47
ACHEGAS DA PSICOLOXÍA Á EDUCACIÓN INFANTIL

Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

ACHEGAS DA PSICOLOXÍA Á EDUCACIÓN INFANTIL

Page 2: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos Psicoanalíticos Modelos Condutistas Modelos Cognitivos Teoría Sociohistórica Teoría Ecolóxica Teorías Humanistas Enfoque constructivista

Page 3: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos psicoanalíticos

Sigmund Freud (1856-1939). Creador da Tª Psicoanalítica.

Non se ocupou de levar a súa teoría ao campo infantil. Disto encargouse Anna Freud ( a súa filla)

No en tanto parte dos seus principios fundamentais recoñecen que: As experiencias nos primeiros anos de vida son fundamentais para o

desenvolvemento da personalidade. Importancia da educación afectiva e sexual.

Para Freud a educación terá que ter dúas misións: Evitar a represión dos instintos para non contribuir á formación de

personalidades neuróticas. Favorecer o paso do principio de pracer ao de realidade: “controlar os

instintos.

Page 4: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos psicoanalíticosFormación aparato psíquico: os 3 elementos da personalidade

(Freud)

ELLO (o neno/a) Funciona a nivel inconsciente, fai referencia aos

instintos, ríxese polo principio de pracer.

EU (o adulto) Encárgase de controlar o elo. Ten en conta a

realidade. Polo tanto pretende o equilibrio entre os impulsos do

inconsciente e as condicións ambientais

SUPER-EU (o pai) Nela residen os principios morais e éticos das

persoas, o ideal ao que cada un/ha debe esperar.

Page 5: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos psicoanalíticosDesenvolvemento da personalidade para Freud

* O paso dun estadio a outro require a súa satisfacción, senón pode producirse unha interrupción no desenvolvemento e deste xeito quedar fixado nunha determinada etapa tendo repercusións na sexualidade adulta.

Estadio do desenvolvemento

psicosexualCaracterísticas Idade

aproximada

ORAL

A boca é o centro do pracer. O neno/a non só succiona pola necesidade de alimentarse, senón que tamén chupa os obxectos para conseguir un sentimento pracenteiro

0 – 2 anos

ANAL

O interese trasládase ao control de esfínteres. Os nenos teñen curiosidade polas súas heces como algo propio. Góstalle retelas pola sensación pracenteira da contracción e a relaxación dos músculos.

2 – 3 anos

FÁLICO

A zona eróxena predominante son os xenitais, o pene nos nenos e o clítoris e a vulva nas nenas. Mostran interese polas funcions dos xenitais e polas diferenzas anatómicas do sexo oposto. Coincide polo denominado complexo de Edipo.

3 /4 – 6 anos

DE LATENCIA

Funcionan xa as tres estruturas psíquicas: ello, eu e supereu. Durante o periodo de latencia os desexos sexuais quedan durmidos. Os seus intereses céntranse na actividade escolar e as relacións con outros nenos/as, preferentemente do seu mesmo sexo.

6 -pubertade

XENITAL

Culminación da evolución sexual. A gratificación erótica pode incluir orgasmo sexual. Pubertade

Page 6: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos psicoanalíticosMomentos críticos na etapa infantil

Destete John Bowlby: formación dos vínculos afectivos entre bebé e nai

maniféstanse nunhas condutas que denominamos de apego. Donald W. Winnicott: fala da impotancia dos obxectos

transicionias

Adaptación á Escola Infantil Control de esfínteres As relacións cos irmáns e irmás A constatación das diferenzas sexuais A aparición do instinto de saber ou investigación

Page 7: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos psicoanalíticosEducación Infantil

Vera Schmidt Moscova (concepción reichiana e marxista). Establece tres obxectivos básicos na E.I. : a) Progresiva adaptación á exixencias da realidade:

aprender a esperar, respectar os obxectos dos compañeiros, compartir a atención da educadora, etc.

b) O control dos procesos de excreción c) A preparación e sublimación das tendencias

instintivas infantís (do pracer á realidade): Educación autoritaria = consecuencias na personalidade. Satisfacción dos desexos sustituíndoos por formas socialmente

aceptables

Page 8: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos psicoanalíticosA experiencia de Summerhill ( 1921)

Fundador A.S. Neill (1883 – 1973)

O SEU LEMA:

“Educación en liberdade e para a liberdade”: a infancia debe poder expresarse libremente e regular de xeito autónomo as súas necesidades

Page 9: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

A experiencia de Summerhill ( 1921)

PUNTO DE PARTIDA: crítica á escola tradicional e á sociedade capitalista.

Defínese como: Unha estrutura comunitaria que está contra a xerarquía, a

relixión e o exército,..e a favor da igualdade, liberdade, o amor e a vida.

Experiencia de educación antiautoritaria, reformismo extremo e non directividade.

Page 10: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

A experiencia de Summerhill ( 1921)

Para Neill: o autoritarismo e a represión son os encargados de adaptar ao neno/a a unha sociedade demente e enferma:

Na familia: téndese a facer cidadáns sumisos.

Na escola: prolongación da casa, transmite valores e cultura baseados na sumisión e na mentira e nenos/a pouco creativos.

A Escola Nova: fai o mesmo pero dun xeito máis sutil, impoñendo un autoritarismo de tipo paternalista.

Page 11: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

A experiencia de Summerhill ( 1921)Funcionamento mínimo.

Internado-casa (50-60 nenos/as de 4 a 17 anos)

Imposicions mínimas: horarios de sono e comida.

Aplícase o principio “vive e deixa vivir”

Autogobernada pola asamblea de alumnos/as na que tamén participan os profesores/as

Page 12: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

A experiencia de Summerhill ( 1921)Principios

LIBERDADE

Os nenos/as poden facer o que queiran mentres non invadan a liberdade dos demáis.

A liberdade regúlase na asamblea.O neno/a ten dereito a vivir a súa propia vida

pero non a perturbar a dos seus compañeiros/as e a dos seus pais

Page 13: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

A experiencia de Summerhill ( 1921)Principios

AUTORREGULACIÓN (síntese entre liberdade individual e autocontrol)

Un neno/a autónomo aprenderá por si mesmo o que é bo e o que é malo, o que lle convén e o que non.

Todos/as os nenos e as nenas teñen capacidade para autorregularse sempre que as condicións externas sexan axeitadas

Page 14: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

A experiencia de Summerhill ( 1921)Principios

AUTOGOBERNO: trátase de que o grupo escolar aprenda a autorregularse.

Son os propios nenos/as os que crean as normas e os que se encargan de que se cumpran.

Baseado na asamblea en un tribunal elixido pola asamblea, que cambia cada semana, encargado de estudar as infraccións que se produzan e sancionar no seu caso.

Page 15: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

A experiencia de Summerhill ( 1921)Principios

Educación emocional:“corazóns, non só cabezas na escola”

Eliminar o medo ao pracer e á vida impedindo os sentimentos de culpabilidade.

Supresión dos castigos: “o castigo é sempre un acto de odio, e u odio non pode xerar senón odio”.

Liberdade e amor son a clave: producen un ambiente terapéutico, de seguridade, confianza e simpatía sen reproches.

Page 16: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

A experiencia de Summerhill ( 1921)Ensino.

Lugar secundario Todas as clases eran optativas, non existían graos

académicos nen cualificacións. Os alumnos/as que decidían ir a clase recibían unha

ensinanza tradicional (para Neill os métodos modernos coartaban a liberdade).

Non lle interesaba a aprendizaxe de materias convencionais, hai que pretar máis atención á psicoloxía do neno/a.

Cuestiónase a primacía do traballo por riba do xogo.

Page 17: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

A experiencia de Summerhill ( 1921)Actividades

Fundamental “O XOGO”: a ausencia de xogo ou as poucas gañas de xogar son signos de inhibicións neuróticas (represións, sentimentos de culpa,..):

O xogo libre: proporciona pistas sobre o desenvolvemento da personalidade do neno/a.

Actividades expresivas: debuxo, modelado, construccións, dramatizacións,..

Actividades libres e espontáneas: o xogo de roles

Page 18: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos condutistasPunto de partida

Baséanse na análise da conduta como feito observable e a influenza do ambiente sobre os factores herdados.

A aprendizaxe é un proceso de modificación de conduta que se vai rexir polos seguintes mecanismos:

Condicionamento clásico (J.B. Watson, 1878-1958). Condicionamento operante ou instrumental (B. F. Skiner,

1904-1990) Aprendizaxe por observación (A. Bandura, 1925)

Page 19: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos condutistasCondicionamento clásico

É un proceso básico de aprendizaxe que serve para analizar os estímulos que soen acompañar determinados sucesos como porqué os animais aprenden a achegarse aos sinais de comida ou fuxir do perigo.

Ivan P. Pavlov (1849 -1936) e o experimento dos cans.

Page 20: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos condutistasJ. B. Watson (1878-1958): Condicionamento clásico

A psicoloxía ten que limitarse a estudar aspectos que poden ser observados polas condutas, é dicir, estímulos e respostas.

Interveñen os seguintes elementos:

Estímulo incondicionado (EI): calquera estímulo que suscite de forma automática unha resposta non aprendida. É dicir, unha resposta incondicionada.

Resposta incondicionada (RI): non aprendida por un EI. Exemplo: EI RI

(comida) (salivación)

Estímulo condicionado (EC): estímulo orixinariamente neutro pero que ao asociarse cun EI, chega a producir unha resposta condicionada (RC).

Exemplo: EN (campana) EI (comida) EC RC (salivación)

PRINCIPIO EDUCATIVO: dous feitos que se producen simultáneamenteen repetidas ocasións, quedan asociados. Este feito aparece en moitas dasnosas aprendizaxes sobre todo de tipo emocional.

Page 21: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos condutistasCondicionamento operante ou instrumental

Baséanse tamén na asociación pero afirman en que dita asociación vai depender das consecuencias para o individuo.

Edgar Thorndike e o experimento dos gatos.

B.F. Skinner: denomina como condicionamento operante xa que require que os suxeitos sexan activos sobre o medio en lugar de permanecer pasivos como no clásico:

Refírese aos estímulos como reforzos que fan máis probable a aparición dunha resposta.

Os reforzos poden ser: materiais, sociais ou actividades.

Page 22: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos condutistasCondicionamento operante ou instrumental

Reforzador: calquera suceso que segue a unha conduta e aumenta as oportunidades de que esta volva a presentarse:

Reforzo positivo: fortalecemento da conduta pola presentación dun estímulo desexado posterior a esta conduta.

Reforzo negativo: cando o que fortalece á conduta é a sustración dun estímulo.

Castigo:conduta seguida dun estímulo aversivo, no futuro é menos probable que se repita unha situación similar.

Condutas de evitación e escape, resposta dun suxeito para impedir a aparición dun estímulo desagradable.

Extinción, cando unha conduta non consegue ningunha consecuencia positiva se extingue e desaparece.

Page 23: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos condutuais-cognitivosAprendizaxe por observación (Bandura)

Tamén chamada Tªda aprendizaxe social. “os nenos/as aprenden observando o que fan os

adultos ou os outros nenos/as, sen sofrir as consecuencias das súas actuacións, senón percibindo as consecuencias nos demáis”.

Isto é aprendizaxe por observación, aprendizaxe vicario ou modelado.

“Sensación de autoeficacia”: xulgarse como capaz de executar unha conduta incrementa o éxito na mesma.

http://www.youtube.com/watch?v=3M5MeTiMNzw

Page 24: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos condutuais-cognitivosAprendizaxe por observación (Bandura)

Na aprendizaxe por observación podemos distinguir dúas fases:

É preciso que o que aprende preste atención e percibe as características da conduta do modelo.

A segunda fase sería a execución da conduta por parte do observador/a.

Cara os anos 80 foi superando o condutismo puro

dando máis importancia aos procesos mentais internos.

Page 25: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos baseados na Tª cognitivaIntrodución

A Tª cognitiva pretende estudar os procesos internos do suxeito que interveñen na aprendizaxe a diferenza do condutismo baseado en variables externas.

A principais aportacións da Tª cognitiva á educación son: Céntranse en intentar entender os procesos e estruturas mentais

implicados no coñecemento. Hai que establecer conexións entre as aprendizaxes escolares e as

que proveñen da vida cotián. Necesidade de coñecer o desenvolvemento cognitivo dos nenos/as. Procurar que o alumnado atope sentido ás aprendizaxes escolares.

Page 26: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos baseados na Tª cognitiva Jean Piaget

Fundou a Escola de Xenebra.

Intentaba explicar teóricamente a xénese e o desenvolvemento da intelixencia humana.

É un dos pensadores que máis ten enriquecido a educación infantil

Page 27: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos baseados na Tª cognitiva Psicoloxía Xenética

Tamén denominado “constructivimo xenético”, afirma que ningún coñecemento está preformado:

O coñecemento é unha construcción que se produce pola interacción entre suxeito e obxecto.

O coñecemento é resultado dun proceso activo no que participa o organismo.

En definitiva: a aprendizaxe é a resultante de: ORGANISMO (maduración fisiolóxica e psicolóxica )

+ estimulacións do medio social

Page 28: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos baseados na Tª cognitiva Factores que interveñen no desenvolvemento psicolóxico

A maduración biolóxica: ten que ver co grao de maduración do sistema nervioso e os factores que recibimos por herdanza xenética.

As experiencias cos obxectos: o neno/a logra o coñecemento físico actuando directamente sobre os obxectos e descubrindo como reaccionan.

A transmisión sociocultural: transferencia da nosa cultura (cando lles falamos,aprenden a lingua, cantamos, respostan a preguntas sobre a realidade, as normas de convivencia, a través da súa propia observación)

Equilibración ou factores de equilibrio: tendencia das persoas a adaptar a súa organización cognitiva ante o medio. O que lle fai crecer intelectualmente con novos coñecementos.

Page 29: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos baseados na Tª cognitiva Conflictos cognitivos

Coñece

pero non coñece..

Equilibrio

?

Conflito

?

Reorganización

Novo coñecemento

Equilibrio

Page 30: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos baseados na Tª cognitiva Estadios de desenvolvemento da intelixencia

Estadio Sensoriomotor

-Comeza a facer uso da imitación, memoria e o pensamento.-Comeza a recoñecer que os obxectos non deixan de existir cando son ocultados.-Pasa das accións reflexas ás accións dirixidas a metas

0 a 2 anos

Estadio preoperacional

-Desenvolvemento da linguaxe.-Desenvolvemento do pensamento simbólico.-É capaz de pensar lóxicamente en operacións sinxelas (reversibilidade,conservación da materia,..).-Resúltalle difícil considerar o punto de vista de outra persoa.

2 a 7 anos

Estadio das operacións concretas

-É capaz de resolver problemas concretos de forma lóxica.-Entende as leis da conservación e é capaz de establecer series e clasificar.-Entende a reversibilidade.

7-11 anos

Estadio das operacións

formais

-É capaz de resolver problemas abstratos de xeito lóxico.-O seu pensamento faise más científica (hipotetiza)-Desenvolve interese polos temas sociais, identidade.

11- adultez

Page 31: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos baseados na Tª cognitiva Escola de Xenebra: Actividades para a Educación Infantil

Parécenlle interesante as actividades da vida cotián e as clásicas como o xogo libre, coidado de xardíns, debuxo libre, contos, cancións e xogos con contruccións,etc.

Derivadas da Teoría de Piaget: Actividades para desenvolver o coñecemento físico: materiais para manipular

e experimentar as características dos obxectos: cor, peso, tamaño, texturas. As súas posibildades de facer movementos físicos: caer, rodar, botar, tirar, etc.

Actividades para o desenvolvemento moral e a cooperación interpersoal: xogos en grupo non competitivos e de imitación e algúns competitivos como escondite, carreiras, adivinanzas, etc.

Actividades para facilitar os procesos de razonamento lóxico: copiar, facer formas con pauciños, ordenar, clasificar, etc.

Actividades que se poidan realizar por ensaio-erro, xa que o importante non son as respostas correctas, senón a capacidade de razonamento dos nenos/as

Page 32: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos baseados na Tª cognitiva Aprendizaxe significativo. David Ausubel (1918-2008)

Aprendizaxe significativo = Aprendizaxe memorístico

PRINCIPIOS: O neno/a aprende cando é capaz de darlle sentido e significado á

súa aprendizaxe. O neno/a da significado á súa aprendizaxe cando establece

relacións entre o que xa sabe (coñecementos previos) e o que está aprendendo (novo coñecemento).

Os contidos deben ser funcionais é dicir que o neno/a dtecte que ten unha utilidade práctica.

En todo este proceso o neno/a é un axente activo.

Page 33: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos baseados na Tª cognitiva Aprendizaxe significativo: o papel da educadora

Partir das características dos nenos/as, das súas necesidades e intereses.

Presentar contidos e actividades de xeito ordenado e acorde co nivel dos nenos/as e dos seus coñecementos previos.

Provocar conflitos cognitivos.

Page 34: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos baseados na Tª cognitiva Aprendizaxe significativo na Educación Infantil

Crear situacións significativas: a vida diaria, o xogo ou a exploración do medio.

Introducir novedades que interesen aos nenos/as e que lles provoque preguntas a partires da cales xurdan actividades.

Axudarlle a observar e verbalizar o que fan.

Page 35: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Jerome Bruner 1915 A andamiaxe

J.Bruner: acuñou o termo de “andamiaxe” para referirse á AXUDA AXUSTADA proporcionada polo adulto mentres intentan comprender. Pode consistir en proporcionar claves, recordatorios, dar ánimo, dividir o problema en pasos, ofrecer exemplos ou calquera outra cousa que favoreza a autonomía.

Page 36: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Lev S. Vigotsky

O desenvolvemento cognoscitivo depende da:

INTERACCIÓN: as relacións coa xente que está presente no mundo do neno/a.

CULTURA: as ferramentas que a cultura da para apoiar o seu pensamento (sobre todo a linguaxe)

“Os nenos/as non aprenden da exploración solitaria do mundo, senón ao apropiarse, ao facer para si os xeitos de actuar e pensar que a cultura lles ofrece”

Page 37: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos a partir da TªSociohistórica Lev S. Vigotsky

A educación é decisiva e promotora do desenvolvemento. Describe dous niveis no desenvolvemento do neno/a:

Zona de Desenvolvemento Real (ZDR): o que o neno/a é capaz de facer por si só.

Zona de Desenvolvemento Próximo ou potencial (ZDP): o que o neno/a é capaz de facer se recibe axuda.

ZDR

ZDP

Axuda

Page 38: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos a partir da TªSociohistórica Lev S. Vigotsky. Implicacións para a educación

Creación de ambientes de aprendizaxe: Organización de espazos, materiais e actividades que

supoñan pequenos retos para os nenos/as.

Aprendizaxe imitativo: polo que unha persoa trata de imitar a outra.

Aprendizaxe instruído: quen aprende internaliza as instruccións da educadora.

Aprendizaxe colaborativo: polo que o grupo esfórzase por comprender e resulta tan beneficioso o proceso como os resultados para todos/as os membros.

Page 39: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Teoría EcolóxicaUrie Bronfenbrenner 1917-2005

Considera determinante o contexto que rodea ás persoas e a infuenza do ambiente na aprendizaxe.

Bronfenbrenner desenvolve a “Teoría Ecolóxica de Sistemas” segundo a que a conduta da persoa pode explicarse polas relacións que establece co seu contorno.

As persoas estamos imbuídas en sistemas de relacións que se superpoñen e que poderíamos clasificar do seguinte xeito:

Page 40: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Teoría EcolóxicaUrie Bronfenbrenner 1917-2005

Crenzas culturais, leis, mitos, valores dunha sociedade

Contornos máis próximos nos que se establecen relacións: barrio, localidade, cidade,..

Relación entre dous ou máis microsistemas que inflúen nos nenos/as: familia-escola

Inclúe as relacións máis cercanas e íntimas do neno/a co seu contorno: familia, grupos de iguais, aula,..

Macrosistema

Exosistema

Mesosistema

Microsistema

Page 41: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Teoría EcolóxicaUrie Bronfenbrenner 1917-2005

Un exemplo

Sociedade galega: relixión, lingua, costumes….

Familia

Escola

Familia

Redondela

Laboral

Escola

Familia

Page 42: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Teoría EcolóxicaUrie Bronfenbrenner 1917-2005

Aportacións á educación: Considerar o contexto físico e sociocultural na

intervencion educativa. Necesidade de intervir educativamente en

contextos non formais. Buscar xeitos de establecer canles de

comunicación coas familias. Aproveitar os recursos que nos ofrece o contorno

para a actividade educativa.

Page 43: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos HumanistasIntrodución

Os modelos baseados ha teoría humanista entenden que a persoa hai que considerala globalmente tanto no seu aspecto cognitivo como afectivo.

Concede moita importancia a aspectos como a liberdade e a realización persoal.

Page 44: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Modelos Humanistas

Carl Rogers (1902-1987): o individuo é o único que ten a chave do seu propio desenvolvemento, o educador/a ten que acompañar e apoiar afectivamente para que o neno/a atope o seu camiño adoptando unha actitude non directiva.

Abraham Maslow (1908-1970): o obxectivo da educación sería que a persoa chegase a autorrealizarse, pero isto non é posible se previamente non se cubriron outras necesidades.

http://www.youtube.com/watch?v=WBAd99v9mn4

Page 45: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Enfoques constructivistas

Son distintos modelos e perspectivas que defenden a idea de que o suxeito conta cunha organización cognitiva que se reorganiza na medida en que o suxeito interacciona co medio.

Neste sentido o suxeito é activo na elaboración do seu coñecemento.

As aportacións máis relevantes a este enfoque proveñen de: Psicoloxía xenética (Jean Piaget, 1896-1980) Enfoque sociocultural ou sociohistórico(Lev S.

Vygotsky,1896-1934) Teoría da aprendizaxe significativa ( David Ausubel,

1918-2008)

Page 46: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

Enfoques constructivistasImplicacións educativas

Realización de tarefas auténticas da vida real que sexan significativas.

Aprendizaxe cooperativa.

Aprendizaxe por indagación: baseado en problemas. En infantil: metodoloxía de proxectos.

Page 47: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l

FIN

….que bonito isto, non?

ala, saudiños……