17
A decadencia da lírica medieval

PROSA_MEDIEVAL

  • Upload
    xenevra

  • View
    1.385

  • Download
    5

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROSA_MEDIEVAL

A decadencia da lírica medieval

Page 2: PROSA_MEDIEVAL

Desde a morte en 1354 do fillo de D. Dinís, o Conde deBarcelos

DECADENCIA

Desaparición Da Sociedade Feudal

substitución da nobreza galega pola casteláEstado centralista introdución progresiva

da cultura castelá

decadencia das peregrinacións

distanciamento cada vez maior de Portugal

Page 3: PROSA_MEDIEVAL

van xurdir dúas escolas, ambas as dúas bilingües

Escola galego-castelá Integra textos compostos nas cortes dos reis de Castela.O vello prestixio explica que aínda predominen as cantigas na nosa lingua, pero moitos textos están acastrapados. A colección máis importante é o Cancioneiro de Baena (1445).Continua cos vellos elementos da escola de amor cortés galego-portuguesa (coita de amor, paixón non correspondida...) pero téndese ao abuso do virtuosismo (complicacións métricas, xogos retóricos...).

Escola castelán-portuguesaA pesar de que a presenza do castelán é maior, esta escola está integrada por textos compostos nas cortes reais portuguesas.Foron recompilados no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende en 1516.Pervive a escola galego-portuguesa no cultivo de xéneros tradicionais, pero a temática amorosa está contaminada de elementos modernos como o dantismo e o petrarquismo. Supón a transición cara a nova poesía renacentista.

Page 4: PROSA_MEDIEVAL
Page 5: PROSA_MEDIEVAL

A narrativa galego-portuguesa medieval si presenta un volume de textos que demostra, dunha banda, unha perfecta relación coas correntes dominantes na Europa da época así como a presenza dun normal desenvolvemento da lingua que se verá truncado, non obstante, polas circunstancias socio-históricas que concorren na fin da Idade Media.non faltaron nobres galegos interesados en ler relatos na propia lingua e por iso existen recreacións interesantes de textos escritos iniciamente noutras linguas (latín, francés, castelán...).

Page 6: PROSA_MEDIEVAL

XÉNEROS

Prosa de ficción

Prosa historiográfica A prosa didáctica

Page 7: PROSA_MEDIEVAL

Prosa de ficción

Ciclo artúrico Ciclo clásico troiano Ciclo carolinxio

Xosé de Arimatea

Merlín

A demanda do Graal

Page 8: PROSA_MEDIEVAL
Page 9: PROSA_MEDIEVAL

Está formado por diversos relatos que xiran en torno á lendaria historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda, en concreto o ciclo coñecido como Demanda do Santo Graal, que consta de tres partes:

Xosé de Arimatea

Merlín A demanda do santo Graal

Page 10: PROSA_MEDIEVAL

Xosé de Arimatea. Conta a orixe e significado do Graal (vaso sagrado utilizado na Derradeira Cea onde Xosé de Arimatea recolleu o sangue de Cristo logo da crucifixión) e o seu traslado de Xerusalén á Bretaña, no castelo de Cobernic, onde agarda que un cabaleiro libre de todo pecado o libere do seu encantamento.

Page 11: PROSA_MEDIEVAL

Merlín. Conservamos só un fragmento (descuberto hai pouco como forro dun libro do século XV) que narra as profecíasdo mago Merlín, onde terá protagonismo a famosa espada atrapada na rocha do castelo de Artur. Anuncia os novos tempos que sucederán á descuberta do Graal.

Page 12: PROSA_MEDIEVAL

A demanda do Santo Graal. Conta os feitos dos 150 cabaleiros da corte do rei Artur que van en busca do sagrado vaso e céntrase na figura de Galahaz, o cabaleiro virxe, coraxoso e virtuoso que será o elixido para descubrir os misteriosdo Graal. O libro, cheo de simboloxía relixiosa, exalta a eucaristía e os valores cristiáns, nunha clara reacción contra todo o que de pagán tiña a sociedade medieval.

Page 13: PROSA_MEDIEVAL

Ciclo clásico ou troiano

Está formado por relatos que, desde Homero, formanparte do legado greco-latino. Conservamos dous textos do séc. XIV: a Crónica Troiana e a Historia Troiana, que como o nome indica tratan sobre a guerra de Troia, tema de grande difusión na Europa medieval.

Page 14: PROSA_MEDIEVAL

Ciclo carolinxio

Está formado por unha obra: Os Miragres de Santiago, miscelánea que inclúe relatos moi diversos: os milagres do Apóstolo Santiago (núcleo principal da obra), as fazañas do emperador Carlomagno contra o Islam, a descrición da catedral compostelá, etc.

Page 15: PROSA_MEDIEVAL

Prosa historiográficaEstá constituída por textos de carácter histórico encargados polos reis para prestixiar a monarquía. Por isto é unha historiografía partidista e pouco crítica. A inclusión de elementos fantásticos e novelescos dános idea da fiabilidade histórica que os textos nos ofrecen. Destaca neles, sen embargo, unha intensa viveza e expresividade.Os textos historiográficos máis relevantes escritos en galego-portugués (XIII e XIV) son a Crónica Geral Galega, a General Estoria (versión galega da obra de Afonso X) os catro Livros de linhagens (catálogo das xenealoxías das principais familias nobres de Portugal). Entre os escritos do que xa podemos chamar galego (s. XV) salientaremos a Crónica Galega de 1404 e a Crónica de Santa María de Iria, que glosa a magna figura do arcebispo Xelmírez.

Page 16: PROSA_MEDIEVAL

A prosa didácticaNa Idade Media traducíronse ao galego-portugués moitas obras didácticas e xurídicas. A maior parte carecen de valor literario, o seu interese é máis ben lingüístico. As máis importantes son o Tratado de albeitaría (onde se explican os coidados que deben ter os cabalos) e o Libro de Cambeadores (os "cambeadores“ eran fidalgos composteláns que tiñan como misión defender os romeiros, coidar das esmolas, velar o sartego do Apóstolo e poñer candeas no seu altar).

Page 17: PROSA_MEDIEVAL

53