37
REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO Día: 06.05.2016 Hora: 10:30

REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE,

POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO

Día: 06.05.2016 Hora: 10:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.

A orde do día é a seguinte :

Punto 1. Designación da Ponencia encargada de elaborar o informe sobre a Proposición de lei de modificación da lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos sociais de Galicia (doc. núm. 47574)

Punto 2. Proposicións non de lei en comisión

2.1 41033 (09/PNC-003421)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSolla Fernández, Eva e Ron Fernández, José JavierSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa aplicación do Plan nacional para a abordaxe da hepatite C no Sistema nacional de saúde nos centros penitenciarios de GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 520, do 16.09.2015

2.2 41705 (09/PNC-003474)Grupo Parlamentario MixtoMartínez García, María ConsueloSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas condicións laborais e asistenciais que están a padecer o persoal laboral e as persoas usuarias dos centros de atención directa da Consellería de Traballo e BenestarPublicación da iniciativa, BOPG n.º 527, do 30.09.2015

2.3 47137 (09/PNC-003915)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaFerreiro Vidarte, María de los Ángeles e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de evitar os embarazos non desexados, fomentar a igualdade e previr a violencia de xénero, así como garantir unha axeitada educación afectivo-sexualPublicación da iniciativa, BOPG n.º 606, do 24.02.2016

2.4 47495 (09/PNC-003948)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSolla Fernández, Eva e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co estado de deterioración que presenta o centro de saúde de Cee, así como a realización polo concello dos trámites necesarios para a súa cesión e asunción da súa titularidade e mantemento pola Xunta de GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 606, do 24.02.2016

Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

2.5 47783 (09/PNC-003977)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María Tereixa e Prado Cores, María MontserratSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa decisión de implantar o modelo denominado "liña fría" para o servizo� � de comidas do Complexo Hospitalario Universitario de OurensePublicación da iniciativa, BOPG n.º 609, do 02.03.2016

2.6 49202 (09/PNC-004110)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María Carmen e 4 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa atención que se está a prestar ás persoas con enfermidades psiquiátricas crónicas derivadas a residencias da terceira idadePublicación da iniciativa, BOPG n.º 630, do 13.04.2016

2.7 49501 (09/PNC-004131)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María MontserratSobre a garantía polo Goberno galego dos dereitos laborais dos traballadores das empresas adxudicatarias do servizo de transporte sanitario urxente terrestre e a exixencia a estas do cumprimento do convenio colectivoPublicación da iniciativa, BOPG n.º 635, do 20.04.2016

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2016

Marta María Rodríguez-Vispo RodríguezPresidenta da Comisión

Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E

EMPREGOPOR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidentaMarta María Rodríguez-Vispo Rodríguez P

VicepresidenteJavier Dorado Soto P

SecretariaMaría Remedios Quintas Álvarez S

María Carmen Acuña do Campo SMaría Carmen Gallego Calvar SElena Cruz González Sánchez PJaime Íñiguez Martínez PMaría Consuelo Martínez García MAurelio Alfonso Núñez Centeno PRosa Oubiña Solla PMaría Montserrat Prado Cores BNGMarta Rodríguez Arias PCristina Isabel Romero Fernández PEva Solla Fernández AGE

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 06.05.2016 Hora: 10:30

Orde do día

1. Designación da Ponencia encargada de elaborar o informe sobre

a Proposición de lei de modificación da lei 13/2008, do 3 de

decembro, de Servizos sociais de Galicia (doc. núm. 47574)

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 06.05.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2. Proposicións non de lei en comisión

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 06.05.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2.1 41033(09/PNC-003421)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Solla Fernández, Eva e Ron Fernández, José Javier

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa aplicación do Plan nacional para a abordaxe da

hepatite C no Sistema nacional de saúde nos centros

penitenciarios de Galicia

Publicación da iniciativa, 520, 16.09.2015

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA UNIDA-

ANOVA) a iniciativa dos seus deputados Eva Solla Fernández e Xabier Ron

Fernández, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en Comisión,

relacionada cos novos tratamentos farmacolóxicos da hepatite C.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O pasado día 1 de abril entrou en vigor o “Plan Nacional para el Abordaje de la

Hepatitis C en el Sistema Nacional de Salud”, aprobado polo Ministerio de Sanidad

e ratificado pola Mesa Interterritorial de Sanidad.

Este plano recolle, no informe de situación respecto desta enfermidade no Estado,

a pavorosa situación sanitaria que o virus da Hepatite C provoca entre a poboación

reclusa en centros penitenciarios, onde a prevalencia da infección é de un 20,3%,

9.063 persoas segundo a cifra que figura na páxina 29 do Plano, unha cifra só

comparable ao 24% de prevalencia que se rexistra en Exipto, o país con maior

afectación do mundo de acordo cos informes da OMS. Isto equivale, traducido aos

seis centros penitenciarios de Galicia, a un número en ningún caso inferior a 750

internas e internos infectados.

A isto temos que acrecentarlle o feito de que, de acordo cos datos do propio

informe, un 26,8% das persoas en situación de reclusión afectadas están

coinfectadas polo Virus de Inmunodeficiencia Humana, o que provoca unha máis

rápida evolución da enfermidade hepática, polo que se determina que as persoas

coinfectadas serán obxecto de atención prioritaria dentro da aplicación do Plano.

A Liña Estratéxica 1 do Plano aprobado polo Ministerio, identifica como poboación

prioritaria en materia de prevención para reducir a incidencia da Hepatite C as

“persoas internas en Institucións Penitenciarias”.

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

En contraste coa situación descrita, o número de persoas internas en centros

penitenciarios do territorio galego que están a ser tratadas cos novos fármacos é

insignificante. A excepción de tres internos no centro de Pereiro de Aguiar, non hai

constancia de máis afectados que teñan recibido a través do SERGAS estes

fármacos iniciando o seu tratamento en prisión. Apenas podemos engadir a esta

cifra algún interno que ingresou co tratamento xa iniciado ou que o iniciou durante

un ingreso hospitalario. En total a cifra de internos tratados por unha ou outra

circunstancia non superaría a decena.

Esta situación de falta de dispensación destes fármacos con altísima eficacia para a

curación da hepatite ás persoas presas responde exclusivamente a unha decisión

tomada en base ao disenso entre a Consellería de Sanidade e o Ministerio del

Interior respecto de que Administración debe facerse cargo do custo dos

tratamentos.

En novembro de 2014 o Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 de Santiago de

Compostela, en peza separada no preito entre SERGAS e Ministerio do Interior no

que se intenta dirimir quen debe facerse cargo do tratamento dun recluso enfermo

de Hepatite C, dita medida cautelar obrigando á administración sanitaria

autonómica a dispensarlle o tratamento a este doente en tanto se non se resolva a

cuestión de fondo do litixio. O SERGAS decidiu apelar este auto diante do TSXG.

O TSXG en sentenza de 20 de maio de 2015 confirma esa medida cautelar,

condenando ademais ao SERGAS ao pago das costas do recurso. Nos

fundamentos de dereito desta sentenza o TSX establece que “non negado polo

Letrado autonómico que, ao seu xuízo, o interese concorrente é de índole

económica, exclusivamente, entendemos, co xuíz a quo, que debemos dar

preferencia ao dereito á saúde, xa que a diatriba sobre quen (Administración estatal

ou autonómica) debe dispensar o medicamento e, por ende, correr cos gastos

asociados, ten un carácter secundario e, desde logo, plenamente resarcible en caso

de sentenza desestimatoria no preito principal, a diferenza do risco mediato ou

inmediato que, en caso de non acceder á medida cautelar, con certeza sufriría o

interno na súa integridade física”.

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Por outra parte, diante da negativa por parte do SERGAS á dispensación destes

tratamentos a persoas en situación de reclusión penitenciaria, a Dirección General

de Instituciones Penitenciarias comezou a finais do pasado mes de xuño a ofertar a

aqueles e aquelas internas que teñen prescritos os novos tratamentos por parte dos

servizos de medicina especializada habilitados polo SERGAS a posibilidade de ser

trasladados aos penais Madrid II e Madrid V para recibir os tratamentos. Esta

solución supón un agravamento nas condicións de cumprimento de condena para

as persoas afectadas ao afastalas do seu contorno social e practicamente privalas

do dereito de visita durante períodos de 12 ou 24 semanas, dependendo da súa

pauta de tratamento.

Esta solución resulta aínda máis chocante tendo en conta que outros fármacos, de

dispensación en farmacia hospitalaria e administración ambulatoria, como é o caso

dos utilizados no tratamento da infección por VHC, fanse chegar as e os doentes

reclusos desde os correspondentes servizos de farmacia do sistema público galego

a través dos servizos médicos dos distintos centros penitenciarios. Solución esta

que non implica prexuízo adicional algún para eses doentes e que tampouco

prexulga quen deba afrontar finalmente os custos farmacéuticos inherentes.

Por outra parte, a dispensación directa polo do Ministerio do Interior, no caso de

que resultase ser este quen deba correr con eses gastos farmacéuticos, tampouco

supón aforro algún para esa administración por canto o prezo dos fármacos é o

mesmo para todas as administracións sanitarias e, aos custos de liquidar eses

prezos ao SERGAS terían que engadirse os derivados do traslado das internas e

internos aos mencionados centros penitenciarios e de volta a aquel no que veñen

cumprindo condena.

Por todo isto, Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA UNIDA- ANOVA)

presenta a seguinte Proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1. Tomar as medidas necesarias para que, de acordo cos principios e

preferencia de dereitos establecidos polo TSXG na súa sentenza de 20 de

maio de 2015, o SERGAS proceda a dispensar sen máis dilación os novos

fármacos para a Hepatite C a todas persoas internas nos centros

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

penitenciarios galegos para as que están establecidos estes tratamentos no

“Plan Nacional para el Abordaje de la Hepatitis C en el Sistema Nacional de

Salud.

2. Establecer un sistema coordinado entre o SERGAS e a Dirección General de

Instituciones Penitenciarias que permita a aplicación efectiva e máis eficaz

posible do disposto no Plano para a abordaxe da Hepatite C no ámbito dos

centros penitenciarios radicados en Galicia.

Compostela, 9 de setembro de 2015.

Asdo. Eva Solla Fernández

Xabier Ron Fernández

Deputados do G.P. da AGE

Xosé M. Beiras Torrado

Portavoz do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

Eva Solla Fernández na data 09/09/2015 16:41:46

Jose Javier Ron Fernandez na data 09/09/2015 16:41:54

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 09/09/2015 16:42:02

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 06.05.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2.2 41705(09/PNC-003474)

Grupo Parlamentario Mixto

Martínez García, María Consuelo

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coas condicións laborais e asistenciais que están a

padecer o persoal laboral e as persoas usuarias dos centros

de atención directa da Consellería de Traballo e Benestar

Publicación da iniciativa, 527, 30.09.2015

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa da súa deputada Consuelo Martínez

García ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Provincia da Coruña enviou

unha carta ao presidente do goberno do estado, Mariano Rajoy, denunciando

que dende a imposición da Lei 1/2012 de medidas temporais .en determinadas

materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia,

prorrogada ano a ano na Lei de orzamentos de Galicia, nos centros

dependentes da Consellería de Traballo e Benestar ,e en particular nos que

desempeñan a súa labor nos centros de atención directa (Residencias de

maiores, escolas infantís, centros de menores, centros de atención a persoas

con discapacidade, centros sociocomunitarios...) son numerosas as

deficiencias e normas impostas dende a Consellería de Traballo e Benestar

que están a crear unha situación laboral de explotación, estres e perdida da

calidade asistencial, entre as que destacan:

Xornadas de 7 días consecutivos.

Imposibilidade de gozar algún dos 14 festivos anuais establecidos

legalmente,

Quendas de traballo de dous domingos consecutivos.

Sobrecarga de tarefas ao ter que asumir o traballo do persoal de baixa

ou con ausencias xustificadas que non se cobren.

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

2

Denegación de permisos xustificados ou licenzas por necesidades de

servizo derivadas da escaseza de persoal e non cobertura de baixas.

Escaseza moi grave de novo material, e maquinaria e utensilios

obsoletos ou avariados que Xamais se reparan.

Imposibilidade de conciliar a vida laboral coa familiar.

Deterioro da calidade dos servizos prestados ás persoas usuarias.

Recorte do uso de cueiros, privatización servizos, minoración

actividades de mantemento físico, minoración de actividades de carácter

lúdicos, etc.

Remata o Comité o seu escrito solicitando do Presidente do Goberno do estado

que proceda a iniciar as medidas conducentes a solucionar a situación do

persoal laboral e as persoas usuarias dos centros de atención directa da

Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, entre elas interceder

ante a Xunta de Galicia para que a Lei de orzamentos de 2016 non prorrogue

os recortes da Lei 1/2012 de medidas temporais en materias de emprego

público, que entre outros recortes anula arbitrariamente, o Artigo 19 do

Convenio do Persoal Laboral, o que é unha das causas principais da situación

descrita de explotación, estres laboral e imposibilidade de conciliar a vida

laboral e familiar.

Entendendo que a reivindicación dos traballadores e traballadoras dos centros

de atención directa da Consellería de Traballo e Benestar, o Parlamento de

Galicia son xustas e asumibles polo goberno galego, preséntase a seguinte

proposición non de lei para o seu tratamento en comisión:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

• Solucionar a situación do persoal laboral e as persoas usuarias dos

centros de atención directa da Consellería de Traballo e Benestar.

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PNC

3

• Non prorrogar a Lei 1/2012 de medidas temporais en materias de

emprego público na Lei de orzamentos de 2016

• Cumprir o establecido no Artigo 19 do Convenio do Persoal Laboral, que

regula as condicións laborais do persoal e marca as pautas nas

carteleiras e quendas de traballo.

• Adoptar todas as medidas necesarias para posibilitar a conciliación da

vida laboral e familiar do persoal dos centros de atención directa da

Consellería de Traballo e Benestar.”

Pazo do Parlamento, a 22 de setembro de 2015

Asdo.: Consuelo Martínez García

Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asinado dixitalmente por:

María Consuelo Martínez García na data 22/09/2015 12:49:52

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 06.05.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2.3 47137(09/PNC-003915)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Ferreiro Vidarte, María de los Ángeles e 3 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co

fin de evitar os embarazos non desexados, fomentar a

igualdade e previr a violencia de xénero, así como garantir

unha axeitada educación afectivo-sexual

Publicación da iniciativa, 606, 24.02.2016

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia por iniciativa das súas

deputadas, María de los Ángeles Ferreiro Vidarte, María Carmen Acuña do

Campo, Carmen Gallego Calvar e María Quintas Álvarez, a través do portavoz e

ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante

esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5ª.

Hai uns días o Ministerio de Sanidade, fixo públicos os datos das ILE do ano

2014 en España e nas comunidades autónomas. Os datos referentes a Galicia

reflicten que o número de mulleres que interromperon o seu embarazo foi de

3.351.

A cifra total en España é de 94.796 e é a menor dos últimos 9 anos, sendo esta a

tendencia por diversos motivos: algúns débense á maior utilización da píldora do

día seguinte, ao abaratamento do custe dalgunhas pílulas, a atención do

planeamento familiar nalgúns centros de saúde, etc.

Destes datos dedúcese tamén que son as mulleres entre 20 e 24 años, é non as

menores de 20, a idade na que se producen máis abortos.

Outro dato importante refírese á utilización de métodos anticonceptivos: hai un

34 % de mulleres que non utilizaron ningún método (nin elas nin a súas parellas)

é isto si que é máis frecuente e preocupante.

Esta tendencia no descenso dos abortos en España non se da ao mesmo nivel en

Galicia nin é tan regular coma no resto do país. Analicemos algunhas razóns:

- En Galicia non existe a educación sexual nas escolas. Non forma parte do

currículo escolar.

Como moito vai algún especialista dar charlas sobre temas relacionados, pero é

algo puntual e nun nivel educativo determinado. Isto non é Educación, é

simplemente información... A Educación leva consigo a información e o

necesario cambio de actitudes, como isto non se fai, aínda se pensa que na

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

primeira vez non te quedas embarazada, que a marcha atrás é un método seguro,

etc.etc.

Elaboráronse materiais didácticos por parte da área sanitaria do Goberno, pero

Educación nunca as levou á práctica. A consecuencia é que os nosos mozos e

mozas só teñen información por amigos, revistas pornográficas, películas etc.

- Os centros de planeamento familiar estanse a esmorecer porque o Goberno

galego non ten o máis mínimo interese en que funcionen: Non se cobren as

prazas dos profesionais que quedan vacantes, hai varios COF que non teñen

traballador/a social, hai varios COF que só teñen un día á semana consulta

xinecolóxica, hai COF que a consulta xinecolóxica faina cada día da semana un

profesional distinto, hai profesionais que atenden o COF, o centro de saúde e

tamén un centro de saúde mental.

- Non existe un marco normativo. O último no que se detallaban funcións e

contidos do servizo e dos profesionais data do ano 1984, o chamado Plan de

centros de orientación familiar do Insalud.

Como consecuencia, non se ofertan as mesmas prestacións en todos os centros e

non existe igualdade no acceso a estes servizos na mesma comunidade, porque o

Goberno do Sr Feijóo non tivo ningunha actuación neste senso.

O Goberno do Sr Feijóo e do PP actúa dunha forma totalmente hipócrita neste

campo. É contrario ao aborto, pero non fai absolutamente nada para evitalo.

En resume, os COF, no seu funcionamento actual, non cumpren o principal

obxectivo do planeamento familiar que é proporcionar a toda a poboación unha

atención integral con unha dimensión educativa, e de promoción da saúde

afectivo sexual e non exclusivamente asistencial que é o modelo que defende o

Goberno do PP.

Por todo iso o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presentan a

seguinte proposición non de lei:

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a levar a cabo as seguintes

propostas:

1º) Realizar unha campaña dirixida fundamentalmente ás mozas e mozos

durante o ano 2016 co obxectivo de previr os embarazos non desexados e de

informar dos recursos sociosanitarios existentes á súa disposición.

2º) Elaborar no prazo de dous meses un proxecto educativo para fomentar a

igualdade, previr a violencia de xénero e garantir unha adecuada educación

afectivo sexual utilizando as programacións que xa están elaboradas. O proxecto

será presentado no Parlamento para o seu debate.

3º) Aplicar ese proxecto, unha vez aprobado, no próximo curso académico para

impartir a educación afectivo sexual nas escolas, a educación en igualdade e a

prevención da violencia de xénero, facendo as modificacións curriculares que se

precisen.

4º) Elaborar de forma inmediata un plan de viabilidade dos centros de

planeamento familiar, no que se contemplen as súas prestacións e as funcións

dos profesionais, así como a dotación dos recursos necesarios para potenciar os

COF.

5º) Incluír nos plans estratéxicos da Administración autonómica todo o referente

á saúde afectivo sexual.

Pazo do Parlamento, 11 de febreiro de 2016

Asinado dixitalmente por:

María de los Ángeles Ferreiro Vidarte na data 11/02/2016 19:28:50

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

María del Carmen Acuña do Campo na data 11/02/2016 19:29:17

Carmen Gallego Calvar na data 11/02/2016 19:30:21

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 11/02/2016 19:30:33

Jose Luis Méndez Romeu na data 11/02/2016 19:30:51

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 06.05.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2.4 47495(09/PNC-003948)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Solla Fernández, Eva e 5 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación co estado de deterioración que presenta o centro de

saúde de Cee, así como a realización polo concello dos

trámites necesarios para a súa cesión e asunción da súa

titularidade e mantemento pola Xunta de Galicia

Publicación da iniciativa, 606, 24.02.2016

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA UNIDA-

ANOVA), a iniciativa da súa deputada Eva Solla Fernández e dos seus deputados

Xabier Ron Fernández, Ramón Vázquez Díaz, Juan M. Fajardo Recouso, Antón

Sánchez García e Xosé M. Beiras Torrado, ao abeiro do artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei, para debate

en Comisión, relacionada co estado do centro de saúde de Cee.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A situación da atención primaria no noso país ven marcada por unha sorte de recortes

orzamentarios consecutivos que deixan coma consecuencia un abandono progresivo da

mesma. A situación previa ao inicio da crise xa non era moi boa en moitos centros de

saúde, a antigüidade da construción de moitos de eles supuña en moitos casos

obsolescencia de instalacións e barreiras arquitectónicas.

Ademais, cando a titularidade e mantemento dos centros debería xa estar a cargo da

Consellería de Sanidade; isto non se está a cumprir, impedindo nalgúns casos a

rehabilitación necesaria nos edificios.

O progresivo adelgazamento do mantemento dos mesmos trae coma consecuencia a

progresión do deterioro ata límites insostibles nalgúns casos, coma é o do centro de

saúde de Cee.

O edificio do mesmo atópase en estado case de ruína, cun deterioro moi avanzado en

infraestrutura e instalacións. Feito que ten causado algún accidente grave coma o

desprendemento dun radiador de ferro sobre unha cativa de 16 meses o pasado mes de

Decembro.

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Calefacción que non funciona, instalación eléctrica e tubaxes deterioradas e importantes

humidades que poden afectar á integridade dos teitos de este centro.

Por todo o exposto, Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA UNIDA- ANOVA)

presenta a seguinte proposición Proposición non de lei:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1.- Levar a cabo unha reforma urxente do Centro de Saúde de Cee, que alomenos

atenda os problemas da cuberta, humidades, instalación eléctrica e calefacción.

Así coma renovación do mobiliario e aparataxe obsoleta.

2.- Instar ao Concello a iniciar ou continuar os trámites para asumir a titularidade e

mantemento do centro, reclamando, se aínda non estivese aportada, a

documentación pertinente.

Compostela, 17 de febreiro de 2016.

Asinado dixitalmente por:

Eva Solla Fernández na data 18/02/2016 12:42:04

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 18/02/2016 12:42:13

Anton Sánchez García na data 18/02/2016 12:42:15

Ramón Vázquez Díaz na data 18/02/2016 12:42:19

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 18/02/2016 12:42:23

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Jose Javier Ron Fernandez na data 18/02/2016 12:42:26

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 06.05.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2.5 47783(09/PNC-003977)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa e Prado Cores, María Montserrat

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa decisión de implantar o modelo denominado "liña

fría" para o servizo de comidas do Complexo Hospitalario

Universitario de Ourense

Publicación da iniciativa, 609, 02.03.2016

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa

das deputadas Tereixa Paz Franco e Montserrat Prado Cores, ao abeiro do disposto

no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu

debate en Comisión, relativa ao desmantelamento dos servizo se cociña do Complexo

Hospitalario Universitario de Ourense para implantar o modelo chamado de “liña fría”.

Segundo as informacións ás que tivo acceso este Grupo Parlamentar parece que

de forma inminente se vai producir o desmantelamento do servizo de cociña existente

no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para substituílo polo modelo

chamado de “liña fría”.

Este modelo que se implantou xa no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo supón a

privatización deste servizo e o conseguinte deterioro da calidade do servizo. Son moitas

as evidencias do fracaso deste modelo que ten provocado numerosas queixas dos e das

usuarias e do persoal sanitario. Desde a súa implantación téñense producido numerosas

deficiencias: pratos que chegan fríos aos e ás pacientes, a súa escaseza ou incluso que

non se adecúen ás prescricións de dieta realizada polo persoal facultativo.

Este modelo que xa foi ensaiado noutros lugares ten evidenciado o seu fracaso

non só pola perda da calidade da alimentación senón que mesmo porque resulta máis

caro para o erario público, de aí que en moitos casos, fora de Galiza, se estea revertendo

cara o modelo de cociña convencional.

Ademais de ser un claro exemplo de privatización e de beneficio privado en

detrimento da calidade do servizo e dos dereitos dos e das usuarias tamén ten

consecuencias laborais para o persoal que actualmente se ocupa destas tarefas que

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

descoñecen cal vai ser a súa situación no futuro.

Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista

Galego, a través das deputadas asinantes, formula a seguinte Proposición non de lei para

o seu debate en Comisión:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno Galego a reconsiderar a súa decisión

de establecer o modelo de “liña fría” para o servizo de comidas no Complexo

Hospitalario Universitario de Ourense polo deterioro na calidade que representa e o

menoscabo na alimentación dos e das pacientes que que se manteña o servizo de cociña

nas condicións de prestación actuais. Igualmente que se garantan os postos de traballo e

os dereitos do persoal que actualmente presta os seus servizos nese cometido.”

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016

Asdo.: Tereixa Paz Franco

Montserrat Prado Cores

Deputadas do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

María Tereixa Paz Franco na data 25/02/2016 13:53:36

María Monserrat Prado Cores na data 25/02/2016 13:53:43

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 25/02/2016 13:53:48

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 06.05.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2.6 49202(09/PNC-004110)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Acuña do Campo, María Carmen e 4 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa atención que se está a prestar ás persoas con

enfermidades psiquiátricas crónicas derivadas a residencias

da terceira idade

Publicación da iniciativa, 630, 13.04.2016

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas

deputadas e do seu deputado Carmen Acuña do Campo, José Ramón Val

Alonso, Carmen Gallego Calvar, María Quintas Alvarez e María de los

Angeles Ferreiro Vidarte, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto

no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición

non de lei para o seu debate en Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e

Emprego.

Exposición de motivos

Acabamos de coñecer polos medios de comunicación o caso dunha enferma

psiquiátrica falecida en Mondoñedo por atragoamento nunha residencia para

anciáns e discapacitados intelectuais, que recollen a denuncia dos familiares

contra o centro e a Xunta de Galicia por suposta neglixencia no seu coidado.

Dende o Grupo Parlamentario Socialista temos formulado o debate en varias

ocasións, na Cámara galega, xa que non nos parece adecuado o

“almacenamento” destes doentes neses espazos residenciais non adecuados

nin preparados para as necesidades de coidado que eles precisan tralo peche

dos obsoletos centros psiquiátricos, onde ata o de agora atendíanse as

patoloxías psiquiátricas crónicas.

Tamén solicitamos datos sobre o seguimento e os coidados médicos que se

están aprestar agora aos enfermos e enfermas que foron derivados a eses

centros sen topar resposta nin da Administración sanitaria galega nin do

Grupo Parlamentario Popular que preferiu rexeitar sempre as nosas

solicitudes.

Hoxe, e a través desta iniciativa, queremos facernos eco da denuncia que en

relación a este problema fai o Movemento Galego da Saúde Mental, o cal se

pregunta igual que nos preguntamos nós que coidados están a recibir persoas

como a falecida, afectadas por trastornos mentais graves, que sofren severas

discapacidades e que reciben tratamentos psicofarmacolóxicos con frecuentes

efectos secundarios -como comprometer o nivel de conciencia e a

motricidade-, ingresadas en residencias pensadas para a terceira idade e se as

dotacións profesionais, espazos, recursos e organización serán apropiadas para

ese fin.

Page 31: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Lamentablemente os responsables sanitarios de Galicia evidenciando unha

falta de compromiso intolerable para con estas persoas, en lugar de reforzar a

deficiente rede de Saúde Mental e os recursos sociais, buscando a

reintegración destas persoas á sociedade de xeito acorde ás súas necesidades e

potencialidades, ou no seu caso unha atención residencial especializada, tan só

as reubicaron noutro lugar residencial, a miúdo en institucións non axeitadas

que non están dotadas e cualificadas para o seu coidado e tratamento.

Con esta decisión, a cidadanía que require unha atención sanitaria e social

específica -á que teñen pleno dereito- non a están a recibir, converténdose en

poboación de risco respecto á súa saúde, seguridade e vulneración de dereitos.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta

a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

1. Realizar plans periódicos de inspección en todas as residencias da

terceira idade de Galicia onde foran trasladadas persoas enfermas

mentais con patoloxías crónicas que garantan o cumprimento dos

criterios de acreditación para a función de coidado destes enfermos.

2. Realizar, dende a Inspección Sanitaria, o seguimento de todas as

persoas que con enfermidades psiquiátricas crónicas foron desprazadas

ás residencias da terceira idade para garantir que reciben os coidados e

o seguimento necesario das súas patoloxías.

3. Elaborar, dende a Consellería de Sanidade, un censo e un plan de

seguimento deses doentes dinámico, segundo vaia sendo o número e as

necesidades dos mesmos.

Pazo do Parlamento, 4 de abril de 2016

Asdo.: Carmen Acuña do Campo

José Ramón Val Alonso

Carmen Gallego Calvar

María Quintas Alvarez

Mª de los Angeles Ferreiro Vidarte

Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Page 32: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

María del Carmen Acuña do Campo na data 05/04/2016 11:17:10

José Ramón Val Alonso na data 05/04/2016 11:17:16

Carmen Gallego Calvar na data 05/04/2016 11:17:21

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 05/04/2016 11:17:26

María de los Ángeles Ferreiro Vidarte na data 05/04/2016 11:17:32

Jose Luis Méndez Romeu na data 05/04/2016 11:17:38

Page 33: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Día: 06.05.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2.7 49501(09/PNC-004131)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat

Sobre a garantía polo Goberno galego dos dereitos laborais

dos traballadores das empresas adxudicatarias do servizo de

transporte sanitario urxente terrestre e a exixencia a estas

do cumprimento do convenio colectivo

Publicación da iniciativa, 635, 20.04.2016

Page 34: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da

deputada Montserrat Prado Cores, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa á

conflitividade laboral nas empresas que prestan o servizo de transporte sanitario urxente

terrestre do 061.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sacou a concurso e

realizou a adxudicación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre. Este

concurso foi paralizado e modificado por diferentes razóns, e xerou malestar entre as

empresas galegas do sector, sobre todo as de menor dimensión, que o cualificaron como

moi agresivo, xa que mentres a cuantía do mesmo era moi similar ao anterior, que

consideran que xa era moi axustado para poder cubrir custes e prestar a atención,

establece toda unha serie de condicións a maiores das actuais, como novas prestacións e

instrumental médico, respiradores para nen@s de corta idade, navegador, conexión de

datos, xeolocalización... e a isto hai que engadir o encarecemento de combustíbel,

roupa, seguros...

Parte importante das empresas ás que se lle adxudicou o concurso presentaron a

oferta con baixa económica moi importante, isto causou preocupación e fundados

temores de que puidera repercutir nunha merma das condicións laborais d@s

traballadores/as, e unha perda significativa de emprego e deterioro da calidade

asistencial.

A escasos meses da adxudicación deste concurso público os temores estanse a

verificar en feitos, e traballadores/as das empresas adxudicatarias están a denunciar

Page 35: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

tanto o incumprimento do convenio: cambios de categoría, horarios caprichosos, exceso

de horas traballadas, persoal insuficiente por base, non pago de horas extras,cobertura

de vacacións...como as condicións deplorábeis en moitas das bases, non dispoñer de

roupa e calzado adecuado e suficiente, non lavado e desinfectado do mesmo etc.

As empresas adxudicatarias xustifican o non cumprimento do convenio en que

as cuantías económicas que reciben non son suficientes.

Ás demandas laborais hai que engadir as denuncias do uso de ambulancias de

apoio, non equipadas, como transporte sanitario de emerxencias. Vehículos de apoio,

nos que só vai un/unha condutor/a, que deben estar para traslados non vitais, é dicir non

poden socorrer a emerxencias, están sendo enviadas a cubrir urxencias, non de xeito

excepcional,senón que se está a converter en algo habitual, ao igual que @s profesionais

teñan que acudir en taxi a atender urxencias por falta de ambulancias dispoñíbeis.

Utilizar ambulancias de apoio de forma continuada como propias do servizo de

urxencias, constitúe risco, en primeiro lugar para @s usuari@s, porque se lle presta

unha atención deficiente e para o persoal unha situación de tensión, presión e

vulnerabilidada, ao ter que enfrontarse a situacións que non poden resolver.

A responsabilidade desta situación é a propia administración, xa que tanto @s

responsábeis do 061, como do Sergas son perfectamente coñecedores da situación.O

transporte sanitario urxente é un servizo vital, e todo fai indicar que o Goberno galego

está a optar por un modelo de xestión que mercantiliza a saúde, significa recortes na

prestación do servizo, non se garante a calidade na prestación, e non se respectan os

dereitos laborais d@s traballadores/as.

Page 36: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Por estas razóns o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego presenta a

seguintes proposición non de lei para o seu tratamento en comisión:

“O Parlamento de Galiza, insta ao Goberno galego a que esixa o cumprimento

das condicións establecidas no concurso do servizo de transporte sanitario urxente

terrestre, ás empresas adxudicatarias do mesmo, a rematar co uso de ambulancias de

apoio, non equipadas, como transporte sanitario de emerxencias e a dotación das

ambulancias suficientes para que @s profesionais non teñan que acudir en taxi ás

urxencias.

O Parlamento de Galiza, insta ao Goberno galego a que garanta os dereitos

laborais d@s traballadores/as que prestan servizo para as empresas adxudicatarias do

servizo de transporte sanitario urxente terrestre, e esixa destas o cumprimento do

convenio colectivo.”

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Deputada do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Page 37: REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA ......A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de maio de 2016,

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

María Monserrat Prado Cores na data 12/04/2016 13:51:47

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 12/04/2016 13:51:53