25
A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes. 404

tema11_2010

  • Upload
    xenevra

  • View
    759

  • Download
    6

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: tema11_2010

A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90.

Prosistas e tendencias actuais máis relevantes.

404

Page 2: tema11_2010

1975

Morte de Franco

Concurso polo 25 aniversario de Galaxia: Xoguetes para un

tempo prohibido

80s

Estatuto de Autonomía

Lei Normalización Lgtca

Introdución do galego no ensino

Revistas literarias

Expansión do mundo editorial

Page 3: tema11_2010

A narrativa dos oitenta

As formas narrativas breves revélanse como as máis axeitadas para seleccionar determinadas facetas dun mundo cada vez máis complexo e fragmentado ó tempo que se incorporan códigos doutras modalidades artísticas.O máis característico da narrativa dos oitenta é a súa riqueza e a súa variedade.

Page 4: tema11_2010

Introdúcese a novela policial coñecendo unha relativa expansión dende Crime en Compostela de Reigosa (1984)

Page 5: tema11_2010

discurso de vocación étnica

Base artúrico-cunqueiriana de Darío Xohán Cabana sobre todo Galván en Saor (1989) que recrea o mundo artúrico, de tanta tradición na literatura galega. O cabaleiro da Mesa Redonda, coma o Merlín cunqueireano, vive agora nunha pensión luguesa e sae á procura de aventuras nunha moto.

• A novela histórica vai ser un xénero privilexiado, a comezos dos 80, a miúdo concibido como unha alegoría político xeográfica. Destacamos a Bernárdez Vilar con diversas novelas e Víctor Freixanes con O Triangulo inscrito na circunferencia.

O tema da guerra civil entra serodiamente na literatura galega, nun primeiro momento da man de autores que non viviran o conflito. É o asunto que trata Manuel Rivas coa novela O lapis do carpinteiro, Fernández Naval con O bosque das antas (Premio Xerais 1988), Xosé Fernández Ferreiro con Agosto do 36 (Premio Xerais 1991), Carlos Casares con Os mortos de aquel verán (1987)

Non faltan tampouco autores con vocación intimista e introspectiva como Marina Mayoral Unha árbore, un adeus ou Querida Amiga.

Page 6: tema11_2010

En xeral o fantástico aparece na relación entre o sobrenatural e o cotián. Autores como Alfredo Conde con Xa vai o griffón no vento (1984, Premio Blanco Amor, Nacional de literatura...), Paco Martín con Tres historias para ler á noiteXosé Miranda con A biblioteca da iguana e O demo á orella. Podemos sinalar tamén outros autores como Miguel Anxo Murado con Memoria de derribos, Marilar Aleixandre con algún dos relatos de Lobos nas illas por nomear algunha das obras destes autores.

Page 7: tema11_2010

Podemos incluír neste grupo xeracional, aínda que sexan dos máis novos, os dous narradores que hoxe teñen maior difusión, xa non só en Galicia, senón mesmo fóra de Galicia e que son amplamente traducidos ao castelán e mesmo a outras linguas: Suso de Toro (1955) e Manuel Rivas (1957).

Page 8: tema11_2010

Suso de Toro publica na década dos oitenta obras como Caixón desastre (1983) ou Polaroid.

Manuel Rivas, a colección de relatos breves Un millón de vacas (1989)

mestura entre rural e urbano, tradición e modernidade, innovación globalizadora e atraso rural, presentación do cambio que sofre Galicia nos derradeiros anos do século xx coa irrupción da cidade no campo e do rural na cidade, a sátira, a tenrura, o humorismo ou as pegadas do realismo sucio.

Page 9: tema11_2010
Page 10: tema11_2010

Narrativa dos 80

Novos temas

Novos espazos

Novas ténicas

Linguaxe renovada

• desaparición do narrador omnisciente • fragmentación discursiva• desintegración da estrutura tradicional do

texto.

por un lado: linguaxe literaria moi correcta e moi rica no léxico, O triángulo inscrito nunha circunferencia é un exemplo dela; e por outro: uso dunha linguaxe que podemos denominar antiliteraria, urbana e suburbial como nos primeiros libros de Suso de Toro.

Page 11: tema11_2010

A narrativa dos noventa

A narrativa dos noventa continúa baixo o signo da pluralidade, tanto temática como xeracional. Xunto coas promocións e xeracións xa coñecidas, que seguen a publicar autores da década anterior.

Page 12: tema11_2010

Desénvolvese tamén o xénero de aventuras, no que destacan Xavier Alcalá e Xosé Miranda coa súa novela Morning Star (1998), arredor da figura dun bandoleiro galego decimonónico.

Page 13: tema11_2010

A narrativa intimista caracterízase por un tratamento poético da linguaxe explorando os seus valores connotativos. Podemos encadrar Os leopardos da lúa de Ramiro Fonte (1993) e Bágoas de facer illas e Pensa nao, de Anxo Angueira;

Page 14: tema11_2010

Carlos Casares ofrece outra das grandes novelas desta década: Deus sentado nun sillón azul (1996). Nesta novela. Casares reconstrúe, dentro do seu humanismo escéptico e tolerante, os tempos da república, a guerra civil e a inmediata posguerra, a través da peripecia intelectual, persoal e política dun protagonista intelectual, en quen algúns críticos viron reflectidos aspectos e actitudes da vida de Vicente Risco.

Page 15: tema11_2010

María Xosé Queizán profunda no que poderiamos chamar novela feminista. En Amor de tango (1992) recrea o Vigo da II República e da posguerra desde unha perspectiva feminina. O solpor da cupletista (1998) é unha evocación da célebre cupletista pontevedresa a Bela Otero; por fin en Ten o seu punto a fresca rosa (2000) presenta unha historia urbana centrada no Vigo actual cuxas protagonistas son mulleres de distintas xeracións e niveis sociais e onde non faltan tampouco ás referencias ao pasado franquista e a constitución dos movementos proletarios no tardo-franquismo vigués.

Page 16: tema11_2010

Na década dos noventa incorpórase á narrativa galega un novo grupo de escritores. A maioría deles naceron nas décadas dos sesenta e setenta, teñen formación universitaria e xa se aproveitaron do ensino do galego como materia en colexios, institutos e universidades.

Page 17: tema11_2010

Marilar Aleixandre manexa con mestría a intriga e o ritmo narrativo en Tránsito dos gramáticos (1993), como ocorre tamén en A compañía clandestina de contrapublicidade, acertada mestura de técnicas de novela negra, novela reportaxe, novela de humor e crítica ecoloxista. A súa A expedición do Pacífico (1994) é unha extraordinaria novela de aventuras, moi do gusto dos lectores máis novos.

Page 18: tema11_2010

Fran Alonso (1963) ofrece en Tráiler (1993) unha novela reportaxe sobre a vida dos camioneiros e reflicte a tensión modernidade-tradición que se dá na sociedade galega actual.

Cabrafanada

Page 19: tema11_2010

Xosé Carlos Caneiro (1963) busca unha novela de calidade, afastada do éxito fácil e que non se fixe só nos resultados do mercado, o que o converte nun dos novelistas máis interesantes e tamén polémicos do actual panorama literario galego. Compre destacar as súas achegas nesta década: O infortunio da soidade, Un xogo de apócrifos, Os sécalos de lúa e Ebora.

Libardino Romero naceu cun «exceso de alma» e sete quilogramos de peso, aos cinco meses de ser concibido pola súa nai, a señora Pura, que fora curada de sífilis polo inventor do remedio universal. Farto da súa monótona existencia como auxiliar administrativo e dos sensabores da convivencia cunha muller autoritaria, obsesionada pola limpeza, decide partir na procura da felicidade, acometer, por fin, a tarefa imprescindible de soñar.

Page 20: tema11_2010

Experimentos na rede

“Tirar unha botella ao mar”. Cada certo tempo Suso de Toro lanza na rede unha mensaxe coma se fose un náufrago. Veñen sendo ideas soltas coas cales se podería escribir unha novela ou un ensaio.

A familia feliz o portal que Jaureguizar pendurou da rede para completar, ampliar ou contrastar o espírito e a forma dos relatos por medio dun dos métodos de comunicación máis completos e dinámicos: as hiperligazóns

http://cabaretvoltaire.canalblog.com/

Page 21: tema11_2010

A narrativa galega presenta unha boa saúde en canto a número e calidade de autores e obras. Conviven no traballo membros de distintas xeracións. Mostra do que dicimos é a clasificación que se ofrece dos distintos xéneros: ciencia ficción, narrativa erótica, novela policial, novela negra, novela humorística, novela histórica, novela fantástica e marabillosa, novela lírica, novela urbana, novela experimental, realismo sucio, evidencialismo, narrativa posmoderna e narrativa bravú.

Page 22: tema11_2010
Page 23: tema11_2010
Page 24: tema11_2010

Abraldes, Rita (Autor/a)Alfaya, An (Autor/a)Aneiros, Rosa (Autor/a)Arellano, Ana María (Autor/a)Bar, Mónica (Autor/a)Campo, Marica (Autor/a)Canosa, María (Autor/a)Casal, Uxía (Autor/a)Caveiro, Laura (Autor/a)Costas, Ledicia (Autor/a)Dacosta, Beatriz (Autor/a)Fernández, Pilar (Autor/a)Freire, Isabel (Autor/a)García Yáñez, María (Autor/a)Góñez, Mónica (Autor/a)Rodríguez Rodríguez, Ánxela Lado, María (Autor/a)López Silva, Inma (Autor/a)Mariño, Paula (Autor/a)Moreda, Eva (Autor/a)Paz, Begoña (Autor/a)Romero, Medos (Autor/a)Ruíz, Dolores (Autor/a)Vidal, Rosa María (Autor/a)Villalta, Luisa (Autor/a)

Narradoras reúne relatos inéditos de 25 escritoras galegas e quere ser o espello dun momento no que a poesía e a narrativa escritas por mulleres están a revelarse como unha aportación imprescindible na creación. O libro recolle, por primeira vez en Galicia, nunha antoloxía, o estado da narrativa galega escrita por mulleres. Trátase, esencialmente, de narradoras novas, que, xunto con algunhas de recoñecida traxectoria, están a formar un corpus literario que, sen dúbida, marcará o futuro da literatura galega.

Page 25: tema11_2010

Non obstante, as ameazas non proveñen da literatura en si mesma, senón da situación de perigo en que se desenvolve a lingua galega.