3
Lama das Quendas Veciños de prostitutas Aos veciños do Raval en Barcelona moléstaos a presenza das prostitutas. Tamén lles molestan aos do centro de Madrid, e podemos xeneralizar e dicir que ninguén quere ver prostitutas no seu barrio. Non están en contra da prostitución, iso non; cada un que faga o que queira, somos un país democrático, hai liberdade; se queren ser prostitutas, alá elas, pero que non se me planten na miña rúa a facer esas porcalladas, que as leven ás aforas, ou que estean pechadas en prostíbulos; o que sexa, pero na rúa, na miña rúa, non. A moita xente, a eses mesmos que protestan pola presenza das prostitutas no seu barrio, non lles parece mal que haxa mulleres que teñan que vender o seu corpo para sobrevivir (só un 5%, segundo as enquisas, a practica voluntariamente) e homes que se aproveitan desa necesidade para satisfacer a baixo custo os seus desexos, ás veces os máis repugnantes. Iso tenos sen coidado; o que non aturan é que o ambiente sórdido, no que elas inevitablemente viven, os roce; non queren ser veciños de prostitutas. Esa sordidez é a realidade da prostitución. A solución non é pechalas nas aforas nin soñar con «prostíbulos autoxestionados». Unha prostituta será sempre unha muller marxinada e indefensa; unha vítima. A solución está en perseguir ás mafias que trafican con mulleres, en castigar ao prostituidor, en perseguir ao cliente e en buscar para esas mulleres un traballo digno. Pero nestes momentos de crise, iso é tamén unha utopía. O que van facer con esas mulleres é cambialas de sitio para evitar que a realidade lles entre polos ollos aos que non queren vela. Marina Mayoral, La Voz de Galicia Martes 15 de septiembre de 2009 1. Tema. 2. Fai un esquema coas ideas principais e secundarias do texto. 3. Á vista do que se di no texto, expón a túa opinión crítica sobre a prostitución na sociedade actual. 4. Di o significado destas palabras no texto: enquisas, aturan, sórdido, autoxestionados, mafias, utopía.

Prácticas texto

  • Upload
    xenevra

  • View
    614

  • Download
    8

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Prácticas texto

Lama das Quendas

Veciños de prostitutas

Aos veciños do Raval en Barcelona moléstaos a presenza das prostitutas. Tamén lles

molestan aos do centro de Madrid, e podemos xeneralizar e dicir que ninguén quere ver

prostitutas no seu barrio. Non están en contra da prostitución, iso non; cada un que faga o que

queira, somos un país democrático, hai liberdade; se queren ser prostitutas, alá elas, pero que non

se me planten na miña rúa a facer esas porcalladas, que as leven ás aforas, ou que estean pechadas

en prostíbulos; o que sexa, pero na rúa, na miña rúa, non.

A moita xente, a eses mesmos que protestan pola presenza das prostitutas no seu barrio,

non lles parece mal que haxa mulleres que teñan que vender o seu corpo para sobrevivir (só un 5%,

segundo as enquisas, a practica voluntariamente) e homes que se aproveitan desa necesidade para

satisfacer a baixo custo os seus desexos, ás veces os máis repugnantes. Iso tenos sen coidado; o

que non aturan é que o ambiente sórdido, no que elas inevitablemente viven, os roce; non queren

ser veciños de prostitutas.

Esa sordidez é a realidade da prostitución. A solución non é pechalas nas aforas nin soñar

con «prostíbulos autoxestionados». Unha prostituta será sempre unha muller marxinada e

indefensa; unha vítima. A solución está en perseguir ás mafias que trafican con mulleres, en

castigar ao prostituidor, en perseguir ao cliente e en buscar para esas mulleres un traballo digno.

Pero nestes momentos de crise, iso é tamén unha utopía. O que van facer con esas mulleres é

cambialas de sitio para evitar que a realidade lles entre polos ollos aos que non queren vela.

Marina Mayoral, La Voz de Galicia Martes 15 de septiembre de 2009

1. Tema.2. Fai un esquema coas ideas principais e secundarias do texto.3. Á vista do que se di no texto, expón a túa opinión crítica sobre a prostitución na sociedade actual.4. Di o significado destas palabras no texto: enquisas, aturan, sórdido, autoxestionados, mafias, utopía.

Page 2: Prácticas texto

2. Resume o seu contido.Actualmente, no mundo case todo se move por cartos, fundamentalmente cando se trata de cuestións políticas.Un exemplo disto témolo no que sucedeu co ex presidente iugoslavo Milosevic, quen, malia ser acusado de crimes de guerra e crimes contra a humanidade, permanecía na súa residencia sen que o goberno de Kostunica fixese nada para detelo. No entanto, foi a ameaza norteamericana de conxelar todas as axudas económicas a Iugoslavia a que provocou a mobilización instantánea do goberno do país e a inmediata detención de Milosevic, porque a reconstrución de Iugoslavia só pode ser realizada coa axuda económica internacional.

3. Elabora un esquema coas ideas principais e secundarias.1. O poder dos cartos é grande no mundo.1.1 Os países economicamente poderosos son os que gañan as guerras e manexan a política no seu favor.2. Un exemplo é a detención de Milosevic.2.1 Inoperancia do goberno iugoslavo2.2 Ameaza norteamericana de conxelar as axudas económicas para a recuperación de Iugoslavia2.3 O goberno de Kostunica detén a Milosevic.

4. Indica o tema do texto.O poder dos cartos na política internacional

5. Comentario críticoHoxe, máis ca nunca, os cartos mandan. Os gobernos dos países economicamente poderosos

son os que deciden boa parte da política dos menos desfavorecidos. Teñen capacidade e carta branca para intervir noutros países se así o deciden, para colocar neles gobernantes do seu interese ou para activa e desactivar a súa economía.

Por exemplo, cando os conflitos bélicos afectan aos países ricos –coma no caso de Iugoslavia-, os norteamericanos e os seus aliados interveñen para solucionar o problema; porén, se o conflito se produce nun país pobre e no que as nacións desenvolvidas apenas teñen intereses, déixase que os intervenientes se maten entre si, coma no caso de moitos países africanos (Ghana, Zimbawe) ou de pobos que a comunidade internacional tenta ignorar (kurdos, chechenos...). Na era

Page 3: Prácticas texto

da democracia, vivimos máis ca nunca baixo a ditadura dos cartos.

2. Resume3. Tema4. Completa o esquema coas ideas principais e secundarias do texto anterior:1. A sociedade actual está controlada e dirixida pola televisión.1.1 Quen controla a televisión posúe o poder tanto a nivel familiar como social.2. As razóns do seu poder son que chega a todas partes e ofrece unha mensaxe sinxela e cómoda.2.1 (Provoca adicción)2.2 Converteuse nun electrodoméstico imprescindíbel.2.3 (Non esixe ningún esforzo, a diferenza do que sucede cos libros)3. Culturalmente é un produto de escasa calidade, aínda que chegue a todo o mundo.5. Comentario crítico do exposto no texto.