22
. . . 2011 . . .

Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Balance da campaña 2011 no Club Náutico Castrelo de Miño

Citation preview

Page 1: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

. . . 2011 . . .

Page 2: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

Neste 2011 van exactamente 20 anos dende o nacemento do CN Castrelo de Mi-ño, club deportivo náutico pioneiro na provincia de Ourense. Dende o día da no-sa constitución como club non paramos de traballar para facer realidade o noso soño e único cometido: espertar inquietude na xente que nos rodea polo mundo da náutica; un cometido difícil, ao carecer de tradición náutica o entorno que nos rodea. Hoxe, con vinte anos de historia, seguimos a tra-ballar para que tódolos ourensáns e ourensás que o desexen poidan ter acceso á navegación sen térense que desprazar ata a costa galega, e para iso desenvolvemos durante todo o ano di-versos programas de actividades náuticas dirixi-das e adaptadas para tódolos colectivos sociais. Como sede do Parque Náutico de Galicia e baña-do polas termais augas do río Miño, o CN Castrelo de Miño está ubicado nun lu-gar privilexiado para a práctica e aprendizaxe dos deportes náuticos gracias ás augas tranquilas e ventos frouxos que nos acompañan durante todo o ano. O CN Castrelo de Miño oferta unha grande variedade de alternativas de ocio. Na Escola de Deportes náuticos formamos en diversas actividades e deportes náuticos a quen o desexe co único requisito de ter máis de 7 anos e nadar. No

Club Deportivo formamos e desenvolvemos equipos de competición de vela lixeira, windsurf e remo olímpico, ao mesmo tempo que tratamos de crear un de piragüismo. As instalacións do CN Castrelo de Miño empréganse como sede de diversas regatas de competición. Ofrecemos un servizo de alugueiro de embarcacións para as máis varia-das actividades náuticas.

A variedade de servizos que ofre-cemos posibilita que empreguen as nosas instalacións dende escolares, a persoas con discapacidade e a deportistas de alto nivel.

DESEXAMOS con esta publicación mante-los informados das novas de interese que foron xurdin-do dende o clube nesta campaña 2011. Tanto a xunta directiva como o persoal técnico do CN Castrelo de Miño desexamos que sexa do seu agrado.

O C

N C

AST

REL

O D

E M

IÑO

Page 3: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA AS COMPETICIÓNS FINAIS

SUMARIO

A XUNTA DIRECTIVA O EQUIPO TÉCNICO COPA DA XUVENTUDE EUROPEA DE REMO

ACTIVIDADES 2011 Px. 6-7

BALANCE DA CAMPAÑA 2011 PROMOCIÓN DAS INSTALACIÓNS

VOGAR NA ESCOLA Px. 8-9

NOVAS ACTIVIDADES Px. 10

CURSO-EXAME PNB INICIO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS

WINDSURF E CATAMARÁN Px. 11

AUMENTO DA DEMANDA DE WINDSURF

NOVAS DO CNCM Px. 4-5 COMPETICIÓNS NO CNCM Px. 12

CAMPIONATOS EN CASTRELO

EQUIPO DE REMO Px. 13-15

ACTUALIDADE DO EQUIPO COMPETICIÓNS E RESULTADOS

EQUIPO DE VELA LIXEIRA Px. 16-18

ACTUALIDADE DO EQUIPO COMPETICIÓNS E RESULTADOS CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS DE VELA

EQUIPO DE WINDSURF Px. 19-21

ACTUALIDADE DO EQUIPO COMPETICIÓNS E RESULTADOS COPA GALICIA DE RACEBOARD E COPA DEPUTACIÓN DE WINDSURF

Page 4: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

directiva e equipo técnico A XUNTA DIRECTIVA

Neste ano 2011 houbo novas incorporacións á Xunta Directiva do Clube, profesionais con ganas de traba-llar en aras do crecemento do noso club: José Luis Méndez (adestrador profesional de remo de banco móbil de dilatada traxectoria como remeiro e ades-trador), Germán Galindo (Vicepresidente Executivo de Copasa) e Paco Quiroga (Gran Maestre da Con-fraría Europea de Vela e Presidente do Comité Inter-nacional dos Xogos Náuticos Atlánticos). Aínda que sen moitos cambios significativos dentro organigrama con respecto a outros anos, a actual Dirección do Club Náutico Castrelo de Miño recae en mans de:

Beatriz Alberte (Presidencia) Xosé Quiroga (Vicepresidencia) Héctor Pereiras (Secretaría) Tito Peña (Tesourería) José Luis Méndez (Vogalía de Remo) Lorenzo Silva (Vogalía de Ensinanza e Formación) Germán Galindo (Vogalía de Asuntos Económicos) Pablo Vázquez (Vogalía de Comunicación e Relacións cos Socios) Conchi Peña (Vogalía de Actividades Sociais e Culturais) Antonio Rodríguez (Vogalía de Infraestructuras) Paco Quiroga (Vogalía de Vela, Eventos e Promoción Internacional)

O EQUIPO TÉCNICO

Os profesionais que compoñen actualmente o equipo técnico do CN Castrelo de Miño son: Gabriel Fernández: Director técnico, adestrador do equipo de remo e asesor náutico

Héctor Regueiro: adestrador do equipo de vela Simón Fernández: adestrador do equipo de windsurf

Silvestre Mora: encargado de mantemento e marinería Bruno Corral : técnico e monitor deportivo

Noelia Rodríguez : técnico e monitora deportiva Paola Sanjuán: monitora de Optimist

Dani Conde: monitor de vela e windsurf Mateo Rodríguez: monitor de vela e windsurf

Page 5: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

A COPA DA XUVENTUDE EUROPEA DE REMO 2012 Dende o CN Castrelo de Miño levamos anos traballando para traer ás nosas instalacións as máis importantes regatas a nivel europeo. Levamos anos correndo coa organización de campionatos de índole nacional colaborando coas diferentes federacións deportivas, e consideramos un pre-mio ao noso esforzo que a Federación Española de Remo contase co Parque Náutico de Galicia

como emprazamento do evento continental. Para este campionato era a FER a encargada de presentar a candidatura española para vindeira Copa da Xuventude Europea de Remo. O Concello de Castrelo de Miño en coordinación coa Federación Española de Re-mo decidiu asumir a elaboración do proxecto para a candidatura; só eran preci-sas certas modificacións estructurais dentro do Parque Náutico de Galicia para obter a homologación por parte da FISA. Lamentablemente a un ano vista do campionato o proxecto presentado polo concello estaba aínda sen executar, polo que o pasado día 30 de xullo en Ottesheim, Austria, e durante a última reunión dos delegados da FISA (encargados da celebración da Copa da Xuventude Euro-pea) os directivos da mesma xunto cos correspondentes delegados dos países membros decidiron finalmente emprazar en Banyoles (Girona) a competición, que vai ter lugar dos días 20-22 de xullo.

A Copa da Xuventude Europea de Remo vén a ser a competición de promesas máis importante a nivel continental do remo de banco móbil, e podería ter achegado nesta edición ás nosas ins-talacións a uns 600 remeiros de entre 15 e 18 anos procedentes da maioría de países europeos que adoitan desprazarse ás competicións acompañados polo persoal técni-co e de seus pais. No peor dos casos poderían terse achegado a Castrelo de Miño 1.100 persoas, coa repercusión económica que un desprazamen-to deportivo desta magnitude podería ter non só para o noso club, senón para toda a provincia.

Page 6: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

BALANCE DA CAMPAÑA 2011

A tempada 2010 deixara o balance máis positivo da nosa histo-ria como club deportivo. Os nosos equipos comezaban a abrirse camiño no mundo das competicións; a escola de deportes náu-ticos formara a un número récord de persoas no cómputo dos diferentes programas, e o servizo de alugueiro de embarcacións do club tamén aumentara os usuarios. Pero claro, no verán do 2010 viñera bo tempo.

A pesares do fresco que vivimos durante o verán da tempada 2011, podemos estar no-vamente de noraboa, xa que o número de usuarios que pasou polas nosas instalacións se-gue en aumento. Nesta campaña formáronse en diversos deportes ou actividades náuticas na Escola de Deportes Náuticos do CN Castrelo de Miño un total de 1980 alumnos. Deste total, 555 rapaces participaron dos bautismos náuticos no noso CN; dúas asociacións con un total de 11 alumnos discapacitados formáronse dentro do noso programa específico de navegación a vela para persoas con discapacidade, e os cursos semanais de verán en dife-rentes deportes náuticos demandáronos un total de 108 alumnos, sete máis cá na campaña anterior. A promoción dos nosos equipos deportivos e o traballo de captación que realizan os técnicos do clube fan que sigamos medrando tamén en número de deportistas, sumando 14 novos regatistas para os diferentes equipos de vela. No to-cante a albergar competicións deportivas, prestamos servi-zo durante o 2011 a un total de 9 competicións deportivas (1 campionato de pesca, 2 rega-tas preparatorias de remo e 6 campionatos oficiais autonómicos e nacionais). Levamos o programa “Vogar na Escola”, deseñado no noso CN, a un total de 1306 escola-res; 261 de centros de educación primaria da comarca do Ribeiro e 1045 alumnos de ensi-no secundario de catro centros da capitalidade de Ourense e de dous centros da vila de Ribadavia. Ademáis, durante a campaña de verán, o servizo de alugueiro de embarcacións do CN foi empregado este ano arredor por 4000 persoas, a meirande parte delas de fóra de Castrelo de Miño; e, como vimos facendo dende hai anos, o CN Castrelo de Miño volveu colaborar o día 16 de agosto na romaría fluvial das festas de San Roque.

Page 7: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

PROMOCIÓN DAS NOSAS INSTALACIÓNS

As instalacións nas que se empraza o Náuti-co de Castrelo de Miño están consideradas hoxe en día dentro do TOP 5 do continente europeo para a práctica dos deportes de remo e piragüismo. A pista de regatas tipo sistema albano con máis de 7 km sinaliza-dos con boias transcorrendo os últimos 2000 metros en pista de 6 rúas, os numero-sos pantaláns de embarque, as condicións meteorolóxicas da comarca, a calma abso-luta na oleaxe , condicións de pouco vento e a zona axardinada do náutico, xunto coa escasa navegación a motor dentro do em-balse do río Miño, axudan a dar a coñecer o emprazamento do noso náutico dentro do mundo do deporte de élite. E somos cons-cientes de que foi grazas ao esforzo da xunta directiva e do persoal técnico do clu-be na organización das diversas edicións do Open das Nacións, que veu achegando a Castrelo de Miño a centos de remeiros (moitos deles olímpicos) de diversos clubs e tamén de combinados nacionais, como Es-paña, Suecia, Rusia, Portugal, Rumanía...

No pasado mes de abril, o Thames R.C. de Lon-dres (un dos clubes de remo máis importantes do mundo dende a súa fundación no 1860) che-gou a Castrelo de Miño

buscando un lugar tranquilo e seguro para adestrar e saíron daquí máis que satisfeitos. Anos anteriores xa decidiran probar no CAR de Sevilla e no lago de Banyoles, ainda que nesta ocasión apostaron por Castrelo de Miño seguin-do dende Londres o eco do Descenso Interna-cional de Remo do Ribeiro “Open das Nacións” realizado nos últimos anos. Cómpre sinalar que o Thames R.C. é canteira da selección inglesa de remo, e moitas das remeiras deste club fo-ron ata dobre medallistas olímpicas coma é o caso de Elise Laverick . A excelente valoración feita tanto polo Thames R.C. coma por diversos clubes que pisaron as instalacións do CNCM , sumado ao traballo de captación e promoción por parte do persoal técnico e directivo do noso náutico axudan a que en aras de prepararse para a vindeira com-petición dos Xogos Olímpicos de Londres, sexan moitas as selección nacionais que aposten por facer a súa concentración en Castrelo de Miño, feito que sen dúbida vai repercutir favorable-mente no crecemento do noso club así como na promoción da comarca do Ribeiro, da pro-vincia de Ourense e dos nosos produtos.

Page 8: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

Entre os meses de decembro e abril o per-soal do CN Castrelo de Miño aproveitou pa-ra desenvolver a segunda fase de “Vogar na escola”, programa educativo en colabora-ción cos diferentes centros de primaria e secundaria cuxo principal obxectivo é dar a coñecer o deporte do remo. A primeira fase do programa fora xa implantada na campa-ña 2010 e englobaba os dez colexios de pri-maria e os dous de secundaria do Ribeiro. Para esta segunda fase puidemos levar “Vogar na escola” tamén á cidade de Ou-rense, coa implicación dos centros Guillel-me Brown, Salesianos, Maristas e Luis Vives de educación secundaria.

O plantexamento de «Vogar na Escola» divi-diuse en dúas sesións dentro das clases de educación física dos colexios. A primeira constaba dunha charla sobre as actividades do CN Castrelo de Miño, para seguir con unha exposición sobre a técnica do remo, empregando un vídeo explicativo, mostran-do a continuación o funcionamento da máquina simuladora de remo.

Para a segunda sesión, facendo fincapé na técnica do remo de banco móbil a través das máquinas de remo indoor do clube, sumado ás novas tecnoloxías do software de que dis-pomos, creamos diferentes regatas de simu-lación dentro dos diferentes centros educati-vos, para clasificar aos mellores remeiros de cada colexio en categoría individual e por equipos de relevos de cara a fase final de “Vogar na escola”.

A final de “Vogar na escola” para os alumnos de educación primaria dos dez centros do Ri-beiro tivo lugar no náutico de Castrelo o 14 de abril. Os alumnos de secundaria clasifica-dos dos catro centros de Ourense e os dous de Ribadavia víronse as caras o día 8 de abril nunha competición final emplazada no Pa-villón Paco Paz dos Deportes, durante un par-tido do Club Ourense Baloncesto contra o Melilla grazas a un convenio de colaboración que asinamos co COB e a Deputación de Ou-rense.

Page 9: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

SECUNDARIA

O día 8 de abril a xornada comezou ás 7 da tarde no Paco Paz coas finais individuais por cursos desde 1º ata 4º de E.S.O para a continuación disputar as finais por equipos de cada un dos cursos. No descanso do partido realizouse a quenda de honra final cos 4 mellores tem-pos en categoría masculina e os 4 de categoría feminina remando os 8 á vez na distancia de 500 m. sendo os trofeos de campión para Victor Pinto do CPI Tomás de Lemos cun tempo de 1:39.0 e campioa para Olga Méndez do IES O Ribeiro con 1:51.9., trofeos que foron entregados polo presidente do COB Jorge Bermello e a nosa presidenta Beatriz Alberte. O medalleiro quedou do seguinte xeito: 1º. IES O RIBEIRO: 4 OUROS, 4 PRATAS, 1 BRONCE 2º. TOMÁS DE LEMOS: 2 OUROS, 2 PRATAS, 2 BRONCES 3º. LUÍS VIVES: 1 OURO, 1 PRATA, 2 BRONCES 4º. MARISTAS: 0 OUROS, 1 PRATA, 3 BRONCES 5º. SALESIANOS: 1 OURO, 0 PRATAS, 0 BRONCES Na competición por equipos de substitucións os vence-dores foron: 1º E.S.O.: TOMÁS DE LEMOS 2º E.S.O.: MARISTAS 3º E.S.O.: O RIBEIRO 4º E.S.O.: O RIBEIRO

PRIMARIA

O pasado 14 de abril ás 11 da mañá comezaron as finais individuais de 5º curso, nas que se impuxo en categoría masculina Lucas do CEIP Castrelo de Miño cun tempo de 2:14.0 sobre 500 m. e en feminina Mónica do CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle con 2:17.0. A continuación participaron os de 6º on-de Saúl do CPI Tomás de Lemos venceu con autori-dade ao ser o único que conseguiu baixar dos 2 mi-nutos marcando 1:59.6. O mellor aínda estaba por chegar xa que 2 das mozas de 6º libraron un apaixo-ante duelo que se decantou finalmente a favor de Ruth do CPI Tomás de Lemos por unha marxe de 3 décimas sobre Alexia do CEIP San Salvador de A Ar-noia, 2:05.1 sobre 2:05.4. Para rematar realizáronse dúas series en aras de diri-mir cal era o mellor equipo nunha competición de 1.000 m. por substitucións de 4 na que cada un dos catro compoñentes do equipo remaba 250 m. Resul-tou vencedor o CPI Tomás de Lemos cun tempo de 4:35.7 por diante do CEIP San Salvador da Arnoia con 4:39.1 e do CEIP Quins con 4:41.2.

Finalizadas as probas, o equipo do Club Náutico coa nosa Presidente Beatriz Alber-te á cabeza fixeron entrega das medallas e trofeos para os primeiros clasificados de cada categoría, así como diplomas de agra-decemento para cada un dos colexios e unhas bolsas para realizar un curso no verán para os gañadores.

VISITA DOS XOGADORES DO COB A RIBADAVIA

Co gallo da final de “Vogar na escola” fixemos posible que depor-tistas de élite como Salva Arco, Loito Fernández, Jonathan Kale e Ugonna Onyekwe, acompañados polo Presidente do COB, Jorge Bermello, e a mascota do equipo “O Lobo “ se desprazasen ata Ribadavia, onde mantiveron un encontro con alumnas e alumnos dos centros I.E.S O Ribeiro e CEIP Tomás de Lemos. Neste acto organizado polo CN os escolares gozaron da presenza da repre-sentación do equipo de baloncesto Augas de Sousas, e os balon-cestistas asinaron autógrafos, fixeron fotos e responderon a tódalas preguntas que lles fixeron os escolares.

Page 10: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

No primeiro trimestre do 2012 vai dar comezo nas instalacións do Club Náu-tico Castrelo de Miño un CURSO-EXAME para obte-la titulación de PNB (Patrón de Navegación Básico), título que habilita para o goberno de embar-cacións de ata 7,5 metros de eslora se son a motor e de 8 metros se son a vela, coa potencia de motor adecuada á mesma, e sempre e cando a embar-cación non se alonxe máis de 5 millas en calquera dirección dun abrigo ou praia accesible. O PNB tamén habilita para o manexo de todo tipo de motos de auga. En principio, as clases teórico-prácticas do curso van ter lugar os luns e xoves de 20:00 a 22:00, e estarán impartidas polos profesionais da academia náuti-ca ESTELAS. Os socios do noso club gozarán dun desconto importante no prezo deste cur-so, así que se tés como mínimo 16 anos e o teu soño é ser patrón dunha em-barcación, sexa un veleiro, unha lancha a motor ou unha moto de auga, non deixes escapar esta oportunidade!

Page 11: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

Tódolos veráns, dentro da Escola de Vela do CN Castrelo de Miño organízan-se cursos de diversas modalidades náuticas en niveis de iniciación e perfec-cionamento. Fóra das modalidades de vela lixeira (manexo de barco Gamba ou Raquero para o nivel de iniciación e barco Optimist, L’Equipe, Vaurien, Snipe e 420 para o nivel de perfeccionamento), impartimos tamén as modali-dades de Windsurf e de Catamarán (en Hobie Cat 15).

Os cursos teñen unha semana de duración e constan dunha parte teórica e doutra práctica, podendo dende o primeiro día experimentar os prace-res da navegación a vela. Na actualidade está a crecer o interese de xente de tódalas idades polo mundo da navegación, e iniciarse nos deportes náuticos nas instalacións do noso náutico resulta ser unha experiencia divertida, saudable, indivi-dual e económica, tal e como a definen a maioría dos cursillistas que nes-te verán pasaron por Castrelo de Miño. Divertida porque a práctica de de-portes en contacto coa auga é sempre unha experiencia diferente; sauda-ble pola condición de esforzo que supón a práctica de calquera deporte e sobre todo pola boa condición medioambiental en que se practica; indivi-dual dada a política do noso clube de establecer grupos reducidos de cur-

sillistas para manter un permanente contacto monitor-alumno; e económica porque en poucos lugares pode un practicar deportes de diferentes modalidades náuticas ao prezo do CN Castrelo de Miño.

Na campaña de verán do 2011 notamos no club un notable aumento de cursillistas nas modalidades de vela lixeira e de Catamarán, ainda que foi a especialidade de Windsurf a que tivo un maior incremento na demanda, aínda que segue sen superar á dos cursos en vela lixei-ra. Todo o persoal técnico co que contamos no CN Castrelo de Miño pa-ra as diferentes modalidades de vela, ademáis de estaren debi-damente titulados pola Federación Galega, son adestradores e de-portistas do noso club que compiten tanto en regatas autonómicas como en nacionais e internacionais. De feito, a sección de Windsurf e Catamarán da nosa escola de Vela está dirixida por Simón Fernán-dez, regatista de diferentes modalidades de Windsurf e catamarán que actualmente figura entre os 600 primeiros postos do ránking mundial de windsurf. A Simón acompáñano tres monitores que con-forman o plantel do club, e son tamén regatistas que dan a coñecer o escudo e as cores do CN Castrelo de Miño dentro mundo do wind-surf nacional: Mateo Rodríguez, Serxio Fernández e Dani Conde. O traballo que veñen facendo estes catro deportistas e profesionais, que puxeron de moda o windsurf de Ourense, fixo que medrase o interese polo windsurf, polo que o CN decidiu este ano apostar por esta modalidade renovando todo o material da escola.

Page 12: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

No curso deportivo do 2010-2011 tivemos o pracer de organizar nas instalacións do náutico as seguintes regatas en colaboración coas diferentes federacións de-portivas. O seguinte cadro é unha sinopse do número de atletas que pasaron po-las instalacións do CNCM e dos mellores resultados obtidos polos nolos nosos deportistas nas competicións de casa.

700 remeiros de seleccións autonómicas Cataluña 1ª, Andalucía 1ª, Galicia 3ª

120 remeiros de clubes autonómicos CNCM: 1 ouro e 1 prata en absoluto

200 remeiros de clubes galegos CNCM: ouro 2x infantil e prata en 2x alevín

1000 remeiros de deporte base de España CNCM: 4º posto en 2x infantil e

9º en 2x alevín

25 windsurfistas de Galicia

CNCM: 1 ouro e 1 prata en Open

50 nenos das Escolas de Vela de Galicia

CNCM: bronce en Escolas de Vela

Page 13: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

O EQUIPO DE REMO do CNCM entra no seu 7º ano de historia. Con Gabriel Fernández como adestrador (tamén Director Técnico Deportivo), o equipo está composto por Lucas Hermida e Joel Fernández en Categoría Alevín; Lucas Tabarés e Adrián Hermida en Categoría Infantil, aínda que para o 2012 ascen-den a cadete; José Manuel Rodríguez e Borja Desaá en Categoría Cadete; Clara Fernández e Verónica Regueiro en categoría Sub-23 e Anna Yuchenko e Héctor Regueiro en Categoría Sénior. Os remeiros do CNCM adestran tódolos luns, mércores, xoves e venres nos remoergómetros do ximna-sio do clube, e os sábados saen a remar ao embalse. Coa chegada da primavera intensifican a súa pre-paración en barco se as condicións meteorolóxicas o permiten. A tempada de competicións oficiais de remo arranca no mes de xaneiro cos campionatos de Remo Indoor (Cto. Galego e Cto. de España), e xa a partires do mes de marzo teñen lugar os primeiros campionatos en auga, entre eles as probas auto-nómicas e nacionais. A óptima condición física que se require para a práctica deste deporte fai que o equipo de remeiros do CNCM só teña un mes de vacacións ao ano: o mes de agosto.

A maioría dos clubs de remo nacionais conta cun nutrido número de remeiros, obviamente todos eles teñen sede en grandes vilas ou ciudades. O CNCM non deixa de ser un club pequeno con pou-cos remeiros, aínda que o resultado que obteñen os nosos remeiros nas diversas competicións en que participan é realmente salientable.

ANNA YUCHENKO: incorporación estrela do 2011

De nacionalidade rusa, Anna foi a última incorporación ao plantel de remo do CNCM. Comezou a adestrar co equipo en novembro e tan só dous meses despois, e baixo a máis estricta disciplina no adestramento deseñado por José Luis Méndez, gañou o ouro autonómico de remo indoor, pero non puido recibir a medalla nin o título de campiona galega xa que aínda está cos trámites para a obtención da nacio-nalidade española tras casar cun ribadaviense. Dúas semanas despois finalizou na 2ª posición do Campionato Nacional de Remo Indoor. As súas marcas sitúana entre as mellores de España, e entrar no equipo do CNCM supuxo a súa volta á alta competi-

ción tras abandonar hai dous anos a selección rusa, coa que alcanzara nada menos que un 6º posto en 4x no Cto. do Mundo de Remo de 2009. A normativa dos Ctos. de España permite un 25% de remeiros estranxeiros nas tripulacións dentro das competicións oficiais organizadas pola Federación Española de Remo polo que o CN Castrelo de Miño tra-mitou a carta de liberdade para que Anna puidese competir xunto con outras 3 remeiras galegas dentro da modalidade 4x do CR de Miño de Tui, clube co que foi campiona autonómica e nacional. Ademáis co-mo integrante da selección galega gañou tamén a prata no Cto. de España de Seleccións Autonómicas en Sevilla. Anna segue a adestrar diariamente nas instalacións do CN Castrelo de Miño, agardando unha resolución favorable para a súa nacionalización. Se os trámites se resolven en tempo, vai ser máis que probable ver a unha remeira do CN Castrelo de Miño competindo nuns xogos olímpicos.

Page 14: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

Adrián Hermida e Lucas Tabarés-Costa gañaron o ouro de 2x infantil Anna Yuchenko levou o ouro en 1x sénior

COPA DO REI DE REMO CABREIROÁ, CN Castrelo de Miño (11 ao 13 de marzo)

Anna Yuchenko foi prata nacional no 4x do CR de Miño de Tui

Regata Amigable do Club Naval Infante Don Henrique Gondomar, Portugal (25 de abril)

XXX Regata Internacional Queima das Fitas Coimbra, Portugal (7 de maio)

Adrián Hermida e Lucas Tabarés-Costa gañaron o ouro de 2x infantil Anna Yuchenko levou o ouro en 1x sénior

XXXI Regata Internacional de Gondomar, Porto (8 de maio)

Anna Yuchenko foi ouro en 1x sénior

XIX COPA PRIMAVERA DE REMO Santa Cruz de Trasona, Corvera (20-22 de maio)

Lucas Tabarés-Costa e Adrián Hermida quedaron 4º de España en 2x infantil Lucas Hermida e Joel Fernández quedaron 9º de España en 2x alevín

VI Regata Internacional Ponte da Amizade Vila Nova da Cerveira (12 de xuño)

Adrián Hermida e Lucas Tabarés-Costa gañaron o ouro en 2x infantil Joel Fernández e Lucas Hermida quedaron na 4ª posición en 2x infantil

CAMPIONATO GALEGO DE REMO OLÍMPICO Castrelo de Miño (19 de xuño)

Verónica Regueiro gañou a prata en 1x sénior Anna Yuchenko gañou o ouro co 4x senior do CR de Miño de Tui Héctor Regueiro quedou 4º en sénior

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE REMO OLÍMPICO CAR DE SEVILLA (24-26 de xuño)

Anna Yuchenko foi ouro no 4x sénior do CR de Miño de Tui

CAMPIONATO GALEGO DE REMO OLÍMPICO (INFANTIL, ALEVÍN E CADETE) Castrelo de Miño (4 de xullo)

Joel Fernández e Lucas Hermida fixéronse coa prata en 2x alevín Lucas Tabarés e Adrián Hermida foron ouro en 2x infantil Borja Desaá e José Manuel Rodríguez foron 5º en 2x cadete

Page 15: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

Resultados dos remeiros en competicións de Remo Indoor 2011

CAMPIONATO GALEGO DE REMO INDOOR (Ferrol, 16 de xaneiro) Bronce para Adrián Hermida en categoría infantil (1000 metros en 3’36”8) Ouro para Anna Yuchenko en categoría senior (2000 metros en 7’13”1) Joel Fernández 8º en alevín Lucas Hermida 25º en categoría alevín Lucas Tabarés-Costa 15º en infantil José Manuel Rodríguez 13º en cadete Clara Fernández 12º en xuvenil Verónica Regueiro 8ª en sénior Héctor Regueiro 15º en sénior

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE REMO INDOOR (Vegadeo, 29 de xaneiro) Prata para Anna Yuchenko en categoría senior (2000 metros en 7’12”0), fóra de concurso. Verónica Regueiro 5ª en sub-23 feminino Jose Manuel Rodríguez 27º en cadete Héctor Regueiro 34º en absoluto masculino.

NOVO MATERIAL DE XIMNASIO

Temos a disposición dos nosos deportistas así como dos socios do clube novas máquinas de re-mo indoor así como bicicletas estáticas e elípticas dentro do pequeno ximnasio de que dispón o club.

NOVO BARCO SKIFF DE COMPETICIÓN

O noso CN contaba con poucos barcos aptos para a com-petición, e sobre todo dentro das categorías individuais. Para esta tempada, grazas a unha subvención da Xunta de Galicia a clubes deportivos para a compra de mate-riais de competición, o CN puido facerse cun barco indi-vidual (skiff) que a día de hoxe emprega Anna Yuchenko.

Page 16: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

O EQUIPO DE VELA LIXEIRA do CNCM compónse de diferentes especialidades en función da idade e o nivel de aprendizaxe do navegante: grupo de Escola de Optimist para os iniciandos; clase Optimist para os infantís, e clase L’Equipe e Láser 420 para cadetes, xuvenís e absolutos. Héctor Regueiro é o adestrador e planificador da tempada da nosa escola para todas as especia-lidades, e acompañado de Paola Sanjuán para a especialidade de Optimist, adían os adestramen-tos do noso equipo os sábados e domingos. Os adestramentos teñen lugar habitualmente no embalse de Castrelo de Miño, aínda que ocasionalmente o club despraza todo o material de vela ás rías galegas para que os navegantes se preparen para os campionatos navegando no mar. Tódolos integrantes do equipo de vela do CN contan con licenza federativa. Os seguintes son os nosos navegantes da tempada 2011: GRUPO DE ESCOLA DE OPTIMIST: Paz Mª Álvarez, María Domínguez, Thais Martínez e Uxía Nieves CLASE OPTIMIST: Iria Griselda, Águeda Reyes, Lucas Hermida, Alejandro Fernández, Andrea Marquina, Nuria Vázquez e Lucía Vázquez 420 / L’EQUIPE Alba Domínguez e María González 420 Adriana Tabarés-Costa e Marta Dios Esta tempada o CN Castrelo de Miño apostou forte polo equipo de vela e decidiu facerse con novo material apto para a competición, ademáis da debida rotulación das embarcacións de clase Optimist tralo convenio de colaboración con Novagalicia banco, xunto coa posta a punto de tódalas embarcacións de que dispón o club.

NOVAS INCORPORACIÓNS

Os infantís Elena Iglesias, Eugenia Rodríguez-Novoa, Carlota Rodríguez-Novoa, María Soto, Javier López, Artai Seara, Die-go Rodríguez e María Pichel son os 8 novos regatistas que pa-san a se incorporar ao plantel de vela lixeira do CN Castrelo de Miño para a tempada deportiva que comeza. Estes oito deportistas realizaron durante o verán os correspondentes cursos de iniciación e perfeccionamento na modalidade de vela lixeira, e a súa destreza coas embarcacións, xunto coa rápida progesión na apredizaxe que demostraron, poida que deparen trunfos para o noso CN nun breve prazo de tempo.

Page 17: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

XIX RÍA DE VIGO-GRAN PREMIO JESÚS BETANZOS RÍA DE VIGO (5, 6, 19, 20 febreiro)

36ª Nuria Vázquez 37ª Iria Griselda Reyes 39º Lucas Hermida 41ª Andrea Marquina 45º Alejandro Fernández 49ª Águeda Reyes 51ª Lucía Vázquez

4ª REGATA SOCIAL NOVACAIXAGALICIA SANXENXO (26 e 27 Marzo)

CLASIFICACIÓN XERAL 5ª Iria Griselda Reyes 8ª Nuria Vázquez 11ª Águeda Reyes 14ª Andrea Marquina 15º Alejandro Fernández 16º Lucas Hermida

CLASIFICACIÓN OPTIMIST B 1ª Nuria Vázquez 2ª Águeda Reyes 4º Alejandro Fernández 5º Lucas Hermida

CLASIFICACIÓN OPTIMIST A 5ª Iria Griselda Reyes 11ª Andrea Marquina

I REGATA SOCIAL CLUB NÁUTICO DE RAXÓ RAXÓ, PONTEVEDRA (12 e 13 agosto)

CLASIFICACIÓN XERAL OPTIMIST 1ª Nuria Vázquez 2º Alejandro Fernández 3º Lucas Hermida 4ª Lucía Vázquez 5ª Andrea Marquina

CLASIFICACIÓN XERAL CLASE OMEGA 3º posto para o barco tripulado por Adriana Tabarés-Costa, María Gonzá-lez e Rafael González

XIV CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS DE VELA E REGATA COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE CN CASTRELO DE MIÑO (2, 3 e 4 setembro)

XERAL POR EQUIPOS 3º posto escola de bronce

CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS 8ª Paz María Álvarez 11ª Uxía Nieves 19ª Thais Martínez 22ª María Domínguez

COPA DEPUTACIÓN 10ª Iria Griselda Reyes 11º Alejandro Rodríguez 15º Lucas Hermida 16ª Águeda Reyes 17ª Lucía Vázquez 18ª Nuria Vázquez 19ª Andrea Marquina

Page 18: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

A XIV Concentración contou con 8 escolas de vela de toda Galicia que desprazaron ao enco-ro ourensán máis de 50 nenos de entre 7 e 14 anos, enchendo de colorido cos seus Optimist as augas de Castrelo. O C.N Portosín demostrou un grande nivel xa que os seus regatistas venceron tanto na rega-ta de Escola como na da Copa Deputación. Por escolas desbancaron ao campión da edición anterior o C.N.R. de Sada ao conseguir mello-res postos na clasificación individual, na que Pablo Oliver de Portosín foi 1º por diante de Alfredro Fernández do Grupo Bazán de Ferrol e de Carlos Manso de Sada. A escola do C.N. Cas-trelo de Miño conseguía de novo o 3º lugar grazas á regularidade dos seus regatistas xa que aínda que o mellor posto foi o 8º de Paz Mª Álvarez Afonso, as súas compañeiras Uxía Nieves, Thais Martínez e María Domínguez eran 11ª, 19ª e 22ª. Ao final das regatas Por-tosín sumou 24 puntos, Sada 32 e Castrelo 60, tras a suma dos postos dos 4 regatistas mellor clasificados de cada club.

A Copa Deputación demostrou o gran nivel na-vegando da canteira de regatistas galegos, e a campioa de 2010 Alejandra Vicens de Riveira só puido ser 3ª xa que os mozos de Portosín, que o ano pasado non participaran, puxeron o listón moi alto ocupando o 1º e 2º lugar e ademáis empatando a puntos.

Tralo desempate regulamentario resultou vencedor Pedro García por diante de Bernar-do Campos. Os 8 primeiros postos foron ocu-pados polos nenos e nenas de Portosín e Ri-veira relegando ao resto dos regatistas a posi-cións máis retrasadas, sendo a mellor do noso C.N. Castrelo Iria Reyes co seu 10º posto.

A competición pechouse con 6 mangas disputadas, 3 na xornada do venres e 3 na do sábado nas que o vento foi excelente cunha intensidade constante de entre 8 e 12 nós, vento ideal para a navegación dos Optimist que non complicou demasiado aos nóveles de escola. Na entrega de trofeos estiveron presentes o Tenente Alcalde de Castrelo de Miño Alfredo Fernández acompañado das concelleiras de Cultura e Deporte e de Benestar asi coma os directivos do C.N. Cas-trelo de Miño Santiago Peña e Pablo Vázquez que fixeron entrega dos trofeos nas diferentes catego-rías. O Club Náutico Castrelo de Miño como promotor e organizador do evento e a través do seu director deportivo destacou a colaboración da Deputación de Ourense, a do Concello de Castrelo de Miño así como a dos patrocinadores Novacaixagalicia, Copasa e Adega Alanis, que fixeron posible unha nova edición da reunión da base da vela galega, a XIV edición da Concentración de Escolas.

Page 19: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

Hai tan só 3 anos que naceu o equipo de competición no CN Castrelo de Miño dentro da modalidade de windsurf; e a pesares de contar con poucos regatistas, están a colleitar grandísimos trunfos para o noso club. Dende o 2009 Serxio, Mateo e Simón figuran dentro do top 10 do ránking galego, e sendo os únicos windsurfistas federados da provincia de Ourense, tén moitísimo mérito o traballo que están a desenvolver. Baixo as ordes de Simón Fernández adestran os venres e sábados pola tarde os windsurfistas que compoñen o noso equipo, formado por Dani Conde, Serxio Fernández e Mateo Rodríguez. O windsurf é una modalidade do deporte a vela que consiste en desprazarse a través da agua sobre unha táboa provista dunha vela que vai anclada á taboa con un só punto de suxeición, denominado pé de mástil, que permite que a vela rote libre en función da dirección do vento e da posición da táboa, manipulada polo windsurfista empregando a botavara. No tocante ás competicións federativas, o windsurf consta de diferentes modalidades, divididas non só en función da idade dos regatistas, senón que tamén en función do tamaño e forma da táboa e da lonxitude e forma da vela. Simón adoita competir en diferentes modalidades: en Formula Windsurfing, Formula Experience, Open e en RS-X; Serxio e Mateo fan o mesmo en BIC-Techno”, Open e Formula Windsurfing; pola súa parte Dani prefire a modalidade de Raceboard para as competicións, aínda que tamén o fai dentro da modalidade Open.

RÁNKING DE WINDSURF

A Federación Galega de Vela aínda non tén ac-tualizado o ránking galego de windsurf desta tempada, pero despois da suma dos puntos aca-dados durante a tempada de regatas galegas puntuables para a Copa Galicia podemos adian-tar que Mateo Rodríguez vai ser segundo ou ter-ceiro do ránking de modalidade Open grazas á regularidade que mantivo nas diferentes probas puntuables. Ademáis, no Campionato Galego de Windsurf deste ano, e dentro da modalidade Open, Mateo Rodríguez foi prata e Dani Conde bronce. Outro regatista do CN que coñece o po-dio autonómico é Simón Fernández, e as posi-cións en que está a entrar nas probas nacionais e interna-cionais de Formula Windsurfing fan que por primeira vez na historia teñamos un “windsurfista“ ourensán de clase Formula no posto 553 do ránking mundial.

NOVAS INCORPORACIÓNS

Os éxitos colleitados polos nosos regatistas estos últimos anos déronlle un pulo á prácti-ca do windsurf nas augas do río Miño, e para a tempada 2011-2012 estamos a duplicar o equipo de competición do CN Castrelo de Miño ao contar con 6 novas incorporacións: Marta Lema e Nacho Iglesias en categoría infantil, Yaiza Portabales e Carlos Jiménez en categoría xuvenil, e Santi Medina e Bruno Díaz en sénior. Só desexamos que estes novos windsurfistas ourensáns sigan a estela que están a deixar os seus compañeiros.

Page 20: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

REGATAS DE COMPETICIÓN DO EQUIPO DE WINDSURF

CAMPIONATO GALEGO DE WINDSURF CLUB SOCIAL MOAÑA MAR (25-27 marzo)

Os irmáns Simón e Serxio Fernández foron 11º e 17º en Formula Windsurf Mateo foi prata e Dani bronce en modalidade Open

LAGOS FORMULA WINDSURFING FESTIVAL CLUBE DE VELA DE LAGOS, PORTUGAL (21-24 abril)

Simón Fernández participou nesta proba internacional obtendo a 28ª posición

REGATA CLASIFICATORIA DE WINDSURF RCN SANXENXO (7-8 maio)

Simón foi 5º e Serxio 6º en Formula Windsurf Mateo foi prata en modalidade Open

REGATA CLASIFICATORIA DE AGUETE, I TROFEO PRESIDENTE REAL CLUB MAR DE AGUETE (14-15 maio)

Participou só Simón, obtendo a 6ª posición da clasificatoria de Formula Windsurf

CLASIFICATORIO WINDSURF ZONA NORTE CLUB NÁUTICO DE AMES (4-5 xuño)

Simón entrou 6º en Formula Windsurf

IV TROFEO MASTER GOLDEN SERIES VALENCIA CAMPIONATO DE ESPAÑA RS:X E FORMULA WINDSURFING VALENCIA (15-17 xullo)

Simón entrou na 27ª posición en Formula Windsurf, sendo o 4º mellor regatista de Galicia nesta competición nacional.

COPA GALICIA DE RACEBOARD E COPA DEPUTACIÓN DE OPEN CN CASTRELO DE MIÑO (23-24 xullo)

Simón Fernández e Mateo Rodríguez gañaron o ouro e a prata en Open de Windsurf Serxio Fernández entrou na 4ª posición da modalidade Open Dani Conde foi 4º en Raceboard.

Page 21: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011

COPA GALICIA DE RACEBOARD E COPA DEPUTACIÓN DE OPEN, WINDSURF

Page 22: Revista Club Náutico Castrelo de Miño 2011