5
Procedementos de avaliación 1.-Criterios de avaliación das materias serán referente fundamental para valorar tanto o grao de adquisición das competencias básicas como a consecución dos obxectivos. O departamento de coordinación didáctica recolle de forma explícita na Programación didáctica os contidos mínimos que o alumnado debe alcanzar e os criterios utilizados á hora de establecer a cualificación final diferenciada de cada disciplina. 2.-As Programacións didácticas para abordar estas decisións terán en conta: A identificación, dentro de cada un dos criterios de avaliación, daqueles contidos que han de actuar como indicadores para realizar a avaliación. Estes indicadores poden ser graduados en niveis de dificultade para determinar o nivel de competencia alcanzado polo alumnado (dende a excelencia á insuficiencia). A elaboración de instrumentos de avaliación, axustados a eses indicadores, que permitan cualificar, con actividades habituais como ferramenta, cál é o nivel de competencia que ten o alumnado, para coñecer dun xeito real o que este sabe e o que non sabe, así como as circunstancias nas que aprende. A definición dos criterios para obter a cualificación diferenciada parcial (de cada avaliación) e final, incluíndo a obtida en todos os criterios de avaliación e ponderando, no seu caso, o valor de cada un deles no conxunto. O criterios para tomar esta decisión non son independentes e deben ser consensuados. 1

Procedementos de avaliación por competencias

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Exemplo de unidade de avaliación. Competencia lingüística. Área de lingua e literatura.

Citation preview

Procedementos de avaliación

1.-Criterios de avaliación das materias serán referente fundamental para valorar

tanto o grao de adquisición das competencias básicas como a consecución dos

obxectivos.

O departamento de coordinación didáctica recolle de forma explícita na

Programación didáctica os contidos mínimos que o alumnado debe alcanzar e os

criterios utilizados á hora de establecer a cualificación final diferenciada de cada

disciplina.

2.-As Programacións didácticas para abordar estas decisións terán en conta:

• A identificación, dentro de cada un dos criterios de avaliación, daqueles contidos que han de actuar como indicadores para realizar a avaliación.

• Estes indicadores poden ser graduados en niveis de dificultade para

determinar o nivel de competencia alcanzado polo alumnado (dende a

excelencia á insuficiencia).

• A elaboración de instrumentos de avaliación, axustados a eses

indicadores, que permitan cualificar, con actividades habituais como

ferramenta, cál é o nivel de competencia que ten o alumnado, para coñecer

dun xeito real o que este sabe e o que non sabe, así como as circunstancias

nas que aprende.

• A definición dos criterios para obter a cualificación diferenciada parcial (de

cada avaliación) e final, incluíndo a obtida en todos os criterios de avaliación

e ponderando, no seu caso, o valor de cada un deles no conxunto. O

criterios para tomar esta decisión non son independentes e deben ser

consensuados.

1

3.-¿Como desenvolver o traballo nos departamentos?

1º. Elaborando unha proposta de gradación das competencias básicas tanto entre

primaria e secundaria como entre cada ciclo e curso de secundaria

2º. Adaptando os criterios de avaliación dos documentos curriculares oficiais ás

características específicas do Centro e consensuando procedementos de

avaliación coherentes coa proposta de formación en competencias básicas

4.-Agora tomemos como exemplo unha competencia e unha materiaCompetencia en comunicación lingüística

Lingua e Literatura

Competencia en comunicación lingüísticaEsta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de

comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da

realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e

autorregulación do pensamento, as emocións e a conduta.

Sinaláronse tres dimensións xerais das competencias do ámbito lingüístico:

- Falar e escoitar, é dicir, ser competente na expresión e comprensión de

mensaxes orais que se intercambian en situacións comunicativas diversas.

- Ler, é dicir, ser competente á hora de comprender e usar textos diferentes con

intencións comunicativas tamén diferentes.

- Escribir, é dicir, ser competente á hora de compoñer diferentes tipos de texto e

documentos con intencións comunicativas diversas.

Lingua e LiteraturaO currículo desta materia, ao ter como meta o desenvolvemento da capacidade

para interactuar de forma competente mediante a linguaxe nas diferentes esferas

da actividade social, contribúe dun modo decisivo ao desenvolvemento de todos os

aspectos que conforman a competencia en comunicación lingüística. Ademais, as

habilidades e estratexias para o uso dunha lingua determinada e a capacidade

para tomar a lingua como obxecto de observación, aínda que se adquiren dende

2

unha lingua, transfírense e aplican á aprendizaxe de outras. Esta aprendizaxe

contribúe, á súa vez, a acrecentar esta competencia sobre o uso da linguaxe en

xeral.

Os criterios de avaliación aparecen descritos e xustificados en cada un dos cursos

facendo explícitas as relacións que estes manteñen con bloque de competencias

que se desenvolven en cada nivel.

Os procedementos deberán adaptarse a cada unha das dimensións que imos

avaliar

No ámbito lingüístico, a avaliación das competencias, o seu dominio e progreso

nas dimensións de falar e escoitar, ler e escribir, terá que comprobarse a través do

uso que fai o alumnado en situacións comunicativas diversas.

Poden servir de pautas os seguintes exemplos de situacións actividades e tarefas

de avaliación:

Dimensión: Falar e escoitar.

Indicador de avaliación: Expresar e comprender habilmente as ideas, os

sentimentos e as necesidades.

Procedementos de avaliación posibles:

• Os debates en grupo entorno a algún tema moi coñecido

• A presentación pública, por parte do alumnado, dalgunha produción

elaborada persoalmente ou en grupo.

• A presentación de debuxos, fotografías, carteis, propagandas, etc. coa

intención de que o alumno/a, individualmente ou en grupo reducido,

describa, narre, explique, razoe e xustifique, valore... o que viu

Dimensión: Ler

Indicador de avaliación: Poñer en práctica as destrezas necesarias para unha

correcta lectura expresiva.

Procedementos de avaliación posibles:

• Facer a lectura en voz alta dun texto determinado e avaliar determinados

aspectos: velocidade, ton, corrección, ritmo, fonética

3

Dimensión: Escribir

Indicador de avaliación: Poñer en práctica as destrezas necesarias para

compoñer un texto ben escrito

Procedementos de avaliación posibles:

• Axustarse a unha guía, a orientacións concretas, que cumpran uns

determinados requisitos.

• Elaborar unha versión definitiva dun texto a partir duns borradores

previamente elaborados.

• Escribir ao ditado.

5.-Poderiamos empezar por asumir cuestións como as seguintes:

• Deseñar actividades de avaliación integradas totalmente no proceso de

aprendizaxe

• Asumir que avaliar é tamén coñecer a estratexia utilizada polos alumnos na

resolución dunha determinada tarefa e chegar a comprender as causas das

súas dificultades.

• Pensar que todos os alumnos poden alcanzar as aprendizaxes significativas

mínimas

• Asumir que, en ocasións, os propios procedementos de avaliación poden ser

en boa medida os responsables do fracaso escolar.

• En definitiva, dalo á avaliación (Criterios, procedementos e estrategias)un

carácter formativo sumado ao carácter acreditativo que xa ten

4

5

5