35
REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN, GANDARÍA E MONTES Día: 09.10.2015 Hora: 10:30

REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª,

AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN,

GANDARÍA E MONTES

Día: 09.10.2015 Hora: 10:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 9 de outubro de 2015, ás 10.30 horas, no pazo do Parlamento. A orde do día é a seguinte : Punto 1. Preguntas orais en Comisión. 1.1 40016 (09/POC-005994) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia García García, Pablo e 2 máis Sobre as axudas de apoio ao sector lácteo anunciadas polo Goberno

central, as repercusións que van ter nas explotacións galegas e as previsións da Xunta de Galicia respecto da súa complementación

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 512, do 03.09.2015 1.2 41543 (09/POC-006191) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia García García, Pablo e 3 máis Sobre os datos referidos ao proceso de tramitación das axudas convocadas

para a prevención e defensa contra os incendios forestais para o ano 2015 e as razóns das dificultades que están a ter as entidades beneficiarias para a realización dos traballos comprometidos

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 527, do 30.09.2015 1.3 41839 (09/POC-006238) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa Sobre as medidas adoptadas para afrontar a crise do sector lácteo en

Galicia Publicación da iniciativa, BOPG n.º 527, do 30.09.2015 Punto 2. Proposicións non de lei en Comisión. 2.1 35567 (09/PNC-002984) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Sánchez García, Antón Sobre a implementación polo Goberno galego dun plan de emprego en

materia de investigación, formación e transferencia do coñecemento rural e as medidas que debe recoller

Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 442, do 06.04.2015 2.2 38751 (09/PNC-003251) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Balseiro Orol, José Manuel Sobre as iniciativas da Xunta de Galicia destinadas á inclusión de

ferramentas de discriminación positiva nas axudas e subvencións destinadas á planificación sustentable no ámbito forestal

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 28.08.2015 2.3 40644 (09/PNC-003398) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para evitar a

proliferación en Galicia da avespa asiática e a súa afectación ao sector apícola

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 516, do 10.09.2015 2.4 41622 (09/PNC-003463) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Sánchez García, Antón Sobre as medidas estacionais que debe implementar o Goberno galego para

controlar a poboación da avespa asiática ou velutina Publicación da iniciativa, BOPG n.º 527, do 30.09.2015 Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento. O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión. Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2015

Vidal Martínez-Sierra López Presidente da Comisión

Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN,

GANDARÍA E MONTESPOR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidenteVidal Martínez-Sierra López P

VicepresidenteJesús Miguel Prado Patiño P

SecretariaMaría Tereixa Paz Franco BNG

José Manuel Balseiro Orol PAngel Camino Copa PRaúl Fernández Fernández SJackeline Elizabeth Fernández Macías PJosé Santiago Freire Abeijón PPablo García García SMaría Isabel García Pacín PCarmen Iglesias Sueiro MRosa Oubiña Solla PAntón Sánchez García AGEJosé Ramón Val Alonso S

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 09.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1. Preguntas orais en Comisión.

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 09.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.1 40016(09/POC-005994)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

García García, Pablo e 2 máis

Sobre as axudas de apoio ao sector lácteo anunciadas polo

Goberno central, as repercusións que van ter nas explotacións

galegas e as previsións da Xunta de Galicia respecto da súa

complementación

Publicación da iniciativa, 512, 03.09.2015

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Pablo García García, Raúl Fernández Fernández e José Ramón

Val Alonso, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta

para a súa resposta oral en Comisión 7.ª, Agricultura,

Alimentación, Gandería e Montes.

O sector lácteo galego está atravesando unha das maiores crises da súa

historia, sendo unha realidade que podemos enmarcar esta situación

dentro de un contexto Europeo, non e menos certo que a situación en

Galicia e moito peor que no resto do Estado, e por suposto moito peor

que no resto de Europa.

A converxencia de factores como o escenario do mercado

internacional de produtos lácteos, a liberalización da produción a nivel

europeo, a ineficacia das medidas correctoras que se desenvolveron na

normativa estatal, a ausencia de un tecido industrial que xere valor

engadido ó noso produto, a nula capacidade política da Xunta de

Galicia para liderar este proceso, desembocaron na crise perfecta que de

non atallarse de xeito inmediato vai a levar por diante a moitas das

nosas explotacións, e con elas quizais o último sector que vertebra o

territorio en moitas comarcas galegas.

Nestes últimos meses asistimos en Galicia a feitos paradigmáticos, de

tal xeito que onde o prezo do leite é o máis baixo de Europa, é o único

lugar onde se deron casos claros de ameaza real de non recollida do

produto. Onde tratándose dun mercado nacional deficitario e cos prezos

pagados ao produtor moi inferiores aos dos nosos países veciños, sen

embargo os noso produtos non son capaces de competir en moitos

casos, e noutros simplemente non existe nin sequera quen compita.

Isto pon de manifesto a ausencia dunha estratexia do sector sen dúbida,

pero sobre todo dunha ausencia de estratexia política por parte do

Goberno Estatal e de quen debería lideralo polo que este sector

representa aquí, a Xunta de Galicia. Do mesmo xeito que no resto de

países as estratexias, as solucións, as axudas, son lideradas polos seus

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

respectivos gobernos.

Pola contra o Goberno galego ata fai soamente apenas un mes negaba

sistematicamente que existise tal problema, cando fai un ano se falaba

disto a Conselleira de Medio Rural fuxía do debate, cando era a hora de

prever e cando aínda había tempo de tomar medidas que evitaran ou en

todo caso minoraran a gravidade desta situación aos produtores, os

axentes do sector, as cooperativas, as organizacións agrarias, os grupos

da oposición non eran escoitados nin tidos en conta polo Goberno

galego.

O sector leva dous meses de mobilización continua, foron moitas as

manifestacións e tractoradas en moitas comarcas galegas, sen embargo

asiste impasible esperando unha resposta clara e contundente por parte

dos gobernos que non acaba de albiscar, tras o interese dunha reunión

vén sempre a frustración dos resultados da mesma, onde os

representantes dos gobernos aínda que din “entender o problema”

manifestan a súa incapacidade para achegar solucións.

Polo exposto, os deputados asinantes formulan as seguintes preguntas

1.ª) Que valoración fai a Xunta de Galicia das axudas que anunciou o

MAGRAMA de apoio o sector lácteo?

2.ª) En que cantidade e de que forma consideran que van afectar ás

explotacións galegas?

3.ª) Vai a Xunta de Galicia a complementalas dalgún xeito?

Pazo do Parlamento, 26 de agosto de 2015

Asdo.: Pablo García García

Raúl Fernández Fernández

José Ramón Val Alonso

Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Pablo García García na data 26/08/2015 12:51:43

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Raúl Fernández Fernández na data 26/08/2015 12:51:51

José Ramón Val Alonso na data 26/08/2015 12:51:57

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 09.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.2 41543(09/POC-006191)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

García García, Pablo e 3 máis

Sobre os datos referidos ao proceso de tramitación das axudas

convocadas para a prevención e defensa contra os incendios

forestais para o ano 2015 e as razóns das dificultades que

están a ter as entidades beneficiarias para a realización dos

traballos comprometidos

Publicación da iniciativa, 527, 30.09.2015

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Pablo García García, Raúl Fernández Fernández, Noela Blanco

Rodríguez e José Ramón Val Alonso, deputados e deputada pertencentes

ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do

disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa

Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión 7.ª,

Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes.

As axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en

montes veciñais en man común supoñen unha das principais ferramentas de

prevención de lume nos nosos montes, tanto polo que supoñen

cuantitativamente, como por estar dirixidas a unha figura esencial como

son os montes veciñais en man común.

Estas axudas véñense convocando anualmente e son cofinanciadas co

Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco

do PDR de Galicia (2007-2013).

Estas axudas neste ano foron convocadas na Orde do 30 de decembro de

2014 e, tal como establecía a propia orde, o prazo de presentación das

solicitudes era de un mes a partires da publicación da mesma.

Unha vez aprobada a solicitude tal como se recolle no seu artigo 10 se

establecía un prazo de 10 días hábiles para remitir a documentación

complementaria, e unha vez remitida ás entidades teñen un prazo máximo

de tres meses para realizar os traballos subvencionados. En todo caso a data

límite se fixa a do 31 de outubro de 2015.

Ante isto, os deputados e a deputada que asinan formulan as seguintes

preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Cantas solicitudes e con que importe foron adxudicadas en base a esta

convocatoria?

2. Con que data foron comunicadas ás entidades a aprobación de ditas

axudas?

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

3. Cales son os motivos para que as entidades teñan dificultades para

realizar os traballos comprometidos?

Pazo do Parlamento, 18 de setembro de 2015

Asdo.: Pablo García García

Raúl Fernández Fernández

Noela Blanco Rodríguez

José Ramón Val Alonso

Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

Pablo García García na data 18/09/2015 13:55:32

Raúl Fernández Fernández na data 18/09/2015 13:55:37

Noela Blanco Rodriguez na data 18/09/2015 13:55:43

José Ramón Val Alonso na data 18/09/2015 13:55:49

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 09.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.3 41839(09/POC-006238)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa

Sobre as medidas adoptadas para afrontar a crise do sector

lácteo en Galicia

Publicación da iniciativa, 527, 30.09.2015

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Tereixa Paz Franco, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista

Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte

Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa a adopción de medidas para

facer fronte á grave crise do sector lácteo en Galiza.

Ante a grave crise que está a padecer o sector lácteo galego parece que o Goberno

Galego pretende seguir coa súa práctica habitual de eludir as súas competencias e

responsabilidades.

O enorme esforzo de mobilizacións que durante máis de dous meses desenvolveu o

sector produtor ten motivado reaccións tanto da industria como da distribución, que a xuízo

do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego seguen a ser timoratas e

insuficientes, mais que permitiron a retirada dos contratos lixo que se lles estaba obrigando

a asinar ás granxas e o anuncio por parte de diversas distribuidoras de incrementar entre 3 e

5 céntimos o prezo no lineal coa intención de que ese incremento redundo nos e nas

produtoras. Porén, por parte do Goberno Galego o único que obtiveron foron evasivas e no

mellor dos casos boas palabras e palmadas no lombo.

Dentro desa estratexia de eludir as propias responsabilidades e competencias o Sr.

Núñez Feijóo buscou amparo á súa inacción na UE, nas normas da competencia, no que el

definiu como “incapacidade do sector produtor por agruparse para ser máis fortes” e agora

vemos como pretenden derivar toda a responsabilidade cara os e as consumidoras. A única

medida propia que vai adoptar o Goberno Galego é a de facer unha nova campaña de

promoción do leite co etiquetado “Galega 100%” como gran medida para facer fronte a tan

grave crise.

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

En primeiro lugar, non estamos ante un problema que se vaia resolver co consumo

interno de leite, e sobre todo esa etiquetaxe non garante, en absoluto unha remuneración

xusta e que garanta a cobertura dos custes de produción para os e as gandeiros.

Para alén diso, e tendo en conta que un dos grandes problemas do sector lácteo en

Galiza é que a transformación está maioritariamente en mans de industrias foráneas,

incluso o que conta coa etiquetaxe “Galega 100%” a actuación do Goberno Galego debera

ir máis ben orientado a potenciar e promover os proxectos propios de transformación de

leite en Galiza e nesa medida promover e poñer en valor o leite fresco como un produto de

cercanía e de calidade e os produtos lácteos elaborados en Galiza.

Dito isto, desde o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego seguimos

mantendo que a verdadeira solución da crise que afoga ás explotación lácteas galegas non

poderá ter unha solución a curto prazo, e que sexa duradeira, se non ven da man dunha

verdadeira modificación das relacións contractuais, da elaboración da distribución de

beneficios da cadea de valor do leite, do establecemento de indicadores que permitan a

fixación dun prezo que remunere os gastos de produción e da existencia dos elementos de

control e sanción en caso de incumprimentos.

É dicir ao Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego non lle vale ningún

acordo que non teña unha tradución inmediata das medidas nos contratos e nas facturas dos

e das produtoras, e que estes garantan estabilidade a futuro.

Por outro lado, e dado que malia que o Goberno Galego prefira ignoralo o Estatuto

de Autonomía lle outorga a Galiza competencias exclusivas en materia de agricultura,

gandería e tamén en comercio interior, e tendo en conta que o sector lácteo galego

representa máis do 40% da produción e do 50% das granxas do Estado Español, non

podemos consentir que todo se decida en Madrid e que se prive aos e ás gandeiras galegas

da posibilidade de facer un seguimento dos acordos e de realizar novas propostas para a

solución do problema.

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Estas son as razóns polas que formulamos as seguintes preguntas para a súa

resposta oral en comisión:

1.- Considera o Goberno Galego que as medidas adoptadas son suficientes para

garantir prezos xustos en orixe e a remuneración dos custes de produción?

2.- De ser así, cales son os instrumentos concretos para logralo?

3.- Cre que se vai poder cumprir o compromiso asumido cos e coas produtoras de

vixencia a partir do 1 de outubro de 2015?

4.- Que medidas se establecen como garantía de cumprimento e de sanción

inmediata en caso contrario?

5.- Ten previsto crear algún instrumento en Galiza para facer un seguimento destas

medidas e no seu caso poder impulsar outras diferentes?

6.- Cre realmente que a única medida que pode impulsar o Goberno Galego no

ámbito das súas competencias é unha nova campaña publicitaria de “Galega 100%”?

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

Asdo.: Tereixa Paz Franco

Deputada do G.P. do BNG

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Asinado dixitalmente por:

María Tereixa Paz Franco na data 23/09/2015 17:44:21

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 09.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

2. Proposicións non de lei en Comisión.

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 09.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

2.1 35567(09/PNC-002984)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sánchez García, Antón

Sobre a implementación polo Goberno galego dun plan de

emprego en materia de investigación, formación e

transferencia do coñecemento rural e as medidas que debe

recoller

Publicación da iniciativa, 442, 06.04.2015

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), por

iniciativa do seu deputado Antón Sánchez García e ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en

Comisión.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

En maio de 2013 aprobábase no Pleno do Parlamento un acordo para a creación dun grupo

de traballo para implementar un plan de medidas para a incorporación de mozos e mozas á

actividade agraria.

Unha vez máis o Goberno galego incumpriu un acordo unánime do Parlamento e non fixo

máis que dúas xuntanzas preliminares sen continuidade posterior.

O primeiro punto dese acordo era:

1) Dotación de recursos técnicos e humanos ás Oficinas Agrarias Comarcais especializados

para os servizo de fomento da incorporación de mozos e mozas á actividade agraria, coa

funcións de estudo, titorización e seguimento de proxectos de incorporación e asesoramento

técnico e de xestión ás explotacións agrarias.

O sentido deste punto é que é condición indispensable para asegurar o éxito de moitas

iniciativas de incorporación á actividade agraria onde a trasferencia de coñecemento e a

innovación son indispensables, así coma a titorización e seguimento constante dos

proxectos.

A pesares de dito acordo, a liña da Consellería de Medio Rural e do Mar foi a de continuar

co progresivo deterioro das Oficinas Agrarias Comarcais, aplicando o sinxelo sistema de,

sistematicamente, non cubrir as vacantes que se producen.

Recentemente vimos de coñecer a intención de amortizar 130 prazas da Consellería, das

cales o 60 % corresponden a prazas das OACs.

Outro dos factores fundamentais para o futuro agrario do país é a investigación pública,

onde deben estudarse entre outros aspectos chave:

1) Cultivos forraxeiros e técnicas de cultivo para a transición cara unha gandería menos

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

dependente da compra de pensos, e a consecuente redución de custes.

2) Estudo de variedades hortícolas , frutícolas de calidade adaptadas ás nosas condicións e

atractivas para a venta.

3) Técnicas ecolóxicas de protección de cultivos.

4) Mellora da eficiencia da alimentación animal.

5) Eficiencia dos sistemas de produción.

6) Técnicas de cultivo en sectores con potencial para a diversificación agraria.

O centro máis importante de investigación de Galiza, o CIAM, ven de sufrir nos últimos

anos drásticos recortes en persoal que poñen en perigo o seu futuro.

A situación de falta de expectativas dos licenciados das ramas agrarias da Universidade

galega, fai que estas estean a baleirarse de alumnos, e que estean sumidas nunha forte crise.

Na formación agraria os recortes nos últimos 4 anos foron drásticos, recortando medios

humanos e materiais nos Centros de Formación e Experimentación Agroforestal.

Por outra banda, a finais de 2014, publicouse a enquisa do INE sobre a estrutura das

explotacións agrarias de Galiza, onde se reflexa a diminución do número de explotacións e

o preocupante envellecemento da poboación agraria. O 60% dela é maior de 60 anos e só un

5% ten menos de 40.

Pese a esta grave situación, existen no rural galego condicións e potencial para revertela.

Como se expoñía no acordo aprobado, en maio de 2013 no Parlamento galego, existe un

parque de vivendas baleiras, terra, sectores con saída no mercado, e só falta unha política

coordinada en prol deste obxectivo de crear riqueza a partir da actividade agraria.

É necesario para elo un plan integral , o que non é obxecto desta iniciativa, que só se centra

co campo da investigación, formación e trasferencia do coñecemento.

Cuns cálculos conservadores, e cun obxectivo único de manter a poboación agraria actual

sería posible crear máis de 6.000 empregos na agricultura e gandería nos próximos 5 anos.

Creemos ademais que o obxectivo debe de ser máis ambicioso, xa que existen moitos

sectores subdesenvolvidos e moitos recursos abandonados e ociosos, que poderían valer

para desenvolver produtos alimentarios cun gran recoñecemento interior e exterior.

Existe unha gran marxe e necesidade de desenvolver un sector da transformación, enfocado

cara os alimentos de calidade que xeren valor engadido e emprego.

É evidente que o rural é moito máis que a actividade agroforestal, e que pode ser un lugar

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

onde poidan convivir o sector primario co turismo, o sector servizos, actividades de ocio e

natureza e pode ser un lugar para vivir mentres se traballa na cidade; pero tamén é certo

que sen unha actividade agraria e de aproveitamento do monte vitais, o resto é moito máis

difícil.

A falla dunha política capaz de reverter a tendencia ao abandono e envellecemento do rural,

é unha das explicacións tamén da emigración, do desemprego e da falta de expectativas da

mocidade galega.

O cambio terá que vir a través dos novos paradigmas da sostenibilidade, a agroecoloxía, a

diversificación, a aplicación de enerxías renovables, e priorizando a investigación e

innovación para a creación de produtos e servizos diferenciados e de calidade.

Para elo, é indispensable a existencia dun sistema público de investigación, innovación e

apoio técnico, como xa comprenderon en países como Noruega, Dinamarca, ou Estados

Unidos, que están a potenciar o sistema de extensión agraria nos últimos anos como xeito de

transmitir os avances en innovación ao sector primario.

Por todo isto, o Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presenta a seguinte

Proposición non de lei para o seu debate en Comisión:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a implementar un Plan de emprego de

investigación, formación e transferencia do coñecemento do rural, consistente en:

1) Retirada da proposta de RPT da Consellería de Medio Rural que reduce 130 prazas, que

afectan as oficinas agrarias comarcais e ao centro de investigacións agrarias, e proceder a

cubrir as 130 vacantes.

2) Contratación de 150 técnicos que cubran as áreas de produción agroforestal, procesos de

transformación de alimentos, comercialización, financiamento e titotización de proxectos,

plans de mellora para o Plan de Incorporación á Actividade Agraria do período 2016-2021.

3) Reforzamento do persoal do CIAM para voltar aos niveis de persoal de 2011.

4) Cubrir as vacantes que existen na actualidade nos Centros de Formación e

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Experimentación Agroforestal.

5) Plan especial para a Escola Politécnica Superior de Lugo, coa definición de obxectivos e

medios necesarios na investigación e na docencia.

6) Modificación do PDR 2014-2020 introducindo un novo modelo de asesoramento e

investigación baseado na potenciación e racionalización do sistema público.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015.

Asdo.: Antón Sánchez García

Portavoz S. do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

Anton Sánchez García na data 23/03/2015 14:40:26

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 09.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

2.2 38751(09/PNC-003251)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel

Sobre as iniciativas da Xunta de Galicia destinadas á

inclusión de ferramentas de discriminación positiva nas

axudas e subvencións destinadas á planificación sustentable

no ámbito forestal

Publicación da iniciativa, 510, 28.08.2015

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa do deputado José Manuel Balseiro Orol, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara presenta, ante esa Mesa, a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

Exposición de motivos

Na política forestal da Xunta de Galicia, a planificación sostible foi sempre un elemento central da súa acción política. De tal xeito que desde o Goberno galego veñen impulsando distintas iniciativas normativas para conseguir precisamente este obxectivo. O punto de partida lévanos á necesidade de realizar importantes esforzos neste ámbito xa que en Galicia, a primeira potencia forestal en España, só o 10% da superficie do monte está ordenado e só o 8% presenta certificados de xestión forestal sustentable. Coa mirada posta no ano 2019, data límite a partir da cal non se permitirán aproveitamentos -incluídas cortas de madeira para uso comercial- a aqueles propietarios que non posúan un instrumentos de ordenación ou xestión forestal, é preciso establecer mecanismos que premien a aqueles que se está dotando ou xa se dotaron destas ferramentas. Entre outras medidas, para conseguir unha xestión verdadeiramente baseada na sostibilidade dos montes galegos, é imprescindible realizar unha discriminación positiva á hora de acceder ás axudas a favor daqueles que dispoñan do instrumento correspondente.

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Unha discriminación positiva que, con toda seguridade, dará bos resultados, posto que permitirá ir introducindo a cultura da planificación entre os propietarios forestais e servirá como incentivo á hora de dispoñer destes instrumentos de xestión e ordenación baseados en criterios de sostibilidade. Polo exposto con anterioridade, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión: “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia, a introducir nas ordes de convocatoria de axudas e subvencións relacionadas co ámbito forestal as ferramentas necesarias de discriminación positiva, se non están contempladas xa, en beneficio daqueles terreos forestais que conten cun instrumento de ordenación ou xestión forestal sustentable”.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015 Asinado dixitalmente por:

Pedro Puy Fraga na data 10/07/2015 13:26:29

José Manuel Balseiro Orol na data 10/07/2015 13:26:37

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 09.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

2.3 40644(09/PNC-003398)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego

para evitar a proliferación en Galicia da avespa asiática e a

súa afectación ao sector apícola

Publicación da iniciativa, 516, 10.09.2015

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da

deputada Tereixa Paz Franco, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, sobre as

medidas que ten previsto impulsar o Goberno Galego para evitar a proliferación da

chamada “avéspora asiática” e a súa afectación ao sector apícola.

A apicultura tense convertido nunha actividade moi relevante para moitas

persoas que se dedican á actividade agrogandeira sendo a cada paso de maior relevancia

o seu peso económico. Ademais son incuestionábeis os seus beneficios para o medio

natural xa que son claves para a través da polinización manter a biodiversidade de todo

tipo de especies.

Existen diversas ameazas que pairan sobre este sector. Nos últimos anos

incrementouse de forma moi notábel a desaparición de colmeas enteiras pola

“desaparición” das abellas sendo numerosos os informes que vinculan esta situación coa

utilización masiva de fitosanitarios neurotóxicos.

Porén, desde fai tres anos, existe unha nova ameaza para as abellas e para a

apicultura como é a proliferación dunha especie invasora chamada “avéspora asiática”

que ataca ás abellas provocándolles a morte e tamén ás colmeas impedindo a actividade

normal das abellas.

Ademais da afectación ás colmeas este fenómeno está provocando unha gran

alarma social, xa que malia que se teñen anunciado xa no ano pasado medidas por parte

do Goberno Galego para o seu control, a súa presenza non só non se reduciu senón que

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

cada vez se detecta a súa presenza de forma máis masiva e en zonas máis amplas do

noso territorio.

Segundo os informes dos expertos, sendo moi dificultosa a súa erradicación

existen medidas que se poden impulsar para evitar a súa propagación.

A xuízo do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego é imprescindíbel

que se realice unha actuación urxente por parte do Goberno Galego para avaliar de

forma obxectiva o alcance da presenza desta especie invasora no noso territorio e

establecer medidas urxentes, en colaboración cos e coas apicultoras para mitigar o seu

impacto nas colmeas e para evitar a súa propagación.

Consideramos que tendo en conta a proximidade do outono, que á vista do ciclo

biolóxico destes himenópteros é o momento máis propicio para adoptar medidas

profilácticas, estas actuacións deben abordarse sen máis dilación medidas efectivas e co

máximo rigor.

Estas son as razóns polas que o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista

Galego, a través da deputada asinante, formula a seguinte Proposición non de lei para o

seu debate en comisión:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno Galego a realizar as seguintes

actuacións en relación coa aparición en Galiza da especie invasora “avéspora asiática”:

1.- Realizar unha avaliación da extensión da súa presenza e distribución no

territorio galego e do eventual impacto na mortaldade de abellas e na desaparición de

colmeas.

2.- Establecer, en colaboración cos e coas apicultoras, un plan de actuación para

mitigar a súa incidencia no sector apícola e paliar as eventuais perdas, así como o

Page 31: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

establecemento de medidas para evitar a súa proliferación na liña das recomendadas por

expertos tais como a instalación de trampas de captura, destruír os niños antes da saída

das raíñas, eliminación de niños, e calquera outra que se considere oportuno, estudando

as medidas que se teñen impulsado en outros lugares nos que tamén se produciu esta

problemática e no que os resultados producidos sexan máis positivos.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2015

Asdo.: Tereixa Paz Franco

Deputada do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Tereixa Paz Franco na data 03/09/2015 13:48:30

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 03/09/2015 13:48:36

Page 32: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Reunión da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e

Montes

Día: 09.10.2015 Hora: 10:30

Orde do día

2.4 41622(09/PNC-003463)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sánchez García, Antón

Sobre as medidas estacionais que debe implementar o Goberno

galego para controlar a poboación da avespa asiática ou

velutina

Publicación da iniciativa, 527, 30.09.2015

Page 33: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, a iniciativa do seu deputado

e portavoz suplente Antón Sánchez García, ao abeiro do disposto no artigo 160 do

REgulamento, presenta a seguinte Proposición non de lei, para ao seu debate en

Comisión.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A aparición dun importante nivel de individuos da vespa asiática afecta ás poboacións de

abellas melíferas en Galiza, abellas cun papel destacado non só para o propio cultivo

apícola e a súa economía, senon na polinización dos cultivos.

Os danos ás abellas son directos, debidos aos ataques, e indirectos xa que as abellas

deixan de sair a traballar, e a recoller alimento. Ao reducirse as reservas con as que saen

adiante durante o inverno, van debilitándose e morrendo.

Tamén están a producir danos nas especies frutais e nomeadamente no sector vitícola,

onde dana directamente as uvas, permitindo ademais a entrada de ataques fúnxicos nos

primeiros estados da maduración.

Obsérvase unha rápida evolución das poboacións do ano 2014 ao 2015 o que aconsella

replantexarse os métodos de control.

Ante todo esto o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda presenta a

seguinte Proposición non de lei:

O Parlamento de galego insta á Xunta de Galicia a que implemente as seguintes medidas

estacionais de control sobre a poboación de vespa velutina:

Page 34: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

A) Primaveira.

Prevención, trampas con atraíntes para captura de fundadoras. Introducción de 4.000

novas trampas e 5.000 atraintes. Paralelamente que haxa un programa de avaliación para

ver a eficacia da proposta.

B) Verán.

1.- Retirada de niños que afecten á seguridade cidadá. Usar o gas sulfuroso, SO2, en vez

de insecticidas de síntese.

2.- Protección de apiarios e froitas con colocación cebos con antiqueratinizantes de baixa

toxicidade. Paralelamente o programa de avaliación deberá facer un seguimento para ver

a eficacia da proposta.

3.- Non usar trampas para non capturar outro tipo de polinizadores.

C) Outono.

Colocación de trampas con atraíntes para a captura de fundadoras, e feromonas para a

captura de machos. O programa de avaliación comprobará a eficacia da proposta.

D) Inverno.

É conveniente non usar trampas.

E) PROGRAMA DE INVESTIGACIÓN

O plan apícola vai convocar axudas a investigación onde poderá entrar a Vespa Velutina.

Habería que formar un equipo investigador contando coas Universidades para establecer

un programa de investigación contando coa aportación dos apicultores.

Sistemas de loita biolóxica que tamén habería que investigar.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2015.

Asdo.: Antón Sánchez García

Deputado e Portavoz S. do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

Page 35: REUNIÓN DA COMISIÓN 7.ª, AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN ... fileA Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día

Anton Sánchez García na data 21/09/2015 10:48:15