7
SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 1 REVISTA GALEGOS ÉZARO EDICIONES UN SECTOR LÁCTEO PRÓSPERO MARCELINO FERNÁNDEZ MALLO Setembro 2015 A transcendencia que dende a antigüidade se atribúe ao gando vacún nalgúns pobos queda reflectido no uso que os celtas daban á vaca como unidade de medida co fin de asignar un valor a unha transacción. Así, por exemplo, para taxar un terreo ou un carro, se sinalaba a súa equivalencia en escravos ou vacas. Seica unha escrava equivalía a seis cuxos ou a tres vacas leiteiras. A vaca non deixa de ter un certo valor telúrico en territorios como Galicia onde a súa imaxe mesmo se utiliza en bandeiras ou prendas de roupa. Un rabaño de vacas pastando constitúe aínda unha escena definitoria da paisaxe galega e mesmo un risco da conciencia deste país que non sabe como tratar o seu pasado na construción do seu futuro. Cómpre analizar o presente a fin de detectar as eivas e oportunidades da realidade do sector lácteo cunha idea central na cabeza: a prosperidade. O sector lácteo galego debe acometer as reformas, ou máis ben, a reestruturación necesaria para garantir un futuro próspero dos seus axentes así como unha contribución que se nos antolla imprescindible na metamorfose da propia economía galega. A análise so pode facerse dende unha perspectiva integrada e fuxindo de espazos illados e os intereses selectivos. Unha das claves a implantar ha ser o ben común do sector ao longo da cadea de valor, evitando deste xeito os inevitables fallos do mercado que provocan as posicións dispares dos distintos axentes produtivos e comercializadores. O lácteo galego hoxe Galicia é de lonxe a Comunidade Autónoma máis importante do Estado español en termos de produción leiteira. A nivel europeo, ocupa o noveno posto no ranking rexional. Bretaña resulta ser a líder desta clasificación cunha produción que máis ca duplica o total de leite galego. A situación actual do sector lácteo en Galicia estaría definida pola seguinte realidade: 1. As explotacións lácteas de Galicia representaban en 2013 o 55% do total español o que supón un lixeiro aumento dende o 53% de 2001. Quere isto dicir

Un sector lácteo próspero (set 15)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Un sector lácteo próspero (set 15)

SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 1

REVISTA GALEGOS ÉZARO EDICIONES

UN SECTOR LÁCTEO PRÓSPERO

MARCELINO FERNÁNDEZ MALLO

Setembro 2015

A transcendencia que dende a antigüidade se atribúe ao gando vacún nalgúns pobos

queda reflectido no uso que os celtas daban á vaca como unidade de medida co fin de

asignar un valor a unha transacción. Así, por exemplo, para taxar un terreo ou un

carro, se sinalaba a súa equivalencia en escravos ou vacas. Seica unha escrava equivalía

a seis cuxos ou a tres vacas leiteiras.

A vaca non deixa de ter un certo valor telúrico en territorios como Galicia onde a súa

imaxe mesmo se utiliza en bandeiras ou prendas de roupa. Un rabaño de vacas

pastando constitúe aínda unha escena definitoria da paisaxe galega e mesmo un risco

da conciencia deste país que non sabe como tratar o seu pasado na construción do seu

futuro.

Cómpre analizar o presente a fin de detectar as eivas e oportunidades da realidade do

sector lácteo cunha idea central na cabeza: a prosperidade. O sector lácteo galego

debe acometer as reformas, ou máis ben, a reestruturación necesaria para garantir un

futuro próspero dos seus axentes así como unha contribución que se nos antolla

imprescindible na metamorfose da propia economía galega.

A análise so pode facerse dende unha perspectiva integrada e fuxindo de espazos

illados e os intereses selectivos. Unha das claves a implantar ha ser o ben común do

sector ao longo da cadea de valor, evitando deste xeito os inevitables fallos do

mercado que provocan as posicións dispares dos distintos axentes produtivos e

comercializadores.

O lácteo galego hoxe

Galicia é de lonxe a Comunidade Autónoma máis importante do Estado español en

termos de produción leiteira. A nivel europeo, ocupa o noveno posto no ranking

rexional. Bretaña resulta ser a líder desta clasificación cunha produción que máis ca

duplica o total de leite galego.

A situación actual do sector lácteo en Galicia estaría definida pola seguinte realidade:

1. As explotacións lácteas de Galicia representaban en 2013 o 55% do total

español o que supón un lixeiro aumento dende o 53% de 2001. Quere isto dicir

Page 2: Un sector lácteo próspero (set 15)

SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 2

que a desaparición de explotacións resulta algo común a tódalas Comunidades

Autónomas e de feito o fenómeno semella algo menos intenso en Galicia onde

se conservan un número próximo ás 10.000.

2. Respecto ao censo de vacún, o peso de Galicia sobre o total español pasou do

37% en 2001 ao 44% en 2013 nova demostración da positiva evolución do

sector en relación ao conxunto do Estado. A comparación desta evolución e da

referida no punto 1 anterior implica ademais que Galicia corrixiu parte da

diferenza existente consonte o número medio de reses por explotación, agora

en 31 cabezas por granxa. Fica non obstante lonxe das 40 de España (un 29%

superior), 49 de Francia ou 79 de Holanda.

3. En termos de produción, a porcentaxe do leite galego sobre o total español

pasou do 31% en 2001 ao 37% en 2013. Dúas novas consecuencias de

relevancia: as explotacións galegas son menos produtivas ca no conxunto do

Estado (ten o 44% das reses para o 37% da produción), con diferenzas moi

notables respecto a algunhas Comunidades Autónomas, e ademais a

comparativa neste aspecto evolucionou de xeito lixeiramente negativo nos

últimos anos. Un dato que demostra a virulencia do fenómeno: mentres na

campaña 2004-2005, a media de produción por explotación quedou nas 105 Tn

anuais en Galicia, na 2013-2014 esa cifra más que se duplicou ata as 223 Tn.

4. A superficie media das explotacións galegas é de 18 Has. fronte ás 27 Has. do

total español (un 50% superior) e as 35 de Andalucía, as 62 de Aragón ou as 63

de Castela - A Mancha. Debe subliñarse a importancia desta variable que se

utiliza como unidade básica de cálculo para as subvencións da PAC. Unha

explotación principalmente intensiva como a maioría das galegas vese

prexudicada por este criterio da política agraria común.

5. O diferencial de prezo resulta igualmente significativo. O prezo pagado en

Galicia ós gandeiros está cando se redacta este artigo en 28,7 céntimos por

litro, o máis baixo de España, en tanto que en Asturias supera os 33 céntimos. A

media española sitúase nos 31,1 céntimos e ningunha outra Comunidade

Autónoma baixa dos 30 céntimos por litro.

6. Dende 2008, experimentouse unha aguda redución das marxes de explotación,

común ao conxunto do Estado, que levou as contas de resultados de moitas

explotacións a números vermellos sobre todo a partir de 2012.

7. Galicia perde peso a medida que avanza a cadea de valor do sector. Así,

mentres que o leite representa como se indicou o 37% do total español, a

industria láctea localizada en Galicia supón menos do 10% da radicada no

conxunto do Estado.

8. As empresas de transformación de capital galego limítanse ao Grupo Leche Río-

Leyma, Feiraco e Clesa ademais de pequenas queixerías. Estas empresas

unicamente transforman ao redor do 25% do leite producido polos gandeiros

galegos. Tal como sinala o profesor López Iglesias, “o leite comercializado polos

Page 3: Un sector lácteo próspero (set 15)

SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 3

gandeiros galegos multiplica por máis de 40 ó recollido das explotacións na

Comunidade de Madrid; sen embargo, o VEB da industria láctea de Madrid

supera claramente o de Galiza”.

En termos cualitativos, o sector lácteo galego amosa unha alarmante falta de cohesión

nas relacións entre gandeiros, industria e distribución que provoca unha inestabilidade

das condicións de recollida, nomeadamente os prezos, e unha vulnerabilidade extrema

das explotacións. O sector lamenta tamén certa falta de formación pois en Galicia

apenas existen opcións académicas tanto en educación de nivel básico como técnico o

de xestión especializadas no tratamento do gando vacún e do leite.

Cómpre facer un comentario outrosí no eido da investigación pois malia contar Galicia

cun centro de primeiro nivel, o Centro de Investigación Agraria de Mabegondo, así

como outras instalacións de menor relevancia, a redución de recursos aplicada nos

últimos anos está ameazando a actividade de I+D do sector que habería ser unha das

claves de calquera estratexia de futuro. Debe subliñarse tamén que, segundo o

Observatorio Europeo do Sector Lácteo, entre 2012 e 2014 se investiron 5.500 millóns

de euros en 190 proxectos de desenvolvemento da actividade leiteira nos países da

Unión Europea. Pois ben, ningún deses proxectos tivo lugar en Galicia.

Por último, mencionaremos que, tal como indica o profesor Andrade Calvo, “a

estrutura territorial de Galicia, caracterizada pola escasa dimensión das parcelas unido

á práctica inexistencia dun mercado de terras que facilite a súa mobilización produtiva,

actúan como freo para mellorar a competitividade e rendibilidade das explotación

agrícolas, gandeiras e forestais”. Ninguén pon en dúbida que a falta de aproveitamento

da superficie produtiva dispoñible e máis a rixidez na xestión da terra representan

outras eivas de crítica relevancia para o sector agrogandeiro galego.

A cadea de valor do lácteo

Hai apenas uns meses, en concreto o 1 de Abril pasado, desapareceu o sistema da cota

láctea que tanta presión exerceu sobre moitos gandeiros que viron restrinxida a súa

capacidade de produción así como as súas opcións de negociación de prezos. A

desaparición das cotas traerá seguramente unha maior produción en Europa o que

afectará os prezos na dirección contraria. Semella que o leite se move

permanentemente en escenarios de redución dos seus marxes de explotación.

Como anticipabamos uns parágrafos atrás, a busca da fórmula que permita mellorar a

competitividade do gando lácteo galego e con iso recuperar rendibilidade, debe

facerse a través da análise da cadea de valor do sector. Entendemos por cadea de valor

a secuencia de actividades que se desenvolven nun sector económico e as distintas

opcións estratéxicas dispoñibles a fin de maximizar o valor que se engade en cada fase

ou elo.

Page 4: Un sector lácteo próspero (set 15)

SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 4

A cadea de valor do sector lácteo quedaría deseñado polo gráfico adxunto:

Describiremos sucintamente cada unha das fases da cadea:

Insumos: as opcións estratéxicas serían a adquisición de pensos nos mercados globais,

o pasto ou a forraxe seca. A variedade da alimentación resulta outro factor a

considerar. Mentres que o pasto adóitase relacionar coa gandería extensiva, as outras

fórmulas alimentarias tenden a utilizarse na gandería intensiva, é dicir, coas reses

estabuladas permanentemente.

Xestión do gando: ademais da alimentación mencionada no punto anterior, cuestións

como a variedade de razas, o coidado da xenética, a prevención de doenzas, o

chamado confort do animal, o tamaño do rabaño, e a propia organización e

tecnificación da granxa condicionarán a capacidade de produción por vaca.

Loxística: está definida por las propias condicións das empresas que realizan a recollida

do leite. A maioría da produción é recollida por marcas con fábricas en Galicia, caso de

Leche Río, Lactalis (propietaria de Puleva), Central Lechera Asturiana, Leche Celta y

Feiraco; en total, captan arredor do 66% do leite galego. Outras empresas sen fábrica

en Galicia recollen en torno a un 14%: Reny Picot, Nestlé, Pascual ou Danone. O 20%

restante é adquirido por intermediarios e, unha pequena proporción, por empresas

galegas de reducida dimensión fabricantes de queixos e outros derivados.

Transformación: as posibilidades neste elo da cadea son múltiples, dende a entrega do

leite cru ata a elaboración de produtos funcionais de base láctea. No medio quedan o

leite en po, a manteiga, o requeixo, o queixo, os iogures e os xeados, entre outros, e

en cada caso, con espazo para a dotación de calidades complementarias en termos de

presentación, sabor, porcentaxe de graxa, carácter ecolóxico, contido vitamínico ou

Insumos Gando LoxísticaTransfor-mación

Distri-bución

Consumo

Investigación e Desenvolvemento

Page 5: Un sector lácteo próspero (set 15)

SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 5

atención a nichos concretos de consumo. Cómpre considerar así mesmo a posible

transformación dos residuos orgánicos que se producen nas granxas. A aplicación

dunha marca e as técnicas de marketing en xeral, así como a creatividade e a

innovación, haberían contemplarse tamén nesta fase.

Distribución: o peso crecente das grandes superficies na distribución do produto final

representa un condicionante importante na fixación dos prezos debido á forza de

negociación destas canles. Os supermercados tenden a manter a súa cota e o comercio

de proximidade continúa a minguar as vendas en termos comparados. Xorden novas

fórmulas de distribución, como as tendas gourmet e as ecolóxicas, ademais da

distribución directa ao consumidor do que houbo algunha experiencia.

Mercado de consumo: o consumidor representa o último elo da cadea, sempre

transcendente pois será quen determine a maior ou menor aceptación do produto.

Existen catro grandes espazos con distintos requirimentos de competitividade: o

mercado propio, Galicia; o mercado español; o espazo da Unión Europea; e os países

exteriores cunha evolución importante da súa demanda como Rusia, Asia ou mesmo

África.

Calquera política de modernización e competitividade do sector lácteo galego debe

contemplar cada unha das fases da cadea de valor aquí definidas.

Á busca da prosperidade

Co sistema de cotas liquidado na Unión Europea, o sector lácteo enfronta unha nova

etapa da transformación iniciada nos anos 80. O grande reto será conseguir que tanto

gandeiros como industria transformadora resulten competitivos no mercado de

produción libre ao tempo que se corrixe a eiva de produtividade que asola a maior

parte das explotacións.

Mantendo presente a análise realizada nas seccións anteriores, o sector lácteo galego

precisa a adopción dun programa estratéxico a desenvolver entre os poderes públicos

e a iniciativa privada que contemple as liñas de actuación seguintes:

ϋ Reactivar e fortalecer o proceso de agregación de superficie agrícola que

representou o Banco de Terras. En palabras do profesor Andrade Calvo, “a

función principal do Banco de Terras é a de dinamizar e mediar entre as persoas

propietarias e aquelas que precisan terras con vocación agrícola e gandeira, así

como dar garantías, confianza e seguridade na xestión e no uso das fincas.”

Subliña este profesor da Universidade da Coruña a innovación que supuxo

BANTEGAL ao promover un uso e unha xestión activa das terras agrícolas sen

alterar e modificar a propiedade, ao tempo que advirte da necesidade de dotar

de axilidade ao procedemento administrativo e reforzar os medios técnicos do

Page 6: Un sector lácteo próspero (set 15)

SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 6

proxecto. A expansión do Banco de Terras implicará unha maior produción de

forraxe e, xa que logo, un menor recurso á importación de pensos.

ϋ Promover e fortalecer o movemento cooperativo nas fases de

aprovisionamento, produción, loxística e relación coa industria que permita a

optimización da xestión do ciclo produtivo e unha maior capacidade de

negociación. Buscar a colaboración tamén nos proxectos de distribución directa

ao consumidor.

ϋ Resulta imprescindible consolidar unhas relacións interprofesionais no sector

que fomenten a cultura da interlocución e que garantan transparencia e

estabilidade na relación entre gandeiros e industrias sobre unha base de

beneficio mutuo.

ϋ Outro factor crítico ha ser o asesoramento, a capitalización e a colaboración

das pequenas factorías galegas de produtos lácteos de modo que se aumente o

valor engadido conxunto do sector e se reduza a dependencia de axentes

exteriores. A integración vertical de cooperativas de produción no eido da

transformación será outra iniciativa de grande valor potencial. Utilizando as

palabras do empresario Xosé Turnes: “Galicia é unha potencia en produción

pero o noso leite, na súa inmensa maioría, segue viaxando nun paquete ou

dentro dunha cisterna”.

ϋ Así mesmo deben constituírse empresas comercializadoras e consorcios de

exportación que, de xeito uni ou plurisectorial, poñan en práctica atinadas e

potentes estratexias de marketing para o acceso do produto lácteo e derivados

aos mercados externos a Galicia.

ϋ Por último, pero con tanta ou incluso máis transcendencia que os puntos

anteriores, é fundamental reforzar poderosamente a actividade de I+D e de

innovación no sector e aplicala a cada elo da cadea, dende o tratamento dos

insumos ata a comercialización, pasando pola xestión do gando, a loxística, a

transformación e os factores ecolóxicos e ambientais.

Habemos ser conscientes do valor do leite para tornar o rural galego nunha contorna

próspera e sustentable de características propias que aborden un futuro de progreso a

partir dunhas condicións únicas e unha tradición digna de ser honrada. Galicia necesita

o leite para o seu desenvolvemento e o leite precisa do compromiso de Galicia para a

súa prosperidade.

Page 7: Un sector lácteo próspero (set 15)

SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 7

Termino cunha nova e atinada frase do empresario Xosé Turnes: “Temos produción,

temos territorio, temos gandeiros e temos necesidade de potenciar o que realmente

ten posibilidades. O noso leite é unha materia prima estratéxica.”

Principais fontes utilizadas:

Informe de monitorización y seguimiento de la producción de leche en el sector vacuno

lechero, Enero 2015. Ministerio de Agricultura, Medio Ambiente y Alimentación

Documento: Evolución principales magnitudes sector lácteo, Parte I. Producción.

Secretaría General de Productos Ganaderos del MAGRAMA

Estadísticas do SIGLAC: Sistema de Gestión de Cuotas Lácteas.

Conxunto de documentos publicados no sitio web terraeleite.org