16
Vicente Risco e La puerta de paja: Unha valiosa contribución á novela "católica" na posguerra española OLIVIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ Universidade da Coruña I. VICENTE RISCO, NOVELISTA 1.1. LA PUERTA DE PAJA, UNHA NOVIDADE NARRATIVA NOS ANOS 50 Vicente Risco contribuíu canda outros escritores do "grupo Nos" á constitución da novela galega contemporánea. A súa andaina novelística non ficou ai, senón que proseguíu durante o Franquismo na literatura castelá. Despois dunha paréntese de nada menos que vintecinco anos, e próximo a facer os 70, o ourensán escribe en pouco tempo unha das novelas máis inte- resantes e novidosas da década dos cincuenta. La Puerta de Paja (V. Risco, 1953). o feito de que quedase como finalista do Premio Nadal de 1953 pro- vocou unha especial atención da crítica, que a recibiu con grandes gabanzas, destacando a súa orixinalidade nun eido literario dominado polo retrato rea- lista de costumes cotiáns. Vicente Risco volveu a sentirse con azos para con- tinuar a súa tarefa , sempre por el benquerida, de novelista. De feito, escri- biu tres novelas máis e algún contó, que quedaron finalmente sen atopar editor. Etiquetada como novela metafísica ou, nalgúns casos, teolóxica. La Puerta de Paja sinalaba un camino que levaba un tempo aberto noutras lite- raturas, especialmente a anglosaxona e a francesa; e abría unha fenda por onde xurdiría a fantasía. Os temas que trataba, como a dúbida relixiosa, o poder e a rebeldía, as reviravoltas no acontecer histórico e o mal no mundo, etc., desembocaban no principal, o tema do misterio, e facían desta novela un clarísimo expoñente do que hoxe chamaríamos "novela católica" española da posguerra Pero entón as cousas non estaban tan claras, e mesmo o nacionalcatolicis- mo do réxime tina moitos reparos en facerse eco dunha corrente literaria que fóra de España capitaneaban católicos contrarios a Franco, como Jacques Mari-

Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

Vicente Risco e La puerta de paja: Unha valiosa contribución á novela "católica"

na posguerra española

OLIVIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

Universidade da Coruña

I. VICENTE RISCO, NOVELISTA

1.1. LA PUERTA DE PAJA, UNHA NOVIDADE NARRATIVA NOS ANOS 50

Vicente Risco contribuíu canda outros escritores do "grupo Nos" á constitución da novela galega contemporánea. A súa andaina novelística non ficou ai, senón que proseguíu durante o Franquismo na literatura castelá. Despois dunha paréntese de nada menos que vintecinco anos, e próximo a facer os 70, o ourensán escribe en pouco tempo unha das novelas máis inte­resantes e novidosas da década dos cincuenta. La Puerta de Paja (V. Risco, 1953). o feito de que quedase como finalista do Premio Nadal de 1953 pro-vocou unha especial atención da crítica, que a recibiu con grandes gabanzas, destacando a súa orixinalidade nun eido literario dominado polo retrato rea­lista de costumes cotiáns. Vicente Risco volveu a sentirse con azos para con­tinuar a súa tarefa , sempre por el benquerida, de novelista. De feito, escri-biu tres novelas máis e algún contó, que quedaron finalmente sen atopar editor.

Etiquetada como novela metafísica ou, nalgúns casos, teolóxica. La Puerta de Paja sinalaba un camino que levaba un tempo aberto noutras lite­raturas, especialmente a anglosaxona e a francesa; e abría unha fenda por onde xurdiría a fantasía. Os temas que trataba, como a dúbida relixiosa, o poder e a rebeldía, as reviravoltas no acontecer histórico e o mal no mundo, etc., desembocaban no principal, o tema do misterio, e facían desta novela un clarísimo expoñente do que hoxe chamaríamos "novela católica" española da posguerra

Pero entón as cousas non estaban tan claras, e mesmo o nacionalcatolicis-mo do réxime tina moitos reparos en facerse eco dunha corrente literaria que fóra de España capitaneaban católicos contrarios a Franco, como Jacques Mari-

Page 2: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

244 OLIVIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

tain ou Georges Bemanos (cfr. R. Conté, 1988). Que a novela de Risco puide-ra terse convertido en modelo para unha novela católica autóctona que na súa cema non habería de contrariar nin moito menos os piares do franquismo, podemos comprobalo indagando nos seus múltiples segretos, pero limitarémo-nos a só un deles: as fontes para a creación do pesonaxe Baldonio, o conde-hispo excomungado e queimado en efixie en Roma, que non ere en Deus pero si no demo, co que se acha en comunicación. O violento e apoplético Baldo­nio, carismático e de forte personalidade, tras viaxar co corpo astral durante o sonó a Roma, decide peregrinar alí na realidade para finxir que quere o perdón do Papa. Ó cabo vira o arrepentimento verdadeiro e Baldonio morrerá ó volver ós seus dominios, linchado polo seu poho. Por fin atravesará a porta do alen, que a morte limpa da palla que a ohturaha.

Por outra handa, comprobaremos as reticencias ante o fenómeno dunha novela deste tipo coñecendo os testemuños ñas publicacións e nos actos cultu­ráis da época sobre a posible existencia dunha novela católica na España dos cincuenta.

1.2. LA PUERTA DE PAJA E A CENSURA DO FRANQUISMO

Malia todo o dito, o caso foi que esta novela que tina por autor ó ultraor-todoxo en materia de relixión V. Risco, non puido subtraerse ó rigor da censu­ra oficial. Para os censores da época tal galimatías de ambiente relixioso medieval non podía ofrecer nada limpo, e entraron a saco en La Puerta de paja, que daquela habería de saír moi mal parada de non ser pola intervención dun amigo do autor. Manuel Casado infórmanos do papel de mediador para evitar no posible o corte da tesoira censora, que levou a cabo un delegado de Infor­mación e profesor na Universidade de Barcelona, o doutor Iglesias (M. Casa­do Nieto, 1984: 490).

A edición que de La Puerta de Paja reaUzou no 1981 a editorial Akal, tra-tou de reconstruir o texto sen censurar, a partir da copia mecanografada e enca-demada que Femando Salgado, prologuista e responsable da edición, posuía para tal fin. A encademación leva a data de 1952, o subtítulo de Crónica del obispo Baldonio e un debuxo orixinal de Vicente Risco (V.Risco, 1981,11: 3-10). Esta edición inclúe os xiros e vocablos galegos corrixidos en anteriores edicións, nun afán de reconstrucción da pureza primitiva do texto risquiano. Este afán fixo, sen embargo, volver ó texto da novela os erros corrixidos por V. Risco ñas galeradas.

Velaquí o resultado da confrontación deste texto co da edición orixinal pola editorial Planeta (V. Risco, 1953). Sirva como mostra da acción da censu­ra do Franquismo, da que non se libraba nin un escritor que se autodefinía como catóhco. Vexamos primeiro os cortes debidos a causas moráis:

Page 3: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245

AKAL (TEXTO ORIXINAL)

Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo bispo nunha cacería:

(pág. 13) "Baldonio se los probó apo- (pág. 9) Baldonio dirigió una sibilina yándolos en las sienes por la raíz, pregunta a su bufón, pensando en su barragana favorita, y preguntó al fubón cómo le sentaban".

Os cornos farán a súa reaparición máis adiante:

(pág. 33) "Pero estos cuernos de cier- (p.42) vo los había arrancado a Finamor de lassienes del obispo, Baldonio los tuvo puestos alguna vez, acaso otras veces, acaso siempre".

Os cortes por motivos relixiosos son verdadeiras manifestacións de beate­ría pseudocatólica. Nun deles evítase, ademáis da blasfemia, a ofensa ó clero regular:

(pág.) "No hay santos, nunca los (p.20) hubo... Son cosas de las viejas, de las monjas..."

O seguinte golpe da censura rabena unha das referencias á herexía medie­val que está na raíz do enfrontamento de Baldonio co Papado, e que Vicente Risco escolle como un dos motores da acción desta historia:

(pág. 22) " A conseguir que Rosinda (pág. 20) "...¡Oh!" fuera Papisa... ¿Por qué no ha de haber una Papisa? Con Rosinda, Venus, la diosa del amor humano, se sentaría en la silla de San Pedro; al principio no lo sabría nadie: Rosinda no sería Papisa, Rosinda sería Papa Siendo Papa, Rosinda me coronaría Emperador".

O resultado é un sensentido, pois pouco despois Baldonio mencionará varias veces a Papisa. A herexía da mulIer-Papa é pasada por alto, en cambio, cando o que a explica é o mal encamado no personaxe de Plutón Barrabás (secuencia XXI). O que non tolerou a man do censor foi esa pormenorización do contido herético, coa identificación entre Venus e a muller Papisa, que roza­ría diante dos seus olios o insulto moral á cadeira do Vaticano.

Page 4: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

246 OLIVIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

II. FONTES PARA O BISPO B A L D O N I O E A SÚA PEREGRINAXE

Para o personaxe do bispo Baldonio de Strandia, pecador en tódolos vicios, absolto no último termo polo Papa, Vicente Risco puido inspirarse en varias figuras históricas e literarias, aínda que non fose sempre de xeito cons­ciente, como xa se sabe que se producen estas "inspiracións" no novelista. Revisando rápidamente os seus traballos periodísticos e as súas reseñas de lec­turas, algúns nomes cobran unha relevancia especial pois aparecen proxectados na creación do bispo de Nerbia:

II. 1. O BISPO XELMÍREZ

Para empezar recordamos o bispo Xelmírez, e a súa peregrinación a Roma sobre a que escribía Ramón Otero Pedrayo unha fermosa novela de ambienta-ción medieval, A wmeiría de Xelmírez (R. Otero Pedrayo, 1934). O paralelismo entre as viaxes dun e doutro son evidentes, salvando a enorme distancia do moti­vo da peregrinación. Xelmírez quere pedir a dignidade de arcebispo ó Papa Pas­cual II, mentres que Baldonio viaxa a Roma para pedir un perdón que só é sin­cero na etapa final. Con Xelmírez seguimos as estacións da súa peregrinación ata Roma, entre as que se atopa unha visita ó emperador Don Alonso de Tole­do. Con Baldonio evítase cunha elipse narrativa o trascorrer da viaxe, e só se atende ós puntos de orixe e de chegada desa peregrinaxe de perdón.

Na novela de Vicente Risco, como na de R. Otero Pedrayo priva o proble­ma espiritual, cunha ambientación seica un chisco estraña, como de soñó, eos temores e os devezos da Idade Media concentrados na individualidade do pro­tagonista. Neste aspecto existe, xa que logo, unha coincidencia fundamental. Pero as enormes diferencias entre as dúas novelas fanse tamén patentes:

A novela de Ramón Otero Pedrayo é máis concreta na localización e ambientación, máis arqueolóxica, en resumo. En Vicente Risco non hai nada diso. No seu canto atopamos unha inconcreción absoluta, posta ó servicio da ale­goría. Por outra banda, Otero Pedrayo escribe a súa novela sobre Xelmírez desde supostos nacionalistas. Por tódalas partes reborda a novela de ideáis célticos, póndose por riba dos intentos de dominio, vidos de Castela, as virtudes da raza e o seu degoro de independencia. Xelmírez vén ser deste xeito un héroe épico, non só relixioso, senón tamén nacional galego. Se viaxa a Roma a procurar o palio arcebispal é porque tradicionalmente os Papas viñérono negando á vila compos-telá. As razóns son sinaladas por un personaxe circunstancial na novela:

"Roma non quer a Caliza.

Houbo eiquí unha grande herexía -Hai en nos algo que fai des­confiare aos Pontífices." ( R. Otero Pedrayo, 1934: 25).

Page 5: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 247

Deste xeito lémbrase a repercusión do Priscilianismo na Galicia primitiva, cando xa Xelnurez soubo absórbela no nome da ortodoxia cristiá.

3) As súas cobizas fan a Xelmirez imaxinarse á cabeza dun Santiago de Compostela que se atope tan só un chanzo por baixo da dignidade de Roma. A idea imperial tamén anda a revoar na súa cabeza, e nesa idea hai moito de apo­calíptico e mesiánico:

"(•••) maxinábase con algunha saudade guiando aos pobos enteiros polos roteiros da Cruzada (...)" (R. Otero Pedrayo, 1934: 45).

4) Para rematar, apuntaremos o parecido que hai no tratamento simbólico Cristian do camino e a viaxe en ambas novelas. Na de R. Otero Pedrayo, un peregrino vedraño fálalle así a Xelmirez cando éste está a piques de encetar a peregrinaxe:

"¡O camino! Sabedes ben o que quer dicir esta verba? Para o Cris­tian a meirande ledicia, espello do vivir terreo, porta da vida nova, vía de consolo, compaña da concenza, scholarca de todas as horas, ceibe meditación, arredamento dos baixos oficios das pousadas dos homes, traballo co mesmo caminar pagado." (R. Otero Pedrayo, 1934: 86 -o subliñado é noso).

II.2. SAN MANUEL BUENO

En segundo lugar compre mencionarmos a San Manuel Bueno, creación de Miguel de Unamuno. Trátase do párroco de Lucerna, protagonista da súa novela San Manuel Bueno, mártir (1933).

É un crego que non ere e abeira terribles dúbidas verbo do alen, pero é quen de termar da fe da súa parroquia coma un verdadeiro santo. Na forma, no punto de partida, o problema do personaxe é o mesmo có de Baldonio. O desenvolvemento e a fin serán moi distintos, pois Baldonio fai do seu conflic­to relixioso un asunto puramente persoal, mentres que as repercusións nos sub­ditos da súa insólita posición interesan no que se refiere ás relacións de poder. Para Baldonio, as demais cousas rolan soas. O seu condado vive na ortodoxia pola lei da compensación que fai que tódalas cousas deste mundo se apoien no seu contrario.

Que Vicente Risco se inspira en San Manuel Bueno para crear a Baldonio non pode porse en dúbida. A cítica que recibiu a primeira edición da súa nove­la xa se decatara diso (J.A. Valente, 1953), se ben a maioría pensaba máis no M. de Unamuno de Niebla que no de San Manuel Bueno, mártir, á hora de esta­blecer o paralelismo entre novelas de tema existencial de ambos autores.

Page 6: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

248 OLIVIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

Sabemos, ademáis, o que Vicente Risco opinaba desta novela unamiinia-na, gracias a unha das moitas reseñas de libros que levou a cabo no periódi­co de Orense La Región (V. Risco, 1943). Os seus comentarios sobre San Manuel Bueno, mártir teñen un enorme interese para nos porque pertencen á mesma época ideolóxica de La puerta de paja. Daquela Vicente Risco adiá­base moi lonxe de imaxinarse como futuro novelista en castelán. Este teste-muño engádese como un máis das voltas que deu a vida. Na reseña fai un recoñecemento previo do grande escritor que foi Miguel de Unamuno, a quen sempre tivo por un dos seus mestres. Vicente Risco declara a súa simpatía cara á potencia, non de pensamento, pero si de sentimento, que é risco carac­terístico de Unamuno. Nel observa violencia de pensamento e de expresión, así como certas veleidades racionalistas. V. Risco semella deste xeito confe­sar un irracionalismo superior ó do contradictorio M. de Unamuno. A nove­la San Manuel Bueno, mártir, chegou a producirlle tristeza, pero non desa­grado. Non obstante ''le revuelve el alma hasta la indignación". Finalmente, sostén que o suposto conflicto entre fe e razón en M. de Unamuno pertence a unha época xa pretérita.

II.3. MARTÍN LUTERO

Son moitas as coincidencias co iniciador do protestantismo. Vicente Risco danos unha visión moi persoal e "católica" sobre Lutero en dous artigos da revista Misión (V. Risco, 1946 a). Deles tiramos as seguintes semellanzas:

1) Excesos e afeccións físicas. Era tremendamente voraz e padecía opre-sións de peito pola súa avanzada marterioesclerose.

2) Afeccións mentáis. Caía en estados de melancolía pura, con manías persecutorias. Tina medo a ser "envenenado, asesinado, calumniado". Odiaba a todos:

"(...) a los habitantes de Wittenberg, a los príncipes alemanes, al Emperador, al Papa, a Zwinglio, a Carlostadio, a Acadampio, a los sacramentarios, a los hugonotes, a los anabaptistas."

3) Defectos de carácter. A súa terrible vaidade conduciuno á rebeldía . Malia ter protectores e seguidores, atopábase absolutamente so. Procedía sem­pre por motivos personáis.

4) A sua relación co diabo, ''que lo rondó toda su vida":

"En Eisleben, poco antes de morir, el diablo se le presentó en una ventana y le mostró el trasero desnudo... Lutero no parece haber enten­dido la buria." (V Risco, 1946 a).

Page 7: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 2 4 9

5) As súas dúbidas e vacilacións constantes: ''Dudando, vacilando, se dejó llevar de su amor propio adonde el diablo quisó".

6) A súa herdanza ó morrer. Os efectos da súa doutrina foron demoledo­res. "Ya al morir no dejaba tras de sí más que dispersión y desolación, la con­fusión y la guerra".

7) Os remedios ''mágicos que le aplicaron estando moribundo: paños calientes y agua de unicornio".

8) Por último. Atribúeselle un intento de arrepentimento e confesión dous días antes do seu pasamento. Seica vacilase e se arrepentise no derradeiro intre, pero o daño xa fora feito.

II.4. PRISCILIANO E WITIZA

De Prisciliano e de Witiza, influido este último por aquél séculos mais tarde, non pode se dicir que haxa en Baldonio características personáis, pero si un reflexo do estados de cousas no que o pobo chan foi sumido pola súa inter­vención na historia.

De Prisciliano seica procede a idea de levar a muUer á cabeza da Igrexa, sentada como papisa na cadeira de Roma. A herexía é desexada por Baldonio, que aspira tamén el a se facer co mando do imperio Cristian e, coa súa amada Rosinda na xefatura da Igrexa, unir ámbolos dous poderes, o dos corpos e o das almas baixo o seu dominio. Baldonio desexa ser un novo Prisciliano nun sen­tido moi claro: como obxecto de culto popular prohibido pola Igrexa.

Pola súa banda, Witiza (V. Risco, 1940) e un dos seus sicarios, o bispo Sin-deredo, levou a cabo unha política "anticlerical e ortodoxa" na España antiga, defendendo oficialmente a poligamia —el, di Risco, era tremendamente luxu-rioso— e autorizando o matrimonio dos cregos. Vicente Risco advirte manei-ras orientáis nos seus costumes e unha marcada inclinación cara o pobo xudeu, a quen dispensou de tódalas condenas e persecucións impostas por concilios anteriores ó seu reinado. Sospeita que podía tratarse dun "judaizante secreto, un cripto-judío". Se así fose, tódalas doutrinas orientáis sincréticas poderían virlle por transmisión xudía, e non pola influencia do priscilianismo.

Poucas semellanzas se presentan entre Witiza e Baldonio, fóra da luxuria e os seus entretementos coa maxia. Pero lendo con atención o artigo que lie dedica V. Risco, pódense entresacar outros parecidos a súa enorme cobiza, que o levou sen dúbida a tentar acceder ó trono a través dos xudeus conspiradores que foron descubertos e castigados no ano 694. O seu carácter brutal e violen­to, pois contase que, antes de ser rei, matara baténdoUe a cabeza cun bastón a Fáfila, duque de Cantabria, porque quedara engaiolado coa súa muUer. E a semellanza definitiva é a súa oposición ó Papa de Roma, que condenada os

Page 8: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

250 OLIVIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

seus excesos. Witiza chegou a decretar 'Ha separación de la Iglesia hispánica de la obediencia de Roma, haciendo que los obispos la negasen al Romano Pontífice". Todo iso houbo de conducir os seus subditos ó cisma e á revolución.

II.5. FEDERICO II

Hai máis figuras medievais de personaxes poderosos dotados dun gran carisma, nos que Baldonio poiderse ter igualmente o seu espello. Vicente Risco, no seu libro sobre Satanás, menciona os frecuentes casos de eclesiásti­cos dominados pola ambición, a cobiza e a luxuria:

"La ambición era causa de que los nobles y los grandes señores buscasen para sus hijos los más importantes obispados y pingües aba­días. Así se formaban obispos y abades sin vocación religiosa, y a veces hasta sin letras, que vivían enteramente como los potentados laicos. El afán de poder los empujaba a pleitosy porfías constantes.

La codicia dio lugar al pecado de simonía, a la compraventa de car­gos eclesiásticos, con el mismo resultado que acabamos de ver.

La lujuria hacía que muchísimos fueran débiles frente a los encan­tos femeninos." (V. Risco, 1947: 510-511).

Mencionaremos tan só o exemplo do emperador Federico II Hohenstaufen, neto de Barbarroxa, "una figura tan grande como los personajes bíblicos: es la prefigura de la apostasía sentada en el tronó", segundo palabras do propio Risco (V. Risco, 1947: 513). Resulta significativo que este emperador fose con­siderado polas hordas de indixentes do seu tempo coma o mesías apocalíptico que todos agardaban. O historiador Norman Cohn fala así deste personaxe na súa obra sobre o Milenio medieval:

"Era una figura muy brillante, cuya versatilidad e inteligencia, relajación moral y crueldad se combinaban fascinando a sus contem­poráneos (...). Sobre todo, estuvo repetidamente implicado en conflic­tos extraordinariamente encarnizados con el papado. La cristiandad disfrutó del espectáculo del emperador varias veces excomulgado, que se vengaba a su vez tratando de despojar a la Iglesia de la riqueza que, según decían, era el origen de la corrupción" (N.Cohn, 1981).

III. A POLÉMICA SOBRE A NOVELA CATÓLICA ESPAÑOLA

Na década dos cincuenta houbo en España unha polémica sobre a posible existencia dunha novela católica autóctona. Os exemplos da literatura estran-

Page 9: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

VICENTE RISCO £ LA PUERTA DE PAJA 251

xeira, entre os que salientaban os nomes de Graban Greene, Fran90is Mauriac, Paul Claudel e Julien Green, manifestaban unha fonda preocupación literaria sobre temas católicos, en países nos que o catolicismo convivía con outras reli-xións. En España a polémica sobre a existencia deste subxénero narrativo achábase intimamente ligada á propaganda dos medios oficiáis que reclamaban e expresaban a necesidade dunha novela confesional católica, consonte os prin­cipios do réxime franquista. E nin sequera había neste interese pola novela cató­lica unha verdadeira preocupación polos temas existenciais ou de índole ética, máis ala do que permitían os canons timoratos da Igrexa oficial. Resultou, ó cabo, que despois de tanto clamar por unha novela deste tipo, os especialistas no tema volvíanse moi remisos á hora de dar a unha novela o cualificativo de "cató­lica", por temor a toda sorte de censuras relixiosas. Poneos se atreveron a dar algúns títulos de novelas españolas. Como compensación, o baleiro encheuse de definicións —todas cun denominador común: a vaguidade—, de consellos e de eliminación do que non podía se considerar novela católica.

Que se tratou dunha campaña oficial auspiciada dende as institucións do réxime, especialmente desde a Igrexa, próbano os seguintes datos, que segui­remos, sen esquecer referilos asemade á novela de Vicente Risco.

III. 1. UN EDITORIAL DA REVISTA ECCLESIA

A revista Ecclesia, "Órgano de la Dirección central de la Acción Católica Española" , publica en novembro de 1953 un editorial que leva o título de ''Novela Católica" (Ecclesia, 1953). Este primeiro documento interésanos tamén tendo en conta que La Puerta de Paja viña de ser publicada con grande éxito de público e crítica, ó que non podía ser allea a Igrexa. Canto máis, se lembramos que Vicente Risco pertencía desde moitos anos atrás, e cunha mili-tancia moi activa, a Acción Católica.

Preocúpanlle á dirección da revista Ecclesia as posibles confusións sobre a tan nomeada novela "católica" e apresúrase a aclarar as cousas:

É certo que en Europa hai unha corrente na novela actual "ew la que alien­ta una desazón teológica' —pode verse cómo se resisten a darlle o cualificati­vo de "católica"—. Son moitos os nomes de escritores que cultivan este tipo de novela: Graban Greene, G. Bemanos, G. Duhamel, Van der Mees, G. Guares-chi, Mortom, Bruce Marshall, G. Cesbrom, e tc . . Ecclesia ere deberse esta ten­dencia a tres factores observables na sociedade do presente, como son o desen­gaño, a problemática espiritual e o influxo benefactor da Igrexa. A vantaxe deste tipo de literatura é innegable porque predispon os lectores contra a frivolidade.

Como definición de novela "católica", esta revista dá a seguinte: "Para que una novela pueda apellidarse católica, debe plantear y resolver en católico todas las situaciones que en ella discurren''. Sobre o novelista católico dá

Page 10: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

252 OLIVIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

tamén unha serie de requisitos: ''debe aceptar la vida que transcribe en toda su verdad teológica. Saber descubrir la red misteriosa de sucesos que urde la Providencia divina de acuerdo con los hombres libres y proyectar sus figuras en la pantalla transfigurada de lo sobrenatural". Engade, por fin, o que non é novela católica, isto é, define mediante negación —maldefine, xa que logo—, sinalando o perigo no que pode caer unha pretendida novela católica, xa que o novelista debe evitar a novela litúrxica ou o sermón disfrazado: "No es religio­sa y, sobre todo, católica una novela por el hecho de agitarse entre interro­gantes de trascendencia, andar arañando enigmas o divagar en una neblina espirituaF (Ecclesia, 1953: 4-5).

O éxito de La Puerta de Paja estaba, como dixemos, fresco na memoria colectiva da cultura española. Esta era daquela patrimonio de moi contadas cabezas. ¿Estaría pensando Ecclesia en novelas como La Puerta de Paja cando sinalaba os defectos dunha pretendida novela católica? O editorial non cita nin­gún nome de escritor ou novela española, aínda que semella aludir a exemplos concretos. Quen o escribe non está falando desde supostos literarios, nin moito menos, cando trata a novela española. Emporiso, a revista Ecclesia adoitaba facer crítica relixioso-moral, algunhas veces tamén pseudo-literaria, cousa que era usual ñas publicacións periódicas da posguerra española, de obras editadas e postas á venda había pouco. As apreciacións e cualificacións que ponen o broche a cada un dos comentarios, son etiquetas do estilo "Peligrosa. Personas sólidamente formadas" (a Mi idolatrado hijo Sisí, de Miguel Delibes), "Daño­sa. No debe leerse" (a Kate, mujer de Jamaica, de Wenzell Brown), ou "Con salvedades. Personas de mundo" (a El hombre y lo demás, de Jorge Campos) (Ecclesia, 1953:7).

III.2. UN ENSAIO DE JOSÉ LUIS LÓPEZ ARANGUREN

José Luis López Aranguren adicou un ensaio ó tema da novela relixiosa no ano 1955, tomando parte na discusión sobre a novela católica en España, e reflectindo a súa toma de postura entón con respecto á Igrexa católica oficial. El, coma outros católicos, trataba de liberalizarse, achegándose paseniñamen-te ó ambiente espiritual do catolicismo europeo que rematou tomando carta de natureza no Concilio Vaticano II.

O ensaio de J.L. Aranguren destaca pola súa claridade expositiva e as súas sólidas conclusións, ben distintas da falla de precisión doutros achegamentos ó tema. "¿Por qué no hay novela religiosa en España?" (J.L.L. Aranguren, 1955), toma como punto de partida a afirmación que se desprende do título: non hai auténtica novela relixiosa na España actual, só sucedáneos ó xeito de La vida nueva de Pedrito de Andía, do escritor Rafael Sánchez Mazas, "espé­cimen de novela católica en la que todo rastro de problematicidad ha queda­do eliminado". Ampliando a noción de "presente" para indagar ñas novelas

Page 11: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 253

inmediatamente anteriores, podemos atopar "novelas jesuíticas" a fináis do século, El escándalo de Pedro Antonio de Alarcón e Pequeneces, do Padre Coloma. Son dúas novelas relixiosas de tese e de efectismo foUetinesco, onde todo se dá resolto desde o principio, pois non hai auténtico antagonista para o personaxe católico ven­cedor (que sempre é un sacerdote). Chámalles "novelas xesuíticas" precisamente por ese efectismo folletinesco, ese patetismo que, a carón da súa forza plástica, lembran os Exercicios espirituais xesuíticos. Malia atoparse trasnoitadas, o catoli­cismo do que falan é o mesmo que se vive na España dos cincuenta. Foron, desde logo, as dúas últimas grandes novelas católicas escritas en España. Desde aquela, asegura J.L.Aranguren, non se deu ningún paso cara adiante.

A continuación fala este autor do primeiro novelista relixioso español ó seu xuízo: Benito Pérez Galdós. Se non chegou a acadar o cumio foi porque a súa novela "problemáticamente relixiosa" non chegou a se resolver nunca, como tampouco non logrou facer o autor na súa vida co seu problema relixio­so individual.

Miguel de Unamuno prosegue o camino aberto por B. Pérez Galdós con San Manuel Bueno, mártir, novela que suma á influencia do cristianismo pro­testante "un potente sentido católico de la fe como comunión" (J.L.Aranguren, 1955: 206).

Seica, remata dicindo o autor do ensaio, esteamos en vésperas dun renacer da novela relixiosa en España, pero arestora non pode dicirse que a haxa:

"es fácil encontrar en las novelas más reciente, en Los cipreses creen en Dios y en otras, ensayos muy prometedores, aunque por ahora muy insuficientes." (J.L. Araguren, 1955: 211).

A trascendencia do ensaio de J.L. Aranguren faise evidente cando explica que quere partir da literatura como documento para coñecer o estado da reli-xiosidade na España actual. Ten da novela un concepto unamuniano que lie permite facer tal experimento. En efecto, o seu método é "1er" a novela como xeito de expresión da realidade. Porque a literatura forma parte da vida, "y es, por ende, existencialmente significativa". J.L. Aranguren advirte no seu ensaio que non é importante abranguer tódolos títulos publicados para tirar conclu-sións: "(...) lo importante no es tomar y leer muchos libros, sino elegirlos y "leerlos" (^interpretarlos) bien" (J.L. Aranguren, 1955: 195-196).

¿Non coñecía Aranguren a novela de Vicente Risco que dous anos antes obtivera un éxito tan clamoroso como novela de problemática existencial e teo-lóxica? Dá a impresión de que, de tela lido, abofé que He prestara máis aten­ción que a Los cipreses creen en Dios. Se algunha dúbida cabe disto, repare­mos ñas palabras con que pecha o capítulo IV, escaso polo demais, adicado ó heterodoxo Miguel de Unamuno:

"(...) la dialéctica de la vida está constituida por una ordenada serie de preguntas y respuestas existenciales. Nuestros 'ortodoxos' se

Page 12: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

254 OLIVIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

saben siempre de corrido todas las respuestas, pero suelen ignorar las preguntas. Nuestros grandes 'heterodoxos', al revés, conocen bien las preguntas, pero no pueden descansar en ninguna respuesta". (J.L. Aran-guren, 1955:207).

III.3. O Premio "Novela Católica" da editorial Escelicer e os escritos de José Luis Castillo-Puche e Carlos Luis Álvarez.

No medio da discusión sobre se hai ou non hai novela relixiosa en Espa­ña, en 1956 a editorial Escelicer crea o premio "Novela Católica", que na súa primeira edición se declarará deserto. Un ano despois concederáse a José Luis Castillo-Puche pola novela Hicieron partes, quedando como finalista La ver­dad sin luz. A partir dése momento, o escritor José Luis Castillo-Puche erixi-ráse no prototipo de novelista católico e sobre este tema escribirá ensaios e pro­nunciará diversas conferencias.

No 1958 escribe no seu artigo "La novela católica en España" sobre o que debe ser ese subxénero novelesco (J. L. Castillo-Puche, 1958). Outravolta ofré-cense as normas e os consellos que nada teñen que ver coa descripción do que a realidade ofrece. E de novo xorde aquí o tratamento do tema desde un punto de vista máis confesional que literario:

"Novela católica quiere decir vocación superpuesta a un cabal ofi­cio de narrador. Novela católica querrá decir trama que sobrenaturaliza de algún modo las miserias de la persona humana(...)" (J.L.Castillo-Puche, 1958: 43).

As escasas definicións que achega J.L.Castillo-Puche son tan pouco concre­tas e claras como as que acabamos de 1er. Despois de advertir que é o xénero ensa-ístico onde o escritor católico desenvolveu extensamente no noso país temas coma "arte" e "relixión", "ensino reüxioso", "deserción obreira", "apostasía intelectual e universitaria", "posibilidades dun cine catóhco", "apostolado segrar", da pluma de ensaístas como J.L.L. Aranguren, Francisco Calvo Serer, A. Muñoz Alonso e outros, pasa a ocuparse da nómina de novelas católicas. Esta é francamente esca­sa, pois incluíndo a obra do Padre Martín Descalzo, La frontera de Dios, na que o autor cae no erro de converter a novela en catequese, só amenta La mujer nueva de Carmen Laforet e San Fernández de José María Valverde. Non ten reparos en engadir a esta curta lista a súa novela premiada Hicieron partes:

"(...) en la que planteo —escribe Casfillo— Puche la maldición y nefastos efectos que ejerce el dinero sobre las almas cuando no se hace buen uso de él, máxime cuando la sociedad está organizada de tal modo que sólo cuenta quien más tiene" (J.L. Castillo Puche, 1958: 39).

Na mesma publicación, e ó fío do artigo de José Luis Castillo-Puche, Car­los Luis Álvarez escribe "Acerca de la novela católica en España" (C.L. Álva­rez, 1959). Despois de damos a definición do que el considera novela, quere explicar en qué consiste a exclusividade da novela "católica":

Page 13: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 255

"(...) en que la estructuración artística enaltezca luminosamente, por una u otra vía -el mundo de la anécdota depende de la imaginación del escritor- aquello por lo cual nosotros somos católicos y no, por ejemplo, mahometanos" (C.L. Álvarez, 1959: 72).

Co tempo, J.L. Castillo-Puche tratará de afinar máis e achegarse a unha definición válida xa que se propuxo desentrañar o tema da novela católica. Así escribirá no 1960:

"Una novela católica quedaría definida como tal por estar radica­da en un tema trascendente y dentro de una situación de catolicidad. Pero no queda definida así con que un escritor, que juega a teólogo o a hombre de vida interior, muestre simpatías o antipatías fáciles que muchas veces nada tienen que ver con la esencia viva del catolicismo" (J.L. Casüllo-Puche, 1960: 154).

Como pode observarse, son definicións que seguen sen satisfacer. O mal está en que se quere prescindir das novelas católicas concretas e se trata de definir o xénero en abstracto, atendendo máis ó que debería ser e ó que non debería ser.

III.4. UN CICLO DE CONFERENCIAS NO ATENEO DE MADRID

Como último dato que nos confirma que houbo unha polémica en tomo á novela católica en España, temos a celebración dun ciclo de conferencias no Ateneo de Madrid sobre a posibilidade de existencia de tal xénero (J.L.F., 1960). Participa, como é de esperar, José Luis Castillo-Puche, canda Alejandro Núñez Alonso e Leopoldo Rodríguez Alcalde. As conclusións son as seguintes:

a) Acéptase a existencia nese momento do xénero "novela católica" fóra de España. Cultívano autores como G.Bemanos, Graban Greene, Von le Fort,... Recupérase unha tendencia que xa se desenvolveu a principios de século.

b) En España estáse vivindo un auxe da novela e polo tanto, o intre é axei-tado para que se faga novela católica. Así se desexa e se alenta.

c) Rexéitase a intención tendenciosa dentro das normas para unha novela católica "ideal". Apúntanse algúns motivos dominantes, como a conciencia do pecado, a comuñón dos santos, etc.

d) Non se citan —quén sabe por qué tipo de reticencias— nin autores nin obras españolas'.

' No artigo extráctanse as conferencias. Por esa razón non podemos asegurar que nelas non se citasen obras ou autores.

Page 14: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

256 OLIVIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

e) Entre as definicións que se apuntan salienta unha de J.L. Castillo-Puche, coa que son xa tres os intentos de definición por parte deste autor. O problema está, e déixase albiscar ñas conferencias, en que é moi difícil falar de autor católico, e moi difícil explicar o que é unha novela católica, independen-temente do autor.

Pero vexamos qué di de novo J.L. Castillo-Puche. Observemos que nesta definición seica parte por primeira vez do corpus narrativo católico, e non de abstraccións:

"(••) en alguno de los afortunados hallazgos no se trata sino de una novela cabal y estética y humanamente rica a la que se ha añadido algún ingrediente demostrativo de lo católico por vía de lo dogmático, sacramental o moral." (J.L.F., 1960).

III.5. LA PUERTA DE PAJA, SILENCIADA

Volvendo á novela de Vicente Risco e falando coa perspectiva que dan os anos pasados, non podemos dubidar de que estamos diante dunha novela cató­lica. Non só o tema principal —a salvación do individuo— é estrictamente católico, senón que os subtemas adxacentes converxen cara ó principal, facen-do que a obra toda sexa unha configuración novelística do mundo dende supos-tos católicos. Todo está dirixido por Deus, que envolve no misterio os destinos do home, e move os fíos do acontecer, mesmo aqueles que pertenden ó espiri­to do mal. Aínda máis, a intención da novela é unha demostración desa verda-de —tese— católica.

A súa orixinalidade dentro do subxénero de novela católica, e dentro ase-made da novela da época, estriba en que a acción foxe do real cotián para se instalar nunha Idade Media intemporal e máxica. Todo na historia está, por se iso non ahondase, tratado hiperbólicamente. Por iso La Puerta de Paja choca con outras novelas españolas de tema ou ubtema relixioso.

Por outra banda, é a novela dun escritor, como Vicente Risco, que se consi­deraba e escribía como católico. Ahonda ter en conta que Vicente Risco, así como nunha época determinada escribiu como militante nacionalista galego, escribe desde a guerra civil como militante catóUco. O mundo da cultura estaba dividido para el entre escritores católicos, e escritores que non o eran. Entre estes últimos había algúns, como o seu admirado Oswald Spengler, que lograran ache-garse, coa razón como único instrumento, á "única verdade". Outros eran os ini-migos e contra eles había que loitar coas súas mesmas armas, é dicir, eos libros.

Vicente Risco dedicou no 1946 unha serie de artigos ó tema dos escritores católicos (V. Risco, 1946). Este ensaio resulta moi útil no sentido de que nos informa das fontes das que se nutriu o Vicente Risco da posguerra. Como final

Page 15: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

VICENTE RISCO £ LA PUERTA DE PAJA 257

da serie dá unha explicación do que el entende como escritor católico. Hai tres clases, sostén, dentro dos escritores católicos: relixiosos, polémicos e profa-nos.Entre estes últimos quere contarse o propio Vicente Risco, como novelista e como ensaísta. Trátase de "poetas, novelistas, dramaturgos, ensayistas, críti­cos, historiadores, filósofos, escritores acerca de cualquier ciencia o arte". Vicente Risco define así o escritor católico:

"Escritor católico es, pues, aquel que, escriba sobre lo que escriba, sobre lo más profundo o sobre lo más frivolo, en serio o en broma, con la razón o con la fantasía, se muestra identificado con la manera de ver las cosas propia del catolicismo." (V. Risco, 1946 c).

Ó non incluir La Puerta de Paja de Vicente Risco no tan necesitado e caca-rexado xénero da novela católica, os criticos estaban desbotando o que puido ser un dos mellores expoñentes e patróns do xénero. Esta é unha de tantas con­tradicciones da cultura oficial do Franquismo. Manuel Cerezales, director da sección cultural do Informaciones e para quen colaboraría Risco na súa segun­da estada madriñleña, fixo unha crítica de La Puerta de Paja no 1953. Nela, prevendo tal actitude de rexeitamento, adianta a condena de quen tiñan ñas súas mans a propaganda católica e literaria en España:

"La Puerta de Paja es la novela católica que algunos de nuestros comentaristas echan de menos y reclaman con insistencia. No sería nada extraño que ahora que la tienen le volviesen olímpicamente la espalda." (M. Cerezales, 1953).

BIBLIOGRAFÍA

ÁLVAREZ, Carlos Luis (1959): "Acerca de la novela católica en España", Punta Euro­pa, 37, Madrid, I: 68-73.

ARANGUREN, José Luis L. (1955): "¿Por qué no hay novela religiosa en España?", Cuadernos Hispanoamericanos, XXII, 62, Madrid, II: 193-214.

CASADO NIETO, Manuel (1984): "Vicente Risco, o home", Grial, 86, Vigo, X-XI-XII: 489-504.

CASTILLO-PUCHE, José Luis (1958): "La novela católica en España", Punta Europa, 36, Madrid, XII: 31-43.

(1960): "Libertad y servidumbre del novelista católico". La Estafeta Literaria, 198, Madrid, 1-VIII: 3-4, 5-7

CEREZALES, Manuel (1953): "La Puerta de paja de Vicente Risco", Informaciones, 8.887, Madrid, 25-VII.

CoHN, Norman (1981): £n pos del Milenio, Madrid, Alianza.

Page 16: Vicente Risco e La Puerta de Paja. Unha Valiosa ... · VICENTE RISCO E LA PUERTA DE PAJA 245 AKAL (TEXTO ORIXINAL) Están a falar os personaxes dos cornos dun cervo capturado polo

258 OLIVIA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ

CONTÉ, Rafael (1988): "Centenario de Georges Bernanos. El combate con el ángeF', El País, Madrid, 20-11: 27.

EccLESiA (Redacción) (1953): "Novela católica", Ecclesia, 643, Madrid, 7-XI: 3-5.

J.L.F. (1960), "Carnet de la quincena. ¿Existe la novela católica como género? (Segundo ciclo del Aula de Literatura del Ateneo de Madrid)", La Estafeta Litera­ria, 188, Madrid, 1-111:7.

OTERO PEDRAYO, Ramón (1934): A romeiría de Xelmírez, Santiago de Compostela, Nos.

RISCO, Vicente (1940): "Las figuras negativas de la historia de España. El rey Witiza", Misión, 75, VII: 10.

(1943): "Cuatro narraciones, por Miguel de Unamuno", La Región, 8.930, Oren­se, 28-11: 3.

(1946 a): "Hace 400 años. Odiando a todo el mundo y henchido de soberbia, murió en Eisleben Martin Lutero", Misión, 331, Madrid, II: 7.

(1946 b): "Los grandes escritores católicos modernos". Misión, 355-370, Madrid, VII-XI.

(1946 c): "Lo que entiendo por escritor católico". Misión, 373, XII: 1.

(1947): Satanás. Biografía del diablo, Madrid, Libros y revistas (citamos por V. Risco, Obras completas, VII, Vigo, Galaxia, 1995).

(1953): La puerta de paja, Barcelona, Planeta.

(1981): Obra completa, II, Madrid, Akal.

VALENTE, J .A. (1953): "La puerta de paja de Vicente Risco, ed. Planeta, Barcelona, 1953. Realidad y sueño", índice de Artes y Letras, 65-66, Madrid, VII-VIII.