13
PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 M u s e O d e P o n t e v e d r a G a b i n e t e D i d á c t i c o

PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra

PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014

M u s

e

O d

e P o

n t

e v

e d

r a

G a

b i

n e

t

e D

i d á c

t i

c

o

Page 2: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra

1. Percorridos xerais: (Para todos os niveis de EP, ESO e BACHARELATO)

Visitas guiadas nas que se percorren varias das nosas coleccións para que os alumnos e alumnas teñan unha primeira toma

de contacto co Museo. Estas visitas, segundo o nivel, poden ir acompañadas de fichas didácticas, coas que se pretende

unha maior autonomía do alumno e a dinamización do itinerario.

• Descubre o Museo 1. Os edificios da Praza da Leña. “O primeiro Museo”: Pintura dos ss. XV-XVIII, pratería

internacional, acibechería compostelá e salas navais.

• Descubre o Museo 2. O Edificio Sarmiento. “Da Prehistoria á Revolución Industrial”: Prehistoria, Arte Antiga, Arte

Medieval e Sargadelos.

• Descubre o Museo 3. Sexto Edificio. “Do gótico á contemporaneidade”: retablo de Belvís (s. XIV), a Xeración Doente,

Manuel Quiroga, Castelao, os Renovadores, a Abstracción.

• Descubre o Museo 4. As Ruínas de San Domingos*. “Historia e coleccións”: Historia do convento, arquitectura

gótica, colección de laudas e sepulcros e colección de heráldica.

*Debido ao peche temporal das Ruínas de San Domingos, esta actividade non se pode realizar nestes momentos.

Page 3: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra

2. Visitas temáticas:

Aínda que as coleccións do Museo son moi variadas, catro son os temas principais sobre os que xiran as

nosas actividades:

•Prehistoria e Historia Antiga

• Idade Media

•Artes plásticas

•Salas navais

As diferentes modalidades de visita temática que vos ofertamos para este curso escolar preséntanse

organizadas por niveis e, á súa vez, por temas.

Page 4: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra

SALAS NAVAIS

As historias de Nuno e Viki (2º ciclo)

Visita dinamizada onde se combina un conta contos e un percorrido polas salas navais. Os protagonistas son un

pirata viquingo, Viki, e un capitán de fragata, Nuno. Con eles traballaranse conceptos como: a paz, a amizade, o

respecto, a hospitalidade… ademais de facer unha achega distinta e lúdica ós fondos navais do Museo e á

cociña tradicional galega, lugar de xuntanza dos dous amigos.

Page 5: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra

PREHISTORIA E HISTORIA ANTIGA

Da pedra á moeda (2º ciclo)

Visita ás salas de arqueoloxía que pretende o contacto directo cos

restos da Prehistoria e a Historia Antiga. Trabállanse aspectos

como o paso do tempo, a evolución dos materiais, a creatividade

humana, o mundo funerario ou a vida doméstica.

Page 6: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra

Heráldica e cabaleiros* (6º de E.P.)

Aproximación ó mundo da heráldica e ó seu uso como distintivo das liñaxes

a través da colección de escudos labrados expostos nas ruínas de San

Domingos, empregando como recurso dinamizador unha ficha didáctica.

* Debido ó peche temporal das ruínas de San Domingos, esta actividade non

se pode realizar nestes momentos.

IDADE MEDIA

Page 7: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra

Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo)

Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha

obra pictórica, traballando conceptos sinxelos como a cor, a

luz, o tamaño, as figuras ou a temática.

Axudantes de Catalogación (3º ciclo)

Actividade de achega ó mundo da pintura que pretende unha

reflexión sobre o devir das obras de arte, o seu pasado e o seu

presente. A través dunha selección de obras renacentistas e barrocas, das que os rapaces buscan pequenos fragmentos, trabállase coas historias que

ocultan algún aspecto compositivo e o xénero.

ARTES PLÁSTICAS

Un rei no Museo (1º ciclo)

Percorrido polos edificios do Museo da Praza da Leña na

que os rapaces, ademais dunha toma de contacto co

Museo, aproximaranse ó retrato cortesán a través

dunha pequena dramatización.

Page 8: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra

As salas navais do Museo

Visita guiada polas salas navais do Museo,

traballando aspectos como: a Pontevedra

mariñeira, as invasións viquingas e sarracenas, a

nao Santa María e o descubrimento de América,

Méndez Núñez e a fragata Numancia e os

aparellos de pesca e marisqueo.

SALAS NAVAIS

Page 9: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra

PREHISTORIA E HISTORIA ANTIGA

Galicia: do Paleolítico á Romanización

Actividade na que se pretende unha achega ó mundo da Prehistoria traballando nas salas de Arqueoloxía. Consiste nunha visita guiada polos

educadores do Museo que comeza nas vitrinas dedicadas á Idade de Pedra, para seguir cos inicios da metalurxia, a Idade do Bronce, a Idade

do Ferro (cultura castrexa) e a Romanización.

Trabállanse aspectos como o paso do tempo, a evolución dos materiais, a creatividade humana, o mundo funerario, a agricultura, a gandería, o

adorno persoal, a vida doméstica ou a división do traballo.

O mundo galaicorromano: aras, estelas e miliarios

Visita guiada ás salas dedicadas ó mundo galaico-romano, partindo do fenómeno castrexo para continuar coa súa evolución en contacto xa co

mundo romano. A visita complétase cunha proxección multimedia sobre a epigrafía romana.

Page 10: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra

IDADE MEDIA

Os fondos medievais no Sarmiento

Percorrido comentado polos fondos medievais expostos no edificio Sarmiento desde a Alta Idade Media, partindo da Cultura Visigótica do século VI, ata a Baixa Idade Media. Traballarase elementos dos estilos

prerrománico, románico e gótico.

As ruínas de San Domingos*

Ficha didáctica na que se profunda na historia do antigo convento dominico,

na súa arquitectura gótica, e nas súas coleccións de laudas, sepulcros, escudos e restos escultóricos e arquitectónicos.

* Debido ó peche temporal das ruínas de San Domingos, esta actividade non

se pode realizar nestes momentos.

Page 11: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra

Castelao no Museo de Pontevedra Actividade con ficha didáctica na que os alumnos

se aproximan á figura do polifacético artista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Permite un

percorrido dende as súas primeiras obras ata as últimas producións durante o exilio. Algunhas

das facetas que se traballan son: Castelao caricaturista, pintor, ilustrador e escritor.

O significado das imaxes

Visita con material didáctico na que se traballa, a través da colección de pintura

renacentista e barroca, o tema da codificación das imaxes na pintura, é dicir, a súa

representación simbólica e o seu significado.

Coméntanse conceptos como: iconografía, xéneros, arte sacra, retablo, atributos,

abstracción e figuración.

Os Renovadores da Arte Galega

Visita guiada pola historia recente das vangardas da arte galega, partindo do

grupo coñecido como Os Novos ou Renovadores, dos que o Museo posúe

unha representación significativa.

Analizaranse tanto aspectos xerais do grupo como persoais de cada artista, así como a súa repercusión na historia da

arte galega e nas xeracións futuras. Autores destacados: Maside, Colmeiro,

Torres, Laxeiro, Souto e Eiroa.

ARTES PLÁSTICAS

Page 12: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra

As salas navais do Museo

Percorrido comentado polas salas navais nas que se tratan

temas vinculados co mundo do mar: as incursións viquingas e

sarracenas, o antigo porto de Pontevedra, a nao Santa María e

o descubrimento de América, a batalla de Rande, Méndez

Núñez e a fragata Numancia.

SALAS NAVAIS

Page 13: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra

INFORMACIÓN E RESERVAS

www.museo.depo.es

[email protected]

Tfno.: 986 804 100 ext. 42413

de luns a venres de 8.30 a 14.30 h.

PARA FACER A RESERVA

Nome do centro

Nº de alumnos e nivel escolar

Data e hora preferente

Modalidade de visita

ATENCIÓN Ó DOCENTE

Ademais do programa aquí recollido,

asesoramos ó profesorado sobre a

posibilidade de adaptar os recursos do

Museo ós programas curriculares.