70
A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.

tema5_lite2010

  • Upload
    xenevra

  • View
    909

  • Download
    6

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: tema5_lite2010

A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36,

a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.

Page 2: tema5_lite2010

Dende que remata a Guerra Civil ata os últimos anos da década dos corenta apenas se publicaron

libros en galego.

Page 3: tema5_lite2010

A represión lingüística, política e cultural impediu a continuidade do movemento cultural e literario que nacera coas Irmandades da Fala. Mentres que no exilio agromaba unha intensa actividade cultural.

Page 4: tema5_lite2010

En 1949 nace a colección de poesía “Benito Soto” en Pontevedra e en 1952 aparece, en Lugo, a revista Xistral, creada por Anxel Xohán e

Manuel María e, a partir de 1950, a editorial Galaxia.

Con estas vías editoriais ábrese unha época frutífera para a poesía galega.

Page 5: tema5_lite2010

Como consecuencia da forte represión:• no exilio destacaba o cultivo da liña socialrealista, • - en Galicia predomina a poesía de tipo intimista e

esteticista nun desexo de fuxir da realidade, tendencia que cambiaría ata predominar tamén o socialrealismo.

Page 6: tema5_lite2010

Unha das consecuencias do silencio e a falta de publicacións nos anos seguintes á posguerra foi a coincidencia de publicación de poetas de diferentes épocas, o que trae como consecuencia que a nosa lírica ofreza ó longo destes anos un panorama moi heteroxéneo: varias xeracións, múltiples estilos e liñas temáticas, convivencia ó mesmo tempo de autores de promocións distintas, poetas que ofrecen gran variedade de estilos…

Page 7: tema5_lite2010
Page 8: tema5_lite2010

Chegados os anos cincuenta, despois de case quince anos de ausencia case absoluta de libros en galego, xorden tres promocións poéticas no panorama da lírica galega:

• A xeración do 36, • A promoción de enlace e • A Xeración das Festas Minervais.

Page 9: tema5_lite2010

Trazos definidores da xeración do 36

Naceron case todos entre 1910 e 1920.serviron de ponte de enlace

entre o galeguismo anterior á guerra e as xeracións posteriores.

Reflicten na súa obra a traxedia da contenda bélica a través dun discurso poético intimista onde a morte, a soidade, a nostalxia do pasado ou a trascendencia relixiosa se erixen como temáticas principais.

Normalmente publican en castelán e galego, posúen culturas moi diferentes e, polo tanto, empregan estilos moi diferentes.

Page 10: tema5_lite2010

1) Imaxinismo:a) É unha das primeiras tendencias en aparecer na posguerra e é herdeira doimaxinismo de Amado Carballo. Sería unha corrente importante na poesía galega ata ben entrados os anos 60.b) Caracterízase por unha poesía na que se suceden imaxes, ás veces de carácter hilozoísta (dotación de espírito a seres inanimados).

2) Neotrobadorismo:a) Movemento característico dos poetas da Xeración de 1936, que fora iniciado por Bouza Brey coa obra Nao senlleira (1933), aínda que nesemesmo ano Cantiga nova que se chama ribeira de Cunqueiro supera aobra anterior,b) Caracterízase por retomar características da lírica medieval, sobre todo formais e das cantigas de amigo, e destaca neste momento a sección “Cantigas do amor cortés” de Dona do corpo delgado (Benito Soto, 1950) de Cunqueiro.c) O movemento dáse por rematado en 1953 coa publicación do Cancioeiro de Monfero de Álvarez Blázquez, obra que intenta facerse pasar por un hipotético cancioneiro medieval.

3) Ruralismo:a) Movemento tipicamente galego xa existente antes da guerra, iniciado porpoetas lugueses, que trala guerra é recuperado con forza.b) Caracterízase por un reflexo da paisaxe interior fixándose nas pequenascousas (tea de araña, gota de orballo, avespa...). Combina isto cunha formade resonancias clásicas.c) Destaca a obra Nimbos (1961) de Díaz Castro, na que se inclúe o poema“Penélope”.

4) Socialrrealismo:a) Tendencia que nace en América.b) É unha poesía social na que entra a compoñente marxista e que se dá sobre todo en poetas emigrados, dada a imposibilidade de publicar obras deste tipo en Galiza. Así, o poeta está ao servizo do pobo e actúa coma un adoutrinador das masas.c) En América destacan obras coma: Eliseo Alonso: Seara de romances (1952), considerada a primeira obra de poesía socialrrealista. Luís Seoane: As cicatrices (1959) e Fardel de eisilado (1954). Lorenzo Varela: Lonxe (1954).d) En 1954 aparece O soño sulagado de Celso Emilio Ferreiro, un antecedente claro de Longa noite de pedra (1962): É libro máis importante do socialrrealismo e que supón a plasmación poética de parte da teoría marxista. Non perde en calidade poética por estar ao servizo dunha causa. Inflúe moito na Xeración das Festas Minervais (Acoitelado na espera, de Alexandre Cribeiro).

Page 11: tema5_lite2010

Aqulino Iglesisas Alvariño e Celso Emilio Ferreiro

Page 12: tema5_lite2010

A súa infancia transcorreu na súa aldea natal ata que en 1924 ingresou no Seminario de Mondoñedo. Aldea e seminario influirían decisivamente no seu posterior quefacer poético: un apego a todo o relacionado coa vida campesiña e un coñecemento profundo da cultura grecolatina.Despois de abandonar os estudos eclesiásticos, trasladouse a Santiado onde entra en contacto co galeguismo (chegou a ser director de A Nosa Terra) e cos movementos literarios de vangarda. A partir de 1933 exerceu como profesor de ensino medio e finalmente na Universidade compostelá. Tamén foi tradutor ó galego de varios autores clásicos (Virxilio, Horacio…)

Page 13: tema5_lite2010

Obra AnoSeñardáCorazón ao ventoCómaros verdesDe día a díaLanza en soledá

19301933194719601961

Page 14: tema5_lite2010

Publicara con anterioridade Señardá, 1930, o seu primeiro libro, e Corazón ao vento de 1933. Após a guerra civil, Iglesia Alvariño compuxo poesía de signo fascista en español, mais en 1947 voltou á lírica galega, editando Cómaros verdes.

Con Cómaros verdes márcase o inicio da poesía galega de posguerra. Esta é unha obra

heteroxénea na que aparecen exemplos de neotrobadorismo e tamén poemas de verso

libre que mostran unha visión humanizada da natureza.

Sen menoscabo da súa obra anterior, podemos afirmar que en Cómaros verdes chega Aquilino á súa madurez como poeta,

impregnando a súa poética de novas técnicas e temas. salientamos a precisión descritiva, a calidade rítmica e sonora do verso, así como a inclusión dun léxico que pretende estar a

ton co medio natural que se describe, resultado dunha investigación e estudio exhaustivos da lingua da que se serve

como ferramenta.

Page 15: tema5_lite2010

• Poeta da Xeración do 36 que tivo unha forte repercusión durante o derradeiro franquismo como máximo expoñente da poesía comprometida e de clara intencionalidade social.

• Xa dende novo e por influxo familiar, participou da actividade política e fundou xunto con Xosé Velo as Mocedades Galeguistas na vila natal. No entanto, tivo que loitar no bando franquista na guerra civil, traxedia que lle deparou vivencias traumáticas que se reflicten na súa obra.

• Tras a contenda, residiu en Vigo e Pontevedra e participou en diversas iniciativas culturais, como as coleccións de poesía Salnés e Benito Soto, e políticas, como fundador da UPG.

• En 1966 emigra a Venezuela, experiencia que retratará en Viaxe ao país dos ananos, para voltar en 1973.

• Na etapa final da súa vida, viviu en Madrid e Vigo e combinou o labor xornalístico co cultural e político.

Page 16: tema5_lite2010

OBRA ANO

O soño sulagadoLonga noite de pedraViaxe ao país dos ananosCantigas de escarnio e maldicirAntipoemasOnde o mundo se chama Celanova

195519621968196819721975

Page 17: tema5_lite2010

A súa poesía está dominada por tres rexistros básicos os cales se manifestan entretecidos nas súas obras: • o cívico, • o intimista e • o satírico.

Page 18: tema5_lite2010

Como poeta cívico, Celso Emilio conectaría a súa traxectoria coa tradición de Curros e Cabanillas. Todos eles comparten a visión da poesía como expresión do compromiso coa realidade social e a do poeta como voceiro do seu pobo e do seu tempo. Así son temas frecuentes nesta vertente o antibelicismo, a liberdade, ou tamén a solidariedade cos que sofren…

IrmausCamiñan ao meu rente moitos homes.Non os coñezo. Sonme estranos.Pero ti, que te encontras alá lonxe,máis alá das sabanas e das illas,como un irmau che falo.Se é túa a miña noite,se choran os meus ollos o teu pranto, se os nosos berros son iguais,coma un irmán che falo.

Anque as nosas palabras sexan distintas,e ti negro i eu branco,se temos semellantes as feridas,coma un irmau che falo.Por enriba de tódalas fronteiras,por enriba de muros e valados,se os nosos soños son iguais,coma un irmau che falo.Común temos a patria,común a loita, ambos.A miña mau che dou,coma un irmau che falo.

Page 19: tema5_lite2010

Intimista: a súa obra está impregnada dunha visión intimista e subxectiva da vida -practicamente eclipsada polos poemas sociais- que se traduce nunha poesía dominada polo inconformismo e pola dor e o desacougo existencial na vivencia do tempo e do amor, da morte, da evocación da infancia, da saudade da terra, etc. Esta vertente está presente en O soño sulagado (1955) ou Onde o mundo se chama Celanova (1975).

Page 20: tema5_lite2010

Pero ademais o autor celanovés é poeta intimista. Acotío sente a necesidade de plasmar o sentido do seu “eu” ante a realidade. Son poemas nos que trata, por exemplo: a memoria da guerra, a dor existencial, o amor pola súa compañeira Moraima, a nostalxia da infancia…

Page 21: tema5_lite2010
Page 22: tema5_lite2010

Polo seu rexistro crítico, tamén é Celso Emilio poeta satírico, conectando así coa tradición medieval. A sátira e a ironía están en todos os seus libros. Pode usar a sátira para facer escarnios de persoas e tipos concretos, ou para facer unha denuncia moral das contradicións sociais e políticas do seu tempo.

O preguntónO home por natureza quere saber,dixo Aristóteles fai algún tempo.O meu amigo quixo saber da vida,quixo saber da leiquixo saber do Reiquixo saber do bispoquixo saber da espreranza.Eiqui- díxolle o gardaque o levou detido-o que quere saber,

Antipoemas

Page 23: tema5_lite2010

No tocante ao estilo e á lingua, a lírica de Celso Emilio caracterízase pola súa sinxeleza expresiva. Tiña como obxectivo chegar a un público amplo, polo que a súa linguaxe se aproxima en ocasións case ao coloquialismo, incorporando non poucas palabras da vida cotiá. O ritmo e a musicalidade dos seus versos veñen determinados polo uso preferente de metros curtos e pola abundancia de recursos repetitivos: paralelismo, anáfora...

Page 24: tema5_lite2010

A promoción de enlace

Non gardan coherencia de grupo, pero podemos atopar os seguintes trazos:

Naceron case todos entre 1920 e 1930.

A súa formación produciuse nas adversas circunstancias dos primeiros anos de posguerra.

carecen da influencia da Xeración Nós ou das vangardas de preguerra.

Foron nos seus comezos escritores bilingües.

Combinan a expresión do seu compromiso social coa da angustia existencial.

Page 25: tema5_lite2010
Page 26: tema5_lite2010

Antón Tovar ( Ourense, 1921)Pasou parte da súa nenez en Celanova. Traballou como funcionario en Ourense, onde participou nos faladoiros literarios celebrados arredor da figura de Vicente Risco. En 1981 recibiu o Premio da Crítica pola súa obra Calados esconxurosObra Ano

ArredoresNonO vento no teu coloCalados esconxurosA nada destemida

19621967197419801991

Page 27: tema5_lite2010

Nas súas primeiras obras, en pleno auxe da poesía social, Tovar ten como temas esenciais: a conciencia do “eu” e a soidade, a tensión entre angustia existencial e esperanza. No tocante á forma, son poemas onde prima a voz sincera e auténtica sobre a riqueza de imaxes e recursos.

A partir de O vento no teu colo apréciase certa renovación na súa lírica. Tovar completa a liña existencial anterior con poemas de firme preocupación social e con outros dun erotismo vitalista.

Eu queríaEu quero trocarme en tipaisaxe da miña terra,quero ceibar miña anguriapola túa cabeleira.Ser carballo entre os carballos,ser néboa coas túas néboas,ser maina chuvia e caerpolas congostras tolleitas …Non

Page 28: tema5_lite2010

Naceu no seo dunha familia que, trala guerra civil, sufriu a represión franquista. Estudou piano, maxisterio e chegou a se licenciar en Filosofía e Letras. Grande afeccionada ás artes ( música, pintura…), reside en Vigo desde 1977, onde se xubilou do seu traballo de sempre, profesora de Lingua e Literatura Españolas.

Page 29: tema5_lite2010

Obra AnoO paxaro na bocaVerbas derradeirasCódice CalixtinoPrometo a flor de loto

1952197219861992

Page 30: tema5_lite2010

Coma outros autores desta promoción, comezou escribindo en castelán. A súa obra adoita caracterizarse como intimista, cun tema dominante sobre os demais: o amor. Así, por exemplo, a autora plasma unha visión sensual, doce e delicada do sentimento amoroso na súa primeira obra: O paxaro na boca.

En cambio, trala morte do seu marido, aparece unha visión máis transcendente do amor, ao reflexionar a través del sobre a vida e a morte.

Page 31: tema5_lite2010

Na miña poesía vexo dúas liñas esenciais:a) unha comprometida, solidaria coas xentes,de senso humanista onde o NÓS substituíu ó EU.b) outra, íntima e saudosa, subxectiva, feble, esvaída. Nela EU / TI marcan o eixe bipolar no ámbito do amor.

a súa poesía establécese a partir do antagonismo entre luz e sombra, luz que aumentará ou diminuirá dependendo do

que a poeta queira expresar.

Page 32: tema5_lite2010

VOLVER A LUGO CANDO SOSEGAO TEMPO

Volver a aquela primavera que fuxía das mansalgunha verba en soedade

algunha noite coma un soprosobre das almofadas húmidas de silencio.

Volver a ollada lonxe en vidas sucesivasnomear ese río que chamamos pasado

a palabra inmediata que vén dunha certeza de murallanon poder esquecer pórticos descubertos ou azuis

ignoradosque forman presentidos nun poema de Luís Pimentel

na forma de recordo que precede á existencia.

Na excesiva demoraalguén pechou os ollos a falta dunha imaxe clemente.

Na memoria do tempo pasan brisas mutables.O que existiu ben puido ser soñado ou tal vez precedido

acaso precisado nesa reminiscenciaque permite asumir escuras profecías.

Volver á primavera que fuxíanun xeito de mudanza repentina

conciliar os espacios os lamentosas últimas palabras dun recinto secreto

poder ouvir cando sosega o tempo unha fuga de Bachnun violín invulnerable e mudo.

Page 33: tema5_lite2010

A xeración das festas Minervais

Baixo esta denominación reunimos aos poetas máis novos da posguerra.

Page 34: tema5_lite2010

Danse a coñecer nos seguintes medios: • as “Festas Minervais”, certames literarios de vella tradición renacentista e

barroca, restaurados en Santiago a partir de 1953. • O “Grupo Brais Pinto”, constituído en Madrid por universitarios que crean

unha colección de poesía, coa temática da “escola da tebra”. • A colaboración no diario compostelano “La Noche”.

A maioría coinciden en Santiago como estudiantes universitarios, polos anos 50: Manuel María, Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Bernardino Graña, Xosé Luís Franco Grande, Salvador García Bodaño e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Déronselles diferentes nomes: “Grupo Brais Pinto”,” Escola da Tebra” ou Xeración de "La Noche".

Page 35: tema5_lite2010

• Naceron case todos entre 1930 e 1940 polo que, na práctica, non chegaron a coñecer a guerra.

• Déronse a coñecer a través dos certames literarios celebrados en Santiago non anos 50 (as Festas Minervais)

• Teñen xa como mestres os autores da xeración do 36, e tamén as figuras históricas ligadas á Editorial Galaxia.

Page 36: tema5_lite2010

Liñas poéticas:

A Escola de Tebra: poesía intimista, o poeta preséntase en conflito co mundo. Temas: a morte, a soidade, a desesperanza...

O Realismo coloquial introduce esquemas estructurais da fala cotiá na canle poética, e está representado por Manuel María con Documentos persoaes e por Bernadino Graña con Poema do home que quixo vivir.

Socialrealismo: poesía de denuncia social. Temas: a opresión, a guerra, o sentimento de Galiza...

Page 37: tema5_lite2010

Escola da TebraParticiparon nas Festas Minervais compostelás (recuperadas dos séculos escuros e son a orixe do nome da xeración), no diario La Noche (xornal vespertino), na creación da colección Illa Nova, na fundación do nacionalismo revolucionario (en oposición ó galeguismo cultural e promove asociacións como O Facho ou O Galo) e na formación do Grupo Brais Pinto (formado por membros que se reunían no centro galego en Madrid, que posúen unha actividade innovadora e reflicten o que lles foi transmitido da Guerra).

Page 38: tema5_lite2010

Autores:

Page 39: tema5_lite2010

Manuel María Fernández Teixeiro, chamado unicamente Manuel María na cuberta dos seus libros, naceu en Outeiro de Rei en 1929 e faleceu na Coruña no ano 2004.En 1958 instálase en Monforte como procurador dos Tribunais. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participa en organizacións políticas clandestinas, e empeza a atender voluntariosamente todo tipo de necesidades de tipo cultural: escribindo poesía programática, dando conferencias, colaborando con músicos e explorando todos os xéneros literarios, tanto para público adulto como infantil. Naqueles tempos (1969) fundou a editorial Xistral a canda Ánxel Xohán, e abriu unha libraría do mesmo nome na capital da Terra de Lemos.

Page 40: tema5_lite2010

Obra AnoMuiñeiro de brétemasMorrendo a cada intreTerra CháDocumentos persoaisCancións do lusco e fuscoA primavera de Venus

195019521954195819701993

As dúas primeiras obras considéranse as pezas inagurais da Escola de Tebra: unha visión atormentada da existencia:

Os meu berros absolutos son o meu acentodisolto en ácido sulfúrico.

A anguria, a carraxe e o arrepíoé a miña música de paxaros valeiros de garimos

que viñeron arrolarmecando tiña mes e medio aproximadamente...

Muiñeiro de brétemas

Page 41: tema5_lite2010

A súa traxectoria poética iníciase en 1950, cando publica o primeiro libro de poesía en galego que non pertence a autores que coñeceran a República, Muiñeiro de brétemas. Este é ademais o volume co que a crítica considerou que comezaba a Escola da Tebra, unha liña poética existencialista que puxo o acento na soidade e na opresión humana e espiritual da ditadura franquista.

Page 42: tema5_lite2010

Esta liña continuouna en 1952, no poemario Morrendo a cada intre, pero mudouna dous anos despois, en 1954, co libro Terra Chá. Este, a través de sucesivas reedicións e ampliacións, constitúe unha homenaxe á súa terra natal. Nesta obra o protagonismo é dunha paisaxe saudosa, e aparecen claras algunhas das constantes da súa produción: rimas simples e populares (coplas, pareados, cuartetas...) e unha proximidade ao popular, con léxico a pé de corredoira e con situacións e feitos da cotidianeidade.

Page 43: tema5_lite2010

BandoProhíbese, por orde da Alcaldía,

que medren porque sias rosas do xardín municipal.

Dende agora as pombas teñen que pedir licencia para voar...

Documentos persoais

Realismo coloquial

Page 44: tema5_lite2010

Co paso dos anos e dos títulos foi evolucionando cara a unha poesía máis socialrealista, cunha nidia presencia das reivindicacións esquerdistas e nacionalistas, como en Cantos rodados pra alleados e colonizados, de 1976, ou As rúas do vento ceibe, de 1979.

Page 45: tema5_lite2010

Manuel María foi tamén un dos impulsores do teatro na transición, con obras que foron verdadeiros éxitos de público e representacións como Barriga verde, de 1970, Unha vez foi o trebón, de 1976, ou Farsa de Buluú, de 1979, onde apostou por unha dramaturxia popular e sen grandes complicacións narrativas ou escénicas.

Page 46: tema5_lite2010

É un dos poetas máis persoais da posguerra. A súa novidosa visión da paisaxe, forxada entre as montañas do seu Courel natal, levouno a ser coñecido como o “poeta da terra”.

Page 47: tema5_lite2010

Fillo dunha familia de labregos do Courel, a poética de Uxío Novoneyra sempre permanecerá intimamente relacionada co escenario da terra natal. Estuda bacharelato en Lugo, onde coñece a Manuel María. Logo trasládase a Madrid, onde asiste como oínte á Facultade de Filosofía e Letras e comeza a escribir os seus primeiros poemas, en castelán. Nesta cidade entrou en contacto cos membros do grupo “Brais Pinto”. Entre 1953 e 1962, por motivos de saúde, pasou longas tempadas de descanso na súa terra natal, a serra do Courel. Gran recitador, traballou na radio e na TV, sempre en espazos relacionados coa literatura.

Page 48: tema5_lite2010
Page 49: tema5_lite2010

Obra AnoOs eidosOs eidos 2Poemas caligráficosMuller para lonxe

1955197419801987

Page 50: tema5_lite2010

Uxío Novoneyra desenvolveu unha traxectoria creativa única.Na obra primeira, Os eidos (1955), o poeta está en soidade entre os vales e as montañas natais, en comuñón co mundo físico. Tense relacionado Os eidos co paisaxismo de Noriega Varela, Iglesia Alvariño ou Díaz Castro. Porén, a de Novoneyra é unha poesía máis íntima e cósmica, arredada da tradición polo seu carácter esencial e totalizador: é unha poesía da metapaisaxe. O do poeta é un canto telúrico que atopa na natureza unha dimensión ontolóxica: nela está contido o sentido do home e do universo. Son versos dominados pola intensidade e a economía lingüística, ao servizo do intimismo e da procura de emocións.Abondan os topónimos e as series de sustantivos que denominan os elementos da natureza, acompañados de exclamacións, de aliteracións e fonosimbolismos, manifestacións todas elas dun propósito esencializador que se aproxima á estética do haiku xaponés.

Page 51: tema5_lite2010

¡Cousos de lobo!¡Cousos de lobo!

¡caborcos de xabarín!¡Eidos solos

onde ninguén foi nin ha de ir!¡O lobo! ¡Os ollos do lombo do lobo!

Baixa o lobo polo ollo do boscomovendo nas flairas dos teixosruxindo na folla dos carreiros

en busca da vagoada máis sola e máis medosa...

Os Eidos

FonosimbolismoA reiteración do son o evoca a sensación de medo que pode producir a presenza do lobo.

Page 52: tema5_lite2010

Nos anos sesenta, as súas propostas ampliáranse cara á preocupación colectiva e a temática política dominante na poesía da época. Galicia é unha constante. O tratamento da paisaxe adquire un ton político e simbólico, como é de ver en Elexías do Courel (1966).

Page 53: tema5_lite2010

VIETNAM CANTO  (fragmento)CUMES CUMES CUMES CUMES COM´ESTES ECOEN

UNHA VEZ POR CADA MORTE                                   VIETNAMMMMMMMMMMMMM

VIETNAMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM                                   VIETNAMMMMMMMMMMMMM

Metan na casa a verba na cociña na mesa        na cama xa estáE calaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaar

Hastr´o berro que te acusa USAUSAUSAUSAUSAUSAun

mortodous mortos

tres / trinta mortostrescentos / tres mil mortos

OFENSIVA DO TEIT 22000 / 100000 mortostódalas os que se volven ceros 00000000000000000000000baixo de cada un 10 / 100 / 1000 / 10000 mortos á maquinadifuntiños que a noite acolle entre cañas baixo o torbón do

                                                                    [monzónna lua do TEIT

dá vergonza vivirdá vergonza estar vivo e ver a PRIMAVERA

cándo remata un pobo?                                   un pobo nace sempre

no remata nunca nuncanuncanuncanuncanuncanuncanuncaseino por vós

pobo como o meuGALICIA pequeniñaSola cousa de todos

mortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortosmortos mortos

mortos caindo polos teletiposluas de LI PO afondadas pra que a lus seña a A de       LIBERTÁAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA

......

“Viet Nam canto” (Canadá, 1969) vén guiado por unha reflexión sobre o destino da colectividade, expresada mediante a oposición conceptual entre liberdade e opresión. A disposición visual do poema gaña moita importancia. Aquí inicia o poeta unha pescuda no terreo das posibilidades plásticas e expresivas da tipografía, a escrita fonética, o caligrama.

Page 54: tema5_lite2010

Xosé Luís Méndez Ferrín é o escritor galego vivo máis importante, cunha carreira máis longa e sólida. Construíu o seu discurso cun dominio preciso e extenso da linguaxe, fundamentalmente nos xéneros da narrativa breve e da poesía. Foi seleccionado como candidato ao premio Nóbel en numerosas ocasións.

Page 55: tema5_lite2010

Na cidade das Burgas transcorreu a súa infancia. Durante os seus anos de Universidade en Santiago participou con éxito nas Festas Minervais e entrou en contacto co galeguismo cultural. En 1957 trasladouse a Madrid para rematar os seus estudos e alí participou na constitución do grupo “Brais Pinto”. Na década dos 60, Ferrín comezou a amosar o seu forte compromiso político: foi cofundador da UPG e mesmo pasou períodos nos cárceres franquistas ( 1969 e 1972). Na actualidade reside en Vigo. Tamén é un destado narrador e ensaísta.

Page 56: tema5_lite2010

Obra Poética AnoVoce na néboaCon pólvora e magnoliasPoesía enteira de Heriberto BensO fin dun cantoEróticaEstirpe

195719761980198219921994

2005

2004

Page 57: tema5_lite2010

Foi incluído na mesma promoción literaria ca Graña ou ca Xohana Torres, malia que iso só é válido para a súa primeira época, a que vén marcada polo seu poemario Voce na néboa, de 1957, e onde a crítica viu os primeiros pasos da Escola da Tebra (poesía de ton íntimo e angustiado, existencialismo pesimista, simbolismo para representar o cárcere político e do espírito e cunha temática que vai desde a preocupación existencial ata a visión fatal da propia Galicia).

GaliciaGalicia, longa praia, estensa e negra,soia i esquiva, con pesados corvos,senlleiras píllaras, vento coriscante

e a morte e o baleiro en todo o longo.

Page 58: tema5_lite2010

Porén, a praxe política levouno, deixando atrás a paréntese dos sesenta, ao socialrealismo máis elaborado e máis explicitamente partidario: desa fase son Antoloxía popular, de 1972, asinado como Heriberto Bens, e Sirventés pola destrución de Occitania, de 1975.

Para Alexandre Bóveda, asasinadoCando a pupila, derradeira imaxe

refrexou, xa sen lume, aquil piñeiroe ti ficaches, Bóveda, senlleiro

testemuña para sempre diste aldraxe.Cando che percutiu no peito a torta

ira descarregada por Hespaña,coidaron os verdugos que fazaña

era deixar en ti Galicia morta.Pro esqueceron teu sangue sobre a terra,

ista esperanza que en nosoutros corre,e non tolleron a verdá que berra.Baixo a lívida luz que nos aterra,

sobre ista teima que xa nunca morreGalicia hase erguer en pé de guerra

Page 59: tema5_lite2010
Page 60: tema5_lite2010

Nesa liña insiste con O fin dun canto, de 1982, Estirpe, de 1994, premio Losada Diéguez, onde é capaz de fusionar un nacionalismo case pondaliano co virtuosismo léxico e poético, ou en Contra maquieiro, de 2005, onde avanza na crítica ao capitalismo.

nas Illas cando chovehai asobíos secos e un alustre espiralque se enguedella dentro da memoria

aparición agora da serpentana peneda nos fondais do soño

vós mulleres estades no intre alto de pari-lo filloe ela espreita alí

nos choros urros castañetas de dentes feces polo cursoe cómo vos torcedes

arrótavos o dentro un agurgullo mestorachan panos de baixo

afeas lumes coiteladas frolesinvádenvos a vida

e corgas de negror manan de afeitoe cómo vos torcedes

no seguro segredo dos paridoiros escusadosnos profundos da bouza

a cobra aperta a cobra cingue espremecos seus aneis os ventres das femias do mundo

iluminados por dentro iluminadose cómo vos torcedes

e vén de noite a cobrapolo luar que é cousa das mulleres

sitio da cobra dos grandes ollosá percura do leite e mais dos tetos

a cobra trai a críapro logo levaranos de morte morridapolas poulas do frío alén das serras

pómulos marelos toxo arnal espetado nos ollosvermes a choutos fríos polo fígado

misia pega peteirará nos nosos labrespolas grandas xordas levaranos

deica a ribeira na que vagan os que foronpois que era chegará á devesa de noso e máis ás Illas de acó

deseñada no peito dos fillos dos señores de lonxe(coido que con ocre)

a cobra nunca empeza nin falecea cobra está nas Illas vixiando

se asobiar as vidas son segadasse alampa a vista nace toda cousa

eu son a cobra de todas as Esposasque desovan no mar igual ca os ríos.

Page 61: tema5_lite2010

Ao ano seguinte Méndez Ferrín dá o cambio e muda con el a traxectoria da poesía galega. A súa Con pólvora e magnolias de 1976 marca a viraxe cara a unha poesía culturalista e rompedora, onde as referencias e o preciosismo son a característica fundamental, sen por iso carecer dun mestísimo pouso ideolóxico.

Marcou unha definitiva renovación na poesía galega, dando paso ás tendencias da lírica actual. Son poemas que se abren a novos temas ( a lembranza do pasado, o amor, o tempo...) e nos que se investigan novas formas e novas posibilidades estilísticas da linguaxe (sintaxe non convencional, riqueza léxica, abundancia de recursos literarios, imaxes audaces...). Ferrín mantén estas liñas temáticas nas obras máis recentes.

Page 62: tema5_lite2010

Escolma. Señoras do pasado   Mon prince on a les dam's du temps jadis qu'on peut

                                              Georges Brassens

E quíxenvos moi tristemente a todasas que forades rapidamente eu (un pouco).Unha lus nos lugares do estremecemento

e tardes coma rodas de bronce, interminábeles.Poderosas mañáns de rexurdimento e ollos no chao, de amor outido.

E quíxenvos moi escasamente a todasporque nas regandixas de eu caben ourizos e sofrir é amor

e nada para o tempo que destrue os ourizos.E quíxenvos (queréndome) coma un río que fose

dos meus ollos a vós, as tidas e perdidas,limítrofes do amor, esquencidas pra sempre.E quíxenvos autente, e case non vos quixen

antre tanto artefauto, construcción, mala pedra,que nos ten envisgados

nas cousas, coma lentos navíos que mainamente esbaran.Chamo por vosoutras, nomes apenas tatuadosno baleiro e no fume, e reclamo ese espacio

que deixáchedes e que cecais é globo (de lume e desespero).

Page 63: tema5_lite2010
Page 64: tema5_lite2010
Page 65: tema5_lite2010

Bernardino Graña naceu en Cangas do Morrazo en 1932. Cursou Filosofía e Letras en Santiago, Salamanca e Madrid. Bernardino Graña vai adoptar, logo da cativa experiencia existencialista en Poema dun home que quixo vivir (1958), unha postura vitalista, na que abundan os versos que procuran o contacto do home coa natureza e o ambiente marítimo, que ten o seu principal logro en Profecía do mar (1966), con pegadas de socialrealismo máis evidentes en Non vexo Vigo nin Cangas (1975), que é un brado ecolóxico contra a destrución do mar e da terra . Reiniciará o seu canto á vida en libros como Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen (1981), Himno verde (1992), nos que están presentes temas como o amor, a denuncia ecolóxica e o sentimento de alienación do ser humano nunha sociedade tecnificada e mercantilista. Despois, deu ao prelo Luz de novembro (1997). Poeta ante todo, tamén ten feito incursións na narrativa e no teatro.

Page 66: tema5_lite2010

LUZ DE NOVEMBRO(NA MORTE DO XENERAL FRANCO)

E, por fin, xeneral, xa vas fedendo.

E agora que os carunchos, as lombrigas,os vermes, as bacterias en exércitos

avanzan contra ti baixo da terrae van furar voraces na fermosa,rica madeira e guata do teu leito,

nós temos que facernos outros bichos,nós temos que afiar uns dentes irtos,potentes, penetrantes, para roerte,para acabar contigo e cos soldados

na inercia das túas ordes, sen cerebro.Nós temos que saber erguer os puños

pechados e moi fortes ós fociñosdos ogros axudantes do teu reino.

Non vale que ti mesmo, os teus esbirros,vos agachedes baixo os crucifixos,non vale que finxades ser apóstolos

ou santos baixo palio ou pobres vellos.

Page 67: tema5_lite2010

Antón Avilés de Taramancos.

Page 68: tema5_lite2010

(Noia, 1935-1992).No seu labor creativo distínguense dúas etapas separados por un longo lapso de tempo que pasou en América. Á primeira corresponden títulos como As moradías do vento (1954) ou A frauta e o garamelo (1959); á segunda e máis importante, caracterizada pola influencia da experiencia na emigración e a dimensión mítica, corresponden O tempo no espello (1982), Cantos caucanos (1985), As torres no ar (1989) e o póstumo Última fuxida a Harar (1992)

Page 69: tema5_lite2010

Xohana Torres(Santiago, 1931). Pasou a súa infancia e mocidade en Ferrol. Reside en Vigo, onde dirixiu en 1963 o primeiro programa cultural radiofónico integramente en galego na emisora “La Voz de Vigo” desde a Guerra Civil.Na súa obra máis recoñecida, Estacións ao mar (1980) presenta un sólido rigor formal e conceptual, reflectindo a preocupación por Galiza e o paso do tempo.

Page 70: tema5_lite2010

Declara o oráculo:"Que á banda do solpor é mar de mortos,

incerta, última luz, non terás medo.Que ramos de loureiro erguen rapazas.

Que cor malva se decide o acio.Que acades disas patrias a vindima.Que amaine o vento, beberás o viño.Que sereas sen voz a vela embaten.Que un sumario de xerfa polos cons."

Así falou Penélope:"Existe a maxia e pode ser de todos.¿A que tanto novelo e tanta historia?

EU TAMÉN NAVEGAR." 

XOHANA TORRES (Del libro ‘Tempo de ría’)