreto de Bioloxía e Xeoloxía ofertamos pasatempos como o test sobre hábitos posturais , o xogo de tiro de dardos sobre medicamentos, e a extracción do ADN da cebola.

Foi unha experiencia moi positiva , na que moitos

departamentos demos a coñecer o mellor do noso traballo, e na que contamos coa inestimable colaboración e participación do alumnado. Vaia dende aquí o noso agradecemento aos voluntarios e voluntarias que axudastes no traballo dos nosos postos nese día.

Page 23: Perfil, número 11

viaxes

23

VIAXE A BARCELONA Primeiro día: 09 de abril de 2010. Tras unha noite de nerviosismo e insomnio, e coa incertidumbre de se o tiñamos todo na maleta, erguémonos coa ledicia de saber que nunhas horas, os alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato estaríamos en Barcelona. O cansancio da viaxe foi recompensado cando, ao baixar diante do Hard Rock Café, vimos un home completamente espido andando en bicicleta e seguido de italianos con cámaras correndo tras del (envidia, eh?). Despois de situarnos fomos ao marabilloso e fantástico centro comercial El Corte Inglés que nos deu un estupendo xantar (hai que facer un pouco de publicidade). Cando rematamos déronnos un tempo para visitar as Ramblas; percibíase un bo día, ganas de

disfrutar e turistas, moitos turistas.

Unha media hora despois tocaba visita guiada por toda a cidade (en autobús). Creo que a palabra estrés non serve para expresar as escasas dúas horas da visita que tivemos para ver a Sagrada Familia, o barrio Gótico, o Park Güell e o Mont Jouic. Pero a pesar diso, estivo ben.

Despois de volta ao autobús puxemos rumbo a Salou onde nos aloxaríamos no hotel Jaime I. Inspirábase un ambiente xuvenil e cheo de ingleses borrachos. Esa noite durmimos coma uns bebés. Segundo día: 10 de abril de 2010.

Primeiro almorzo da viaxe e visita a “Tarraco, donde la primavera es eterna ”. Unha visita basicamente cultural pola cidade romana cunha guía bastante riquiña e vistas incribles… ao

Mediterráneo ! Comemos no hotel e preparámonos para unha tarde nas piscinas.

Page 24: Perfil, número 11

viaxes

24

Acto seguido fixemos os preparativos para o Barça-Madrid.

Todos sabemos como rematou o partido, pero coa euforia case perdemos a un de nos (Adrián) xa que foi atacado por un francés que debía ser do Madrid. Está claro que é mellor ser do Celta…

… ou neutral … . Ansiados días 4 e 5 (Port Aventura): 11 e 12 de abril de 2010. Se es desas persoas que morren coa envexa, recomendámosche que non leas isto…¡XA QUE FOI BRUTAL!. Non hai moito que dicir, a parte de que foi o mellor da excursión, cunha euforia e felicidade inimaxinable. Dicir que os máis medicas tiveron o valor de animarse e montar nas atraccións. Aí van unhas fotos que demostran que non mentimos:

Page 25: Perfil, número 11

viaxes

25

Último día: 13 de abril de 2010. Volta a BCN e visita ao acuario (aínda que si se trata de acuarios aos galegos non nos superan).

Últimas horas para comprar recordos e gastar os cartos que nos quedaban e despedirnos da cidade condal. Volta a Vigo, reencontro cos nosos pais...e fin da viaxe.

Grazas a Ana Rúa por seguir adiante a pesar dos inconvenientes. Grazas a Sonsoles por vencer os seus medos de

ir de viaxe con alumnos (máis ben paranoias) e por presentarnos á súa encantadora familia. Grazas a Cristina por ofrecerse voluntaria cando necesitábamos un profesor e por ser tan riquiña. Grazas ás dúas por ser tan enroladas con nós. Grazas a Moncha por axudarnos coas contas e facer que todo fora máis fácil. Grazas a todas por facer desta excursión algo INESQUECIBLE.

Uxía Martínez e Estrela Rivas 4º ESO

Page 26: Perfil, número 11

creación

26

Inés

on sabería dicir como chegara ata esa árbore pero era bonita. Tíñaa xusto diante

como se alí se tivese plantado para que ela a contemplase. Non lle quería facer un feo e, non sabía por que, a présa de antes desaparecera así que sabía que a partir daquel momento tiña todo o tempo do mundo para observala. E alí estaba, chantada no chan con aquel toro inmenso, bífido, que se erguía todo nun dende o chan para se xeminar un par de metros máis arriba. Levantaba maxestosa as súas grosísimas pólas nunha beira da chaira que albergaba aquel val. Sabía que xusto detrás súa, uns metros máis arriba estaba a estrada. Non quixo dar volta para mirar, preferíu dirixir a vista cara ás xestas e os codesos que rodeaban aquela marabilla. Non entendía a que viña aquel interese pola árbore pero abofé que a atraía. Tranquilizábaa. Xa non sentía aqueles nervios nin aquela angustia que a invadiran minutos antes. Era vella. Se puidese falar podería transmitirlle a sabedoría acumulada durante as décadas que tardara en medrar. Pero as árbores non falan, só están en pé, agardando a que alguén chegue e teña o tempo suficiente para deterse, escoitar e tentar comprender o que teñen que dicir. Son coma eses vellos que sempre atopan tempo para sentaren á beira do camiño e parolar da vida e do día. Ou simplemente para ficaren quedos e calados amosando que xa todo o saben aínda que ninguén queira que o compartan.

Ela si tiña tempo para pararse diante da árbore e escoitar as súas historias de vella. Sabía que tiña que chegar a algún sitio pero non lembraba a onde. Máis ben, sabía que xa tiña que estar alí. ¿Que sería o que a levaba tan a correr? O que lle semellara tan

importante esvaecérase, desaparecera nalgún recuncho da súa memoria, esquecido. Virou un pouco a cabeza. Fora chegar a unha enorme chaira coloreada de vivos amarelos e lilas, ¿quen non ía querer deterse a gozar diso?

E, así e todo, sentía que ela mesma nin tería reparado nesa beleza nin moito menos se tería detido tan só uns cantos segundos antes. Unha sensación lonxana, coma unha caste de soño. Un soño… aquilo si era un soño… pero tan real… Respirou fondo e o seu corpo encheuse do arrecendo daquela vexetación. Sentíase lixeira, por un momento, tivo a impresión de que se pechase os ollos e se deixase ir, acabaría levitando.

Non o tentou, no canto diso optou por achegarse á árbore, necesitaba abrazar aquel toro, firme e rugoso. Necesitaba sentir a seguridade que sen dúbida lle podería transmitir, a tranquilidade dos anos transcorridos, aí quieto, inamovible. Botou a andar, amodiño, arrastrando os pés pola herba mentres cruzaba os escasos metros que a separaban da súa meta. Foi de vagar, controlando a ansiedade, as ganas de chegar. Parou cando estivo xusto en fronte, abriu os brazos e inclinouse. Xa estaba.

Xa estaba no chan. Non foi o golpe, que haber non o houbo, foi a humidade da herba o que a fixo decatarse de que algo pasara. Ergueu a cabeza e mirou. A árbore erguíase con toda a súa dignidade detrás súa.

E detrás a árbore, ó final do terraplén, estaba o seu coche. Esfarelado.

E dentro do coche, o seu corpo. Esnaquizado.

N

Page 27: Perfil, número 11

libros

27

Liquidación por Reformas

Autor: Francisco Sobral

Editorial Cardeñoso

Desde o seu mesmo inicio, a novela

anuncia acción trepidante. Unha acción

que se vai abrindo, pouco a pouco, nun

abano que ameaza ser de proporcións

inimaxinábeis. A protagonista responde ao

nome de Irimia Castro; moza que,

rematados os estudos de Psicoloxía

(especialidade de Criminoloxía), vive dos

traballos que publica nas páxinas de

sucesos de Crónicas da Ría. Sen comelo

nin bebelo, un remuíño de sucesos

misteriosos converxerá sobre ela. E, como

protagonista e condutora que é, tamén será

a personaxe mellor configurada de todas.

Outras fican no camiño, caso de Manolo

da Vigha (home de negocios, inculto, unha

auténtica besta, moi facha e moi podre de

cartos), de Wilson Tres Dedos (sicario

obsesionado coa Yakuza), Luís de Camos

(o xefe de Irimia), o tenente Carreira (o

policía que non podía faltar) ou David (o

mozo de Irimia), que non é que sexan

personaxes menores (todas non) senón que

teñen menos relevancia; e mencionámolas

por riba doutras como o Retratista

(tampouco falta o tipo curioso) ou a

Conchita Noriega. Caso aparte é o de

Airoa (mestra e dona de Manolo da

Vigha), unha personaxe que é a máis

complexa de todas, dotada tamén de

meirande entendemento, un cerebro moito

mellor amoblado que se nos vai

desvelando a través dos contos que lle

relata a Wilson Tres Dedos. Dese conflito

que paira sobre as cabezas das personaxes,

e ameaza despregarse nunha manobra

envolvente, forman parte a corrupción, a

trata de brancas, o tráfico con órganos

humanos etc. Porén, a estratexia narrativa

basea todos os seus esforzos en que o

lector non despegue o libro das mans. Para

iso, fai homenaxe a "As mil e unha noites"

nos contos de Airoa a Wilson, contos que

son do mellor da novela e encerran unha

intencionalidade

temática moi

estudada e

gradada, e aliás

convidan o

lector a

adiantarse ao

propio narrador na análise da situación, cousa

que lle senta moi ben ao texto e se agradece

na lectura dunha trama de difusa situación

temporal (entre o presente e o futuro) e

tamén espacial (inspirada na Ría de Vigo,

preferentemente). (Fonte: Critica literaria en

A Nossa Terra)

O autor: Con motivo dun premio literario de

novela por entregas, na que as bases esixen

escribir 31 capitulos de 3.500 espazos cada

un, xa que cada capitulo será publicado cada

día durante o mes de agosto. Deste xeito

escribo en 9 días a historia ao ler nun anuncio

a lenda "Liquidación por Reformas", e

desenvolvo unha historia na que dita lenda

amosa diferentes significados (polisemias),

dependendo do ente ao que se aplica. Con

independencia das polisémias e abstraccións

da lenda, xogo a integralas nunha identidade

de crecente dramatismo existencial,

formulando a questión de porqué liquidamos

cousas ou seres co fin de reformar a nosa

vida. Ademáis convido ao lector a descobrir

a realidade e a ficción existente, xa que

utilizo a dialectica de transformar a realidade

en ficción e viceversa.

Fago notar que no meu estilo de escribir

manifestase a dualidade lingüistica e cultural

que posúo, o portugués e o galego. Este feito

provoca que a semántica do texto non

observe de forma pura a normativa actual do

Galego, senón que a propósito, trato de

enriquecela con matices e formas que

proveñen da lingua portuguesa.

Page 28: Perfil, número 11

experiencias

28

A Danza Jennifer G. Peleteiro

Empecei desde moi pequena bailando no salón cando sabía que non había ninguén na casa. Meus pais déronse conta, e, cando eu ía bailar para o salón, viñan detrás para verme . Meus pais pensaron que o mellor era meterme nunha academia de baile. Pasei por moitas desde os 3 anos . A academia na que estou agora é a que máis me ensinou o que é de verdade o baile. Non só unha coreografía que se monta a ritmo cunha canción. O baile non é só pasos. Unha persoa que sabe bailar escoita e sente a música, lévaa dentro e cando está nun escenario saca todo o que ten, non sente vergoña cando actúa. Iso é o que sinto eu polo baile, non me importa pasar todos os días da semana ou toda a tarde e parte da noite aprendendo unha coreografía porque me gusta. Cando chego a casa cansada síntome ben, porque ese esforzo paga a pena. Desde pequena bailei cun montón de xente e despois de estar en todas esas academias, creo que podo dicir sen medo algún que non abonda a xente que de verdade sente a música e cando estamos a punto de entrar no escenario non se bota atrás ou está desexando rematar a coreografía. Nesta academia a parte de ensinarnos a bailar tamén nos din como nos debemos comportar nunha actuación ou competición Estiven cun montón de profes e alumnos e non con todos me levei ben pero aínda así nos levabamos porque cando entras nunha academia sabes que vas ter actuacións ou competicións. É como se estiveses entrando nunha casa na que vas convivir cun montón de persoas que tendo os teus roces ou levándote mellor con algunhas que con outras, tes que vivir con iso. Así moitas veces melloras esas actitudes ou eses malos costumes e aprendes a aguantar os teus impulsos e pensar as cousas antes de dicilas Gustaríame sacar o título de profesora de baile e ensinar a xente que teña as mesmas gañas ca min de bailar. Despois duns anos querería acabar montando a miña propia

academia e vivir do que máis me gusta, a danza. Agora mesmo fago 5 tipos de baile: Break-dance , Hip.Hop , Funky , Lírico e Danza moderna. Gústanme todos, pero inclínome máis polo break-dance , hip.hop e Funky pola profesora O lírico e a danza moderna son máis lentos. Cada paso que das é como nunha película a cámara lenta. É un baile como máis escuro, as roupas sempre adoitan ser negras, pintamos a cara de color negra, imos con medias e camisetas rotas. É como unha mestura de emo e ballet. O último baile que estamos facendo é unha mestura de Funky con lírico. Empezamos coa parte Funky, imos vestidas de Gánsters. Facemos un baile rápido con forza e no medio do baile quitamos a roupa que levamos por riba, quedamos coa roupa escura e medias rotas, a canción é de Marilyn Manson, moi satánica. O tema do baile trata sobre un mozo que vai a unha especie de discoteca e vai coñecendo rapazas. Vése como baila con todas xuntas e despois cada unha de nós baila con el, quitamos a roupa a modo de “strip tease” e aí é cando empezamos o lírico. Continúa a historia, pero, como unha vinganza de todas nós contra el, rachámoslle a roupa, manchámoslle a cara de negro e rodeámolo ameazadoras, porque soubemos que estivo liado con todas. Nun momento agarrámolo e tiramos del como se todas o quixésemos. O baile continúa todos xuntos, e, ao final de todo, el rebélase. Engánanos dicindo que vai estar só cunha, pero baila con todas. E mentres vai bailando con cada unha, vaina matando e así con todas. Acaba el no medio de todas nós ensanguentadas. Ese é o final da historia do noso baile Dentro de pouco faremos a actuación e penso que sairá xenial. No verán deixarei o baile para descansar por problemas que teño nos xeonllos, pero volverei outra vez en setembro.

“Eu non vivo coa danza , vivo por e para a danza “

Page 29: Perfil, número 11

experiencias

29

Lubiáns

Despois de varias prácticas estás decidido a ir ao exame. Ao principio veste sobrado. Pensas "como non vou a aprobar eu". Ese pensamento mergulla na túa cabeza durante todo o tempo. Pero o día antes do exame empezan a agromar as dúbidas sobre a túa preparación da cal antes afirmabas que eras un Sebastien Loeb (hexacampión do mundo de rallyes) da estrada e entón eses nervios pasan por todo o teu corpo ata ter o punto álxido na noite anterior, na que non das durmido e volves pensar “¿por que non dou durmido se eu vou aprobar?" E, claro, volves maxinar a posibilidade do supenso, asi ata que por cansazo vas quedando durmido, pero non pracenteiramente senón que dormes mal porque tes ese remordemento de conciencia: ¿aprobarei ou non? Chegado o día do exame érgueste e case non es capaz de almorzar. O medo cómete vivo. Chegas a autoescola as oito menos dez da mañá e vas onda o profesor que che pregunta se estás preparado e ti segues coa túa fabulosa confianza e respondes: "¿como non vou a aprobar?" Sobes ao coche e baixas ata Bouzas onde comezan os exames. Unha vez alí non ves que es o único apampado que ten

os collóns na gorxa; inda por riba ves que o profesor di: "tocounos o examenador que eu non quería". E ti pensas "grazas por tranquilizarme". Comeza o exame. Por cortesía dis que vaia primeiro o outro alumno da autoescola; inda por riba para máis medo ves que o outro suspende case nada máis arrincar e empezas a pensar "suspenderei; aprobarei". Chega o momento no que che toca conducir. Trémeche todo o corpo, pero dentro de ti estás seguro de que vas aprobar e comezas a facelo o mellor que sabes. Despois de media hora de exame, o examinador diche: "Baixe do coche que xa lle digo eu a nota o profesor". E, claro, estás nese intre de máxima tension de nn saber se aprobaches ou non. Cando che dan o aprobado éncheste de ledicia e satisfacción

Imaxe: bolupedia.wordpress.com

Page 30: Perfil, número 11

xeroglificos

30

Uxía e Estrela (4ºA)

Page 31: Perfil, número 11

Diferenzas: sete has de atopar Manuel e Carla (4º B)

Page 32: Perfil, número 11

xeroglificos

32