52

vangardas_xeral

  • Upload
    xenevra

  • View
    939

  • Download
    5

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: vangardas_xeral
Page 2: vangardas_xeral

As vangardas son movementos artísticos internacionais que se desenvolveron entre 1910-1930.

Representan unha ruptura e reacción contra a arte e a literatura do XIX.

Page 3: vangardas_xeral

Os anos dez e vinte é unha época de tensión entre a burguesía e a clase operaria, entre os estados (Primeira Guerra Mundial), e tamén de fortes convulsións económicas que culminarán coa crise de 1929. Cuestiónase o sistema capitalista e revísanse criticamente os valores herdados do século anterior. Principia unha nova época coa irrupción das masas na historia -Revolución soviética- e co ascenso de diferentes tipos de fascismo.

Page 4: vangardas_xeral

O termo vangardas xorde en Francia durante os anos da Primeira Guerra [1914-1917]. A súa orixe está precisamente no vocábulo francés avant-garde, termo de orixe militar e político, que viña a reflectir o espírito de loita, de combate e de confrontación que a nova arte do século opuña fronte á chamada arte decimonónica ou académica.

Page 5: vangardas_xeral

O espírito de vangarda é o sentimento agudo de que a arte, que se esgota nas tradicións académicas, está por reinventar; a vontade de romper co pasado, de buscar unha inspiración e formas novas, de se lanzar á aventura; a preocupación constante do futuro, tal como a revolución científica e técnica forxa. A vangarda perturba a orde, entrégase ás experiencias máis arriscadas, prefire a audacia á perfección, a descuberta á certeza.

Page 6: vangardas_xeral

A literatura vangardista está formada por unha serie de tendencias, escolas ou movementos, chamados ismos, polo sufixo común dos seus nomes: Futurismo, Expresionismo, Cubismo, Dadaísmo, Imaxinismo e Superrealismo. Romperon con toda a tradición estética anterior propoñendo, cada tendencia co seu propio manifesto.

Page 7: vangardas_xeral

Características:

• A liberdade creativa é o maior valor do artista.• A arte non debe imitar a realidade, senón que ten que

ser autónoma.• Debe buscar a novidade e a orixinalidade.• Ten un sentido lúdico e transgresor, que racha coas

normas e a tradición.

Page 8: vangardas_xeral

FUTURISMO

características son: - Un patriotismo esaxerado.- Exalta á maquinaria e avances tecnolóxicos. - A modernidade que o leva a propiciar o valor da maquinaria e a velocidade.- Os seus temas son: a velocidade, as fábricas, as locomotoras, etc.- Poeta máis destacado ou representativo: Filipe Tomás Marinetti.

Page 9: vangardas_xeral

L. Balla: A nena que correpolo balcón.

Page 10: vangardas_xeral

Gino Severini, Tren pasando pola vila, 1872

Page 11: vangardas_xeral

Bombardeo de Acrianápole. Cada cinco segundos, canóns de asedio destrrripar espazo como un acorde de zzzang-tumb tum rebelión de 500 ecos para lle chantar os dentes, facelo trinzas, esnaquizalo ate o infiiiinito. No centro daqueles zzang-tumb tum destallados (amplitude 50 Km) choutar, estoupidos, cortes, puñadas, baterías, tiro rápido. Violencia, ferocidade re-gu-la-ri-da-de este baixo grave marcar, o tempo os estraños tolos axitadismos da batalla. Furia, afán, oídos, ollos, narices abertos. ¡Coidado! Ánimo! Que alegría ver, oír, ulir todo todo todo ta ta ta ta ta das metralladoras berrar ate perder o alento baixo os mor-dis-cos bofetares traak - traak lategazos pic-pac-pum-tumb pic-pac-pum-tumb pic-pac-pum-tumb caprichos saltos (200 metros da fusilería).

Page 12: vangardas_xeral

Abaixo, abaixo ao fondo da orquestra, estanques subir bois búfalos, esporas carros pluf plof encabritares de cabalos flic flac zing zang chaac relichos chistosos iiiiii.... se atropelan tintineos 3 batallóns búlgaros en marcha croooc - craaac (dous tempos lento). Sutumi Maritza ou Karvaseno ta ta ta ta ta giiitumb giiitumb ZZANG-tumb tum (280 ruído ao saír o obús) srrrrr GRANG GRANG (ruído ao caer) croooc - craaac berros dos oficiais chasquidos como pratos de latón pan por aquí paack por alá zing BUUUM cing ciak (rápido) craccaccrac- crccrac en riba ou abaixo alá, alá, o redor, no alto, coidado á cabeza chaak moi ben! Chamas, chamas, chamas, chamas, chamas, chamas (paso dos fortes) chamas, chamas, chamas.Chamas, chamas, chamas (paso dos fortes) abaixo.

Page 13: vangardas_xeral
Page 14: vangardas_xeral

Pessoa - futurismo portugués

(Na nora do quintal da minha casaO burro anda à roda, anda à roda,E o mistério do mundo é do tamanho disto.Limpa o suor com o braço, trabalhador descontente.A luz do sol abafa o silêncio das esferasE havemos todos de morrer,Ó pinheirais sombrios ao crepúsculo,Pinheirais onde a minha infância era outra coisaDo que eu sou hoje...)

Page 15: vangardas_xeral

Eia! eia! eia!Eia electricidade, nervos doentes da Matéria!Eia telegrafia-sem-fios, simpatia metálica do Inconsciente!Eia túneis, eia canais, Panamá, Kiel, Suez!Eia todo o passado dentro do presente!Eia todo o futuro já dentro de nós! eia!Eia! eia! eia!Frutos de ferro e útil da árvore-fábrica cosmopolita!Eia! eia! eia! eia-hô-ô-ô!Nem sei que existo para dentro. Giro, rodeio, engenho-me.Engatam-me em todos os comboios.Içam-me em todos os cais.Giro dentro das hélices de todos os navios.Eia! eia-hô! eia!Eia! sou o calor mecânico e a electricidade!

Eia! e os rails e as casas de máquinas e a Europa!Eia e hurrah por mim-tudo e tudo, máquinas a trabalhar, eia!

Galgar com tudo por cima de tudo! Hup-lá!

Hup-lá, hup-lá, hup-lá-hô, hup-lá!Hé-la! He-hô! H-o-o-o-o!Z-z-z-z-z-z-z-z-z-z-z-z!Ah não ser eu toda a gente e toda a parte!

Londres, xuño de 1914

Page 16: vangardas_xeral
Page 17: vangardas_xeral

CUBISMO

Nace como escola pictórica cara a 1907, descompoñendo os obxectos reais en liñas e planos xeométricos que no cadro se presentan recompostos libremente. Iníciao Picasso co cadro Les demoiseilles d’Avignon (As señoritas de Avignon), adoptando a teoría de Baudelaire, segundo a cal os pintores debían basearse nos paseos urbanos e na sordidez dos bordeis.

Page 18: vangardas_xeral

Picasso: As señoritas de

Aviñón

Page 19: vangardas_xeral

Picasso: Retrato de Ambrosio Vollard

Page 20: vangardas_xeral

Un proceso semellante prodúcese na literatura, mesturando conceptos ou imaxes, revolucionando a tipografía cos Calligrammes de G. Apollinaire, poemas nos que se crean "imaxes visuais" gracias á disposición dos versos na páxina.

Os seus principais trazos son:• Descompón a realidade en liñas e planos.• Na literatura esta descomposición da realidade pódese desenvolver

de dous xeitos:-Graficamente: cos chamados caligramas, que xogan co brando da folla. Cando os caracteres dos caligramas non están escritos á man denomínanse tipogramas.- Na letra do propio poema (por exemplo, cando se describe unha imaxe xeométrica).

Page 21: vangardas_xeral
Page 22: vangardas_xeral

                                         

Page 23: vangardas_xeral

                             

           

Page 24: vangardas_xeral

               

                           

              

Page 25: vangardas_xeral

Dadaísmo A orixe do termo Dada é confuso e controvertido. De acordo coa versión de Tzara e Ball, a palabra xorde da casualidade: abrindo as páxinas dun dicionario coa axuda dun coitelo, o primeiro termo sinalado foi ese: dada. De acordo con outras versións, foron os camareiras do Café Terrasse, lugar onde se acostumaban atopar estes artistas centroeuropeos, quen identificaron primeiramente ao grupo como dada: para eses camareiras, as linguas faladas por aqueles emigrados eran incomprensíbeis, salvo a sílaba "dá-dá" ("si, si", en ruso e outras linguas)

Page 26: vangardas_xeral

As súas principais notas poden ser estas:

• Dadá é o punto final dunha evolución na arte. • Non se trata de seguir desenvolvendo novas

propostas a partir da anterior, senón conciencia do fin do camiño e actitude de "saltar a tapia" cara algo novo, de aí o seu profundo rexeitamento mesmo das vangardas previas (Futurismo, Cubismo) .

• Idea do primitivismo, da creación espontánea da obra de arte.

Page 27: vangardas_xeral

Marcel Duchamp: A fonte

Page 28: vangardas_xeral

Grosz: Os piares da sociedade

Page 29: vangardas_xeral

Para facer un poema dadaístaColla un xornal.Colla unhas tesoiras.Escolla no xornal un artigo da lonxitude queconta darlle ao poema.Recorte o artigo.Recorte con coidado cada unha daspalabras que forman o artigo e métaasnunha bolsa.Axítea suavemente. Agora saque cadarecorte un tras doutro. Copieconcienzudamente na orde na que saíran dabolsa. O poema semellarase a vostede. E é vostede un escritor infinitamente orixinal e dunha sensibilidade fascinante, aínda queincomprendida polo vulgo.

Page 30: vangardas_xeral

O surrealismo.A palabra. surréalisme é un termo francés composto do prefixo sur e o nome réalisme. A primeira vez que aparece é no título da obra de Apollinaire As tetas de Tiresias. Drama super-realista. A súa tradución sería algo así como "superrealismo" ou "sobre o realismo"; desa forma querería dar a entender a arte que está máis alá da realidade.

Page 31: vangardas_xeral

O seu teórico foi André Bretón (Manifeste du Surréalisme, 15/10/1924) e un dos poetas superrealistas de maior importancia é Paul Èlouard, aínda que tamén é seguido por outros poetas e pintores (Marcel Duchamp, Max Ernst, Miró, Picasso) e mesmo cineastas coma Buñuel (El perro andaluz).

Page 32: vangardas_xeral

"Escribide, sen tema preconcibido, o suficientemente rápido para non sentir a tentación de reler... a frase virá por si soa, só pide que a deixes exteriorizarse".

Page 33: vangardas_xeral

Os seus trazos máis importantes son:

• Non só pretende renovar as artes, senón tamén a vida, a sociedade. Así, os seus promotores son poetas sociais. En Francia están ligados á esquerda, ao Partido Comunista Francés (PCF), como é o caso de André Bretón.

Breton e Trosky

Page 34: vangardas_xeral

Busca a supresión de toda lóxica e convencionalismo:• Defenden o automantismo psíquico, polo

que lle dá unha grande importancia ao subconsciente e ao mundo onírico (na literatura úsase a escrita automática).

• Conecta coa teoría da psicanálise de Freud. A arte debe expresar o subconsciente,

os soños e as emocións máis íntimas.

Page 35: vangardas_xeral

Marc Chagall: Eu e a aldea

Page 36: vangardas_xeral

O creacionismoO seu abandeirado é o chileno Vicente Huidobro, para quen a arte non debe imitar a realidade xa que o poeta é un pequeno Deus. Este ten grande liberdade estílistica, recorrendo aos xogos de palabras ou ás imaxes arbitrarias, basea o seu credo estético en: humanizar as cousas; facer do abstracto, concreto e do concreto, abstracto.

Page 37: vangardas_xeral

Caracterízase por:• Considerar ao poeta como un pequeno deus[1].• É un movemento deshumanizado.• O poema constitúese dunha superposición de imaxes

continua, de xeito que o valor das metáforas queda anulado.

[1] Vicente Huidobro dicía que “hai que facer un poema como a natureza fai unha árbore”.

Page 38: vangardas_xeral

BASTA SEÑORA ARPA DE LAS BELLAS IMÁGENES…Basta señora arpa de las bellas imágenesDe los furtivos cosmos iluminadosOtra cosa otra cosa buscamosSabemos posar un beso como una miradaPlantar miradas como árbolesEnjaular árboles como pájarosRegar pájaros como heliotroposTocar un heliotropo como una músicaVaciar una música como un sacoDegollar un saco como un pingüinoCultivar pingüinos como viñedosOrdeñar un viñedo como una vacaDesarbolar vacas como velerosPeinar un velero como un cometaDesembarcar cometas como turistasEmbrujar turistas como serpientesCosechar serpientes como almendrasDesnudar una almendra como un atletaLeñar atletas como cipresesIluminar cipreses como faroles

Anidar faroles como alondrasExhalar alondras como suspirosBordar suspiros como sedasDerramar sedas como ríosTremolar un río como una banderaDesplumar una bandera como un galloApagar un gallo como un incendioBogar en incendios como en maresSegar mares como trigalesRepicar trigales como campanasDesangrar campanas como corderosDibujar corderos como sonrisasEmbotellar sonrisas como licoresEngastar licores como alhajasElectrizar alhajas como crepúsculosTripular crepúsculos como navíosDescalzar un navío como un reyColgar reyes como aurorasCrucificar auroras como profetasEtc. etc. etc.Basta señor violín hundido en una ola olaCotidiana ola de religión miseriaDe sueño en sueño posesión de pedrerías.

Page 39: vangardas_xeral

Na literatura galega destaca De catro a catro de Manuel Antonio, aínda que non é unha obra tan deshumanizada coma a maioría das creacionistas. En senso estrito, esta obra é a única plenamente vangardista na literatura galega, influíndo na poesía até a actualidade.

Page 40: vangardas_xeral

Colmeiro: Despedida

Page 41: vangardas_xeral

Seoane: Mulleres na praia

Page 42: vangardas_xeral

Maruja Mallo: Guía postal de Lugo

Page 43: vangardas_xeral

Maside: Festa

Page 44: vangardas_xeral

CARACTERÍSTICAS COMÚNS AOS MOVEMENTOS DE VANGARDA

1.- RUPTURA RADICAL COA TRADICIÓN

2.- RENOVACIÓN DA TEMÁTICA

3.- A ARTE TEN SENTIDO EN SI MESMA

4.- ARTE CEREBRAL, ANTISENTIMENTAL, ANTIRROMÁNTICA

5.- EXPRESIÓN HERMÉTICA

6.- ELABORACIÓN DE MANIFESTOS PROGRAMÁTICOS RADICAIS

Piston chaudière piston chaudière pisssstton pissssttonn pisssston

Premier piston de joie chaude PENETRER dans l´huilefrirerire frirerire sa nostalgie graaasse, graaasse, graaasse

Un día dirase as lágrimas as vosas lágrimas onde estánse cadra rillaron o espazo até as uñas da tumbaas nosas maternas primaveras investiron tantas andoriñasen acompañar os latexos do corazón conducentes ao cadafalso que a paisaxe louca de ás arrinca sen descanso os seus regos

Page 45: vangardas_xeral
Page 46: vangardas_xeral
Page 47: vangardas_xeral

Os anos vinte e trinta presentan para a poesía galega un panorama rico e diverso, protagonizado pola chamada "xeración do 25" e que os propios membros preferiron denominar "novecentista,' ou simplemente "nova xeración galega".

Page 48: vangardas_xeral

As características desta xeración poderíanse resumir en:• Ruptura coa tradición inmediata, ao tempo que se

cortan as dependencias cos grandes mestres do Rexurdimento (Rosalía, Pondal, Curros).

- O labor de actualización e modernización da lírica galega. que se universaliza de xeito decidido, póndose en relación coas grandes correntes europeas, sen perder a súa singularidade.

Page 49: vangardas_xeral

- As revistas literarias como elemento propio desta xeración. Nos anos vinte destacan Ronsel e Alfar e nos trinta Resol, Cristal, Papel de Color, etc. É interesante ter en conta que boa parte da literatura galega dos anos vinte e trinta foi espallada en publicacións periódicas, xogando neste aspecto un papel moi destacado os xornais vigueses Galicia e El Pueblo Gallego.

Page 50: vangardas_xeral

- As liñas poéticas seguidas polos diferentes autores van desde a asunción plena dos procedementos vangardistas até a reformulación da tradición medieval ou popular, sendo posíbel distinguir dúas tendencias ben marcadas e logo unha serie de individualidades que en maior ou menor grao orientan a súa obra cara a posicións máis radicalmente renovadoras. Nos anos 20 e 30 asistimos a unha renovación intensa, e nela Manuel Antonio supón o seu punto culminante. Os seus compañeiros de xeración fican, na súa maioría, aínda nunha actitude máis tímida no que atinxe á renovación formal.

Page 51: vangardas_xeral

Características comúns aos membros da xeración1. A maioría nacen ao redor do ano 1900.2. Promoveron a creación do Seminario de Estudos Galegos.3. Tiveron un papel decisivo na formación do Partido Galeguista.4. Algúns morreron moi novos e os superviventes estiveron marcados polo drama da Guerra Civil.5. Incorporaron á literatura galega as vangardas literarias europeas, mais non todos poden ser considerados vangardistas.

Page 52: vangardas_xeral

Vangardas literarias na Galiza

A influencia vangardista provocou unha renovación da poesía galega en tres liñas diferentes:1. Imaxinismo ou hilozoísmo• Paisaxe humanizada• Amado Carballo

2. Neotrobadorismo• Formas da lírica medieval con temas contemporáneos• Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro

3. Creacionismo• Manuel Antonio