Upload
others
View
5
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
SECCIÓN SINDICAL CIG-SECURITAS
O pasado 6 de maio celebrouse a asemblea de afiliados/as para
constituír a nova sección sindical e elixir o delegado sindical e nomear os
compañeiros/as que se farán cargo da mesma. A sección sindical quedou
constituída como segue:
Secretario Xeral da Sección Sindical Pedro Pérez Caride
Delegado Sindical da Sección Sindical Raúl Santos Tomé
Membros do Consello da Sección Sindical Fructuoso Carballo Álvarez
Marta Calvo González
Ramón López López
Benito López Pazos
Gonzalo Baqueiro Sotelo
Carlos Tourón Ferreira
Fco. Javier Caride Pedreira
Alejandro Rivas Rapado
Pedro Antonio Sánchez Saiz
Pablo Curras García
Javier Larralde González
Jorge Alvarez García
Marcial González Moure
Jose Antonio Ramos Alonso
Francisco Guindo-Campo Díaz
Aquí tendes o boletín da CIG, que como xa é de todos/as coñecido, é
unha ferramenta pola cal vos informamos de todas as novas que se
producen no sector a nivel xeral, e máis particularmente das novidades que
afectan a nosa empresa, con especial atención as que emanan da nosa
delegación. Agradecervos a todos/as as aportacións realizadas para
mellorar este boletín, polo cal modificamos a portada despois de recibidas
as vosas suxestións.
Xuntanza do comité de empresa de data: mércores, 24 de xuño do 2009
Asistiron a reunión pola parte da empresa, o xerente D. Antonio
López e o xefe de servizos Eloi González, así como os representantes dos
traballadores no comité de empresa e os secretarios da sección sindical
dos tres sindicatos con representatividade no comité. Na mesma, se
trataron os seguintes puntos:
Lectura e aprobación da acta anterior.
Os membros do comité proceden a sinatura da acta das xuntanzas
anteriores.
Sancións e amoestacións.
A empresa informa a este comité dunha amoestación por escrito a
un/ha traballador/a, polo que considerou unha falta de respecto a un/ha
mando intermedio nunha conversa telefónica. Dende o comité
transmitimos que está amoestación vai ser recorrida o considerar que a
empresa só escoitou a unha das partes, sen ter en conta a versión do/a
traballador/a. Asemade, faise fincapé en que cando son os/as mandos
intermedios os que faltan o respecto ós/ás traballadores/as, a empresa non
toma ningunha medida disciplinaria.
Servizos novos e perdidos.
Servizos novos:
- E.T.E.A. Servizo de 24 horas, con dous vixiantes por quenda.
- Parque Comercial Meixoeiro. Servizo de noites os días laborábeis e de
24 horas as fins de semana e os feriados (de maneira provisional estase a
facer coma un 24 horas).
- Roldas Tafisa-Grupo Lar.
Servizos perdidos:
- Tafisa-Grupo Lar. Reconverteuse en servizo de roldas.
Roldas
Roldas Vigo
Pídeselle á empresa que esclareza quen dá as instrucións ós/ás
traballadores/as deste servizo, xa que se están a producir confusións neste
senso, producíndose situacións de duplicidade nas indicacións dadas. O
xerente di que as directrices relativas a operativa virán a través dos
mandos intermedios ou do xefe de equipo, e que se nalgunha ocasión isto
non se fixo así, agora o problema xa está solucionado.
Transmíteselle á empresa que o acordo do que lle falara a este
comité na anterior xuntanza, no que respecta ós/ás traballadores que
facían a quenda de día con xornadas de 13 horas (con dúas horas para
comer), nunca existiu, tendo noticias de que agora sí que existe un acordo,
do cal non fomos informados. Asemade solicitámoslle que os acordos por
escrito entre a empresa e os/as traballadores/as deben ser postos en
coñecemento do comité, para que este poida velar polo seu cumprimento e
asegurarse de que non se está a violentar ningún dereito fundamental nos
mesmos/as. Preguntada a empresa pola cobertura legal que teñen os/as
traballadores/as deste servizo, cando fan a parada na hora da comida, na
cal teñen que ter dispoñibilidade por se xurde algunha “acuda”, o xerente
resposta que loxicamente están totalmente cubertos, no caso de que se
producira calquera accidente ou eventualidade.
Roldas Pontevedra
No tocante á operativa deste servizo, a empresa informa ó comité de
que asignou para o mesmo un vehículo que só sairá para cubrir
eventualidades, prestando servizo estático de maneira provisional mentres
non haxa máis servizos deste tipo en Pontevedra, saíndo só para cubrir
algunha eventualidade. Pregúntase se neste servizo se estaba a realizar
algunha outra labor de maneira habitual, ó que o xerente resposta que se
fai algo máis e algo que xerencia descoñece.
O servizo ten asignado un/ha traballador/a a xornada completa, máis
outro que vai facer as horas sobrantes. Ó tratarse dun servizo de roldas,
os traballadores teñen que cobrar o plus acordado, nas mesmas
condicións que os que desenvolven o seu servizo en Vigo.
Servizo Itinerante Telefónica.
A empresa di que este servizo dispón dun vehículo para os
desprazamentos, e que no caso de non o tiveran, alguén do servizo de
roldas ou dos mandos intermedios achegaría o/a traballador/a o seu
destino. Tamén informou de que por motivos de dispoñibilidade, un
vixiante tivo que empregar o seu coche particular durante un par de días. A
este vixiante aboóuselle as axudas de custo para o quilometraxe e a
alimentación pertinentes. No que respecta as quendas neste servizo, a
empresa di que as fins de semana é o servizo de roldas quen se fará cargo
de cubrir o servizo, agás nas horas de día, xa que existe un acordo co
traballador asignado ó mesmo para cubrilo el. Lembrámoslle á empresa
que tampouco temos copia deste acordo.
Formación.
A empresa di que cumpriu a premisa acordada en comité de avisar a
todos/as os/as traballadores/as seguindo os criterios de avisar e dar
prioridade á xente que levaba máis anos sen facer ningún curso. Dende o
comité se lle informa de que houbo xente que non foi avisada,
respondendo o xefe de servizos Eloi González, que se non se avisou a
alguén foi porque non se localizou?.
A empresa comunica que ten programado outro curso para o
segundo semestre deste ano. Ante o éxito recollido polo curso anterior
terase en conta a opción de repetilo para todos/as aqueles/as
traballadores/as que non puideron facelo desta vez.
Propónselle a empresa que para o vindeiro curso se faga unha das
quendas en Pontevedra para facilitarlle a asistencia os/as traballadores/as
que desenvolven o seu servizo en Pontevedra e Vilagarcía. O xerente di
que non ve ningún problema en realizar cursos de formación en
Pontevedra sempre e cando a academia dispoña das infraestruturas
necesarias para poder impartilos.
Regulamento Comisión de Cadrantes.
A día de hoxe aínda non foi estudado o regulamento da comisión de
cadrantes por parte da empresa, dicindo o xerente que está agradando a
resposta de Madrid. En vistas de que o tema vai ir para largo solicítaselle á
empresa a listaxe das quendas de vacacións do persoal de todo este ano.
Servizo ETEA.
No tocante á uniformidade para este servizo, a empresa di que xa
está a subministrar a roupa apropiada para o mesmo. Tamén se lle solicita
que faga entrega dun traxe de augas individual a cada traballador/a.
No que respecta a prevención de riscos laborais, comunicáselle a
empresa as precarias condición nas que os/as compañeiros/as deben
desenvolver o seu traballo (instalación eléctrica, depósitos de gas-oil,
sinais de tráfico, valados , etc.). O xerente di que a empresa xa ten
coñecemento de todas estas eivas, pero que o problema é que non teñen
por parte do cliente, a quen lle transmitir os informes para a súa resolución.
Preguntado o xerente polo vehículo que se tiña neste servizo e que
se levou a revisión e non se devolveu, este infórmanos de que este servizo
non ten asignado vehículo ningún, e que o automóbil que deixaron alí era
porque nese intres non se necesitaba para outros traballos. Só foi prestado
durante unha temporada para un mellor desenvolvemento dos servizo... Se
volve a ter un vehículo parado, non descarta volver a levalo para que o
utilicen os/as traballadores/as na realización deste servizo.
Centro Comercial Gran Vía.
Ante os problemas xerados na realización do cadrante para este
servizo, o xerente propón unha xuntanza na que se atopen presentes o
xefe de servizos Eloi González, o xefe de equipo e os representantes dos
traballadores asignados ó mesmo.
Chalet Canido Pescanova.
Con respecto ó acondicionamento do servizo no que se refire á
colocación dun lugar habilitado para que os/as compañeiros/as poidan
realizar o seu traballo, o xerente di que se están a estudar diferentes
propostas para que as valore o cliente. Tamén informa de que cando haxa
un lugar habilitado, este pasará a ser un servizo con arma.
Uniformidade.
Infórmaselle á empresa de que hai queixas debido a que algunhas
das camisas novas transparentan. O xerente di que cambiará estas
camisas por outras que non sexan translúcidas a todo o persoal que o
solicite, e que tomará nota de cal é o fabricante que subministra as
camisas defectuosas.
Ó/Á traballador/a que está a realizar roldas na O.P. de Caixanova, na
zona onde se están a facer obras se lle entregarán botas de seguridade.
Horas de aprendizaxe.
Comunícaselle á empresa que seguen sen aboarse as horas de
aprendizaxe ós/ás traballadores que teñen que aprender un servizo novo,
dando unha moi pobre imaxe dunha empresa que se cataloga como
punteira no sector da seguridade.
Quilometraxe
Solicítase que no tocante a aqueles servizos onde os/as
traballadores/as teñen que facer desprazamentos, e non se lles aboe a
quilometraxe pactada por convenio, se existe algún tipo de acordo cos/as
traballadores/as o respecto, estes acordos sexan postos en coñecemento
deste comité.
Contratación
Solicítaselle á empresa que todos aqueles/as traballadores/as que
teñan contrato de obra e servizo durante máis de 24 meses nun período de
30, se lles faga un contrato indefinido como establece a lei.
Varios.
- Infórmase de que o vixiante que fai servizo no Parque Comercial
Meixoeiro, non dispón de caseta habilitada na que resgardarse das
inclemencias do tempo, respondendo a empresa que non está previsto por
unha caseta, xa que cando o centro comercial abra as súas portas, o
servizo realizarase no interior do edificio. Mentres, os vixiantes poden estar
no interior do seu coche cando non estean facendo o control de accesos.
- Infórmaselle á empresa das dificultades de acceso que amosa o
chalé de Vázquez Varela, debido a inxente vexetación que medrou una
zona. O xerente di que se informará e notificará a quen corresponda para a
súa limpeza.
- Pregúntaselle ó xerente polo cómputo que a empresa está a facer
para o día de asuntos propios, respostando que o descoñece, e que lle
preguntará ó xefe de servizos Javier Domínguez.
- No tocante o cadrante do Centro Comercial Travesía, no que un
traballador fai horas extras, mentres os seus compañeiros non chegan ás
horas ou se lles convida a coller vacacións para completar o cadrante, o
xerente di que non tiña coñecemento deste feito. Non así o xefe de
servizos Eloi González, quen di que isto se produciu de maneira
accidental e que non vai volver suceder.
- Infórmaselle á empresa de que no servizo de Vigozoo, non se esta a
cumprir a avaliación de postos de traballo, nin a prevención de riscos de
laborais con respecto a enfermidades de orixe animal. O xerente di que
non lle consta que isto sexa así.
- Solicítaselle ó xerente mellorar acondicionamento dalgúns postos de
traballo onde as temperaturas estivais fan que a situación dos/as
traballadores/as tornase insoportable. O xerente resposta que se está
velando polas boas condicións nos lugares de traballo onde este
acondicionamento sexa responsabilidade da empresa.
NOVAS DA NEGOCIACIÓN CONVENIO COLECTIVO
A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA SEGURIDADE PRIVADA
Que é o que acontece co Convenio estatal da Seguridade Privada?. É que
acaso xa está asinado?. Rematou a conflitividade no sector?. Houbo algún
cambio que motivara este parón nas mobilizacións?. Estas son sen dúbida
as preguntas que todos e todas nos estamos a facer para explicarnos por
qué non se voltou a convocar ningunha mobilización nin en Galiza nin no
estado español.
Queda xa lonxe o 8 de abril, dia das concentracións nos aeroportos, e
último sinal de vida da negociación do Convenio. Desde esa data, nin
xuntanzas da Mesa Negociadora, nin xuntanzas entre centrais sindicais,
nin asembleas de traballadores, nin nada de nada. É que xa nos
rendemos?. É que decidimos renunciar a loitar?. Existe algún preacordo
dalgunha central sindical coa patronal que descoñezamos e que xustifique
este parón?.
Dende a CIG entendemos que a resposta téñena os de sempre. Está claro
que estes sindicatos, que levan asinando o Convenio nos últimos anos,
teñen medo. Teñen medo da patronal, e teñen medo dos e das
traballadoras do sector. Non se fían da capacidade de mobilización dos
vixiantes, e non deben querer perder a súa posición de sindicatos de
“confianza” da patronal. Dende a CIG entendemos a unidade sindical para
forzar todos xuntos a solución a un conflito que está nunha difícil situación,
polo que non podemos compartir esta parálise que o único que reforza é a
postura da patronal. É bastante máis cómodo agardar a que o Tribunal
Supremo decida sobre o valor das horas extraordinarias, para con esa
sentencia buscar algún apaño que non incomode demasiado aos xefes
das grandes empresas do sector, nomeadamente Prosegur, Securitas,
Eulen, Loomis, Segur Iberica, etc, pero isto non é o que dende a CIG,
demandamos nin compartimos, esta postura desmobilizadora,
desmotivadora e compracente que non nos leva a ningún lado.
Unha vez máis, a realidade nos demostra a inutilidade en pelexar por un
Convenio Estatal no cal xa nin cren os sindicatos españois, que xa nin se
molestan en defende-lo a non ser que afecten aos seus intereses. Estes
tres meses que levamos agardando a que os “sindicatos maioritarios”
(como eles mesmos se denominan) no sector, decidan facer ou dicir algo,
son a mellor proba de que a única saída digna que nos queda é a de
buscar un Convenio Galego. Novamente, voltamos a facer un chamamento
ao resto de sindicatos do sector a que se sumen a esta proposta, e
deixemos dunha vez a un lado a quenes nunca van conseguir solventar os
problemas da seguridade privada.
POR UN CONVENIO GALEGO DE SEGURIDADE DIGNO E CON
DIREITOS!!
"Coa forza dos traballadores
das traballadoras"
Representantes dos traballadores da CIG no Comité de Empresa:
Pedro Pérez Caride 646 690 810 Fructuoso Carballo Álvarez 666 085 437
Marta Calvo González 690 624 982 Ramón López López 626 473 681 Benito López Pazos 636 494 888
Delegado Sección Sindical CIG-Securitas: Raúl Santos Tome 617 149 829
Os nosos locais:
GREGORIO ESPINO (Doblada), 47
Centraliña Comarca 986-82-79-00
36205 – VIGO PASANTERIA, 1 (Baixo)
Telefone 986-85-29-50
36002 PONTEVEDRA Enderezo Electrónico
Páxina web: www.cigsecuritasvigo.com