28
TRÍPTIC Agosto 2015 #5 O tríatlon galego comparado co brasileiro, británico e polaco Os rivais de Gómez Noya polo título mundial Quen debería ir á selección galega?

Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Número 5 distribuído no XV Tríatlon Cidade de Ferrol co análise do circuíto por parte de Melina Alonso, o debate de como formar a selección galega, as diferenzas do tríatlon en Galicia e no Brasil, Reino Unido e Polonia, una descrición dos máximos rivais de Gómez Noya no campionato do mundo, un achegamento á Peña Ciclista Rías Baixas e á Escola NorInver do Triatlón Ferrol, actualidade dos paratriatletas do Cidade de Lugo, aclaración do ranking galego non drafting e moito máis!

Citation preview

Page 1: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

TRÍPTICAgos

to 2

015

#5Ag

osto

201

5 #5

O tríatlon galego comparadoO tríatlon galego comparadoco brasileiro, británico e polacoco brasileiro, británico e polaco

Os rivais de Gómez NoyaOs rivais de Gómez Noyapolo título mundialpolo título mundial

Quen debería ir á selección galega?Quen debería ir á selección galega?

Page 2: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

MELINA ALONSO VALORA OPERCORRIDO DE FERROL

NATACIÓN: 750 m (1 volta)CICLISMO: 20 km (4 voltas)CARREIRA A PÉ: 5 km (3 voltas)

Vixente gañadora do Tríatlon Cidade de Ferrol, foi a máis rápida no pasado circuíto polo porto de Curuxeiras, que este ano afronta o final das obras de saneamento da ría. Iso fai que se deba modificar lixeiramente o percorrido, mantendo a transición ao pé do arsenal, coa novidade de subir pola estrada Alta do Porto na ida das voltas de bici e que xa volven, como o pasado ano, pola estrada Baixa.

A carreira a pé unicamente fai un pequeno cambio nun treito para completar de maneira exacta os 5.000 metros do último sector –nas voltas da proba popular non é necesario este axuste- e a diferenza máis vistosa será a meta situada no medio do porto, na zona reservada en 2014 só para os premios. Deste xeito, haberá que dar tres voltas na proba de circuíto galego –dúas na popular- e, ao pasar por terceira vez –segunda na popular- polo punto de retorno situado á saída da transición, facer uns 200 metros a meta, que nos mapas da proba vense sinalizados en cor violeta.

NATACIÓN

Ten unha natación moi fácil onde se dá un rectángulo deixando as boias a man dereita, nádase en sentido horario. Eu opto por nadar con neopreno – o habitual é que a temperatura da auga o permita- e co mar sempre en calma ao ser un peirao.

TRANSICIÓN Con barra para colgar a bici polo sillín e deixando o guiador mirando para nós.

Page 3: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015
Page 4: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

CICLISMO

O circuíto ciclista este ano ten unha pequena costa que pode facer a competición máis interesante.

CARREIRA A PÉ

É o que máis me gusta porque se pasa por unha zona de Ferrol, a dos bares do peirao, onde sempre hai moita xente animando para facelo mellor de levar.

MELINA ALONSO VALORA O PERCORRIDO DE FERROL

Page 5: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

15 EDICIÓNS DO TRÍATLONCIDADE DE FERROL

A cidade da infancia e adolescencia de Gómez Noya colocou o seu nome en letras de ouro no tríatlon estatal tamén pola cantidade de eventos organizados ao longo dos anos.

O antigo circuíto nacional Open Central Lechera Asturiana tivo parada en Doniños en tríatlon e tamén, pola forza do mar, convertido en dúatlon cando se facía imposible nadar na praia.

No centro, nadando en Caranza, o Cantón de Molins foi meta dun campionato de España en 2008, ano olímpico con Gómez Noya entre o público ao competir lesionado en Pequín, e gañado por Marina Damlaincourt e José Manuel Tovar, extremeño que deixou a Iván Raña ás portas do seu quinto campionato nacional nese momento. Ferrol presenciou mesmo unha Copa de Europa que era á súa vez campionato Iberoamericano 2009 e que se adxudicou o mexicano Crisanto Grajales por diante dos españois Josemi Pérez, olímpico en Londres, e Ramón Ejeda. De novo Marina Damlaincourt subiu ao máis alto do podio ao quedar por detrás da danesa Helle Frederiksen, que non optaba a medalla no Iberoamericano, e coa andaluza María Pujol como subcampioa.

O arsenal militar do século XVIII abriu as súas portas aos triatletas para celebrar a Liga de Clubs en 2010 gañada a nivel individual polo Cidade de Lugo con Javi Gómez Noya e Aida Valiño. O Arcade Inforhouse de Santiago alzou a copa de campións en categoría masculina e o Cidade de Lugo fixo o propio en feminina. Foi a temporada na que o entón Remeco Muralla de Lugo descendeu a Segunda masculina e o Arcade feminino ascendeu á máxima categoría.

2011 foi o ano da Copa do Rei e o campionato de España de Ácuatlon xa coas dúas transicións en Caranza. Javi Gómez Noya de novo liderou a un Cidade de Lugo campión cun resultado apertado fronte ao Arcade Inforhouse de Santiago, con Iván Raña nas súas filas. En Ácuatlon viuse triunfar de novo o triatleta ferrolán e, en mulleres, Carolina Routier proclamouse campioa estando Mario Mola entre o público xa que nos días previos se disputara o Europeo en Pontevedra.

A condición de subcampión olímpico Gómez Noya estreouna por primeira vez en Ferrol gañando unha nova edición do Tríatlon Cidade de Ferrol do circuíto galego.

O porto de Curuxeiras xa fora sede de probas propostas polo Triatlón Ferrol pero foi en 2014 cando se recuperou a localización que facilita a presenza dun público máis numeroso e dun evento máis vistoso ao pé do inicio do Camiño Inglés a Compostela.

Page 6: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

TES XA PRAZA PARA O CAMPIONATOGALEGO NO TRÍATLON DO MIÑO??

Hoxe en Ferrol as triatletas que finalicen e os 22 mellores da proba masculina con tempo de corte quedarán clasificados para o campionato galego de tríatlon sprint.Non hai prazas por categorías de idade pero si podes repasar os rivais que tes na loita polas medallas.

Nas dúas primeiras probas de circuíto, os homes número 23 conseguen praza ao quedar por detrás dun triatleta de club asturiano e dun toledano que non contabilizan para o campionato galego.

Serás ti un dos clasificados? Comproba a listaxe despois de Poio e Arteixo:

1. Camila Alonso (Triatlón Ferrol) SUB23F 2. Sara Guerrero (Triatlón Ferrol) JNF 3. María Martínez (Atletismo Porriño) ABF4. Agnieszka María Trzcinska (AD Fogar) ABF 5. Patricia Álvarez (AXA Agenica Garriga-Beariz Triatlón) ABF6. Cristina Torres (CT Mar de Vigo) CDF7. Paloma Herbello (Arcade Inforhouse de Santiago) V1F8. Lara Lois (GV Sports Club) ABF 9. María Lois (Arcade Inforhouse de Santiago) CDF10. Amelia Roca (Cidade de Lugo) ABF11. Mariña Ramos (GV Sports Club) CDF12. Sandra Sobreira (Atletismo Porriño) SUB23F13. Ana María López (TriOurense) V1F14. Ruth Seoane (TriSada) JNF

CATEGORÍA FEMININA

Page 7: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

15. Sara Esperón (GV Sports Club) SUB23F16. Daniela Alexandra Orbe (GV Sports Club) ABF 17. Rocío Otero (Arcade Inforhouse de Santiago) ABF18. Silvia Pérez (CT Mar de Vigo) V1F19. Marta Barbeito (AD Fogar) ABF20. Priscila Suárez (Triatlón Ferrol) ABF21. Salomé Calviño (AD Fogar) CDF22. Diana Cotón (Arcade Inforhouse de Santiago) SUB23F23. Rebeca Carnota (AD Fogar) CDF24. Lorena Iglesias (Cidade de Lugo) CDF25. Lorena García (CT Mar de Vigo) ABF 26. Sonia Roca (Nosportlimit-Trek Galicia) ABF27. Balbina Tarrío (AD Fogar) SUB23F28. Alba Ederaldo Fernández (Arcade Inforhouse de Santiago) ABF29. Tania Garabatos (Olímpico de Vedra) ABF30. Belén Rodríguez (CT Mar de Vigo) ABF31. Mónica Mezquita (Nosportlimit-Trek Galicia) ABF32. María Luisa Rúa (TriSada) ABF33. Vanesa Naveira (Cidade de Lugo) ABF34. Patricia Sánchez (Nosportlimit-Trek Galicia) V1F

1. Susana Rodríguez Gacio (Cidade de Lugo) ABF

1. Isma López (Natación Riveira) ABM2. Nacho Castro (Arcade Inforhouse de Santiago) SUB23M3. Paquillo Cendán (Talleres David-Triatlón Compostela) SUB23M4. Sergio García (Arcade Inforhouse de Santiago) ABM5. Iván Rubio (Triatlón Arteixo) V1M6. Carlos Brión (Natación Riveira) JNM7. Miguel Daporta (Olímpico de Vedra) ABM8. Fabián Ubeira (Asociación Deportiva CAR) ABM9. Brais Otero (ArcadeInforhouse de Santiago) JNM10. Paco Fernández Moldes (CT Poio) ABM11. Alberto Álvarez (Muralla de Lugo) ABM12. Jacobo Crego (Olímpico de Vedra) ABM13. Raúl García Agra (Arcade Inforhouse de Santiago) JNM14. Agustín Ríos (CT Morrazo) ABM15. Anxo Lema (Olímpico de Vedra) JNM16. Alejo Alvite (Olímpico de Vedra) ABM 17. Iago Lorenzo (CN Galaico) SUB23M18. Andrés López (CT Poio) V2M19. Jonathan Monteagudo (Triatlón Coruña) ABM20. José Luis Dorado (TriNorth-Nogasa) ABM21. Antonio Iglesias (Arcade Inforhouse de Santiago) JNM22. Miguel Ángel Álvarez (AD Fogar) 23. César Saracho (Triatlón Arteixo) SUB23M

CATEGORÍA MASCULINA

PARATRÍATLON PT5

Page 8: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

24. César Montes (Triatlón Coruña) ABM25. Pedro Álvarez (AD Fogar) JNM26. Alberto Antelo (AD Fogar) ABM27. Ismael Fernández (CT Mar de Vigo) SUB23M28. Manuel Castro (Atletismo Porriño) ABM29. Carlos González (AD Fogar) CDM30. Sergio Martínez (Triatlón Arteixo) ABM31. Borja Sánchez (Triatlón Coruña) ABM32. Alejandro Pardo (AD Fogar) CDM33. Brais Iglesias (Arcade Inforhouse de Santiago) JNM34. Basi Seijas (Triatlón Ferrol) ABM35. Dani Santalla (Triatlón Ferrol) CDM36. Óscar Fernández González (Arcade Inforhouse de Santiago) ABM37. Alfredo Trincado (Triatlón Arteixo) V1M38. Borja Conejero (CT Mar de Vigo) ABM39. Manuel Dosil (Independente) ABM40. Pablo Pedrosa (Triatlón Ferrol) JNM41. Antonio Cedrón (Arcade Inforhouse de Santiago) ABM42. José Ramón Jácome (PC Rías Baixas) V1M43. David García (Nosportlimit-Trek Galicia) ABM44. Francisco Gómez (Cidade de Lugo) CDM

Page 9: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

O TRÍATLON GALEGO NO PANORAMAINTERNACIONAL

Motivos profesionais levan o compostelán a competir nun circuíto profesional de nivel estatal no Brasil –Sesc Triathlon- que lle permite conseguir premios económicos importantes, caso de éxito que lembra o fracaso de B-Dream en España.

“O que menos me gusta, en cambio, é o elitismo do noso deporte, que aínda é maior nun país en v ías de desenvolvemento como o Brasil. Quérese vender a idea de que precisas un material á última moda para poder facer unha proba e iso é algo que debemos desmentir”, valora Ruanova.

A diferenza do circuíto galego de tríatlon sprint, o Sesc Triathlon é de distancia olímpica coma moitas das probas brasileiras nas que tamén predomina o non-draft e conta cunha participación numerosa, superando na primeira etapa de Caiobá os 1.200 participantes.

Xa falando do nivel, Antón Ruanova considera que “en xeral, en Sudamérica hai atletas con grandes resultados pero falta unha base de xente con nivel medio que, a longo prazo, é o que posiblemente nutra á elite do país. É difícil atopar un lugar con máis nivel deportivo que Galicia se falamos de tríatlon”.

Do que si Brasil polo de agora está a anos luz é na canteira, onde a participación de nenos non se asemella á dos galegos. “É moi salientable o esforzo que se fai en Galicia por animar aos máis pequenos a iniciarse no noso deporte. Evidentemente axuda ter a grandes referentes mundiais como Javier –Gómez Noya- e Iván –Raña- que se fixeron a si mesmos, pero hoxe hai un traballo importante dos clubs nas súas cidades impulsando as escolas deportivas”.

No podio habitualmente tamén no Brasil, Antón Ruanova xa garda entre os seus tríatlons favoritos o de Manaus, nadando no Río Amazonas, con 35 graos e alta humidade.

Vivindo agora en Pontevedra, a inglesa Beth Hall, de Eastbourne, ao sur do país, é quen de comparar o tríatlon británico co da Galicia que a ten namorada.

Cos grandes ídolos mundiais fronte a fronte, o galego Gómez Noya e os británicos Alistair e

Page 10: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

Jonathan Brownlee, a balanza do nivel xeral dos triatletas tamén é difícil de decantar d u n l a d o o u doutro. “Creo que hai máis persoas q u e p r a c t i c a n tríatlon en Galicia, en porcentaxe, pero hai un montón no Reino Unido que o fan moi en serio. Traballan de 9:00 a 17:00 horas e en Inglaterra dórmese máis cedo. En Londres tiña amigos que madrugaban ás 4:00 horas para facer bici en casa antes de traballar ou correr até a oficina para facer as súas millas a pé, cando preparaban longa distancia”.

Sen canteira sería insostible unha presenza continua do equipo británico nos podios de tódalas categorías e modalidades de tríatlon ou dúatlon. “Hai un montón de nenos, hai catro grupos de idade de 8 a 15 anos, despois os youth e os junior, que poden competir pola súa rexión nun campionato, así que penso que é similar a Galicia”.

A triatleta do Motobike o único pero que lle pon ao tríatlon galego é que “non hai trofeos para os tres primeiros de cada grupo de idade. Se non, xa tería gañado algúns!”, comenta en broma Beth Hall.Centrándose agora na media distancia, a británica compite menos pero subliña que en Galicia “hai un montón de carreiras, case cada fin de semana no verán! E son moi baratas comparándoas. En Inglaterra, pagas £30-60 por un sprint ou un olímpico e así non podes competir tódalas fines de semana. Para adestrar, o clima é mellor normalmente e o meu favorito é a auga. No Reino Unido non hai tantos sitios para nadar en augas abertas, algunhas competicións fanse en piscina. Ademais, as Rías Baixas son perfectas para a natación, podes adestrar gratis en augas abertas, en Inglaterra ás veces tes que pagar”.

O TRÍATLON GALEGO NO PANORAMA INTERNACIONAL

Page 11: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

O prezo tamén se fai notar nos propios horarios de competición. “As saídas poden ser ás 7:00-9:00 horas, ás veces mesmo antes porque o

circuíto é a tráfico aberto. Hai carreiras con el pechado pero son máis caras porque teñen que pagar para cortar a estrada –en Galicia, pola estrada, unicamente acostúmase pagar unha taxa de pouco máis de 50 euros-. Ás veces pechan un carril para que só haxa tráfico nunha dirección”, afirma Beth Hall.

En Galicia, a inglesa quédase con tódalas probas polas súas vistas, a organización e o público animando pero elixe o Atlántico de

Baiona co que está involucrada na súa montaxe e pola beleza da vila á beira do Atlántico.

En Carballo reside a polaca Agnieszka Trzcinska que era nadadora no seu país onde o tríatlon nos primeiros Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney aínda non era coñecido.

Comparándoa coa súa Cracovia natal, “Galicia é a comunidade mellor 'dotada' do mundo, non se me ocorre outra zona con tantos triatletas de nivel mundial. Cracovia curiosamente tamén pertence á antiga rexión de Galicja pero está moi por detrás”, puntúa con humor.

De novo o traballo de base marca as diferenzas. “Un dos motivos polos que Galicia destaca é polas súas novas promesas. En Polonia, o tríatlon é máis ben un deporte de maiores. Sei que agora se están abrindo escolas pero, aínda así, non chega ao nivel doutros deportes. A educación primaria alí divídese en función do deporte que se practica. Se a instalación dispón dunha piscina, normalmente hai unha clase de nadadores que adestran e estudan nese colexio, polo que é relativamente doado conciliar deporte e estudos dende neno”, desvela a triatleta da AD Fogar.

Igual que no caso do Brasil, hai circuítos de nivel estatal con sponsors como as Volvo Triathlon Series, Garmin Iron e Enea TriTour, sumando diferentes distancias nun mesmo evento.

Pero a modalidade raíña en Polonia é o Ironman por iso as categorías inferiores dedícanse á distancia sprint pero, entre os adultos, o habitual é a olímpica, a media e a longa distancia, non sempre pechadas ao tráfico.

Tanto como a competición, os espazos para adestrar son fundamentais tamén para Agnieszka: “en Galicia temos tódalas facilidades, o mar, estradas con beiravías e monte para 'facer perna'. As probas son variadas e non demasiado caras. Pero, por riba de todo iso, o que máis me gusta son as empanadas post-proba”.

O TRÍATLON GALEGO NO PANORAMA INTERNACIONAL

Page 12: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

PEÑA CICLISTA RÍAS BAIXASPresidente:José Ramón MiguélezAdestrador:Pablo Dapena

1 junior 15 absolutos 11 Veterán 1 4 Veterán 2

Co groso do actual equipo afincado en Pontevedra aínda que tamén cun grupo en Cambados, o PC Rías Baixas creouse en 2009 como club de ciclismo e tríatlon aínda que sen actividade nesta última sección. Foron discrepancias entre varios triatletas pertencentes ao Galaico e a directiva, habituais en clubs de natación co tríatlon como actividade non prioritaria, as que fixeron que aumentase o número de triatletas no PC Rías Baixas.

Adestrados polo internacional Pablo Dapena, licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, é el quen marca as directrices nos adestramentos que teñen condicionado o seu seguimento

polos horarios laborais dos triatletas. Carreira a pé á beira do río Lérez, natación nas piscinas de Campolongo ou Pontemuíños ou no encoro do Pontillón do Castro en Verducido e ciclismo polas estradas das Rías Baixas son os seus circuítos habituais.

O PC Rías Baixas, aínda que novo en tríatlon, ten afán de quedarse. “A aposta que fixemos é de futuro e a mostra é que cos patrocinadores temos un acordo por tres anos prorrogables. Somos cautos con respecto a resultados porque cando un globo incha moito é máis fácil que explote”, afirma Quique Hernández, un dos líderes do club.

Aínda así, os retos están marcados: rematar o circuíto galego de tríatlon sprint para seguir subindo no ranking e contar con representación no campionato do Mundo de dúatlon de longa distancia -6 de setembro na Suíza- para o que xa están confirmados o propio Quique Hernández e seu irmán Juan ademais de Manolo González Ojea, campión do Mundo xa en distancia curta en Pontevedra no grupo de idade de 55-59 anos.

Page 13: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

Dende calquera popular a Pablo Dapena, moitos son os triatletas que padecen habitualmente periostite. O fisioterapeuta pontevedrés Hugo Ogando de On Fisioterapia dá as claves desta lesión.

Nos últimos anos, a práctica do triatlón experimentou un aumento exponencial. Esta “xuventude” fai que, polo momento, se saiba relativamente pouco sobre a incidencia de lesións dos deportistas. O que si se coñece é que o triatlón é un deporte de alto nivel lesional (algúns estudos sinalan máis do 50% dos deportistas, cifra moi superior a deportes de similares horas de adestramento como a ultramaratón cun 30%), predominando lesións de membro inferior por sobre-uso. Así, nos estudos recentes, ademais do xeonllo, nocello e coxa como zonas lesionadas, destaca a perna, como zona atípica de lesión en deportes sen contacto, sendo a lesión máis coñecida a “periostite tibial”.

Adoita presentarse na zona interna da tibia. A dor provén do periostio (tecido tipo vaina fibrosa ricamente inervado que recobre o oso na súa capa máis externa, que lle proporciona nutrición e sensibilidade). Podería considerarse así á periostite tibial como unha inflamación do periostio da tibia.

Normalmente a lesión prodúcese por un conxunto de factoreslesionales, non por un único.

O erro é rea l i zar un icamente un tratamento unha vez instaurada a lesión (repouso, crioterapia, Indiba, ultrasons, láser, masoterapia, etc…), sendo necesario previr este risco de aparición avaliando os factores de risco antes comentados e t r a t a n d o d e r e a l i z a r u n t r a b a l l o m u l t i d i s c i p l i c a r c o d e p o r t i s t a (fortalecemento específ ico da zona, valoración da necesidade de “plantillas” por un podólogo, adaptación das cargas de adestramento, a elección dunha zapatilla adecuada, etc.)

Por elo, é recomendable a realización dun bo programa de prevención lesional, dende un recoñecemento médico inicial, unha avaliación funcional fisioterápica co fin de detectar estes posibles factores de risco e unha boa planificación a nivel de adestramento.

Qué é a Periostite?

SAÚDE

Page 14: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

A CORUÑA

Desde Decathlon A Coruña, Óscar Fernández Vázquez, triatleta del Arcade Inforhouse de Santiago, aporta soluciones para el entrenamiento de natación con los cambios del verano.

GOMAS DE PISCINA NABAIJI “SWIMMING ELASTIC” Llega la hora de irnos de vacaciones y ya estamos pensando en que no podremos nadar si nuestro destino no cuenta con una piscina en condiciones. Para solucionar este problema aparecen en el mercado las gomas elásticas de la marca Nabaiji.

¿En qué consiste este nuevo juguete? El Swimming elastic es un sistema de entrenamiento de natación estático, es decir, que no se avanza. El sistema hace que podamos dar brazadas y patadas sin desplazarnos apenas unos centímetros. Es un excelente artilugio si disponemos de una piscina pequeña, ya que podemos nadar constantemente sin tener que parar cada vez que llegamos al final, permitiendo una mejora notable de nuestro rendimiento y resistencia.

Cuando abrimos la bolsa nos encontramos con un sistema de gomas que se enganchan por un extremo a nuestros pies y por el otro a cualquier elemento fijo, ya sea una escalera metálica, un trampolín, etc.

Características.

ELÁSTICO: El elástico está compuesto por una parte central "ajustable" que se fija al soporte fijo y otros dos elásticos para las piernas. Además, tiene un margen de ajuste de 1 metro, o sea una longitud que varía de 2 a 3 metros.

Page 15: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

POLIVALENCIA. Elástico para practicar los 4 estilos de natación (Mariposa, Espalda, Braza, Crol).

ADAPTABILIDAD. “Tobilleras" de tela de talla única

amoldables (37-46 ).

FACILIDAD. Fácil colocación, transporte y

guardado.

VERSATILIDAD. El elástico se puede ajustar en función de las dimensiones de cada piscina.

VENTAJAS

MI OPINIÓN

TOBILLERAS: En un extremo del elástico se sitúan 2 tobilleras de tela específicas para cada pie. Las tobilleras son ajustables mediante el bies de la correa. A su vez, el elástico situado justo debajo del pie cuenta con una trabilla de fijación. Estas tobilleras permiten conservar una posición "natural" para nadar.

GUARDADO: Las gomas “Swimming elastic” se entregan con una bolsa de guardado para transportarlas fácilmente. La bolsa está hecha con red para que ventile y no quede el agua estancada.

COMPOSICIÓN. Tobilleras: 85% poliéster y 15% elastán. Correa: 100% polipropileno.

RESTRICCIONES DE USO: No dejar el elástico en la piscina después del uso, ya que puede ser peligroso para los niños.

MANTENIMIENTO: Aclarar el elástico y las tobilleras con agua clara después de cada uso.

Una vez te haces con unas gomas, te empiezas a imaginar cómo van a ser de cómodas. Te preguntas si permitirán realizar unos movimientos “limpios”, si valdrá la pena su uso, etc. Me ha sorprendido que una vez los colocas en los pies y empiezas a dar las primeras brazadas uno se concentra en nadar correctamente, “hacer metros” y en salir de la piscina para contárselo a los compañeros de fatigas.

La primera sensación resulta extraña, percibes que algo te “tira” por los pies, pero esa sensación dura unos minutos y te habitúas a la retracción de las gomas. El avance es mínimo, lo cual hace que podamos ajustarnos al límite de la piscina.

En cuanto a la respiración, puede que cueste cogerle el punto. Para ello, es ideal el uso de tuba durante los entrenos. En mi caso no he tenido problema.

Para terminar, tras probar las gomas Swimming elastic e indagar en el mercado otros dispositivos similares, no les he encontrado nada negativo, sino todo lo contrario. Además, ¡cuenta con un precio sin rival! Ahora ya no debes dejar de lado los entrenos de agua durante nuestras vacaciones.

ME GUSTAOcupa poco espacio en la mochila.

Fácil de anclar a elementos fijos.

Fácil y cómodo de colocar en los pies.

Libertad de movimientos.

Recomendable para entrenamientosde fuerza.

Cómodo para que un entrenador tepueda supervisar.

Precio muy asequible, (24,95€) encualquier tienda Decathlon.

Page 16: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

Presidente: Cali FormosoAdestradores: Jaime Ruiz, Fani Sande e David Arias

11 prebenxamíns 6 benxamíns 14 alevíns 7 infantís 17 cadetes 4 juniors

Sen contabilizar xa ás tres junior estrela que adestran no CGTD, Inés Santiago -ferrolá formada dende o inicio na escola e campioa de España de tríatlon e ácuatlon individual e por equipos-, Sara Guerrero e Carmen Gómez, a canteira do Triatlón Ferrol non deixa de medrar ano tras ano.

“Do que máis orgulloso estou é de ver cómo está crecendo e dos rapaces que seguen e fixeron grupo. Máis diso que do rendemento físico porque é secundario agora mesmo”, confesa o técnico principal do club, Jaime Ruiz.

Con case unha década de vida, hoxe o máis veterán da escola é aínda o junior Pablo Pedrosa.

Club fundado a partir da sección de tríatlon do Natación Ferrol cando daba os seus primeiros pasos Gómez Noya, hoxe o Triatlón Ferrol mantén os seus nenos como socios do club de natación para nadar de dous a catro días na piscina de Caranza. A partir de aí, os mércores dedícanse á carreira na Malata, os sábados é Doniños o centro de adestramentos de bicicleta e carreira e os infantís, cadetes e juniors suman os venres saídas polas estradas de Ferrolterra partindo da sede do seu recentemente estreado local na Casa de Deporte, onde tamén poden facer “rodillo”.

Tras anos sendo medallista na clasificación xeral do campionato galego de menores, o Triatlón Ferrol acadou pola temporada 2014 o título de mellor club de base da cidade departamental de tódalas disciplinas deportivas.

Con estes alicerces, non só suman bos resultados Inés Santiago ou Marcos Ruiz –quinto no campionato de España de tríatlon- senón que tamén están en postos de honra nomes como Abel Fuentes e Iván Puentes, que foron con Marcos bronce nos campionatos de España de tríatlon, ácuatlon e dúatlon por relevos.

ESCOLA NORINVER DO TRIATLÓN FERROL

Page 17: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

COMO FORMAR ASELECCIÓN GALEGA?

O 17 de xuño a FEGATRI publicou a convocatoria para o campionato de España de tríatlon por Autonomías elixidos por, textualmente, “o nivel acadado en tríatlons nacionais, internacionais e autonómicos celebrados até a data”.

Formaban o equipo proposto Javi Gómez Noya, Fernando Alarza, Antonio Serrat, Uxío Abuín, Pablo Dapena, Ricardo Hernández, Saleta Castro, Melina Alonso, María Ortega, Carmen Gómez, Inés Santiago e Camila Alonso, nesa orde. Con Luismi Velásquez, Alberto Castiñeiras, Diego Paz, Joselyn Brea, Sara Guerrero e Paula Herrero como suplentes.

O debate está aberto. Dos 18 propostos inicialmente, seis non son galegos: o manchego Alarza, o canario Hernández, a toledana Ortega, os venezolanos Velásquez e Brea e a asturiana Herrero.

A selección definitiva reduce esa porcentaxe aos casos de Joselyn Brea e o mexicano Abraham Castellanos e inclúe as novidades de Martín Carrera, Isma López e Carlos Brión, quedando fóra sen valorarse nomes que en Pontevedra conseguiron mellores resultados como o becado na Blume de Madrid Andrés Cendán –bronce en junior- ou os elite Brais Canosa -30º-, Nacho Castro -53º-, Marta Barbeito -31ª- ou María Martínez -33ª-.

Cal é entón a mellor opción para formar o conxunto que defenda as cores de Galicia no campionato de España por Autonomías?

Page 18: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

NACHO CASTRO (ARCADE INFORHOUSE DE SANTIAGO)

“Tiña que haber unha proba que servise de criterio pero deixando ver un mal día. Outra cousa é facelo totalmente a dedo”

MARTA BARBEITO (AD FOGAR)

“Non é que non estea de acordo con esta selección galega, é que creo que para a Federación o único importante é ser os mellores con fichaxes sen fomentar as escolas, destinando recursos económicos e material para os de fóra”

ANDRÉS CENDÁN (TALLERES DAVID-TRIATLÓN COMPOSTELA)

“Non entendo que leven estranxeiros tendo xente boa en Galicia e que a outros nin nos nomeen”

PRISCILA SUÁREZ (TRIATLÓN FERROL)

“Para os galegos ir á selección é algo que engadir ao noso currículo deportivo”

COMO FORMAR A SELECCIÓN GALEGA?

Page 19: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

BRAIS CANOSA (ARCADE INFORHOUSE DE SANTIAGO)

“Non é que vaia un ou outro. Se falaron con eses é por interese en que vaian. Non é unha competición internacional, é para representar a túa comunidade”

BALBINA TARRÍO (AD FOGAR)

“Debería ir xente de aquí ou que leven moitos anos en Galicia e que haxa uns criterios para que cada un

vexa se pode optar ou non”

ANXO LEMA (OLÍMPICO DE VEDRA)

“Levaron triatletas que nin están nacionalizados. Se están de pasada non creo que se consideren galegos e pérdese o sentido da

selección”

DIANA COTÓN (ARCADE INFORHOUSE DE SANTIAGO)

“Parece que os galegos non existimos. Practicamente só levan os que están no Centro de Tecnificación”

Aínda que non publicados e concretados por escrito, obviamente a selección galega fórmase cada ano en base a uns criterios, criterios técnicos segundo a Federación Galega que aclara o director técnico da FEGATRI, Luis Piña.

Que criterios se tiveron en conta para convocar a selección galega 2015?

Cada ano cambiamos, vexo o calendario e se pode haber unha proba obxectiva en Galicia. Por sorte ou por desgraza, eu creo que por sorte, hai tanto nivel, con moitos deportistas internacionais, que hai poucas opcións, con compromisos como as Series Mundiais, e a inmensa maioría non correu en todo o ano en Galicia. Se houbera opción, sería moi lícito pero non poden. Os seis ou oito mellores non van poder.

COMO FORMAR A SELECCIÓN GALEGA?

Page 20: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

Márcase un límite ético de triatletas non galegos a convocar ou non se mira a nacionalidade para facer a lista?

Hai unha normativa FETRI que indica que pode ir aquel triatleta con licenza da comunidade autónoma e pódese levar un estranxeiro pero con permiso de residencia –de aí que non fose posible, como estaba previsto, levar ao mesmo tempo a Abraham Castellanos e Luismi Velásquez, que foi substituído polo junior Carlos Brión-. De 12 había dous estranxeiros –Castellanos e Joselyn Brea-. Non me parece lícito queixarse cando hai clubs galegos que soben ao podio sen ningún galego (que me parece ben, non o estou criticando). Decepcióname a resposta da xente de aquí. Do primeiro equipo só un dixo que si –facendo alusión unicamente ao caso masculino onde aceptou Antonio Serrat-. Houbo algún caso moi xustificado como Gómez Noya ou Alarza que tiñan as Series Mundiais de Hamburgo e outros que nin contestaron cando é obrigatorio. Encantaríame que os doce fosen galegos pero, se hai moitos que din que non porque non me apetece, haberá que ir tirando para atrás. Outra cousa sería se os galegos estivesen en igualdade de condicións.

Por que non saen na convocatoria nomes como Gustavo Rodríguez ou Andrés Cendán?

Por criterio puramente técnico. Podían ter entrado outros? Pois si. Eu a Gustavo non o metería porque está especializado en media distancia e nun sprint non podes saír retrasado da auga. Con Jonathan Cancela e Omar González fixemos a mellor lista posible. Hai dous rapaces de Riveira que entraron ao final porque fixeran boas carreiras en Poio –proba gañada por Isma López- e no Porriño –con triunfo de Martín Carrera-.

Prímase gañar por riba de representar a Galicia? É comparable a composición dun club coa da selección galega?

É cuestión de normativa. A partir de aí, dígolles a Camila e Melina “non mira, non nacestes aquí”? Sempre sería cuestionable onde está o límite.

O certo é que, nos últimos anos, Galicia gañou os campionatos de España 2012 e 2013. Non acudiu en 2014, ano no que Marta Barbeito si foi convocada e a FEGATRI decidiu non presentarse á competición a mesma semana da proba. “Chamei o venres anterior para confirmar a viaxe porque tiña que pedir un día no traballo e o luns díxome Luis Piña que non íamos porque non había equipo para gañar. O importante non é gañar, senón ser galegos e estar orgullosos de dar o 100%”, afirma a triatleta do Fogar.

COMO FORMAR A SELECCIÓN GALEGA?

Page 21: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

SEGURIDADE POSTA EN RISCOAO INVADIR O CARRIL CONTRARIO Os circuítos deben cumprirse estritamente. No Tríatlon Popular de Cedeira, numerosos triatletas deberían ter sido descualificados por non facelo ao invadir o carril contrario polo que veñen triatletas de volta.

Nas imaxes, cedidas polo Club Deportivo Kurai Sports, vese claramente como varios triatletas abren o pelotón e buscan maior espazo para baixarse da bici antes da liña de desmontaxe. Non só infrinxen o regulamento senón que fan trampa ao gañar vantaxe con respecto aos triatletas que asumen que teñen o espazo que teñen para entrar a transición.

Que pasaría se un deportista ao quitar as calas cae no carril contrario e nese momento dá a volta un triatleta que aínda non finalizou o ciclismo vendo o seu carril invadido?

Asumiríamos con deportividade unha descualificación que estragase o noso traballo por gañar uns metros de forma ilegal?

O VALOR DO CASCO Ninguén dubida que o casco puido salvar a vida de Aida Valiño nos dous atropelos graves que sufriu en pouco menos dun ano. Pero o seu uso non debería reservarse para saídas á estrada ou para a competición. Máis alá de poñelo por medo a ser sancionados, bótase en falta unha conciencia real do valor do casco.

Antes e despois das competicións practicamente calquera triatleta (popular, do CGTD, dunha escola ou mesmo adestrador) móvese na súa bici sen casco.

Page 22: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

O caso dos menores ten maior delito porque até os 16 anos a DGT obriga a levalo en todo momento, incluídos parques ou prazas. Non facelo implica unha multa de 200 euros aos pais.

Deste xeito, os adultos que viven o tríatlon e o ciclismo non dan o mellor dos exemplos aos nenos cando circulan en bici sen casco, que é o seu seguro de vida.

EN QUE MOMENTO UN VALO PODECONFUNDIRSE CUNHA PAPELEIRA? Por incrible que pareza, é moi habitual que triatletas ou público eviten a ridícula molestia de moverse uns metros en busca dunha bolsa ou contedor do lixo para botar latas, botellas ou plásticos.

Aínda sendo biodegradables, o sitio das mondas de plátano tampouco é o chan.

Así quedou a zona do Porto de Campelo en Poio ao paso de incivilizados que non saben aproveitar o premio que supón practicar ou presenciar un deporte como o tríatlon que se celebra ao aire libre.

Quen non viu a triatletas despegando os adhesivos dos dorsais sen preocuparse de onde deixan o papel?

Moi probablemente hoxe no XV Tríatlon Cidade de Ferrol os pais e nenos do club local teñan que recoller máis dunha vez os refugallos tirados no chan para que, con sorte, non acaben no mar. Un traballo que pode aforrarse -garantindo unha eficacia de limpeza do 100%- se cada unha das 500 ou 600 persoas que se poden xuntar nun tríatlon sprint, entre participantes e público, dá uns pasos cara o contedor máis próximo ou, en caso de vagancia extrema, gárdao no seu peto para tiralo máis tarde.

Botar o lixo ao chan non debería ser unha opción.

Page 23: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

Agosto vai rematar coas Series Mundiais en Estocolmo e comezará setembro en Edmonton para xa decidirse na Gran Final quen será o campión do Mundo 2015 en Chicago. Defensor do título, o galego Gómez Noya é o actual líder da clasificación que lle podería dar o seu quinto Mundial e ser así o único triatleta da historia en sumar cinco campionatos do Mundo.

Cun primeiro posto, tres segundos e un terceiro xa como os seus cinco mellores resultados a sumar, o triatleta do Cidade de Lugo ten aínda rivais aos que non perder de vista. O seu adestrador, Carlos Prieto, analízaos para TRÍPTICA:

MARIO MOLA (1º/2º/3º/3º/8º)

É un grandísimo atleta e capaz de gañar a calquera en formato ITU con drafting O seu único hándicap é a natación cando queda cortado e a bici non se para

VINCENT LUIS (1º/2º/3º/3º)

Bo nadador, en bici deféndese porque se non, non estaría aí, pero non dá unha exhibición porque prefire non desgastarse para correr Ten unha velocidade incrible, é moi explosivo, diría que é máis rápido mesmo que os Brownlee

ALISTAIR BROWNLEE (1º/1º/2º)

O seu único punto débil son as lesións É o triatleta máis agresivo na súa maneira de competir. É a encarnación de non darse por vencido até cruzar a meta, este ou gaña ou morre Non é un gran nadador en piscina pero si en augas abertas, en bici os dous poderían correr con ciclistas de alto nivel sen desentoar e son quen de correr con atletas do seu país que ten un altísimo nivel

Con Jonathan Brownlee lesionado, a guerra limítase a catro nomes. A Gran Final é a cita ineludible e cunha puntuación maior, a ese resultado débense sumar ademais os cinco mellores postos do ano.

QUEN PODE IMPEDIR QUE GÓMEZ NOYAGAÑE O SEU QUINTO MUNDIAL?

ITU/triathlon.org

ITU/triathlon.org

ITU/triathlon.org

Page 24: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

O FACTOR QUE CONDICIONAA SUSANA RODRÍGUEZ

3 minutos 48 segundos é o tempo que agora mesmo Susana Rodríguez Gacio ve incrementado ao que marca o crono cando cruza a meta como medida de equilibrio entre paratriatletas cegas totais ou cunha visión ínfima de sombras e colores coas que teñen unha porcentaxe baixa de visión.

Co inicio do paratríatlon, tódolos deportistas cegos uníanse na categoría de TRI-6, mentres que en disciplinas como o atletismo ou a natación abríanse tres subcategorías. Esa división reduciría demasiado o número de paratriatletas en cada competición e, nas temporadas 2011 e 2012, a ITU optou por entregar unhas gafas negras que igualasen a tódolos deportistas. A polémica estivo servida ao engadir unha dificultade máis a paratriatletas que xa parten cunha discapacidade visual. A opción de separar os que pode dicirse que non ven nada –Tri-6- dos que ven algo –TRI-6b- tampouco foi factible ao entrar nos Xogos Paralímpicos onde se precisa un nivel de participación considerable para que sexa na práctica o evento onde só están os mellores de cada continente.

A pasada temporada, na reunión técnica da Proba Mundial de Paratríatlon de Yokohama, informouse da creación dun factor que compense as diferenzas. Alí estaba a viguesa Susana Rodríguez Gacio. “Só ao equipo británico non lle sorprendeu que sacaran ese tema. A ITU tampouco explicou demasiado como calculou o tempo, só que se baseaban en resultados anteriores”.

En 2014, o tempo a engadir era de 3:43 no caso dos homes e 4:16 no das mulleres e este ano rev i souse para de ixa lo en 3 :18 e 3 :48 respectivamente. “Creo que o van seguir baixando p o r q u e n o n r e p r e s e nta o q u e p a s a e n competición. En catro minutos nun tríatlon sprint dáche tempo a correr un quilómetro”, asegura a paratriatleta do Cidade de Lugo que, aínda que ela non se escuda niso, quedou fóra do podio do pasado Europeo de Xenebra cun tempo 15 segundos mellor que a segunda, a holandesa Joleen Hakker, deportista B1 á que non se lle suma o factor de 3:48.

Sobre o que si chama a atención a paratriatleta albina é sobre as diferenzas evidentes no gran grupo de deportistas con algo de visión pero entre os que hai niveis que facilitan ou dificultan aínda máis a competición e que participan coas mesmas posibilidades.

Despois do test de Rio de Janeiro, o campionato de España de Altafulla será o penúltimo reto do ano, no caso de descartar longas viaxes a Detroit e Edmonton e só cunha posible previa preparatoria no Tríatlon do Miño, antes do Mundial de Paratríatlon en Chicago.

ITU/triathlon.org

Page 25: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

TONI LÓPEZ: “A ESENCIAÉ O TRÍATLON EVOU FACER UN

ESFORZO PARA NADAR” Despois de estrearse en dúatlon na 25ª edición de Lugo no Memorial Alejandro López, Toni Rodríguez –PT5- quedou enganchado por completo.

Por que decidiches probar co dúatlon? Gústanme moitos deportes. Fixen fútbol de pequeno e, xa cando quedei cego, ciclismo, atletismo e judo, que é o meu deporte. O tríatlon gustoume de sempre e xa estaba facendo bastante bici e, sobre todo, correndo. Era por vivir unha experiencia máis.

A quen lle pediches consello antes da competición? Como polo traballo –Toni é xornalista deportivo na Radio Galega- les artigos, consellos en foros e webs, vas conformando unha idea aínda que nunca vira en directo unha proba de paratríatlon. Non adestrei para iso realmente, non fago costas nin series.

Susana Rodríguez Gacio comentouche algún truco? Sobre todo falamos das transicións, era o que máis me preocupaba. Falamos de se deixar as zapatillas na bici ou fóra para poñelas. E tiña lido o regulamento pero tampouco quería incumprir ningunha norma. Pregunteille se era imprescindible ir sempre por diante do guía –o regulamento ITU indica que nunca pode ir por diante o guía agás nas zonas sinalizadas con carteis de “Free leading”, como en xiros de 180º. No Mundial de Dúatlon de Pontevedra, por exemplo, a entrada ao estadio permitía que o guía pasase un momento por diante do paratriatleta-.

Houbo algún erro propio do debut que penses que xa non vas cometer? O primeiro erro foi que chegamos tarde á saída –ri-. Seguramente os cometerei, é importante revisar o circuíto previamente, a hidratación... Ao baixarme da bici érame moi difícil manter a verticalidade.

Page 26: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

O Dúatlon Cidade de Lugo rematáchelo desbotando a posibilidade de facer un tríatlon, que che fixo cambiar de idea? Sabía que me ía gustar o do dúatlon porque cústame ter constancia pero, alternando disciplinas, é máis fácil. A esencia do deporte é o tríatlon e vou facer o esforzo. Recoñezo a miña inoperancia para nadar, son como o chumbo. Na natación, logro pouco máis que flotar. Gustaríame facer o tríatlon de Lugo, co mesmo guía se pode. Non o coñecía –a Marcos Otero-, vímonos o día antes do dúatlon para probar o tándem e todo foron facilidades como guía.

A menos dun mes do Tríatlon do Miño, a piscina de Vilalba acolle os adestramentos de Toni López en vacacións para continuar posteriormente na de Santa Isabel, en Santiago.

TONI LÓPEZ: “A ESENCIA É O TRÍATLON E VOU FACER UN ESFORZO PARA NADAR”

Page 27: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

A revista TRÍPTICA conséguela cada mes de maneira gratuíta onde ti estás: nos tríatlons que se celebran en Galicia.

As túas probas, os teus circuítos, os clubs, as escolas e os internacionais aos que admiras atópalos tamén na versión dixital de TRÍPTICA en formato PDF a través de

issuu.com/revistaTRIPTICA

Toda a actualidade diaria e a túa oportunidade para preguntar ou opinar en Facebook e Twitter. Séguenos!

Petición de números atrasados:

[email protected]

Na práctica da liberdade de expresión, TRÍPTICA pode publicar opinións coas que é posible que a súa liña editorial non coincida e das que non se fai responsable.

Respecta o medio ambiente. Reutiliza ou recicla TRÍPTICA.

Cando volve a revista TRÍPTICA?

A temporada 2015 pecharase, como no caso de moitos triatletas, co tríatlon de media distancia das Rías Baixas e que este ano inclúe o campionato galego de ácuatlon. Ademais de TRÍPTICA, en Vigo estará Javi Gómez Noya:

27 de setembro III Tríatlon Desafío PASTOR Islas Cíes

Xunto a ti en:

Revista TRÍPTICA @tripticatri

Dirección e redacción:

Silvia Vieito

Fotografía:

Juan Luis Pedrosa

Maquetación e impresión:

Deseño de Impresión

Depósito Legal:

C 67-2015

ISSN:

2387-1865

Page 28: Revista TRÍPTICA AGOSTO 2015

TES OPCIÓNS DE GAÑAR OCIRCUÍTO GALEGO NO-DRAFT 2015? O Desafío PASTOR Islas Cíes vai ser a última oportunidade do ano para sumar puntos.Seis son as probas válidas para o ranking:

1. Triatlón Atlántico Baiona: DISTANCIA ESTÁNDAR 2. Triatlón Rías Baixas: DISTANCIA ESTÁNDAR 3. Northwest Triman: LONGA DISTANCIA 4. Northwest Triman: DISTANCIA ESTÁNDAR 5. Hércules XTRM: MEDIA DISTANCIA 6. Desafío PASTOR Islas Cíes: MEDIA DISTANCIA

Ao ter coincido no mesmo día o Northwest Triman olímpico e ironman, o máximo de probas a puntuar poden ser cinco.

Hai un mínimo de participacións para entrar no circuíto? Non, tódolos deportistas, con só participar nunha das seis citas, forman parte da clasificación final do circuíto de tríatlon nos que está prohibido ir a roda aínda que cadaquén valorará se foi honesto ou o seu posto está favorecido por dispersar o pelotón cando se escoita a moto dos xuíces en carreira.

Cantas probas puntúan? Un máximo dos catro mellores resultados. Deste xeito, se tivemos un mal resultado na Coruña, por exemplo, podemos competir en Vigo tentando mellorar ese posto para descartalo, tal e como fai Gómez Noya no circuíto das Series Mundiais.Polo tanto, quen participe en cinco probas, pode descartar o seu peor resultado. Se só se compite en dúas, serán eses dous postos os que sumen para o circuíto 2015.

Cantos puntos quedan en xogo? Os gañadores do Desafío PASTOR Islas Cíes acumularán, seguindo a táboa do circuíto referente a media distancia, 855 puntos. Será salientable aínda o número de postos

que podan variar ao valorarse con 715 rematar 20º, 685 no caso do triatleta 30º e puntuando até o posto 714º cun punto.